O poder dos introvertidos
-
0:00 - 0:02Cando tiña nove anos,
-
0:02 - 0:04fun por primeira vez
a un campamento de verán. -
0:04 - 0:08E a miña nai preparoume
unha maleta chea de libros, -
0:08 - 0:11o que me pareceu o máis natural do mundo,
-
0:11 - 0:12porque na miña familia,
-
0:12 - 0:15ler era a principal actividade en grupo.
-
0:16 - 0:17E isto pódelles soar antisocial,
-
0:18 - 0:21pero para nós era só
unha forma distinta de socializar. -
0:21 - 0:24Tes a calor animal da túa familia
sentada a carón, -
0:24 - 0:27pero tamén es libre de vagar
polo mundo das aventuras -
0:27 - 0:28dentro da propia mente.
-
0:29 - 0:30E eu tiña esta idea
-
0:30 - 0:33de que aquel campamento ía ser
algo así, pero mellor. -
0:33 - 0:34(Risas)
-
0:36 - 0:38Imaxinaba a 10 rapazas
sentadas nunha cabana -
0:38 - 0:41lendo libros comodamente
e con camisóns idénticos. -
0:41 - 0:42(Risas)
-
0:43 - 0:46O campamento foi máis
como unha festa sen alcohol -
0:46 - 0:48E o primeiro día
-
0:49 - 0:50a nosa monitora reuniunos a todas
-
0:50 - 0:53e ensinounos un grito de guerra
que dixo que iamos berrar -
0:53 - 0:55tódolos días do resto do verán
-
0:55 - 0:57para que nos infundise
espírito de campamento. -
0:57 - 0:58Era algo así:
-
0:59 - 1:01"R-U-D-O-S-A-S,
-
1:01 - 1:03así é como soletreamos rudosas.
-
1:03 - 1:05Rudosas, sexamos rudosas."
-
1:08 - 1:09Si!
-
1:10 - 1:12Non conseguía entender
por máis que tentaba -
1:12 - 1:14por que tiñamos que ser tan ruidosas
-
1:14 - 1:17ou por que había que soletrear a palabra
incorrectamente. -
1:17 - 1:20(Risas)
-
1:23 - 1:26Pero recitei o cántico, recitei o cántico
coas demais. -
1:26 - 1:28Fíxeno o mellor que puiden.
-
1:28 - 1:31E só esperaba o momento de desaparecer
para ir ler os meus libros. -
1:33 - 1:35Pero a primeira vez que saquei
un libro da maleta, -
1:35 - 1:37a rapaza máis popular do cuarto
veu onda min -
1:37 - 1:40e preguntoume: "Por que
es tan sosegada?"... -
1:40 - 1:42sosegada, claro,
era todo o contrario -
1:42 - 1:43de R-U-D-O-S-A.
-
1:45 - 1:46A segunda vez que o intentei,
-
1:46 - 1:49a monitora achegóuseme
con cara de preocupación -
1:49 - 1:51e repetiu o obxectivo
do espírito do campamento -
1:51 - 1:54e dixo que todas deberiamos traballar duro
para ser extravertidas. -
1:56 - 1:58Entón gardei os meus libros
de volta na maleta, -
2:01 - 2:04e púxenos debaixo da cama
-
2:04 - 2:06e aí quedaron o resto do verán.
-
2:06 - 2:08Sentinme un pouco culpable por facelo.
-
2:08 - 2:10Sentía como se os libros
precisasen de min, -
2:10 - 2:13como se me estivesen chamando
e eu os abandonase. -
2:14 - 2:16Pero abandoneinos
e non abrín máis aquela maleta -
2:16 - 2:19ata estar de volta na casa
coa miña familia ao final do verán. -
2:21 - 2:23Cóntolles esta historia
do campamento de verán. -
2:23 - 2:25Podería contarlles
outras 50 parecidas... -
2:25 - 2:27sobre todas a veces que recibín
a mensaxe -
2:28 - 2:31de que, dalgún xeito,
o meu carácter calmado e introvertido -
2:31 - 2:33non era necesariamente
a forma correcta de actuar, -
2:33 - 2:36que debería tentar ser máis extravertida.
