A estrutura secreta das grandes charlas
-
0:00 - 0:02É realmente xenial estar aquí.
-
0:03 - 0:05Vostedes teñen o poder de cambiar o mundo.
-
0:05 - 0:06Non o digo como un cliché,
-
0:06 - 0:09Teñen de verdade
o poder de cambiar o mundo. -
0:09 - 0:11Moi dentro de vostedes,
de cada un de vostedes -
0:11 - 0:14atópase o dispositivo máis poderoso
coñecido polo ser home. -
0:15 - 0:16Unha idea.
-
0:17 - 0:20Unha soa idea, dende a mente humana,
-
0:20 - 0:22podería comezar unha onda,
-
0:22 - 0:25que podería ser un punto de inflexión
para un movemento -
0:25 - 0:27e pode realmente reescribir o noso futuro.
-
0:27 - 0:30Pero unha idea non ten forza
-
0:30 - 0:32se fica dentro de nós.
-
0:32 - 0:35Se nunca a expoñen
para que outros a discutan, -
0:35 - 0:36morrerá con vostedes.
-
0:37 - 0:40Talvez algúns de vostedes
tentaron transmitir a súa idea -
0:40 - 0:42e non foi adoptada, foi rexeitada,
-
0:42 - 0:45mentres que si se aceptou
outra mediocre. -
0:45 - 0:50E a única diferenza entre ambas
é a forma en que se comunicaron. -
0:50 - 0:52Porque se se comunica unha idea
de modo que teña repercusión, -
0:52 - 0:55o cambio producirase,
e poderán cambiar o mundo. -
0:56 - 0:59Na miña familia coleccionamos
eses carteis europeos vintage. -
0:59 - 1:01Cada vez que imos a Maui,
imos xunta o vendedor, -
1:01 - 1:03e el amósanos eses grandes carteis.
-
1:03 - 1:05Encántanme. Todos teñen unha idea
-
1:05 - 1:07e elementos visuais moi claros
que a transmiten. -
1:07 - 1:10Son case do tamaño dun colchón.
Son moi grandes. -
1:10 - 1:12Non son tan grosos coma un colchón,
pero son enormes. -
1:12 - 1:15E o tipo conta a historia
mentres pasa as páxinas. -
1:15 - 1:17E unha vez que estaba
cos meus dous fillos -
1:17 - 1:20el pasou a páxina
e este cartel estaba debaixo, -
1:20 - 1:22e xusto cando me inclino
cara a diante e digo: -
1:22 - 1:25"Mi madriña, encántame este cartel!"
-
1:25 - 1:27os meus dous fillos
saltan cara a atrás e din: -
1:27 - 1:28"Mamá, es ti!
-
1:28 - 1:29Velaquí o cartel.
-
1:30 - 1:31(Risas)
-
1:31 - 1:33Parece que estou dicindo: "Acéndeo!"
-
1:33 - 1:36O que me encantou deste cartel
foi a ironía. -
1:36 - 1:38Aquí está esta rapaza toda acesa,
camiño da batalla, -
1:38 - 1:40a portadora do estandarte,
-
1:40 - 1:42termando deses Suavitos;
unhas especias de cociña, -
1:43 - 1:45algo tan insignificante,
-
1:45 - 1:49como se estivese disposta a arriscar
a súa vida para publicitalos. -
1:50 - 1:54Se queren substitúan
esas especias de cociña -
1:54 - 1:55por unha presentación...
-
1:55 - 1:57Si, son eu, moi entusiasmada.
-
1:57 - 1:59Estaba apaixonada polas presentacións
-
1:59 - 2:02cando aínda non estaba de moda
apaixonarse por elas. -
2:02 - 2:05Pero creo realmente
que teñen o poder de cambiar o mundo -
2:05 - 2:07se un se comunica con efectividade
a través delas. -
2:07 - 2:10E cambiar o mundo é difícil.
