WEBVTT 00:00:00.960 --> 00:00:05.496 Estou aquí hoxe para falarlles dunha pequena e poderosa palabra, 00:00:05.520 --> 00:00:08.055 unha palabra que a xente quere ver lonxe de si 00:00:08.080 --> 00:00:09.360 a toda custa. 00:00:10.280 --> 00:00:12.536 Industrias millonarias prosperan 00:00:12.560 --> 00:00:14.336 a causa do medo a esta palabra, 00:00:14.360 --> 00:00:17.536 e aqueles de nós que innegablemente o somos 00:00:17.560 --> 00:00:20.036 quedamos relegados a navegar en implacable treboada 00:00:20.036 --> 00:00:21.120 arredor dela. NOTE Paragraph 00:00:22.120 --> 00:00:24.856 Non sei se o notarades, 00:00:24.880 --> 00:00:26.240 pero estou gorda. 00:00:27.600 --> 00:00:30.576 Non do tipo leve, do que xera murmurios, 00:00:30.600 --> 00:00:33.976 ou do aparentemente inofensivo rechoncho. 00:00:34.000 --> 00:00:38.600 Nin sequera son do sofisticado tipo voluptuoso ou con curvas. NOTE Paragraph 00:00:39.720 --> 00:00:41.696 Non adornemos isto. 00:00:41.720 --> 00:00:45.576 Son G-O-R-D-A con maiúsculas. 00:00:45.600 --> 00:00:48.510 Son o gran tema tabú desta sala. 00:00:50.040 --> 00:00:51.576 Cando saín ao escenario, 00:00:51.600 --> 00:00:53.296 moitos de vós seguro que pensastes, 00:00:53.320 --> 00:00:55.646 "Oh, isto vai ser moi gracioso, 00:00:55.660 --> 00:00:58.376 porque todo o mundo sabe que a xente gorda é graciosa." NOTE Paragraph 00:00:58.400 --> 00:00:59.516 (Risas) NOTE Paragraph 00:01:00.440 --> 00:01:04.575 Quizais tamén pensastes, "De onde saca esa seguridade?" 00:01:04.599 --> 00:01:07.920 Porque a idea dunha muller gorda segura de si mesma é case impensable. 00:01:08.760 --> 00:01:11.016 Os membros do público que estean ao día en moda 00:01:11.040 --> 00:01:13.696 poderían pensar o fabulosa que estou 00:01:13.720 --> 00:01:15.296 neste vestido de Beth Ditto NOTE Paragraph 00:01:15.320 --> 00:01:16.536 (Aclamacións) NOTE Paragraph 00:01:16.560 --> 00:01:18.456 Moitas grazas. 00:01:18.480 --> 00:01:20.376 Mentres que algúns poderían pensar, 00:01:20.400 --> 00:01:23.056 "Mmm, a cor negra estiliza máis". NOTE Paragraph 00:01:23.080 --> 00:01:24.076 (Risas) NOTE Paragraph 00:01:24.360 --> 00:01:26.856 De seguro tamén pensastes, conscientemente ou non, 00:01:26.880 --> 00:01:29.816 se teño diabetes, ou parella, 00:01:29.840 --> 00:01:32.246 ou se tomo carbohidratos pasadas as sete da tarde. NOTE Paragraph 00:01:32.246 --> 00:01:33.336 (Risas) NOTE Paragraph 00:01:33.360 --> 00:01:37.296 Quizais vos preocupastes por onte tomardes carbohidratos pasadas as 7 da tarde 00:01:37.320 --> 00:01:40.040 e porque deberiades renovar o abono do ximnasio. NOTE Paragraph 00:01:41.320 --> 00:01:43.576 Eses xuízos son daniños. 00:01:43.600 --> 00:01:46.176 Poden dirixirse a individuos e a grupos, 00:01:46.200 --> 00:01:48.760 e tamén poden dirixirse contra nós mesmos. 00:01:49.360 --> 00:01:52.560 E este xeito de pensar coñécese como gordofobia. NOTE Paragraph 00:01:53.800 --> 00:01:56.216 Coma calquera outra forma de opresión sistemática, 00:01:56.240 --> 00:01:59.896 a gordofobia está fondamente enraizada en estruturas complexas 00:01:59.920 --> 00:02:03.976 como o capitalismo, o patriarcado ou o racismo, 00:02:04.000 --> 00:02:06.776 e iso pode facer difícil o identificala, 00:02:06.800 --> 00:02:08.180 por non dicir que é un reto. 00:02:09.000 --> 00:02:10.256 Vivimos nunha cultura 00:02:10.280 --> 00:02:15.256 onde o ser gordo se identifica con ser unha mala persoa 00:02:15.280 --> 00:02:19.096 preguiceira, agarrada, con mala saúde, irresponsable 00:02:19.120 --> 00:02:20.600 e de dubidosa moral. 