Bjorn Lomborg establece prioridades globais
-
0:00 - 0:04Do que me gustaría falar é dos problemas máis grandes do mundo.
-
0:04 - 0:06Non vou falar de "O ecoloxista escéptico" --
-
0:06 - 0:08probablemente iso tamén é unha boa opción.
-
0:08 - 0:09(Riso)
-
0:09 - 0:12Senón que vou falar de ¿cales son os grandes problemas do mundo?
-
0:12 - 0:15E debo dicir, antes de continuar, pediríavos a cada un de vos
-
0:15 - 0:17que collades lápiz e papel
-
0:17 - 0:20porque vouvos pedir que me axudedes a ver como o facemos.
-
0:20 - 0:22Así que collede lápiz e papel.
-
0:22 - 0:24A fin de contas, hai un montón de problemas no mundo de aí fora.
-
0:24 - 0:26Eu vou listar só algúns.
-
0:26 - 0:28800 millóns de persoas pasan fame.
-
0:28 - 0:30Mil millóns de persoas non teñen acceso a auga potable.
-
0:30 - 0:32Dous mil millóns sen saneamento.
-
0:32 - 0:35Varios millóns de persoas morren de VIH e SIDA.
-
0:35 - 0:37As listas continúan.
-
0:37 - 0:42Dous mil millóns de persoas que se verán seriamente afectados pola mudanza climática -- e sigue.
-
0:42 - 0:44Temos moitos, moitos problemas aí afora.
-
0:44 - 0:48Nun mundo ideal, os resolveríamos todos, pero non o facemos.
-
0:48 - 0:50A verdade é que non resolvemos todos os problemas.
-
0:50 - 0:54E se non o facemos, a pregunta que penso que nos deberíamos facer --
-
0:54 - 0:57e ese é o motivo polo que estamos na sesión de economía -- é dicir,
-
0:57 - 1:00se non facemos todo, realmente temos que comezar a nos preguntar,
-
1:00 - 1:02que problemas deberíamos resolver primeiro?
-
1:02 - 1:04Esa é a pregunta que me gustaría preguntarvos.
-
1:04 - 1:09Se tivesemos digamos, 50 mil millóns de dolares para gastar nos próximos catro anos
-
1:09 - 1:12para mellorar este mundo, ¿en que os deberíamos gastar?
-
1:12 - 1:15Identificamos 10 dos retos máis grandes do mundo.
-
1:15 - 1:17e simplemente os lerei.
-
1:17 - 1:19Mudanza climática, enfermedades contaxiosas, conflictos, educación,
-
1:19 - 1:21inestabilidade financeira, gobernanza e corrupción,
-
1:21 - 1:24malnutrición e fame, movementos migratorios,
-
1:24 - 1:27saneamento e auga, e subsidios e barreiras ao comercio.
-
1:27 - 1:29Pensamos que estes, de moitas formas,
-
1:29 - 1:31abarcan os maiores problemas do mundo.
-
1:31 - 1:33A cuestión obvia sería preguntármonos,
-
1:33 - 1:35cales pensas que son os maiores?
-
1:35 - 1:38Por onde deberíamos comezar a resolver estes problemas?
-
1:38 - 1:40Pero iso é preguntarse sobre un problema erróneo
-
1:40 - 1:43En realidade, ese foi o porblema do que se falou en Davos en Xaneiro.
-
1:43 - 1:46Pero naturalmetne, hai un problema se lle pides á xente que se centre nos problemas.
-
1:46 - 1:49Porque non podemos solucionar problemas.
-
1:49 - 1:52Seguramente que o maior dos problemas que temos no mundo é que todos morremos.
-
1:52 - 1:54Pero non temos a tecnoloxía para resolver iso, temos?
-
1:54 - 1:57Así que a cuestión non é priorizar os problemas,
-
1:57 - 2:01senon priorizar as solucións aos problemas.
-
2:01 - 2:04E xa estaría -- naturalmente que se fai un pouco máis complicado.
-
2:04 - 2:06Para a mudanza climática, sería algo como Kyoto.
-
2:06 - 2:09Para enfermidades contaxiosas, poderían ser clínicas ou redes para os mosquitos.
-
2:09 - 2:12Para os conflictos, serían as forzas de paz da ONU, e así poderíamos continuar.
