WEBVTT 00:00:00.000 --> 00:00:02.000 Medrei en Irlanda do Norte, 00:00:02.000 --> 00:00:04.000 xusto arriba de todo, 00:00:04.000 --> 00:00:06.000 onde vai un frío de medo. 00:00:07.000 --> 00:00:10.000 Este son eu correndo polo xardín en pleno verán. NOTE Paragraph 00:00:10.000 --> 00:00:11.000 (Risas) NOTE Paragraph 00:00:11.000 --> 00:00:12.000 Non puiden escoller unha carreira. 00:00:12.000 --> 00:00:14.000 En Irlanda, a escolla obvia é a militar, 00:00:14.000 --> 00:00:18.000 pero, a dicir verdade, é unha merda. NOTE Paragraph 00:00:18.000 --> 00:00:19.000 (Risas) NOTE Paragraph 00:00:19.000 --> 00:00:22.000 Miña nai quería que fose dentista. 00:00:22.000 --> 00:00:24.000 O problema era que a xente non deixaba de voar cousas. 00:00:24.000 --> 00:00:26.000 De feito, fun á escola en Belfast, 00:00:26.000 --> 00:00:28.000 que era onde estaba toda a acción. 00:00:28.000 --> 00:00:30.000 Esta é unha visión compartida. 00:00:30.000 --> 00:00:32.000 A miña escola era bastante aburrida. 00:00:32.000 --> 00:00:34.000 Facíannos aprender cousas como latín. 00:00:35.000 --> 00:00:37.000 Os mestres non se divertían moito, 00:00:37.000 --> 00:00:39.000 e os deportes eran moi sucios ou dolorosos. 00:00:39.000 --> 00:00:42.000 Así que, arteiramente, escollín remo, no que fun moi bo. NOTE Paragraph 00:00:42.000 --> 00:00:44.000 De feito, aquí estaba remando para a miña escola 00:00:44.000 --> 00:00:47.000 ata este día fatídico no que envorquei 00:00:47.000 --> 00:00:48.000 diante de todo o colexio. 00:00:48.000 --> 00:00:50.000 Esa de aí era a meta. NOTE Paragraph 00:00:50.000 --> 00:00:51.000 (Risas) NOTE Paragraph 00:00:51.000 --> 00:00:52.000 Foi tremendamente bochornoso. 00:00:52.000 --> 00:00:55.000 Nesa época, a escola conseguiu unha bolsa do goberno 00:00:55.000 --> 00:00:57.000 e mercaron un computador incrible: a máquina de investigación 3DZ. 00:00:57.000 --> 00:01:00.000 Deixaron á vista os manuais de programación 00:01:01.000 --> 00:01:03.000 e os estudantes coma min, sen moito que facer, 00:01:03.000 --> 00:01:05.000 aprendemos a programalo. 00:01:05.000 --> 00:01:07.000 Neste momento, nas casas, 00:01:07.000 --> 00:01:08.000 este era o computador que estaba a mercar a xente. 00:01:08.000 --> 00:01:11.000 Chamábase Sinclair ZX80. Era un computador de 1 kB 00:01:11.000 --> 00:01:14.000 e os programas mercábanse en casete. NOTE Paragraph 00:01:14.000 --> 00:01:16.000 De feito, vou facer unha pausa dun segundo 00:01:16.000 --> 00:01:18.000 porque oín que hai un prerrequisito para falar en TED... 00:01:18.000 --> 00:01:21.000 Tes que ter unha foto vella túa co pelo longo, 00:01:21.000 --> 00:01:23.000 así que trouxen unha foto co pelo longo. NOTE Paragraph 00:01:23.000 --> 00:01:24.000 (Risas) NOTE Paragraph 00:01:24.000 --> 00:01:26.000 Só quería quitarmo de enriba. 00:01:26.000 --> 00:01:30.000 Entón, despois do Sinclair ZX80, chegou o moi enxeñosamente chamado 00:01:30.000 --> 00:01:32.000 Sinclair ZX81. NOTE Paragraph 00:01:32.000 --> 00:01:33.000 (Risas) NOTE Paragraph 00:01:33.000 --> 00:01:34.000 E... vedes a foto de abaixo? 00:01:34.000 --> 00:01:36.000 Hai unha foto dun home facendo os deberes co seu fillo. 00:01:36.000 --> 00:01:39.000 Pensaban que o fixeran para iso. 00:01:39.000 --> 00:01:41.000 A realidade é que collemos o manual de programación 00:01:41.000 --> 00:01:42.000 e comezamos a facer xogos para el. 00:01:42.000 --> 00:01:43.000 Programabamos en BASIC, 00:01:43.000 --> 00:01:45.000 que é unha linguaxe bastante horrible para xogos, 00:01:45.000 --> 00:01:47.000 así que rematamos aprendendo a linguaxe ensambladora 00:01:47.000 --> 00:01:50.000 para poder controlar o hardware de verdade. 00:01:50.000 --> 00:01:52.000 Este é o tipo que o inventou, Sir Clive Sinclair, 00:01:52.000 --> 00:01:53.000 que está amosando a súa máquina. 