-
2:10 - 2:13Non vai pasar cunha soa persoa
e cunha única idea. -
2:13 - 2:16Esa idea debe difundirse
ou non producirá efectos. -
2:16 - 2:18Ten que saír de vostedes
-
2:18 - 2:20e ir cara ao exterior
para que a xente a vexa. -
2:22 - 2:26E a forma máis efectiva
de transmitir ideas é usar historias. -
2:26 - 2:28Durante milleiros de anos
as xeracións iletradas -
2:28 - 2:31transmitían mediante historias
os seus valores e a súa cultura -
2:31 - 2:33de xeración en xeración,
-
2:33 - 2:34e estas mantíñanse intactas.
-
2:34 - 2:37Hai algo máxico
na estrutura dunha historia -
2:37 - 2:40que fai que cando está ensamblada,
-
2:40 - 2:42poida ser asimilada e despois difundida
-
2:42 - 2:43pola persoa que a escoita.
-
2:45 - 2:48Así que, basicamente, cunha historia
obtense unha reacción física; -
2:48 - 2:51o corazón pode acelerarse
e os ollos dilatarse. -
2:51 - 2:54Pódese dicir:
"Teño arreguizos no espiñazo." -
2:54 - 2:56ou: "Podo sentila na boca do estómago".
-
2:56 - 2:59En verdade, reaccionamos fisicamente
cando nos contan unha historia. -
2:59 - 3:02E, aínda sendo a mesma situación,
pódese contar como historia, -
3:02 - 3:05pero contada como presentación,
vólvese totalmente plana. -
3:05 - 3:06E quería descubrir por que.
-
3:06 - 3:10Por que nos sentimos
fisicamente cativados por unha historia, -
3:10 - 3:11pero morremos nunha presentación?
-
3:12 - 3:16Por iso quería saber como engadir
unha historia ás presentacións. -
3:16 - 3:19Tivemos miles de presentacións na tenda,
-
3:19 - 3:21centos de miles, en realidade,
-
3:21 - 3:23así que sabía o contexto
dunha presentación moi mala. -
3:23 - 3:26Decidín estudar cine e literatura,
-
3:26 - 3:29e realmente afondar e descubrir
que acontecía -
3:29 - 3:30e por que non funcionaban.
-
3:30 - 3:33Quero amosarlles algúns resultados
-
3:33 - 3:37que nos levan ao que poderiamos chamar
un modelo de presentación. -
3:38 - 3:40Era obvio comezar con Aristóteles,
-
3:40 - 3:43que tiña una estrutura en tres actos:
comezo, corpo e final. -
3:43 - 3:45Estudamos poética e retórica,
-
3:45 - 3:48e moitas presentacións nin sequera
teñen iso na súa forma máis sinxela. -
3:48 - 3:51E logo, cando pasei a estudar
arquetipos de heroes, -
3:51 - 3:53pensei: "Vale, quen presenta é o heroe,
-
3:53 - 3:55está no escenario,
é a estrela do espectáculo". -
3:55 - 3:59Se es quen presenta, é doado véreste
como a estrela do espectáculo. -
3:59 - 4:01Pero axiña me decatei
de que iso non funciona. -
4:01 - 4:04Porque se teño unha idea,
podo poñérllela diante, -
4:04 - 4:07pero se non a collen e a asumen,
-
4:07 - 4:09a idea non vai a ningures
e o mundo non cambia. -
4:09 - 4:12Así que, en realidade,
quen presenta non é o heroe, -
4:12 - 4:14é o público o heroe da nosa idea.
-
4:15 - 4:17Se se fixan en A viaxe do heroe
de Joseph Campbell, -
4:17 - 4:21na primeira parte había algunhas ideas
verdadeiramente interesantes. -
4:21 - 4:23Está este simpático heroe nun mundo común,
-
4:23 - 4:25e chégalle esa chamada á aventura.
-
4:25 - 4:27Entón, o mundo desequilíbrase.
-
4:27 - 4:29E ao principio resístense.
-
4:29 - 4:31Pensan: "Non sei se quero meterme nisto"
-
4:31 - 4:32e daquela aparece un mentor
-
4:32 - 4:34que lles axuda a pasar
do seu mundo común -
4:34 - 4:36a un mundo especial.
-
4:36 - 4:38Velaquí o papel de quen presenta.
-
4:38 - 4:41Ser o mentor.
