Return to Video

Unha mellor maneira de falar do amor

  • 0:01 - 0:05
    Hoxe quero falar sobre
    como falamos do amor
  • 0:05 - 0:06
    e especificamente
  • 0:06 - 0:10
    quero falar do que está mal
    na nosa maneira de falar do amor.
  • 0:11 - 0:14
    A maioría de nós namorarémonos
    unhas pocas veces
  • 0:14 - 0:16
    no transcurso das nosas vidas,
  • 0:16 - 0:20
    e en Inglés existe esta metáfora
    "falling (caer)"
  • 0:20 - 0:23
    é realmente a maneira como
    se fala sobre esta experiencia
  • 0:24 - 0:25
    Non sei vós,
  • 0:25 - 0:27
    pero cando eu imaxino esta metáfora,
  • 0:27 - 0:30
    o que vexo é como sacado
    dos debuxos animados
  • 0:30 - 0:31
    temos un home,
  • 0:31 - 0:33
    camiñando pola rúa
  • 0:33 - 0:36
    sen decatarse, pasa sobre
    un sumidoiro aberto
  • 0:36 - 0:40
    e cae en picado por el.
  • 0:40 - 0:44
    E imaxínoo deste xeito
    porque caer non é saltar.
  • 0:45 - 0:47
    Caer é accidental.
  • 0:47 - 0:49
    É incontrolábel
  • 0:49 - 0:52
    É algo que nos pasa sen o noso consentimento
  • 0:52 - 0:53
    E isto
  • 0:54 - 0:57
    é a maneira principal como falamos
    de empezar unha nova relación.
  • 0:58 - 1:02
    Son unha escritora e tamén
    unha profesora de inglés,
  • 1:02 - 1:04
    o que significa que o meu traballo
    é pensar nas palabras.
  • 1:04 - 1:09
    Poderíase dicir que me pagan por dicir
    que a linguaxe que usamos importa,
  • 1:09 - 1:11
    e gustaríame dicir que
    moitas das metáforas que usamos
  • 1:13 - 1:14
    falan do amor
  • 1:14 - 1:16
    poida que a maioría delas
  • 1:16 - 1:18
    sexan un problema.
  • 1:19 - 1:21
    Cando namoramos, "caemos"
  • 1:22 - 1:23
    Coma se nos golpeasen.
  • 1:23 - 1:25
    Coma se nos esmagasen.
  • 1:25 - 1:27
    Coma se nos fósemos a desmaiar
  • 1:27 - 1:29
    Ardemos con paixón.
  • 1:30 - 1:32
    O amor toléanos
  • 1:32 - 1:33
    e enférmanos.
  • 1:34 - 1:35
    Doénos os corazóns
  • 1:35 - 1:37
    e despois rompen.
  • 1:38 - 1:41
    As nosas metáfotas igualan
    a experiencia de amar a alguén
  • 1:41 - 1:44
    ata a extrema violencia
    ou enfermidade.
  • 1:44 - 1:46
    (risas)
  • 1:47 - 1:48
    É verdade.
  • 1:48 - 1:50
    E sinálanos coma as víctimas
  • 1:50 - 1:54
    de circunstancias inevitábeis.
  • 1:55 - 1:57
    A miña favorita é "azoutado"
  • 1:57 - 2:00
    que é o participio pasado
    da palabra "azoute".
  • 2:00 - 2:03
    Se ti buscas esta palabra no
    dicionario
  • 2:03 - 2:04
    (risas)
  • 2:04 - 2:09
    poderédes ver que pode ser definida
    coma "aflicción dolorosa"
  • 2:09 - 2:12
    e " estar moi moi namorado".
  • 2:14 - 2:17
    Eu relaciono a palabra "azoute"
    cun contexto moi particular,
  • 2:17 - 2:19
    que é o Vello Testamento.
  • 2:20 - 2:24
    Só no libro do Éxodo hai
    16 referencias ó azoute,
  • 2:24 - 2:28
    que é a palabra que a Biblia usa
    para a vinganza dun Deus cabreado.
