Que revelan as alucinacións sobre as nosas mentes?
-
0:00 - 0:03Vemos cos ollos,
-
0:03 - 0:06mais tamén vemos co cerebro.
-
0:06 - 0:10Ver co cerebro é o que
chamamos imaxinación. -
0:10 - 0:15E estamos familiarizados coas
paisaxes da nosa propia imaxinación, -
0:15 - 0:19coas nosas paisaxes interiores.
Vivimos con elas toda a vida. -
0:19 - 0:23Mais tamén hai alucinacións,
-
0:23 - 0:26e as alucinacións son
completamente diferentes. -
0:26 - 0:28Non parecen creacións nosas.
-
0:28 - 0:30Non parecen estar baixo o noso control.
-
0:30 - 0:32Parecen vir de fóra,
-
0:32 - 0:35e imitar a percepción.
-
0:35 - 0:39Así que vou falar
sobre alucinacións, -
0:39 - 0:43e sobre un tipo particular de
alucinacións visuais -
0:43 - 0:48que vexo entre os meus pacientes.
-
0:48 - 0:52Hai uns meses, recibín unha chamada
-
0:52 - 0:54dunha residencia de anciáns onde traballo.
-
0:54 - 0:59Dixéronme que un dos residentes,
unha muller duns 90 anos, -
0:59 - 1:01estaba a ver cousas
-
1:01 - 1:04e preguntábanse se estaba toleando
-
1:04 - 1:06ou, como era unha señora maior,
-
1:06 - 1:09se tivera un ictus
ou se tería Alzheimer. -
1:09 - 1:14Así que me pediron que me
achegase a ver a Rosalie, -
1:14 - 1:16a señora maior.
-
1:16 - 1:18Fun vela.
-
1:18 - 1:20A primeira cousa evidente era
-
1:20 - 1:23que estaba perfectamente corda
-
1:23 - 1:26e lúcida e
que era intelixente, -
1:26 - 1:30pero estaba moi asustada
e perplexa, -
1:30 - 1:33porque estivera a ver cousas.
-
1:33 - 1:36Díxome
-
1:36 - 1:38- os enfermeiros non o mencionaran-
-
1:38 - 1:40que era cega,
-
1:40 - 1:45que levaba cinco anos completamente cega
por dexeneración macular. -
1:45 - 1:48Pero nos últimos días,
vía cousas. -
1:48 - 1:51Así que lle preguntei:
"Que tipo de cousas?" -
1:51 - 1:54E dixo: "Xente con traxes orientais
-
1:54 - 1:58e roupaxes, subindo
e baixando escaleiras. -
1:58 - 2:01Un home que se volve cara a min e sorrí.
-
2:01 - 2:05Pero ten dentes enormes
nun lado da boca. -
2:05 - 2:07Tamén vexo animais.
-
2:07 - 2:10E un edificio branco.
Está nevando, unha neve maina. -
2:10 - 2:15Vexo un cabalo cun arnés,
arrastrando a neve. -
2:15 - 2:19Logo, unha noite, a escena cambia.
-
2:19 - 2:21Vexo gatos e cans camiñando cara a min.
-
2:21 - 2:24Achéganse ata un punto e logo paran.
-
2:24 - 2:26Entón cambia outra vez.
-
2:26 - 2:29Vexo un montón de nenos.
están subindo e baixando escaleiras. -
2:29 - 2:32Visten cores brillantes, rosa e azul,
-
2:32 - 2:35coma os traxes orientais."
-
2:35 - 2:38Díxome que, ás veces,
antes de que chegara a xente, -
2:38 - 2:42podía alucinar con cadros
rosas e azuis no chan, -
2:42 - 2:45que parecían subir ata o ceo.
-
2:45 - 2:49Pregunteille: "É coma un soño?"
-
2:49 - 2:52E dixo: "Non, non é coma un soño.
É coma unha película. -
2:52 - 2:55Ten cor. Ten movemento.