00:02:21.440 --> 00:02:23.016 E tendemos a ver a delgadeza 00:02:23.040 --> 00:02:25.240 como algo xeralmente bo, 00:02:26.040 --> 00:02:28.056 responsable, exitoso, 00:02:28.080 --> 00:02:31.440 e co apetito, corpo e vidas baixo control. 00:02:32.240 --> 00:02:34.576 Vemos estas ideas unha e outra vez 00:02:34.600 --> 00:02:37.536 nos medios de comunicación, nas políticas de saúde pública, 00:02:37.560 --> 00:02:39.176 nas consultas médicas, 00:02:39.200 --> 00:02:41.376 nas conversas do día a día 00:02:41.400 --> 00:02:43.080 e mesmo nas nosas actitudes. 00:02:43.880 --> 00:02:46.856 Ás veces incluso culpamos á xente gorda 00:02:46.880 --> 00:02:48.456 pola discriminación que sofren 00:02:48.480 --> 00:02:53.176 porque, ao remate, se non nos gusta, tan só deberiamos perder peso. 00:02:53.200 --> 00:02:54.440 Sinxelo. 00:02:55.360 --> 00:02:59.856 Esta tendencia antigordura volveuse tan integral e arraigada 00:02:59.880 --> 00:03:02.416 con respecto a como nos valoramos a nós e aos demais 00:03:02.440 --> 00:03:08.176 que raramente nos cuestionamos a causa deste desprezo pola xente con sobrepeso 00:03:08.200 --> 00:03:10.040 e de onde procede este desdén. NOTE Paragraph 00:03:10.960 --> 00:03:12.896 Mais deberiamos cuestionalo, 00:03:12.920 --> 00:03:16.096 porque o enorme valor que lle damos á aparencia 00:03:16.120 --> 00:03:18.240 aféctanos a cada un de nós. 00:03:19.000 --> 00:03:21.536 E queremos vivir realmente nunha sociedade 00:03:21.560 --> 00:03:24.496 onde se lle nega á xente a súa humanidade básica 00:03:24.520 --> 00:03:28.480 se non se axeita a unha forma arbitraria do aceptable? NOTE Paragraph 00:03:30.200 --> 00:03:31.936 Cando tiña seis anos, 00:03:31.960 --> 00:03:36.496 miña irmá dáballes clases de ballet a un grupo de nenas no noso garaxe. 00:03:36.520 --> 00:03:39.720 Eu era uns 30 cm máis alta e ancha ca a maioría. 00:03:40.400 --> 00:03:42.536 Cando fixemos a nosa primeira actuación, 00:03:42.560 --> 00:03:47.176 eu estaba moi emocionada por vestir un fermoso tutú rosa. 00:03:47.200 --> 00:03:49.720 Ía brillar. 00:03:50.800 --> 00:03:54.936 Mentres que o resto de nenas entraban facilmente nos seus traxes de licra e tul, 00:03:54.960 --> 00:03:57.840 ningún dos tutús era abondo grande para que me servira. 00:03:58.720 --> 00:04:02.856 Estaba decidida a que non me excluísen da actuación, 00:04:02.880 --> 00:04:05.696 así que me virei cara a miña nai 00:04:05.720 --> 00:04:08.656 e díxenlle alto abondo para que todos escoitasen 00:04:08.680 --> 00:04:12.296 "Mamá, non preciso tutú (soa como 'twotwo' [dous-dous]) 00:04:12.320 --> 00:04:14.576 preciso un 'fourfour' (en inglés catro-catro)" NOTE Paragraph 00:04:14.580 --> 00:04:15.720 (Risas) NOTE Paragraph 00:04:17.760 --> 00:04:18.976 Grazas, mamá. NOTE Paragraph 00:04:19.000 --> 00:04:20.936 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:04:22.560 --> 00:04:24.976 Aínda que non me decatei nese momento, 00:04:25.000 --> 00:04:28.256 reclamar o meu espazo nese glorioso 'fourfour' 00:04:28.280 --> 00:04:33.160 foi o primeiro paso para converterme nunha activista radical da gordura. NOTE Paragraph 00:04:34.080 --> 00:04:36.696 Ollo, non digo que toda esta cuestión de amor ao corpo 00:04:36.720 --> 00:04:40.976 fora un paso sinxelo ao longo dun brillante camiño de autoaceptación 00:04:41.000 --> 00:04:42.896 dende aquel día na clase. 