< Return to Video

Xa basta de medo á gordura

  • 0:01 - 0:05
    Estou aquí hoxe para falarlles dunha
    pequena e poderosa palabra,
  • 0:06 - 0:08
    unha palabra que a xente
    quere ver lonxe de si
  • 0:08 - 0:09
    a toda custa.
  • 0:10 - 0:13
    Industrias millonarias prosperan
  • 0:13 - 0:14
    a causa do medo a esta palabra,
  • 0:14 - 0:18
    e aqueles de nós
    que innegablemente o somos
  • 0:18 - 0:20
    quedamos relegados a navegar
    en implacable treboada
  • 0:20 - 0:21
    arredor dela.
  • 0:22 - 0:25
    Non sei se o notarades,
  • 0:25 - 0:26
    pero estou gorda.
  • 0:28 - 0:31
    Non do tipo leve,
    do que xera murmurios,
  • 0:31 - 0:34
    ou do aparentemente inofensivo rechoncho.
  • 0:34 - 0:39
    Nin sequera son do sofisticado tipo
    voluptuoso ou con curvas.
  • 0:40 - 0:42
    Non adornemos isto.
  • 0:42 - 0:46
    Son G-O-R-D-A con maiúsculas.
  • 0:46 - 0:49
    Son o gran tema tabú desta sala.
  • 0:50 - 0:52
    Cando saín ao escenario,
  • 0:52 - 0:53
    moitos de vós seguro que pensastes,
  • 0:53 - 0:56
    "Oh, isto vai ser moi gracioso,
  • 0:56 - 0:58
    porque todo o mundo sabe
    que a xente gorda é graciosa."
  • 0:58 - 1:00
    (Risas)
  • 1:00 - 1:05
    Quizais tamén pensastes,
    "De onde saca esa seguridade?"
  • 1:05 - 1:08
    Porque a idea dunha muller gorda segura
    de si mesma é case impensable.
  • 1:09 - 1:11
    Os membros do público
    que estean ao día en moda
  • 1:11 - 1:14
    poderían pensar o fabulosa que estou
  • 1:14 - 1:15
    neste vestido de Beth Ditto
  • 1:15 - 1:17
    (Aclamacións)
  • 1:17 - 1:18
    Moitas grazas.
  • 1:18 - 1:20
    Mentres que algúns poderían pensar,
  • 1:20 - 1:23
    "Mmm, a cor negra estiliza máis".
  • 1:23 - 1:24
    (Risas)
  • 1:24 - 1:27
    De seguro tamén pensastes,
    conscientemente ou non,
  • 1:27 - 1:30
    se teño diabetes, ou parella,
  • 1:30 - 1:32
    ou se tomo carbohidratos
    pasadas as sete da tarde.
  • 1:32 - 1:33
    (Risas)
  • 1:33 - 1:37
    Quizais vos preocupastes por onte tomardes
    carbohidratos pasadas as 7 da tarde
  • 1:37 - 1:40
    e porque deberiades renovar o
    abono do ximnasio.
  • 1:41 - 1:44
    Eses xuízos son daniños.
  • 1:44 - 1:46
    Poden dirixirse a individuos e a grupos,
  • 1:46 - 1:49
    e tamén poden dirixirse contra nós mesmos.
  • 1:49 - 1:53
    E este xeito de pensar
    coñécese como gordofobia.
  • 1:54 - 1:56
    Coma calquera outra forma
    de opresión sistemática,
  • 1:56 - 2:00
    a gordofobia está fondamente enraizada
    en estruturas complexas
  • 2:00 - 2:04
    como o capitalismo, o patriarcado
    ou o racismo,
  • 2:04 - 2:07
    e iso pode facer difícil o identificala,
  • 2:07 - 2:08
    por non dicir que é un reto.
  • 2:09 - 2:10
    Vivimos nunha cultura
  • 2:10 - 2:15
    onde o ser gordo se identifica
    con ser unha mala persoa
  • 2:15 - 2:19
    preguiceira, agarrada,
    con mala saúde, irresponsable
  • 2:19 - 2:21
    e de dubidosa moral.
