1 00:00:00,000 --> 00:00:02,000 Medrei en Irlanda do Norte, 2 00:00:02,000 --> 00:00:04,000 xusto arriba de todo, 3 00:00:04,000 --> 00:00:06,000 onde vai un frío de medo. 4 00:00:07,000 --> 00:00:10,000 Este son eu correndo polo xardín en pleno verán. 5 00:00:10,000 --> 00:00:11,000 (Risas) 6 00:00:11,000 --> 00:00:12,000 Non puiden escoller unha carreira. 7 00:00:12,000 --> 00:00:14,000 En Irlanda, a escolla obvia é a militar, 8 00:00:14,000 --> 00:00:18,000 pero, a dicir verdade, é unha merda. 9 00:00:18,000 --> 00:00:19,000 (Risas) 10 00:00:19,000 --> 00:00:22,000 Miña nai quería que fose dentista. 11 00:00:22,000 --> 00:00:24,000 O problema era que a xente non deixaba de voar cousas. 12 00:00:24,000 --> 00:00:26,000 De feito, fun á escola en Belfast, 13 00:00:26,000 --> 00:00:28,000 que era onde estaba toda a acción. 14 00:00:28,000 --> 00:00:30,000 Esta é unha visión compartida. 15 00:00:30,000 --> 00:00:32,000 A miña escola era bastante aburrida. 16 00:00:32,000 --> 00:00:34,000 Facíannos aprender cousas como latín. 17 00:00:35,000 --> 00:00:37,000 Os mestres non se divertían moito, 18 00:00:37,000 --> 00:00:39,000 e os deportes eran moi sucios ou dolorosos. 19 00:00:39,000 --> 00:00:42,000 Así que, arteiramente, escollín remo, no que fun moi bo. 20 00:00:42,000 --> 00:00:44,000 De feito, aquí estaba remando para a miña escola 21 00:00:44,000 --> 00:00:47,000 ata este día fatídico no que envorquei 22 00:00:47,000 --> 00:00:48,000 diante de todo o colexio. 23 00:00:48,000 --> 00:00:50,000 Esa de aí era a meta. 24 00:00:50,000 --> 00:00:51,000 (Risas) 25 00:00:51,000 --> 00:00:52,000 Foi tremendamente bochornoso. 26 00:00:52,000 --> 00:00:55,000 Nesa época, a escola conseguiu unha bolsa do goberno 27 00:00:55,000 --> 00:00:57,000 e mercaron un computador incrible: a máquina de investigación 3DZ. 28 00:00:57,000 --> 00:01:00,000 Deixaron á vista os manuais de programación 29 00:01:01,000 --> 00:01:03,000 e os estudantes coma min, sen moito que facer, 30 00:01:03,000 --> 00:01:05,000 aprendemos a programalo. 31 00:01:05,000 --> 00:01:07,000 Neste momento, nas casas, 32 00:01:07,000 --> 00:01:08,000 este era o computador que estaba a mercar a xente. 33 00:01:08,000 --> 00:01:11,000 Chamábase Sinclair ZX80. Era un computador de 1 kB 34 00:01:11,000 --> 00:01:14,000 e os programas mercábanse en casete. 35 00:01:14,000 --> 00:01:16,000 De feito, vou facer unha pausa dun segundo 36 00:01:16,000 --> 00:01:18,000 porque oín que hai un prerrequisito para falar en TED... 37 00:01:18,000 --> 00:01:21,000 Tes que ter unha foto vella túa co pelo longo, 38 00:01:21,000 --> 00:01:23,000 así que trouxen unha foto co pelo longo. 39 00:01:23,000 --> 00:01:24,000 (Risas) 40 00:01:24,000 --> 00:01:26,000 Só quería quitarmo de enriba. 41 00:01:26,000 --> 00:01:30,000 Entón, despois do Sinclair ZX80, chegou o moi enxeñosamente chamado 42 00:01:30,000 --> 00:01:32,000 Sinclair ZX81. 43 00:01:32,000 --> 00:01:33,000 (Risas) 44 00:01:33,000 --> 00:01:34,000 E... vedes a foto de abaixo? 45 00:01:34,000 --> 00:01:36,000 Hai unha foto dun home facendo os deberes co seu fillo. 46 00:01:36,000 --> 00:01:39,000 Pensaban que o fixeran para iso. 47 00:01:39,000 --> 00:01:41,000 A realidade é que collemos o manual de programación 48 00:01:41,000 --> 00:01:42,000 e comezamos a facer xogos para el. 49 00:01:42,000 --> 00:01:43,000 Programabamos en BASIC, 50 00:01:43,000 --> 00:01:45,000 que é unha linguaxe bastante horrible para xogos, 51 00:01:45,000 --> 00:01:47,000 así que rematamos aprendendo a linguaxe ensambladora 52 00:01:47,000 --> 00:01:50,000 para poder controlar o hardware de verdade. 53 00:01:50,000 --> 00:01:52,000 Este é o tipo que o inventou, Sir Clive Sinclair, 54 00:01:52,000 --> 00:01:53,000 que está amosando a súa máquina. 55 00:01:53,000 --> 00:01:55,000 Tiñades o mesmo en América, 56 00:01:55,000 --> 00:01:57,000 chamábase Timex Sinclair1000. 