[Script Info] Title: [Events] Format: Layer, Start, End, Style, Name, MarginL, MarginR, MarginV, Effect, Text Dialogue: 0,0:00:00.00,0:00:03.00,Default,,0000,0000,0000,,Vemos cos ollos, Dialogue: 0,0:00:03.00,0:00:06.00,Default,,0000,0000,0000,,mais tamén vemos co cerebro. Dialogue: 0,0:00:06.00,0:00:10.00,Default,,0000,0000,0000,,Ver co cerebro é o que\Nchamamos imaxinación. Dialogue: 0,0:00:10.00,0:00:15.00,Default,,0000,0000,0000,,E estamos familiarizados coas\Npaisaxes da nosa propia imaxinación, Dialogue: 0,0:00:15.00,0:00:19.00,Default,,0000,0000,0000,,coas nosas paisaxes interiores.\NVivimos con elas toda a vida. Dialogue: 0,0:00:19.00,0:00:23.00,Default,,0000,0000,0000,,Mais tamén hai alucinacións, Dialogue: 0,0:00:23.00,0:00:26.00,Default,,0000,0000,0000,,e as alucinacións son\Ncompletamente diferentes. Dialogue: 0,0:00:26.00,0:00:28.00,Default,,0000,0000,0000,,Non parecen creacións nosas. Dialogue: 0,0:00:28.00,0:00:30.00,Default,,0000,0000,0000,,Non parecen estar baixo o noso control. Dialogue: 0,0:00:30.00,0:00:32.00,Default,,0000,0000,0000,,Parecen vir de fóra, Dialogue: 0,0:00:32.00,0:00:35.00,Default,,0000,0000,0000,,e imitar a percepción. Dialogue: 0,0:00:35.00,0:00:39.00,Default,,0000,0000,0000,,Así que vou falar\Nsobre alucinacións, Dialogue: 0,0:00:39.00,0:00:43.00,Default,,0000,0000,0000,,e sobre un tipo particular de\Nalucinacións visuais Dialogue: 0,0:00:43.00,0:00:48.00,Default,,0000,0000,0000,,que vexo entre os meus pacientes. Dialogue: 0,0:00:48.00,0:00:52.00,Default,,0000,0000,0000,,Hai uns meses, recibín unha chamada Dialogue: 0,0:00:52.00,0:00:54.00,Default,,0000,0000,0000,,dunha residencia de anciáns onde traballo. Dialogue: 0,0:00:54.00,0:00:59.00,Default,,0000,0000,0000,,Dixéronme que un dos residentes,\Nunha muller duns 90 anos, Dialogue: 0,0:00:59.00,0:01:01.00,Default,,0000,0000,0000,,estaba a ver cousas Dialogue: 0,0:01:01.00,0:01:04.00,Default,,0000,0000,0000,,e preguntábanse se estaba toleando Dialogue: 0,0:01:04.00,0:01:06.00,Default,,0000,0000,0000,,ou, como era unha señora maior, Dialogue: 0,0:01:06.00,0:01:09.00,Default,,0000,0000,0000,,se tivera un ictus \Nou se tería Alzheimer. Dialogue: 0,0:01:09.00,0:01:14.00,Default,,0000,0000,0000,,Así que me pediron que me\Nachegase a ver a Rosalie, Dialogue: 0,0:01:14.00,0:01:16.00,Default,,0000,0000,0000,,a señora maior. Dialogue: 0,0:01:16.00,0:01:18.00,Default,,0000,0000,0000,,Fun vela. Dialogue: 0,0:01:18.00,0:01:20.00,Default,,0000,0000,0000,,A primeira cousa evidente era Dialogue: 0,0:01:20.00,0:01:23.00,Default,,0000,0000,0000,,que estaba perfectamente corda Dialogue: 0,0:01:23.00,0:01:26.00,Default,,0000,0000,0000,,e lúcida e\Nque era intelixente, Dialogue: 0,0:01:26.00,0:01:30.00,Default,,0000,0000,0000,,pero estaba moi asustada\Ne perplexa, Dialogue: 0,0:01:30.00,0:01:33.00,Default,,0000,0000,0000,,porque estivera a ver cousas. Dialogue: 0,0:01:33.00,0:01:36.00,Default,,0000,0000,0000,,Díxome Dialogue: 0,0:01:36.00,0:01:38.00,Default,,0000,0000,0000,,- os enfermeiros non o mencionaran- Dialogue: 0,0:01:38.00,0:01:40.00,Default,,0000,0000,0000,,que era cega, Dialogue: 0,0:01:40.00,0:01:45.00,Default,,0000,0000,0000,,que levaba cinco anos completamente cega\Npor dexeneración macular. Dialogue: 0,0:01:45.00,0:01:48.00,Default,,0000,0000,0000,,Pero nos últimos días,\Nvía cousas. Dialogue: 0,0:01:48.00,0:01:51.00,Default,,0000,0000,0000,,Así que lle preguntei: \N"Que tipo de cousas?" Dialogue: 0,0:01:51.00,0:01:54.00,Default,,0000,0000,0000,,E dixo: "Xente con traxes orientais Dialogue: 0,0:01:54.00,0:01:58.00,Default,,0000,0000,0000,,e roupaxes, subindo \Ne baixando escaleiras. Dialogue: 0,0:01:58.00,0:02:01.00,Default,,0000,0000,0000,,Un home que se volve cara a min e sorrí. Dialogue: 0,0:02:01.00,0:02:05.00,Default,,0000,0000,0000,,Pero ten dentes enormes\Nnun lado da boca. Dialogue: 0,0:02:05.00,0:02:07.00,Default,,0000,0000,0000,,Tamén vexo animais. Dialogue: 0,0:02:07.00,0:02:10.00,Default,,0000,0000,0000,,E un edificio branco.\NEstá nevando, unha neve maina. Dialogue: 0,0:02:10.00,0:02:15.00,Default,,0000,0000,0000,,Vexo un cabalo cun arnés,\Narrastrando a neve. Dialogue: 0,0:02:15.00,0:02:19.00,Default,,0000,0000,0000,,Logo, unha noite, a escena cambia. Dialogue: 0,0:02:19.00,0:02:21.00,Default,,0000,0000,0000,,Vexo gatos e cans camiñando cara a min. Dialogue: 0,0:02:21.00,0:02:24.00,Default,,0000,0000,0000,,Achéganse ata un punto e logo paran. Dialogue: 0,0:02:24.00,0:02:26.00,Default,,0000,0000,0000,,Entón cambia outra vez. Dialogue: 0,0:02:26.00,0:02:29.00,Default,,0000,0000,0000,,Vexo un montón de nenos.