-
2:12 - 2:17O que me gustaría pedirvos que tentásedes facer,
-
2:17 - 2:20e que en 30 segundos -- e sei que dalgunha maneira
-
2:20 - 2:22é algo imposible -- escribades o que pensades
-
2:22 - 2:24que son as máximas prioridades.
-
2:24 - 2:27E tamén -- en aquí é, naturalmente, onde a economía se volve cativa --
-
2:27 - 2:30anotade o que non deberíamos facer en primeiro lugar.
-
2:30 - 2:32Qué debería estar ó final da lista?
-
2:32 - 2:35Por favor, tomade simplemente 30 segundos, quizáis falade coa xente aredor,
-
2:35 - 2:37e simplemente imaxinade cales deberían ser as principais prioridades
-
2:37 - 2:39e as menos prioritarias das solucións que temos
-
2:39 - 2:41para os maiores problemas do mundo.
-
2:41 - 2:44O sorprendente deste proceso -- por suposto, quero dicir,
-
2:44 - 2:46me encantaría -- só teño 18 minutos
-
2:46 - 2:48Xa vos din unha importante cantidade do meu tempo, non?
-
2:48 - 2:52Me gustaría profundizar, e facervos pensar acerca deste proceso,
-
2:52 - 2:54e iso é o que en realidade fixemos.
-
2:54 - 2:56E tamén os recomendo enormemente,
-
2:56 - 2:58e estou seguro de que tamén teremos estas discusións despois,
-
2:58 - 3:00para pensar, como é que priorizamos realmente?
-
3:00 - 3:02Dende logo, hai que se preguntar a un mesmo,
-
3:02 - 3:04por que nunca se ten feito unha lista como esta antes?
-
3:04 - 3:09E unha razón é que a priorización é incríblemente incómoda.
-
3:09 - 3:11Ninguén o quere facer.
-
3:11 - 3:14Por suposto, todas as organizacións quererían estar no máis alto dunha lista como esa.
-
3:14 - 3:17Pero tamén todas as organizacíons detestarían non estar no máis alto.
-
3:17 - 3:21E xa que hai moitos máis "non números ún"
-
3:21 - 3:24que números un, é lóxico
-
3:24 - 3:26non querer unha lista como esta.
-
3:26 - 3:28Hai 60 anos que existe a ONU,
-
3:28 - 3:31e todavía non se ten feito unha lista básica
-
3:31 - 3:33das grandes cousas que podemos facer no mundo,
-
3:33 - 3:36e dito, cales deberíamos facer primeiro?
-
3:36 - 3:39Isto non significa que non esteamos a priorirzar --
-
3:39 - 3:43cada decisión é unha priorización, así que a pesar de todo estamos a priorizar
-
3:43 - 3:46aínda que só sexa implícitamente -- e iso non é probable que sexa tan bo
-
3:46 - 3:48como se realmente fixeramos a priorización,
-
3:48 - 3:50e fosemos e falasemos diso.
-
3:50 - 3:52Así que o que estou a propoñer é realmente dicir que tivemos,
-
3:52 - 3:56por un periodo moi largo de tempo, unha situación na que existían múltiples opcións.
-
3:56 - 3:58Hai moitas, moitas cousas que podemos facer aí fora,
-
3:58 - 4:01pero non tivemos os prezos, nin os tamaños.
-
4:01 - 4:03Non tivemos unha idea.
-
4:03 - 4:06Imaxina que entras nun restaurante e tes unha carta enorme,
-
4:06 - 4:08pero non sabes cales son os prezos.
-
4:08 - 4:10Sabes que tes pizza, pero non sabes canto custa.
-
4:10 - 4:12Podería ser un dolar, poderían ser 1.000 dólares.
-
4:12 - 4:14Podería ser unha pizza familiar.
-
4:14 - 4:16Podería ser unha pizza individual, non?
-
4:16 - 4:18Quereríamos saber estas cousas.
-
4:18 - 4:20E iso é o que está a tratar de facer o Consenso de Copenhaguen --
-
4:20 - 4:23trata de poñer os prezos destes temas.
-
4:23 - 4:26E así, basicamente, este foi o proceso do Consenso de Copenhaguen.
-
4:26 - 4:30Xuntamos 30 dos mellores economistas do mundo, tres de cada área.
-
4:30 - 4:33De modo que tivesemos tres dos mellores economistas do planeta escribindo acerca de mudanza climática.
-
4:33 - 4:36Qué podemos facer? Cal será o seu custo?