  • 2:21 - 2:23
    E tendemos a ver a delgadeza
  • 2:23 - 2:25
    como algo xeralmente bo,
  • 2:26 - 2:28
    responsable, exitoso,
  • 2:28 - 2:31
    e co apetito, corpo e vidas baixo control.
  • 2:32 - 2:35
    Vemos estas ideas unha e outra vez
  • 2:35 - 2:38
    nos medios de comunicación,
    nas políticas de saúde pública,
  • 2:38 - 2:39
    nas consultas médicas,
  • 2:39 - 2:41
    nas conversas do día a día
  • 2:41 - 2:43
    e mesmo nas nosas actitudes.
  • 2:44 - 2:47
    Ás veces incluso culpamos á xente gorda
  • 2:47 - 2:48
    pola discriminación que sofren
  • 2:48 - 2:53
    porque, ao remate, se non nos gusta,
    tan só deberiamos perder peso.
  • 2:53 - 2:54
    Sinxelo.
  • 2:55 - 3:00
    Esta tendencia antigordura
    volveuse tan integral e arraigada
  • 3:00 - 3:02
    con respecto a como nos valoramos
    a nós e aos demais
  • 3:02 - 3:08
    que raramente nos cuestionamos a causa
    deste desprezo pola xente con sobrepeso
  • 3:08 - 3:10
    e de onde procede este desdén.
  • 3:11 - 3:13
    Mais deberiamos cuestionalo,
  • 3:13 - 3:16
    porque o enorme valor
    que lle damos á aparencia
  • 3:16 - 3:18
    aféctanos a cada un de nós.
  • 3:19 - 3:22
    E queremos vivir realmente nunha sociedade
  • 3:22 - 3:24
    onde se lle nega á xente
    a súa humanidade básica
  • 3:25 - 3:28
    se non se axeita
    a unha forma arbitraria do aceptable?
  • 3:30 - 3:32
    Cando tiña seis anos,
  • 3:32 - 3:36
    miña irmá dáballes clases de ballet
    a un grupo de nenas no noso garaxe.
  • 3:37 - 3:40
    Eu era uns 30 cm máis alta
    e ancha ca a maioría.
  • 3:40 - 3:43
    Cando fixemos a nosa primeira actuación,
  • 3:43 - 3:47
    eu estaba moi emocionada
    por vestir un fermoso tutú rosa.
  • 3:47 - 3:50
    Ía brillar.
  • 3:51 - 3:55
    Mentres que o resto de nenas entraban
    facilmente nos seus traxes de licra e tul,
  • 3:55 - 3:58
    ningún dos tutús era
    abondo grande para que me servira.
  • 3:59 - 4:03
    Estaba decidida
    a que non me excluísen da actuación,
  • 4:03 - 4:06
    así que me virei cara a miña nai
  • 4:06 - 4:09
    e díxenlle alto abondo
    para que todos escoitasen
  • 4:09 - 4:12
    "Mamá, non preciso tutú
    (soa como 'twotwo' [dous-dous])
  • 4:12 - 4:15
    preciso un 'fourfour'
    (en inglés catro-catro)"
  • 4:15 - 4:16
    (Risas)
  • 4:18 - 4:19
    Grazas, mamá.
  • 4:19 - 4:21
    (Aplausos)
  • 4:23 - 4:25
    Aínda que non me decatei nese momento,
  • 4:25 - 4:28
    reclamar o meu espazo
    nese glorioso 'fourfour'
  • 4:28 - 4:33
    foi o primeiro paso para converterme
    nunha activista radical da gordura.
  • 4:34 - 4:37
    Ollo, non digo que toda esta cuestión
    de amor ao corpo
  • 4:37 - 4:41
    fora un paso sinxelo ao longo
    dun brillante camiño de autoaceptación
  • 4:41 - 4:43
    dende aquel día na clase.