-
2:37 - 2:39E sempre sentín no meu interior
que iso era un erro -
2:39 - 2:42e que os introvertidos eran
excepcionais tal como eran. -
2:42 - 2:44Pero durante anos rexeitei esta intuición,
-
2:44 - 2:47e así, de entre todas as cousas,
fíxenme avogada de Wall Street -
2:47 - 2:50no canto da escritora
que sempre quixera ser... -
2:50 - 2:54en parte, porque precisaba probarme
que podía ser atrevida e asertiva. -
2:55 - 2:56E ía sempre a bares ateigados
-
2:56 - 3:00cando en realidade preferiría
unha cea agradable entre amigos. -
3:00 - 3:04E tomei estas decisións de autonegación
tan instintivamente, -
3:05 - 3:07que non era consciente de que as tomaba.
-
3:08 - 3:10Isto é o que moitos introvertidos fan,
-
3:11 - 3:12e sen dúbida é unha perda para nós,
-
3:12 - 3:15pero tamén para os nosos amigos
-
3:15 - 3:16e as nosas comunidades.
-
3:16 - 3:19E, aínda que soe arrogante,
é unha perda para o mundo. -
3:19 - 3:21Porque cando se trata
de creatividade e liderado -
3:21 - 3:24precisamos dos introvertidos
facendo o que mellor saben. -
3:25 - 3:28Entre un terzo e a metade da poboación
é introvertida -
3:28 - 3:29... entre un terzo e a metade.
-
3:29 - 3:32Iso é unha de cada dúas ou tres persoas
das que coñecemos. -
3:32 - 3:34Así que mesmo se vostedes
son extravertidos, -
3:35 - 3:37falo dos seus compañeiros de traballo
-
3:37 - 3:39e das súas parellas e dos seus fillos
-
3:39 - 3:42e da persoa que se senta
ao seu carón agora mesmo... -
3:42 - 3:44todos eles están suxeitos a este prexuízo
-
3:44 - 3:46que é profundo
e está presente na sociedade. -
3:46 - 3:48Todos o interiorizamos desde moi pequenos
-
3:48 - 3:51sen ter sequera unha lingua
para o que facemos. -
3:51 - 3:54Para ver este prexuízo con claridade,
-
3:54 - 3:56cómpre entender o que é a introversión.
-
3:57 - 3:59É diferente a ser tímido.
-
3:59 - 4:00A timidez é o medo ao xuízo social.
-
4:01 - 4:03A introversión ten máis que ver
-
4:03 - 4:04con como se responde á estimulación,
-
4:04 - 4:06incluíndo a estimulación social.
-
4:06 - 4:09Os extravertidos precisan
grandes cantidades de estimulación -
4:09 - 4:11mentres que os introvertidos
se senten máis vivos -
4:11 - 4:13máis activos e máis capaces
-
4:13 - 4:16cando están en ambientes
máis tranquilos e relaxados. -
4:16 - 4:18Non sempre...
estas cousas non son absolutas... -
4:18 - 4:20pero si moitas veces.
-
4:21 - 4:24Así que a clave para maximizar
os nosos talentos -
4:24 - 4:26é colocarnos
-
4:26 - 4:29na zona de estimulación
máis adecuada para cada un. -
4:30 - 4:32Pero aquí é onde entra o prexuízo.