Vostedes non son Luke Skywalker, son Yoda. -
4:41 - 4:43Son os que realmente
lle axudan á audiencia -
4:43 - 4:47a pasar dun punto
á súa nova idea especial, -
4:47 - 4:48e ese é o poder dunha historia.
-
4:49 - 4:53Na súa estrutura máis sinxela,
consta de tres partes. -
4:53 - 4:56Hai un heroe agradable que ten un desexo,
-
4:56 - 4:58atópanse cun obstáculo
-
4:58 - 5:02e finalmente emerxen, transfórmanse.
Esa é a estrutura básica. -
5:03 - 5:06Pero non foi ata que atopei
a pirámide de Gustav Freytag: -
5:06 - 5:09el debuxouna en 1863.
-
5:09 - 5:12Era un dramaturgo alemán...
-
5:12 - 5:14un dramaturgo alemán
-
5:14 - 5:17que cría que hai
unha estrutura de cinco actos, -
5:17 - 5:20cunha exposición,
un aumento da acción, -
5:20 - 5:22un clímax, un descenso da acción
e un desenlace, -
5:22 - 5:25que é o desenredo
ou a resolución da historia. -
5:25 - 5:28Encántame esta forma.
Así que falemos de formas. -
5:28 - 5:30Unha historia ten un arco,
ben, un arco é unha forma. -
5:30 - 5:33Falamos de música clásica
que ten unha beleza de formas. -
5:34 - 5:36Así que pensei,
se as presentacións tiveran forma, -
5:36 - 5:37cal sería?
-
5:37 - 5:40E como usaron esa forma
os mellores comunicadores, -
5:40 - 5:42ou como a seguen usando?
-
5:42 - 5:44Nunca o esquecerei,
era sábado pola mañá. -
5:44 - 5:46Despois de todo este estudo,
--foran un par de anos-- -
5:47 - 5:48debuxei unha forma.
-
5:48 - 5:50E pensei: "Mi madriña,
se esta forma é real, -
5:50 - 5:53debería poder coller
dúas presentacións totalmente diferentes -
5:53 - 5:55e superpoñelas,
e a forma debería ser correcta". -
5:56 - 5:57Así que fun ao obvio:
-
5:57 - 5:59o discurso de Martin Luther King
"Teño un soño", -
5:59 - 6:02e o discurso de lanzamento do iPhone
de Steve Jobs en 2007, -
6:02 - 6:04superpúxenos e funcionou.
-
6:04 - 6:06Senteime no meu despacho,
asombrada. -
6:06 - 6:08En realidade, chorei un pouco,
-
6:08 - 6:10porque pensaba: "Déronme este regalo",
-
6:10 - 6:11e velaquí está,
-
6:11 - 6:14a forma dunha gran presentación.
-
6:15 - 6:16Non é asombroso?
-
6:16 - 6:17(Risas)
-
6:17 - 6:19Estiven chorando.
-
6:19 - 6:21Quero guialos a través dela,
é bastante sorprendente. -
6:21 - 6:24Hai un comezo, un corpo e un final.
E quero guialos a través deles. -
6:24 - 6:28Porque os mellores comunicadores
--analiceino todo dos discursos, -
6:28 - 6:29e podo solapar a forma:
-
6:29 - 6:31incluso o discurso de Gettysburg
segue esta forma. -
6:32 - 6:35Ao comezo de calquera presentación,
deben establecer o que é. -
6:35 - 6:38É dicir, o statu quo,
o que está pasando. -
6:38 - 6:40E logo hai que comparalo
co que podería ser. -
6:40 - 6:43Deben agrandar esa fenda
todo o posíbel, -
6:43 - 6:47porque existe este lugar común
do statu quo, -
6:47 - 6:50e cómpre que o contrasten
coa excelencia da súa idea. -
6:50 - 6:52É dicir, velaquí o pasado,
e velaquí o presente, -
6:52 - 6:54pero ollen o noso futuro.
-
6:54 - 6:57Aquí hai un problema,
pero mira como o resolvemos. -
6:57 - 7:00Aquí hai un obstáculo,
imos eliminalo. -
7:00 - 7:02Deben ampliar esa fenda.
