David Perry fala sobre videoxogos
-
0:00 - 0:02Medrei en Irlanda do Norte,
-
0:02 - 0:04xusto arriba de todo,
-
0:04 - 0:06onde vai un frío de medo.
-
0:07 - 0:10Este son eu correndo polo xardín en pleno verán.
-
0:10 - 0:11(Risas)
-
0:11 - 0:12Non puiden escoller unha carreira.
-
0:12 - 0:14En Irlanda, a escolla obvia é a militar,
-
0:14 - 0:18pero, a dicir verdade, é unha merda.
-
0:18 - 0:19(Risas)
-
0:19 - 0:22Miña nai quería que fose dentista.
-
0:22 - 0:24O problema era que a xente non deixaba de voar cousas.
-
0:24 - 0:26De feito, fun á escola en Belfast,
-
0:26 - 0:28que era onde estaba toda a acción.
-
0:28 - 0:30Esta é unha visión compartida.
-
0:30 - 0:32A miña escola era bastante aburrida.
-
0:32 - 0:34Facíannos aprender cousas como latín.
-
0:35 - 0:37Os mestres non se divertían moito,
-
0:37 - 0:39e os deportes eran moi sucios ou dolorosos.
-
0:39 - 0:42Así que, arteiramente, escollín remo, no que fun moi bo.
-
0:42 - 0:44De feito, aquí estaba remando para a miña escola
-
0:44 - 0:47ata este día fatídico no que envorquei
-
0:47 - 0:48diante de todo o colexio.
-
0:48 - 0:50Esa de aí era a meta.
-
0:50 - 0:51(Risas)
-
0:51 - 0:52Foi tremendamente bochornoso.
-
0:52 - 0:55Nesa época, a escola conseguiu unha bolsa do goberno
-
0:55 - 0:57e mercaron un computador incrible: a máquina de investigación 3DZ.
-
0:57 - 1:00Deixaron á vista os manuais de programación
-
1:01 - 1:03e os estudantes coma min, sen moito que facer,
-
1:03 - 1:05aprendemos a programalo.
-
1:05 - 1:07Neste momento, nas casas,
-
1:07 - 1:08este era o computador que estaba a mercar a xente.
-
1:08 - 1:11Chamábase Sinclair ZX80. Era un computador de 1 kB
-
1:11 - 1:14e os programas mercábanse en casete.
-
1:14 - 1:16De feito, vou facer unha pausa dun segundo
-
1:16 - 1:18porque oín que hai un prerrequisito para falar en TED...
-
1:18 - 1:21Tes que ter unha foto vella túa co pelo longo,
-
1:21 - 1:23así que trouxen unha foto co pelo longo.
-
1:23 - 1:24(Risas)
-
1:24 - 1:26Só quería quitarmo de enriba.
-
1:26 - 1:30Entón, despois do Sinclair ZX80, chegou o moi enxeñosamente chamado
-
1:30 - 1:32Sinclair ZX81.
-
1:32 - 1:33(Risas)
-
1:33 - 1:34E... vedes a foto de abaixo?
-
1:34 - 1:36Hai unha foto dun home facendo os deberes co seu fillo.
-
1:36 - 1:39Pensaban que o fixeran para iso.
-
1:39 - 1:41A realidade é que collemos o manual de programación
-
1:41 - 1:42e comezamos a facer xogos para el.
-
1:42 - 1:43Programabamos en BASIC,
-
1:43 - 1:45que é unha linguaxe bastante horrible para xogos,
-
1:45 - 1:47así que rematamos aprendendo a linguaxe ensambladora
-
1:47 - 1:50para poder controlar o hardware de verdade.
-
1:50 - 1:52Este é o tipo que o inventou, Sir Clive Sinclair,
-
1:52 - 1:53que está amosando a súa máquina.
-
1:53 - 1:55Tiñades o mesmo en América,
-
1:55 - 1:57chamábase Timex Sinclair1000.
