WEBVTT 00:00:00.733 --> 00:00:06.665 A menos de dous quilómetros de aquí, na cidade vella de Edimburgo, 00:00:06.689 --> 00:00:08.647 atópase Panmure House. 00:00:09.775 --> 00:00:11.270 Panmure House 00:00:11.294 --> 00:00:17.605 foi a residencia do economista escocés de renome mundial 00:00:17.629 --> 00:00:18.779 Adam Smith. 00:00:19.761 --> 00:00:25.169 Na súa importante obra "A riqueza das nacións", 00:00:25.193 --> 00:00:29.016 Adam Smith defendía, entre outras moitas cousas, 00:00:29.040 --> 00:00:32.017 que a medida da riqueza dun país 00:00:32.041 --> 00:00:36.459 non a daban as súas reservas de ouro e prata. 00:00:36.483 --> 00:00:42.236 Era a totalidade da produción e do comercio do país. 00:00:42.260 --> 00:00:48.529 Supoño que foi unha das primeiras descricións do que hoxe coñecemos 00:00:48.553 --> 00:00:52.363 como produto interior bruto, PIB. NOTE Paragraph 00:00:53.176 --> 00:00:56.278 Por suposto, desde entón 00:00:56.302 --> 00:01:01.715 esa medida da produción e do comercio, o PIB, 00:01:01.739 --> 00:01:04.680 ten cobrado aínda máis importancia, 00:01:04.704 --> 00:01:05.985 ata o punto de que hoxe -- 00:01:06.009 --> 00:01:09.946 e penso que non era esa a intención de Adam Smith -- 00:01:09.970 --> 00:01:15.165 a miúdo considérase esa a medida máis importante 00:01:15.189 --> 00:01:17.644 do éxito global dun país. 00:01:18.242 --> 00:01:23.686 E o meu argumento hoxe é que vai sendo hora de cambiar iso. NOTE Paragraph 00:01:24.853 --> 00:01:29.830 O que decidimos medir como país é importante. 00:01:29.854 --> 00:01:34.345 Ten verdadeira importancia porque determina o centro de atención política, 00:01:34.369 --> 00:01:38.371 impulsa a actividade pública. 00:01:38.395 --> 00:01:40.473 E nese contexto 00:01:40.497 --> 00:01:47.013 penso que as limitacións do PIB como medida do éxito nacional 00:01:47.037 --> 00:01:50.276 son demasiado evidentes. 00:01:50.300 --> 00:01:55.487 O PIB mide o froito de todo o noso traballo, 00:01:55.511 --> 00:01:58.937 pero non di nada sobre a natureza dese traballo, 00:01:58.961 --> 00:02:03.393 sobre se ese traballo paga a pena ou é gratificante. 00:02:03.417 --> 00:02:09.956 Por exemplo, asígnalle un valor ao consumo de drogas ilegais, 00:02:09.980 --> 00:02:12.592 pero non aos coidados non remunerados. 00:02:13.708 --> 00:02:18.398 Dá valor á actividade a curto prazo 00:02:18.422 --> 00:02:25.067 que impulsa a economía, aínda que esa actividade cause un dano enorme 00:02:25.091 --> 00:02:29.852 á sostibilidade do noso planeta a longo prazo. NOTE Paragraph 00:02:30.533 --> 00:02:34.225 E reflexionamos sobre esta última década 00:02:34.249 --> 00:02:37.171 de conmoción política e económica, 00:02:37.681 --> 00:02:40.684 de crecentes desigualdades, 00:02:40.708 --> 00:02:46.060 e cando contemplamos os desafíos futuros da emerxencia climática, 00:02:46.084 --> 00:02:48.350 da automatización crecente, 00:02:48.374 --> 00:02:51.377 do envellecemento da poboación, 00:02:51.377 --> 00:02:58.687 entón penso que o argumento a favor dunha definición máis ampla 00:02:58.711 --> 00:03:03.346 do que significa ter éxito como país, como sociedade, 00:03:03.370 --> 00:03:06.682 cobra peso, cada vez máis. NOTE Paragraph 00:03:07.253 --> 00:03:10.079 Por esa razón, en 2018 Escocia 00:03:10.103 --> 00:03:14.984 tomou a iniciativa na creación dunha nova rede denominada 00:03:15.008 --> 00:03:20.912 grupo de Gobernos pola Economía do Benestar, 00:03:20.936 --> 00:03:23.216 que reuniu como membros fundadores 00:03:23.240 --> 00:03:28.686 a Escocia, Islandia e Nova Zelandia. 00:03:28.686 --> 00:03:33.186 Polas iniciais en inglés, ás veces chámannos os países S.I.N. [pecado], 00:03:33.439 --> 00:03:37.407 aínda que o noso obxectivo é claramente o ben común. 