1 00:00:00,718 --> 00:00:03,222 Cando tiña 14 anos 2 00:00:03,246 --> 00:00:07,640 a miña familia estaba adoptando os meus irmáns pequenos de Etiopía. 3 00:00:07,664 --> 00:00:09,956 E un día a miña nai preguntou: 4 00:00:09,980 --> 00:00:12,483 "que día deberiamos poñer para o seu aniversario?" 5 00:00:13,216 --> 00:00:16,152 "O día que naceron, obviamente?" 6 00:00:16,176 --> 00:00:17,891 Foi unha pregunta ridícula. 7 00:00:17,915 --> 00:00:19,553 E entón dixo a miña nai: 8 00:00:19,577 --> 00:00:20,825 "Olla, Kristen, 9 00:00:20,849 --> 00:00:23,573 ningún dos teus irmáns ten un certificado de nacemento, 10 00:00:23,597 --> 00:00:26,027 así que, como pretendes que o descubramos?" 11 00:00:26,804 --> 00:00:28,093 Estoupoume a cabeza. 12 00:00:28,117 --> 00:00:31,282 Agora, 20 anos máis tarde, sigo traballando niso, 13 00:00:31,306 --> 00:00:33,409 mais en lugar de resolver o misterio 14 00:00:33,433 --> 00:00:35,449 das partidas de nacemento dos meus irmáns, 15 00:00:35,473 --> 00:00:37,284 intento arranxar o problema no mundo. 16 00:00:37,308 --> 00:00:41,099 Que teñen que ver as partidas de nacemento co desenvolvemento internacional? 17 00:00:41,123 --> 00:00:44,733 A resposta a iso está na axenda de desenvolvemento orixinal, 18 00:00:44,757 --> 00:00:46,447 a axenda dos dereitos humanos. 19 00:00:46,471 --> 00:00:50,306 En 1948, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, 20 00:00:50,330 --> 00:00:51,783 por primeira vez, 21 00:00:51,807 --> 00:00:55,528 estableceu unha visión compartida de dereitos humanos e dignidades básicas 22 00:00:55,552 --> 00:00:58,633 que se aplicaban a todas as persoas en todas as nacións: 23 00:00:58,657 --> 00:01:03,372 O Artigo 6, o dereito a ser recoñecido como unha persoa ante a lei. 24 00:01:03,396 --> 00:01:05,202 Ou, unha identidade legal. 25 00:01:05,226 --> 00:01:07,386 Para os nenos, isto é a partida de nacemento. 26 00:01:07,410 --> 00:01:10,235 E, aínda que isto sexa un dereito humano universal, 27 00:01:10,259 --> 00:01:14,732 mil millóns de persoas hoxe en día non teñen un documento de que existen, 28 00:01:14,756 --> 00:01:18,496 isto supón unha das maiores violacións dos dereitos humanos do noso tempo, 29 00:01:18,520 --> 00:01:20,959 aínda así parece que ninguén ten coñecemento disto. 30 00:01:22,475 --> 00:01:24,872 Ante a pobreza e a fame no mundo, 31 00:01:24,896 --> 00:01:27,436 asegurármonos de que todos temos unha identidade legal 32 00:01:27,460 --> 00:01:28,926 non parece importante, 33 00:01:28,950 --> 00:01:30,608 pero si que o é. 34 00:01:31,401 --> 00:01:32,775 Nos comezos da miña carreira 35 00:01:32,799 --> 00:01:36,787 traballei cunha traballadora social nunha comunidade de asilo en Mumbai 36 00:01:36,811 --> 00:01:39,485 e estivemos seguindo o caso dunha rapaza pequena 37 00:01:39,509 --> 00:01:43,680 que tivera polio cando era un bebé e tiña o corpo paralizado da cintura para abaixo. 38 00:01:44,476 --> 00:01:46,447 Cando chegamos á casa, 39 00:01:46,471 --> 00:01:48,248 atopámola no chan. 40 00:01:48,272 --> 00:01:51,265 Tiña moitas cicatrices nas pernas e estaban infectadas, 41 00:01:51,289 --> 00:01:52,878 estaba desnutrida, 42 00:01:52,902 --> 00:01:55,278 non fora nunca á escola 43 00:01:55,302 --> 00:01:59,569 e pasara case toda a súa vida confinada nese cuarto pequeno e escuro. 