-
1:58 - 2:00Para xogar daquela tiñas que ter imaxinación
-
2:00 - 2:03para crer que estabas a xogar ao "Battlestar Galactica".
-
2:03 - 2:06Os gráficos eran arrepiantes.
-
2:06 - 2:08Tiñas que ter unha imaxinación aínda mellor para xogar a este,
-
2:08 - 2:09o "Death Rider".
-
2:09 - 2:11Por suposto, os científicos non se puideron resistir
-
2:11 - 2:14e comezaron a crear o seus propios videoxogos.
-
2:14 - 2:18Este é un dos meus favoritos, onde simulan cría de coellos
-
2:18 - 2:21e os machos escollen á coella afortunada.
-
2:21 - 2:23Foi nesta época cando pasamos de 1 kB a 16 kB,
-
2:23 - 2:25o que foi un bo progreso.
-
2:25 - 2:27Se vos preguntades canto son 16 kB,
-
2:27 - 2:29este logo de eBay é de 16 kB.
-
2:29 - 2:32Nesa cantidade de memoria, alguén programou
-
2:32 - 2:34un programa completo de simulación de voo.
-
2:34 - 2:36Ese era o seu aspecto.
-
2:36 - 2:39Eu pasei moito tempo usando este simulador de voo
-
2:39 - 2:42e, honestamente, ao final, cría saber pilotar avións.
-
2:42 - 2:46Aquí está Clive Sinclair presentando o seu computador a cor.
-
2:46 - 2:49É coñecido como o pai dos videoxogos en Europa.
-
2:49 - 2:51É multimillonario. Creo que por iso
-
2:51 - 2:53está sorrindo nesta foto.
-
2:53 - 2:55Durante os 20 anos seguintes,
-
2:55 - 2:57seguín creando moitos xogos diferentes.
-
2:57 - 2:59Algúns dos máis destacados foron "The Terminator",
-
2:59 - 3:02"Aladdin" e "Teenage Mutant Hero Turtles".
-
3:02 - 3:03Como eu era do Reino Unido,
-
3:03 - 3:07pensaron que a palabra "ninja" era un pouco ruín para os cativos,
-
3:07 - 3:09así que decidiron cambialo por "heroe".
-
3:09 - 3:11Persoalmente, prefiro a versión española,
-
3:11 - 3:13que foi "Tortugas Ninja".
-
3:13 - 3:15Esa foi xenial.
-
3:15 - 3:17(Risas)
-
3:17 - 3:21O último xogo que fixen intentaba conseguir que a industria dos videoxogos
-
3:21 - 3:24e Hollywood traballasen xuntos en algo
-
3:24 - 3:27no canto de concedérense licenzas, traballaren de verdade.
-
3:27 - 3:29Chris pediume que trouxese algunhas estatísticas,
-
3:29 - 3:31así que velaquí están.
-
3:31 - 3:35A industria dos videoxogos converteuse nun negocio de 29 mil millóns de dólares no 2005.
-
3:35 - 3:36Cada ano vai en aumento.
-
3:36 - 3:38O ano pasado foi o mellor.
-
3:38 - 3:40No 2008, darémoslle unha malleira á industria da música.
-
3:41 - 3:44No 2010, chegaremos aos 42 mil millóns.
-
3:45 - 3:47O 43 por cento dos xogadores son mulleres.
-
3:47 - 3:49Hai máis xogadoras do que a xente pensa.
-
3:49 - 3:51A idade media dos xogadores?
-
3:51 - 3:53A ver, obviamente, é para cativos, non?
-
3:53 - 3:54Pois non, de feito é de 30 anos.
-
3:54 - 3:58E, curiosamente, os que mercan máis xogos son os de 37.
-
3:58 - 4:00Polo tanto, o noso público meta é o de 37.
-
4:01 - 4:02Todos os videoxogos son violentos.
