1 00:00:00,733 --> 00:00:06,665 A menos de dous quilómetros de aquí, na cidade vella de Edimburgo, 2 00:00:06,689 --> 00:00:08,647 atópase Panmure House. 3 00:00:09,775 --> 00:00:11,270 Panmure House 4 00:00:11,294 --> 00:00:17,605 foi a residencia do economista escocés de renome mundial 5 00:00:17,629 --> 00:00:18,779 Adam Smith. 6 00:00:19,761 --> 00:00:25,169 Na súa importante obra "A riqueza das nacións", 7 00:00:25,193 --> 00:00:29,016 Adam Smith defendía, entre outras moitas cousas, 8 00:00:29,040 --> 00:00:32,017 que a medida da riqueza dun país 9 00:00:32,041 --> 00:00:36,459 non a daban as súas reservas de ouro e prata. 10 00:00:36,483 --> 00:00:42,236 Era a totalidade da produción e do comercio do país. 11 00:00:42,260 --> 00:00:48,529 Supoño que foi unha das primeiras descricións do que hoxe coñecemos 12 00:00:48,553 --> 00:00:52,363 como produto interior bruto, PIB. 13 00:00:53,176 --> 00:00:56,278 Por suposto, desde entón 14 00:00:56,302 --> 00:01:01,715 esa medida da produción e do comercio, o PIB, 15 00:01:01,739 --> 00:01:04,680 ten cobrado aínda máis importancia, 16 00:01:04,704 --> 00:01:05,985 ata o punto de que hoxe -- 17 00:01:06,009 --> 00:01:09,946 e penso que non era esa a intención de Adam Smith -- 18 00:01:09,970 --> 00:01:15,165 a miúdo considérase esa a medida máis importante 19 00:01:15,189 --> 00:01:17,644 do éxito global dun país. 20 00:01:18,242 --> 00:01:23,686 E o meu argumento hoxe é que vai sendo hora de cambiar iso. 21 00:01:24,853 --> 00:01:29,830 O que decidimos medir como país é importante. 22 00:01:29,854 --> 00:01:34,345 Ten verdadeira importancia porque determina o centro de atención política, 23 00:01:34,369 --> 00:01:38,371 impulsa a actividade pública. 24 00:01:38,395 --> 00:01:40,473 E nese contexto 25 00:01:40,497 --> 00:01:47,013 penso que as limitacións do PIB como medida do éxito nacional 26 00:01:47,037 --> 00:01:50,276 son demasiado evidentes. 27 00:01:50,300 --> 00:01:55,487 O PIB mide o froito de todo o noso traballo, 28 00:01:55,511 --> 00:01:58,937 pero non di nada sobre a natureza dese traballo, 29 00:01:58,961 --> 00:02:03,393 sobre se ese traballo paga a pena ou é gratificante. 30 00:02:03,417 --> 00:02:09,956 Por exemplo, asígnalle un valor ao consumo de drogas ilegais, 31 00:02:09,980 --> 00:02:12,592 pero non aos coidados non remunerados. 32 00:02:13,708 --> 00:02:18,398 Dá valor á actividade a curto prazo 33 00:02:18,422 --> 00:02:25,067 que impulsa a economía, aínda que esa actividade cause un dano enorme 34 00:02:25,091 --> 00:02:29,852 á sostibilidade do noso planeta a longo prazo. 35 00:02:30,533 --> 00:02:34,225 E reflexionamos sobre esta última década 36 00:02:34,249 --> 00:02:37,171 de conmoción política e económica, 37 00:02:37,681 --> 00:02:40,684 de crecentes desigualdades, 38 00:02:40,708 --> 00:02:46,060 e cando contemplamos os desafíos futuros da emerxencia climática, 39 00:02:46,084 --> 00:02:48,350 da automatización crecente, 40 00:02:48,374 --> 00:02:51,377 do envellecemento da poboación, 41 00:02:51,377 --> 00:02:58,687 entón penso que o argumento a favor dunha definición máis ampla 42 00:02:58,711 --> 00:03:03,346 do que significa ter éxito como país, como sociedade, 43 00:03:03,370 --> 00:03:06,682 cobra peso, cada vez máis. 44 00:03:07,253 --> 00:03:10,079 Por esa razón, en 2018 Escocia 45 00:03:10,103 --> 00:03:14,984 tomou a iniciativa na creación dunha nova rede denominada 46 00:03:15,008 --> 00:03:20,912 grupo de Gobernos pola Economía do Benestar, 47 00:03:20,936 --> 00:03:23,216 que reuniu como membros fundadores 48 00:03:23,240 --> 00:03:28,686 a Escocia, Islandia e Nova Zelandia. 49 00:03:28,686 --> 00:03:33,186 Polas iniciais en inglés, ás veces chámannos os países S.I.N. [pecado], 50 00:03:33,439 --> 00:03:37,407 aínda que o noso obxectivo é claramente o ben común. 