44 00:02:00,912 --> 00:02:04,771 Ao marchar, pregunteille á traballadora social cal era o plan para ese caso 45 00:02:04,795 --> 00:02:07,983 e díxome: "primeiro temos que conseguir a súa partida de nacemento". 46 00:02:08,007 --> 00:02:09,374 Isto sorprendeume un pouco. 47 00:02:09,398 --> 00:02:12,834 Eu dixen: "non cres que deberíamos conseguirlle asistencia social 48 00:02:12,858 --> 00:02:14,922 e un lugar seguro para vivir e ir á escola?" 49 00:02:14,946 --> 00:02:18,570 E dixo: "exacto, por iso precisamos a súa partida de nacemento". 50 00:02:18,594 --> 00:02:20,721 Sen identidade legal, 51 00:02:20,745 --> 00:02:23,278 o goberno non nos recoñece como persoas. 52 00:02:23,302 --> 00:02:27,936 Unha persoa que non existe oficialmente non pode acceder aos servizos do goberno, 53 00:02:27,960 --> 00:02:30,255 e o goberno só pode ofrecer servizos 54 00:02:30,279 --> 00:02:32,269 para as persoas das que ten coñecemento. 55 00:02:32,293 --> 00:02:36,902 Por iso, algunhas persoas son ignoradas polos servizos de inmunización rutinarios. 56 00:02:37,902 --> 00:02:42,676 As persoas sen unha identidade legal non contan nin están protexidas. 57 00:02:42,700 --> 00:02:45,045 Atópanse entre os membros máis pobres da sociedade 58 00:02:45,069 --> 00:02:47,585 que pertencen ás comunidades máis marxinadas. 59 00:02:47,609 --> 00:02:49,628 Son vítimas de tráfico de persoas. 60 00:02:49,652 --> 00:02:53,705 Os traficantes de persoas saben que é case imposible atopar a alguén 61 00:02:53,729 --> 00:02:56,866 se non hai ningún rexistro de que esa persona existe. 62 00:02:57,438 --> 00:03:01,223 Son vítimas de explotación, como o matrimonio e o traballo infantil. 63 00:03:01,247 --> 00:03:04,902 Sen partida de nacemento, como demostras que un neno segue a ser un neno? 64 00:03:05,636 --> 00:03:07,182 Atópanse entre os apátridas; 65 00:03:07,206 --> 00:03:09,854 as partidas de nacemento mostran quen son os teus pais 66 00:03:09,878 --> 00:03:11,057 e cando naciches, 67 00:03:11,081 --> 00:03:13,953 os dous factores principais para adquirir unha nacionalidade. 68 00:03:15,382 --> 00:03:18,454 Das mil millóns de persoas no mundo sen identidade legal, 69 00:03:18,478 --> 00:03:21,993 a gran maioría son nenos que nunca foron rexistrados ao nacer. 70 00:03:22,380 --> 00:03:24,034 Nos países menos desenvolvidos, 71 00:03:24,058 --> 00:03:28,335 os nacementos de máis dun 60 % dos nenos nunca se rexistraron. 72 00:03:28,359 --> 00:03:31,562 Un estudio realizado en 17 países en África subsahariana 73 00:03:31,586 --> 00:03:35,115 descubriu que o 80 % dos nenos non tiñan unha partida de nacemento. 74 00:03:35,846 --> 00:03:38,321 Dos países que non teñen aínda 75 00:03:38,345 --> 00:03:41,120 a cobertura do rexistro universal de nacementos, 76 00:03:41,144 --> 00:03:45,251 en 26, é necesaria a partida de nacemento para acceder aos servicios sanitarios, 77 00:03:45,275 --> 00:03:46,654 incluídas as vacinas. 78 00:03:47,589 --> 00:03:50,951 En 37 países é necesaria para acceder á asistencia social, que intenta 79 00:03:50,975 --> 00:03:53,298 sacar as persoas da súa situación de pobreza. 80 00:03:55,226 --> 00:03:59,135 En 59 países, a partida de nacemento é necesaria para que os nenos 81 00:03:59,159 --> 00:04:01,951 poidan ir á escola ou completaren a súa formación. 