-
2:55 - 2:59Pero é completamente silenciosa,
coma unha película muda." -
2:59 - 3:01Dixo que era unha película
bastante aburrida. -
3:01 - 3:04"Toda esa xente
con traxes orientais, -
3:04 - 3:09subindo e baixando,
moi repetitivo, moi limitado." -
3:09 - 3:11(Risos)
-
3:11 - 3:13Ten sentido do humor.
-
3:13 - 3:15Ela sabía que era unha alucinación.
-
3:15 - 3:17Pero estaba asustada.
Vivira 95 anos -
3:17 - 3:20e nunca antes tivera
unha alucinación. -
3:20 - 3:23Dixo que as alucinacións
non estaban relacionadas -
3:23 - 3:27con nada que ela pensara
ou sentira ou fixera, -
3:27 - 3:31que parecían chegar ou desaparecer
por si mesmas. -
3:31 - 3:33Non tiña control sobre elas.
-
3:33 - 3:35Non recoñecía
-
3:35 - 3:37ningunha das persoas ou dos lugares
-
3:37 - 3:39nas alucinacións.
-
3:39 - 3:41E ningunha das persoas ou dos animais,
-
3:41 - 3:45parecían ser conscientes dela.
-
3:45 - 3:47E ela non sabía o que ocorría.
-
3:47 - 3:49Preguntábase se
estaría volvéndose tola -
3:49 - 3:51ou perdendo a cabeza.
-
3:51 - 3:53Ben, examineina coidadosamente.
-
3:53 - 3:55Era unha anciá brillante,
-
3:55 - 3:59perfectamente corda. Non tiña
problemas médicos. -
3:59 - 4:03Non tomaba ningunha medicación
que lle puidera producir alucinacións. -
4:03 - 4:05Pero estaba cega.
-
4:05 - 4:07Entón díxenlle:
-
4:07 - 4:09"Creo que sei o que ten.
-
4:09 - 4:13Hai unha forma especial
de alucinación visual -
4:13 - 4:17que se dá coa dexeneración
da vista ou coa cegueira. -
4:17 - 4:20Foi descrito por primeira vez,
-
4:20 - 4:22alá polo século XVIII,
-
4:22 - 4:25por un home chamado Charles Bonnet.
-
4:25 - 4:27E vostede ten a síndrome
de Charles Bonnet. -
4:27 - 4:30Non ten ningún problema cerebral.
Non ten ningún problema mental. -
4:30 - 4:33Vostede ten a síndrome de Charles Bonnet."
-
4:33 - 4:36Ela sentiuse moi aliviada ao oílo,
-
4:36 - 4:40ao saber que non era nada grave,
-
4:40 - 4:43e tamén sentíu curiosidade.
-
4:43 - 4:45Dixo: "Quen era ese Charles Bonnet?,
-
4:45 - 4:48el tamén o tivo?"
-
4:48 - 4:51E dixo: "Dígalles aos enfermeiros
-
4:51 - 4:54que teño a síndrome de Charles Bonnet."
-
4:54 - 4:56(Risos)
-
4:56 - 5:00"Non estou tola. Non teño demencia.
Teño a síndrome de Charles Bonnet." -
5:00 - 5:02Así que llelo dixen aos enfermeiros.
-
5:02 - 5:05Isto, para min, é algo habitual.
-
5:05 - 5:07Traballo, principalmente,
en residencias de anciáns. -
5:07 - 5:09Vexo un montón de persoas maiores
-
5:09 - 5:13con dificultades auditivas ou visuais.
-
5:13 - 5:15Preto do 10 % das persoas
con problemas auditivos -
5:15 - 5:18teñen alucinacións musicais.
-
5:18 - 5:21E preto do 10 % das persoas
con problemas visuais -
5:21 - 5:23teñen alucinacións visuais.
-
5:23 - 5:25Non é preciso estar
completamente cego, -
5:25 - 5:27abonda con ter a vista moi afectada.
-
5:27 - 5:31Segundo a descrición orixinal
do século XVIII, -
5:31 - 5:33Charles Bonnet non tivo alucinancións.
