Do que me gustaría falar é dos problemas máis grandes do mundo. Non vou falar de "O ecoloxista escéptico" -- probablemente iso tamén é unha boa opción. (Riso) Senón que vou falar de ¿cales son os grandes problemas do mundo? E debo dicir, antes de continuar, pediríavos a cada un de vos que collades lápiz e papel porque vouvos pedir que me axudedes a ver como o facemos. Así que collede lápiz e papel. A fin de contas, hai un montón de problemas no mundo de aí fora. Eu vou listar só algúns. 800 millóns de persoas pasan fame. Mil millóns de persoas non teñen acceso a auga potable. Dous mil millóns sen saneamento. Varios millóns de persoas morren de VIH e SIDA. As listas continúan. Dous mil millóns de persoas que se verán seriamente afectados pola mudanza climática -- e sigue. Temos moitos, moitos problemas aí afora. Nun mundo ideal, os resolveríamos todos, pero non o facemos. A verdade é que non resolvemos todos os problemas. E se non o facemos, a pregunta que penso que nos deberíamos facer -- e ese é o motivo polo que estamos na sesión de economía -- é dicir, se non facemos todo, realmente temos que comezar a nos preguntar, que problemas deberíamos resolver primeiro? Esa é a pregunta que me gustaría preguntarvos. Se tivesemos digamos, 50 mil millóns de dolares para gastar nos próximos catro anos para mellorar este mundo, ¿en que os deberíamos gastar? Identificamos 10 dos retos máis grandes do mundo. e simplemente os lerei. Mudanza climática, enfermedades contaxiosas, conflictos, educación, inestabilidade financeira, gobernanza e corrupción, malnutrición e fame, movementos migratorios, saneamento e auga, e subsidios e barreiras ao comercio. Pensamos que estes, de moitas formas, abarcan os maiores problemas do mundo. A cuestión obvia sería preguntármonos, cales pensas que son os maiores? Por onde deberíamos comezar a resolver estes problemas? Pero iso é preguntarse sobre un problema erróneo En realidade, ese foi o porblema do que se falou en Davos en Xaneiro. Pero naturalmetne, hai un problema se lle pides á xente que se centre nos problemas. Porque non podemos solucionar problemas. Seguramente que o maior dos problemas que temos no mundo é que todos morremos. Pero non temos a tecnoloxía para resolver iso, temos? Así que a cuestión non é priorizar os problemas, senon priorizar as solucións aos problemas. E xa estaría -- naturalmente que se fai un pouco máis complicado. Para a mudanza climática, sería algo como Kyoto. Para enfermidades contaxiosas, poderían ser clínicas ou redes para os mosquitos. Para os conflictos, serían as forzas de paz da ONU, e así poderíamos continuar. O que me gustaría pedirvos que tentásedes facer, e que en 30 segundos -- e sei que dalgunha maneira é algo imposible -- escribades o que pensades que son as máximas prioridades. E tamén -- en aquí é, naturalmente, onde a economía se volve cativa -- anotade o que non deberíamos facer en primeiro lugar. Qué debería estar ó final da lista? Por favor, tomade simplemente 30 segundos, quizáis falade coa xente aredor, e simplemente imaxinade cales deberían ser as principais prioridades e as menos prioritarias das solucións que temos para os maiores problemas do mundo. O sorprendente deste proceso -- por suposto, quero dicir, me encantaría -- só teño 18 minutos Xa vos din unha importante cantidade do meu tempo, non? Me gustaría profundizar, e facervos pensar acerca deste proceso, e iso é o que en realidade fixemos. E tamén os recomendo enormemente, e estou seguro de que tamén teremos estas discusións despois, para pensar, como é que priorizamos realmente? Dende logo, hai que se preguntar a un mesmo, por que nunca se ten feito unha lista como esta antes? E unha razón é que a priorización é incríblemente incómoda. Ninguén