-
7:02 - 7:05Isto sería como o incidente incitador
dunha película. -
7:05 - 7:07Daquela, a audiencia
debe enfrontarse de súpeto -
7:07 - 7:09co que se lle acaba de presentar:
-
7:09 - 7:12"Quero estar de acordo con isto
e aliñarme con el, ou non?" -
7:12 - 7:15E o resto da súa presentación
debe apoiar iso. -
7:15 - 7:18E o corpo da presentación
vai dun lado ao outro, -
7:18 - 7:20cruza desde o que é
ao que podería ser, -
7:20 - 7:21o que é e o que podería ser.
-
7:21 - 7:23Porque o que se trata de facer
-
7:23 - 7:26é converter o statu quo
e o normal en pouco atractivo, -
7:26 - 7:27e conducir ao público
-
7:27 - 7:30ao que podería ser o futuro
se asumen esa idea. -
7:31 - 7:34Na súa ruta para cambiar o mundo,
a xente vaise resistir. -
7:34 - 7:36Non se entusiasmarán,
se cadra gústalles o mundo como é. -
7:36 - 7:38Así que haberá resistencia.
-
7:38 - 7:40Por iso cómpre ir dun lado ao outro.
-
7:40 - 7:42É como navegar.
-
7:42 - 7:45Cando se navega contra o vento
e hai resistencia, -
7:45 - 7:48hai que mover o barco dun lado ao outro.
-
7:48 - 7:50Faise para coller o vento.
-
7:50 - 7:52Vostedes deben coller a resistencia
-
7:52 - 7:54que vén en contra súa
cando están a navegar. -
7:54 - 7:56É interesante,
se se colle o vento adecuado -
7:56 - 7:58e se pon a vela axeitadamente,
-
7:58 - 8:01entón o barco navegará
máis rápido ca o propio vento. -
8:01 - 8:02É un fenómeno físico.
-
8:02 - 8:03Así que, facendo iso,
-
8:03 - 8:06o xeito en que se van resistir
entre o que é e o que pode ser, -
8:06 - 8:09en realidade vainos atraer
cara á súa idea -
8:09 - 8:11máis rápido ca se non o fixeran.
-
8:11 - 8:14Despois de navegar dun lado a outro
entre o que é e o que podería ser, -
8:14 - 8:16o último punto de inflexión
é unha chamada á acción, -
8:16 - 8:19algo que toda presentación debería ter,
pero ao final. -
8:19 - 8:21Cómpre describir o mundo
coma unha nova bendición. -
8:21 - 8:24"Esta é a utopía,
cando se adopte a miña idea". -
8:24 - 8:25"Este é o aspecto que terá o mundo,
-
8:25 - 8:28cando nos unamos e resolvamos
este gran problema". -
8:28 - 8:30Hai que usar isto como remate,
-
8:30 - 8:32dun xeito moi poético e dramático.
-
8:33 - 8:35Así que, curiosamente, cando rematei,
-
8:35 - 8:39pensei: "Podería usar isto
como unha ferramenta de análise". -
8:39 - 8:41Agora transcribo discursos,
-
8:41 - 8:44e quería verificar ata que punto
encaixan con esta ferramenta. -
8:44 - 8:46Así que quero amosarlles algúns hoxe,
-
8:46 - 8:48e quero comezar coas dúas persoas
-
8:48 - 8:50con que o fixen por primeira vez.
-
8:50 - 8:53Velaquí o Sr. Jobs,
que cambiou completamente o mundo. -
8:53 - 8:56Cambiou o mundo da informática persoal,
a industria da música -
8:56 - 8:59e leva camiño de cambiar
a industria dos dispositivos móbiles. -
8:59 - 9:01Sen dúbida, cambiou o mundo.
-
9:01 - 9:04E esta é a forma do seu lanzamento
do iPhone en 2007, -
9:04 - 9:05cando lanzou o seu iPhone.