51 00:03:38,445 --> 00:03:41,773 E o obxectivo deste grupo é cuestionar ese interese 52 00:03:41,797 --> 00:03:44,496 na medición restrinxida do PIB. 53 00:03:44,520 --> 00:03:48,250 É dicir que, si, o crecemento económico conta -- 54 00:03:48,274 --> 00:03:50,171 é importante -- 55 00:03:50,195 --> 00:03:53,916 pero non é o único importante. 56 00:03:53,940 --> 00:04:00,199 E non debería perseguirse o crecemento do PIB a calquera prezo. 57 00:04:00,903 --> 00:04:03,633 De feito, a tese dese grupo 58 00:04:03,657 --> 00:04:08,308 é que a meta, o obxectivo da política económica 59 00:04:08,332 --> 00:04:11,441 debería ser o benestar colectivo: 60 00:04:11,465 --> 00:04:15,353 Canta felicidade e saúde ten unha poboación 61 00:04:15,377 --> 00:04:18,743 e non simplemente canta riqueza. 62 00:04:18,767 --> 00:04:22,350 Volverei sobre as implicacións políticas diso nun intre. 63 00:04:22,374 --> 00:04:25,295 Pero penso que especialmente no mundo no que vivimos hoxe 64 00:04:25,319 --> 00:04:27,501 ten unha repercusión máis profunda. 65 00:04:27,525 --> 00:04:30,065 Veredes, cando nos centramos no benestar, 66 00:04:30,089 --> 00:04:32,924 iniciamos unha conversa 67 00:04:32,948 --> 00:04:36,909 que suscita preguntas profundas e fundamentais. 68 00:04:36,933 --> 00:04:40,197 Que é o que de verdade nos importa nas nosas vidas? 69 00:04:40,935 --> 00:04:45,317 Que valoramos nas comunidades nas que vivimos? 70 00:04:45,341 --> 00:04:49,086 Que clase de país, que clase de sociedade 71 00:04:49,110 --> 00:04:51,496 queremos ser realmente? 72 00:04:51,885 --> 00:04:55,195 E cando implicamos á xente nesas cuestións, 73 00:04:55,219 --> 00:04:57,285 na busca de respostas a esas preguntas, 74 00:04:57,309 --> 00:05:01,202 entón penso que temos máis probabilidades 75 00:05:01,226 --> 00:05:06,622 de abordar o estrañamento e a desafección pola política 76 00:05:06,646 --> 00:05:09,126 que están hoxe tan estendidos 77 00:05:09,150 --> 00:05:11,567 por todo o mundo desenvolvido. 78 00:05:12,360 --> 00:05:16,162 En termos de políticas, esta viaxe desde Escocia comezou alá polo 2007, 79 00:05:16,186 --> 00:05:20,063 coa publicación do que chamamos o noso Marco Nacional de Actuación, 80 00:05:20,087 --> 00:05:23,945 no que víamos os distintos indicadores cos que nos medimos. 81 00:05:23,969 --> 00:05:28,278 Eses indicadores son cousas tan diversas como a desigualdade de ingresos, 82 00:05:28,302 --> 00:05:30,144 a felicidade dos nenos, 83 00:05:30,168 --> 00:05:33,906 o acceso a espazos verdes e a vivenda. 84 00:05:33,930 --> 00:05:37,841 Ningún destes está recollido nas cifras de PIB, 85 00:05:37,865 --> 00:05:44,063 pero son todos esenciais para unha sociedade sa e feliz. 86 00:05:44,087 --> 00:05:49,721 (Aplausos) 87 00:05:49,745 --> 00:05:53,316 E ese enfoque máis amplo é o núcleo da nosa estratexia económica, 88 00:05:53,340 --> 00:05:57,199 na que concedemos a mesma importancia a reducir a desigualdade 89 00:05:57,223 --> 00:06:00,305 ca á competitividade económica. 90 00:06:00,305 --> 00:06:02,575 Dá impulso ao noso compromiso co traballo xusto, 91 00:06:02,575 --> 00:06:05,234 ao garantir un traballo gratificante e ben pagado. 92 00:06:05,258 --> 00:06:09,401 Está trala nosa decisión de formar unha Comisión para a Transición Xusta 93 00:06:09,425 --> 00:06:13,403 que guíe os nosos pasos cara a unha economía de cero emisións. 94 00:06:13,427 --> 00:06:16,792 Sabemos polas transformacións económicas do pasado 95 00:06:16,816 --> 00:06:20,553 que se non imos con coidado, vai haber máis perdedores ca gañadores. 96 00:06:20,577 --> 00:06:24,545 E ao enfrontarnos ao reto do cambio climático e a automatización, 97 00:06:24,569 --> 00:06:27,926 non debemos cometer os mesmos erros. 98 00:06:28,498 --> 00:06:31,279 O que estamos a facer en Escocia é, creo eu, importante, 99 00:06:31,713 --> 00:06:34,931 pero temos moitísimo que aprender doutros países. 