Galician subtítols

← Un plan radical para rematar cos residuos plásticos

Obtén el codi d'incrustació
39 llengües

Showing Revision 17 created 01/20/2020 by Xusto Rodriguez.

  1. (Aplausos)
  2. Chris Anderson:
    levas anos obsesionado
  3. con esta cuestión.
  4. Como explicaría-lo problema?
  5. Andrew Forrest: Plástico.
    Sinxelo.

  6. Non somos quen de reutilizar
    un ben tan dinámico,
  7. desbotámolo e veña.
  8. CA: Hai lixo por todas partes.

  9. Chegamos a cousas coma esta.
  10. Onde é?
  11. AF: En Filipinas,
    pero hai moitos ríos

  12. neste estado,
    señoras e señores.
  13. En todo o Sueste Asiático.
  14. CA: Bótase o plástico nos ríos
    e vai parar ao océano.

  15. Vese nas praias,
    mais isto non é o que máis che preocupa,
  16. senón o que pasa nos océanos.
  17. Fálanos diso.
  18. AF: Vale. Grazas, Chris.

  19. Hai catro anos,
  20. decidín facer unha toleada,
    un Doutorado en Ecoloxía Mariña.
  21. O máis estarrecedor é que
  22. aprendín moito da vida mariña,
    pero máis da morte mariña,
  23. da fatalidade ecolóxica; peixes,
  24. vida mariña, mamíferos mariños,
    moi próximos bioloxicamente a nós,
  25. millóns, billóns, de mortes
    causadas polo plástico.
  26. CA: Mais a xente pensa que
    o plástico é feo pero seguro, non si?

  27. Botas algo no océano,
    "Vai ficar aí sempre.
  28. Non pode facer dano, ou?"
  29. AF: É unha substancia
    perfecta para a economía.

  30. Pero é a peor substancia imaxinable
    para o medio ambiente.
  31. O peor dos plásticos é que,
    en canto tocan o medio ambiente,
  32. fragméntanse.
  33. Nunca deixa de ser plástico.
  34. Vaise facendo máis pequeno,
    e máis, e máis,
  35. e os últimos achados,
  36. que coñecemos na ecoloxía mariña
    xa hai algúns anos,
  37. mostran que vai afectar os humanos.
  38. Sabemos que o nanoplástico,
  39. as partículas moi, moi, pequenas
    que levan a carga negativa do plástico,
  40. poden atravesar directamente
    os poros da pel.
  41. Iso non é o peor.
  42. O peor é que vai directamente
    a través da barreira hematoencefálica,
  43. á capa protectora do cerebro.
  44. O cerebro é un pouco amorfo, unha masa
    mollada chea de cargas eléctricas.
  45. Se lle metes unha partícula negativa,
  46. ou peor, unha que poida
    levar axentes patóxenos,
  47. terías unha carga negativa,
    que atrae elementos de carga positiva,
  48. coma patóxenos, toxinas,
  49. mercurio, chumbo.
  50. Son os últimos avances que imos ver
    nos vindeiros 12 meses.
  51. CA: Penso que xa me contaches
    que hai arredor de 600 bolsas de plástico

  52. por cada peixe no océano,
    algo así.
  53. E estanse a romper
  54. e vai haber máis
  55. e aínda non comezamos a
    ve-las consecuencias diso.
  56. AF: O certo é que non.