57 00:01:58,000 --> 00:02:00,000 Para xogar daquela tiñas que ter imaxinación 58 00:02:00,000 --> 00:02:03,000 para crer que estabas a xogar ao "Battlestar Galactica". 59 00:02:03,000 --> 00:02:06,000 Os gráficos eran arrepiantes. 60 00:02:06,000 --> 00:02:08,000 Tiñas que ter unha imaxinación aínda mellor para xogar a este, 61 00:02:08,000 --> 00:02:09,000 o "Death Rider". 62 00:02:09,000 --> 00:02:11,000 Por suposto, os científicos non se puideron resistir 63 00:02:11,000 --> 00:02:14,000 e comezaron a crear o seus propios videoxogos. 64 00:02:14,000 --> 00:02:18,000 Este é un dos meus favoritos, onde simulan cría de coellos 65 00:02:18,000 --> 00:02:21,000 e os machos escollen á coella afortunada. 66 00:02:21,000 --> 00:02:23,000 Foi nesta época cando pasamos de 1 kB a 16 kB, 67 00:02:23,000 --> 00:02:25,000 o que foi un bo progreso. 68 00:02:25,000 --> 00:02:27,000 Se vos preguntades canto son 16 kB, 69 00:02:27,000 --> 00:02:29,000 este logo de eBay é de 16 kB. 70 00:02:29,000 --> 00:02:32,000 Nesa cantidade de memoria, alguén programou 71 00:02:32,000 --> 00:02:34,000 un programa completo de simulación de voo. 72 00:02:34,000 --> 00:02:36,000 Ese era o seu aspecto. 73 00:02:36,000 --> 00:02:39,000 Eu pasei moito tempo usando este simulador de voo 74 00:02:39,000 --> 00:02:42,000 e, honestamente, ao final, cría saber pilotar avións. 75 00:02:42,000 --> 00:02:46,000 Aquí está Clive Sinclair presentando o seu computador a cor. 76 00:02:46,000 --> 00:02:49,000 É coñecido como o pai dos videoxogos en Europa. 77 00:02:49,000 --> 00:02:51,000 É multimillonario. Creo que por iso 78 00:02:51,000 --> 00:02:53,000 está sorrindo nesta foto. 79 00:02:53,000 --> 00:02:55,000 Durante os 20 anos seguintes, 80 00:02:55,000 --> 00:02:57,000 seguín creando moitos xogos diferentes. 81 00:02:57,000 --> 00:02:59,000 Algúns dos máis destacados foron "The Terminator", 82 00:02:59,000 --> 00:03:02,000 "Aladdin" e "Teenage Mutant Hero Turtles". 83 00:03:02,000 --> 00:03:03,000 Como eu era do Reino Unido, 84 00:03:03,000 --> 00:03:07,000 pensaron que a palabra "ninja" era un pouco ruín para os cativos, 85 00:03:07,000 --> 00:03:09,000 así que decidiron cambialo por "heroe". 86 00:03:09,000 --> 00:03:11,000 Persoalmente, prefiro a versión española, 87 00:03:11,000 --> 00:03:13,000 que foi "Tortugas Ninja". 88 00:03:13,000 --> 00:03:15,000 Esa foi xenial. 89 00:03:15,000 --> 00:03:17,000 (Risas) 90 00:03:17,000 --> 00:03:21,000 O último xogo que fixen intentaba conseguir que a industria dos videoxogos 91 00:03:21,000 --> 00:03:24,000 e Hollywood traballasen xuntos en algo 92 00:03:24,000 --> 00:03:27,000 no canto de concedérense licenzas, traballaren de verdade. 93 00:03:27,000 --> 00:03:29,000 Chris pediume que trouxese algunhas estatísticas, 94 00:03:29,000 --> 00:03:31,000 así que velaquí están. 95 00:03:31,000 --> 00:03:35,000 A industria dos videoxogos converteuse nun negocio de 29 mil millóns de dólares no 2005. 96 00:03:35,000 --> 00:03:36,000 Cada ano vai en aumento. 97 00:03:36,000 --> 00:03:38,000 O ano pasado foi o mellor. 98 00:03:38,000 --> 00:03:40,000 No 2008, darémoslle unha malleira á industria da música. 99 00:03:41,000 --> 00:03:44,000 No 2010, chegaremos aos 42 mil millóns. 100 00:03:45,000 --> 00:03:47,000 O 43 por cento dos xogadores son mulleres. 101 00:03:47,000 --> 00:03:49,000 Hai máis xogadoras do que a xente pensa. 102 00:03:49,000 --> 00:03:51,000 A idade media dos xogadores? 103 00:03:51,000 --> 00:03:53,000 A ver, obviamente, é para cativos, non? 104 00:03:53,000 --> 00:03:54,000 Pois non, de feito é de 30 anos. 105 00:03:54,000 --> 00:03:58,000 E, curiosamente, os que mercan máis xogos son os de 37. 106 00:03:58,000 --> 00:04:00,000 Polo tanto, o noso público meta é o de 37. 107 00:04:01,000 --> 00:04:02,000 Todos os videoxogos son violentos. 