  • 4:43 - 4:44
    Nada diso.
  • 4:45 - 4:49
    Axiña aprendín que vivir fóra
    do que se adoita considerar normal
  • 4:49 - 4:52
    pode resultar frustrante e solitario.
  • 4:53 - 4:57
    Pasei os últimos 20 anos desfacendo
    e desprogramando esas mensaxes,
  • 4:57 - 5:00
    e foi algo así coma unha montaña rusa.
  • 5:01 - 5:05
    Ríronseme na cara,
    insultáronme desde coches que pasaban
  • 5:05 - 5:07
    e chamáronme tola.
  • 5:07 - 5:10
    Tamén recibo sorrisos de estraños
  • 5:10 - 5:13
    que recoñecen o que se precisa
    para andar pola rúa
  • 5:13 - 5:15
    con confianza no andar e a cabeza alta.
  • 5:15 - 5:17
    (Aclamacións)
  • 5:17 - 5:18
    Grazas.
  • 5:18 - 5:22
    E a través de todo iso, aquela forte nena
    de seis anos ficou comigo,
  • 5:22 - 5:25
    e axudoume a me presentar ante vós hoxe
  • 5:25 - 5:28
    como unha muller gorda sen complexos,
  • 5:28 - 5:31
    unha persoa que simplemente
    se negou a ser unha subordinada
  • 5:31 - 5:33
    da narrativa dominante
  • 5:33 - 5:36
    acerca de como debo moverme
    polo mundo co meu corpo.
  • 5:36 - 5:39
    (Aplausos)
  • 5:44 - 5:46
    E non estou soa.
  • 5:46 - 5:50
    Son parte dunha comunidade internacional
    de persoas
  • 5:50 - 5:52
    que escolleron,
    no canto de aceptar con pasividade
  • 5:52 - 5:56
    que os nosos corpos son
    e probablemente serán sempre grandes,
  • 5:56 - 6:01
    que escollemos activamente florecer
    nestes corpos tal e como son hoxe.
  • 6:01 - 6:05
    Persoas que respectan a nosa fortaleza
    e traballan con, e non contra,
  • 6:05 - 6:07
    as nosas limitacións percibidas,
  • 6:07 - 6:09
    persoas que valoran a saúde
  • 6:09 - 6:12
    como algo máis global
  • 6:12 - 6:15
    ca unha cifra nun anticuada táboa
    de índice de masa corporal.
  • 6:15 - 6:21
    No canto, valoramos a autoestima, a saúde
    mental, e como nos sentimos no noso corpo
  • 6:21 - 6:25
    como aspectos vitais
    do noso benestar xeral.
  • 6:26 - 6:29
    Persoas que se negan a crer
    que vivir nestes corpos
  • 6:29 - 6:33
    sexa, realmente, unha barreira para nada.
  • 6:33 - 6:37
    Existen doutores, estudosos e blogueiros
  • 6:37 - 6:39
    que escribiron incontables libros
  • 6:39 - 6:42
    sobre as moitas facetas
    deste complexo tema.
  • 6:43 - 6:48
    Hai seguidoras da moda que recuperaron
    os seus corpos e beleza
  • 6:48 - 6:51
    vestindo bikinis de tallas grandes
    e tops curtos,
  • 6:51 - 6:54
    amosando a carne
    que lles ensinaran a agochar.
  • 6:54 - 6:56
    Hai atletas gordas
  • 6:56 - 7:00
    que corren maratóns, ensinan ioga
    ou practican kickboxing,
  • 7:00 - 7:05
    e fano co dedo maior alzado con forza
    contra o statu quo.
  • 7:06 - 7:09
    Todas elas ensináronme que a
    política radical no que a corpos respecta
  • 7:09 - 7:12
    é o antídoto para esta cultura
    do odio ao corpo.
  • 7:14 - 7:18
    Unha aclaración: non digo que a xente
    non deba cambiar os seus corpos
  • 7:18 - 7:20
    se é o que quere facer.