  • 2:28 - 2:30
    (risa)
  • 2:30 - 2:33
    Aquí empregamos a mesma palabra
    para falar do amor
  • 2:33 - 2:35
    que para falar da praga de lagostas.
  • 2:35 - 2:36
    (risa)
  • 2:36 - 2:37
    verdade?
  • 2:37 - 2:39
    como é que pasou isto?
  • 2:40 - 2:43
    Como acabamos asociando o amor
    cunha gran dor e sufrimento?
  • 2:44 - 2:48
    E por que falamos desta maneira
    sobre unha boa experiencia
  • 2:48 - 2:50
    como se fósemos vítimas?
  • 2:51 - 2:52
    Estas son preguntas difíciles,
  • 2:52 - 2:54
    pero teño algunhas teorías.
  • 2:54 - 2:55
    E pensándoo detalladamente,
  • 2:55 - 2:58
    quero centrarme
    nunha metáfora en particular
  • 2:58 - 3:00
    que é a idea do amor como loucura.
  • 3:01 - 3:04
    Cando primeiramente empecei a buscar
    sobre o amor romántico,
  • 3:04 - 3:07
    encontrei estas metáforas sobre a loucura en todas partes.
  • 3:07 - 3:09
    A historia da cultura occidental
  • 3:09 - 3:13
    está chea de linguaxe que iguala
    o amor coas enfermidades mentais.
  • 3:13 - 3:15
    Estos son alguns exemplos.
  • 3:15 - 3:17
    William Shakespeare:
  • 3:17 - 3:18
    " O amor e meramente loucura"
  • 3:18 - 3:20
    de "Como gostedes".
  • 3:20 - 3:21
    Friedrich Nietzsche:
  • 3:21 - 3:24
    "Sempre hai algo de loucura no amor"
  • 3:25 - 3:27
    "E tenme, tenme parecendo
    tan loucamente namorada"
  • 3:27 - 3:30
    (risa)
  • 3:30 - 3:32
    da gran filósofa,
    Beyoncé Knowles.
  • 3:32 - 3:34
    (risas)
  • 3:35 - 3:38
    Namoreime por primeira vez
    cando tiña 20 anos
  • 3:38 - 3:41
    e foi unha relación bastante turbulenta
    dende o principio.
  • 3:41 - 3:45
    E foi unha relación a distancia
    os primeiros dous anos,
  • 3:45 - 3:49
    o que significaba grandes
    subidas e baixadas.
  • 3:50 - 3:52
    Podo recordar un momento en particular.
  • 3:53 - 3:56
    Estaba sentada nunha cama
    nun hostal en Sudamérica,
  • 3:56 - 4:00
    e vin a persoa que amaba
    saíndo da habitación.
  • 4:00 - 4:02
    E era tarde.
  • 4:02 - 4:03
    Era case medianoite
  • 4:03 - 4:05
    tivemos unha pelexa na cea,
  • 4:05 - 4:07
    e cando volvimos á nosa habitación,
  • 4:07 - 4:10
    tirou as cousas na maleta e estourou.
  • 4:11 - 4:14
    Ainda que non podo recordar
    polo qué discutimos
  • 4:14 - 4:18
    podo recordar perfectamente
    como me sentín cando se foi.
  • 4:19 - 4:23
    Tiña 22 anos e era a miña primeira vez
    nun país en vías de desenvolvemento,
  • 4:23 - 4:26
    e estaba completamente soa.
  • 4:26 - 4:30
    Tiña unha semana máis
    ata o meu voo a casa,
  • 4:30 - 4:32
    e sabía o nome da cidade
    na que estaba
  • 4:32 - 4:36
    e o nome da cidade da que
    precisaba voar ata casa,
  • 4:36 - 4:39
    pero non tiña nin idea de
    coma volver.
  • 4:40 - 4:43
    Non tiña unha guía e tiña
    moi poucos cartos
  • 4:43 - 4:45
    e non falaba nada de español.
  • 4:46 - 4:48
    Alguén máis aventureiro ca min
  • 4:48 - 4:50
    podería ver isto coma
    unha oportunidade
  • 4:50 - 4:52
    pero eu paraliceime.