-
4:32 - 4:34As nosas institucións máis importantes,
-
4:34 - 4:36as nosas escolas e lugares de traballo,
-
4:36 - 4:38están deseñados sobre todo
para extravertidos -
4:38 - 4:41e as súas grandes necesidades
de estimulación. -
4:42 - 4:45E tamén termos hoxe en día
este sistema de conviccións -
4:45 - 4:47que eu chamo o novo pensamento de grupo,
-
4:47 - 4:50que defende que toda creatividade
e toda produtividade -
4:50 - 4:53veñen dun lugar estrañamente sociable.
-
4:55 - 4:57Imaxinen a típica aula escolar actual:
-
4:57 - 5:00Cando eu ía á escola, sentabamos en filas.
-
5:00 - 5:02Sentabamos en filas de pupitres coma este,
-
5:02 - 5:04e traballabamos
de forma bastante autónoma. -
5:05 - 5:08Pero na actualidade, a típica aula
ten escritorios, agrupados... -
5:08 - 5:11catro, cinco, seis ou sete rapaces
uns fronte aos outros. -
5:12 - 5:14Os rapaces traballan
en incontables tarefas de grupo. -
5:14 - 5:17Mesmo en materias como matemáticas
e escritura creativa. -
5:17 - 5:20que se podería pensar que dependen
de deixar voar os pensamentos a soas, -
5:20 - 5:23espérase que os rapaces actúen
como os membros dun comité. -
5:24 - 5:27E aos rapaces que prefiren ir ao seu aire
ou traballar sós, -
5:27 - 5:29adoitan consideralos
como atípicos -
5:29 - 5:31ou peor, como casos problemáticos.
-
5:34 - 5:36E a gran maioría do profesorado
-
5:36 - 5:39cren que o estudante ideal
é o extravertido -
5:39 - 5:40e non o introvertido,
-
5:40 - 5:43aínda que estes teñan mellores notas
-
5:43 - 5:44e sexan mais cultos,
-
5:44 - 5:46segundo as investigacións.
-
5:47 - 5:48(Risas)
-
5:49 - 5:52O mesmo ocorre nos lugares de traballo.
-
5:52 - 5:55Agora, case todos nós traballamos
en oficinas abertas, -
5:55 - 5:56sen paredes,
-
5:57 - 6:00onde estamos suxeitos ao ruído
e a mirada constante dos compañeiros. -
6:00 - 6:02E cando se trata de liderado,
-
6:02 - 6:05normalmente exclúese aos introvertidos
dos postos de liderado, -
6:05 - 6:07a pesar de que tenden a ser moi prudentes,
-
6:07 - 6:09moito menos dados a asumir
riscos excesivos... -
6:09 - 6:12algo do que todos
deberiamos ser partidarios. -
6:12 - 6:15Unha investigación interesante
de Adam Grant da Wharton School -
6:15 - 6:17descubriu que os líderes introvertidos
-
6:17 - 6:20a miúdo teñen mellores resultados
ca os extravertidos, -
6:20 - 6:22porque cando dirixen
empregados proactivos, -
6:22 - 6:25son máis propensos a deixar
a eses empregados executar as súas ideas, -
6:25 - 6:27mentres que alguén extravertido pode,
involuntariamente, -
6:27 - 6:29emocionarse tanto coas cousas
-
6:29 - 6:31como para poñer a súa propia pegada nelas,
-
6:31 - 6:36e as ideas dos outros pode que non broten
con tanta facilidade á superficie. -
6:37 - 6:40De feito, algúns dos líderes que cambiaron
a nosa historia eran introvertidos. -
6:40 - 6:42Voulles dar algúns exemplos.
-
6:42 - 6:45Eleanor Roosevelt, Rosa Parks, Gandhi...