  • 7:21 - 7:25
    Recuperarse a si mesmo pode ser un dos
    máis fermosos actos de amor a un propio
  • 7:25 - 7:27
    e pode materializarse
    nun millón de cousas distintas,
  • 7:28 - 7:32
    desde peiteados ata tatuaxes,
    modelado corporal,
  • 7:32 - 7:35
    hormonas, cirurxía e si,
    incluso perder peso.
  • 7:35 - 7:38
    Así de sinxelo: é o teu corpo,
  • 7:38 - 7:40
    e ti decides o que é mellor para el.
  • 7:41 - 7:44
    O meu xeito de participar no activismo
  • 7:44 - 7:47
    é facer todo iso que non se espera
    que fagamos os gordiños
  • 7:47 - 7:48
    e hai unha chea de cousas,
  • 7:49 - 7:53
    e invitar a outra xente a unirse a min
    e facer arte sobre iso.
  • 7:54 - 7:56
    O fío que une a maior parte deste traballo
  • 7:56 - 8:00
    foi recuperar os espazos que normalmente
    lles están prohibidos aos corpos grandes,
  • 8:00 - 8:03
    desde pasarelas ata espectáculos en clubs,
  • 8:03 - 8:07
    desde piscinas públicas a pistas de baile.
  • 8:08 - 8:13
    E esta recuperación en masa non é só
    unha poderosa declaración artística
  • 8:13 - 8:16
    senón un enfoque radical
    na construción dunha comunidade.
  • 8:17 - 8:20
    Isto foi así en "AQUAPORKO!"
  • 8:20 - 8:21
    (Risas)
  • 8:22 - 8:25
    o equipo de natación sincronizada
    de gordas
  • 8:25 - 8:27
    que creei cun grupo de amigas en Sydney.
  • 8:28 - 8:32
    O impacto de ver
    un grupo de gordas atrevidas
  • 8:32 - 8:34
    con floridos gorros e traxes de baño
  • 8:34 - 8:37
    erguendo as súas pernas no aire
    sen preocupación ningunha
  • 8:37 - 8:39
    non debería subestimarse.
  • 8:41 - 8:44
    (Risas)
  • 8:44 - 8:50
    Ao longo da miña carreira, aprendín que os
    corpos gordos son por natureza políticos,
  • 8:50 - 8:52
    e que os corpos gordos sen complexos
  • 8:52 - 8:55
    poden sorprender ás persoas.
  • 8:56 - 8:59
    Cando a directora Kate Champion,
  • 8:59 - 9:02
    da aclamada compañía teatral
    Force Majeure,
  • 9:02 - 9:04
    me pediu que fose a súa socia artística
  • 9:04 - 9:08
    nunha obra en que
    todos os bailaríns estaban gordos
  • 9:08 - 9:11
    literalmente saltei sobre a ocasión.
  • 9:12 - 9:13
    E digo "literalmente".
  • 9:15 - 9:19
    "Nada que perder" é unha obra en que
    colaboran bailaríns con sobrepeso,
  • 9:19 - 9:21
    que a partir das súas experiencias
  • 9:22 - 9:26
    crearon unha obra tan variada e auténtica
    como o somos nós.
  • 9:26 - 9:29
    E estaba o máis lonxe do ballet
    que poidades imaxinar.
  • 9:30 - 9:35
    Xa a propia idea dunha obra de danza
    de gordos feita por unha compañía
  • 9:35 - 9:39
    tan prestixiosa era, por dicilo
    con suavidade, controvertida.
  • 9:39 - 9:44
    Porque nunca antes se fixera algo así
    en escenarios de baile convencionais
  • 9:44 - 9:46
    en ningunha parte do mundo.
  • 9:47 - 9:49
    A xente mostrouse escéptica.
  • 9:50 - 9:53
    "Que significa 'bailaríns gordos'?