-
4:02 - 4:05Por suposto, aos xornais encántalles incidir niso,
-
4:05 - 4:09pero o 83 por cento dos xogos non teñen ningún contido adulto,
-
4:09 - 4:11así que non é certo.
-
4:11 - 4:13Estatísticas de xogos en liña.
-
4:13 - 4:16Merquei algunhas cousas en "World of Warcraft". Conta con 5,5 millóns de xogadores.
-
4:16 - 4:19Factura uns 80 millóns de dólares ao mes só en subscricións.
-
4:19 - 4:22Custa 50 dólares instalalo no computador,
-
4:22 - 4:26gañando a editorial outros 275 millóns.
-
4:26 - 4:28O xogo custa facelo uns 80 millóns de dólares,
-
4:28 - 4:30así que podemos dicir que se autopaga nun mes.
-
4:30 - 4:33Un xogador nun xogo chamado "Project Entropia"
-
4:33 - 4:37mercou a súa propia illa por 26.500 dólares.
-
4:37 - 4:39Tedes que lembrar que non é unha illa de verdade.
-
4:39 - 4:41En realidade, non mercou nada, só algúns datos.
-
4:41 - 4:43Pero obtivo unhas boas condicións.
-
4:43 - 4:46Esta compra incluía dereitos de minería e caza,
-
4:46 - 4:48a posesión de toda a terra da illa e un castelo
-
4:48 - 4:50sen amoblar.
-
4:50 - 4:51(Risas)
-
4:51 - 4:55Este mercado factura actualmente uns 800 millóns de dólares anuais.
-
4:55 - 4:57E o interesante é que o mercado foi creado
-
4:57 - 4:59polos propios xogadores.
-
4:59 - 5:01Atoparon formas enxeñosas de comerciar con artigos
-
5:01 - 5:03e de vender a súas contas entre eles
-
5:03 - 5:05para poder gañar cartos mentres xogaban .
-
5:05 - 5:07Hai un par de días, metinme en eBay
-
5:07 - 5:11só para ver o que se cocía. Busquei por World of Warcraft e apareceron 6.000 produtos.
-
5:11 - 5:13Este foi o que máis me gustou:
-
5:13 - 5:17un Warlock de nivel 60 con moitos atributos épicos por 174.000 dólares.
-
5:17 - 5:20Nótase que ao rapaz lle deu moito traballo crealo.
-
5:22 - 5:24En canto á popularidade dos xogos,
-
5:24 - 5:26que pensades que está a facer esta xente aquí?
-
5:26 - 5:31Resulta que están no Hollywood Bowl en Los Ángeles
-
5:31 - 5:34escoitando á Filarmónica de Los Ángeles tocando música de videoxogos.
-
5:34 - 5:35Velaquí a pinta que ten este espectáculo.
-
5:35 - 5:37Poderiades esperar que fose noxento, pero diso nada.
-
5:37 - 5:39É un concerto precioso e moi épico.
-
5:39 - 5:41Os asistentes quedaron totalmente marabillados.
-
5:42 - 5:43Que pensades que está a facer esta xente?
-
5:43 - 5:45Pois están traendo os seus computadores para poder xogar
-
5:45 - 5:47os uns contra os outros.
-
5:47 - 5:49Isto ten lugar en cidades de todo o mundo.
-
5:49 - 5:51Tamén ocorre nas vosas cidades,
-
5:51 - 5:52pero probablemente non o sabedes.
-
5:52 - 5:55Chris díxome que tiñades un vídeo cronolóxico hai uns anos
-
5:55 - 5:59para amosar como foron mellorando os gráficos dos videoxogos.
-
5:59 - 6:02Quixen actualizar ese vídeo e darvos unha nova visión.
-
6:02 - 6:04Quero que intentedes entendelo.
-
6:04 - 6:06Nós estamos nesta curva e os gráficos van mellorando
-
6:06 - 6:08dunha forma irrisoria.
-
6:08 - 6:11Vouvos amosar ata o 2007 quizais.