00:01:53.000 --> 00:01:55.000 Tiñades o mesmo en América, 00:01:55.000 --> 00:01:57.000 chamábase Timex Sinclair1000. NOTE Paragraph 00:01:58.000 --> 00:02:00.000 Para xogar daquela tiñas que ter imaxinación 00:02:00.000 --> 00:02:03.000 para crer que estabas a xogar ao "Battlestar Galactica". 00:02:03.000 --> 00:02:06.000 Os gráficos eran arrepiantes. 00:02:06.000 --> 00:02:08.000 Tiñas que ter unha imaxinación aínda mellor para xogar a este, 00:02:08.000 --> 00:02:09.000 o "Death Rider". 00:02:09.000 --> 00:02:11.000 Por suposto, os científicos non se puideron resistir 00:02:11.000 --> 00:02:14.000 e comezaron a crear o seus propios videoxogos. 00:02:14.000 --> 00:02:18.000 Este é un dos meus favoritos, onde simulan cría de coellos 00:02:18.000 --> 00:02:21.000 e os machos escollen á coella afortunada. NOTE Paragraph 00:02:21.000 --> 00:02:23.000 Foi nesta época cando pasamos de 1 kB a 16 kB, 00:02:23.000 --> 00:02:25.000 o que foi un bo progreso. 00:02:25.000 --> 00:02:27.000 Se vos preguntades canto son 16 kB, 00:02:27.000 --> 00:02:29.000 este logo de eBay é de 16 kB. 00:02:29.000 --> 00:02:32.000 Nesa cantidade de memoria, alguén programou 00:02:32.000 --> 00:02:34.000 un programa completo de simulación de voo. 00:02:34.000 --> 00:02:36.000 Ese era o seu aspecto. 00:02:36.000 --> 00:02:39.000 Eu pasei moito tempo usando este simulador de voo 00:02:39.000 --> 00:02:42.000 e, honestamente, ao final, cría saber pilotar avións. NOTE Paragraph 00:02:42.000 --> 00:02:46.000 Aquí está Clive Sinclair presentando o seu computador a cor. 00:02:46.000 --> 00:02:49.000 É coñecido como o pai dos videoxogos en Europa. 00:02:49.000 --> 00:02:51.000 É multimillonario. Creo que por iso 00:02:51.000 --> 00:02:53.000 está sorrindo nesta foto. NOTE Paragraph 00:02:53.000 --> 00:02:55.000 Durante os 20 anos seguintes, 00:02:55.000 --> 00:02:57.000 seguín creando moitos xogos diferentes. 00:02:57.000 --> 00:02:59.000 Algúns dos máis destacados foron "The Terminator", 00:02:59.000 --> 00:03:02.000 "Aladdin" e "Teenage Mutant Hero Turtles". 00:03:02.000 --> 00:03:03.000 Como eu era do Reino Unido, 00:03:03.000 --> 00:03:07.000 pensaron que a palabra "ninja" era un pouco ruín para os cativos, 00:03:07.000 --> 00:03:09.000 así que decidiron cambialo por "heroe". 00:03:09.000 --> 00:03:11.000 Persoalmente, prefiro a versión española, 00:03:11.000 --> 00:03:13.000 que foi "Tortugas Ninja". 00:03:13.000 --> 00:03:15.000 Esa foi xenial. NOTE Paragraph 00:03:15.000 --> 00:03:17.000 (Risas) NOTE Paragraph 00:03:17.000 --> 00:03:21.000 O último xogo que fixen intentaba conseguir que a industria dos videoxogos 00:03:21.000 --> 00:03:24.000 e Hollywood traballasen xuntos en algo 00:03:24.000 --> 00:03:27.000 no canto de concedérense licenzas, traballaren de verdade. NOTE Paragraph 00:03:27.000 --> 00:03:29.000 Chris pediume que trouxese algunhas estatísticas, 00:03:29.000 --> 00:03:31.000 así que velaquí están. 00:03:31.000 --> 00:03:35.000 A industria dos videoxogos converteuse nun negocio de 29 mil millóns de dólares no 2005. 00:03:35.000 --> 00:03:36.000 Cada ano vai en aumento. 00:03:36.000 --> 00:03:38.000 O ano pasado foi o mellor. 00:03:38.000 --> 00:03:40.000 No 2008, darémoslle unha malleira á industria da música. 00:03:41.000 --> 00:03:44.000 No 2010, chegaremos aos 42 mil millóns. 00:03:45.000 --> 00:03:47.000 O 43 por cento dos xogadores son mulleres. 00:03:47.000 --> 00:03:49.000 Hai máis xogadoras do que a xente pensa. NOTE Paragraph 00:03:49.000 --> 00:03:51.000 A idade media dos xogadores? 00:03:51.000 --> 00:03:53.000 A ver, obviamente, é para cativos, non? 00:03:53.000 --> 00:03:54.000 Pois non, de feito é de 30 anos. 00:03:54.000 --> 00:03:58.000 E, curiosamente, os que mercan máis xogos son os de 37. 00:03:58.000 --> 00:04:00.000 Polo tanto, o noso público meta é o de 37. 