00:04:42.920 --> 00:04:44.120 Nada diso. 00:04:44.760 --> 00:04:48.936 Axiña aprendín que vivir fóra do que se adoita considerar normal 00:04:48.960 --> 00:04:51.800 pode resultar frustrante e solitario. 00:04:52.640 --> 00:04:57.336 Pasei os últimos 20 anos desfacendo e desprogramando esas mensaxes, 00:04:57.360 --> 00:05:00.080 e foi algo así coma unha montaña rusa. 00:05:00.880 --> 00:05:04.896 Ríronseme na cara, insultáronme desde coches que pasaban 00:05:04.920 --> 00:05:06.560 e chamáronme tola. 00:05:07.400 --> 00:05:09.856 Tamén recibo sorrisos de estraños 00:05:09.880 --> 00:05:12.696 que recoñecen o que se precisa para andar pola rúa 00:05:12.720 --> 00:05:15.296 con confianza no andar e a cabeza alta. NOTE Paragraph 00:05:15.320 --> 00:05:16.656 (Aclamacións) NOTE Paragraph 00:05:16.680 --> 00:05:18.016 Grazas. 00:05:18.040 --> 00:05:22.096 E a través de todo iso, aquela forte nena de seis anos ficou comigo, 00:05:22.120 --> 00:05:24.976 e axudoume a me presentar ante vós hoxe 00:05:25.000 --> 00:05:28.016 como unha muller gorda sen complexos, 00:05:28.040 --> 00:05:31.136 unha persoa que simplemente se negou a ser unha subordinada 00:05:31.160 --> 00:05:32.576 da narrativa dominante 00:05:32.600 --> 00:05:36.296 acerca de como debo moverme polo mundo co meu corpo. NOTE Paragraph 00:05:36.320 --> 00:05:38.700 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:05:44.240 --> 00:05:45.520 E non estou soa. 00:05:46.440 --> 00:05:49.576 Son parte dunha comunidade internacional de persoas 00:05:49.600 --> 00:05:52.216 que escolleron, no canto de aceptar con pasividade 00:05:52.240 --> 00:05:56.176 que os nosos corpos son e probablemente serán sempre grandes, 00:05:56.200 --> 00:06:00.520 que escollemos activamente florecer nestes corpos tal e como son hoxe. 00:06:01.280 --> 00:06:05.056 Persoas que respectan a nosa fortaleza e traballan con, e non contra, 00:06:05.080 --> 00:06:07.456 as nosas limitacións percibidas, 00:06:07.480 --> 00:06:09.296 persoas que valoran a saúde 00:06:09.320 --> 00:06:11.776 como algo máis global 00:06:11.800 --> 00:06:14.976 ca unha cifra nun anticuada táboa de índice de masa corporal. 00:06:15.000 --> 00:06:21.096 No canto, valoramos a autoestima, a saúde mental, e como nos sentimos no noso corpo 00:06:21.120 --> 00:06:24.600 como aspectos vitais do noso benestar xeral. 00:06:25.560 --> 00:06:28.776 Persoas que se negan a crer que vivir nestes corpos 00:06:28.800 --> 00:06:32.640 sexa, realmente, unha barreira para nada. NOTE Paragraph 00:06:33.400 --> 00:06:36.656 Existen doutores, estudosos e blogueiros 00:06:36.680 --> 00:06:38.856 que escribiron incontables libros 00:06:38.880 --> 00:06:42.040 sobre as moitas facetas deste complexo tema. 00:06:42.720 --> 00:06:47.616 Hai seguidoras da moda que recuperaron os seus corpos e beleza 00:06:47.640 --> 00:06:50.576 vestindo bikinis de tallas grandes e tops curtos, 00:06:50.600 --> 00:06:53.520 amosando a carne que lles ensinaran a agochar. 