-
5:33 - 5:36Foi o seu avó quen as tivo.
-
5:36 - 5:39O seu avó era maxistrado,
un home ancián. -
5:39 - 5:42Operárano de cataratas.
-
5:42 - 5:44A súa visión era moi pobre.
-
5:44 - 5:49E en 1759, describiulle ao seu neto
-
5:49 - 5:51varias cousas que estaba vendo.
-
5:51 - 5:53A primeira cousa que dixo que vía
-
5:53 - 5:55era un pano no medio do aire.
-
5:55 - 5:57Era un pano grande e azul
-
5:57 - 5:59con catro círculos laranxas.
-
5:59 - 6:02El sabía que era unha alucinación.
-
6:02 - 6:04Non hai panos no medio do aire.
-
6:04 - 6:08E despois viu unha roda grande no aire.
-
6:08 - 6:13Pero ás veces non estaba seguro
de se estaba alucinando ou non, -
6:13 - 6:15porque as alucinación cadraban
-
6:15 - 6:17co contexto das visións.
-
6:17 - 6:20Nunha ocasión, cando os
seus netos estaban de visita, -
6:20 - 6:25dixo: "E quen son eses guapos mozos
que están convosco?" -
6:25 - 6:29E responderon: Ai, avó, non
hai ningún mozo guapo." -
6:29 - 6:33Entón, os mozos guapos
desapareceron. -
6:33 - 6:36É típico desas alucinacións,
-
6:36 - 6:39aparecen nun intre e desaparecen noutro.
-
6:39 - 6:41Normalmente non se esvaecen.
-
6:41 - 6:44Son bastante repentinas e
cambian de súpeto. -
6:44 - 6:47Charles Lullin, o avó,
-
6:47 - 6:50viu centos de figuras diferentes,
-
6:50 - 6:52paisaxes de todos os tipos.
-
6:52 - 6:56Nunha ocasión, viu un home
en albornoz fumando en pipa, -
6:56 - 6:59e deuse conta de que era el mesmo.
-
6:59 - 7:02Esa foi a única figura que recoñeceu.
-
7:02 - 7:06Nunha ocasión, cando camiñaba
polas rúas de París, -
7:06 - 7:09viu, isto era real, un andamio.
-
7:09 - 7:12Pero cando volveu á casa,
viu unha miniatura do andamio -
7:12 - 7:16de 15 cm de alto, no seu escritorio.
-
7:16 - 7:19Esta repetición da percepción
-
7:19 - 7:21denomínase palinopsia.
-
7:21 - 7:26Ben, que estaba a ocorrerlles
-
7:26 - 7:28a el e a Rosalie?
-
7:28 - 7:30"Que está pasando?" preguntoume Rosalie.
-
7:30 - 7:33E expliqueille que cando un
perde a visión, -
7:33 - 7:36como as áreas visuais do cerebro
xa non reciben ningún estímulo, -
7:36 - 7:39vólvense hiperactivas e excitables
-
7:39 - 7:41e comezan a disparar espontaneamente.
-
7:41 - 7:44E un comeza a ver cousas.
-
7:44 - 7:47De feito poden verse cousas
bastante complexas. -
7:47 - 7:51Outra paciente miña,
-
7:51 - 7:53que tamén tiña algo de vista,
-
7:53 - 7:57sufría visións que
podían ser perturbadoras. -
7:57 - 8:00Nunha ocasión, dixo que vía
-
8:00 - 8:03un home cunha camisa de raias
nun restaurante. -
8:03 - 8:05E que daba a volta. Entón
-
8:05 - 8:08dividiuse en seis figuras con
camisas de raias, -
8:08 - 8:11que comezaron a camiñar
cara a ela. -
8:11 - 8:14E despois, as seis figuras xuntáronse
outra vez coma un acordeón. -
8:14 - 8:16Unha vez, cando estaba conducindo,
-
8:16 - 8:18ou máis ben, o seu esposo
estaba conducindo, -
8:18 - 8:20a estrada dividiuse en catro
-
8:20 - 8:24e ela sentiuse a si mesma indo
asemade polas catro estradas. -
8:24 - 8:29Tiña alucinacións de
movemento tamén. -
8:29 - 8:32Moitas tiñan que ver cun coche.
