0:00:00.000,0:00:02.108 É realmente xenial estar aquí. 0:00:02.656,0:00:04.666 Vostedes teñen o poder de cambiar o mundo. 0:00:04.666,0:00:06.256 Non o digo como un cliché, 0:00:06.256,0:00:08.560 Teñen de verdade[br]o poder de cambiar o mundo. 0:00:09.020,0:00:11.186 Moi dentro de vostedes,[br]de cada un de vostedes 0:00:11.186,0:00:14.400 atópase o dispositivo máis poderoso[br]coñecido polo ser home. 0:00:15.080,0:00:16.280 Unha idea. 0:00:17.240,0:00:20.336 Unha soa idea, dende a mente humana, 0:00:20.336,0:00:21.896 podería comezar unha onda, 0:00:21.896,0:00:24.686 que podería ser un punto de inflexión[br]para un movemento 0:00:24.686,0:00:27.486 e pode realmente reescribir o noso futuro. 0:00:27.486,0:00:30.206 Pero unha idea non ten forza 0:00:30.206,0:00:32.046 se fica dentro de nós. 0:00:32.046,0:00:35.126 Se nunca a expoñen[br]para que outros a discutan, 0:00:35.126,0:00:36.320 morrerá con vostedes. 0:00:37.120,0:00:40.456 Talvez algúns de vostedes[br]tentaron transmitir a súa idea 0:00:40.456,0:00:42.376 e non foi adoptada, foi rexeitada, 0:00:42.376,0:00:45.256 mentres que si se aceptou[br]outra mediocre. 0:00:45.256,0:00:49.606 E a única diferenza entre ambas[br]é a forma en que se comunicaron. 0:00:49.606,0:00:52.476 Porque se se comunica unha idea[br]de modo que teña repercusión, 0:00:52.476,0:00:55.080 o cambio producirase,[br]e poderán cambiar o mundo. 0:00:55.780,0:00:58.586 Na miña familia coleccionamos[br]eses carteis europeos vintage. 0:00:58.586,0:01:01.046 Cada vez que imos a Maui,[br]imos xunta o vendedor, 0:01:01.046,0:01:02.906 e el amósanos eses grandes carteis. 0:01:02.906,0:01:04.726 Encántanme. Todos teñen unha idea 0:01:04.726,0:01:07.116 e elementos visuais moi claros[br]que a transmiten. 0:01:07.336,0:01:09.656 Son case do tamaño dun colchón.[br]Son moi grandes. 0:01:09.666,0:01:12.166 Non son tan grosos coma un colchón,[br]pero son enormes. 0:01:12.386,0:01:14.716 E o tipo conta a historia[br]mentres pasa as páxinas. 0:01:14.736,0:01:16.926 E unha vez que estaba[br]cos meus dous fillos 0:01:17.146,0:01:19.956 el pasou a páxina[br]e este cartel estaba debaixo, 0:01:20.216,0:01:22.466 e xusto cando me inclino [br]cara a diante e digo: 0:01:22.466,0:01:24.616 "Mi madriña, encántame este cartel!" 0:01:24.616,0:01:26.806 os meus dous fillos[br]saltan cara a atrás e din: 0:01:26.806,0:01:27.916 "Mamá, es ti! 0:01:28.356,0:01:29.466 Velaquí o cartel. 0:01:29.576,0:01:30.906 (Risas) 0:01:30.906,0:01:32.933 Parece que estou dicindo: "Acéndeo!" 0:01:33.186,0:01:35.603 O que me encantou deste cartel[br]foi a ironía. 0:01:35.726,0:01:38.185 Aquí está esta rapaza toda acesa,[br]camiño da batalla, 0:01:38.246,0:01:39.526 a portadora do estandarte, 0:01:39.526,0:01:42.241 termando deses Suavitos; [br]unhas especias de cociña, 0:01:42.596,0:01:45.446 algo tan insignificante, 0:01:45.446,0:01:49.360 como se estivese disposta a arriscar[br]a súa vida para publicitalos. 0:01:50.120,0:01:53.746 Se queren substitúan[br]esas especias de cociña 0:01:53.746,0:01:55.016 por unha presentación... 0:01:55.016,0:01:57.376 Si, son eu, moi entusiasmada. 0:01:57.376,0:01:59.166 Estaba apaixonada polas presentacións 0:01:59.166,0:02:02.296 cando aínda non estaba de moda[br]apaixonarse por elas. 0:02:02.296,0:02:04.916 Pero creo realmente[br]que teñen o poder de cambiar o mundo 0:02:04.916,0:02:07.346 se un se comunica con efectividade[br]a través delas. 0:02:07.346,0:02:09.526 E cambiar o mundo é difícil. 0:02:09.526,0:02:12.926 Non vai pasar cunha soa persoa[br]e cunha única idea. 0:02:12.926,0:02:16.336 Esa idea debe difundirse[br]ou non producirá efectos. 