-
4:36 - 4:37E cal o beneficio de facelo?
-
4:37 - 4:39O mesmo con enfermidades contaxiosas.
-
4:39 - 4:42Tres dos mellores expertos dicindo, que podemos facer?
-
4:42 - 4:43Cal será o prezo?
-
4:43 - 4:46Que deberíamos facer acerca diso, e cal sería o resultado?
-
4:46 - 4:47E así en diante.
-
4:47 - 4:49Entón collemos a algúns dos mellores economistas mundiais,
-
4:49 - 4:53oito dos mellores economistas do mundo, incluíndo tres Premios Nóbel,
-
4:53 - 4:56xuntáronse en Copenhaguen en Maio de 2004.
-
4:56 - 4:58Os chamamos o "dream team".
-
4:58 - 5:01Os prefectos da Universidad de Cambridge decidiron chamalos
-
5:01 - 5:03o Real Madrid da economía.
-
5:03 - 5:05Eso funciona moi ben en Europa, pero aquí non tanto.
-
5:05 - 5:09E, básicamente o que fixeron, foi acadar unha lista priorizada.
-
5:09 - 5:11E entón vos preguntaredes, por que economistas?
-
5:11 - 5:13E naturalmente, estou moi contento de que me fixerades esa pregunta -- (risas) --
-
5:13 - 5:15porque é unha pregunta moi boa.
-
5:15 - 5:18O tema é que, obviamente, se queres saber de malaria,
-
5:18 - 5:20preguntas a un experto sobre a malaria.
-
5:20 - 5:22Se queres saber sobre o clima, preguntas a un climatólogo.
-
5:22 - 5:25Pero se queres saber cal dos dous debes resolver primeiro,
-
5:25 - 5:28non podes preguntarlle a ningún dos dous, porque iso no é o que fan.
-
5:28 - 5:30Iso é o que fan os economistas.
-
5:30 - 5:31Priorizan.
-
5:31 - 5:36Fan esa tarea algo desagradable de dicir, que debemos facer primeiro,
-
5:36 - 5:38e que debemos facer despois.
-
5:38 - 5:41Así que esta é a lista, e esta é a lista que querería compartir convosco.
-
5:41 - 5:43Claro que tamén a podedes ver na web,
-
5:43 - 5:46e estou certo de que tamén falaremos disto conforme avance o día.
-
5:46 - 5:48Básicamente elaboraron unha lista na que dicían
-
5:48 - 5:51que había malos proxectos -- básicamente, proxectos
-
5:51 - 5:54onde invistes un dolar, e recibes menos dun dolar como resultado.
-
5:54 - 5:58Despois estaban os proxectos axeitados, os bos e os mois bos.
-
5:58 - 6:00E naturalmente, son os proxectos moi bos os que deberíamos comezar por facer.
-
6:00 - 6:02Vou comezar dende o último
-
6:02 - 6:04de modo que podamos rematar cos mellores proxectos.
-
6:04 - 6:06Estes foron os malos.
-
6:06 - 6:10Como podedes ver ó final da lista está a mudanza climática.
-
6:10 - 6:14Isto ofende a moita xente, e iso é probablemente unha das cousas
-
6:14 - 6:16sobre as que a xente dirá que non debería regresar.
-
6:16 - 6:18E me gustaría falar sobre iso, porque é realmente curioso.
-
6:18 - 6:20Por que apareceu?
-
6:20 - 6:22E a verdade, tamén tentarei falar de novo disto
-
6:22 - 6:24porque é probablemente unha das cousas
-
6:24 - 6:26nas que non estaremos de acordo coas listas que vos escribístedes.
-
6:26 - 6:29A razón pola que resultou que dixeron isto é que Kyoto --
-
6:29 - 6:31ou facer algo máis que Kyoto -- non é un bo negocio
-
6:31 - 6:33simplemente porque é moi ineficiente.
-
6:33 - 6:35Non é dicir que non existe o quecemento global.
-
6:35 - 6:37Non é dicir que non é un grande problema.
-
6:37 - 6:39Pero é dicir que o que nos podemos facer por elo
-
6:39 - 6:42é moi pouco, a un custo moi elevado.
-
6:42 - 6:46O que básicamente nos mostran, a media de todos os modelos macroeconómicos.
-
6:46 - 6:51e que Kyoto, se todo o mundo estivese de acordo, costaría uns 150 mil millóns de dolares ao ano.