  • 4:52 - 4:54
    Seguía alí sentada
  • 4:55 - 4:57
    e comecei a chorar.
  • 4:57 - 5:00
    Pero a pesar do meu pánico
  • 5:00 - 5:02
    unha voceciña na miña cabeza pensou,
  • 5:02 - 5:05
    "Guau, iso foi dramático.
  • 5:05 - 5:07
    Debo estar facendo
    esta cousa do amor moi ben"
  • 5:07 - 5:09
    (risas)
  • 5:09 - 5:14
    Porque parte de min quería
    sentirse miserable no amor.
  • 5:14 - 5:18
    E soame raro agora pero aos 22
  • 5:18 - 5:21
    desexaba ter experiencias dramáticas,
  • 5:21 - 5:26
    e nese momento era irracional,
    furiosa e estaba desfeita,
  • 5:26 - 5:27
    e estrañamente,
  • 5:27 - 5:31
    pensei que isto xustificaba
    os meus sentimentos
  • 5:31 - 5:33
    polo rapaz que acababa de deixarme.
  • 5:34 - 5:39
    Creo que en certa medida
    quería sentirme un pouco tola
  • 5:39 - 5:42
    porque pensei que así era
    como o amor funciona.
  • 5:43 - 5:45
    Isto non debería sorprendernos,
  • 5:45 - 5:47
    se consideramos que
    segundo a Wikipedia,
  • 5:47 - 5:50
    hai 8 películas,
  • 5:50 - 5:52
    14 cancións,
  • 5:52 - 5:55
    dous albums e unha novela
    co título "Amor tolo".
  • 5:56 - 5:59
    Unha hora e media máis tarde,
    volveu á habitación.
  • 5:59 - 6:00
    Arranxamos as cousas.
  • 6:00 - 6:03
    Pasamos outra semana xuntos
    maiormente felices,
  • 6:03 - 6:04
    e despois, cando volvín á casa,
  • 6:04 - 6:09
    pensei " isto foi tan terrible e xenial
  • 6:10 - 6:12
    isto debe ser amor real"
  • 6:13 - 6:16
    Esperaba que o meu primeiro amor
    fose coma unha loucura
  • 6:16 - 6:20
    e por suposto,
    cumprín coas miñas expectativas.
  • 6:20 - 6:22
    Pero amar a alguén así
  • 6:22 - 6:26
    coma se o meu benestar dependese
    de que el me amase coma eu o amaba
  • 6:26 - 6:28
    non foi bo para min
  • 6:28 - 6:29
    ou para el.
  • 6:30 - 6:34
    Pero sospeito que esta experiencia
    do amor non é tan pouco frecuente.
  • 6:34 - 6:38
    A maioría de nós está un pouco tolo
    nas primeiras fases do amor romántico.
  • 6:39 - 6:43
    De feito, hai un estudo que confirma
    que isto en certa maneira é normal
  • 6:43 - 6:45
    porque, falando en términos
    neuroquímicos
  • 6:45 - 6:50
    o amor romántico e as enfermidades mentais non son tan fáciles de distinguir.
  • 6:51 - 6:52
    É verdade.
  • 6:52 - 6:57
    Este estudo de 1999 usou análises de sangue
  • 6:57 - 7:00
    para confirmar que os niveles de serotonina
    de alguén que acaba de namorarse
  • 7:00 - 7:03
    son moi parecidos
    aos niveles de serotonina
  • 7:03 - 7:06
    da xente diagnosticada con
    desorde obsesivo-compulsivo.
  • 7:06 - 7:07
    (risa)
  • 7:07 - 7:10
    Si, e baixos niveis de serotonina
  • 7:10 - 7:13
    tamén están asociados con
    épocas de desorden afectivos
  • 7:13 - 7:15
    e depresión.
  • 7:16 - 7:18
    Polo que hai evidencia
  • 7:18 - 7:22
    de que o amor está asociado a cambios
    no noso humor e comportamento
  • 7:22 - 7:26
    E hai outros estudos que confirman
  • 7:26 - 7:30
    que a maioría das relacións
    comezan desta maneira.