0:02:16.336,0:02:18.176 Ten que saír de vostedes 0:02:18.176,0:02:20.350 e ir cara ao exterior[br]para que a xente a vexa. 0:02:21.600,0:02:25.946 E a forma máis efectiva [br]de transmitir ideas é usar historias. 0:02:25.946,0:02:28.206 Durante milleiros de anos[br]as xeracións iletradas 0:02:28.206,0:02:31.136 transmitían mediante historias[br]os seus valores e a súa cultura 0:02:31.136,0:02:32.836 de xeración en xeración, 0:02:32.836,0:02:34.486 e estas mantíñanse intactas. 0:02:34.486,0:02:37.366 Hai algo máxico[br]na estrutura dunha historia 0:02:37.366,0:02:39.576 que fai que cando está ensamblada, 0:02:39.576,0:02:41.856 poida ser asimilada e despois difundida 0:02:41.856,0:02:43.440 pola persoa que a escoita. 0:02:44.600,0:02:48.306 Así que, basicamente, cunha historia[br]obtense unha reacción física; 0:02:48.306,0:02:51.126 o corazón pode acelerarse[br]e os ollos dilatarse. 0:02:51.126,0:02:53.766 Pódese dicir: [br]"Teño arreguizos no espiñazo." 0:02:53.766,0:02:55.996 ou: "Podo sentila na boca do estómago". 0:02:56.000,0:02:59.216 En verdade, reaccionamos fisicamente[br]cando nos contan unha historia. 0:02:59.216,0:03:02.286 E, aínda sendo a mesma situación,[br]pódese contar como historia, 0:03:02.286,0:03:04.966 pero contada como presentación,[br]vólvese totalmente plana. 0:03:04.966,0:03:06.256 E quería descubrir por que. 0:03:06.256,0:03:09.546 Por que nos sentimos[br]fisicamente cativados por unha historia, 0:03:09.546,0:03:11.280 pero morremos nunha presentación? 0:03:12.200,0:03:15.786 Por iso quería saber como engadir[br]unha historia ás presentacións. 0:03:15.786,0:03:18.616 Tivemos miles de presentacións na tenda, 0:03:18.616,0:03:20.966 centos de miles, en realidade, 0:03:20.966,0:03:23.446 así que sabía o contexto[br]dunha presentación moi mala. 0:03:23.446,0:03:26.136 Decidín estudar cine e literatura, 0:03:26.136,0:03:28.526 e realmente afondar e descubrir[br]que acontecía 0:03:28.526,0:03:29.920 e por que non funcionaban. 0:03:30.480,0:03:33.416 Quero amosarlles algúns resultados 0:03:33.416,0:03:36.920 que nos levan ao que poderiamos chamar [br]un modelo de presentación. 0:03:38.000,0:03:40.096 Era obvio comezar con Aristóteles, 0:03:40.096,0:03:43.086 que tiña una estrutura en tres actos:[br]comezo, corpo e final. 0:03:43.086,0:03:44.686 Estudamos poética e retórica, 0:03:44.686,0:03:48.156 e moitas presentacións nin sequera[br]teñen iso na súa forma máis sinxela. 0:03:48.160,0:03:50.706 E logo, cando pasei a estudar[br]arquetipos de heroes, 0:03:50.706,0:03:52.776 pensei: "Vale, quen presenta é o heroe, 0:03:52.776,0:03:55.400 está no escenario,[br]é a estrela do espectáculo". 0:03:55.400,0:03:58.800 Se es quen presenta, é doado véreste[br]como a estrela do espectáculo. 0:03:58.800,0:04:01.100 Pero axiña me decatei[br]de que iso non funciona. 0:04:01.100,0:04:04.050 Porque se teño unha idea, [br]podo poñérllela diante, 0:04:04.050,0:04:06.770 pero se non a collen e a asumen, 0:04:06.770,0:04:09.150 a idea non vai a ningures[br]e o mundo non cambia. 0:04:09.150,0:04:11.530 Así que, en realidade,[br]quen presenta non é o heroe, 0:04:11.530,0:04:14.080 é o público o heroe da nosa idea. 0:04:14.680,0:04:17.166 Se se fixan en A viaxe do heroe[br]de Joseph Campbell, 0:04:17.166,0:04:20.589 na primeira parte había algunhas ideas [br]verdadeiramente interesantes. 0:04:20.589,0:04:23.010 Está este simpático heroe nun mundo común, 0:04:23.010,0:04:24.760 e chégalle esa chamada á aventura. 0:04:24.760,0:04:27.010 Entón, o mundo desequilíbrase. 0:04:27.010,0:04:28.570 E ao principio resístense. 