00:06:54.200 --> 00:06:55.776 Hai atletas gordas 00:06:55.800 --> 00:06:59.776 que corren maratóns, ensinan ioga ou practican kickboxing, 00:06:59.800 --> 00:07:04.560 e fano co dedo maior alzado con forza contra o statu quo. 00:07:05.560 --> 00:07:09.056 Todas elas ensináronme que a política radical no que a corpos respecta 00:07:09.080 --> 00:07:12.360 é o antídoto para esta cultura do odio ao corpo. NOTE Paragraph 00:07:13.760 --> 00:07:18.456 Unha aclaración: non digo que a xente non deba cambiar os seus corpos 00:07:18.480 --> 00:07:19.960 se é o que quere facer. 00:07:20.600 --> 00:07:24.576 Recuperarse a si mesmo pode ser un dos máis fermosos actos de amor a un propio 00:07:24.600 --> 00:07:27.200 e pode materializarse nun millón de cousas distintas, 00:07:27.920 --> 00:07:31.696 desde peiteados ata tatuaxes, modelado corporal, 00:07:31.720 --> 00:07:34.800 hormonas, cirurxía e si, incluso perder peso. 00:07:35.320 --> 00:07:37.616 Así de sinxelo: é o teu corpo, 00:07:37.640 --> 00:07:40.080 e ti decides o que é mellor para el. NOTE Paragraph 00:07:40.920 --> 00:07:43.816 O meu xeito de participar no activismo 00:07:43.840 --> 00:07:46.936 é facer todo iso que non se espera que fagamos os gordiños 00:07:46.960 --> 00:07:48.496 e hai unha chea de cousas, 00:07:48.520 --> 00:07:52.720 e invitar a outra xente a unirse a min e facer arte sobre iso. 00:07:53.720 --> 00:07:55.776 O fío que une a maior parte deste traballo 00:07:55.800 --> 00:08:00.456 foi recuperar os espazos que normalmente lles están prohibidos aos corpos grandes, 00:08:00.480 --> 00:08:03.416 desde pasarelas ata espectáculos en clubs, 00:08:03.440 --> 00:08:07.000 desde piscinas públicas a pistas de baile. 00:08:08.280 --> 00:08:13.416 E esta recuperación en masa non é só unha poderosa declaración artística 00:08:13.440 --> 00:08:16.110 senón un enfoque radical na construción dunha comunidade. 00:08:17.120 --> 00:08:19.936 Isto foi así en "AQUAPORKO!" NOTE Paragraph 00:08:19.960 --> 00:08:21.246 (Risas) NOTE Paragraph 00:08:21.920 --> 00:08:24.536 o equipo de natación sincronizada de gordas 00:08:24.560 --> 00:08:27.000 que creei cun grupo de amigas en Sydney. 00:08:28.400 --> 00:08:31.776 O impacto de ver un grupo de gordas atrevidas 00:08:31.800 --> 00:08:34.015 con floridos gorros e traxes de baño 00:08:34.039 --> 00:08:36.856 erguendo as súas pernas no aire sen preocupación ningunha 00:08:36.880 --> 00:08:39.000 non debería subestimarse. NOTE Paragraph 00:08:41.400 --> 00:08:43.640 (Risas) NOTE Paragraph 00:08:44.440 --> 00:08:50.016 Ao longo da miña carreira, aprendín que os corpos gordos son por natureza políticos, 00:08:50.040 --> 00:08:52.136 e que os corpos gordos sen complexos 00:08:52.160 --> 00:08:55.040 poden sorprender ás persoas. 00:08:56.360 --> 00:08:58.736 Cando a directora Kate Champion, 00:08:58.760 --> 00:09:01.736 da aclamada compañía teatral Force Majeure, 00:09:01.760 --> 00:09:04.216 me pediu que fose a súa socia artística 00:09:04.240 --> 00:09:07.536 nunha obra en que todos os bailaríns estaban gordos 00:09:07.560 --> 00:09:10.680 literalmente saltei sobre a ocasión. 00:09:11.640 --> 00:09:13.200 E digo "literalmente". 00:09:14.720 --> 00:09:18.896 "Nada que perder" é unha obra en que colaboran bailaríns con sobrepeso, 00:09:18.920 --> 00:09:21.496 que a partir das súas experiencias 00:09:21.520 --> 00:09:26.056 crearon unha obra tan variada e auténtica como o somos nós. 00:09:26.080 --> 00:09:29.320 E estaba o máis lonxe do ballet que poidades imaxinar. NOTE Paragraph 00:09:30.120 --> 00:09:34.820 Xa a propia idea dunha obra de danza de gordos feita por unha compañía 00:09:34.820 --> 00:09:39.056 tan prestixiosa era, por dicilo con suavidade, controvertida. 