00:03:38.445 --> 00:03:41.773 E o obxectivo deste grupo é cuestionar ese interese 00:03:41.797 --> 00:03:44.496 na medición restrinxida do PIB. 00:03:44.520 --> 00:03:48.250 É dicir que, si, o crecemento económico conta -- 00:03:48.274 --> 00:03:50.171 é importante -- 00:03:50.195 --> 00:03:53.916 pero non é o único importante. 00:03:53.940 --> 00:04:00.199 E non debería perseguirse o crecemento do PIB a calquera prezo. 00:04:00.903 --> 00:04:03.633 De feito, a tese dese grupo 00:04:03.657 --> 00:04:08.308 é que a meta, o obxectivo da política económica 00:04:08.332 --> 00:04:11.441 debería ser o benestar colectivo: 00:04:11.465 --> 00:04:15.353 Canta felicidade e saúde ten unha poboación 00:04:15.377 --> 00:04:18.743 e non simplemente canta riqueza. NOTE Paragraph 00:04:18.767 --> 00:04:22.350 Volverei sobre as implicacións políticas diso nun intre. 00:04:22.374 --> 00:04:25.295 Pero penso que especialmente no mundo no que vivimos hoxe 00:04:25.319 --> 00:04:27.501 ten unha repercusión máis profunda. 00:04:27.525 --> 00:04:30.065 Veredes, cando nos centramos no benestar, 00:04:30.089 --> 00:04:32.924 iniciamos unha conversa 00:04:32.948 --> 00:04:36.909 que suscita preguntas profundas e fundamentais. 00:04:36.933 --> 00:04:40.197 Que é o que de verdade nos importa nas nosas vidas? 00:04:40.935 --> 00:04:45.317 Que valoramos nas comunidades nas que vivimos? 00:04:45.341 --> 00:04:49.086 Que clase de país, que clase de sociedade 00:04:49.110 --> 00:04:51.496 queremos ser realmente? 00:04:51.885 --> 00:04:55.195 E cando implicamos á xente nesas cuestións, 00:04:55.219 --> 00:04:57.285 na busca de respostas a esas preguntas, 00:04:57.309 --> 00:05:01.202 entón penso que temos máis probabilidades 00:05:01.226 --> 00:05:06.622 de abordar o estrañamento e a desafección pola política 00:05:06.646 --> 00:05:09.126 que están hoxe tan estendidos 00:05:09.150 --> 00:05:11.567 por todo o mundo desenvolvido. NOTE Paragraph 00:05:12.360 --> 00:05:16.162 En termos de políticas, esta viaxe desde Escocia comezou alá polo 2007, 00:05:16.186 --> 00:05:20.063 coa publicación do que chamamos o noso Marco Nacional de Actuación, 00:05:20.087 --> 00:05:23.945 no que víamos os distintos indicadores cos que nos medimos. 00:05:23.969 --> 00:05:28.278 Eses indicadores son cousas tan diversas como a desigualdade de ingresos, 00:05:28.302 --> 00:05:30.144 a felicidade dos nenos, 00:05:30.168 --> 00:05:33.906 o acceso a espazos verdes e a vivenda. 00:05:33.930 --> 00:05:37.841 Ningún destes está recollido nas cifras de PIB, 00:05:37.865 --> 00:05:44.063 pero son todos esenciais para unha sociedade sa e feliz. NOTE Paragraph 00:05:44.087 --> 00:05:49.721 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:05:49.745 --> 00:05:53.316 E ese enfoque máis amplo é o núcleo da nosa estratexia económica, 00:05:53.340 --> 00:05:57.199 na que concedemos a mesma importancia a reducir a desigualdade 00:05:57.223 --> 00:06:00.305 ca á competitividade económica. 00:06:00.305 --> 00:06:02.575 Dá impulso ao noso compromiso co traballo xusto, 00:06:02.575 --> 00:06:05.234 ao garantir un traballo gratificante e ben pagado. 00:06:05.258 --> 00:06:09.401 Está trala nosa decisión de formar unha Comisión para a Transición Xusta 00:06:09.425 --> 00:06:13.403 que guíe os nosos pasos cara a unha economía de cero emisións. 00:06:13.427 --> 00:06:16.792 Sabemos polas transformacións económicas do pasado 00:06:16.816 --> 00:06:20.553 que se non imos con coidado, vai haber máis perdedores ca gañadores. 00:06:20.577 --> 00:06:24.545 E ao enfrontarnos ao reto do cambio climático e a automatización, 00:06:24.569 --> 00:06:27.926 non debemos cometer os mesmos erros. NOTE Paragraph 00:06:28.498 --> 00:06:31.279 O que estamos a facer en Escocia é, creo eu, importante, 00:06:31.713 --> 00:06:34.931 pero temos moitísimo que aprender doutros países. 