-
6:11 - 6:13Quero que intentedes pensar en como poderían chegar a ser os xogos
-
6:13 - 6:15de aquí en 10 anos.
-
6:15 - 6:17Imos co vídeo, logo.
-
6:18 - 6:21Vídeo: A xente leva xogando durante toda a historia do ser humano.
-
6:21 - 6:24O intelecto do home e a tecnoloxía foron evolucionando
-
6:24 - 6:27así como os seus xogos.
-
6:27 - 8:47(Música)
-
8:47 - 8:50(Aplauso)
-
8:50 - 8:52David Perry: O que non quero é que miredes
-
8:52 - 8:54estes gráficos e pensedes que isto é o que hai.
-
8:54 - 8:56Pensade que é onde estamos agora
-
8:56 - 8:58e a curva na que estamos significa que isto
-
8:58 - 9:00irá a mellor.
-
9:00 - 9:02Este é un exemplo do tipo de gráficos que necesitades poder debuxar
-
9:02 - 9:05se queredes traballar na industria dos videoxogos hoxe en día.
-
9:05 - 9:07Realmente, tedes que ser uns artistas excepcionais.
-
9:07 - 9:09E cando xa teñamos abondos, quereremos
-
9:09 - 9:10máis artistas fantásticos que poidan crear lugares
-
9:10 - 9:13onde non estivéramos antes ou personaxes
-
9:13 - 9:14que non víramos nunca.
-
9:15 - 9:18Para min, o normal hoxe é falar de gráficos e audio.
-
9:18 - 9:20Se fosedes a un congreso de programadores de xogos,
-
9:20 - 9:22do que todos falan é de emoción, intención,
-
9:22 - 9:24significado, interpretación e sentimento.
-
9:24 - 9:27Escoitariades cousas como: pode un videoxogo facervos chorar?
-
9:27 - 9:30Son estes os temas que realmente nos importan.
-
9:30 - 9:33Atopeime cun estudante absolutamente brillante
-
9:33 - 9:36á hora de expresarse e este estudante acordou
-
9:36 - 9:40que non amosaría o seu vídeo a ninguén ata
-
9:40 - 9:41que o visedes aquí en TED.
-
9:41 - 9:43Gustaríame poñer este vídeo.
-
9:43 - 9:47Esta é a opinión dun estudante sobre a súa experiencia cos xogos.
-
9:47 - 9:50Vídeo: Eu, coma moitos de vós, vivo nalgún sitio entre
-
9:50 - 9:52a realidade e os videoxogos.
-
9:52 - 9:56Unha parte de min, unha persoa de verdade, que respira,
-
9:56 - 10:00converteuse en programada, electrónica e virtual.
-
10:00 - 10:02A fronteira do meu cerebro que separa a realidade da fantasía
-
10:02 - 10:04comezou a derrubarse, finalmente.
-
10:05 - 10:08Son adicto aos videoxogos e esta é a miña historia.
-
10:08 - 10:24(Música)
-
10:24 - 10:25No ano do meu nacemento,
-
10:25 - 10:29a Nintendo Entertainment System tamén entrou en desenvolvemento.
-
10:34 - 10:36Xoguei no xardín de atrás, aprendín a ler
-
10:36 - 10:38e aínda comín algunhas verduras.
-
10:38 - 10:42Pasei a maior parte da miña infancia xogando cos Legos.
-
10:43 - 10:45Pero, ao igual que a maioría da miña xeración,
-
10:45 - 10:48pasei moito tempo diante da tele.
-
10:48 - 10:51Mr. Rogers, Walt Disney, Nick Junior
-
10:51 - 10:54e aproximadamente medio millón de anuncios
-
10:54 - 10:56deixáronme marcado sen dúbida.
-
10:57 - 10:59Cando meus pais nos mercaron a nosa primeira Nintendo á miña irmá e a min,
-
10:59 - 11:03fose cal fose a calidade aditiva inherente que tivese este entretemento
-
11:03 - 11:09electrónico interactivo, axiña prendeu en min.