0:04:28.570,0:04:30.691 Pensan: "Non sei se quero meterme nisto" 0:04:30.691,0:04:32.150 e daquela aparece un mentor 0:04:32.150,0:04:34.440 que lles axuda a pasar [br]do seu mundo común 0:04:34.440,0:04:36.040 a un mundo especial. 0:04:36.040,0:04:37.910 Velaquí o papel de quen presenta. 0:04:37.910,0:04:40.830 Ser o mentor.[br]Vostedes non son Luke Skywalker, son Yoda. 0:04:40.830,0:04:43.090 Son os que realmente [br]lle axudan á audiencia 0:04:43.090,0:04:46.740 a pasar dun punto[br]á súa nova idea especial, 0:04:46.740,0:04:48.324 e ese é o poder dunha historia. 0:04:49.240,0:04:53.146 Na súa estrutura máis sinxela,[br]consta de tres partes. 0:04:53.146,0:04:55.916 Hai un heroe agradable que ten un desexo, 0:04:55.916,0:04:57.566 atópanse cun obstáculo 0:04:57.566,0:05:02.000 e finalmente emerxen, transfórmanse.[br]Esa é a estrutura básica. 0:05:02.720,0:05:06.086 Pero non foi ata que atopei [br]a pirámide de Gustav Freytag: 0:05:06.086,0:05:09.046 el debuxouna en 1863. 0:05:09.046,0:05:12.376 Era un dramaturgo alemán... 0:05:12.376,0:05:13.666 un dramaturgo alemán 0:05:13.666,0:05:16.576 que cría que hai[br]unha estrutura de cinco actos, 0:05:16.576,0:05:19.606 cunha exposición,[br]un aumento da acción, 0:05:19.606,0:05:22.216 un clímax, un descenso da acción[br]e un desenlace, 0:05:22.216,0:05:25.376 que é o desenredo[br]ou a resolución da historia. 0:05:25.376,0:05:27.616 Encántame esta forma.[br]Así que falemos de formas. 0:05:27.616,0:05:30.096 Unha historia ten un arco,[br]ben, un arco é unha forma. 0:05:30.096,0:05:33.080 Falamos de música clásica[br]que ten unha beleza de formas. 0:05:33.600,0:05:35.946 Así que pensei,[br]se as presentacións tiveran forma, 0:05:35.946,0:05:37.166 cal sería? 0:05:37.166,0:05:40.246 E como usaron esa forma[br]os mellores comunicadores, 0:05:40.246,0:05:41.826 ou como a seguen usando? 0:05:41.826,0:05:43.756 Nunca o esquecerei,[br]era sábado pola mañá. 0:05:43.906,0:05:46.406 Despois de todo este estudo,[br]--foran un par de anos-- 0:05:46.506,0:05:47.786 debuxei unha forma. 0:05:47.796,0:05:50.226 E pensei: "Mi madriña, [br]se esta forma é real, 0:05:50.230,0:05:53.140 debería poder coller[br]dúas presentacións totalmente diferentes 0:05:53.140,0:05:55.386 e superpoñelas,[br]e a forma debería ser correcta". 0:05:55.566,0:05:56.866 Así que fun ao obvio: 0:05:56.866,0:05:59.156 o discurso de Martin Luther King[br]"Teño un soño", 0:05:59.156,0:06:01.936 e o discurso de lanzamento do iPhone[br]de Steve Jobs en 2007, 0:06:02.106,0:06:04.076 superpúxenos e funcionou. 0:06:04.080,0:06:05.986 Senteime no meu despacho,[br]asombrada. 0:06:05.986,0:06:07.780 En realidade, chorei un pouco, 0:06:07.780,0:06:10.160 porque pensaba: "Déronme este regalo", 0:06:10.160,0:06:11.400 e velaquí está, 0:06:11.400,0:06:13.520 a forma dunha gran presentación. 0:06:14.520,0:06:16.136 Non é asombroso? 0:06:16.136,0:06:17.356 (Risas) 0:06:17.360,0:06:18.606 Estiven chorando. 0:06:18.606,0:06:21.236 Quero guialos a través dela,[br]é bastante sorprendente. 0:06:21.236,0:06:24.406 Hai un comezo, un corpo e un final.[br]E quero guialos a través deles. 0:06:24.406,0:06:27.696 Porque os mellores comunicadores [br]--analiceino todo dos discursos, 0:06:27.696,0:06:28.932 e podo solapar a forma: 0:06:28.932,0:06:31.288 incluso o discurso de Gettysburg[br]segue esta forma. 0:06:31.926,0:06:35.166 Ao comezo de calquera presentación,[br]deben establecer o que é. 0:06:35.166,0:06:37.946 É dicir, o statu quo,[br]o que está pasando. 0:06:37.946,0:06:40.316 E logo hai que comparalo[br]co que podería ser. 0:06:40.316,0:06:43.166 Deben agrandar esa fenda[br]todo o posíbel, 0:06:43.166,0:06:46.646 porque existe este lugar común[br]do statu quo, 0:06:46.646,0:06:49.606 e cómpre que o contrasten[br]coa excelencia da súa idea. 0:06:49.606,0:06:52.496 É dicir, velaquí o pasado,[br]e velaquí o presente, 0:06:52.496,0:06:53.720 pero ollen o noso futuro. 