82 00:04:02,883 --> 00:04:06,765 Tamén se precisa a partida de nacemento para outras formas de identificación legal 83 00:04:06,789 --> 00:04:09,029 como o carné de identidade ou o pasaporte. 84 00:04:09,053 --> 00:04:12,586 Estas formas de identificación legal son necesarias en case todos os países 85 00:04:12,610 --> 00:04:15,960 para votar, obter unha tarxeta SIM ou abrir unha conta no banco. 86 00:04:15,984 --> 00:04:19,741 De feito, dos 1 700 millóns de persoas no mundo sen servizos bancarios, 87 00:04:19,765 --> 00:04:23,195 un 20 % non os teñen porque non teñen un documento de identidade legal. 88 00:04:23,969 --> 00:04:27,797 Non hai que ser un experto para ver que isto, multiplicado por mil millóns 89 00:04:27,821 --> 00:04:29,327 é un grave problema. 90 00:04:29,946 --> 00:04:31,950 Non nos sorprende que as probas demostren 91 00:04:31,974 --> 00:04:34,775 que mellorar a cobertura de rexistro de nacementos mellora 92 00:04:34,799 --> 00:04:36,521 os resultados de desenvolvemento, 93 00:04:36,545 --> 00:04:37,951 desde a redución da pobreza 94 00:04:37,975 --> 00:04:40,947 ata unha mellora da saúde, a nutrición e a educación, 95 00:04:40,971 --> 00:04:42,483 a mellora económica 96 00:04:42,507 --> 00:04:44,777 e a migración segura e organizada. 97 00:04:46,714 --> 00:04:51,375 En 2015, os líderes mundiais reuníronse 98 00:04:51,399 --> 00:04:55,081 e prometeron que defenderían os dereitos humanos de todas as persoas 99 00:04:55,105 --> 00:04:56,676 e non deixarían a ningúen atrás 100 00:04:56,700 --> 00:04:58,723 no seu esforzo por acabar coa pobreza, 101 00:04:58,747 --> 00:04:59,913 a fame 102 00:04:59,937 --> 00:05:01,389 e reducir a desigualdade. 103 00:05:01,413 --> 00:05:03,554 Pero, en primeiro lugar, como van defender 104 00:05:03,578 --> 00:05:06,027 os dereitos humanos e como van saber 105 00:05:06,051 --> 00:05:09,331 se están deixando a alguén atrás se non saben 106 00:05:09,355 --> 00:05:10,726 quen son nin onde están? 107 00:05:13,639 --> 00:05:16,102 Que poden facer os países sobre este asunto? 108 00:05:16,126 --> 00:05:18,040 Non hai un modelo que sirva para todos 109 00:05:18,064 --> 00:05:20,307 porque o contexto de cada país é único. 110 00:05:20,331 --> 00:05:24,391 Hai cinco intervencións probadas que poden aplicarse a calquera sistema. 111 00:05:24,851 --> 00:05:26,776 A primeira é reducir a distancia. 112 00:05:26,800 --> 00:05:28,665 A segunda, eliminar o coste. 113 00:05:28,689 --> 00:05:30,561 A terceira, simplificar o proceso. 114 00:05:30,585 --> 00:05:32,699 A cuarta, eliminar a discriminación. 115 00:05:32,723 --> 00:05:34,749 A quinta, aumentar a demanda. 116 00:05:35,429 --> 00:05:38,010 A discriminación por xénero aínda é un problema oculto, 117 00:05:39,092 --> 00:05:41,162 porque, por estatística, non hai diferenza 118 00:05:41,186 --> 00:05:43,326 entre as cifras de rexistro de nenos e nenas. 119 00:05:43,350 --> 00:05:45,681 Pero non se discrimina aos nenos 120 00:05:45,705 --> 00:05:47,155 senón á nai. 121 00:05:47,179 --> 00:05:50,923 Angola era un dos 35 países que precisaban o nome do pai 122 00:05:50,947 --> 00:05:54,374 ou que el estivese presente para que se rexistrase o nacemento do neno. 123 00:05:54,398 --> 00:05:58,076 Así que, en situacións nas que o pai é descoñecido, non quere 124 00:05:58,100 --> 00:05:59,995 ou non pode reclamar a paternidade, 125 00:06:00,019 --> 00:06:03,276 as nais son impedidas de legalmente rexistrar os nacementos 126 00:06:03,300 --> 00:06:04,506 dos seus propios fillos. 