00:04:01.000 --> 00:04:02.000 Todos os videoxogos son violentos. 00:04:02.000 --> 00:04:05.000 Por suposto, aos xornais encántalles incidir niso, 00:04:05.000 --> 00:04:09.000 pero o 83 por cento dos xogos non teñen ningún contido adulto, 00:04:09.000 --> 00:04:11.000 así que non é certo. NOTE Paragraph 00:04:11.000 --> 00:04:13.000 Estatísticas de xogos en liña. 00:04:13.000 --> 00:04:16.000 Merquei algunhas cousas en "World of Warcraft". Conta con 5,5 millóns de xogadores. 00:04:16.000 --> 00:04:19.000 Factura uns 80 millóns de dólares ao mes só en subscricións. 00:04:19.000 --> 00:04:22.000 Custa 50 dólares instalalo no computador, 00:04:22.000 --> 00:04:26.000 gañando a editorial outros 275 millóns. 00:04:26.000 --> 00:04:28.000 O xogo custa facelo uns 80 millóns de dólares, 00:04:28.000 --> 00:04:30.000 así que podemos dicir que se autopaga nun mes. 00:04:30.000 --> 00:04:33.000 Un xogador nun xogo chamado "Project Entropia" 00:04:33.000 --> 00:04:37.000 mercou a súa propia illa por 26.500 dólares. 00:04:37.000 --> 00:04:39.000 Tedes que lembrar que non é unha illa de verdade. 00:04:39.000 --> 00:04:41.000 En realidade, non mercou nada, só algúns datos. 00:04:41.000 --> 00:04:43.000 Pero obtivo unhas boas condicións. 00:04:43.000 --> 00:04:46.000 Esta compra incluía dereitos de minería e caza, 00:04:46.000 --> 00:04:48.000 a posesión de toda a terra da illa e un castelo 00:04:48.000 --> 00:04:50.000 sen amoblar. NOTE Paragraph 00:04:50.000 --> 00:04:51.000 (Risas) NOTE Paragraph 00:04:51.000 --> 00:04:55.000 Este mercado factura actualmente uns 800 millóns de dólares anuais. 00:04:55.000 --> 00:04:57.000 E o interesante é que o mercado foi creado 00:04:57.000 --> 00:04:59.000 polos propios xogadores. 00:04:59.000 --> 00:05:01.000 Atoparon formas enxeñosas de comerciar con artigos 00:05:01.000 --> 00:05:03.000 e de vender a súas contas entre eles 00:05:03.000 --> 00:05:05.000 para poder gañar cartos mentres xogaban . 00:05:05.000 --> 00:05:07.000 Hai un par de días, metinme en eBay 00:05:07.000 --> 00:05:11.000 só para ver o que se cocía. Busquei por World of Warcraft e apareceron 6.000 produtos. 00:05:11.000 --> 00:05:13.000 Este foi o que máis me gustou: 00:05:13.000 --> 00:05:17.000 un Warlock de nivel 60 con moitos atributos épicos por 174.000 dólares. 00:05:17.000 --> 00:05:20.000 Nótase que ao rapaz lle deu moito traballo crealo. NOTE Paragraph 00:05:22.000 --> 00:05:24.000 En canto á popularidade dos xogos, 00:05:24.000 --> 00:05:26.000 que pensades que está a facer esta xente aquí? 00:05:26.000 --> 00:05:31.000 Resulta que están no Hollywood Bowl en Los Ángeles 00:05:31.000 --> 00:05:34.000 escoitando á Filarmónica de Los Ángeles tocando música de videoxogos. 00:05:34.000 --> 00:05:35.000 Velaquí a pinta que ten este espectáculo. 00:05:35.000 --> 00:05:37.000 Poderiades esperar que fose noxento, pero diso nada. 00:05:37.000 --> 00:05:39.000 É un concerto precioso e moi épico. 00:05:39.000 --> 00:05:41.000 Os asistentes quedaron totalmente marabillados. NOTE Paragraph 00:05:42.000 --> 00:05:43.000 Que pensades que está a facer esta xente? 00:05:43.000 --> 00:05:45.000 Pois están traendo os seus computadores para poder xogar 00:05:45.000 --> 00:05:47.000 os uns contra os outros. 00:05:47.000 --> 00:05:49.000 Isto ten lugar en cidades de todo o mundo. 00:05:49.000 --> 00:05:51.000 Tamén ocorre nas vosas cidades, 00:05:51.000 --> 00:05:52.000 pero probablemente non o sabedes. NOTE Paragraph 00:05:52.000 --> 00:05:55.000 Chris díxome que tiñades un vídeo cronolóxico hai uns anos 00:05:55.000 --> 00:05:59.000 para amosar como foron mellorando os gráficos dos videoxogos. 00:05:59.000 --> 00:06:02.000 Quixen actualizar ese vídeo e darvos unha nova visión. 00:06:02.000 --> 00:06:04.000 Quero que intentedes entendelo. 