0:06:54.240,0:06:57.086 Aquí hai un problema,[br]pero mira como o resolvemos. 0:06:57.086,0:07:00.086 Aquí hai un obstáculo,[br]imos eliminalo. 0:07:00.086,0:07:02.166 Deben ampliar esa fenda. 0:07:02.166,0:07:05.006 Isto sería como o incidente incitador[br]dunha película. 0:07:05.006,0:07:07.286 Daquela, a audiencia [br]debe enfrontarse de súpeto 0:07:07.286,0:07:08.916 co que se lle acaba de presentar: 0:07:08.916,0:07:11.816 "Quero estar de acordo con isto[br]e aliñarme con el, ou non?" 0:07:11.816,0:07:14.520 E o resto da súa presentación[br]debe apoiar iso. 0:07:15.280,0:07:17.516 E o corpo da presentación[br]vai dun lado ao outro, 0:07:17.520,0:07:19.756 cruza desde o que é[br]ao que podería ser, 0:07:19.756,0:07:21.096 o que é e o que podería ser. 0:07:21.096,0:07:22.726 Porque o que se trata de facer 0:07:22.726,0:07:25.836 é converter o statu quo[br]e o normal en pouco atractivo, 0:07:25.840,0:07:27.386 e conducir ao público 0:07:27.386,0:07:30.160 ao que podería ser o futuro[br]se asumen esa idea. 0:07:30.560,0:07:33.656 Na súa ruta para cambiar o mundo,[br]a xente vaise resistir. 0:07:33.656,0:07:36.370 Non se entusiasmarán,[br]se cadra gústalles o mundo como é. 0:07:36.370,0:07:38.026 Así que haberá resistencia. 0:07:38.026,0:07:39.740 Por iso cómpre ir dun lado ao outro. 0:07:39.740,0:07:41.920 É como navegar. 0:07:41.920,0:07:45.030 Cando se navega contra o vento[br]e hai resistencia, 0:07:45.030,0:07:48.310 hai que mover o barco dun lado ao outro. 0:07:48.310,0:07:50.010 Faise para coller o vento. 0:07:50.010,0:07:51.790 Vostedes deben coller a resistencia 0:07:51.790,0:07:54.040 que vén en contra súa[br]cando están a navegar. 0:07:54.040,0:07:56.440 É interesante, [br]se se colle o vento adecuado 0:07:56.440,0:07:58.090 e se pon a vela axeitadamente, 0:07:58.090,0:08:00.950 entón o barco navegará[br]máis rápido ca o propio vento. 0:08:00.950,0:08:02.170 É un fenómeno físico. 0:08:02.170,0:08:03.430 Así que, facendo iso, 0:08:03.430,0:08:06.440 o xeito en que se van resistir[br]entre o que é e o que pode ser, 0:08:06.440,0:08:08.730 en realidade vainos atraer[br]cara á súa idea 0:08:08.730,0:08:10.550 máis rápido ca se non o fixeran. 0:08:10.550,0:08:13.950 Despois de navegar dun lado a outro[br]entre o que é e o que podería ser, 0:08:13.950,0:08:16.396 o último punto de inflexión[br]é unha chamada á acción, 0:08:16.396,0:08:18.966 algo que toda presentación debería ter,[br]pero ao final. 0:08:18.966,0:08:21.310 Cómpre describir o mundo[br]coma unha nova bendición. 0:08:21.310,0:08:23.550 "Esta é a utopía,[br]cando se adopte a miña idea". 0:08:23.550,0:08:25.240 "Este é o aspecto que terá o mundo, 0:08:25.240,0:08:27.680 cando nos unamos e resolvamos[br]este gran problema". 0:08:27.820,0:08:29.820 Hai que usar isto como remate, 0:08:29.820,0:08:31.920 dun xeito moi poético e dramático. 0:08:33.080,0:08:35.440 Así que, curiosamente, cando rematei, 0:08:35.440,0:08:38.999 pensei: "Podería usar isto[br]como unha ferramenta de análise". 0:08:38.999,0:08:41.010 Agora transcribo discursos, 0:08:41.010,0:08:44.470 e quería verificar ata que punto[br]encaixan con esta ferramenta. 0:08:44.470,0:08:46.447 Así que quero amosarlles algúns hoxe, 0:08:46.447,0:08:48.450 e quero comezar coas dúas persoas 0:08:48.450,0:08:50.070 con que o fixen por primeira vez. 0:08:50.070,0:08:52.846 Velaquí o Sr. Jobs,[br]que cambiou completamente o mundo. 0:08:52.846,0:08:55.916 Cambiou o mundo da informática persoal,[br]a industria da música 0:08:55.916,0:08:58.986 e leva camiño de cambiar[br]a industria dos dispositivos móbiles. 