00:09:39.080 --> 00:09:44.096 Porque nunca antes se fixera algo así en escenarios de baile convencionais 00:09:44.120 --> 00:09:45.960 en ningunha parte do mundo. NOTE Paragraph 00:09:47.200 --> 00:09:48.960 A xente mostrouse escéptica. 00:09:49.800 --> 00:09:53.376 "Que significa 'bailaríns gordos'? 00:09:53.400 --> 00:09:57.800 Coma de talla 38 ou 40? 00:09:58.840 --> 00:10:01.896 Onde ensaiaron os bailes? 00:10:01.920 --> 00:10:05.480 Van ter resistencia abonda para unha produción completa?" NOTE Paragraph 00:10:06.760 --> 00:10:08.696 Mais a pesar do escepticismo, 00:10:08.720 --> 00:10:12.816 "Nada que perder" converteuse nun éxito de público no Festival de Sydney. 00:10:12.840 --> 00:10:15.176 Recibimos eloxios da crítica, viaxamos, 00:10:15.200 --> 00:10:19.736 gañamos premios e escribiron sobre nós en máis de 27 idiomas. 00:10:19.760 --> 00:10:24.200 Estas sensacionais imaxes do noso elenco víronse en todo o mundo. 00:10:25.440 --> 00:10:29.976 Perdín a conta das veces que persoas de todas as tallas 00:10:30.000 --> 00:10:33.096 me dixeron que a obra lles cambiou as vidas, 00:10:33.120 --> 00:10:35.136 ou como lles axudou a mudar a súa relación 00:10:35.160 --> 00:10:37.496 cos seus corpos e cos corpos dos demais, 00:10:37.520 --> 00:10:40.280 e como lles fixo enfrontar os seus propios prexuízos. NOTE Paragraph 00:10:41.440 --> 00:10:44.776 Non obstante, e como é de supoñer, unha obra de tal calado emocional 00:10:44.800 --> 00:10:47.000 tamén ten detractores. 00:10:47.960 --> 00:10:51.296 Dixéronme que estou tratando de enxalzar a obesidade. 00:10:51.320 --> 00:10:53.816 Recibín violentas amenazas de morte 00:10:53.840 --> 00:10:59.296 e fun insultada por ousar facer unha obra centrada nos corpos e vidas dos gordos 00:10:59.320 --> 00:11:04.840 e que nos tratara coma seres humanos con historias valiosas que contar. 00:11:06.040 --> 00:11:07.616 Incluso chegaron a chamarme 00:11:07.640 --> 00:11:10.576 "a ISIS da epidemia da obesidade" NOTE Paragraph 00:11:10.600 --> 00:11:11.896 (Risas) NOTE Paragraph 00:11:12.320 --> 00:11:14.880 Un comentario tan absurdo que aínda resulta gracioso. 00:11:16.000 --> 00:11:18.776 Pero que tamén fala do pánico, 00:11:18.800 --> 00:11:20.776 do terror literal, 00:11:20.800 --> 00:11:22.880 que o medo á gordura pode xerar. 00:11:23.600 --> 00:11:26.976 É precisamente este medo o que alimenta a industria dietética, 00:11:27.000 --> 00:11:31.776 o que nos impide a moitos de nós vivir en paz cos nosos corpos, 00:11:31.800 --> 00:11:34.096 esperando ser a foto do "despois" 00:11:34.120 --> 00:11:37.376 antes sequera de comezar a vivir realmente as nosas vidas. 00:11:37.400 --> 00:11:41.200 Porque o único gran tema tabú aquí é a gordofobia. 00:11:42.480 --> 00:11:46.536 O activismo gordo négase a aceptar este medo. 00:11:46.560 --> 00:11:50.856 Ao abogar pola autodeterminación e o respecto por todos nós, 00:11:50.880 --> 00:11:54.816 podemos cambiar o rexeitamento da sociedade para acoller a diversidade 00:11:54.840 --> 00:11:59.840 e comezar así a celebrar os mil xeitos que hai de ter un corpo. NOTE Paragraph 00:12:00.480 --> 00:12:01.736 Grazas. NOTE Paragraph 00:12:01.760 --> 00:12:05.046 (Aplausos)