00:06:04.000 --> 00:06:06.000 Nós estamos nesta curva e os gráficos van mellorando 00:06:06.000 --> 00:06:08.000 dunha forma irrisoria. 00:06:08.000 --> 00:06:11.000 Vouvos amosar ata o 2007 quizais. 00:06:11.000 --> 00:06:13.000 Quero que intentedes pensar en como poderían chegar a ser os xogos 00:06:13.000 --> 00:06:15.000 de aquí en 10 anos. 00:06:15.000 --> 00:06:17.000 Imos co vídeo, logo. NOTE Paragraph 00:06:18.000 --> 00:06:21.000 Vídeo: A xente leva xogando durante toda a historia do ser humano. 00:06:21.000 --> 00:06:24.000 O intelecto do home e a tecnoloxía foron evolucionando 00:06:24.000 --> 00:06:27.000 así como os seus xogos. NOTE Paragraph 00:06:27.000 --> 00:08:47.000 (Música) NOTE Paragraph 00:08:47.000 --> 00:08:50.000 (Aplauso) NOTE Paragraph 00:08:50.000 --> 00:08:52.000 David Perry: O que non quero é que miredes 00:08:52.000 --> 00:08:54.000 estes gráficos e pensedes que isto é o que hai. 00:08:54.000 --> 00:08:56.000 Pensade que é onde estamos agora 00:08:56.000 --> 00:08:58.000 e a curva na que estamos significa que isto 00:08:58.000 --> 00:09:00.000 irá a mellor. 00:09:00.000 --> 00:09:02.000 Este é un exemplo do tipo de gráficos que necesitades poder debuxar 00:09:02.000 --> 00:09:05.000 se queredes traballar na industria dos videoxogos hoxe en día. 00:09:05.000 --> 00:09:07.000 Realmente, tedes que ser uns artistas excepcionais. 00:09:07.000 --> 00:09:09.000 E cando xa teñamos abondos, quereremos 00:09:09.000 --> 00:09:10.000 máis artistas fantásticos que poidan crear lugares 00:09:10.000 --> 00:09:13.000 onde non estivéramos antes ou personaxes 00:09:13.000 --> 00:09:14.000 que non víramos nunca. NOTE Paragraph 00:09:15.000 --> 00:09:18.000 Para min, o normal hoxe é falar de gráficos e audio. 00:09:18.000 --> 00:09:20.000 Se fosedes a un congreso de programadores de xogos, 00:09:20.000 --> 00:09:22.000 do que todos falan é de emoción, intención, 00:09:22.000 --> 00:09:24.000 significado, interpretación e sentimento. 00:09:24.000 --> 00:09:27.000 Escoitariades cousas como: pode un videoxogo facervos chorar? 00:09:27.000 --> 00:09:30.000 Son estes os temas que realmente nos importan. NOTE Paragraph 00:09:30.000 --> 00:09:33.000 Atopeime cun estudante absolutamente brillante 00:09:33.000 --> 00:09:36.000 á hora de expresarse e este estudante acordou 00:09:36.000 --> 00:09:40.000 que non amosaría o seu vídeo a ninguén ata 00:09:40.000 --> 00:09:41.000 que o visedes aquí en TED. 00:09:41.000 --> 00:09:43.000 Gustaríame poñer este vídeo. 00:09:43.000 --> 00:09:47.000 Esta é a opinión dun estudante sobre a súa experiencia cos xogos. NOTE Paragraph 00:09:47.000 --> 00:09:50.000 Vídeo: Eu, coma moitos de vós, vivo nalgún sitio entre 00:09:50.000 --> 00:09:52.000 a realidade e os videoxogos. 00:09:52.000 --> 00:09:56.000 Unha parte de min, unha persoa de verdade, que respira, 00:09:56.000 --> 00:10:00.000 converteuse en programada, electrónica e virtual. 00:10:00.000 --> 00:10:02.000 A fronteira do meu cerebro que separa a realidade da fantasía 00:10:02.000 --> 00:10:04.000 comezou a derrubarse, finalmente. 00:10:05.000 --> 00:10:08.000 Son adicto aos videoxogos e esta é a miña historia. NOTE Paragraph 00:10:08.000 --> 00:10:24.000 (Música) NOTE Paragraph 00:10:24.000 --> 00:10:25.000 No ano do meu nacemento, 00:10:25.000 --> 00:10:29.000 a Nintendo Entertainment System tamén entrou en desenvolvemento. 00:10:34.000 --> 00:10:36.000 Xoguei no xardín de atrás, aprendín a ler 00:10:36.000 --> 00:10:38.000 e aínda comín algunhas verduras. 00:10:38.000 --> 00:10:42.000 Pasei a maior parte da miña infancia xogando cos Legos. 