0:08:59.000,0:09:00.996 Sen dúbida, cambiou o mundo. 0:09:00.996,0:09:03.926 E esta é a forma do seu lanzamento[br]do iPhone en 2007, 0:09:03.926,0:09:05.326 cando lanzou o seu iPhone. 0:09:05.326,0:09:08.266 É unha charla de 90 minutos[br]que comeza co que é, 0:09:08.266,0:09:11.060 segue indo dun lado ao outro, [br]e remata co que podería ser. 0:09:11.800,0:09:13.570 Quero centrarme nisto: 0:09:13.570,0:09:16.960 A liña branca é el falando,[br]contando. 0:09:16.960,0:09:19.200 A seguinte liña de cor que ven alí, 0:09:19.200,0:09:20.510 é cando amosa vídeos. 0:09:20.510,0:09:23.190 Está engadindo algo de variedade[br]e corta a demostración. 0:09:23.190,0:09:25.030 Non está falando todo o tempo. 0:09:25.030,0:09:27.520 E estas liñas de alí son a representación. 0:09:28.400,0:09:30.440 E logo cara ao final vese unha liña azul, 0:09:30.440,0:09:32.190 que é o orador invitado. 0:09:32.190,0:09:34.410 E aquí é onde se pon interesante: 0:09:34.410,0:09:36.710 cada marca destas sinala [br]cando lles fixo rir. 0:09:36.710,0:09:39.090 E cada unha destas [br]cando lles fixo aplaudir. 0:09:39.090,0:09:41.110 Están tan implicados fisicamente, 0:09:41.110,0:09:43.640 están reaccionando fisicamente[br]ao que el está dicindo, 0:09:43.640,0:09:45.070 o que é realmente fantástico, 0:09:45.070,0:09:47.990 porque entón sabes [br]que tes a audiencia nas túas mans. 0:09:47.990,0:09:51.110 E entón comeza co que podería ser, 0:09:51.110,0:09:54.480 "Levo agardando por este día[br]dous anos e medio". 0:09:54.480,0:09:55.910 Está lanzando un produto 0:09:55.910,0:09:58.400 que xa se coñece dende hai un par de anos. 0:09:58.400,0:10:00.160 Non é un produto novo para el. 0:10:00.160,0:10:01.090 Pero miren isto, 0:10:01.090,0:10:03.200 fai tamén isto outro: marabíllase. 0:10:03.200,0:10:04.820 Marabíllase co seu propio produto. 0:10:04.820,0:10:07.480 Marabíllase aínda máis[br]do que a audiencia ri ou aplaude. 0:10:07.480,0:10:11.016 E entón di: "Non é impresionante?[br]Non é fermoso? 0:10:11.020,0:10:14.590 Está modelando a audiencia[br]para sinta o que el quere. 0:10:14.590,0:10:18.680 Fai o traballo de obrigalos a sentirse[br]dun xeito determinado. 0:10:19.440,0:10:22.890 Entón comeza co que podería ser:[br]"De cando en vez, 0:10:22.890,0:10:25.860 aparece un produto revolucionario[br]que o cambia todo". 0:10:25.860,0:10:28.520 E dá en falar e falar[br]do seu novo produto. 0:10:28.520,0:10:31.430 Ao inicio, en realidade[br]ten o teléfono apagado. 0:10:31.430,0:10:34.510 Verán que a liña é bastante branca[br]ata este punto, 0:10:34.510,0:10:35.950 e entón vai entre 0:10:35.950,0:10:38.996 "Velaquí este novo teléfono[br]e velaquí os malos competidores. 0:10:38.996,0:10:42.150 Velaquí este novo teléfono[br]e velaquí os malos competidores”. 0:10:42.150,0:10:45.006 E logo, xusto aquí,[br]ten o seu momento estelar, 0:10:45.006,0:10:47.126 ese algo que sempre lembraremos. 0:10:47.126,0:10:48.656 Acende o teléfono. 0:10:48.656,0:10:50.896 A pantalla desprázase[br]por primeira vez, 0:10:50.896,0:10:53.146 pódese escoitar como se inspira[br]o aire na sala. 0:10:53.146,0:10:54.866 A xente arfaba. Pódese escoitar. 0:10:54.866,0:10:57.246 E entón crea un momento[br]que sempre lembrarán. 0:10:57.246,0:10:59.810 E se nos movemos neste esquema,[br]pódese ver o azul, 0:10:59.810,0:11:01.960 onde van os oradores externos, 0:11:01.960,0:11:04.010 e na parte inferior dereita,[br]a liña rompe. 0:11:04.010,0:11:05.820 É porque lle rompeu o mando. 0:11:05.820,0:11:08.360 El quere manter esa sensación de emoción. 