o quere facer. Por suposto, todas as organizacións quererían estar no máis alto dunha lista como esa. Pero tamén todas as organizacíons detestarían non estar no máis alto. E xa que hai moitos máis "non números ún" que números un, é lóxico non querer unha lista como esta. Hai 60 anos que existe a ONU, e todavía non se ten feito unha lista básica das grandes cousas que podemos facer no mundo, e dito, cales deberíamos facer primeiro? Isto non significa que non esteamos a priorirzar -- cada decisión é unha priorización, así que a pesar de todo estamos a priorizar aínda que só sexa implícitamente -- e iso non é probable que sexa tan bo como se realmente fixeramos a priorización, e fosemos e falasemos diso. Así que o que estou a propoñer é realmente dicir que tivemos, por un periodo moi largo de tempo, unha situación na que existían múltiples opcións. Hai moitas, moitas cousas que podemos facer aí fora, pero non tivemos os prezos, nin os tamaños. Non tivemos unha idea. Imaxina que entras nun restaurante e tes unha carta enorme, pero non sabes cales son os prezos. Sabes que tes pizza, pero non sabes canto custa. Podería ser un dolar, poderían ser 1.000 dólares. Podería ser unha pizza familiar. Podería ser unha pizza individual, non? Quereríamos saber estas cousas. E iso é o que está a tratar de facer o Consenso de Copenhaguen -- trata de poñer os prezos destes temas. E así, basicamente, este foi o proceso do Consenso de Copenhaguen. Xuntamos 30 dos mellores economistas do mundo, tres de cada área. De modo que tivesemos tres dos mellores economistas do planeta escribindo acerca de mudanza climática. Qué podemos facer? Cal será o seu custo? E cal o beneficio de facelo? O mesmo con enfermidades contaxiosas. Tres dos mellores expertos dicindo, que podemos facer? Cal será o prezo? Que deberíamos facer acerca diso, e cal sería o resultado? E así en diante. Entón collemos a algúns dos mellores economistas mundiais, oito dos mellores economistas do mundo, incluíndo tres Premios Nóbel, xuntáronse en Copenhaguen en Maio de 2004. Os chamamos o "dream team". Os prefectos da Universidad de Cambridge decidiron chamalos o Real Madrid da economía. Eso funciona moi ben en Europa, pero aquí non tanto. E, básicamente o que fixeron, foi acadar unha lista priorizada. E entón vos preguntaredes, por que economistas? E naturalmente, estou moi contento de que me fixerades esa pregunta -- (risas) -- porque é unha pregunta moi boa. O tema é que, obviamente, se queres saber de malaria, preguntas a un experto sobre a malaria. Se queres saber sobre o clima, preguntas a un climatólogo. Pero se queres saber cal dos dous debes resolver primeiro, non podes preguntarlle a ningún dos dous, porque iso no é o que fan. Iso é o que fan os economistas. Priorizan. Fan esa tarea algo desagradable de dicir, que debemos facer primeiro, e que debemos facer despois. Así que esta é a lista, e esta é a lista que querería compartir convosco. Claro que tamén a podedes ver na web, e estou certo de que tamén falaremos disto conforme avance o día. Básicamente elaboraron unha lista na que dicían que había malos proxectos -- básicamente, proxectos onde invistes un dolar, e recibes menos dun dolar como resultado. Despois estaban os proxectos axeitados, os bos e os mois bos. E naturalmente, son os proxectos moi bos os que deberíamos comezar por facer. Vou comezar dende o último de modo que podamos rematar cos mellores proxectos. Estes foron os malos. Como podedes ver ó final da lista está a mudanza climática. Isto ofende a moita xente, e iso é probablemente unha das cousas sobre as que a xente dirá que non debería regresar. E me gustaría falar sobre iso, porque é realmente curioso. Por que apareceu? E a verdade, tamén tentarei falar de