\Nestán subindo e baixando escaleiras. Dialogue: 0,0:02:29.00,0:02:32.00,Default,,0000,0000,0000,,Visten cores brillantes, rosa e azul, Dialogue: 0,0:02:32.00,0:02:35.00,Default,,0000,0000,0000,,coma os traxes orientais." Dialogue: 0,0:02:35.00,0:02:38.00,Default,,0000,0000,0000,,Díxome que, ás veces, \Nantes de que chegara a xente, Dialogue: 0,0:02:38.00,0:02:42.00,Default,,0000,0000,0000,,podía alucinar con cadros \Nrosas e azuis no chan, Dialogue: 0,0:02:42.00,0:02:45.00,Default,,0000,0000,0000,,que parecían subir ata o ceo. Dialogue: 0,0:02:45.00,0:02:49.00,Default,,0000,0000,0000,,Pregunteille: "É coma un soño?" Dialogue: 0,0:02:49.00,0:02:52.00,Default,,0000,0000,0000,,E dixo: "Non, non é coma un soño.\NÉ coma unha película. Dialogue: 0,0:02:52.00,0:02:55.00,Default,,0000,0000,0000,,Ten cor. Ten movemento. Dialogue: 0,0:02:55.00,0:02:58.89,Default,,0000,0000,0000,,Pero é completamente silenciosa,\Ncoma unha película muda." Dialogue: 0,0:02:58.89,0:03:01.00,Default,,0000,0000,0000,,Dixo que era unha película\Nbastante aburrida. Dialogue: 0,0:03:01.00,0:03:04.00,Default,,0000,0000,0000,,"Toda esa xente\Ncon traxes orientais, Dialogue: 0,0:03:04.00,0:03:09.00,Default,,0000,0000,0000,,subindo e baixando,\Nmoi repetitivo, moi limitado." Dialogue: 0,0:03:09.00,0:03:11.00,Default,,0000,0000,0000,,(Risos) Dialogue: 0,0:03:11.00,0:03:13.00,Default,,0000,0000,0000,,Ten sentido do humor. Dialogue: 0,0:03:13.00,0:03:15.00,Default,,0000,0000,0000,,Ela sabía que era unha alucinación. Dialogue: 0,0:03:15.00,0:03:17.00,Default,,0000,0000,0000,,Pero estaba asustada.\NVivira 95 anos Dialogue: 0,0:03:17.00,0:03:20.00,Default,,0000,0000,0000,,e nunca antes tivera \Nunha alucinación. Dialogue: 0,0:03:20.00,0:03:23.00,Default,,0000,0000,0000,,Dixo que as alucinacións \Nnon estaban relacionadas Dialogue: 0,0:03:23.00,0:03:27.00,Default,,0000,0000,0000,,con nada que ela pensara\Nou sentira ou fixera, Dialogue: 0,0:03:27.00,0:03:31.00,Default,,0000,0000,0000,,que parecían chegar ou desaparecer\Npor si mesmas. Dialogue: 0,0:03:31.00,0:03:33.00,Default,,0000,0000,0000,,Non tiña control sobre elas. Dialogue: 0,0:03:33.00,0:03:35.00,Default,,0000,0000,0000,,Non recoñecía Dialogue: 0,0:03:35.00,0:03:37.00,Default,,0000,0000,0000,,ningunha das persoas ou dos lugares Dialogue: 0,0:03:37.00,0:03:39.00,Default,,0000,0000,0000,,nas alucinacións. Dialogue: 0,0:03:39.00,0:03:41.00,Default,,0000,0000,0000,,E ningunha das persoas ou dos animais, Dialogue: 0,0:03:41.00,0:03:45.00,Default,,0000,0000,0000,,parecían ser conscientes dela. Dialogue: 0,0:03:45.00,0:03:47.00,Default,,0000,0000,0000,,E ela non sabía o que ocorría. Dialogue: 0,0:03:47.00,0:03:49.00,Default,,0000,0000,0000,,Preguntábase se \Nestaría volvéndose tola Dialogue: 0,0:03:49.00,0:03:51.00,Default,,0000,0000,0000,,ou perdendo a cabeza. Dialogue: 0,0:03:51.00,0:03:53.00,Default,,0000,0000,0000,,Ben, examineina coidadosamente. Dialogue: 0,0:03:53.00,0:03:55.00,Default,,0000,0000,0000,,Era unha anciá brillante, Dialogue: 0,0:03:55.00,0:03:59.00,Default,,0000,0000,0000,,perfectamente corda. Non tiña\Nproblemas médicos. Dialogue: 0,0:03:59.00,0:04:03.00,Default,,0000,0000,0000,,Non tomaba ningunha medicación\Nque lle puidera producir alucinacións. Dialogue: 0,0:04:03.00,0:04:05.00,Default,,0000,0000,0000,,Pero estaba cega. Dialogue: 0,0:04:05.00,0:04:07.00,Default,,0000,0000,0000,,Entón díxenlle: Dialogue: 0,0:04:07.00,0:04:09.00,Default,,0000,0000,0000,,"Creo que sei o que ten. Dialogue: 0,0:04:09.00,0:04:13.00,Default,,0000,0000,0000,,Hai unha forma especial\Nde alucinación visual Dialogue: 0,0:04:13.00,0:04:17.00,Default,,0000,0000,0000,,que se dá coa dexeneración \Nda vista ou coa cegueira. Dialogue: 0,0:04:17.00,0:04:20.00,Default,,0000,0000,0000,,Foi descrito por primeira vez, Dialogue: 0,0:04:20.00,0:04:22.00,Default,,0000,0000,0000,,alá polo século XVIII, Dialogue: 0,0:04:22.00,0:04:25.00,Default,,0000,0000,0000,,por un home chamado Charles Bonnet. Dialogue: 0,0:04:25.00,0:04:27.05,Default,,0000,0000,0000,,E vostede ten a síndrome \Nde Charles Bonnet. Dialogue: 0,0:04:27.05,0:04:30.10,Default,,0000,0000,0000,,Non ten ningún problema cerebral.\NNon ten ningún problema mental. Dialogue: 0,0:04:30.10,0:04:33.00,Default,,0000,0000,0000,,Vostede ten a síndrome de Charles Bonnet." Dialogue: 0,0:04:33.00,0:04:36.00,Default,,0000,0000,0000,,Ela sentiuse moi aliviada ao oílo, Dialogue: 0,0:04:36.00,0:04:40.00,Default,,0000,0000,0000,,ao saber que non era nada grave, Dialogue: 0,0:04:40.00,0:04:43.00,Default,,0000,0000,0000,,e tamén sentíu curiosidade. Dialogue: 0,0:04:43.00,0:04:45.00,Default,,0000,0000,0000,,Dixo: "Quen era ese Charles Bonnet?, Dialogue: 0,0:04:45.00,0:04:48.00,Default,,0000,0000,0000,,el tamén o tivo?" Dialogue: 0,0:04:48.00,0:04:51.00,Default,,0000,0000,0000,,E dixo: "Dígalles aos enfermeiros Dialogue: 0,0:04:51.00,0:04:54.00,Default,,0000,0000,0000,,que teño a síndrome de Charles Bonnet." Dialogue: 0,0:04:54.00,0:04:56.00,Default,,0000,0000,0000,,(Risos) Dialogue: 0,0:04:56.00,0:05:00.00,Default,,0000,0000,0000,,"Non estou tola. Non teño demencia.