0:11:08.360,0:11:09.880 E conta unha historia persoal, 0:11:09.880,0:11:12.060 xusto alí onde a tecnoloxía non funcionou. 0:11:12.060,0:11:13.560 É o mestre de comunicadores 0:11:13.560,0:11:16.230 e recorre á historia[br]para manter a audiencia implicada. 0:11:16.600,0:11:18.840 E arriba á dereita[br]acaba coa nova bendición. 0:11:18.840,0:11:20.560 Déixanos coa promesa 0:11:20.560,0:11:24.130 de que Apple seguirá construíndo[br]novos produtos revolucionarios. 0:11:24.130,0:11:25.400 E di: 0:11:26.320,0:11:28.796 "Hai unha vella cita de Wayne Gretzky[br]que me encanta: 0:11:28.796,0:11:31.910 `Patino cara a onde o disco vai estar,[br]non cara a onde xa estivo´. 0:11:31.910,0:11:34.380 En Apple sempre tentamos [br]facer iso dende os comezos 0:11:34.380,0:11:35.690 e sempre o faremos". 0:11:35.690,0:11:37.396 E así remata coa nova bendición. 0:11:37.640,0:11:38.966 Vexamos agora ao Sr. King. 0:11:38.966,0:11:41.526 Era un visionario incrible, un clérigo 0:11:41.526,0:11:44.216 que pasou a vida[br]pelexando pola igualdade. 0:11:44.216,0:11:46.866 E esta é a forma[br]do discurso "Teño un soño". 0:11:46.866,0:11:48.586 Poden ver que comeza co que é, 0:11:48.586,0:11:51.376 móvese dun lado ao outro[br]entre o que é e o que podería ser, 0:11:51.376,0:11:55.326 e remata cunha bendición moi poética,[br]a parte famosa que todos coñecemos. 0:11:55.326,0:11:57.616 Así que vou estendelo un pouco aquí, 0:11:57.616,0:11:59.306 descompoñelo para vostedes, 0:11:59.306,0:12:02.156 e poño a transcrición real 0:12:02.160,0:12:03.146 canda o texto. 0:12:03.146,0:12:04.356 Sei que non poden lelo. 0:12:04.356,0:12:06.990 Pero ao final de cada salto de liña,[br]cortei a liña, 0:12:06.990,0:12:08.930 porque colleu aire e fixo unha pausa. 0:12:08.930,0:12:12.326 Era un predicador baptista do sur,[br]moita xente non o sabía, 0:12:12.326,0:12:15.906 así que tiña unha cadencia e un ritmo[br]realmente novo para a xente de alí. 0:12:15.906,0:12:18.426 Quero cubrir[br]esas liñas de texto cunha barra 0:12:18.426,0:12:21.378 porque quero usala[br]como dispositivo de información. 0:12:21.920,0:12:24.800 Vexamos como lle falou á xente. 0:12:26.040,0:12:28.610 Aquí, as barras azuis amosan [br]os momentos en que usou 0:12:28.610,0:12:30.360 a figura retórica da repetición. 0:12:30.360,0:12:31.740 Estábase repetindo, 0:12:31.740,0:12:33.700 usaba as mesmas palabras e frases, 0:12:33.700,0:12:35.880 para que a xente[br]puidera lembralas. 0:12:36.640,0:12:39.416 Pero tamén usou moitas metáforas[br]e palabras visuais. 0:12:39.416,0:12:41.606 Era un xeito de expresar ideas[br]moi complexas 0:12:41.606,0:12:44.976 e facelas doadas de recoñecer e lembrar,[br]para que a xente as entendera. 0:12:44.976,0:12:46.486 En realidade, case creou 0:12:46.486,0:12:48.656 escenas a través das súas palabras 0:12:48.656,0:12:50.900 para que a xente [br]puidera imaxinar o que dicía. 0:12:51.460,0:12:54.640 E logo tamén usou moitas cancións [br]familiares e pasaxes relixiosas. 0:12:54.640,0:12:57.010 Isto é só a parte máis visible. 0:12:57.010,0:12:59.560 E logo tamén fixo[br]moitas referencias políticas 0:12:59.560,0:13:02.220 das promesas que lle fixeron á xente. 0:13:02.220,0:13:04.560 E se ollamos o extremo final do que é, 0:13:04.560,0:13:06.700 foi esa a primeira vez 0:13:06.700,0:13:09.510 que a xente aplaudiu[br]e ruxiu realmente forte. 0:13:09.510,0:13:11.740 E ao final dixo: 0:13:11.740,0:13:14.116 "EE.UU deulle [br]un cheque sen fondos aos negros, 0:13:14.116,0:13:16.716 un cheque devolto[br]por falta de fondos". 0:13:16.720,0:13:19.020 Todos saben o que é[br]non ter cartos na conta. 0:13:19.020,0:13:22.160 E usou a metáfora[br]coa que a xente estaba moi familiarizada. 