00:10:43.000 --> 00:10:45.000 Pero, ao igual que a maioría da miña xeración, 00:10:45.000 --> 00:10:48.000 pasei moito tempo diante da tele. 00:10:48.000 --> 00:10:51.000 Mr. Rogers, Walt Disney, Nick Junior 00:10:51.000 --> 00:10:54.000 e aproximadamente medio millón de anuncios 00:10:54.000 --> 00:10:56.000 deixáronme marcado sen dúbida. NOTE Paragraph 00:10:57.000 --> 00:10:59.000 Cando meus pais nos mercaron a nosa primeira Nintendo á miña irmá e a min, 00:10:59.000 --> 00:11:03.000 fose cal fose a calidade aditiva inherente que tivese este entretemento 00:11:03.000 --> 00:11:09.000 electrónico interactivo, axiña prendeu en min. 00:11:14.000 --> 00:11:17.000 Nalgún momento, vino todo claro. NOTE Paragraph 00:11:17.000 --> 00:11:23.000 (Música) NOTE Paragraph 00:11:23.000 --> 00:11:25.000 Coa combinación de historias sinxelas e interactivas 00:11:25.000 --> 00:11:29.000 e a calor da tele, a miña simple Nintendo de 16 bits 00:11:29.000 --> 00:11:31.000 converteuse en máis que unha fuxida. 00:11:31.000 --> 00:11:35.000 Converteuse nunha existencia alternativa, a miña realidade virtual. NOTE Paragraph 00:11:35.000 --> 00:11:53.000 (Música) NOTE Paragraph 00:11:53.000 --> 00:11:55.000 Son adicto aos videoxogos e non é polo 00:11:55.000 --> 00:11:56.000 número de horas que pasei xogando 00:11:56.000 --> 00:12:00.000 ou as noites que non durmía por rematar o seguinte nivel. 00:12:00.000 --> 00:12:03.000 É porque tiven experiencias no espazo virtual que modificaron a miña vida 00:12:03.000 --> 00:12:06.000 e os videoxogos comezaron a erosionar a miña propia percepción 00:12:06.000 --> 00:12:09.000 do que é real e o que non. 00:12:10.000 --> 00:12:13.000 Son adicto porque, aínda que sei que estou a perder o contacto coa realidade, 00:12:13.000 --> 00:12:16.000 aínda o devezo máis. NOTE Paragraph 00:12:16.000 --> 00:12:26.000 (Música) NOTE Paragraph 00:12:26.000 --> 00:12:29.000 Desde cativo, aprendín a involucrarme emocionalmente 00:12:29.000 --> 00:12:32.000 no que se revelaba ante min na pantalla. 00:12:32.000 --> 00:12:36.000 Hoxe, despois de 20 anos vendo como a tele me volve emocional, 00:12:36.000 --> 00:12:40.000 incluso un anuncio de seguros decente pode arrancarme unhas bágoas. 00:12:44.000 --> 00:12:47.000 Só son un dunha nova xeración que está medrando. 00:12:47.000 --> 00:12:50.000 Unha xeración que pode experimentar moito máis significado 00:12:50.000 --> 00:12:53.000 mediante os videoxogos que mediante o mundo real. 00:12:54.000 --> 00:12:56.000 Os videoxogos están preto de dar un salto evolutivo, 00:12:56.000 --> 00:12:59.000 un punto onde os mundos dos xogos parecerán e percibiranse coma reais, 00:12:59.000 --> 00:13:02.000 como as películas que vemos nos teatros ou as noticias que vemos na tele. 00:13:02.000 --> 00:13:04.000 E, mentres a miña sensación de libre albedrío nestes mundos virtuais 00:13:04.000 --> 00:13:08.000 aínda pode estar limitada, podo aplicar o que aprendo á miña vida real. 00:13:09.000 --> 00:13:11.000 Xogade abondo aos videoxogos e, ao final, 00:13:11.000 --> 00:13:14.000 creredes que podedes facer snowboard, pilotar un avión, 00:13:14.000 --> 00:13:18.000 conducir case medio quilómetro en nove segundos ou matar a un home. 00:13:18.000 --> 00:13:21.000 Sei que podo. NOTE Paragraph 00:13:25.000 --> 00:13:28.000 A diferenza de calquer fenómeno da cultura pop anterior, 00:13:28.000 --> 00:13:30.000 os videoxogos permítennos converternos en parte da máquina. 00:13:30.000 --> 00:13:33.000 Permítennos sublimarnos na cultura do interactivo, 00:13:33.000 --> 00:13:37.000 o descargado, o tempo real e a realidade en alta definición. 00:13:37.000 --> 00:13:39.000 Estamos interactuando co noso entretemento. 00:13:40.000 --> 00:13:42.000 Cheguei a esperar este nivel de interacción. 00:13:42.000 --> 00:13:45.000 Sen el, os problemas que afrontamos no mundo real 00:13:45.000 --> 00:13:50.000 (pobreza, guerras, enfermidades e xenocidio) carecen da frivolidade que deberían. 