Por que os gobernos deberían priorizar o benestar
-
0:01 - 0:07A menos de dous quilómetros de aquí,
na cidade vella de Edimburgo, -
0:07 - 0:09atópase Panmure House.
-
0:10 - 0:11Panmure House
-
0:11 - 0:18foi a residencia do economista escocés
de renome mundial -
0:18 - 0:19Adam Smith.
-
0:20 - 0:25Na súa importante obra
"A riqueza das nacións", -
0:25 - 0:29Adam Smith defendía,
entre outras moitas cousas, -
0:29 - 0:32que a medida da riqueza dun país
-
0:32 - 0:36non a daban as súas reservas
de ouro e prata. -
0:36 - 0:42Era a totalidade da produción
e do comercio do país. -
0:42 - 0:49Supoño que foi unha das primeiras
descricións do que hoxe coñecemos -
0:49 - 0:52como produto interior bruto, PIB.
-
0:53 - 0:56Por suposto, desde entón
-
0:56 - 1:02esa medida da produción e
do comercio, o PIB, -
1:02 - 1:05ten cobrado aínda máis importancia,
-
1:05 - 1:06ata o punto de que hoxe --
-
1:06 - 1:10e penso que non era esa a intención
de Adam Smith -- -
1:10 - 1:15a miúdo considérase esa
a medida máis importante -
1:15 - 1:18do éxito global dun país.
-
1:18 - 1:24E o meu argumento hoxe é
que vai sendo hora de cambiar iso. -
1:25 - 1:30O que decidimos medir
como país é importante. -
1:30 - 1:34Ten verdadeira importancia porque
determina o centro de atención política, -
1:34 - 1:38impulsa a actividade pública.
-
1:38 - 1:40E nese contexto
-
1:40 - 1:47penso que as limitacións do PIB
como medida do éxito nacional -
1:47 - 1:50son demasiado evidentes.
-
1:50 - 1:55O PIB mide o froito
de todo o noso traballo, -
1:56 - 1:59pero non di nada sobre a natureza
dese traballo, -
1:59 - 2:03sobre se ese traballo paga a pena
ou é gratificante. -
2:03 - 2:10Por exemplo, asígnalle un valor
ao consumo de drogas ilegais, -
2:10 - 2:13pero non aos coidados non remunerados.
-
2:14 - 2:18Dá valor á actividade a curto prazo
-
2:18 - 2:25que impulsa a economía, aínda que
esa actividade cause un dano enorme -
2:25 - 2:30á sostibilidade do noso planeta
a longo prazo. -
2:31 - 2:34E reflexionamos sobre esta última década
-
2:34 - 2:37de conmoción política e económica,
-
2:38 - 2:41de crecentes desigualdades,
-
2:41 - 2:46e cando contemplamos os desafíos futuros
da emerxencia climática, -
2:46 - 2:48da automatización crecente,
-
2:48 - 2:51do envellecemento da poboación,
-
2:51 - 2:59entón penso que o argumento a favor
dunha definición máis ampla -
2:59 - 3:03do que significa ter éxito
como país, como sociedade, -
3:03 - 3:07cobra peso, cada vez máis.
-
3:07 - 3:10Por esa razón, en 2018 Escocia
-
3:10 - 3:15tomou a iniciativa na creación
dunha nova rede denominada -
3:15 - 3:21grupo de Gobernos pola Economía
do Benestar, -
3:21 - 3:23que reuniu como membros fundadores
-
3:23 - 3:29a Escocia, Islandia e Nova Zelandia.
-
3:29 - 3:33Polas iniciais en inglés, ás veces
chámannos os países S.I.N. [pecado], -
3:33 - 3:37aínda que o noso obxectivo
é claramente o ben común. -
3:38 - 3:42E o obxectivo deste grupo
é cuestionar ese interese -
3:42 - 3:44na medición restrinxida do PIB.
-
3:45 - 3:48É dicir que, si, o crecemento económico
conta -- -
3:48 - 3:50é importante --
-
3:50 - 3:54pero non é o único importante.