\NTeño a síndrome de Charles Bonnet." Dialogue: 0,0:05:00.00,0:05:02.00,Default,,0000,0000,0000,,Así que llelo dixen aos enfermeiros. Dialogue: 0,0:05:02.00,0:05:04.57,Default,,0000,0000,0000,,Isto, para min, é algo habitual. Dialogue: 0,0:05:04.57,0:05:07.00,Default,,0000,0000,0000,,Traballo, principalmente,\Nen residencias de anciáns. Dialogue: 0,0:05:07.00,0:05:09.00,Default,,0000,0000,0000,,Vexo un montón de persoas maiores Dialogue: 0,0:05:09.00,0:05:12.68,Default,,0000,0000,0000,,con dificultades auditivas ou visuais. Dialogue: 0,0:05:12.68,0:05:15.00,Default,,0000,0000,0000,,Preto do 10 % das persoas\Ncon problemas auditivos Dialogue: 0,0:05:15.00,0:05:18.00,Default,,0000,0000,0000,,teñen alucinacións musicais. Dialogue: 0,0:05:18.00,0:05:21.00,Default,,0000,0000,0000,,E preto do 10 % das persoas\Ncon problemas visuais Dialogue: 0,0:05:21.00,0:05:23.00,Default,,0000,0000,0000,,teñen alucinacións visuais. Dialogue: 0,0:05:23.00,0:05:25.00,Default,,0000,0000,0000,,Non é preciso estar \Ncompletamente cego, Dialogue: 0,0:05:25.00,0:05:27.00,Default,,0000,0000,0000,,abonda con ter a vista moi afectada. Dialogue: 0,0:05:27.00,0:05:31.00,Default,,0000,0000,0000,,Segundo a descrición orixinal\Ndo século XVIII, Dialogue: 0,0:05:31.00,0:05:33.00,Default,,0000,0000,0000,,Charles Bonnet non tivo alucinancións. Dialogue: 0,0:05:33.00,0:05:36.00,Default,,0000,0000,0000,,Foi o seu avó quen as tivo. Dialogue: 0,0:05:36.00,0:05:39.00,Default,,0000,0000,0000,,O seu avó era maxistrado,\Nun home ancián. Dialogue: 0,0:05:39.00,0:05:42.00,Default,,0000,0000,0000,,Operárano de cataratas. Dialogue: 0,0:05:42.00,0:05:44.00,Default,,0000,0000,0000,,A súa visión era moi pobre. Dialogue: 0,0:05:44.00,0:05:49.00,Default,,0000,0000,0000,,E en 1759, describiulle ao seu neto Dialogue: 0,0:05:49.00,0:05:51.00,Default,,0000,0000,0000,,varias cousas que estaba vendo. Dialogue: 0,0:05:51.00,0:05:53.00,Default,,0000,0000,0000,,A primeira cousa que dixo que vía Dialogue: 0,0:05:53.00,0:05:55.00,Default,,0000,0000,0000,,era un pano no medio do aire. Dialogue: 0,0:05:55.00,0:05:57.00,Default,,0000,0000,0000,,Era un pano grande e azul Dialogue: 0,0:05:57.00,0:05:59.00,Default,,0000,0000,0000,,con catro círculos laranxas. Dialogue: 0,0:05:59.00,0:06:02.00,Default,,0000,0000,0000,,El sabía que era unha alucinación. Dialogue: 0,0:06:02.00,0:06:04.00,Default,,0000,0000,0000,,Non hai panos no medio do aire. Dialogue: 0,0:06:04.00,0:06:08.00,Default,,0000,0000,0000,,E despois viu unha roda grande no aire. Dialogue: 0,0:06:08.00,0:06:13.00,Default,,0000,0000,0000,,Pero ás veces non estaba seguro\Nde se estaba alucinando ou non, Dialogue: 0,0:06:13.00,0:06:15.00,Default,,0000,0000,0000,,porque as alucinación cadraban Dialogue: 0,0:06:15.00,0:06:17.00,Default,,0000,0000,0000,,co contexto das visións. Dialogue: 0,0:06:17.00,0:06:20.00,Default,,0000,0000,0000,,Nunha ocasión, cando os \Nseus netos estaban de visita, Dialogue: 0,0:06:20.00,0:06:25.00,Default,,0000,0000,0000,,dixo: "E quen son eses guapos mozos\Nque están convosco?" Dialogue: 0,0:06:25.00,0:06:29.00,Default,,0000,0000,0000,,E responderon: Ai, avó, non \Nhai ningún mozo guapo." Dialogue: 0,0:06:29.00,0:06:33.00,Default,,0000,0000,0000,,Entón, os mozos guapos\Ndesapareceron. Dialogue: 0,0:06:33.00,0:06:36.00,Default,,0000,0000,0000,,É típico desas alucinacións, Dialogue: 0,0:06:36.00,0:06:39.00,Default,,0000,0000,0000,,aparecen nun intre e desaparecen noutro. Dialogue: 0,0:06:39.00,0:06:41.00,Default,,0000,0000,0000,,Normalmente non se esvaecen. Dialogue: 0,0:06:41.00,0:06:44.00,Default,,0000,0000,0000,,Son bastante repentinas e\Ncambian de súpeto. Dialogue: 0,0:06:44.00,0:06:47.00,Default,,0000,0000,0000,,Charles Lullin, o avó, Dialogue: 0,0:06:47.00,0:06:50.00,Default,,0000,0000,0000,,viu centos de figuras diferentes, Dialogue: 0,0:06:50.00,0:06:52.00,Default,,0000,0000,0000,,paisaxes de todos os tipos. Dialogue: 0,0:06:52.00,0:06:56.00,Default,,0000,0000,0000,,Nunha ocasión, viu un home\Nen albornoz fumando en pipa, Dialogue: 0,0:06:56.00,0:06:59.00,Default,,0000,0000,0000,,e deuse conta de que era el mesmo. Dialogue: 0,0:06:59.00,0:07:02.00,Default,,0000,0000,0000,,Esa foi a única figura que recoñeceu. Dialogue: 