00:13:51.000 --> 00:13:53.000 A súa importancia confúndese co drama sensacionalista 00:13:53.000 --> 00:13:56.000 do horario de máxima audiencia da tele. NOTE Paragraph 00:13:56.000 --> 00:13:59.000 A beleza dos videoxogos, hoxe, non reside nos gráficos realistas, 00:13:59.000 --> 00:14:02.000 os joysticks vibrantes ou o son envolvente virtual. 00:14:03.000 --> 00:14:06.000 Reside en que estes xogos comezan a emocionarme. 00:14:07.000 --> 00:14:10.000 Teño loitado en guerras, temendo pola miña propia supervivencia, 00:14:10.000 --> 00:14:14.000 teño visto morrer ós meus séquitos en praias e bosques que semellaban 00:14:14.000 --> 00:14:17.000 máis reais que calquera libro de texto ou historia das noticias. NOTE Paragraph 00:14:18.000 --> 00:14:20.000 A xente que crea estes xogos é intelixente. 00:14:20.000 --> 00:14:24.000 Saben o que me dá medo, me excita, me aterra, me enche de orgullo ou me entristece. 00:14:24.000 --> 00:14:28.000 Logo usan estas emocións para dimensionar os mundo que crean. 00:14:28.000 --> 00:14:30.000 Un videoxogo ben deseñado tecerá sen problemas 00:14:30.000 --> 00:14:33.000 ao usuario na fábrica da experiencia virtual. 00:14:33.000 --> 00:14:35.000 Segundo vas gañando experiencia, 00:14:35.000 --> 00:14:38.000 a conciencia do control físico esvaécese. 00:14:38.000 --> 00:14:40.000 Sei o que quero e fágoo. 00:14:40.000 --> 00:14:45.000 Sen botóns que pulsar, sen gatillos dos que tirar, só o xogo e máis eu. 00:14:45.000 --> 00:14:49.000 O meu destino e o do mundo que me rodea está nas miñas mans. 00:14:53.000 --> 00:14:56.000 Sei que os videoxogos violentos preocupan a miña nai. 00:14:56.000 --> 00:14:58.000 O que me preocupa a min non é que a violencia do videoxogo 00:14:58.000 --> 00:15:01.000 se volva máis como a violencia da vida real, 00:15:01.000 --> 00:15:04.000 senón que a violencia da vida real estea empezando a semellarse máis 00:15:04.000 --> 00:15:06.000 á dun videoxogo. NOTE Paragraph 00:15:06.000 --> 00:15:13.000 (Música) NOTE Paragraph 00:15:13.000 --> 00:15:16.000 Todos estes son problemas alleos a min. 00:15:16.000 --> 00:15:18.000 Eu, pola contra, teño un problema moi preto da casa. 00:15:18.000 --> 00:15:21.000 Algo lle pasou ao meu cerebro. NOTE Paragraph 00:15:21.000 --> 00:15:32.000 (Música) NOTE Paragraph 00:15:32.000 --> 00:15:34.000 Quizáis haxa unha parte do noso cerebro que recolle 00:15:34.000 --> 00:15:36.000 todos os nosos instintos viscerais, o que sabemos facer 00:15:36.000 --> 00:15:38.000 incluso antes de pensalo. 00:15:38.000 --> 00:15:41.000 Mentres algúns instintos poden ser innatos, a maioría son adquiridos 00:15:41.000 --> 00:15:43.000 e todos están conectados directamente aos nosos cerebros. 00:15:44.000 --> 00:15:49.000 Estes instintos son esenciais para a supervivencia nos mundos real e virtual. 00:15:54.000 --> 00:15:56.000 Nos últimos anos, a tecnoloxía detrás dos videoxogos 00:15:56.000 --> 00:16:00.000 permitiu unha verdadeira superposición dos estímulos. 00:16:00.000 --> 00:16:03.000 Como xogadores, vivimos segundo as mesmas leis da física 00:16:03.000 --> 00:16:05.000 nas mesmas cidades e facendo moitas das mesmas cousas 00:16:05.000 --> 00:16:09.000 que fixemos algunha vez na vida real, só que virtualmente. 00:16:09.000 --> 00:16:11.000 Considerade isto: 00:16:11.000 --> 00:16:14.000 o meu coche real ten uns 40.233 quilómetros. 00:16:14.000 --> 00:16:19.000 En todos os meus xogos de condución, fixen un total de 50.628 quilómetros. 00:16:19.000 --> 00:16:22.000 Ata certo punto, aprendín a conducir a través dos xogos. 00:16:22.000 --> 00:16:24.000 As entradas sensoriais son moi similares. 00:16:24.000 --> 00:16:26.000 É unha sensación divertida cando pasas máis tempo 00:16:26.000 --> 00:16:29.000 facendo algo na tele que na vida real. 00:16:30.000 --> 00:16:33.000 Cando conduzo rúa abaixo durante o solpor, o único que penso é 00:16:33.000 --> 00:16:36.000 que iso é case tan fermoso como os meus xogos. NOTE Paragraph 00:16:36.000 --> 00:16:38.000 Son perfectos para os meus mundos virtuais. 