  • 7:31 - 7:35
    Os investigadores pensan que
    os baixos niveles de serotonina
  • 7:35 - 7:39
    están relacionados co pensamento
    obsesivo do obxecto do amor,
  • 7:39 - 7:43
    que é este sentimento de que alguén
    camiña polo noso cerebro constantemente.
  • 7:43 - 7:46
    E a maioría de nós séntese así
    cando nos enamoramos.
  • 7:46 - 7:49
    Pero as boas noticias son
    que non dura tanto tempo
  • 7:49 - 7:52
    normalmente duns poucos meses
    a un par de anos.
  • 7:53 - 7:56
    Cando volvín da miña viaxe
    por Sudamérica
  • 7:56 - 8:00
    pasei moito tempo soa na
    miña habitación
  • 8:00 - 8:01
    mirando o meu mail,
  • 8:01 - 8:04
    desesperada por escoitar do
    rapaz que eu amaba.
  • 8:05 - 8:10
    Decidín que se os meus amigos non podían
    comprender os meus sentimentos de dor,
  • 8:10 - 8:12
    entón non necesitaba a súa amizade.
  • 8:12 - 8:14
    Así que parei de saír coa maioría deles.
  • 8:14 - 8:19
    E foi probablemente o ano máis
    infeliz da miña vida.
  • 8:19 - 8:23
    Pero penso que era o meu traballo
    sentirme miserable
  • 8:24 - 8:26
    porque se eu podía ser miserable,
  • 8:26 - 8:28
    podería demostrar o moito que o amaba.
  • 8:28 - 8:30
    E se podía demostralo,
  • 8:30 - 8:33
    entón acabariamos xuntos máis
    tarde ou máis cedo.
  • 8:34 - 8:36
    Isto é pura loucura,
  • 8:36 - 8:39
    porque non hai unha lei cósmica
  • 8:39 - 8:42
    que diga que un gran sufrimento equivale
    a unha gran recompensa,
  • 8:42 - 8:46
    pero falamos do amor coma se fose verdade.
  • 8:47 - 8:51
    As nosas experiencias no amor
    son tanto biolóxicas coma culturais.
  • 8:52 - 8:54
    A nosa bioloxía dítanos que o amor é bo
  • 8:54 - 8:57
    activando estes circuitos de recompensa
    nos nosos cerebros,
  • 8:57 - 9:02
    e dinos que o amor é dor cando,
    despois dunha pelexa ou ruptura,
  • 9:02 - 9:05
    a recompensa neuroquímica é
    a rehabilitación.
  • 9:05 - 9:08
    E de feito - e poida que xa
    o escoitásedes-
  • 9:08 - 9:09
    falando en términos neuroquímicos,
  • 9:09 - 9:13
    pasar unha ruptura e coma
    rehabilitarse dunha adicción á cocaína
  • 9:14 - 9:15
    o que eu encontro tranquilizante.
  • 9:15 - 9:16
    (risas)
  • 9:17 - 9:20
    A nosa cultura usa a linguaxe
  • 9:20 - 9:23
    para dar forma e reforzar
    estas ideas sobre o amor.
  • 9:23 - 9:25
    Neste caso estamos a falar
    das metáforas sobre a dor,
  • 9:25 - 9:27
    a adicción e a loucura.
  • 9:28 - 9:30
    É un interesante bucle.
  • 9:30 - 9:34
    O amor é poderoso e ás veces doloroso,
  • 9:34 - 9:37
    e expresámolo a través das
    nosas palabras e historias,
  • 9:37 - 9:40
    pero as nosas palabras e historias
    prepárannos
  • 9:40 - 9:43
    para esperar que o amor sexa
    poderoso e doloroso.
  • 9:44 - 9:47
    O que é interesante para min
    é que todo isto pasa
  • 9:47 - 9:50
    nunha cultura que valora
    a monogamía para toda a vida.
  • 9:51 - 9:53
    Parece que o queremos todo:
  • 9:53 - 9:55
    queremos o amor que se
    sente coma loucura
  • 9:56 - 9:59
    e queremos que dure toda a vida.
  • 10:00 - 10:01
    É terrible.