novo disto porque é probablemente unha das cousas nas que non estaremos de acordo coas listas que vos escribístedes. A razón pola que resultou que dixeron isto é que Kyoto -- ou facer algo máis que Kyoto -- non é un bo negocio simplemente porque é moi ineficiente. Non é dicir que non existe o quecemento global. Non é dicir que non é un grande problema. Pero é dicir que o que nos podemos facer por elo é moi pouco, a un custo moi elevado. O que básicamente nos mostran, a media de todos os modelos macroeconómicos. e que Kyoto, se todo o mundo estivese de acordo, costaría uns 150 mil millóns de dolares ao ano. Iso é unha importante cantidade de diñeiro. Dúas ou tres veces a axuda global ao desenvolvemento que adicamos ao Terceiro Mundo cada ano. E para facer moi pouco ben. Todos os modelos mostran que posporá o aquecemento uns seis anos cara o 2100. Así que un tipo en Bangladesh que vaia sufrir unha inundación no 2100 pode agardar ata 2106. O que está algo ben, pero non moi ben. Así que a idea e dicir, ben, gastamos unha morea de cartos facendo algo de ben. E simplemente por dar unha referencia, a ONU estima que pola metade desa cantidade, uns 75 mil millóns de dólares ao ano, poderíamos solucionar todos os principais problemas básicos do mundo. Poderíamos dar auga limpa, saneamento, sanidade básica e educación a todos os seres humanos do planeta. Así que deberíamos preguntármonos, queremos gastar o dobre en facer moi pouco ben? Ou a metade facendo algo increíblemente bo? E é aí onde se transforma nun mal proxecto. Non é dicir que si tivesemos todo o diñeiro do mundo, non o quereríamos facer. Senon, que cando non o temos, simplemente non é a nosa primeira prioridade. Os proxectos axeitados -- non vou comentar todos -- pero enfermidades contaxiosas, escala de servizos básicos sanitarios -- o son por pouco, simplemente porque, sí, a escala de servizos básicos de saúde é unha grande cousa. Faría moito ben, pero tamén e moi, pero que moi costosa. Unha vez máis, o que nos dí e de repente comezamos a pensar nos dous lados da ecuación. Se mirades os bos proxectos, aparecen un montón de proxectos de saneamento. Unha vez máis, o saneamento e a auga é incríblemente importante, pero tamén custa moita infraestrutura. Así que vos vou mostrar as catro máximas prioridades que deberían ser, cando menos, as primeiras que solucionar cando falamos de como deberíamos solucionar os problemas do mundo. O cuarto maior probelma é a malaria -- tratar a malaria. A incidencia da malaria é de sobre un par de millóns de persoas infectadas cada ano. Podería incluso costar un punto porcentual do PIB ao ano para as nacións afectadas. Se investísemos uns 13 mil millóns de dólares nos próximos catro anos, poderíamos reducir a incidencia á metade. Poderíamos evitar a morte dunhas 500.000 persoas, pero o que quizáis é máis importante, poderíamos evitar que mil millóns de persoas se infectasen cada ano. Incrementaríamos significativamenta a súa capacidade para tratar moitos dos outros problemas que teñen que afrontar. Naturalmente, no longo prazo, tamén a lidiar co quecemento global. A terceira mellor é o libre comercio. Básicamente, o modelo mostrou que se puidesemos acadar o libre comercio, e especialmente cortando as axudas dos USA e Europa, poderíamos básicamente elevar a economía global ate a asombrosa cifra duns 2'4 billóns de dolares ao ano, a metade dos cales provería do Terceiro Mundo. Unha vez máis, poderíamos realmente sacar a 200 ou 300 millóns de persoas da pobreza, radicalmente e moi rápido, entre dous e cinco anos. Esa sería a terceira mellor cousa que poderíamos facer. A segunda mellor cousa sería centrarse na desnutrición. Non desnutrición en xeral, senon un camiño moi económico de tratar a desnutrición, é