108 00:04:02,000 --> 00:04:05,000 Por suposto, aos xornais encántalles incidir niso, 109 00:04:05,000 --> 00:04:09,000 pero o 83 por cento dos xogos non teñen ningún contido adulto, 110 00:04:09,000 --> 00:04:11,000 así que non é certo. 111 00:04:11,000 --> 00:04:13,000 Estatísticas de xogos en liña. 112 00:04:13,000 --> 00:04:16,000 Merquei algunhas cousas en "World of Warcraft". Conta con 5,5 millóns de xogadores. 113 00:04:16,000 --> 00:04:19,000 Factura uns 80 millóns de dólares ao mes só en subscricións. 114 00:04:19,000 --> 00:04:22,000 Custa 50 dólares instalalo no computador, 115 00:04:22,000 --> 00:04:26,000 gañando a editorial outros 275 millóns. 116 00:04:26,000 --> 00:04:28,000 O xogo custa facelo uns 80 millóns de dólares, 117 00:04:28,000 --> 00:04:30,000 así que podemos dicir que se autopaga nun mes. 118 00:04:30,000 --> 00:04:33,000 Un xogador nun xogo chamado "Project Entropia" 119 00:04:33,000 --> 00:04:37,000 mercou a súa propia illa por 26.500 dólares. 120 00:04:37,000 --> 00:04:39,000 Tedes que lembrar que non é unha illa de verdade. 121 00:04:39,000 --> 00:04:41,000 En realidade, non mercou nada, só algúns datos. 122 00:04:41,000 --> 00:04:43,000 Pero obtivo unhas boas condicións. 123 00:04:43,000 --> 00:04:46,000 Esta compra incluía dereitos de minería e caza, 124 00:04:46,000 --> 00:04:48,000 a posesión de toda a terra da illa e un castelo 125 00:04:48,000 --> 00:04:50,000 sen amoblar. 126 00:04:50,000 --> 00:04:51,000 (Risas) 127 00:04:51,000 --> 00:04:55,000 Este mercado factura actualmente uns 800 millóns de dólares anuais. 128 00:04:55,000 --> 00:04:57,000 E o interesante é que o mercado foi creado 129 00:04:57,000 --> 00:04:59,000 polos propios xogadores. 130 00:04:59,000 --> 00:05:01,000 Atoparon formas enxeñosas de comerciar con artigos 131 00:05:01,000 --> 00:05:03,000 e de vender a súas contas entre eles 132 00:05:03,000 --> 00:05:05,000 para poder gañar cartos mentres xogaban . 133 00:05:05,000 --> 00:05:07,000 Hai un par de días, metinme en eBay 134 00:05:07,000 --> 00:05:11,000 só para ver o que se cocía. Busquei por World of Warcraft e apareceron 6.000 produtos. 135 00:05:11,000 --> 00:05:13,000 Este foi o que máis me gustou: 136 00:05:13,000 --> 00:05:17,000 un Warlock de nivel 60 con moitos atributos épicos por 174.000 dólares. 137 00:05:17,000 --> 00:05:20,000 Nótase que ao rapaz lle deu moito traballo crealo. 138 00:05:22,000 --> 00:05:24,000 En canto á popularidade dos xogos, 139 00:05:24,000 --> 00:05:26,000 que pensades que está a facer esta xente aquí? 140 00:05:26,000 --> 00:05:31,000 Resulta que están no Hollywood Bowl en Los Ángeles 141 00:05:31,000 --> 00:05:34,000 escoitando á Filarmónica de Los Ángeles tocando música de videoxogos. 142 00:05:34,000 --> 00:05:35,000 Velaquí a pinta que ten este espectáculo. 143 00:05:35,000 --> 00:05:37,000 Poderiades esperar que fose noxento, pero diso nada. 144 00:05:37,000 --> 00:05:39,000 É un concerto precioso e moi épico. 145 00:05:39,000 --> 00:05:41,000 Os asistentes quedaron totalmente marabillados. 146 00:05:42,000 --> 00:05:43,000 Que pensades que está a facer esta xente? 147 00:05:43,000 --> 00:05:45,000 Pois están traendo os seus computadores para poder xogar 148 00:05:45,000 --> 00:05:47,000 os uns contra os outros. 149 00:05:47,000 --> 00:05:49,000 Isto ten lugar en cidades de todo o mundo. 150 00:05:49,000 --> 00:05:51,000 Tamén ocorre nas vosas cidades, 151 00:05:51,000 --> 00:05:52,000 pero probablemente non o sabedes. 152 00:05:52,000 --> 00:05:55,000 Chris díxome que tiñades un vídeo cronolóxico hai uns anos 153 00:05:55,000 --> 00:05:59,000 para amosar como foron mellorando os gráficos dos videoxogos. 154 00:05:59,000 --> 00:06:02,000 Quixen actualizar ese vídeo e darvos unha nova visión. 155 00:06:02,000 --> 00:06:04,000 Quero que intentedes entendelo. 