  57. Na Fundación Ellen MacArthur,
    unha morea de bos científicos,
  58. levan xa tempo traballando niso.
    Corroborei ben o seu traballo.
  59. Din que vai haber
    unha tonelada de plástico
  60. por cada tres toneladas de peixe
    e non en 2050,
  61. impaciéntome cando se fala de 2050,
    senón en 2025.
  62. Á volta da esquina.
    Aquí e agora.
  63. Non se precisa unha
    tonelada de plástico
  64. para arrasar coa vida mariña.
    Abonda con menos.
  65. Temos que paralo xa.
    Non temos máis tempo.
  66. CA: Tes unha idea para paralo,
    e non dende o típico punto de vista

  67. dun activista medioambiental, digamos,
  68. senón dun home de negocios,
    dun emprendedor,
  69. que pasou a vida pensando
    sobre sistemas económicos globais
  70. e como funcionan.
  71. Creo que a túa idea depende destes heroes.
  72. Cal é a súa profesión?
  73. AF: É unha recicladora, Chris,

  74. e había 15, 20 millóns
    de recicladores coma ela
  75. ata que China parou de recoller
    os residuos de todo o mundo.
  76. E o prezo do plástico,
    así de ínfimo como era, colapsou.
  77. Ela é unha nena,
    en idade escolar.
  78. Debería estar na escola.
  79. Unha situación
    moi similar á escravitude.
  80. A miña filla Grace e eu coñecemos
    centos de persoas coma ela.
  81. CA: E tamén hai moitos adultos,
    literalmente millóns por todo o mundo,

  82. e nalgunhas industrias,
    o seu traballo explica, por exemplo,
  83. que non se vexan
    moitos residuos metálicos.
  84. AF: Xusto.
    É unha heroína do medio ambiente.

  85. Compite cunha gran planta petroquímica
  86. de tres mil millóns de dólares,
    que está aí ao lado.
  87. Ese é o problema.
  88. Hai máis petróleo e gas
    no plástico e nos vertedoiros
  89. ca recursos de petróleo e gas
    ten Estados Unidos.
  90. Ela é a heroína.
  91. Señoras e señores,
    vexan os vertedoiros,
  92. todo isto é petróleo sólido e gas.
  93. CA: Hai un valor inxente encerrado aí,

  94. co que os recicladores do mundo
    gañarían a vida.
  95. Por que non o poden facer?
  96. AF: Porque temos arraigado

  97. o prezo do plástico
    dos combustibles fósiles
  98. que se sitúa por debaixo do que custa
  99. reciclar plástico do mesmo plástico,
    en termos económicos e de rendibilidade.
  100. O plástico componse de petróleo e gas.
  101. É 100% polímero, é dicir,
    100% petróleo e gas.
  102. Temos abondo plástico para cubrir
    tódalas necesidades.
  103. Se reciclarmos plástico non é máis barato
  104. ca o plástico dos combustibles fósiles
  105. entón a xente quédase co
    plástico dos combustibles fósiles.
  106. CA: Ese é o problema principal,

  107. O plástico reciclado adoita custar máis
  108. ca o que vén do petróleo. Non é?
  109. AF: Cambiémo-lo ángulo un chisco, Chris.

  110. Eu son unha persoa de produtos.
  111. Sei que antes había
    chatarra e ferralla
  112. e refugallos de cobre
    tirados por calquera lado, sobre todo
  113. nos países en vías de desenvolvemento.
  114. A xente resolveu que iso ten un valor.
  115. É un produto de valor,
    non un refugallo.
  116. Agora as vilas e as cidades,
    as rúas están limpas,
  117. xa non tropezas con
    refugallos de cobre ou de ferro,
  118. porque é un produto de valor,
    recíclase.
  119. CA: Cal é a túa idea
    para que pase iso cos plásticos?

  120. AF: Pois ben, Chris,

  121. pasei o doutorado investigando.
  122. O mellor de ser un empresario
    ao que lle foi ben
  123. é que a xente te quere ver.
  124. Outros empresarios,
  125. aínda que lles gustaría revisar
    unha especie así coma ti, dirán:
  126. "Imos todos con Twiggy Forrest".
  127. Unha vez que estás aí,
  128. pódelos cuestionar.
  129. Fun á maioría das empresas de petróleo,
    gas e produtos de consumo rápido
  130. e hai unha vontade real de mudar.
  131. A ver, hai un par de dinosauros
  132. que van seguir coa esperanza
    pero non van facer nada,
  133. porén, hai unha vontade real de cambio.
  134. O que tratei de dicir é que
  135. os sete mil millón de persoas no mundo
  136. non merecen que o plástico
    esmague o medio ambiente,
  137. nin que a vida mariña dos océanos
    desapareza polo plástico.
  138. Ao baixar na cadea,
  139. hai decenas de miles de marcas
    das que mercamos unha chea de produtos,
  140. mais só hai un cento de produtores
    importantes de resina,
  141. grandes plantas petroquímicas,
  142. que cospen todo o plástico dun só uso.
  143. CA: Un cento de empresas