-
9:05 - 9:08É unha charla de 90 minutos
que comeza co que é, -
9:08 - 9:11segue indo dun lado ao outro,
e remata co que podería ser. -
9:12 - 9:14Quero centrarme nisto:
-
9:14 - 9:17A liña branca é el falando,
contando. -
9:17 - 9:19A seguinte liña de cor que ven alí,
-
9:19 - 9:21é cando amosa vídeos.
-
9:21 - 9:23Está engadindo algo de variedade
e corta a demostración. -
9:23 - 9:25Non está falando todo o tempo.
-
9:25 - 9:28E estas liñas de alí son a representación.
-
9:28 - 9:30E logo cara ao final vese unha liña azul,
-
9:30 - 9:32que é o orador invitado.
-
9:32 - 9:34E aquí é onde se pon interesante:
-
9:34 - 9:37cada marca destas sinala
cando lles fixo rir. -
9:37 - 9:39E cada unha destas
cando lles fixo aplaudir. -
9:39 - 9:41Están tan implicados fisicamente,
-
9:41 - 9:44están reaccionando fisicamente
ao que el está dicindo, -
9:44 - 9:45o que é realmente fantástico,
-
9:45 - 9:48porque entón sabes
que tes a audiencia nas túas mans. -
9:48 - 9:51E entón comeza co que podería ser,
-
9:51 - 9:54"Levo agardando por este día
dous anos e medio". -
9:54 - 9:56Está lanzando un produto
-
9:56 - 9:58que xa se coñece dende hai un par de anos.
-
9:58 - 10:00Non é un produto novo para el.
-
10:00 - 10:01Pero miren isto,
-
10:01 - 10:03fai tamén isto outro: marabíllase.
-
10:03 - 10:05Marabíllase co seu propio produto.
-
10:05 - 10:07Marabíllase aínda máis
do que a audiencia ri ou aplaude. -
10:07 - 10:11E entón di: "Non é impresionante?
Non é fermoso? -
10:11 - 10:15Está modelando a audiencia
para sinta o que el quere. -
10:15 - 10:19Fai o traballo de obrigalos a sentirse
dun xeito determinado. -
10:19 - 10:23Entón comeza co que podería ser:
"De cando en vez, -
10:23 - 10:26aparece un produto revolucionario
que o cambia todo". -
10:26 - 10:29E dá en falar e falar
do seu novo produto. -
10:29 - 10:31Ao inicio, en realidade
ten o teléfono apagado. -
10:31 - 10:35Verán que a liña é bastante branca
ata este punto, -
10:35 - 10:36e entón vai entre
-
10:36 - 10:39"Velaquí este novo teléfono
e velaquí os malos competidores. -
10:39 - 10:42Velaquí este novo teléfono
e velaquí os malos competidores”. -
10:42 - 10:45E logo, xusto aquí,
ten o seu momento estelar, -
10:45 - 10:47ese algo que sempre lembraremos.
-
10:47 - 10:49Acende o teléfono.
-
10:49 - 10:51A pantalla desprázase
por primeira vez, -
10:51 - 10:53pódese escoitar como se inspira
o aire na sala. -
10:53 - 10:55A xente arfaba. Pódese escoitar.
-
10:55 - 10:57E entón crea un momento
que sempre lembrarán. -
10:57 - 11:00E se nos movemos neste esquema,
pódese ver o azul, -
11:00 - 11:02onde van os oradores externos,
-
11:02 - 11:04e na parte inferior dereita,
a liña rompe. -
11:04 - 11:06É porque lle rompeu o mando.
-
11:06 - 11:08El quere manter esa sensación de emoción.
-
11:08 - 11:10E conta unha historia persoal,
-
11:10 - 11:12xusto alí onde a tecnoloxía non funcionou.
-
11:12 - 11:14É o mestre de comunicadores
-
11:14 - 11:16e recorre á historia
para manter a audiencia implicada. -
11:17 - 11:19E arriba á dereita
acaba coa nova bendición. -
11:19 - 11:21Déixanos coa promesa
-
11:21 - 11:24de que Apple seguirá construíndo
novos produtos revolucionarios. -
11:24 - 11:25E di:
-
11:26 - 11:29"Hai unha vella cita de Wayne Gretzky
que me encanta: -
11:29 - 11:32`Patino cara a onde o disco vai estar,
non cara a onde xa estivo´. -
11:32 - 11:34En Apple sempre tentamos
facer iso dende os comezos -
11:34 - 11:36e sempre o faremos".