-
6:51 - 6:53Iso é unha importante cantidade de diñeiro.
-
6:53 - 6:55Dúas ou tres veces a axuda global ao desenvolvemento
-
6:55 - 6:57que adicamos ao Terceiro Mundo cada ano.
-
6:57 - 6:59E para facer moi pouco ben.
-
6:59 - 7:03Todos os modelos mostran que posporá o aquecemento uns seis anos cara o 2100.
-
7:03 - 7:07Así que un tipo en Bangladesh que vaia sufrir unha inundación no 2100 pode agardar ata 2106.
-
7:07 - 7:09O que está algo ben, pero non moi ben.
-
7:09 - 7:14Así que a idea e dicir, ben, gastamos unha morea de cartos facendo algo de ben.
-
7:14 - 7:16E simplemente por dar unha referencia,
-
7:16 - 7:18a ONU estima que pola metade desa cantidade,
-
7:18 - 7:20uns 75 mil millóns de dólares ao ano,
-
7:20 - 7:23poderíamos solucionar todos os principais problemas básicos do mundo.
-
7:23 - 7:26Poderíamos dar auga limpa, saneamento, sanidade básica
-
7:26 - 7:29e educación a todos os seres humanos do planeta.
-
7:29 - 7:33Así que deberíamos preguntármonos, queremos gastar o dobre
-
7:33 - 7:34en facer moi pouco ben?
-
7:34 - 7:37Ou a metade facendo algo increíblemente bo?
-
7:37 - 7:40E é aí onde se transforma nun mal proxecto.
-
7:40 - 7:43Non é dicir que si tivesemos todo o diñeiro do mundo, non o quereríamos facer.
-
7:43 - 7:47Senon, que cando non o temos, simplemente non é a nosa primeira prioridade.
-
7:47 - 7:50Os proxectos axeitados -- non vou comentar todos --
-
7:50 - 7:54pero enfermidades contaxiosas, escala de servizos básicos sanitarios -- o son por pouco,
-
7:54 - 7:57simplemente porque, sí, a escala de servizos básicos de saúde é unha grande cousa.
-
7:57 - 8:00Faría moito ben, pero tamén e moi, pero que moi costosa.
-
8:00 - 8:02Unha vez máis, o que nos dí e de repente
-
8:02 - 8:04comezamos a pensar nos dous lados da ecuación.
-
8:04 - 8:08Se mirades os bos proxectos, aparecen un montón de proxectos de saneamento.
-
8:08 - 8:10Unha vez máis, o saneamento e a auga é incríblemente importante,
-
8:10 - 8:13pero tamén custa moita infraestrutura.
-
8:13 - 8:15Así que vos vou mostrar as catro máximas prioridades
-
8:15 - 8:18que deberían ser, cando menos, as primeiras que solucionar
-
8:18 - 8:21cando falamos de como deberíamos solucionar os problemas do mundo.
-
8:21 - 8:25O cuarto maior probelma é a malaria -- tratar a malaria.
-
8:25 - 8:29A incidencia da malaria é de sobre un par de millóns de persoas infectadas cada ano.
-
8:29 - 8:33Podería incluso costar un punto porcentual do PIB
-
8:33 - 8:35ao ano para as nacións afectadas.
-
8:35 - 8:39Se investísemos uns 13 mil millóns de dólares nos próximos catro anos,
-
8:39 - 8:41poderíamos reducir a incidencia á metade.
-
8:41 - 8:44Poderíamos evitar a morte dunhas 500.000 persoas,
-
8:44 - 8:47pero o que quizáis é máis importante, poderíamos evitar que mil millóns de persoas
-
8:47 - 8:48se infectasen cada ano.
-
8:48 - 8:50Incrementaríamos significativamenta a súa capacidade
-
8:50 - 8:53para tratar moitos dos outros problemas que teñen que afrontar.
-
8:53 - 8:56Naturalmente, no longo prazo, tamén a lidiar co quecemento global.
-
8:57 - 9:00A terceira mellor é o libre comercio.
-
9:00 - 9:03Básicamente, o modelo mostrou que se puidesemos acadar o libre comercio,
-
9:03 - 9:06e especialmente cortando as axudas dos USA e Europa,
-
9:06 - 9:10poderíamos básicamente elevar a economía global
-
9:10 - 9:14ate a asombrosa cifra duns 2'4 billóns de dolares ao ano,
-
9:14 - 9:16a metade dos cales provería do Terceiro Mundo.