100 00:06:34,955 --> 00:06:38,154 Hai un intre mencionei os nosos socios 101 00:06:38,178 --> 00:06:40,815 na rede de Benestar: 102 00:06:40,839 --> 00:06:42,697 Islandia e Nova Zelandia. 103 00:06:42,721 --> 00:06:46,904 Cabe sinalar, e deixo que vós mesmos decidades se ten importancia ou non, 104 00:06:46,928 --> 00:06:50,698 que estes tres países están actualmente dirixidos por mulleres. 105 00:06:50,722 --> 00:06:57,722 (Aplausos) 106 00:07:02,001 --> 00:07:03,930 Tamén están a facer un gran traballo. 107 00:07:03,954 --> 00:07:08,781 Nova Zelandia fixo público en 2019 o seu primeiro Orzamento do Benestar, 108 00:07:08,805 --> 00:07:11,407 incluíndo a saúde mental como aspecto central; 109 00:07:11,431 --> 00:07:16,684 Islandia vai diante en igualdade salarial, garderías e permiso de paternidade -- 110 00:07:16,708 --> 00:07:20,169 non son o tipo de medidas nas que primeiro pensamos 111 00:07:20,193 --> 00:07:23,018 cando falamos de crear riqueza económica, 112 00:07:23,042 --> 00:07:27,620 senón políticas esenciais para unha economía sa 113 00:07:27,644 --> 00:07:29,676 e unha sociedade feliz. 114 00:07:30,176 --> 00:07:35,113 Comecei con Adam Smith e "A riqueza das nacións" 115 00:07:35,137 --> 00:07:40,332 Nunha obra anterior de Adam Smith, "A teoria dos sentimentos morais", 116 00:07:40,414 --> 00:07:42,813 que, na miña opinión, é igual de importante, 117 00:07:42,857 --> 00:07:47,325 comenta que o valor de calquera goberno 118 00:07:47,389 --> 00:07:49,328 xúlgase en proporción 119 00:07:49,370 --> 00:07:51,977 á medida en que fai feliz á xente. 120 00:07:52,081 --> 00:07:56,369 Penso que é un bo principio fundamental 121 00:07:56,413 --> 00:08:02,021 para un grupo de países centrados na promoción do benestar. 122 00:08:02,085 --> 00:08:04,732 Ninguén de nós ten tódalas respostas, 123 00:08:04,826 --> 00:08:08,462 nin sequera Escocia, o berce de Adam Smith, 124 00:08:08,652 --> 00:08:13,528 Pero no mundo no que vivimos hoxe, con crecente división e desigualdade, 125 00:08:13,528 --> 00:08:16,036 con desafección e alienación, 126 00:08:16,060 --> 00:08:17,830 é máis importante ca nunca 127 00:08:17,854 --> 00:08:21,924 facernos e responder esas preguntas 128 00:08:21,948 --> 00:08:25,568 e fomentarmos unha visión da sociedade 129 00:08:25,592 --> 00:08:31,033 que teña o benestar, e non só a riqueza, como centro 130 00:08:31,033 --> 00:08:37,850 (Aplausos) 131 00:08:37,888 --> 00:08:43,333 Atopádesvos na fermosa, e soleada capital... 132 00:08:43,357 --> 00:08:45,103 (Risas) 133 00:08:45,127 --> 00:08:50,453 do país que liderou o mundo na Ilustración, 134 00:08:50,477 --> 00:08:53,509 o país que axudou a dirixir o mundo cara á era industrial, 135 00:08:53,533 --> 00:08:56,358 o país que neste mesmo momento axuda a dirixir o mundo 136 00:08:56,382 --> 00:08:58,636 cara á era das baixas emisións. 137 00:08:58,660 --> 00:09:04,070 quero, e estou decidida a que así sexa, que Escocia sexa tamén o país 138 00:09:04,094 --> 00:09:09,091 que axude a cambiar o centro de atención de países e gobernos de todo o mundo 139 00:09:09,115 --> 00:09:13,600 para colocar o benestar na base de todo o que facemos. 140 00:09:13,624 --> 00:09:17,506 Penso que lle debemos iso a esta xeración. 141 00:09:17,530 --> 00:09:21,340 Creo firmemente que lle debemos iso á próxima xeración 142 00:09:21,364 --> 00:09:23,578 e a tódolos que veñen detrás de nós. 143 00:09:23,602 --> 00:09:27,467 E se facemos iso desde aquí, desde o país da Ilustración, 144 00:09:27,491 --> 00:09:31,785 entón penso que crearemos unha sociedade mellor, 145 00:09:31,809 --> 00:09:34,240 máis sa, xusta e feliz, empezando por aquí. 146 00:09:34,264 --> 00:09:36,294 E cumprimos coa nosa parte aquí en Escocia 147 00:09:36,318 --> 00:09:40,532 para construírmos tamén un mundo máis xusto e máis feliz 148 00:09:40,556 --> 00:09:41,945 Moitas grazas. 149 00:09:41,969 --> 00:09:47,531 (Aplausos)