-
11:36 - 11:37E así remata coa nova bendición.
-
11:38 - 11:39Vexamos agora ao Sr. King.
-
11:39 - 11:42Era un visionario incrible, un clérigo
-
11:42 - 11:44que pasou a vida
pelexando pola igualdade. -
11:44 - 11:47E esta é a forma
do discurso "Teño un soño". -
11:47 - 11:49Poden ver que comeza co que é,
-
11:49 - 11:51móvese dun lado ao outro
entre o que é e o que podería ser, -
11:51 - 11:55e remata cunha bendición moi poética,
a parte famosa que todos coñecemos. -
11:55 - 11:58Así que vou estendelo un pouco aquí,
-
11:58 - 11:59descompoñelo para vostedes,
-
11:59 - 12:02e poño a transcrición real
-
12:02 - 12:03canda o texto.
-
12:03 - 12:04Sei que non poden lelo.
-
12:04 - 12:07Pero ao final de cada salto de liña,
cortei a liña, -
12:07 - 12:09porque colleu aire e fixo unha pausa.
-
12:09 - 12:12Era un predicador baptista do sur,
moita xente non o sabía, -
12:12 - 12:16así que tiña unha cadencia e un ritmo
realmente novo para a xente de alí. -
12:16 - 12:18Quero cubrir
esas liñas de texto cunha barra -
12:18 - 12:21porque quero usala
como dispositivo de información. -
12:22 - 12:25Vexamos como lle falou á xente.
-
12:26 - 12:29Aquí, as barras azuis amosan
os momentos en que usou -
12:29 - 12:30a figura retórica da repetición.
-
12:30 - 12:32Estábase repetindo,
-
12:32 - 12:34usaba as mesmas palabras e frases,
-
12:34 - 12:36para que a xente
puidera lembralas. -
12:37 - 12:39Pero tamén usou moitas metáforas
e palabras visuais. -
12:39 - 12:42Era un xeito de expresar ideas
moi complexas -
12:42 - 12:45e facelas doadas de recoñecer e lembrar,
para que a xente as entendera. -
12:45 - 12:46En realidade, case creou
-
12:46 - 12:49escenas a través das súas palabras
-
12:49 - 12:51para que a xente
puidera imaxinar o que dicía. -
12:51 - 12:55E logo tamén usou moitas cancións
familiares e pasaxes relixiosas. -
12:55 - 12:57Isto é só a parte máis visible.
-
12:57 - 13:00E logo tamén fixo
moitas referencias políticas -
13:00 - 13:02das promesas que lle fixeron á xente.
-
13:02 - 13:05E se ollamos o extremo final do que é,
-
13:05 - 13:07foi esa a primeira vez
-
13:07 - 13:10que a xente aplaudiu
e ruxiu realmente forte. -
13:10 - 13:12E ao final dixo:
-
13:12 - 13:14"EE.UU deulle
un cheque sen fondos aos negros, -
13:14 - 13:17un cheque devolto
por falta de fondos". -
13:17 - 13:19Todos saben o que é
non ter cartos na conta. -
13:19 - 13:22E usou a metáfora
coa que a xente estaba moi familiarizada. -
13:22 - 13:24Pero cando estouparon de verdade,
-
13:24 - 13:27a primeira vez que realmente gritaron
foi cando dixo: -
13:27 - 13:29"Así que viñemos cobrar ese cheque,
-
13:29 - 13:31un cheque que nos dará acceso
-
13:31 - 13:33á riqueza da liberdade
e á seguridade da xustiza". -
13:33 - 13:35Foi entón cando aplaudiron de verdade.
-
13:35 - 13:38Cando comparou o que actualmente é,
co que podería ser. -
13:38 - 13:41Ao avanzar un pouco máis no modelo,
-
13:41 - 13:44verán que vai e vén
a un ritmo máis frenético. -
13:44 - 13:46E aquí é cando vai e vén, e vai e vén.