  • 9:53 - 9:58
    Coma de talla 38 ou 40?
  • 9:59 - 10:02
    Onde ensaiaron os bailes?
  • 10:02 - 10:05
    Van ter resistencia abonda
    para unha produción completa?"
  • 10:07 - 10:09
    Mais a pesar do escepticismo,
  • 10:09 - 10:13
    "Nada que perder" converteuse nun éxito
    de público no Festival de Sydney.
  • 10:13 - 10:15
    Recibimos eloxios da crítica, viaxamos,
  • 10:15 - 10:20
    gañamos premios e escribiron sobre nós
    en máis de 27 idiomas.
  • 10:20 - 10:24
    Estas sensacionais imaxes do noso elenco
    víronse en todo o mundo.
  • 10:25 - 10:30
    Perdín a conta das veces
    que persoas de todas as tallas
  • 10:30 - 10:33
    me dixeron que a obra
    lles cambiou as vidas,
  • 10:33 - 10:35
    ou como lles axudou
    a mudar a súa relación
  • 10:35 - 10:37
    cos seus corpos e cos corpos dos demais,
  • 10:38 - 10:40
    e como lles fixo enfrontar
    os seus propios prexuízos.
  • 10:41 - 10:45
    Non obstante, e como é de supoñer,
    unha obra de tal calado emocional
  • 10:45 - 10:47
    tamén ten detractores.
  • 10:48 - 10:51
    Dixéronme que estou tratando
    de enxalzar a obesidade.
  • 10:51 - 10:54
    Recibín violentas amenazas de morte
  • 10:54 - 10:59
    e fun insultada por ousar facer unha obra
    centrada nos corpos e vidas dos gordos
  • 10:59 - 11:05
    e que nos tratara coma seres humanos
    con historias valiosas que contar.
  • 11:06 - 11:08
    Incluso chegaron a chamarme
  • 11:08 - 11:11
    "a ISIS da epidemia da obesidade"
  • 11:11 - 11:12
    (Risas)
  • 11:12 - 11:15
    Un comentario tan absurdo
    que aínda resulta gracioso.
  • 11:16 - 11:19
    Pero que tamén fala do pánico,
  • 11:19 - 11:21
    do terror literal,
  • 11:21 - 11:23
    que o medo á gordura pode xerar.
  • 11:24 - 11:27
    É precisamente este medo
    o que alimenta a industria dietética,
  • 11:27 - 11:32
    o que nos impide a moitos de nós
    vivir en paz cos nosos corpos,
  • 11:32 - 11:34
    esperando ser a foto do "despois"
  • 11:34 - 11:37
    antes sequera de comezar a vivir
    realmente as nosas vidas.
  • 11:37 - 11:41
    Porque o único gran tema tabú
    aquí é a gordofobia.
  • 11:42 - 11:47
    O activismo gordo
    négase a aceptar este medo.
  • 11:47 - 11:51
    Ao abogar pola autodeterminación
    e o respecto por todos nós,
  • 11:51 - 11:55
    podemos cambiar o rexeitamento
    da sociedade para acoller a diversidade
  • 11:55 - 12:00
    e comezar así a celebrar os mil xeitos
    que hai de ter un corpo.
  • 12:00 - 12:02
    Grazas.
  • 12:02 - 12:05
    (Aplausos)
Title:
Xa basta de medo á gordura
Speaker:
Kelli Jean Drinkwater
Description:

Nunha sociedade obsesionada coa imaxe corporal e marcada polo medo á gordura, Kelli Jean Drinkwater adéntrase na radical política corporal a través da arte. Enfronta a percepción pública que se ten dos corpos grandes levándoos a lugares onde antes resultaba impensable a súa presenza (dende pasarelas de moda ata o Festival de Sydney) e ademais trata de persuadirnos para mirar de novo e repensar os nosos prexuízos. "Un corpo gordo sen complexos é capaz de asombrar as persoas", di.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
12:20

Galician subtitles

Revisions Compare revisions