-
3:54 - 4:00E non debería perseguirse o crecemento
do PIB a calquera prezo. -
4:01 - 4:04De feito, a tese dese grupo
-
4:04 - 4:08é que a meta, o obxectivo
da política económica -
4:08 - 4:11debería ser o benestar colectivo:
-
4:11 - 4:15Canta felicidade e saúde
ten unha poboación -
4:15 - 4:19e non simplemente canta riqueza.
-
4:19 - 4:22Volverei sobre as implicacións políticas
diso nun intre. -
4:22 - 4:25Pero penso que especialmente
no mundo no que vivimos hoxe -
4:25 - 4:28ten unha repercusión máis profunda.
-
4:28 - 4:30Veredes, cando nos centramos no benestar,
-
4:30 - 4:33iniciamos unha conversa
-
4:33 - 4:37que suscita preguntas profundas
e fundamentais. -
4:37 - 4:40Que é o que de verdade nos importa
nas nosas vidas? -
4:41 - 4:45Que valoramos nas comunidades
nas que vivimos? -
4:45 - 4:49Que clase de país,
que clase de sociedade -
4:49 - 4:51queremos ser realmente?
-
4:52 - 4:55E cando implicamos á xente
nesas cuestións, -
4:55 - 4:57na busca de respostas a esas preguntas,
-
4:57 - 5:01entón penso que temos
máis probabilidades -
5:01 - 5:07de abordar o estrañamento
e a desafección pola política -
5:07 - 5:09que están hoxe tan estendidos
-
5:09 - 5:12por todo o mundo desenvolvido.
-
5:12 - 5:16En termos de políticas, esta viaxe
desde Escocia comezou alá polo 2007, -
5:16 - 5:20coa publicación do que chamamos
o noso Marco Nacional de Actuación, -
5:20 - 5:24no que víamos os distintos indicadores
cos que nos medimos. -
5:24 - 5:28Eses indicadores son cousas tan diversas
como a desigualdade de ingresos, -
5:28 - 5:30a felicidade dos nenos,
-
5:30 - 5:34o acceso a espazos verdes e a vivenda.
-
5:34 - 5:38Ningún destes está recollido
nas cifras de PIB, -
5:38 - 5:44pero son todos esenciais para
unha sociedade sa e feliz. -
5:44 - 5:50(Aplausos)
-
5:50 - 5:53E ese enfoque máis amplo é o núcleo
da nosa estratexia económica, -
5:53 - 5:57na que concedemos a mesma importancia
a reducir a desigualdade -
5:57 - 6:00ca á competitividade económica.
-
6:00 - 6:03Dá impulso ao noso compromiso
co traballo xusto, -
6:03 - 6:05ao garantir un traballo
gratificante e ben pagado. -
6:05 - 6:09Está trala nosa decisión de formar
unha Comisión para a Transición Xusta -
6:09 - 6:13que guíe os nosos pasos
cara a unha economía de cero emisións. -
6:13 - 6:17Sabemos polas transformacións
económicas do pasado -
6:17 - 6:21que se non imos con coidado,
vai haber máis perdedores ca gañadores. -
6:21 - 6:25E ao enfrontarnos ao reto do cambio
climático e a automatización, -
6:25 - 6:28non debemos cometer os mesmos erros.
-
6:28 - 6:31O que estamos a facer en Escocia
é, creo eu, importante, -
6:32 - 6:35pero temos moitísimo que aprender
doutros países. -
6:35 - 6:38Hai un intre mencionei os nosos socios
-
6:38 - 6:41na rede de Benestar:
-
6:41 - 6:43Islandia e Nova Zelandia.
-
6:43 - 6:47Cabe sinalar, e deixo que vós mesmos
decidades se ten importancia ou non, -
6:47 - 6:51que estes tres países están actualmente
dirixidos por mulleres. -
6:51 - 6:58(Aplausos)
-
7:02 - 7:04Tamén están a facer un gran traballo.