-
13:46 - 13:48Agora a audiencia vivía nun frenesí.
-
13:48 - 13:51Estaban todos emocionados,
e así pódese facer algo de verdade -
13:51 - 13:53para conservar
esa gran sensación de emoción. -
13:54 - 13:56E entón dixo: "Teño un soño,
-
13:57 - 14:01que un día esta nación se erga
e viva o significado das súas crenzas. -
14:01 - 14:05Sostemos como certeza evidente
que todas as persoas foron creadas iguais. -
14:05 - 14:08Entón usa o pequeno texto laranxa
para recordarlles a promesa -
14:08 - 14:11que os políticos lles fixeran
ou que este país lles fixera. -
14:11 - 14:13Logo vai e vén entre:
-
14:13 - 14:16"Teño o soño de que un día,
teño o soño de que un día, -
14:16 - 14:17teño o soño de que un día",
-
14:17 - 14:19e ao final, vólvese realmente interesante.
-
14:19 - 14:22Porque usa
--poden ver os catro tons de verde, -
14:22 - 14:25hai moito azul alí,
que amosa moita repetición-- -
14:25 - 14:27tiña un gran sentido da repetición.
-
14:27 - 14:30E o verde representa un uso elevado
de cancións e escrituras. -
14:30 - 14:32Así que o primeiro lote verde
-
14:32 - 14:35era a escritura do Libro de Isaías.
-
14:35 - 14:38O segundo lote de verde
era My Country, 'Tis of Thee". -
14:38 - 14:41Unha canción familiar que era
particularmente significativa -
14:41 - 14:43para os negros daquela época,
-
14:43 - 14:47porque a esa canción cambiáranlle a letra
como forma de protesta, -
14:47 - 14:49para dicir que as promesas
non se cumpriran. -
14:50 - 14:54O terceiro lote de verde era en realidade
unha estrofa de My Country, 'Tis of Thee. -
14:54 - 14:56E o cuarto era un espiritual negro.
-
14:57 - 15:00"¡Ceibe ó fin! ¡Ceibe ó fin! ¡Grazas
Deus todopoderoso, son ceibe ó fin!" -
15:00 - 15:04E ao facelo acadou o fondo
dos corazóns da audiencia. -
15:04 - 15:06Sacou cousas das escrituras,
algo relevante. -
15:06 - 15:09Sacou cousas das cancións
que cantaran xuntos -
15:09 - 15:10en protesta contra esta ultraxe,
-
15:10 - 15:14e usounas como ferramenta
para conectarse co público. -
15:14 - 15:17E o remate, debuxando unha imaxe
desta nova bendición, -
15:17 - 15:20usando cousas xa queridas para o público,
que xa consideraban sagradas. -
15:21 - 15:24Era un gran home.
Tivo un gran, gran soño. -
15:24 - 15:27Hai moita xente aquí,
vostedes, que ten grandes soños. -
15:27 - 15:29Teñen no seu interior
ideas realmente grandes -
15:29 - 15:30que deben expresar.
-
15:30 - 15:32Pero, saben que?
Atopamos dificultades. -
15:32 - 15:34Non é doado cambiar o mundo;
-
15:34 - 15:35é un gran traballo.
-
15:35 - 15:37vostedes saben que el foi...
-
15:37 - 15:39puxéronlle bombas na casa,
apuñalárono cun abrecartas, -
15:39 - 15:41e ao final, perdeu a vida
-
15:41 - 15:43polo que lle importaba.
-
15:43 - 15:47Pero a moitos de nós
non se nos esixe facer ese sacrificio. -
15:47 - 15:48Mais, en esencia,
-
15:48 - 15:51parécese un pouco
á estrutura básica da historia. -
15:51 - 15:53A vida pode ser así.
-
15:53 - 15:55Todos vostedes son persoas agradábeis.
-
15:55 - 15:58teñen un desexo, atópanse con obstáculos,
-
15:58 - 16:00e parámonos aí.
-
16:00 - 16:02É como dicirnos: "Tiven esta idea,
-
16:02 - 16:04pero non vou expoñela.