0,0:07:02.00,0:07:06.00,Default,,0000,0000,0000,,Nunha ocasión, cando camiñaba\Npolas rúas de París, Dialogue: 0,0:07:06.00,0:07:09.00,Default,,0000,0000,0000,,viu, isto era real, un andamio. Dialogue: 0,0:07:09.00,0:07:12.00,Default,,0000,0000,0000,,Pero cando volveu á casa,\Nviu unha miniatura do andamio Dialogue: 0,0:07:12.00,0:07:16.00,Default,,0000,0000,0000,,de 15 cm de alto, no seu escritorio. Dialogue: 0,0:07:16.00,0:07:19.00,Default,,0000,0000,0000,,Esta repetición da percepción Dialogue: 0,0:07:19.00,0:07:21.00,Default,,0000,0000,0000,,denomínase palinopsia. Dialogue: 0,0:07:21.00,0:07:26.00,Default,,0000,0000,0000,,Ben, que estaba a ocorrerlles Dialogue: 0,0:07:26.00,0:07:28.00,Default,,0000,0000,0000,,a el e a Rosalie? Dialogue: 0,0:07:28.00,0:07:30.00,Default,,0000,0000,0000,,"Que está pasando?" preguntoume Rosalie. Dialogue: 0,0:07:30.00,0:07:33.00,Default,,0000,0000,0000,,E expliqueille que cando un\Nperde a visión, Dialogue: 0,0:07:33.00,0:07:36.00,Default,,0000,0000,0000,,como as áreas visuais do cerebro\Nxa non reciben ningún estímulo, Dialogue: 0,0:07:36.00,0:07:39.00,Default,,0000,0000,0000,,vólvense hiperactivas e excitables Dialogue: 0,0:07:39.00,0:07:41.00,Default,,0000,0000,0000,,e comezan a disparar espontaneamente. Dialogue: 0,0:07:41.00,0:07:44.00,Default,,0000,0000,0000,,E un comeza a ver cousas. Dialogue: 0,0:07:44.00,0:07:47.00,Default,,0000,0000,0000,,De feito poden verse cousas \Nbastante complexas. Dialogue: 0,0:07:47.00,0:07:51.00,Default,,0000,0000,0000,,Outra paciente miña, Dialogue: 0,0:07:51.00,0:07:53.00,Default,,0000,0000,0000,,que tamén tiña algo de vista, Dialogue: 0,0:07:53.00,0:07:57.00,Default,,0000,0000,0000,,sufría visións que \Npodían ser perturbadoras. Dialogue: 0,0:07:57.00,0:08:00.00,Default,,0000,0000,0000,,Nunha ocasión, dixo que vía\N Dialogue: 0,0:08:00.00,0:08:03.00,Default,,0000,0000,0000,,un home cunha camisa de raias\Nnun restaurante. Dialogue: 0,0:08:03.00,0:08:05.00,Default,,0000,0000,0000,,E que daba a volta. Entón Dialogue: 0,0:08:05.00,0:08:08.00,Default,,0000,0000,0000,,dividiuse en seis figuras con\Ncamisas de raias, Dialogue: 0,0:08:08.00,0:08:10.91,Default,,0000,0000,0000,,que comezaron a camiñar\Ncara a ela. Dialogue: 0,0:08:10.91,0:08:14.00,Default,,0000,0000,0000,,E despois, as seis figuras xuntáronse \Noutra vez coma un acordeón. Dialogue: 0,0:08:14.00,0:08:15.95,Default,,0000,0000,0000,,Unha vez, cando estaba conducindo, Dialogue: 0,0:08:15.95,0:08:18.00,Default,,0000,0000,0000,,ou máis ben, o seu esposo\Nestaba conducindo, Dialogue: 0,0:08:18.00,0:08:20.00,Default,,0000,0000,0000,,a estrada dividiuse en catro Dialogue: 0,0:08:20.00,0:08:24.00,Default,,0000,0000,0000,,e ela sentiuse a si mesma indo\Nasemade polas catro estradas. Dialogue: 0,0:08:24.00,0:08:29.00,Default,,0000,0000,0000,,Tiña alucinacións de\Nmovemento tamén. Dialogue: 0,0:08:29.00,0:08:32.00,Default,,0000,0000,0000,,Moitas tiñan que ver cun coche. Dialogue: 0,0:08:32.00,0:08:34.00,Default,,0000,0000,0000,,Ás veces, vía un rapaz adolescente Dialogue: 0,0:08:34.00,0:08:36.94,Default,,0000,0000,0000,,sentado no capó do coche. Dialogue: 0,0:08:36.94,0:08:39.00,Default,,0000,0000,0000,,Era moi resolto e movíase\Ncon bastante graza Dialogue: 0,0:08:39.00,0:08:41.00,Default,,0000,0000,0000,,cando o coche xiraba. Dialogue: 0,0:08:41.00,0:08:44.00,Default,,0000,0000,0000,,E cando chegaban a un stop, Dialogue: 0,0:08:44.00,0:08:47.00,Default,,0000,0000,0000,,o rapaz levantábase \Nde súpeto 30 m no aire, Dialogue: 0,0:08:47.00,0:08:50.00,Default,,0000,0000,0000,,e desaparecía. Dialogue: 0,0:08:50.00,0:08:55.00,Default,,0000,0000,0000,,Outra paciente miña tiña\Nun tipo diferente de alucinacións. Dialogue: 0,0:08:55.00,0:08:58.00,Default,,0000,0000,0000,,Esta era unha muller que\Nnon tiña problemas cos ollos, Dialogue: 0,0:08:58.00,0:09:00.00,Default,,0000,0000,0000,,senón coas partes visuais do cerebro, Dialogue: 0,0:09:00.00,0:09:03.00,Default,,0000,0000,0000,,un pequeno tumor no córtex occipital. Dialogue: 0,0:09:03.00,0:09:08.00,Default,,0000,0000,0000,,E ela vía, sobre todo, debuxos animados. Dialogue: 0,0:09:08.00,0:09:13.00,Default,,0000,0000,0000,,Estes debuxos eran transparentes Dialogue: 0,0:09:13.00,0:09:16.00,Default,,0000,0000,0000,,e cubrían a metade do campo visual,\Ncoma unha pantalla. Dialogue: 0,0:09:16.00,0:09:22.00,Default,,0000,0000,0000,,E vía, sobre todo, debuxos\Nda Ra Gustavo. Dialogue: 0,0:09:22.00,0:09:23.00,Default,,0000,0000,0000,,(Risos) Dialogue: 0,0:09:23.00,0:09:26.00,Default,,0000,0000,0000,,Ben, eu non vexo Barrio Sésamo, Dialogue: 0,0:09:26.00,0:09:29.00,Default,,0000,0000,0000,,pero ela salientou: Dialogue: 0,0:09:29.00,0:09:33.00,Default,,0000,0000,0000,,"Por que Gustavo?",\N"A Ra Gustavo non significa nada para min. Dialogue: 0,0:09:33.00,0:09:36.00,Default,,0000,0000,0000,,Sabe, estaba preguntándome\Nsobre os determinantes Freudianos. Dialogue: 0,0:09:36.00,0:09:38.00,Default,,0000,0000,0000,,Por que Gustavo? Dialogue: 0,0:09:38.00,0:09:39.95,Default,,0000,0000,0000,,A Ra Gustavo non significa\Nnada para min." Dialogue: 0,0:09:39.95,0:09:42.42,Default,,0000,0000,0000,,A ela non lle molestaban moito \Nos debuxos animados. Dialogue: 0,0:09:42.42,0:09:46.00,Default,,0000,0000,0000,,Pero o que si a incomodaba\Nera ter imaxes Dialogue: 0,0:09:46.00,0:09:49.00,Default,,0000,0000,0000,,ou alucinacións moi \Npersistentes de caras Dialogue: 0,0:09:49.00,0:09:52.00,Default,,0000,0000,0000,,e, coma Rosalie, as caras\Nestaban a miúdo deformadas, Dialogue: 0,0:09:52.00,0:09:56.00,Default,,0000,0000,0000,,con dentes moi longos ou \Nollos moi grandes. Dialogue: 0,0:09:56.00,0:09:59.00,Default,,0000,0000,0000,,E isto asustábaa. Dialogue: 0,0:09:59.00,0:10:03.00,Default,,0000,0000,0000,,Ben, que ocorre con esta xente? Dialogue: 0,0:10:03.00,0:10:06.00,Default,,0000,0000,0000,,Como médico, teño intentado\Nexplicar que ocorre Dialogue: 0,0:10:06.00,0:10:08.00,Default,,0000,0000,0000,,e tranquilizar as persoas, Dialogue: 0,0:10:08.00,0:10:12.00,Default,,0000,0000,0000,,especialmente para asegurarlles \Nque non se están volvendo tolas. Dialogue: 0,0:10:12.00,0:10:15.00,Default,,0000,0000,0000,,Como dixen, preto do 10 % Dialogue: 0,0:10:15.00,0:10:18.00,Default,,0000,0000,0000,,de xente con dificultades \Nvisuais sofre alucinacións. Dialogue: 0,0:10:18.00,0:10:22.00,Default,,0000,0000,0000,,Pero só o recoñece \No 1 % das persoas, Dialogue: 0,0:10:22.00,0:10:25.00,Default,,0000,0000,0000,,porque teñen medo de\Nque as vexan como tolas ou algo así. Dialogue: 0,0:10:25.00,0:10:27.00,Default,,0000,0000,0000,,E se llo mencionan ao seu \Nmédico Dialogue: 0,0:10:27.00,0:10:30.00,Default,,0000,0000,0000,,poden acabar cun \Ndiagnóstico errado. Dialogue: 0,0:10:30.00,0:10:32.00,Default,,0000,0000,0000,,En concreto, a idea\Né que se vemos Dialogue: 0,0:10:32.00,0:10:35.00,Default,,0000,0000,0000,,cousas ou oímos cousas, \Nestamos volvéndonos tolos, Dialogue: 0,0:10:35.00,0:10:38.00,Default,,0000,0000,0000,,pero as alucinacións psicóticas\Nson bastante diferentes. Dialogue: 0,0:10:38.00,0:10:41.00,Default,,0000,0000,0000,,As alucinacións psicóticas, xa for\Nvisuais ou de voces, Dialogue: 0,0:10:41.00,0:10:43.00,Default,,0000,0000,0000,,diríxense a nós. Acúsannos. Dialogue: 0,0:10:43.00,0:10:45.00,Default,,0000,0000,0000,,Sedúcennos. Humíllannos. Dialogue: 0,0:10:45.00,0:10:48.00,Default,,0000,0000,0000,,Búrlanse de nós. Dialogue: 0,0:10:48.00,0:10:50.00,Default,,0000,0000,0000,,Interactuamos con elas. Dialogue: 0,0:10:50.00,0:10:53.00,Default,,0000,0000,0000,,Non hai nada desa cualidade\Nde dirixirse a nós Dialogue: 0,0:10:53.00,0:10:56.00,Default,,0000,0000,0000,,nestas alucinacións de\NCharles Bonnet. Dialogue: 0,0:10:56.00,0:11:00.00,Default,,0000,0000,0000,,É coma unha película. Vemos unha película\Nque non ten nada que ver connosco, Dialogue: 0,0:11:00.00,0:11:03.00,Default,,0000,0000,0000,,ou iso é o que a xente cre. Dialogue: 0,0:11:03.00,0:11:07.00,Default,,0000,0000,0000,,Outra cousa pouco habitual é a\Nepilepsia do lóbulo temporal Dialogue: 0,0:11:07.00,0:11:10.00,Default,,0000,0000,0000,,e, ás veces, se un a sofre, Dialogue: 0,0:11:10.00,0:11:12.00,Default,,0000,0000,0000,,pode sentirse transportado Dialogue: 0,0:11:12.00,0:11:14.90,Default,,0000,0000,0000,,a un tempo ou a un lugar do pasado. Dialogue: 0,0:11:14.90,0:11:17.00,Default,,0000,0000,0000,,Estamos nun cruzamento \Nde estradas concreto. Dialogue: 0,0:11:17.00,0:11:19.00,Default,,0000,0000,0000,,Ulimos castañas asadas. Dialogue: 0,0:11:19.00,0:11:22.00,Default,,0000,0000,0000,,Oímos o tráfico. Todos os \Nsentidos están involucrados. Dialogue: 0,0:11:22.00,0:11:24.00,Default,,0000,0000,0000,,E estamos agardando\Npola nosa moza. Dialogue: 0,0:11:24.00,0:11:28.00,Default,,0000,0000,0000,,E é ese martes pola tarde en 1982. Dialogue: 0,0:11:28.00,0:11:30.00,Default,,0000,0000,0000,,As alucinacións \Ndo lóbulo temporal Dialogue: 0,0:11:30.00,0:11:32.00,Default,,0000,0000,0000,,son alucinacións \Nde todos os sentidos, Dialogue: 0,0:11:32.00,0:11:35.00,Default,,0000,0000,0000,,cheas de sensacións, \Nde familiaridade, Dialogue: 0,0:11:35.00,0:11:37.00,Default,,0000,0000,0000,,localizadas no espazo e no tempo, Dialogue: 0,0:11:37.00,0:11:39.00,Default,,0000,0000,0000,,coherentes, efectistas. Dialogue: 