-
9:16 - 9:19Unha vez máis, poderíamos realmente sacar
-
9:19 - 9:22a 200 ou 300 millóns de persoas da pobreza,
-
9:22 - 9:25radicalmente e moi rápido, entre dous e cinco anos.
-
9:25 - 9:27Esa sería a terceira mellor cousa que poderíamos facer.
-
9:27 - 9:31A segunda mellor cousa sería centrarse na desnutrición.
-
9:31 - 9:34Non desnutrición en xeral, senon un camiño moi económico
-
9:34 - 9:37de tratar a desnutrición, é dicir, a falta de micronutrientes.
-
9:37 - 9:40Básicamente, a metade da poboación do mundo ten falla de
-
9:40 - 9:42ferro, zinc, iodo e vitamina A.
-
9:42 - 9:44Se investisemos 12 mil millóns de dólares,
-
9:44 - 9:47poderíamos facer unha profunda incursión nese problema.
-
9:47 - 9:50Esta sería a segunda mellor inverisón que poderíamos facer.
-
9:50 - 9:55E o mellor proxecto sería centrarse en VIH/SIDA.
-
9:55 - 9:59Básicamente, se investimos 27 mil millóns de dólares nos próximos oito anos,
-
9:59 - 10:03poderíamos evitar 28 millóns de novos casos de VIH/SIDA.
-
10:03 - 10:07Outra vez, o que isto fai e no que se centra é en dicir
-
10:07 - 10:10que temos dúas formas moi diferentes como tratar co VIH/SIDA.
-
10:10 - 10:13Unha é o tratamento e a outra é a prevención.
-
10:13 - 10:16Unha vez máis, nun mundo ideal, faríamos as dúas.
-
10:16 - 10:19Pero nun mundo onde non facemos calquera das dúas ou onde non o facemos moi ben,
-
10:19 - 10:23deberíamos, cando menos, preguntarnos onde deberíamos investir primeiro.
-
10:23 - 10:26E o tratamento é moito, moito máis caro que a prevención.
-
10:26 - 10:30Así que básicamnete, no que isto se centra é en dicir que podemos facer moito máis
-
10:30 - 10:32investindo na prevención.
-
10:32 - 10:34Básicamente para a cantidade de diñeiro que gastamos.
-
10:34 - 10:37podemos facer X ben en tratamento,
-
10:37 - 10:40e 10 veces máis en prevención.
-
10:40 - 10:43Así que unha vez máis, debemos centrarnos en prevención máis que en tratamento,
-
10:43 - 10:44como primeira opción.
-
10:44 - 10:48O que isto fai é que realmente nos obriga a pensar nas nosas prioridades.
-
10:48 - 10:52Me gustaría que mirásedes á vosa lista de prioiridades e dixérades,
-
10:52 - 10:54o fixéchedes ben?
-
10:54 - 10:56ou chegáchedes a algo parecido ao que fixemos aquí?
-
10:56 - 11:00Ben, naturalemnte, unha das cousas é novamente a mudanza climática.
-
11:00 - 11:03Atopo moita xente que pensa que é moi, pero que moi pouco probable que fixeramos iso.
-
11:03 - 11:05Tamén deberíamos facer mudanza climática,
-
11:05 - 11:08se non hai outro motivo, simplemente porque é un grande problema.
-
11:08 - 11:11Pero, naturalmente, non resolvemos todos os probelmas.
-
11:11 - 11:13Temos moitos problemas no mundo.
-
11:13 - 11:17E o que quero asegurarvos é que se nos centramos nos problemas,
-
11:17 - 11:19nos centremos nos máis axeitados.
-
11:19 - 11:22Naqueles que podemos facer moito ben máis que pouco ben.
-
11:22 - 11:25E penso, a verdade --Thomas Schelling,
-
11:25 - 11:29un dos participantes do "dream team", o explicou moi, moi ben.
-
11:29 - 11:32Unha das cousas que a xente olvida, e que en 100 anos,
-
11:32 - 11:35cando esteamos a falar da maioría dos impactos da mudanza climática,
-
11:35 - 11:37a xente será moito, moito máis rica.