-
8:32 - 8:34Ás veces, vía un rapaz adolescente
-
8:34 - 8:37sentado no capó do coche.
-
8:37 - 8:39Era moi resolto e movíase
con bastante graza -
8:39 - 8:41cando o coche xiraba.
-
8:41 - 8:44E cando chegaban a un stop,
-
8:44 - 8:47o rapaz levantábase
de súpeto 30 m no aire, -
8:47 - 8:50e desaparecía.
-
8:50 - 8:55Outra paciente miña tiña
un tipo diferente de alucinacións. -
8:55 - 8:58Esta era unha muller que
non tiña problemas cos ollos, -
8:58 - 9:00senón coas partes visuais do cerebro,
-
9:00 - 9:03un pequeno tumor no córtex occipital.
-
9:03 - 9:08E ela vía, sobre todo, debuxos animados.
-
9:08 - 9:13Estes debuxos eran transparentes
-
9:13 - 9:16e cubrían a metade do campo visual,
coma unha pantalla. -
9:16 - 9:22E vía, sobre todo, debuxos
da Ra Gustavo. -
9:22 - 9:23(Risos)
-
9:23 - 9:26Ben, eu non vexo Barrio Sésamo,
-
9:26 - 9:29pero ela salientou:
-
9:29 - 9:33"Por que Gustavo?",
"A Ra Gustavo non significa nada para min. -
9:33 - 9:36Sabe, estaba preguntándome
sobre os determinantes Freudianos. -
9:36 - 9:38Por que Gustavo?
-
9:38 - 9:40A Ra Gustavo non significa
nada para min." -
9:40 - 9:42A ela non lle molestaban moito
os debuxos animados. -
9:42 - 9:46Pero o que si a incomodaba
era ter imaxes -
9:46 - 9:49ou alucinacións moi
persistentes de caras -
9:49 - 9:52e, coma Rosalie, as caras
estaban a miúdo deformadas, -
9:52 - 9:56con dentes moi longos ou
ollos moi grandes. -
9:56 - 9:59E isto asustábaa.
-
9:59 - 10:03Ben, que ocorre con esta xente?
-
10:03 - 10:06Como médico, teño intentado
explicar que ocorre -
10:06 - 10:08e tranquilizar as persoas,
-
10:08 - 10:12especialmente para asegurarlles
que non se están volvendo tolas. -
10:12 - 10:15Como dixen, preto do 10 %
-
10:15 - 10:18de xente con dificultades
visuais sofre alucinacións. -
10:18 - 10:22Pero só o recoñece
o 1 % das persoas, -
10:22 - 10:25porque teñen medo de
que as vexan como tolas ou algo así. -
10:25 - 10:27E se llo mencionan ao seu
médico -
10:27 - 10:30poden acabar cun
diagnóstico errado. -
10:30 - 10:32En concreto, a idea
é que se vemos -
10:32 - 10:35cousas ou oímos cousas,
estamos volvéndonos tolos, -
10:35 - 10:38pero as alucinacións psicóticas
son bastante diferentes. -
10:38 - 10:41As alucinacións psicóticas, xa for
visuais ou de voces, -
10:41 - 10:43diríxense a nós. Acúsannos.
-
10:43 - 10:45Sedúcennos. Humíllannos.
-
10:45 - 10:48Búrlanse de nós.
-
10:48 - 10:50Interactuamos con elas.
-
10:50 - 10:53Non hai nada desa cualidade
de dirixirse a nós -
10:53 - 10:56nestas alucinacións de
Charles Bonnet. -
10:56 - 11:00É coma unha película. Vemos unha película
que non ten nada que ver connosco, -
11:00 - 11:03ou iso é o que a xente cre.