-
11:14 - 11:17Nalgún momento, vino todo claro.
-
11:17 - 11:23(Música)
-
11:23 - 11:25Coa combinación de historias sinxelas e interactivas
-
11:25 - 11:29e a calor da tele, a miña simple Nintendo de 16 bits
-
11:29 - 11:31converteuse en máis que unha fuxida.
-
11:31 - 11:35Converteuse nunha existencia alternativa, a miña realidade virtual.
-
11:35 - 11:53(Música)
-
11:53 - 11:55Son adicto aos videoxogos e non é polo
-
11:55 - 11:56número de horas que pasei xogando
-
11:56 - 12:00ou as noites que non durmía por rematar o seguinte nivel.
-
12:00 - 12:03É porque tiven experiencias no espazo virtual que modificaron a miña vida
-
12:03 - 12:06e os videoxogos comezaron a erosionar a miña propia percepción
-
12:06 - 12:09do que é real e o que non.
-
12:10 - 12:13Son adicto porque, aínda que sei que estou a perder o contacto coa realidade,
-
12:13 - 12:16aínda o devezo máis.
-
12:16 - 12:26(Música)
-
12:26 - 12:29Desde cativo, aprendín a involucrarme emocionalmente
-
12:29 - 12:32no que se revelaba ante min na pantalla.
-
12:32 - 12:36Hoxe, despois de 20 anos vendo como a tele me volve emocional,
-
12:36 - 12:40incluso un anuncio de seguros decente pode arrancarme unhas bágoas.
-
12:44 - 12:47Só son un dunha nova xeración que está medrando.
-
12:47 - 12:50Unha xeración que pode experimentar moito máis significado
-
12:50 - 12:53mediante os videoxogos que mediante o mundo real.
-
12:54 - 12:56Os videoxogos están preto de dar un salto evolutivo,
-
12:56 - 12:59un punto onde os mundos dos xogos parecerán e percibiranse coma reais,
-
12:59 - 13:02como as películas que vemos nos teatros ou as noticias que vemos na tele.
-
13:02 - 13:04E, mentres a miña sensación de libre albedrío nestes mundos virtuais
-
13:04 - 13:08aínda pode estar limitada, podo aplicar o que aprendo á miña vida real.
-
13:09 - 13:11Xogade abondo aos videoxogos e, ao final,
-
13:11 - 13:14creredes que podedes facer snowboard, pilotar un avión,
-
13:14 - 13:18conducir case medio quilómetro en nove segundos ou matar a un home.
-
13:18 - 13:21Sei que podo.
-
13:25 - 13:28A diferenza de calquer fenómeno da cultura pop anterior,
-
13:28 - 13:30os videoxogos permítennos converternos en parte da máquina.
-
13:30 - 13:33Permítennos sublimarnos na cultura do interactivo,
-
13:33 - 13:37o descargado, o tempo real e a realidade en alta definición.
-
13:37 - 13:39Estamos interactuando co noso entretemento.
-
13:40 - 13:42Cheguei a esperar este nivel de interacción.
-
13:42 - 13:45Sen el, os problemas que afrontamos no mundo real
-
13:45 - 13:50(pobreza, guerras, enfermidades e xenocidio) carecen da frivolidade que deberían.
-
13:51 - 13:53A súa importancia confúndese co drama sensacionalista
-
13:53 - 13:56do horario de máxima audiencia da tele.
-
13:56 - 13:59A beleza dos videoxogos, hoxe, non reside nos gráficos realistas,
-
13:59 - 14:02os joysticks vibrantes ou o son envolvente virtual.
-
14:03 - 14:06Reside en que estes xogos comezan a emocionarme.