-
11:37 - 11:41Incluso os escenarios de impactos máis pesimistas da ONU
-
11:41 - 11:44estiman que unha persoa media no mundo en desenvolvemento no 2100
-
11:44 - 11:46será tan rica como nos o somos hoxe.
-
11:46 - 11:50E moito máis probable, serán de dúas a catro veces máis ricos do que os somos nos.
-
11:50 - 11:52E naturalmente, nos seremos incluso máis ricos que iso.
-
11:52 - 11:56Pero a cuestión é, que cando falamos de salvar xente,
-
11:56 - 11:59o axudar á xente en Bangladesh en 2100,
-
11:59 - 12:01non estamos a falar dun pobre Bangaldés.
-
12:01 - 12:03Estamos a falar dun holandes bastante rico.
-
12:03 - 12:05E así o tema real, naturalmente, que é dicir,
-
12:05 - 12:09queremos gastar moito diñeiro axudando un pouco,
-
12:09 - 12:11de aquí a 100 anos, a un holandés bastante rico?
-
12:11 - 12:16ou queremos axudar á xente pobre, nestes intres, en Bangladesh,
-
12:16 - 12:19quen precisa realmente a axuda, e a quen podemos axudar moi económicamente?
-
12:19 - 12:24Ou como os dixo Schelling, imaxina que foses rico -- como acontecerá --
-
12:24 - 12:29un chino rico, un boliviano rico, un congoleño rico no 2100
-
12:29 - 12:35pensando no 2005 e dicindo, "como é que se preocuparon tanto
-
12:35 - 12:39por axudarme un pouco con este tema da mudanza climática,
-
12:39 - 12:43e se preocuparon tan pouco por axudar ao meu avó
-
12:43 - 12:46e o meu bisavó, a quen poderían ter axudado tantísimo,
-
12:46 - 12:49e que o necesitaban moito máis?"
-
12:49 - 12:52Así que penso que o que realmente nos dí por que
-
12:52 - 12:54precisamos poñer as nosas prioridades en orde.
-
12:54 - 12:57Incluso se non concorda coa típica forma de ver este problema.
-
12:57 - 13:02Por suposto, iso é fundamentalmente porque a mudanza climática ten unhas fotos tan boas.
-
13:02 - 13:05Sabedes que temos "El día de mañana" -- parece xenial, non?
-
13:05 - 13:08É unha boa película no sentido de que
-
13:08 - 13:11quero vela, certo, pero non creo que Emmerich
-
13:11 - 13:14vaia a escoller a Brad Pitt na súa próxima película
-
13:14 - 13:16cavando letrinas en Tanzania ou algo así. (Risa)
-
13:16 - 13:18Simplemente non da para unha película.
-
13:18 - 13:20Así que en moitos modos, penso que o Consenso de Copenhaguen
-
13:20 - 13:22e toda a discusión acerca das prioridades
-
13:22 - 13:25é unha defensa dos problemas aburridos.
-
13:25 - 13:29Para asegurármonos de que non é simplemente para facernos sentir ben,
-
13:29 - 13:34non vai sobre facer as cousas que teñen a maior atracción mediática,
-
13:34 - 13:37pero tamén vai sobre facer lugares onde podemos realmente facer un maior ben .
-
13:37 - 13:40As outras obxeccións, penso, que son importantes,
-
13:40 - 13:44é que de algunha manera estou -- ou estamos -- a propoñer unha elección falsa.
-
13:44 - 13:46Naturalmente que debemos facelo todo,
-
13:46 - 13:48nun mundo ideal -- estaría totalmente de acordo.
-
13:48 - 13:50Penso que deberíamos facer todas as cousas, pero non as facemos.
-
13:50 - 13:54No 1970, o mundo desenvolvido decidiu que íamos gastar
-
13:54 - 14:00o dobre do que fixemos, agora mesmo, que no 1970 nos países en vías de desenvolvimento.
-
14:00 - 14:02Como a nosa axuda se reduciu á metade.
-
14:02 - 14:05Non parece que estamos no camiño
-
14:05 - 14:07de resolver repentinamente todos os grandes problemas.
-
14:07 - 14:10Do mesmo modo, a xente tamén dicía, pero que hai da guerra do Iraque?
-
14:10 - 14:12Sabedes, gastamos 100 mil millóns de dóalres.
-
14:12 - 14:14Por que non gastamos iso facendo o ben no mundo.
-
14:14 - 14:15Eu estou totamente a favor.