00:16:38.000 --> 00:16:41.000 Máis fermoso e rico que o mundo real que nos rodea. 00:16:41.000 --> 00:16:44.000 Non estou seguro de cales son as implicacións da miña experiencia, 00:16:44.000 --> 00:16:48.000 pero o potencial para usar estímulos de videoxogos realistas en repetición 00:16:48.000 --> 00:16:52.000 nun amplo número de participantes leais asústame. 00:16:52.000 --> 00:16:55.000 Hoxe, creo que "O grande irmán" tería moito máis éxito 00:16:55.000 --> 00:16:57.000 lavándolles o cerebro ás masas con videoxogos 00:16:57.000 --> 00:17:00.000 máis que só con televisións. 00:17:00.000 --> 00:17:03.000 Os videoxogos son divertidos, atractivos e deixan o cerebro 00:17:03.000 --> 00:17:06.000 completamente vulnerable á reprogramación. 00:17:07.000 --> 00:17:10.000 Quizais o lavado de cerebro non sexa sempre malo. NOTE Paragraph 00:17:10.000 --> 00:17:12.000 Imaxinade un xogo que nos aprenda a respectarnos entre nós 00:17:12.000 --> 00:17:15.000 ou nos axude a entender os problemas ao que nos afrontamos todos 00:17:15.000 --> 00:17:16.000 no mundo real. 00:17:16.000 --> 00:17:18.000 Tamén hai un potencial para facer o ben. 00:17:20.000 --> 00:17:22.000 É complicado, xa que os mundos virtuais seguen a reflectir 00:17:22.000 --> 00:17:25.000 o mundo real en que vivimos, que os programadores dos xogos se decaten 00:17:25.000 --> 00:17:27.000 de que teñen unhas responsabilidades tremendas ante eles. 00:17:28.000 --> 00:17:31.000 Non estou seguro do que nos depara o futuro dos videoxogos 00:17:31.000 --> 00:17:32.000 para a nosa civilización. 00:17:32.000 --> 00:17:36.000 Mais como o mundo virtual e real experimentan unha crecente superposición, 00:17:36.000 --> 00:17:38.000 hai un potencial máis e máis grande para que outra xente 00:17:38.000 --> 00:17:41.000 se sinta coma min. NOTE Paragraph 00:17:42.000 --> 00:17:44.000 Do que me decatei recentemente 00:17:44.000 --> 00:17:48.000 é de que, máis alá dos gráficos, o son, o xogo e a emoción, 00:17:48.000 --> 00:17:51.000 é o poder de acabar coa realidade o que me resulta 00:17:51.000 --> 00:17:53.000 tan fascinante e aditivo. 00:17:53.000 --> 00:17:55.000 Sei que estou a perder a miña conexión coa realidade. 00:17:55.000 --> 00:17:59.000 Unha parte de min está esperando para deixala ir. 00:18:02.000 --> 00:18:05.000 sei, porén, que non importa o fascinantes que poden chegar a ser os videoxogos, 00:18:05.000 --> 00:18:08.000 ou o monótono que nos poida parecer o mundo real, 00:18:08.000 --> 00:18:11.000 Acho que debemos ser conscientes do que os nosos xogos nos aprenden 00:18:11.000 --> 00:18:16.000 e como nos fan sentir cando finalmente desconectamos. NOTE Paragraph 00:18:19.000 --> 00:18:20.000 (Aplauso) NOTE Paragraph 00:18:20.000 --> 00:18:21.000 DP: Guau. NOTE Paragraph 00:18:21.000 --> 00:18:28.000 (Aplauso) NOTE Paragraph 00:18:28.000 --> 00:18:31.000 Creo que ese vídeo da moito no que pensar, 00:18:31.000 --> 00:18:33.000 por iso quixen traelo aquí para que o vísedes. 00:18:33.000 --> 00:18:35.000 O máis interesante del é que o normal 00:18:35.000 --> 00:18:38.000 para min era falar de gráficos e audio. 00:18:38.000 --> 00:18:41.000 Como escoitastes, Michael tamén falou de todos estes elementos. 00:18:42.000 --> 00:18:44.000 Os videoxogos tamén nos dan outras cousas tremendas, 00:18:44.000 --> 00:18:45.000 por iso a xente se volve tan adicta. 00:18:45.000 --> 00:18:47.000 O máis importante é que sexa divertido. NOTE Paragraph 00:18:47.000 --> 00:18:49.000 O nome desta pista é "The Magic To Come". 