0:13:22.160,0:13:24.226 Pero cando estouparon de verdade, 0:13:24.226,0:13:26.706 a primeira vez que realmente gritaron[br]foi cando dixo: 0:13:26.706,0:13:28.536 "Así que viñemos cobrar ese cheque, 0:13:28.536,0:13:30.656 un cheque que nos dará acceso 0:13:30.656,0:13:33.386 á riqueza da liberdade[br]e á seguridade da xustiza". 0:13:33.386,0:13:35.206 Foi entón cando aplaudiron de verdade. 0:13:35.206,0:13:37.956 Cando comparou o que actualmente é, [br]co que podería ser. 0:13:38.146,0:13:40.730 Ao avanzar un pouco máis no modelo, 0:13:40.730,0:13:43.656 verán que vai e vén[br]a un ritmo máis frenético. 0:13:43.656,0:13:46.220 E aquí é cando vai e vén, e vai e vén. 0:13:46.220,0:13:48.226 Agora a audiencia vivía nun frenesí. 0:13:48.226,0:13:51.086 Estaban todos emocionados,[br]e así pódese facer algo de verdade 0:13:51.086,0:13:53.400 para conservar[br]esa gran sensación de emoción. 0:13:54.080,0:13:55.560 E entón dixo: "Teño un soño, 0:13:56.720,0:14:01.126 que un día esta nación se erga[br]e viva o significado das súas crenzas. 0:14:01.126,0:14:04.670 Sostemos como certeza evidente[br]que todas as persoas foron creadas iguais. 0:14:04.670,0:14:08.046 Entón usa o pequeno texto laranxa[br]para recordarlles a promesa 0:14:08.046,0:14:11.280 que os políticos lles fixeran[br]ou que este país lles fixera. 0:14:11.280,0:14:13.000 Logo vai e vén entre: 0:14:13.000,0:14:15.779 "Teño o soño de que un día,[br]teño o soño de que un día, 0:14:15.779,0:14:17.210 teño o soño de que un día", 0:14:17.210,0:14:19.310 e ao final, vólvese realmente interesante. 0:14:19.310,0:14:22.246 Porque usa[br]--poden ver os catro tons de verde, 0:14:22.246,0:14:25.056 hai moito azul alí,[br]que amosa moita repetición-- 0:14:25.056,0:14:27.156 tiña un gran sentido da repetición. 0:14:27.156,0:14:30.180 E o verde representa un uso elevado[br]de cancións e escrituras. 0:14:30.180,0:14:32.030 Así que o primeiro lote verde 0:14:32.030,0:14:34.580 era a escritura do Libro de Isaías. 0:14:34.580,0:14:37.890 O segundo lote de verde[br]era My Country, 'Tis of Thee". 0:14:37.890,0:14:41.210 Unha canción familiar que era[br]particularmente significativa 0:14:41.210,0:14:42.830 para os negros daquela época, 0:14:42.830,0:14:46.976 porque a esa canción cambiáranlle a letra[br]como forma de protesta, 0:14:46.976,0:14:49.250 para dicir que as promesas[br]non se cumpriran. 0:14:49.720,0:14:53.786 O terceiro lote de verde era en realidade[br]unha estrofa de My Country, 'Tis of Thee. 0:14:53.786,0:14:55.920 E o cuarto era un espiritual negro. 0:14:56.800,0:15:00.223 "¡Ceibe ó fin! ¡Ceibe ó fin! ¡Grazas[br]Deus todopoderoso, son ceibe ó fin!" 0:15:00.223,0:15:04.200 E ao facelo acadou o fondo[br]dos corazóns da audiencia. 0:15:04.200,0:15:06.330 Sacou cousas das escrituras, [br]algo relevante. 0:15:06.330,0:15:08.566 Sacou cousas das cancións [br]que cantaran xuntos 0:15:08.566,0:15:10.192 en protesta contra esta ultraxe, 0:15:10.192,0:15:13.956 e usounas como ferramenta[br]para conectarse co público. 0:15:13.956,0:15:16.536 E o remate, debuxando unha imaxe[br]desta nova bendición, 0:15:16.536,0:15:20.040 usando cousas xa queridas para o público, [br]que xa consideraban sagradas. 0:15:21.080,0:15:23.920 Era un gran home.[br]Tivo un gran, gran soño. 0:15:23.920,0:15:26.530 Hai moita xente aquí,[br]vostedes, que ten grandes soños. 0:15:26.710,0:15:28.830 Teñen no seu interior[br]ideas realmente grandes 0:15:28.830,0:15:30.070 que deben expresar. 0:15:30.070,0:15:32.094 Pero, saben que?[br]Atopamos dificultades. 0:15:32.094,0:15:33.760 Non é doado cambiar o mundo; 0:15:33.760,0:15:35.290 é un gran traballo. 