156 00:06:04,000 --> 00:06:06,000 Nós estamos nesta curva e os gráficos van mellorando 157 00:06:06,000 --> 00:06:08,000 dunha forma irrisoria. 158 00:06:08,000 --> 00:06:11,000 Vouvos amosar ata o 2007 quizais. 159 00:06:11,000 --> 00:06:13,000 Quero que intentedes pensar en como poderían chegar a ser os xogos 160 00:06:13,000 --> 00:06:15,000 de aquí en 10 anos. 161 00:06:15,000 --> 00:06:17,000 Imos co vídeo, logo. 162 00:06:18,000 --> 00:06:21,000 Vídeo: A xente leva xogando durante toda a historia do ser humano. 163 00:06:21,000 --> 00:06:24,000 O intelecto do home e a tecnoloxía foron evolucionando 164 00:06:24,000 --> 00:06:27,000 así como os seus xogos. 165 00:06:27,000 --> 00:08:47,000 (Música) 166 00:08:47,000 --> 00:08:50,000 (Aplauso) 167 00:08:50,000 --> 00:08:52,000 David Perry: O que non quero é que miredes 168 00:08:52,000 --> 00:08:54,000 estes gráficos e pensedes que isto é o que hai. 169 00:08:54,000 --> 00:08:56,000 Pensade que é onde estamos agora 170 00:08:56,000 --> 00:08:58,000 e a curva na que estamos significa que isto 171 00:08:58,000 --> 00:09:00,000 irá a mellor. 172 00:09:00,000 --> 00:09:02,000 Este é un exemplo do tipo de gráficos que necesitades poder debuxar 173 00:09:02,000 --> 00:09:05,000 se queredes traballar na industria dos videoxogos hoxe en día. 174 00:09:05,000 --> 00:09:07,000 Realmente, tedes que ser uns artistas excepcionais. 175 00:09:07,000 --> 00:09:09,000 E cando xa teñamos abondos, quereremos 176 00:09:09,000 --> 00:09:10,000 máis artistas fantásticos que poidan crear lugares 177 00:09:10,000 --> 00:09:13,000 onde non estivéramos antes ou personaxes 178 00:09:13,000 --> 00:09:14,000 que non víramos nunca. 179 00:09:15,000 --> 00:09:18,000 Para min, o normal hoxe é falar de gráficos e audio. 180 00:09:18,000 --> 00:09:20,000 Se fosedes a un congreso de programadores de xogos, 181 00:09:20,000 --> 00:09:22,000 do que todos falan é de emoción, intención, 182 00:09:22,000 --> 00:09:24,000 significado, interpretación e sentimento. 183 00:09:24,000 --> 00:09:27,000 Escoitariades cousas como: pode un videoxogo facervos chorar? 184 00:09:27,000 --> 00:09:30,000 Son estes os temas que realmente nos importan. 185 00:09:30,000 --> 00:09:33,000 Atopeime cun estudante absolutamente brillante 186 00:09:33,000 --> 00:09:36,000 á hora de expresarse e este estudante acordou 187 00:09:36,000 --> 00:09:40,000 que non amosaría o seu vídeo a ninguén ata 188 00:09:40,000 --> 00:09:41,000 que o visedes aquí en TED. 189 00:09:41,000 --> 00:09:43,000 Gustaríame poñer este vídeo. 190 00:09:43,000 --> 00:09:47,000 Esta é a opinión dun estudante sobre a súa experiencia cos xogos. 191 00:09:47,000 --> 00:09:50,000 Vídeo: Eu, coma moitos de vós, vivo nalgún sitio entre 192 00:09:50,000 --> 00:09:52,000 a realidade e os videoxogos. 193 00:09:52,000 --> 00:09:56,000 Unha parte de min, unha persoa de verdade, que respira, 194 00:09:56,000 --> 00:10:00,000 converteuse en programada, electrónica e virtual. 195 00:10:00,000 --> 00:10:02,000 A fronteira do meu cerebro que separa a realidade da fantasía 196 00:10:02,000 --> 00:10:04,000 comezou a derrubarse, finalmente. 197 00:10:05,000 --> 00:10:08,000 Son adicto aos videoxogos e esta é a miña historia. 198 00:10:08,000 --> 00:10:24,000 (Música) 199 00:10:24,000 --> 00:10:25,000 No ano do meu nacemento, 200 00:10:25,000 --> 00:10:29,000 a Nintendo Entertainment System tamén entrou en desenvolvemento. 201 00:10:34,000 --> 00:10:36,000 Xoguei no xardín de atrás, aprendín a ler 202 00:10:36,000 --> 00:10:38,000 e aínda comín algunhas verduras. 203 00:10:38,000 --> 00:10:42,000 Pasei a maior parte da miña infancia xogando cos Legos. 204 00:10:43,000 --> 00:10:45,000 Pero, ao igual que a maioría da miña xeración, 205 00:10:45,000 --> 00:10:48,000 pasei moito tempo diante da tele. 206 00:10:48,000 --> 00:10:51,000 Mr. Rogers, Walt Disney, Nick Junior 207 00:10:51,000 --> 00:10:54,000 e aproximadamente medio millón de anuncios 208 00:10:54,000 --> 00:10:56,000 deixáronme marcado sen dúbida. 