-
14:07 - 14:10Teño loitado en guerras, temendo pola miña propia supervivencia,
-
14:10 - 14:14teño visto morrer ós meus séquitos en praias e bosques que semellaban
-
14:14 - 14:17máis reais que calquera libro de texto ou historia das noticias.
-
14:18 - 14:20A xente que crea estes xogos é intelixente.
-
14:20 - 14:24Saben o que me dá medo, me excita, me aterra, me enche de orgullo ou me entristece.
-
14:24 - 14:28Logo usan estas emocións para dimensionar os mundo que crean.
-
14:28 - 14:30Un videoxogo ben deseñado tecerá sen problemas
-
14:30 - 14:33ao usuario na fábrica da experiencia virtual.
-
14:33 - 14:35Segundo vas gañando experiencia,
-
14:35 - 14:38a conciencia do control físico esvaécese.
-
14:38 - 14:40Sei o que quero e fágoo.
-
14:40 - 14:45Sen botóns que pulsar, sen gatillos dos que tirar, só o xogo e máis eu.
-
14:45 - 14:49O meu destino e o do mundo que me rodea está nas miñas mans.
-
14:53 - 14:56Sei que os videoxogos violentos preocupan a miña nai.
-
14:56 - 14:58O que me preocupa a min non é que a violencia do videoxogo
-
14:58 - 15:01se volva máis como a violencia da vida real,
-
15:01 - 15:04senón que a violencia da vida real estea empezando a semellarse máis
-
15:04 - 15:06á dun videoxogo.
-
15:06 - 15:13(Música)
-
15:13 - 15:16Todos estes son problemas alleos a min.
-
15:16 - 15:18Eu, pola contra, teño un problema moi preto da casa.
-
15:18 - 15:21Algo lle pasou ao meu cerebro.
-
15:21 - 15:32(Música)
-
15:32 - 15:34Quizáis haxa unha parte do noso cerebro que recolle
-
15:34 - 15:36todos os nosos instintos viscerais, o que sabemos facer
-
15:36 - 15:38incluso antes de pensalo.
-
15:38 - 15:41Mentres algúns instintos poden ser innatos, a maioría son adquiridos
-
15:41 - 15:43e todos están conectados directamente aos nosos cerebros.
-
15:44 - 15:49Estes instintos son esenciais para a supervivencia nos mundos real e virtual.
-
15:54 - 15:56Nos últimos anos, a tecnoloxía detrás dos videoxogos
-
15:56 - 16:00permitiu unha verdadeira superposición dos estímulos.
-
16:00 - 16:03Como xogadores, vivimos segundo as mesmas leis da física
-
16:03 - 16:05nas mesmas cidades e facendo moitas das mesmas cousas
-
16:05 - 16:09que fixemos algunha vez na vida real, só que virtualmente.
-
16:09 - 16:11Considerade isto:
-
16:11 - 16:14o meu coche real ten uns 40.233 quilómetros.
-
16:14 - 16:19En todos os meus xogos de condución, fixen un total de 50.628 quilómetros.
-
16:19 - 16:22Ata certo punto, aprendín a conducir a través dos xogos.
-
16:22 - 16:24As entradas sensoriais son moi similares.
-
16:24 - 16:26É unha sensación divertida cando pasas máis tempo
-
16:26 - 16:29facendo algo na tele que na vida real.
-
16:30 - 16:33Cando conduzo rúa abaixo durante o solpor, o único que penso é
-
16:33 - 16:36que iso é case tan fermoso como os meus xogos.
-
16:36 - 16:38Son perfectos para os meus mundos virtuais.
-
16:38 - 16:41Máis fermoso e rico que o mundo real que nos rodea.
-
16:41 - 16:44Non estou seguro de cales son as implicacións da miña experiencia,
-
16:44 - 16:48pero o potencial para usar estímulos de videoxogos realistas en repetición
-
16:48 - 16:52nun amplo número de participantes leais asústame.
-
16:52 - 16:55Hoxe, creo que "O grande irmán" tería moito máis éxito
-
16:55 - 16:57lavándolles o cerebro ás masas con videoxogos
-
16:57 - 17:00máis que só con televisións.