-
11:03 - 11:07Outra cousa pouco habitual é a
epilepsia do lóbulo temporal -
11:07 - 11:10e, ás veces, se un a sofre,
-
11:10 - 11:12pode sentirse transportado
-
11:12 - 11:15a un tempo ou a un lugar do pasado.
-
11:15 - 11:17Estamos nun cruzamento
de estradas concreto. -
11:17 - 11:19Ulimos castañas asadas.
-
11:19 - 11:22Oímos o tráfico. Todos os
sentidos están involucrados. -
11:22 - 11:24E estamos agardando
pola nosa moza. -
11:24 - 11:28E é ese martes pola tarde en 1982.
-
11:28 - 11:30As alucinacións
do lóbulo temporal -
11:30 - 11:32son alucinacións
de todos os sentidos, -
11:32 - 11:35cheas de sensacións,
de familiaridade, -
11:35 - 11:37localizadas no espazo e no tempo,
-
11:37 - 11:39coherentes, efectistas.
-
11:39 - 11:42As de Charles Bonnet
son bastante diferentes. -
11:42 - 11:46Nas alucinacións
de Charles Bonnet, -
11:46 - 11:48temos todo tipo de niveis,
-
11:48 - 11:50desde as alucinacións xeométricas,
-
11:50 - 11:53os cadros rosas e azuis que tiña a muller,
-
11:53 - 11:57ata alucinacións moi elaboradas
-
11:57 - 12:00con figuras e especialmente caras.
-
12:00 - 12:03E ás veces as caras deformadas,
-
12:03 - 12:06son a forma máis común
-
12:06 - 12:08desas alucinacións.
-
12:08 - 12:11E a segunda forma máis
común son os debuxos animados. -
12:11 - 12:14Daquela, que está pasando?
-
12:14 - 12:16De xeito fascinante,
nos últimos anos, -
12:16 - 12:20foi posible facer imaxes
funcionais do cerebro, -
12:20 - 12:24facer resonancias magnéticas funcionais
mentres as persoas alucinaban. -
12:24 - 12:28E, de feito, atopáronse
as diferentes partes -
12:28 - 12:31do cerebro visual que
se activaban -
12:31 - 12:33mentres estaban
sufrindo alucinacións. -
12:33 - 12:36Cando as persoas teñen estas
alucinacións xeométricas simples, -
12:36 - 12:40está activado o córtex visual primario.
-
12:40 - 12:43Esta é a parte do cerebro que
percibe bordos e patróns. -
12:43 - 12:47Non formamos imaxes
co noso córtex visual primario. -
12:47 - 12:50As imaxes fórmanse,
-
12:50 - 12:52na parte do córtex visual
-
12:52 - 12:54situado no lóbulo temporal.
-
12:54 - 12:59E, en particular, nunha área
do lóbulo temporal -
12:59 - 13:01chamada xiro fusiforme.
-
13:01 - 13:05E sábese que a xente que
ten danado o xiro fusiforme, -
13:05 - 13:09pode perder a capacidade
para recoñecer caras. -
13:09 - 13:13Pero se hai unha actividade
anormal no xiro fusiforme, -
13:13 - 13:15pode ter alucinacións de caras.
-
13:15 - 13:18Isto é exactamente o que atopamos
nalgunhas destas persoas. -
13:18 - 13:22Hai unha área na parte
anterior deste xiro -
13:22 - 13:27onde se representan
os dentes e os ollos -
13:27 - 13:30e esa parte do xiro
actívase -
13:30 - 13:34cando a xente ten
as alucinacións deformadas. -
13:34 - 13:36Hai outra parte do cerebro
-
13:36 - 13:38que se activa especialmente
-
13:38 - 13:40cando vemos debuxos animados.
-
13:40 - 13:43Actívase cando recoñecemos
debuxos animados, -
13:43 - 13:47cando os debuxamos e
cando alucinamos con eles. -
13:47 - 13:50É moi interesante
esa especificidade. -
13:50 - 13:53Hai outras partes do cerebro que
están implicadas especificamente -
13:53 - 13:55no recoñecemento e na alucinación
-
13:55 - 13:58de edificios e paisaxes.