  144. está na base desta cadea,
    digamos.
  145. AF: Xusto.

  146. CA: Que precisas que fagan
    ese cento de empresas?

  147. AF: Só precisamos que suban

  148. o valor dos compoñentes
    do plástico de petróleo e gas,
  149. do "plástico malo",
  150. para que cando chegue a nós,
    os clientes, a través das marcas,
  151. apenas notemos a suba
    na cunca de café,
  152. na Coca-Cola, na Pepsi,
    en nada.
  153. CA: Canto, un céntimo?

  154. AF: Menos. Un cuarto ou medio céntimo.

  155. Algo ínfimo.
    Pero converte
  156. cada anaco de plástico do mundo
    nun produto de valor.
  157. Onde peor é a situación dos residuos,
    no Sueste Asiático, na India,
  158. é onde habería máis riqueza.
  159. CA: Semella que hai dúas partes nisto.

  160. A primeira é que, se cobran máis
    pero aproveitan iso
  161. e o destinan, a que?
    A un fondo dirixido por alguén
  162. para que atalle este problema de...?
  163. Para que se usarían
    os cartos adicionais que cobran?
  164. AF: Cando falo con
    empresas moi grandes,

  165. dígolles: "Mira, preciso que cambies,
    e moi rápido".
  166. Morren co aburrimento
    a menos que lles diga: "E hai negocio".
  167. "Agora si que te atendo, Andrew".
  168. Entón digo: "Preciso da túa contribución
  169. cun fondo para a transición
    medioambiental e industrial.
  170. En dous ou tres anos,
    toda a industria global de plásticos
  171. pode pasar de saca-los compoñentes
    de combustibles fósiles
  172. a sacalos do propio plástico.
  173. Xa témo-la tecnoloxía.
    Está comprobado.
  174. Da nada, saquei adiante dúas operacións
    de miles de millóns de dólares,
  175. recoñecendo que
    a tecnoloxía pode mellorar.
  176. Hai unha ducia de tecnoloxías
    para manexar o plástico, polo menos.
  177. Unha vez que esas tecnoloxías
    teñan a marxe económica
  178. que lles dá este proxecto,
  179. todo o mundo obterá o plástico
    do plástico que xa existe.
  180. CA: Con cada venda de plástico virxe,
    contribúese a un fondo

  181. destinado á
    transición ecolóxica da industria
  182. co que se pagan, por exemplo,
    limpezas.
  183. AF: Claro, claro.

  184. CA: Ten un beneficio secundario incrible,

  185. se cadra mesmo o principal,
    xera un mercado.
  186. De súpeto, o plástico reciclado
  187. é un negocio xigante,
    unha oportunidade para millóns de persoas
  188. que o poden recoller.
  189. AF: Exacto.