-
17:00 - 17:03Os videoxogos son divertidos, atractivos e deixan o cerebro
-
17:03 - 17:06completamente vulnerable á reprogramación.
-
17:07 - 17:10Quizais o lavado de cerebro non sexa sempre malo.
-
17:10 - 17:12Imaxinade un xogo que nos aprenda a respectarnos entre nós
-
17:12 - 17:15ou nos axude a entender os problemas ao que nos afrontamos todos
-
17:15 - 17:16no mundo real.
-
17:16 - 17:18Tamén hai un potencial para facer o ben.
-
17:20 - 17:22É complicado, xa que os mundos virtuais seguen a reflectir
-
17:22 - 17:25o mundo real en que vivimos, que os programadores dos xogos se decaten
-
17:25 - 17:27de que teñen unhas responsabilidades tremendas ante eles.
-
17:28 - 17:31Non estou seguro do que nos depara o futuro dos videoxogos
-
17:31 - 17:32para a nosa civilización.
-
17:32 - 17:36Mais como o mundo virtual e real experimentan unha crecente superposición,
-
17:36 - 17:38hai un potencial máis e máis grande para que outra xente
-
17:38 - 17:41se sinta coma min.
-
17:42 - 17:44Do que me decatei recentemente
-
17:44 - 17:48é de que, máis alá dos gráficos, o son, o xogo e a emoción,
-
17:48 - 17:51é o poder de acabar coa realidade o que me resulta
-
17:51 - 17:53tan fascinante e aditivo.
-
17:53 - 17:55Sei que estou a perder a miña conexión coa realidade.
-
17:55 - 17:59Unha parte de min está esperando para deixala ir.
-
18:02 - 18:05sei, porén, que non importa o fascinantes que poden chegar a ser os videoxogos,
-
18:05 - 18:08ou o monótono que nos poida parecer o mundo real,
-
18:08 - 18:11Acho que debemos ser conscientes do que os nosos xogos nos aprenden
-
18:11 - 18:16e como nos fan sentir cando finalmente desconectamos.
-
18:19 - 18:20(Aplauso)
-
18:20 - 18:21DP: Guau.
-
18:21 - 18:28(Aplauso)
-
18:28 - 18:31Creo que ese vídeo da moito no que pensar,
-
18:31 - 18:33por iso quixen traelo aquí para que o vísedes.
-
18:33 - 18:35O máis interesante del é que o normal
-
18:35 - 18:38para min era falar de gráficos e audio.
-
18:38 - 18:41Como escoitastes, Michael tamén falou de todos estes elementos.
-
18:42 - 18:44Os videoxogos tamén nos dan outras cousas tremendas,
-
18:44 - 18:45por iso a xente se volve tan adicta.
-
18:45 - 18:47O máis importante é que sexa divertido.
-
18:47 - 18:49O nome desta pista é "The Magic To Come".
-
18:49 - 18:50Quen van ser os autores de todo isto?
-
18:50 - 18:52Os mellores directores do mundo
-
18:52 - 18:53e así como todos pensamos, non si?
-
18:53 - 18:54Non o creo.
-
18:54 - 18:57Creo que vai vir dos rapaces que están medrando agora
-
18:57 - 19:02e que non están atascados con todo aquilo que lembramos nós do pasado.
-
19:02 - 19:04Farano á súa maneira, usando as ferramentas que nós creamos.
-
19:04 - 19:07O mesmo pasará cos estudantes e coa xente máis creativa,
-
19:07 - 19:09escritores e xente así.
-
19:10 - 19:12En canto ás universidades, hai unhas 250 en todo o mundo
-
19:12 - 19:15que imparten cursos sobre videoxogos.
-
19:15 - 19:18Eso significa que hai, literalmente, miles de novas ideas.