  • 10:01 - 10:03
    (risa)
  • 10:04 - 10:05
    Para arranxar isto,
  • 10:05 - 10:10
    temos ou que cambiar a cultura
    ou cambiar as nosas expectativas.
  • 10:11 - 10:15
    Imaxino que se todos fósemos
    menos pasivos no amor
  • 10:16 - 10:20
    e fósemos máis seguros,
    máis abertos de mente, máis xenerosos
  • 10:20 - 10:23
    e en vez de "caer" no amor,
  • 10:23 - 10:25
    camiñásemos no amor.
  • 10:26 - 10:28
    Sei que isto é pedir demasiado,
  • 10:28 - 10:32
    pero non son a primeira persoa
    que suxire isto.
  • 10:33 - 10:36
    No libro "As metáforas polas
    que vivimos"
  • 10:36 - 10:41
    os lingüistas Mark Johnson e George Lakoff
    suxiren una solución moi interesante
  • 10:41 - 10:42
    para este dilema,
  • 10:42 - 10:45
    que é cambiar o uso das nosas metáforas.
  • 10:46 - 10:50
    Comentan que as metáforas dan forma
    a maneira na que percibimos o mundo,
  • 10:51 - 10:55
    e poden actuar coma unha guía
    para accións futuras
  • 10:55 - 10:56
    coma se fosen unha profecía.
  • 10:57 - 11:01
    Johson e Lakoff suxiren
    unha nova metáfora para o amor:
  • 11:02 - 11:04
    amor coma una obra de arte en conxunto.
  • 11:05 - 11:08
    Encántame esta maneira
    de pensar no amor.
  • 11:09 - 11:13
    Os lingüistas falan sobre as metáforas
    coma se tivesen vinculacións,
  • 11:13 - 11:16
    que é esencialmente a manera de considerar todas as implicacións
  • 11:16 - 11:19
    das ideas contidas nunha metáfora.
  • 11:19 - 11:22
    Johnson e Lakoff falan sobre todo
  • 11:22 - 11:24
    o que implica traballar conxuntamente
    nunha obra de arte:
  • 11:25 - 11:29
    esforzo, compromiso, paciencia,
    os mesmos obxetivos na vida.
  • 11:30 - 11:33
    Estas ideas encaixan na nosa cultura
  • 11:34 - 11:36
    no compromiso das largas
    relacións románticas,
  • 11:36 - 11:39
    pero tamén encaixan para
    outros tipos de relacións,
  • 11:40 - 11:46
    curta duración, casual, poliamorosas,
    non monógamas, asexuais...
  • 11:46 - 11:50
    porque esta metáfora engloba
    ideas moito máis complexas
  • 11:50 - 11:52
    á experiencia de amar a alguén.
  • 11:53 - 11:57
    Se o amor é a creación dunha
    obra de arte en conxunto
  • 11:57 - 12:00
    entón o amor é unha
    experiencia artística.
  • 12:02 - 12:03
    O amor é impredicible,
  • 12:04 - 12:06
    o amor é creativo,
  • 12:07 - 12:11
    o amor require comunicación
    e disciplina,
  • 12:11 - 12:14
    é frustrante e emocionalmente
    esixente.
  • 12:15 - 12:18
    O amor envolve tanto alegría
    coma dor.
  • 12:19 - 12:22
    Ultimamente cada experiencia
    no amor é diferente.
  • 12:24 - 12:25
    Cando era cativa,
  • 12:25 - 12:30
    nunca me ocurreu que se me permitise
    pedir máis do amor,
  • 12:30 - 12:34
    que eu non tiña que aceptar
    calquera cousa que o amor me ofrecese.
  • 12:35 - 12:38
    Cando unha Xulieta de 14 anos coñece
  • 12:38 - 12:42
    ou cando unha Xulieta de 14 anos
    non pode estar con Romeo
  • 12:42 - 12:45
    o que coñeceu catro días antes,
  • 12:45 - 12:49
    ela non se sente decepcionada
    ou con ansiedade
  • 12:49 - 12:50
    En que punto está ela?
  • 12:50 - 12:52
    Ela quere morir.
  • 12:52 - 12:53
    Verdade?