209 00:10:57,000 --> 00:10:59,000 Cando meus pais nos mercaron a nosa primeira Nintendo á miña irmá e a min, 210 00:10:59,000 --> 00:11:03,000 fose cal fose a calidade aditiva inherente que tivese este entretemento 211 00:11:03,000 --> 00:11:09,000 electrónico interactivo, axiña prendeu en min. 212 00:11:14,000 --> 00:11:17,000 Nalgún momento, vino todo claro. 213 00:11:17,000 --> 00:11:23,000 (Música) 214 00:11:23,000 --> 00:11:25,000 Coa combinación de historias sinxelas e interactivas 215 00:11:25,000 --> 00:11:29,000 e a calor da tele, a miña simple Nintendo de 16 bits 216 00:11:29,000 --> 00:11:31,000 converteuse en máis que unha fuxida. 217 00:11:31,000 --> 00:11:35,000 Converteuse nunha existencia alternativa, a miña realidade virtual. 218 00:11:35,000 --> 00:11:53,000 (Música) 219 00:11:53,000 --> 00:11:55,000 Son adicto aos videoxogos e non é polo 220 00:11:55,000 --> 00:11:56,000 número de horas que pasei xogando 221 00:11:56,000 --> 00:12:00,000 ou as noites que non durmía por rematar o seguinte nivel. 222 00:12:00,000 --> 00:12:03,000 É porque tiven experiencias no espazo virtual que modificaron a miña vida 223 00:12:03,000 --> 00:12:06,000 e os videoxogos comezaron a erosionar a miña propia percepción 224 00:12:06,000 --> 00:12:09,000 do que é real e o que non. 225 00:12:10,000 --> 00:12:13,000 Son adicto porque, aínda que sei que estou a perder o contacto coa realidade, 226 00:12:13,000 --> 00:12:16,000 aínda o devezo máis. 227 00:12:16,000 --> 00:12:26,000 (Música) 228 00:12:26,000 --> 00:12:29,000 Desde cativo, aprendín a involucrarme emocionalmente 229 00:12:29,000 --> 00:12:32,000 no que se revelaba ante min na pantalla. 230 00:12:32,000 --> 00:12:36,000 Hoxe, despois de 20 anos vendo como a tele me volve emocional, 231 00:12:36,000 --> 00:12:40,000 incluso un anuncio de seguros decente pode arrancarme unhas bágoas. 232 00:12:44,000 --> 00:12:47,000 Só son un dunha nova xeración que está medrando. 233 00:12:47,000 --> 00:12:50,000 Unha xeración que pode experimentar moito máis significado 234 00:12:50,000 --> 00:12:53,000 mediante os videoxogos que mediante o mundo real. 235 00:12:54,000 --> 00:12:56,000 Os videoxogos están preto de dar un salto evolutivo, 236 00:12:56,000 --> 00:12:59,000 un punto onde os mundos dos xogos parecerán e percibiranse coma reais, 237 00:12:59,000 --> 00:13:02,000 como as películas que vemos nos teatros ou as noticias que vemos na tele. 238 00:13:02,000 --> 00:13:04,000 E, mentres a miña sensación de libre albedrío nestes mundos virtuais 239 00:13:04,000 --> 00:13:08,000 aínda pode estar limitada, podo aplicar o que aprendo á miña vida real. 240 00:13:09,000 --> 00:13:11,000 Xogade abondo aos videoxogos e, ao final, 241 00:13:11,000 --> 00:13:14,000 creredes que podedes facer snowboard, pilotar un avión, 242 00:13:14,000 --> 00:13:18,000 conducir case medio quilómetro en nove segundos ou matar a un home. 243 00:13:18,000 --> 00:13:21,000 Sei que podo. 244 00:13:25,000 --> 00:13:28,000 A diferenza de calquer fenómeno da cultura pop anterior, 245 00:13:28,000 --> 00:13:30,000 os videoxogos permítennos converternos en parte da máquina. 246 00:13:30,000 --> 00:13:33,000 Permítennos sublimarnos na cultura do interactivo, 247 00:13:33,000 --> 00:13:37,000 o descargado, o tempo real e a realidade en alta definición. 248 00:13:37,000 --> 00:13:39,000 Estamos interactuando co noso entretemento. 249 00:13:40,000 --> 00:13:42,000 Cheguei a esperar este nivel de interacción. 250 00:13:42,000 --> 00:13:45,000 Sen el, os problemas que afrontamos no mundo real 251 00:13:45,000 --> 00:13:50,000 (pobreza, guerras, enfermidades e xenocidio) carecen da frivolidade que deberían. 