-
19:18 - 19:21Algunhas ideas son realmente espantosas e outras son fantásticas.
-
19:21 - 19:23Non hai nada peor que ter que escoitar a alguén
-
19:23 - 19:25intentando lanzarche unha funesta idea sobre videoxogos.
-
19:25 - 19:31(Risas)
-
19:31 - 19:33Chris Anderson: Estás fóra, estás fóra. Xa está.
-
19:33 - 19:36Xa non ten tempo.
-
19:36 - 19:38DP: Só teño un pouquiño máis, se mo permites.
-
19:38 - 19:40CA: Adiante, estarei xusto aquí.
-
19:40 - 19:41(Risas)
-
19:41 - 19:44DP: Esta é boa porque son estudantes indo á escola despois de clase.
-
19:44 - 19:47A escola está pechada. Volven pola noite
-
19:47 - 19:49porque queren lanzar as súas ideas sobre videoxogos.
-
19:49 - 19:50Estou sentado diante da clase
-
19:50 - 19:52e están lanzando a súas ideas de verdade.
-
19:52 - 19:54Polo tanto, é difícil facer que os estudantes volvan a clase,
-
19:54 - 19:55pero é posible.
-
19:55 - 19:58Esta é a miña filla, chámase Emma e ten 17 meses.
-
19:58 - 20:01Estívenme preguntando como será a experiencia de Emma
-
20:01 - 20:03no mundo dos videoxogos.
-
20:03 - 20:06Como amosei aquí, o público témolo.
-
20:06 - 20:09Ela nunca vai coñecer un mundo no que non poidas pulsar un botón
-
20:09 - 20:11e ter a millóns de persoas listas para xogar.
-
20:11 - 20:13Xa sabedes, nós temos a tecnoloxía.
-
20:13 - 20:15Ela nunca vai coñecer un mundo onde os gráficos
-
20:15 - 20:17non sexan impresionantes e verdadeiramente aditivos.
-
20:17 - 20:20Como amosou o vídeo do estudante, podemos chocar e mover.
-
20:20 - 20:22Ela nunca vai coñecer un mundo onde os videoxogos
-
20:22 - 20:25non sexan incriblemente emocionais e probablemente a fagan chorar.
-
20:25 - 20:27Só desexo que lle gusten os videoxogos.
-
20:27 - 20:28(Risas)
-
20:28 - 20:29Aí vai a miña derradeira reflexión.
-
20:29 - 20:31Na superficie, os xogos parecen un entretemento sinxelo,
-
20:31 - 20:33pero para aqueles aos que lles guste mirar un pouco máis alá,
-
20:33 - 20:36o novo paradigma dos videoxogos podería abrir completamente novas fronteiras
-
20:36 - 20:38para as mentes creativas ás que lles gusta pensar en grande.
-
20:39 - 20:41Onde mellor que aquí en TED para retar a esas mentes?
-
20:41 - 20:42Grazas.
-
20:42 - 20:44Chris Anderson: David Perry, iso foi xenial.
- Title:
- David Perry fala sobre videoxogos
- Speaker:
- David Perry
- Description:
-
O deseñador de xogos, David Perry, considera que os videoxogos do futuro serán máis ca unha simple diversión para a próxima xeración de xogadores. Serán unhas experiencias suntuosas, complexas e emotivas. Para algúns, máis apaixonantes e significativas que a vida real.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 20:43
![]() |
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for Are games better than life? | |
![]() |
Retired user accepted Galician subtitles for Are games better than life? | |
![]() |
Retired user edited Galician subtitles for Are games better than life? | |
![]() |
Retired user edited Galician subtitles for Are games better than life? | |
![]() |
Retired user commented on Galician subtitles for Are games better than life? | |
![]() |
Retired user edited Galician subtitles for Are games better than life? | |
![]() |
Xosé María Moreno declined Galician subtitles for Are games better than life? | |
![]() |
Xosé María Moreno commented on Galician subtitles for Are games better than life? |