-
14:15 - 14:17Se algún de vos pode falar con Bush para que faga iso, está ben.
-
14:17 - 14:19Pero naturalmente o tema todavía é dicir,
-
14:19 - 14:21que se tiveses outros 100 mil millóns de dólares,
-
14:21 - 14:24todavía quereríamos gastalso da mellor maneira posible, non?
-
14:24 - 14:26Así que o problema real, é comezar de novo
-
14:26 - 14:28e pensar cales son as prioridades correctas.
-
14:28 - 14:32Debería mencionar brevemente, é esta realmente a lista correcta?
-
14:32 - 14:35Sabedes, cando preguntas aos mellores economistas do mundo,
-
14:35 - 14:38inevitablemente acabas por preguntarlles a homes brancos e vellos dos Estados Unidos
-
14:38 - 14:40E non son necesariamente
-
14:40 - 14:44unha forma xenial de mirar ao mundo enteiro.
-
14:44 - 14:46Así que invitamos a 80 xovenes de todo o mundo
-
14:46 - 14:48para que resolvesen o mesmo problema.
-
14:48 - 14:52Os únicos dous requisitos eran que estivesen estudando na universidade,
-
14:52 - 14:54e que falasen inglés.
-
14:54 - 14:57A maioría deles eran, primeiro, de paises en vías de desenvolvimento.
-
14:57 - 14:59Tiñan o mesmo material pero poderían afastarese moitísimo
-
14:59 - 15:02do tema da discusión, como realmente fixeron,
-
15:02 - 15:04para elaborar as súas propias listas.
-
15:04 - 15:06E o sorprendente foi que a lista era moi similar --
-
15:06 - 15:09con desnutrición e enfermidades no máis alto
-
15:09 - 15:11e mudanza climática ó final.
-
15:11 - 15:12Temos feito isto moitas outras veces.
-
15:12 - 15:15Houbo moitos outros seminarios e estudantes universitarios e cousas diferentes.
-
15:15 - 15:18Todos tiñan como resultado a mesma lista.
-
15:18 - 15:22E iso me da unha grande esperanza, realmente, para dicir que creo
-
15:22 - 15:27que existe un camiño por diante para comezar a pensar nas nosas prioridades.
-
15:27 - 15:29E dicir, que é o máis importante do mundo?
-
15:29 - 15:32Naturalmente, nun mundo ideal, nos encantaría facelo todo.
-
15:32 - 15:36Pero se non o facemos todo, podemos comezar a pensar por onde empezaríamos?
-
15:36 - 15:38Eu vexo o Consenso de Copenhaguen como un proceso.
-
15:38 - 15:40O fixemos no 2004,
-
15:40 - 15:41e esperamos xuntar moita máis xente,
-
15:41 - 15:45para obter moita mellor información en 2008, 2012.
-
15:45 - 15:47Deseñar o camiño correcto para o mundo.
-
15:47 - 15:50Pero tamén comezar a pensar en evaluación política.
-
15:50 - 15:52Para empezar a pensar en dicir, "Non fagamos
-
15:52 - 15:55as cousas nas que podemos gañar pouco cun custo elevado,
-
15:55 - 15:57nin as cousas que non sabemos como facer,
-
15:57 - 16:00pero fagamos cousas xeniais onde podemos facer un enorme
-
16:00 - 16:04ben, a baixo custo, agora mesmo.
-
16:04 - 16:06Ao fin do día, podedes estar en desacordo
-
16:06 - 16:08coa discusión de como podemos realmente priorizar,
-
16:08 - 16:11pero temos que ser honestos e francos para dicir,
-
16:11 - 16:13se hai algunas cousas que facemos, temos outras que non facemos.
-
16:14 - 16:16Se nos preocupamos moito sobre algunhas cousas,
-
16:16 - 16:18terminamos por non nos preocupar por outras.
-
16:18 - 16:20Así que espero que esto nos axudará a establecer mellor as prioridades,
-
16:20 - 16:22e pensar como traballamos mellor para o mundo.
-
16:22 - 16:23Grazas
- Title:
- Bjorn Lomborg establece prioridades globais
- Speaker:
- Bjorn Lomborg
- Description:
-
con 50 mil millóns de dólares para gastar, con que rematarías primeiro, ¿co SIDA ou co quecemento global? O politólogo danés Bjorn Lomborg aparece con respostas sorprendentes.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 16:24