252 00:13:51,000 --> 00:13:53,000 A súa importancia confúndese co drama sensacionalista 253 00:13:53,000 --> 00:13:56,000 do horario de máxima audiencia da tele. 254 00:13:56,000 --> 00:13:59,000 A beleza dos videoxogos, hoxe, non reside nos gráficos realistas, 255 00:13:59,000 --> 00:14:02,000 os joysticks vibrantes ou o son envolvente virtual. 256 00:14:03,000 --> 00:14:06,000 Reside en que estes xogos comezan a emocionarme. 257 00:14:07,000 --> 00:14:10,000 Teño loitado en guerras, temendo pola miña propia supervivencia, 258 00:14:10,000 --> 00:14:14,000 teño visto morrer ós meus séquitos en praias e bosques que semellaban 259 00:14:14,000 --> 00:14:17,000 máis reais que calquera libro de texto ou historia das noticias. 260 00:14:18,000 --> 00:14:20,000 A xente que crea estes xogos é intelixente. 261 00:14:20,000 --> 00:14:24,000 Saben o que me dá medo, me excita, me aterra, me enche de orgullo ou me entristece. 262 00:14:24,000 --> 00:14:28,000 Logo usan estas emocións para dimensionar os mundo que crean. 263 00:14:28,000 --> 00:14:30,000 Un videoxogo ben deseñado tecerá sen problemas 264 00:14:30,000 --> 00:14:33,000 ao usuario na fábrica da experiencia virtual. 265 00:14:33,000 --> 00:14:35,000 Segundo vas gañando experiencia, 266 00:14:35,000 --> 00:14:38,000 a conciencia do control físico esvaécese. 267 00:14:38,000 --> 00:14:40,000 Sei o que quero e fágoo. 268 00:14:40,000 --> 00:14:45,000 Sen botóns que pulsar, sen gatillos dos que tirar, só o xogo e máis eu. 269 00:14:45,000 --> 00:14:49,000 O meu destino e o do mundo que me rodea está nas miñas mans. 270 00:14:53,000 --> 00:14:56,000 Sei que os videoxogos violentos preocupan a miña nai. 271 00:14:56,000 --> 00:14:58,000 O que me preocupa a min non é que a violencia do videoxogo 272 00:14:58,000 --> 00:15:01,000 se volva máis como a violencia da vida real, 273 00:15:01,000 --> 00:15:04,000 senón que a violencia da vida real estea empezando a semellarse máis 274 00:15:04,000 --> 00:15:06,000 á dun videoxogo. 275 00:15:06,000 --> 00:15:13,000 (Música) 276 00:15:13,000 --> 00:15:16,000 Todos estes son problemas alleos a min. 277 00:15:16,000 --> 00:15:18,000 Eu, pola contra, teño un problema moi preto da casa. 278 00:15:18,000 --> 00:15:21,000 Algo lle pasou ao meu cerebro. 279 00:15:21,000 --> 00:15:32,000 (Música) 280 00:15:32,000 --> 00:15:34,000 Quizáis haxa unha parte do noso cerebro que recolle 281 00:15:34,000 --> 00:15:36,000 todos os nosos instintos viscerais, o que sabemos facer 282 00:15:36,000 --> 00:15:38,000 incluso antes de pensalo. 283 00:15:38,000 --> 00:15:41,000 Mentres algúns instintos poden ser innatos, a maioría son adquiridos 284 00:15:41,000 --> 00:15:43,000 e todos están conectados directamente aos nosos cerebros. 285 00:15:44,000 --> 00:15:49,000 Estes instintos son esenciais para a supervivencia nos mundos real e virtual. 286 00:15:54,000 --> 00:15:56,000 Nos últimos anos, a tecnoloxía detrás dos videoxogos 287 00:15:56,000 --> 00:16:00,000 permitiu unha verdadeira superposición dos estímulos. 288 00:16:00,000 --> 00:16:03,000 Como xogadores, vivimos segundo as mesmas leis da física 289 00:16:03,000 --> 00:16:05,000 nas mesmas cidades e facendo moitas das mesmas cousas 290 00:16:05,000 --> 00:16:09,000 que fixemos algunha vez na vida real, só que virtualmente. 291 00:16:09,000 --> 00:16:11,000 Considerade isto: 292 00:16:11,000 --> 00:16:14,000 o meu coche real ten uns 40.233 quilómetros. 293 00:16:14,000 --> 00:16:19,000 En todos os meus xogos de condución, fixen un total de 50.628 quilómetros. 294 00:16:19,000 --> 00:16:22,000 Ata certo punto, aprendín a conducir a través dos xogos. 295 00:16:22,000 --> 00:16:24,000 As entradas sensoriais son moi similares. 296 00:16:24,000 --> 00:16:26,000 É unha sensación divertida cando pasas máis tempo 297 00:16:26,000 --> 00:16:29,000 facendo algo na tele que na vida real. 298 00:16:30,000 --> 00:16:33,000 Cando conduzo rúa abaixo durante o solpor, o único que penso é 299 00:16:33,000 --> 00:16:36,000 que iso é case tan fermoso como os meus xogos. 