dicir, a falta de micronutrientes. Básicamente, a metade da poboación do mundo ten falla de ferro, zinc, iodo e vitamina A. Se investisemos 12 mil millóns de dólares, poderíamos facer unha profunda incursión nese problema. Esta sería a segunda mellor inverisón que poderíamos facer. E o mellor proxecto sería centrarse en VIH/SIDA. Básicamente, se investimos 27 mil millóns de dólares nos próximos oito anos, poderíamos evitar 28 millóns de novos casos de VIH/SIDA. Outra vez, o que isto fai e no que se centra é en dicir que temos dúas formas moi diferentes como tratar co VIH/SIDA. Unha é o tratamento e a outra é a prevención. Unha vez máis, nun mundo ideal, faríamos as dúas. Pero nun mundo onde non facemos calquera das dúas ou onde non o facemos moi ben, deberíamos, cando menos, preguntarnos onde deberíamos investir primeiro. E o tratamento é moito, moito máis caro que a prevención. Así que básicamnete, no que isto se centra é en dicir que podemos facer moito máis investindo na prevención. Básicamente para a cantidade de diñeiro que gastamos. podemos facer X ben en tratamento, e 10 veces máis en prevención. Así que unha vez máis, debemos centrarnos en prevención máis que en tratamento, como primeira opción. O que isto fai é que realmente nos obriga a pensar nas nosas prioridades. Me gustaría que mirásedes á vosa lista de prioiridades e dixérades, o fixéchedes ben? ou chegáchedes a algo parecido ao que fixemos aquí? Ben, naturalemnte, unha das cousas é novamente a mudanza climática. Atopo moita xente que pensa que é moi, pero que moi pouco probable que fixeramos iso. Tamén deberíamos facer mudanza climática, se non hai outro motivo, simplemente porque é un grande problema. Pero, naturalmente, non resolvemos todos os probelmas. Temos moitos problemas no mundo. E o que quero asegurarvos é que se nos centramos nos problemas, nos centremos nos máis axeitados. Naqueles que podemos facer moito ben máis que pouco ben. E penso, a verdade --Thomas Schelling, un dos participantes do "dream team", o explicou moi, moi ben. Unha das cousas que a xente olvida, e que en 100 anos, cando esteamos a falar da maioría dos impactos da mudanza climática, a xente será moito, moito máis rica. Incluso os escenarios de impactos máis pesimistas da ONU estiman que unha persoa media no mundo en desenvolvemento no 2100 será tan rica como nos o somos hoxe. E moito máis probable, serán de dúas a catro veces máis ricos do que os somos nos. E naturalmente, nos seremos incluso máis ricos que iso. Pero a cuestión é, que cando falamos de salvar xente, o axudar á xente en Bangladesh en 2100, non estamos a falar dun pobre Bangaldés. Estamos a falar dun holandes bastante rico. E así o tema real, naturalmente, que é dicir, queremos gastar moito diñeiro axudando un pouco, de aquí a 100 anos, a un holandés bastante rico? ou queremos axudar á xente pobre, nestes intres, en Bangladesh, quen precisa realmente a axuda, e a quen podemos axudar moi económicamente? Ou como os dixo Schelling, imaxina que foses rico -- como acontecerá -- un chino rico, un boliviano rico, un congoleño rico no 2100 pensando no 2005 e dicindo, "como é que se preocuparon tanto por axudarme un pouco con este tema da mudanza climática, e se preocuparon tan pouco por axudar ao meu avó e o meu bisavó, a quen poderían ter axudado tantísimo, e que o necesitaban moito máis?" Así que penso que o que realmente nos dí por que precisamos poñer as nosas prioridades en orde. Incluso se non concorda coa típica forma de ver este problema. Por suposto, iso é fundamentalmente porque a mudanza climática ten unhas fotos tan boas. Sabedes que temos "El día de mañana" -- parece xenial, non? É unha boa película no sentido de que quero vela, certo, pero non creo que