0,0:11:39.00,0:11:42.00,Default,,0000,0000,0000,,As de Charles Bonnet\Nson bastante diferentes. Dialogue: 0,0:11:42.00,0:11:46.00,Default,,0000,0000,0000,,Nas alucinacións\Nde Charles Bonnet, Dialogue: 0,0:11:46.00,0:11:48.00,Default,,0000,0000,0000,,temos todo tipo de niveis, Dialogue: 0,0:11:48.00,0:11:50.00,Default,,0000,0000,0000,,desde as alucinacións xeométricas, Dialogue: 0,0:11:50.00,0:11:53.00,Default,,0000,0000,0000,,os cadros rosas e azuis que tiña a muller, Dialogue: 0,0:11:53.00,0:11:57.00,Default,,0000,0000,0000,,ata alucinacións moi elaboradas Dialogue: 0,0:11:57.00,0:12:00.00,Default,,0000,0000,0000,,con figuras e especialmente caras. Dialogue: 0,0:12:00.00,0:12:03.00,Default,,0000,0000,0000,,E ás veces as caras deformadas, Dialogue: 0,0:12:03.00,0:12:06.00,Default,,0000,0000,0000,,son a forma máis común Dialogue: 0,0:12:06.00,0:12:08.00,Default,,0000,0000,0000,,desas alucinacións. Dialogue: 0,0:12:08.00,0:12:11.00,Default,,0000,0000,0000,,E a segunda forma máis \Ncomún son os debuxos animados. Dialogue: 0,0:12:11.00,0:12:14.00,Default,,0000,0000,0000,,Daquela, que está pasando? Dialogue: 0,0:12:14.00,0:12:16.00,Default,,0000,0000,0000,,De xeito fascinante, \Nnos últimos anos, Dialogue: 0,0:12:16.00,0:12:20.00,Default,,0000,0000,0000,,foi posible facer imaxes\Nfuncionais do cerebro, Dialogue: 0,0:12:20.00,0:12:24.00,Default,,0000,0000,0000,,facer resonancias magnéticas funcionais\Nmentres as persoas alucinaban. Dialogue: 0,0:12:24.00,0:12:28.00,Default,,0000,0000,0000,,E, de feito, atopáronse\Nas diferentes partes Dialogue: 0,0:12:28.00,0:12:31.00,Default,,0000,0000,0000,,do cerebro visual que \Nse activaban Dialogue: 0,0:12:31.00,0:12:33.00,Default,,0000,0000,0000,,mentres estaban\Nsufrindo alucinacións. Dialogue: 0,0:12:33.00,0:12:36.00,Default,,0000,0000,0000,,Cando as persoas teñen estas\Nalucinacións xeométricas simples, Dialogue: 0,0:12:36.00,0:12:40.00,Default,,0000,0000,0000,,está activado o córtex visual primario. Dialogue: 0,0:12:40.00,0:12:43.00,Default,,0000,0000,0000,,Esta é a parte do cerebro que\Npercibe bordos e patróns. Dialogue: 0,0:12:43.00,0:12:47.00,Default,,0000,0000,0000,,Non formamos imaxes\Nco noso córtex visual primario. Dialogue: 0,0:12:47.00,0:12:50.00,Default,,0000,0000,0000,,As imaxes fórmanse, Dialogue: 0,0:12:50.00,0:12:52.00,Default,,0000,0000,0000,,na parte do córtex visual Dialogue: 0,0:12:52.00,0:12:54.00,Default,,0000,0000,0000,,situado no lóbulo temporal. Dialogue: 0,0:12:54.00,0:12:59.00,Default,,0000,0000,0000,,E, en particular, nunha área\Ndo lóbulo temporal Dialogue: 0,0:12:59.00,0:13:01.00,Default,,0000,0000,0000,,chamada xiro fusiforme. Dialogue: 0,0:13:01.00,0:13:05.00,Default,,0000,0000,0000,,E sábese que a xente que\Nten danado o xiro fusiforme, Dialogue: 0,0:13:05.00,0:13:09.00,Default,,0000,0000,0000,,pode perder a capacidade\Npara recoñecer caras. Dialogue: 0,0:13:09.00,0:13:13.00,Default,,0000,0000,0000,,Pero se hai unha actividade \Nanormal no xiro fusiforme, Dialogue: 0,0:13:13.00,0:13:15.00,Default,,0000,0000,0000,,pode ter alucinacións de caras. Dialogue: 0,0:13:15.00,0:13:18.00,Default,,0000,0000,0000,,Isto é exactamente o que atopamos\Nnalgunhas destas persoas. Dialogue: 0,0:13:18.00,0:13:22.00,Default,,0000,0000,0000,,Hai unha área na parte\Nanterior deste xiro Dialogue: 0,0:13:22.00,0:13:27.00,Default,,0000,0000,0000,,onde se representan \Nos dentes e os ollos Dialogue: 0,0:13:27.00,0:13:30.00,Default,,0000,0000,0000,,e esa parte do xiro\Nactívase Dialogue: 0,0:13:30.00,0:13:34.00,Default,,0000,0000,0000,,cando a xente ten\Nas alucinacións deformadas. Dialogue: 0,0:13:34.00,0:13:36.00,Default,,0000,0000,0000,,Hai outra parte do cerebro Dialogue: 0,0:13:36.00,0:13:38.00,Default,,0000,0000,0000,,que se activa especialmente Dialogue: 0,0:13:38.00,0:13:40.00,Default,,0000,0000,0000,,cando vemos debuxos animados. Dialogue: 0,0:13:40.00,0:13:43.00,Default,,0000,0000,0000,,Actívase cando recoñecemos\Ndebuxos animados, Dialogue: 0,0:13:43.00,0:13:47.00,Default,,0000,0000,0000,,cando os debuxamos e \Ncando alucinamos con eles. Dialogue: 0,0:13:47.00,0:13:49.90,Default,,0000,0000,0000,,É moi interesante\Nesa especificidade. Dialogue: 0,0:13:49.90,0:13:53.00,Default,,0000,0000,0000,,Hai outras partes do cerebro que \Nestán implicadas especificamente Dialogue: 0,0:13:53.00,0:13:55.00,Default,,0000,0000,0000,,no recoñecemento e na alucinación Dialogue: 0,0:13:55.00,0:13:58.00,Default,,0000,0000,0000,,de edificios e paisaxes. Dialogue: 0,0:13:58.00,0:14:01.00,Default,,0000,0000,0000,,Ao redor de 1970, descubriuse\Nque non só eran partes do cerebro, Dialogue: 0,0:14:01.00,0:14:03.00,Default,,0000,0000,0000,,senón