-
13:58 - 14:01Ao redor de 1970, descubriuse
que non só eran partes do cerebro, -
14:01 - 14:03senón células particulares.
-
14:03 - 14:08As "células cara" foron descobertas
ao redor de 1970. -
14:08 - 14:10E agora sabemos
que hai centos -
14:10 - 14:12doutros tipos de células,
-
14:12 - 14:14que poden ser moi, moi específicas.
-
14:14 - 14:16Así que podemos ter non só
-
14:16 - 14:18células "coche",
-
14:18 - 14:21tamén podemos ter
células "Aston Martin". -
14:21 - 14:23(Risos)
-
14:23 - 14:25Vin un Aston Martin esta mañá.
-
14:25 - 14:27Tiña que contalo.
-
14:27 - 14:30E agora está nalgures
aquí dentro. -
14:30 - 14:33(Risos)
-
14:33 - 14:37Ben, neste nivel, que chamamos
córtex temporal inferior, -
14:37 - 14:40só hai imaxes visuais,
-
14:40 - 14:43ou representacións ou fragmentos.
-
14:43 - 14:46É só nos niveis máis altos
-
14:46 - 14:48cando se unen aos outros sentidos
-
14:48 - 14:50e se conectan coa
memoria e a emoción. -
14:50 - 14:53E na síndrome de Charles Bonnet,
-
14:53 - 14:55non se chega a eses niveis superiores.
-
14:55 - 14:58Quedamos nos niveis do
córtex visual inferior -
14:58 - 15:00onde hai miles
e decenas de miles -
15:00 - 15:03e millóns de imaxes,
-
15:03 - 15:05ou representacións fragmentadas,
-
15:05 - 15:07todas codificadas
neuralmente -
15:07 - 15:11en células particulares
ou en pequenos acios de células. -
15:11 - 15:14Normalmente, todas elas
forman parte -
15:14 - 15:18do caudal integrado
da percepción, ou da imaxinación, -
15:18 - 15:21e ninguén é consciente delas.
-
15:21 - 15:25Só se un ten dificultades
visuais ou está cego -
15:25 - 15:27interrómpese o proceso.
-
15:27 - 15:30E, en vez de ter unha
percepción normal, -
15:30 - 15:32prodúcese unha estimulación ou liberación,
-
15:32 - 15:35anárquica e convulsiva,
-
15:35 - 15:37de todas estas células visuais
-
15:37 - 15:39no córtex temporal inferior.
-
15:39 - 15:42Así, de súpeto, vemos unha cara.
De súpeto vemos un coche. -
15:42 - 15:45De súpeto isto e de súpeto aquilo.
-
15:45 - 15:47A mente fai o que pode para organizar
-
15:47 - 15:50e darlle algún tipo
de coherencia a isto -
15:50 - 15:52pero non ten
moito éxito. -
15:52 - 15:54Cando se describiron estes casos
por primeira vez, -
15:54 - 15:58pensouse que poderían
ser interpretados como soños. -
15:58 - 16:00Pero, en realidade, a xente di:
-
16:00 - 16:03"Non recoñezo as persoas. Non
podo facer ningunha asociación." -
16:03 - 16:06"Gustavo non significa nada para min."
-
16:06 - 16:11Non imos a ningún lado
pensando nelas como en soños. -
16:11 - 16:16Ben, máis ou menos
xa dixen o que quería. -
16:16 - 16:19Penso que só me queda recapitular
-
16:19 - 16:21e decir que isto é común.
-
16:21 - 16:23Pensemos na cantidade de persoas cegas.