00:06:34.955 --> 00:06:38.154 Hai un intre mencionei os nosos socios 00:06:38.178 --> 00:06:40.815 na rede de Benestar: 00:06:40.839 --> 00:06:42.697 Islandia e Nova Zelandia. 00:06:42.721 --> 00:06:46.904 Cabe sinalar, e deixo que vós mesmos decidades se ten importancia ou non, 00:06:46.928 --> 00:06:50.698 que estes tres países están actualmente dirixidos por mulleres. NOTE Paragraph 00:06:50.722 --> 00:06:57.722 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:07:02.001 --> 00:07:03.930 Tamén están a facer un gran traballo. 00:07:03.954 --> 00:07:08.781 Nova Zelandia fixo público en 2019 o seu primeiro Orzamento do Benestar, 00:07:08.805 --> 00:07:11.407 incluíndo a saúde mental como aspecto central; 00:07:11.431 --> 00:07:16.684 Islandia vai diante en igualdade salarial, garderías e permiso de paternidade -- 00:07:16.708 --> 00:07:20.169 non son o tipo de medidas nas que primeiro pensamos 00:07:20.193 --> 00:07:23.018 cando falamos de crear riqueza económica, 00:07:23.042 --> 00:07:27.620 senón políticas esenciais para unha economía sa 00:07:27.644 --> 00:07:29.676 e unha sociedade feliz. NOTE Paragraph 00:07:30.176 --> 00:07:35.113 Comecei con Adam Smith e "A riqueza das nacións" 00:07:35.137 --> 00:07:40.332 Nunha obra anterior de Adam Smith, "A teoria dos sentimentos morais", 00:07:40.414 --> 00:07:42.813 que, na miña opinión, é igual de importante, 00:07:42.857 --> 00:07:47.325 comenta que o valor de calquera goberno 00:07:47.389 --> 00:07:49.328 xúlgase en proporción 00:07:49.370 --> 00:07:51.977 á medida en que fai feliz á xente. 00:07:52.081 --> 00:07:56.369 Penso que é un bo principio fundamental 00:07:56.413 --> 00:08:02.021 para un grupo de países centrados na promoción do benestar. NOTE Paragraph 00:08:02.085 --> 00:08:04.732 Ninguén de nós ten tódalas respostas, 00:08:04.826 --> 00:08:08.462 nin sequera Escocia, o berce de Adam Smith, 00:08:08.652 --> 00:08:13.528 Pero no mundo no que vivimos hoxe, con crecente división e desigualdade, 00:08:13.528 --> 00:08:16.036 con desafección e alienación, 00:08:16.060 --> 00:08:17.830 é máis importante ca nunca 00:08:17.854 --> 00:08:21.924 facernos e responder esas preguntas 00:08:21.948 --> 00:08:25.568 e fomentarmos unha visión da sociedade 00:08:25.592 --> 00:08:31.033 que teña o benestar, e non só a riqueza, como centro NOTE Paragraph 00:08:31.033 --> 00:08:37.850 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:08:37.888 --> 00:08:43.333 Atopádesvos na fermosa, e soleada capital... NOTE Paragraph 00:08:43.357 --> 00:08:45.103 (Risas) NOTE Paragraph 00:08:45.127 --> 00:08:50.453 do país que liderou o mundo na Ilustración, 00:08:50.477 --> 00:08:53.509 o país que axudou a dirixir o mundo cara á era industrial, 00:08:53.533 --> 00:08:56.358 o país que neste mesmo momento axuda a dirixir o mundo 00:08:56.382 --> 00:08:58.636 cara á era das baixas emisións. 00:08:58.660 --> 00:09:04.070 quero, e estou decidida a que así sexa, que Escocia sexa tamén o país 00:09:04.094 --> 00:09:09.091 que axude a cambiar o centro de atención de países e gobernos de todo o mundo 00:09:09.115 --> 00:09:13.600 para colocar o benestar na base de todo o que facemos. 00:09:13.624 --> 00:09:17.506 Penso que lle debemos iso a esta xeración. 00:09:17.530 --> 00:09:21.340 Creo firmemente que lle debemos iso á próxima xeración 00:09:21.364 --> 00:09:23.578 e a tódolos que veñen detrás de nós. 00:09:23.602 --> 00:09:27.467 E se facemos iso desde aquí, desde o país da Ilustración, 00:09:27.491 --> 00:09:31.785 entón penso que crearemos unha sociedade mellor, 00:09:31.809 --> 00:09:34.240 máis sa, xusta e feliz, empezando por aquí. 00:09:34.264 --> 00:09:36.294 E cumprimos coa nosa parte aquí en Escocia 00:09:36.318 --> 00:09:40.532 para construírmos tamén un mundo máis xusto e máis feliz NOTE Paragraph 00:09:40.556 --> 00:09:41.945 Moitas grazas. NOTE Paragraph 00:09:41.969 --> 00:09:47.531 (Aplausos)