-
16:04 - 16:05Rexeitárona".
-
16:05 - 16:09Ben saben, autosabotamos
as nosas propias ideas, -
16:09 - 16:12simplemente chocamos
contra as barricadas unha e outra vez -
16:12 - 16:15no canto de optar por deixar
que a loita nos transforme -
16:15 - 16:18e elixir seguir adiante,
ter un soño e facelo realidade. -
16:18 - 16:23E xa saben, se eu poido facelo,
calquera pode. -
16:23 - 16:26Medrei nun ambiente famento
económica e emocionalmente. -
16:26 - 16:30A primeira vez que fun a un campamento
coa miña irmá, maltratáronme. -
16:30 - 16:33Non foi a primeira vez que mo fixeron,
soamente foi a máis agresiva. -
16:33 - 16:36E miña nai e meu pai
casaron tres veces, -
16:36 - 16:37(A audiencia murmura.)
-
16:37 - 16:40Si, aquilo era moi movido,
e cando non estaban pelexando -
16:40 - 16:43estaban axudando a acougar
a un alcohólico que vivía con nós -
16:43 - 16:45porque os dous eran alcohólicos sobrios.
-
16:45 - 16:48A miña nai abandonounos
cando eu tiña 16 anos. -
16:48 - 16:51E asumín o rol de encargada da casa
e dos meus irmáns. -
16:51 - 16:54E caseime. Coñecín un home.
-
16:54 - 16:57Namoreime. Fun un ano á universidade.
-
16:57 - 17:00Fixen o que todas a rapazas novas
e brillantes deberían facer: -
17:00 - 17:02Casei cando tiña 18 anos.
-
17:02 - 17:03E saben que?
-
17:03 - 17:05Sabíao, sabía
-
17:05 - 17:08que nacera para algo máis que para isto.
-
17:08 - 17:11E xusto nese momento da historia
da miña vida, tiven que elixir. -
17:11 - 17:13Podía deixar que todas estas cousas
me superasen -
17:13 - 17:16e que todas as miñas ideas
morreran dentro de min. -
17:16 - 17:19Puiden dicir, a vida é difícil de máis
como para cambiar o mundo. -
17:19 - 17:20Dura de máis.
-
17:20 - 17:23Pero elixín unha historia diferente
para a miña vida. -
17:23 - 17:24(Risas)
-
17:24 - 17:26Non o saben?
-
17:27 - 17:29E sinto que hai xente nesta sala
-
17:29 - 17:31que ten esas especias de cociña
-
17:31 - 17:34e pensa: "Boh, non é gran cousa".
-
17:34 - 17:36"En realidade, non podo cambiar o mundo".
-
17:36 - 17:38Pero si que poden cambiar o seu mundo.
-
17:38 - 17:39Poden cambiar a súa vida.
-
17:39 - 17:42Poden cambiar o mundo
sobre o que teñen control, -
17:42 - 17:43poden cambiar a súa esfera.
-
17:43 - 17:45Quero animalos a facelo.
-
17:46 - 17:47Porque, saben que?
-
17:47 - 17:50O futuro non é un lugar ao que vaiamos ir.
-
17:50 - 17:53É un lugar que podemos crear.
-
17:54 - 17:56Quero darlles as grazas.
Que Deus os bendiga. -
17:56 - 17:57(Aplausos)
- Title:
- A estrutura secreta das grandes charlas
- Speaker:
- Nancy Duarte
- Description:
-
Dende o discurso "Teño un soño" ata o lanzamento do iPhone de Steve Jobs, moitas grandes charlas teñen unha estrutura común que axuda a que a súa mensaxe provoque impacto en quen as escoita. Nesta charla, a experta en presentacións, Nancy Duarte comparte leccións prácticas sobre como facer un poderoso chamamento á acción.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 18:10
![]() |
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for The secret structure of great talks | |
![]() |
Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for The secret structure of great talks | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The secret structure of great talks | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The secret structure of great talks | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The secret structure of great talks | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The secret structure of great talks | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The secret structure of great talks | |
![]() |
Penny Martínez edited Galician subtitles for The secret structure of great talks |