células particulares. Dialogue: 0,0:14:03.00,0:14:08.00,Default,,0000,0000,0000,,As "células cara" foron descobertas\Nao redor de 1970. Dialogue: 0,0:14:08.00,0:14:10.00,Default,,0000,0000,0000,,E agora sabemos \Nque hai centos Dialogue: 0,0:14:10.00,0:14:12.00,Default,,0000,0000,0000,,doutros tipos de células, Dialogue: 0,0:14:12.00,0:14:14.00,Default,,0000,0000,0000,,que poden ser moi, moi específicas. Dialogue: 0,0:14:14.00,0:14:16.00,Default,,0000,0000,0000,,Así que podemos ter non só Dialogue: 0,0:14:16.00,0:14:18.00,Default,,0000,0000,0000,,células "coche", Dialogue: 0,0:14:18.00,0:14:21.00,Default,,0000,0000,0000,,tamén podemos ter\Ncélulas "Aston Martin". Dialogue: 0,0:14:21.00,0:14:23.00,Default,,0000,0000,0000,,(Risos) Dialogue: 0,0:14:23.00,0:14:25.00,Default,,0000,0000,0000,,Vin un Aston Martin esta mañá. Dialogue: 0,0:14:25.00,0:14:27.00,Default,,0000,0000,0000,,Tiña que contalo. Dialogue: 0,0:14:27.00,0:14:30.00,Default,,0000,0000,0000,,E agora está nalgures\Naquí dentro. Dialogue: 0,0:14:30.00,0:14:33.00,Default,,0000,0000,0000,,(Risos) Dialogue: 0,0:14:33.00,0:14:37.00,Default,,0000,0000,0000,,Ben, neste nivel, que chamamos\Ncórtex temporal inferior, Dialogue: 0,0:14:37.00,0:14:40.00,Default,,0000,0000,0000,,só hai imaxes visuais, Dialogue: 0,0:14:40.00,0:14:43.00,Default,,0000,0000,0000,,ou representacións ou fragmentos. Dialogue: 0,0:14:43.00,0:14:46.00,Default,,0000,0000,0000,,É só nos niveis máis altos Dialogue: 0,0:14:46.00,0:14:48.00,Default,,0000,0000,0000,,cando se unen aos outros sentidos Dialogue: 0,0:14:48.00,0:14:50.00,Default,,0000,0000,0000,,e se conectan coa \Nmemoria e a emoción. Dialogue: 0,0:14:50.00,0:14:53.00,Default,,0000,0000,0000,,E na síndrome de Charles Bonnet, Dialogue: 0,0:14:53.00,0:14:55.00,Default,,0000,0000,0000,,non se chega a eses niveis superiores. Dialogue: 0,0:14:55.00,0:14:58.00,Default,,0000,0000,0000,,Quedamos nos niveis do\Ncórtex visual inferior Dialogue: 0,0:14:58.00,0:15:00.00,Default,,0000,0000,0000,,onde hai miles\Ne decenas de miles Dialogue: 0,0:15:00.00,0:15:03.00,Default,,0000,0000,0000,,e millóns de imaxes, Dialogue: 0,0:15:03.00,0:15:05.00,Default,,0000,0000,0000,,ou representacións fragmentadas, Dialogue: 0,0:15:05.00,0:15:07.00,Default,,0000,0000,0000,,todas codificadas \Nneuralmente Dialogue: 0,0:15:07.00,0:15:11.00,Default,,0000,0000,0000,,en células particulares\Nou en pequenos acios de células. Dialogue: 0,0:15:11.00,0:15:14.00,Default,,0000,0000,0000,,Normalmente, todas elas\Nforman parte Dialogue: 0,0:15:14.00,0:15:18.00,Default,,0000,0000,0000,,do caudal integrado\Nda percepción, ou da imaxinación, Dialogue: 0,0:15:18.00,0:15:21.00,Default,,0000,0000,0000,,e ninguén é consciente delas. Dialogue: 0,0:15:21.00,0:15:25.00,Default,,0000,0000,0000,,Só se un ten dificultades \Nvisuais ou está cego Dialogue: 0,0:15:25.00,0:15:27.00,Default,,0000,0000,0000,,interrómpese o proceso. Dialogue: 0,0:15:27.00,0:15:30.00,Default,,0000,0000,0000,,E, en vez de ter unha\Npercepción normal, Dialogue: 0,0:15:30.00,0:15:32.00,Default,,0000,0000,0000,,prodúcese unha estimulación ou liberación, Dialogue: 0,0:15:32.00,0:15:35.00,Default,,0000,0000,0000,,anárquica e convulsiva, Dialogue: 0,0:15:35.00,0:15:37.00,Default,,0000,0000,0000,,de todas estas células visuais Dialogue: 0,0:15:37.00,0:15:39.00,Default,,0000,0000,0000,,no córtex temporal inferior. Dialogue: 0,0:15:39.00,0:15:42.00,Default,,0000,0000,0000,,Así, de súpeto, vemos unha cara.\NDe súpeto vemos un coche. Dialogue: 0,0:15:42.00,0:15:45.00,Default,,0000,0000,0000,,De súpeto isto e de súpeto aquilo. Dialogue: 0,0:15:45.00,0:15:47.00,Default,,0000,0000,0000,,A mente fai o que pode para organizar Dialogue: 0,0:15:47.00,0:15:50.00,Default,,0000,0000,0000,,e darlle algún tipo \Nde coherencia a isto Dialogue: 0,0:15:50.00,0:15:51.67,Default,,0000,0000,0000,,pero non ten \Nmoito éxito. Dialogue: 0,0:15:51.67,0:15:54.00,Default,,0000,0000,0000,,Cando se describiron estes casos\Npor primeira vez, Dialogue: 0,0:15:54.00,0:15:58.00,Default,,0000,0000,0000,,pensouse que poderían \Nser interpretados como soños. Dialogue: 0,0:15:58.00,0:16:00.00,Default,,0000,0000,0000,,Pero, en realidade, a xente di: Dialogue: 0,0:16:00.00,0:16:03.00,Default,,0000,0000,0000,,"Non recoñezo as persoas. Non\Npodo facer ningunha asociación." Dialogue: 0,0:16:03.00,0:16:06.00,Default,,0000,0000,0000,,"Gustavo non significa nada para min." Dialogue: 0,0:16:06.00,0:16:11.00,Default,,0000,0000,0000,,Non imos a ningún lado\Npensando nelas como en soños. Dialogue: 0,0:16:11.00,0:16:16.00,Default,,0000,0000,0000,,Ben, máis ou menos\Nxa dixen o que