300 00:16:36,000 --> 00:16:38,000 Son perfectos para os meus mundos virtuais. 301 00:16:38,000 --> 00:16:41,000 Máis fermoso e rico que o mundo real que nos rodea. 302 00:16:41,000 --> 00:16:44,000 Non estou seguro de cales son as implicacións da miña experiencia, 303 00:16:44,000 --> 00:16:48,000 pero o potencial para usar estímulos de videoxogos realistas en repetición 304 00:16:48,000 --> 00:16:52,000 nun amplo número de participantes leais asústame. 305 00:16:52,000 --> 00:16:55,000 Hoxe, creo que "O grande irmán" tería moito máis éxito 306 00:16:55,000 --> 00:16:57,000 lavándolles o cerebro ás masas con videoxogos 307 00:16:57,000 --> 00:17:00,000 máis que só con televisións. 308 00:17:00,000 --> 00:17:03,000 Os videoxogos son divertidos, atractivos e deixan o cerebro 309 00:17:03,000 --> 00:17:06,000 completamente vulnerable á reprogramación. 310 00:17:07,000 --> 00:17:10,000 Quizais o lavado de cerebro non sexa sempre malo. 311 00:17:10,000 --> 00:17:12,000 Imaxinade un xogo que nos aprenda a respectarnos entre nós 312 00:17:12,000 --> 00:17:15,000 ou nos axude a entender os problemas ao que nos afrontamos todos 313 00:17:15,000 --> 00:17:16,000 no mundo real. 314 00:17:16,000 --> 00:17:18,000 Tamén hai un potencial para facer o ben. 315 00:17:20,000 --> 00:17:22,000 É complicado, xa que os mundos virtuais seguen a reflectir 316 00:17:22,000 --> 00:17:25,000 o mundo real en que vivimos, que os programadores dos xogos se decaten 317 00:17:25,000 --> 00:17:27,000 de que teñen unhas responsabilidades tremendas ante eles. 318 00:17:28,000 --> 00:17:31,000 Non estou seguro do que nos depara o futuro dos videoxogos 319 00:17:31,000 --> 00:17:32,000 para a nosa civilización. 320 00:17:32,000 --> 00:17:36,000 Mais como o mundo virtual e real experimentan unha crecente superposición, 321 00:17:36,000 --> 00:17:38,000 hai un potencial máis e máis grande para que outra xente 322 00:17:38,000 --> 00:17:41,000 se sinta coma min. 323 00:17:42,000 --> 00:17:44,000 Do que me decatei recentemente 324 00:17:44,000 --> 00:17:48,000 é de que, máis alá dos gráficos, o son, o xogo e a emoción, 325 00:17:48,000 --> 00:17:51,000 é o poder de acabar coa realidade o que me resulta 326 00:17:51,000 --> 00:17:53,000 tan fascinante e aditivo. 327 00:17:53,000 --> 00:17:55,000 Sei que estou a perder a miña conexión coa realidade. 328 00:17:55,000 --> 00:17:59,000 Unha parte de min está esperando para deixala ir. 329 00:18:02,000 --> 00:18:05,000 sei, porén, que non importa o fascinantes que poden chegar a ser os videoxogos, 330 00:18:05,000 --> 00:18:08,000 ou o monótono que nos poida parecer o mundo real, 331 00:18:08,000 --> 00:18:11,000 Acho que debemos ser conscientes do que os nosos xogos nos aprenden 332 00:18:11,000 --> 00:18:16,000 e como nos fan sentir cando finalmente desconectamos. 333 00:18:19,000 --> 00:18:20,000 (Aplauso) 334 00:18:20,000 --> 00:18:21,000 DP: Guau. 335 00:18:21,000 --> 00:18:28,000 (Aplauso) 336 00:18:28,000 --> 00:18:31,000 Creo que ese vídeo da moito no que pensar, 337 00:18:31,000 --> 00:18:33,000 por iso quixen traelo aquí para que o vísedes. 338 00:18:33,000 --> 00:18:35,000 O máis interesante del é que o normal 339 00:18:35,000 --> 00:18:38,000 para min era falar de gráficos e audio. 340 00:18:38,000 --> 00:18:41,000 Como escoitastes, Michael tamén falou de todos estes elementos. 341 00:18:42,000 --> 00:18:44,000 Os videoxogos tamén nos dan outras cousas tremendas, 342 00:18:44,000 --> 00:18:45,000 por iso a xente se volve tan adicta. 343 00:18:45,000 --> 00:18:47,000 O máis importante é que sexa divertido. 344 00:18:47,000 --> 00:18:49,000 O nome desta pista é "The Magic To Come". 