127 00:06:05,079 --> 00:06:07,869 Para abordar este problema, Angola aplicou unha política 128 00:06:07,893 --> 00:06:10,988 que permite ás nais rexistrar o seu fillo como nai solteira. 129 00:06:12,346 --> 00:06:14,379 En Tanzania, en 2012, 130 00:06:14,403 --> 00:06:17,189 só un 13 % dos nenos tiñan unha partida de nacemento. 131 00:06:17,523 --> 00:06:20,006 Así que, o goberno desenvolveu un novo sistema. 132 00:06:20,782 --> 00:06:26,109 Estableceron centros de rexistro en infraestruturas xa existentes, 133 00:06:26,133 --> 00:06:28,019 como salas comunitarias 134 00:06:28,043 --> 00:06:29,945 e en instalacións médicas. 135 00:06:29,969 --> 00:06:33,138 Así levaron estes servizos máis preto da xente que os precisaba. 136 00:06:33,162 --> 00:06:34,496 Eliminaron a taxa. 137 00:06:35,141 --> 00:06:37,559 Simplificaron o proceso e automatizárono, 138 00:06:37,583 --> 00:06:40,144 para poder emitir a partida de nacemento no momento. 139 00:06:40,753 --> 00:06:43,825 Para aumentaren a demanda, lanzaron unha campaña de concienciación social 140 00:06:43,849 --> 00:06:46,199 para que a xente saiba que hai un novo proceso 141 00:06:46,223 --> 00:06:49,319 e por que é importante rexistrar o nacemento dos seus fillos. 142 00:06:50,562 --> 00:06:54,450 En poucos anos, nos distritos onde se puxo en marcha o novo sistema, 143 00:06:54,474 --> 00:06:57,472 o 83 % dos nenos teñen partidas de nacemento 144 00:06:57,496 --> 00:07:00,382 e están en proceso de amplialo ao ámbito nacional. 145 00:07:01,334 --> 00:07:02,632 Así que, que podemos facer? 146 00:07:03,632 --> 00:07:06,720 Creo que todos estamos unidos pola nosa humanidade. 147 00:07:06,744 --> 00:07:10,170 Vivimos no mesmo planeta. Respiramos o mesmo aire. 148 00:07:10,194 --> 00:07:13,774 E, mentres que ningún de nós elixiu onde nace ou a situación en que naceu, 149 00:07:13,798 --> 00:07:15,770 si que podemos elixir como vivimos. 150 00:07:16,592 --> 00:07:19,891 Os cambios prodúcense cando un momento de concienciación 151 00:07:19,915 --> 00:07:21,624 ou un intre de compaixón 152 00:07:21,648 --> 00:07:23,563 inspiran a unha persoa para que actúe. 153 00:07:23,587 --> 00:07:25,440 E coa nosa ación colectiva 154 00:07:25,464 --> 00:07:28,901 seremos os axentes máis poderosos do cambio. 155 00:07:28,925 --> 00:07:33,097 Se o custo da inacción é que nenos inocentes estean desprotexidos, 156 00:07:33,121 --> 00:07:35,803 sen vacinar e sen poder ir á escola, 157 00:07:35,827 --> 00:07:39,672 crecendo para ser adultos incapaces de atopar un bo traballo ou votar, 158 00:07:39,696 --> 00:07:44,567 atrapados nun círculo de pobreza, exclusión e invisibilidade, 159 00:07:44,591 --> 00:07:46,313 é a nosa responsabilidade 160 00:07:46,337 --> 00:07:48,766 sacar este tema da escuridade 161 00:07:48,790 --> 00:07:49,942 e traelo á luz. 162 00:07:50,535 --> 00:07:54,359 Porque non todos os días temos a oportunidade de cambiar o mundo, 163 00:07:54,383 --> 00:07:55,713 pero hoxe 164 00:07:55,737 --> 00:07:56,888 podemos. 165 00:07:57,944 --> 00:07:59,104 Grazas. 166 00:07:59,128 --> 00:08:01,105 (Aplausos)