  • 12:53 - 12:56
    E só coma recordatorio
    neste punto da obra,
  • 12:56 - 12:57
    acto tres de cinco,
  • 12:57 - 12:59
    Romeo non está morto.
  • 13:00 - 13:01
    El está vivo,
  • 13:01 - 13:02
    está san,
  • 13:02 - 13:05
    tan só desapareceu da cidade.
  • 13:06 - 13:12
    Eu entendo que a Verona do século XVI
    non é coma a Norte América contemporánea,
  • 13:12 - 13:15
    e porén cando lin
    por primeira vez esta novela
  • 13:15 - 13:17
    tamén ós 14,
  • 13:17 - 13:20
    o sufrimento de Xulieta tiña
    sentido para min.
  • 13:21 - 13:27
    Remplanteando o amor coma algo
    que se pode crear con alguén que admiro,
  • 13:27 - 13:29
    e non coma algo que simplemente
    me sucede
  • 13:29 - 13:32
    sen o meu control ou consentimento
  • 13:32 - 13:33
    é motivador.
  • 13:34 - 13:35
    É aínda difícil.
  • 13:35 - 13:41
    O amor fainos sentir coma
    unha loucura ás veces
  • 13:41 - 13:43
    e cando me sinto moi frustrada
  • 13:43 - 13:44
    teño que recordar:
  • 13:45 - 13:48
    o meu traballo nesta relación
    é falar coa miña parella
  • 13:48 - 13:50
    sobre o que queremos facer xuntos.
  • 13:52 - 13:54
    Isto tampouco é doado.
  • 13:55 - 13:58
    Pero é moito mellor ca a alternativa,
  • 13:59 - 14:01
    que é o sentimento de loucura,
  • 14:03 - 14:08
    Esta versión do amor non vai de gañar
    ou perder o afecto de alguén.
  • 14:09 - 14:12
    No seu lugar require que
    confíes na túa parella
  • 14:12 - 14:15
    e fales das cousas cando
    a confianza é difícil
  • 14:15 - 14:18
    o cal soa moi simple,
  • 14:18 - 14:22
    pero é en realidade revolucionario
    en certo sentido, un acto radical.
  • 14:23 - 14:26
    Iso é porque tes que pararte a
    pensar sobre tí mesmo,
  • 14:27 - 14:30
    o que estás a gañar e a perder
    na túa relación de parella
  • 14:30 - 14:34
    e comezas a pensar
    sobre o que tes que ofrecer.
  • 14:35 - 14:38
    Esta versión do amor
    permítenos dicir cousas como,
  • 14:38 - 14:43
    "Non somos bos colaboradores.
    Ó mellor isto non é para nós"
  • 14:44 - 14:48
    ou " esta relación foi máis curta
    do que tiña planeado
  • 14:48 - 14:50
    pero aínda así foi bonita"
  • 14:51 - 14:54
    O bonito dunha obra de arte
    en conxunto
  • 14:54 - 14:57
    é que non se vai pintar ou debuxar
    ou esculpir a si mesma.
  • 14:57 - 15:01
    Esta versión do amor permítenos
    decidir coma se vai ver.
  • 15:01 - 15:02
    Grazas.
  • 15:02 - 15:04
    (Aplauso)
Title:
Unha mellor maneira de falar do amor
Speaker:
Mandy Len Catron
Description:

No amor, "caemos". Estamos golpeados, esvaecidos (Metáforas do amor en inglés). Ardemos con paixón. O amor fainos tolear e ponnos enfermos. Doénos o corazón e rómpese. Falar do amor desta maneira dá forma ao xeito en que o experimentamos, di a escritora Mandy Len Catron. Nesta exposición fala para calquera que algunha vez estivese namorado. Catron destaca unha metáfora diferente que pode axudarnos a atopar máis alegría e menos sufrimento no amor.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
15:17
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for A better way to talk about love
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for A better way to talk about love
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for A better way to talk about love
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for A better way to talk about love
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for A better way to talk about love
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for A better way to talk about love
Élida Tato edited Galician subtitles for A better way to talk about love
Élida Tato edited Galician subtitles for A better way to talk about love
Show all

Galician subtitles

Revisions