345 00:18:49,000 --> 00:18:50,000 Quen van ser os autores de todo isto? 346 00:18:50,000 --> 00:18:52,000 Os mellores directores do mundo 347 00:18:52,000 --> 00:18:53,000 e así como todos pensamos, non si? 348 00:18:53,000 --> 00:18:54,000 Non o creo. 349 00:18:54,000 --> 00:18:57,000 Creo que vai vir dos rapaces que están medrando agora 350 00:18:57,000 --> 00:19:02,000 e que non están atascados con todo aquilo que lembramos nós do pasado. 351 00:19:02,000 --> 00:19:04,000 Farano á súa maneira, usando as ferramentas que nós creamos. 352 00:19:04,000 --> 00:19:07,000 O mesmo pasará cos estudantes e coa xente máis creativa, 353 00:19:07,000 --> 00:19:09,000 escritores e xente así. 354 00:19:10,000 --> 00:19:12,000 En canto ás universidades, hai unhas 250 en todo o mundo 355 00:19:12,000 --> 00:19:15,000 que imparten cursos sobre videoxogos. 356 00:19:15,000 --> 00:19:18,000 Eso significa que hai, literalmente, miles de novas ideas. 357 00:19:18,000 --> 00:19:21,000 Algunhas ideas son realmente espantosas e outras son fantásticas. 358 00:19:21,000 --> 00:19:23,000 Non hai nada peor que ter que escoitar a alguén 359 00:19:23,000 --> 00:19:25,000 intentando lanzarche unha funesta idea sobre videoxogos. 360 00:19:25,000 --> 00:19:31,000 (Risas) 361 00:19:31,000 --> 00:19:33,000 Chris Anderson: Estás fóra, estás fóra. Xa está. 362 00:19:33,000 --> 00:19:36,000 Xa non ten tempo. 363 00:19:36,000 --> 00:19:38,000 DP: Só teño un pouquiño máis, se mo permites. 364 00:19:38,000 --> 00:19:40,000 CA: Adiante, estarei xusto aquí. 365 00:19:40,000 --> 00:19:41,000 (Risas) 366 00:19:41,000 --> 00:19:44,000 DP: Esta é boa porque son estudantes indo á escola despois de clase. 367 00:19:44,000 --> 00:19:47,000 A escola está pechada. Volven pola noite 368 00:19:47,000 --> 00:19:49,000 porque queren lanzar as súas ideas sobre videoxogos. 369 00:19:49,000 --> 00:19:50,000 Estou sentado diante da clase 370 00:19:50,000 --> 00:19:52,000 e están lanzando a súas ideas de verdade. 371 00:19:52,000 --> 00:19:54,000 Polo tanto, é difícil facer que os estudantes volvan a clase, 372 00:19:54,000 --> 00:19:55,000 pero é posible. 373 00:19:55,000 --> 00:19:58,000 Esta é a miña filla, chámase Emma e ten 17 meses. 374 00:19:58,000 --> 00:20:01,000 Estívenme preguntando como será a experiencia de Emma 375 00:20:01,000 --> 00:20:03,000 no mundo dos videoxogos. 376 00:20:03,000 --> 00:20:06,000 Como amosei aquí, o público témolo. 377 00:20:06,000 --> 00:20:09,000 Ela nunca vai coñecer un mundo no que non poidas pulsar un botón 378 00:20:09,000 --> 00:20:11,000 e ter a millóns de persoas listas para xogar. 379 00:20:11,000 --> 00:20:13,000 Xa sabedes, nós temos a tecnoloxía. 380 00:20:13,000 --> 00:20:15,000 Ela nunca vai coñecer un mundo onde os gráficos 381 00:20:15,000 --> 00:20:17,000 non sexan impresionantes e verdadeiramente aditivos. 382 00:20:17,000 --> 00:20:20,000 Como amosou o vídeo do estudante, podemos chocar e mover. 383 00:20:20,000 --> 00:20:22,000 Ela nunca vai coñecer un mundo onde os videoxogos 384 00:20:22,000 --> 00:20:25,000 non sexan incriblemente emocionais e probablemente a fagan chorar. 385 00:20:25,000 --> 00:20:27,000 Só desexo que lle gusten os videoxogos. 386 00:20:27,000 --> 00:20:28,000 (Risas) 387 00:20:28,000 --> 00:20:29,000 Aí vai a miña derradeira reflexión. 388 00:20:29,000 --> 00:20:31,000 Na superficie, os xogos parecen un entretemento sinxelo, 389 00:20:31,000 --> 00:20:33,000 pero para aqueles aos que lles guste mirar un pouco máis alá, 390 00:20:33,000 --> 00:20:36,000 o novo paradigma dos videoxogos podería abrir completamente novas fronteiras 391 00:20:36,000 --> 00:20:38,000 para as mentes creativas ás que lles gusta pensar en grande. 392 00:20:39,000 --> 00:20:41,000 Onde mellor que aquí en TED para retar a esas mentes? 393 00:20:41,000 --> 00:20:42,000 Grazas. 394 00:20:42,000 --> 00:20:44,000 Chris Anderson: David Perry, iso foi xenial.