quería. Dialogue: 0,0:16:16.00,0:16:19.00,Default,,0000,0000,0000,,Penso que só me queda recapitular Dialogue: 0,0:16:19.00,0:16:21.00,Default,,0000,0000,0000,,e decir que isto é común. Dialogue: 0,0:16:21.00,0:16:23.00,Default,,0000,0000,0000,,Pensemos na cantidade de persoas cegas. Dialogue: 0,0:16:23.00,0:16:25.00,Default,,0000,0000,0000,,Debe haber centos de miles de\Npersoas cegas Dialogue: 0,0:16:25.00,0:16:27.00,Default,,0000,0000,0000,,que teñen estas alucinacións, Dialogue: 0,0:16:27.00,0:16:29.00,Default,,0000,0000,0000,,pero están moi asustadas \Npara mencionalas. Dialogue: 0,0:16:29.00,0:16:32.00,Default,,0000,0000,0000,,Así que este tipo de cousas\Nprecisa divulgación Dialogue: 0,0:16:32.00,0:16:38.00,Default,,0000,0000,0000,,para os pacientes, para \Nos médicos, para o público. Dialogue: 0,0:16:38.00,0:16:40.00,Default,,0000,0000,0000,,Finalmente, creo que son Dialogue: 0,0:16:40.00,0:16:43.00,Default,,0000,0000,0000,,infinitamente interesantes\Ne valiosas, Dialogue: 0,0:16:43.00,0:16:47.00,Default,,0000,0000,0000,,porque nos axudan a entender\Ncomo funciona o cerebro. Dialogue: 0,0:16:47.00,0:16:50.00,Default,,0000,0000,0000,,Charles Bonnet preguntouse, hai 250 anos, Dialogue: 0,0:16:50.00,0:16:54.00,Default,,0000,0000,0000,,pensando nesas alucinacións, Dialogue: 0,0:16:54.00,0:16:57.00,Default,,0000,0000,0000,,'o teatro da mente', nas súas palabras, Dialogue: 0,0:16:57.00,0:17:00.00,Default,,0000,0000,0000,,como poderían ser xeradas\Npola maquinaria do cerebro. Dialogue: 0,0:17:00.00,0:17:03.00,Default,,0000,0000,0000,,Agora, 250 anos despois, Dialogue: 0,0:17:03.00,0:17:06.00,Default,,0000,0000,0000,,penso que estamos comezando\Na entrever como o fai. Dialogue: 0,0:17:06.00,0:17:08.00,Default,,0000,0000,0000,,Moitas grazas. Dialogue: 0,0:17:08.00,0:17:11.00,Default,,0000,0000,0000,,(Aplauso) Dialogue: 0,0:17:11.00,0:17:14.00,Default,,0000,0000,0000,,Chris Anderson: Foi magnífico.\NMoitas grazas. Dialogue: 0,0:17:14.00,0:17:16.00,Default,,0000,0000,0000,,Falou desas cousas con \Ntanta perspicacia Dialogue: 0,0:17:16.00,0:17:19.00,Default,,0000,0000,0000,,e tanta empatía cara \Naos seus pacientes. Dialogue: 0,0:17:19.00,0:17:24.00,Default,,0000,0000,0000,,Vostede experimentou algunhas\Ndas síndromes que describe? Dialogue: 0,0:17:24.00,0:17:26.00,Default,,0000,0000,0000,,Oliver Sacks: Temía que\Nme preguntase iso. Dialogue: 0,0:17:26.00,0:17:27.00,Default,,0000,0000,0000,,(Risos) Dialogue: 0,0:17:27.00,0:17:30.00,Default,,0000,0000,0000,,Ben, si, un montón delas. Dialogue: 0,0:17:30.00,0:17:33.00,Default,,0000,0000,0000,,En realidade, teño algunhas\Ndificultades visuais. Dialogue: 0,0:17:33.00,0:17:36.00,Default,,0000,0000,0000,,Estou cego dun ollo\Ne non vexo moi ben do outro. Dialogue: 0,0:17:36.00,0:17:40.00,Default,,0000,0000,0000,,E teño alucinacións xeométricas. Dialogue: 0,0:17:40.00,0:17:42.00,Default,,0000,0000,0000,,Pero paran aí. Dialogue: 0,0:17:42.00,0:17:43.48,Default,,0000,0000,0000,,CA: E non lle molestan? Dialogue: 0,0:17:43.48,0:17:46.00,Default,,0000,0000,0000,,Porque vostede entende o que ocorre,\Nnon lle preocupa? Dialogue: 0,0:17:46.00,0:17:50.00,Default,,0000,0000,0000,,OS: Ben, non me molestan\Nmáis que o meu acúfeno, Dialogue: 0,0:17:50.00,0:17:53.00,Default,,0000,0000,0000,,- o pitido do oido- que ignoro. Dialogue: 0,0:17:53.00,0:17:55.00,Default,,0000,0000,0000,,De cando en vez interésanme, Dialogue: 0,0:17:55.00,0:17:58.00,Default,,0000,0000,0000,,e teño moitos debuxos deles\Nnos meus cadernos. Dialogue: 0,0:17:58.00,0:18:01.00,Default,,0000,0000,0000,,Fixen unha resonancia \Nmagnética funcional Dialogue: 0,0:18:01.00,0:18:04.00,Default,,0000,0000,0000,,para ver como funciona \No meu córtex visual. Dialogue: 0,0:18:04.00,0:18:08.00,Default,,0000,0000,0000,,E cando vexo todos\Neses hexágonos Dialogue: 0,0:18:08.00,0:18:10.00,Default,,0000,0000,0000,,e outras cousas \Ncomplexas, Dialogue: 0,0:18:10.00,0:18:12.00,Default,,0000,0000,0000,,durante a xaqueca, Dialogue: 0,0:18:12.00,0:18:14.00,Default,,0000,0000,0000,,pregúntome se todo\No mundo ve cousas así Dialogue: 0,0:18:14.00,0:18:17.00,Default,,0000,0000,0000,,e se cousas como a arte das\Ncavernas ou a arte ornamental Dialogue: 0,0:18:17.00,0:18:19.24,Default,,0000,0000,0000,,poderían derivar un pouco disto. Dialogue: 0,0:18:19.24,0:18:22.00,Default,,0000,0000,0000,,CA: Esta foi unha charla total e \Nabsolutamente fascinante. Dialogue: 0,0:18:22.00,0:18:24.00,Default,,0000,0000,0000,,Moitas grazas por compartila. Dialogue: 0,0:18:24.00,0:18:26.00,Default,,0000,0000,0000,,OS: Grazas, grazas. Dialogue: 0,0:18:26.00,0:18:28.00,Default,,0000,0000,0000,,(Aplausos)