00:18:49.000 --> 00:18:50.000 Quen van ser os autores de todo isto? 00:18:50.000 --> 00:18:52.000 Os mellores directores do mundo 00:18:52.000 --> 00:18:53.000 e así como todos pensamos, non si? 00:18:53.000 --> 00:18:54.000 Non o creo. 00:18:54.000 --> 00:18:57.000 Creo que vai vir dos rapaces que están medrando agora 00:18:57.000 --> 00:19:02.000 e que non están atascados con todo aquilo que lembramos nós do pasado. 00:19:02.000 --> 00:19:04.000 Farano á súa maneira, usando as ferramentas que nós creamos. 00:19:04.000 --> 00:19:07.000 O mesmo pasará cos estudantes e coa xente máis creativa, 00:19:07.000 --> 00:19:09.000 escritores e xente así. NOTE Paragraph 00:19:10.000 --> 00:19:12.000 En canto ás universidades, hai unhas 250 en todo o mundo 00:19:12.000 --> 00:19:15.000 que imparten cursos sobre videoxogos. 00:19:15.000 --> 00:19:18.000 Eso significa que hai, literalmente, miles de novas ideas. 00:19:18.000 --> 00:19:21.000 Algunhas ideas son realmente espantosas e outras son fantásticas. 00:19:21.000 --> 00:19:23.000 Non hai nada peor que ter que escoitar a alguén 00:19:23.000 --> 00:19:25.000 intentando lanzarche unha funesta idea sobre videoxogos. NOTE Paragraph 00:19:25.000 --> 00:19:31.000 (Risas) NOTE Paragraph 00:19:31.000 --> 00:19:33.000 Chris Anderson: Estás fóra, estás fóra. Xa está. 00:19:33.000 --> 00:19:36.000 Xa non ten tempo. NOTE Paragraph 00:19:36.000 --> 00:19:38.000 DP: Só teño un pouquiño máis, se mo permites. NOTE Paragraph 00:19:38.000 --> 00:19:40.000 CA: Adiante, estarei xusto aquí. NOTE Paragraph 00:19:40.000 --> 00:19:41.000 (Risas) NOTE Paragraph 00:19:41.000 --> 00:19:44.000 DP: Esta é boa porque son estudantes indo á escola despois de clase. 00:19:44.000 --> 00:19:47.000 A escola está pechada. Volven pola noite 00:19:47.000 --> 00:19:49.000 porque queren lanzar as súas ideas sobre videoxogos. 00:19:49.000 --> 00:19:50.000 Estou sentado diante da clase 00:19:50.000 --> 00:19:52.000 e están lanzando a súas ideas de verdade. 00:19:52.000 --> 00:19:54.000 Polo tanto, é difícil facer que os estudantes volvan a clase, 00:19:54.000 --> 00:19:55.000 pero é posible. NOTE Paragraph 00:19:55.000 --> 00:19:58.000 Esta é a miña filla, chámase Emma e ten 17 meses. 00:19:58.000 --> 00:20:01.000 Estívenme preguntando como será a experiencia de Emma 00:20:01.000 --> 00:20:03.000 no mundo dos videoxogos. 00:20:03.000 --> 00:20:06.000 Como amosei aquí, o público témolo. 00:20:06.000 --> 00:20:09.000 Ela nunca vai coñecer un mundo no que non poidas pulsar un botón 00:20:09.000 --> 00:20:11.000 e ter a millóns de persoas listas para xogar. 00:20:11.000 --> 00:20:13.000 Xa sabedes, nós temos a tecnoloxía. 00:20:13.000 --> 00:20:15.000 Ela nunca vai coñecer un mundo onde os gráficos 00:20:15.000 --> 00:20:17.000 non sexan impresionantes e verdadeiramente aditivos. 00:20:17.000 --> 00:20:20.000 Como amosou o vídeo do estudante, podemos chocar e mover. 00:20:20.000 --> 00:20:22.000 Ela nunca vai coñecer un mundo onde os videoxogos 00:20:22.000 --> 00:20:25.000 non sexan incriblemente emocionais e probablemente a fagan chorar. 00:20:25.000 --> 00:20:27.000 Só desexo que lle gusten os videoxogos. NOTE Paragraph 00:20:27.000 --> 00:20:28.000 (Risas) NOTE Paragraph 00:20:28.000 --> 00:20:29.000 Aí vai a miña derradeira reflexión. 00:20:29.000 --> 00:20:31.000 Na superficie, os xogos parecen un entretemento sinxelo, 00:20:31.000 --> 00:20:33.000 pero para aqueles aos que lles guste mirar un pouco máis alá, 00:20:33.000 --> 00:20:36.000 o novo paradigma dos videoxogos podería abrir completamente novas fronteiras 00:20:36.000 --> 00:20:38.000 para as mentes creativas ás que lles gusta pensar en grande. 00:20:39.000 --> 00:20:41.000 Onde mellor que aquí en TED para retar a esas mentes? NOTE Paragraph 00:20:41.000 --> 00:20:42.000 Grazas. NOTE Paragraph 00:20:42.000 --> 00:20:44.000 Chris Anderson: David Perry, iso foi xenial.