-
16:23 - 16:25Debe haber centos de miles de
persoas cegas -
16:25 - 16:27que teñen estas alucinacións,
-
16:27 - 16:29pero están moi asustadas
para mencionalas. -
16:29 - 16:32Así que este tipo de cousas
precisa divulgación -
16:32 - 16:38para os pacientes, para
os médicos, para o público. -
16:38 - 16:40Finalmente, creo que son
-
16:40 - 16:43infinitamente interesantes
e valiosas, -
16:43 - 16:47porque nos axudan a entender
como funciona o cerebro. -
16:47 - 16:50Charles Bonnet preguntouse, hai 250 anos,
-
16:50 - 16:54pensando nesas alucinacións,
-
16:54 - 16:57'o teatro da mente', nas súas palabras,
-
16:57 - 17:00como poderían ser xeradas
pola maquinaria do cerebro. -
17:00 - 17:03Agora, 250 anos despois,
-
17:03 - 17:06penso que estamos comezando
a entrever como o fai. -
17:06 - 17:08Moitas grazas.
-
17:08 - 17:11(Aplauso)
-
17:11 - 17:14Chris Anderson: Foi magnífico.
Moitas grazas. -
17:14 - 17:16Falou desas cousas con
tanta perspicacia -
17:16 - 17:19e tanta empatía cara
aos seus pacientes. -
17:19 - 17:24Vostede experimentou algunhas
das síndromes que describe? -
17:24 - 17:26Oliver Sacks: Temía que
me preguntase iso. -
17:26 - 17:27(Risos)
-
17:27 - 17:30Ben, si, un montón delas.
-
17:30 - 17:33En realidade, teño algunhas
dificultades visuais. -
17:33 - 17:36Estou cego dun ollo
e non vexo moi ben do outro. -
17:36 - 17:40E teño alucinacións xeométricas.
-
17:40 - 17:42Pero paran aí.
-
17:42 - 17:43CA: E non lle molestan?
-
17:43 - 17:46Porque vostede entende o que ocorre,
non lle preocupa? -
17:46 - 17:50OS: Ben, non me molestan
máis que o meu acúfeno, -
17:50 - 17:53- o pitido do oido- que ignoro.
-
17:53 - 17:55De cando en vez interésanme,
-
17:55 - 17:58e teño moitos debuxos deles
nos meus cadernos. -
17:58 - 18:01Fixen unha resonancia
magnética funcional -
18:01 - 18:04para ver como funciona
o meu córtex visual. -
18:04 - 18:08E cando vexo todos
eses hexágonos -
18:08 - 18:10e outras cousas
complexas, -
18:10 - 18:12durante a xaqueca,
-
18:12 - 18:14pregúntome se todo
o mundo ve cousas así -
18:14 - 18:17e se cousas como a arte das
cavernas ou a arte ornamental -
18:17 - 18:19poderían derivar un pouco disto.
-
18:19 - 18:22CA: Esta foi unha charla total e
absolutamente fascinante. -
18:22 - 18:24Moitas grazas por compartila.
-
18:24 - 18:26OS: Grazas, grazas.
-
18:26 - 18:28(Aplausos)
- Title:
- Que revelan as alucinacións sobre as nosas mentes?
- Speaker:
- Oliver Sacks
- Description:
-
O neurólogo e escritor Oliver Sacks chámanos a atención sobre a síndrome de Charles Bonnet, condición en que os pacientes con dificultades visuais experimentan alucinacións lúcidas. El describe as experiencias dos seus pacientes con detalles conmovedores e guíanos a través da bioloxía deste fenómeno pouco descrito.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 18:32
![]() |
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for What hallucination reveals about our minds | |
![]() |
Montse Corral accepted Galician subtitles for What hallucination reveals about our minds | |
![]() |
Montse Corral edited Galician subtitles for What hallucination reveals about our minds | |
![]() |
Montse Corral edited Galician subtitles for What hallucination reveals about our minds | |
![]() |
Montse Corral edited Galician subtitles for What hallucination reveals about our minds | |
![]() |
Montse Corral edited Galician subtitles for What hallucination reveals about our minds | |
![]() |
Montse Corral edited Galician subtitles for What hallucination reveals about our minds | |
![]() |
Montse Corral edited Galician subtitles for What hallucination reveals about our minds |