-
7:04 - 7:09Nova Zelandia fixo público en 2019
o seu primeiro Orzamento do Benestar, -
7:09 - 7:11incluíndo a saúde mental
como aspecto central; -
7:11 - 7:17Islandia vai diante en igualdade salarial,
garderías e permiso de paternidade -- -
7:17 - 7:20non son o tipo de medidas
nas que primeiro pensamos -
7:20 - 7:23cando falamos de crear
riqueza económica, -
7:23 - 7:28senón políticas esenciais
para unha economía sa -
7:28 - 7:30e unha sociedade feliz.
-
7:30 - 7:35Comecei con Adam Smith
e "A riqueza das nacións" -
7:35 - 7:40Nunha obra anterior de Adam Smith,
"A teoria dos sentimentos morais", -
7:40 - 7:43que, na miña opinión,
é igual de importante, -
7:43 - 7:47comenta que o valor de calquera goberno
-
7:47 - 7:49xúlgase en proporción
-
7:49 - 7:52á medida en que fai feliz á xente.
-
7:52 - 7:56Penso que é un bo principio fundamental
-
7:56 - 8:02para un grupo de países centrados
na promoción do benestar. -
8:02 - 8:05Ninguén de nós ten tódalas respostas,
-
8:05 - 8:08nin sequera Escocia,
o berce de Adam Smith, -
8:09 - 8:14Pero no mundo no que vivimos hoxe,
con crecente división e desigualdade, -
8:14 - 8:16con desafección e alienación,
-
8:16 - 8:18é máis importante ca nunca
-
8:18 - 8:22facernos e responder esas preguntas
-
8:22 - 8:26e fomentarmos unha visión da sociedade
-
8:26 - 8:31que teña o benestar, e non só a riqueza,
como centro -
8:31 - 8:38(Aplausos)
-
8:38 - 8:43Atopádesvos na fermosa, e soleada
capital... -
8:43 - 8:45(Risas)
-
8:45 - 8:50do país que liderou o mundo
na Ilustración, -
8:50 - 8:54o país que axudou a dirixir o mundo
cara á era industrial, -
8:54 - 8:56o país que neste mesmo momento
axuda a dirixir o mundo -
8:56 - 8:59cara á era das baixas emisións.
-
8:59 - 9:04quero, e estou decidida a que así sexa,
que Escocia sexa tamén o país -
9:04 - 9:09que axude a cambiar o centro de atención
de países e gobernos de todo o mundo -
9:09 - 9:14para colocar o benestar na base
de todo o que facemos. -
9:14 - 9:18Penso que lle debemos iso a esta xeración.
-
9:18 - 9:21Creo firmemente que lle debemos iso
á próxima xeración -
9:21 - 9:24e a tódolos que veñen detrás de nós.
-
9:24 - 9:27E se facemos iso desde aquí,
desde o país da Ilustración, -
9:27 - 9:32entón penso que crearemos
unha sociedade mellor, -
9:32 - 9:34máis sa, xusta e feliz,
empezando por aquí. -
9:34 - 9:36E cumprimos coa nosa parte aquí
en Escocia -
9:36 - 9:41para construírmos tamén un mundo
máis xusto e máis feliz -
9:41 - 9:42Moitas grazas.
-
9:42 - 9:48(Aplausos)
- Title:
- Por que os gobernos deberían priorizar o benestar
- Speaker:
- Nicola Sturgeon
- Description:
-
En 2018, Escocia, Islandia e Nova Zelandia crearon a rede de Gobernos por unha Economía do Benestar co propósito de cuestionar que se siga aceptando o PIB como medida última do éxito dun país. Nesta clarividente charla, Nicola Sturgeon, a primeira ministra de Escocia, explica as importantes implicacións dunha "economía do benestar" -- que sitúa no seu centro factores como a igualdade salarial, a atención á infancia, a saúde mental e o acceso a espazos verdes -- e mostra como este novo enfoque podería contribuír a reforzar a vontade de enfrontarnos aos desafíos globais.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 10:00
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for Why governments should prioritize well-being | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for Why governments should prioritize well-being | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for Why governments should prioritize well-being | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for Why governments should prioritize well-being | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for Why governments should prioritize well-being | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for Why governments should prioritize well-being | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for Why governments should prioritize well-being | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for Why governments should prioritize well-being |