  190. Os plásticos de combustibles fósiles
    valen tanto
  191. e os plásticos reciclados valen tanto.
  192. Entón, cámbialo.
    Para que o reciclado sexa máis barato.
  193. O mellor é que desbotamos
    300, 350 millóns de toneladas,
  194. Segundo as propias empresas de petróleo e gas
    chegaremos a 500 millóns.
  195. É un problema crecente.
  196. Pero cada tonelada diso é polímero.
  197. A tonelada custa de 1000 a 1500 dólares.
  198. Medio billón de dólares
    que podería ir ás empresas,
  199. crear traballo, oportunidades,
    e riqueza en todo o mundo,
  200. sobre todo nos lugares máis empobrecidos.
    E aínda así, desbotámolo.
  201. CA: Isto permitiría ás empresas
    investiren en plantas de reciclaxe
  202. por todo o mundo.
    AF: Por todo o mundo.
  203. Dado que a tecnoloxía é de baixo custo,
    pódese poñer en calquera lugar,

  204. en grandes hoteis,
  205. depósitos de lixo en todas partes,
    e converter o lixo en resina.
  206. CA: Ti es filántropo, e estás disposto a
    destinar fondos a isto.

  207. Cal é o rol da filantropía?
  208. AF: Creo que temos que aporta-los
    40 ou 50 millóns de dólares para comezar.

  209. A transparencia ten que ser absoluta,
    para que todos poidan ver o que acontece.
  210. Os produtores de resina,

  211. os consumidores, todos han de saber
    quen participa,
  212. quen protexe a Terra,
    e a quen non lle importa.
  213. Vai custar arredor
    dun millón de dólares á semana
  214. e ímolo apoiar durante cinco anos.
  215. A contribución total é de case
    300 millóns de dólares.
  216. CA: Vaia. Ben...
  217. (Aplausos)
  218. Falaches con empresas,
    coma Coca-cola,

  219. dispostas a participar e a pagar máis,

  220. sempre que sexa xusto.

  221. AF: É xusto.
  222. A Coca-Cola non lle gustaría que Pepsi

  223. participe, a menos que
    se saiba que non o fai.
  224. Entón xa lles non importa.

  225. A transparencia fai que o mercado
    poida ver se se engana o sistema.
  226. E os consumidores,
    que tamén queren o seu rol.
  227. Nós, sete mil millóns e medio.
  228. Non querémo-lo planeta
    esmagado por cen empresas.
  229. CA: Sabemos que poden facer as empresas,
    e o que ti farías.
  230. Que pode facer a xente?
  231. AF: Gustaríame que todos nós,
    en todo o mundo, entrásemos

  232. en noplasticwaste.org para
    contactar cos cen produtores de resina
  233. en cada rexión haberá un,
    polo menos.
  234. A través do correo, Twitter,
    do teléfono.

  235. Dilles que queres que fagan
    unha contribución a un fondo manexado por
  236. unha industria, ou polo Banco Mundial, que
    ao ano, aumenta dez mil millóns de dólares
  237. para facer a transición e así consegui-lo
    plástico do propio plástico
  238. e non dos combustibles fósiles.
  239. Non precisamos iso.
    Iso é malo. Isto, bo.
  240. E pode limpa-lo medio ambiente.
  241. Temos capital dabondo,
    decenas de millóns de dólares por ano,
  242. para limpa-lo medio ambiente.
  243. CA: Estás no negocio da reciclaxe.
  244. Isto non supón un conflito de intereses
    ou unha oportunidade de negocio?
  245. AF: Mira, estou no negocio do ferro,
    e compito co da chatarra,

  246. e por iso non hai chatarra por aí,
    non tropezas nin te cortas,
  247. porque a recollen.

  248. CA: Non é unha escusa para entrar
    no negocio da reciclaxe do plástico.
  249. AF: Voume alegrar cando medre.
    Vai ser coma a Internet.
  250. Unha industria en auxe
    que se espalle por todo o mundo,

  251. sobre todo onde hai máis pobreza,
    onde hai máis lixo, que é o recurso.

  252. Voume alegrar e vou recuar.
  253. CA: Twiggy, estamos nunha era
    na que moita xente quere
  254. unha economía rexenerativa,
    que se transformen as grandes cadeas,
  255. as grandes industrias.

  256. Paréceme unha idea enorme,
    e vas precisar que moita xente te apoie
  257. para conseguilo.
    Grazas por compartilo.
  258. AF: Grazas, Chris.
  259. (Aplausos)