0:15:35.290,0:15:36.626 vostedes saben que el foi... 0:15:36.626,0:15:39.436 puxéronlle bombas na casa,[br]apuñalárono cun abrecartas, 0:15:39.436,0:15:40.876 e ao final, perdeu a vida 0:15:40.876,0:15:42.696 polo que lle importaba. 0:15:42.696,0:15:46.816 Pero a moitos de nós[br]non se nos esixe facer ese sacrificio. 0:15:46.816,0:15:48.096 Mais, en esencia, 0:15:48.096,0:15:51.406 parécese un pouco[br]á estrutura básica da historia. 0:15:51.406,0:15:52.816 A vida pode ser así. 0:15:52.816,0:15:55.086 Todos vostedes son persoas agradábeis. 0:15:55.086,0:15:58.130 teñen un desexo, atópanse con obstáculos, 0:15:58.130,0:15:59.530 e parámonos aí. 0:15:59.530,0:16:01.650 É como dicirnos: "Tiven esta idea, 0:16:01.650,0:16:03.530 pero non vou expoñela. 0:16:03.530,0:16:04.800 Rexeitárona". 0:16:04.800,0:16:08.730 Ben saben, autosabotamos[br]as nosas propias ideas, 0:16:08.730,0:16:11.800 simplemente chocamos [br]contra as barricadas unha e outra vez 0:16:11.800,0:16:14.656 no canto de optar por deixar[br]que a loita nos transforme 0:16:14.656,0:16:17.960 e elixir seguir adiante,[br]ter un soño e facelo realidade. 0:16:18.400,0:16:22.650 E xa saben, se eu poido facelo,[br]calquera pode. 0:16:22.650,0:16:26.340 Medrei nun ambiente famento[br]económica e emocionalmente. 0:16:26.340,0:16:30.000 A primeira vez que fun a un campamento[br]coa miña irmá, maltratáronme. 0:16:30.000,0:16:33.330 Non foi a primeira vez que mo fixeron,[br]soamente foi a máis agresiva. 0:16:33.330,0:16:36.106 E miña nai e meu pai[br]casaron tres veces, 0:16:36.106,0:16:37.336 (A audiencia murmura.) 0:16:37.336,0:16:40.366 Si, aquilo era moi movido,[br]e cando non estaban pelexando 0:16:40.366,0:16:43.326 estaban axudando a acougar[br]a un alcohólico que vivía con nós 0:16:43.326,0:16:45.446 porque os dous eran alcohólicos sobrios. 0:16:45.446,0:16:47.936 A miña nai abandonounos[br]cando eu tiña 16 anos. 0:16:47.936,0:16:51.130 E asumín o rol de encargada da casa[br]e dos meus irmáns. 0:16:51.130,0:16:54.390 E caseime. Coñecín un home. 0:16:54.390,0:16:56.650 Namoreime. Fun un ano á universidade. 0:16:56.650,0:16:59.556 Fixen o que todas a rapazas novas[br]e brillantes deberían facer: 0:16:59.556,0:17:01.666 Casei cando tiña 18 anos. 0:17:01.680,0:17:02.976 E saben que? 0:17:02.976,0:17:05.494 Sabíao, sabía 0:17:05.494,0:17:07.546 que nacera para algo máis que para isto. 0:17:07.546,0:17:10.685 E xusto nese momento da historia[br]da miña vida, tiven que elixir. 0:17:10.685,0:17:13.390 Podía deixar que todas estas cousas[br]me superasen 0:17:13.390,0:17:16.056 e que todas as miñas ideas[br]morreran dentro de min. 0:17:16.056,0:17:19.244 Puiden dicir, a vida é difícil de máis[br]como para cambiar o mundo. 0:17:19.244,0:17:19.964 Dura de máis. 0:17:19.964,0:17:22.540 Pero elixín unha historia diferente[br]para a miña vida. 0:17:23.029,0:17:24.234 (Risas) 0:17:24.234,0:17:25.598 Non o saben? 0:17:26.760,0:17:29.146 E sinto que hai xente nesta sala 0:17:29.146,0:17:31.256 que ten esas especias de cociña 0:17:31.256,0:17:34.016 e pensa: "Boh, non é gran cousa". 0:17:34.020,0:17:36.240 "En realidade, non podo cambiar o mundo". 0:17:36.240,0:17:38.179 Pero si que poden cambiar o seu mundo. 0:17:38.179,0:17:39.390 Poden cambiar a súa vida. 0:17:39.390,0:17:41.760 Poden cambiar o mundo[br]sobre o que teñen control, 0:17:41.760,0:17:43.390 poden cambiar a súa esfera. 0:17:43.390,0:17:45.147 Quero animalos a facelo. 0:17:45.680,0:17:46.910 Porque, saben que? 0:17:46.910,0:17:49.800 O futuro non é un lugar ao que vaiamos ir. 0:17:50.360,0:17:53.240 É un lugar que podemos crear. 0:17:53.953,0:17:56.186 Quero darlles as grazas. [br]Que Deus os bendiga. 0:17:56.186,0:17:57.440 (Aplausos)