Emmerich vaia a escoller a Brad Pitt na súa próxima película cavando letrinas en Tanzania ou algo así. (Risa) Simplemente non da para unha película. Así que en moitos modos, penso que o Consenso de Copenhaguen e toda a discusión acerca das prioridades é unha defensa dos problemas aburridos. Para asegurármonos de que non é simplemente para facernos sentir ben, non vai sobre facer as cousas que teñen a maior atracción mediática, pero tamén vai sobre facer lugares onde podemos realmente facer un maior ben . As outras obxeccións, penso, que son importantes, é que de algunha manera estou -- ou estamos -- a propoñer unha elección falsa. Naturalmente que debemos facelo todo, nun mundo ideal -- estaría totalmente de acordo. Penso que deberíamos facer todas as cousas, pero non as facemos. No 1970, o mundo desenvolvido decidiu que íamos gastar o dobre do que fixemos, agora mesmo, que no 1970 nos países en vías de desenvolvimento. Como a nosa axuda se reduciu á metade. Non parece que estamos no camiño de resolver repentinamente todos os grandes problemas. Do mesmo modo, a xente tamén dicía, pero que hai da guerra do Iraque? Sabedes, gastamos 100 mil millóns de dóalres. Por que non gastamos iso facendo o ben no mundo. Eu estou totamente a favor. Se algún de vos pode falar con Bush para que faga iso, está ben. Pero naturalmente o tema todavía é dicir, que se tiveses outros 100 mil millóns de dólares, todavía quereríamos gastalso da mellor maneira posible, non? Así que o problema real, é comezar de novo e pensar cales son as prioridades correctas. Debería mencionar brevemente, é esta realmente a lista correcta? Sabedes, cando preguntas aos mellores economistas do mundo, inevitablemente acabas por preguntarlles a homes brancos e vellos dos Estados Unidos E non son necesariamente unha forma xenial de mirar ao mundo enteiro. Así que invitamos a 80 xovenes de todo o mundo para que resolvesen o mesmo problema. Os únicos dous requisitos eran que estivesen estudando na universidade, e que falasen inglés. A maioría deles eran, primeiro, de paises en vías de desenvolvimento. Tiñan o mesmo material pero poderían afastarese moitísimo do tema da discusión, como realmente fixeron, para elaborar as súas propias listas. E o sorprendente foi que a lista era moi similar -- con desnutrición e enfermidades no máis alto e mudanza climática ó final. Temos feito isto moitas outras veces. Houbo moitos outros seminarios e estudantes universitarios e cousas diferentes. Todos tiñan como resultado a mesma lista. E iso me da unha grande esperanza, realmente, para dicir que creo que existe un camiño por diante para comezar a pensar nas nosas prioridades. E dicir, que é o máis importante do mundo? Naturalmente, nun mundo ideal, nos encantaría facelo todo. Pero se non o facemos todo, podemos comezar a pensar por onde empezaríamos? Eu vexo o Consenso de Copenhaguen como un proceso. O fixemos no 2004, e esperamos xuntar moita máis xente, para obter moita mellor información en 2008, 2012. Deseñar o camiño correcto para o mundo. Pero tamén comezar a pensar en evaluación política. Para empezar a pensar en dicir, "Non fagamos as cousas nas que podemos gañar pouco cun custo elevado, nin as cousas que non sabemos como facer, pero fagamos cousas xeniais onde podemos facer un enorme ben, a baixo custo, agora mesmo. Ao fin do día, podedes estar en desacordo coa discusión de como podemos realmente priorizar, pero temos que ser honestos e francos para dicir, se hai algunas cousas que facemos, temos outras que non facemos. Se nos preocupamos moito sobre algunhas cousas, terminamos por non nos preocupar por outras. Así que espero que esto nos axudará a establecer mellor as prioridades, e pensar como traballamos mellor para o mundo. Grazas