-
6:45 - 6:49Todas estas persoas se describían
como calmas, de voz suave e ata tímidas. -
6:50 - 6:52e todos eles foron o centro de atención,
-
6:52 - 6:55mesmo cando cada oso do seu corpo
lles dicía que non o fixesen. -
6:56 - 6:59E isto parece ter un poder especial
en si mesmo, -
6:59 - 7:02porque se podería pensar
que estes líderes estaban ao temón -
7:02 - 7:04non porque lles gustase mandar nos demais
-
7:04 - 7:06e non polo pracer de que os mirasen;
-
7:06 - 7:08estaban alí porque non tiñan elección,
-
7:08 - 7:11porque se viron obrigados a facer
o que pensaban que era correcto. -
7:12 - 7:14Neste punto penso
que para min é importante dicir -
7:14 - 7:17que realmente adoro os extravertidos.
-
7:18 - 7:20Sempre digo que algúns
dos meus mellores amigos -
7:20 - 7:21son extravertidos,
-
7:22 - 7:23incluíndo o meu querido marido.
-
7:24 - 7:27E todos nos atopamos en distintos puntos
-
7:27 - 7:29ao longo do espectro
introvertido/extravertido. -
7:30 - 7:33Ata Carl Jung, o primeiro psicólogo
que popularizou estes termos, -
7:33 - 7:35dixo que non existe un introvertido puro
-
7:35 - 7:36ou un extravertido puro.
-
7:36 - 7:39Dixo que unha persoa así
estaría nun manicomio -
7:39 - 7:41se existise.
-
7:41 - 7:45Algunhas persoas están xusto no medio
do espectro introvertido/extravertido, -
7:45 - 7:47a estas persoas chamámoslles ambivertidas.
-
7:47 - 7:50Adoito pensar que teñen
o mellor dos dous mundos. -
7:51 - 7:54Pero moitos de nós
recoñecémonos nun tipo ou noutro. -
7:54 - 7:58O que digo é que culturalmente
cómpre un mellor equilibrio. -
7:58 - 8:01Precisamos de máis ying e yang
entre estes dous tipos. -
8:02 - 8:03Isto é especialmente importante
-
8:03 - 8:05no referente á creatividade
e á produtividade -
8:05 - 8:09porque cando os psicólogos observan
a vida da maioría das persoas creativas, -
8:09 - 8:11o que atopan
-
8:11 - 8:13é xente que é moi boa
intercambiando ideas -
8:13 - 8:15e desenvolvendo ideas,
-
8:15 - 8:18pero que tamén teñen trazos
evidentes de introversión. -
8:19 - 8:21E isto é así porque a soidade
-
8:21 - 8:23moitas veces é un ingrediente crucial
para a creatividade. -
8:24 - 8:26Así, Darwin daba longos paseos polo bosque
-
8:26 - 8:29e declinaba categoricamente
convites para cear. -
8:30 - 8:33Theodor Geisel,
mais coñecido como Doutor Seuss, -
8:33 - 8:35ideaba moitas das súas incribles creacións
-
8:35 - 8:37nunha oficina solitaria nun campanario
-
8:37 - 8:39na parte de atrás da súa casa
en la Jolla, California. -
8:40 - 8:43E en realidade tiña medo de coñecer
os rapaces que lían os seus libros -
8:43 - 8:47por medo a que esperasen que fose
un personaxe alegre como Papá Noel -
8:47 - 8:50e que quedasen decepcionados
coa súa personalidade reservada. -
8:52 - 8:54Steve Wozniak inventou
o primeiro ordenador Apple -
8:54 - 8:56sentado só no seu cubículo
na Hewlett-Packard -
8:56 - 8:58onde traballaba daquela.
-
8:58 - 9:01E di que nunca se convertería nun experto
en primeiro lugar -
9:01 - 9:03se non fose demasiado introvertido
para saír da casa -
9:03 - 9:05cando era máis novo.
-
9:06 - 9:08Desde logo,
-
9:08 - 9:11isto non significa que debamos
deixar de colaborar -
9:11 - 9:15—un bo exemplo é a famosa asociación
de Steve Wozniack con Steve Jobs -
9:15 - 9:17para fundar Apple Computer—
-
9:18 - 9:20pero significa que a soidade importa
-
9:21 - 9:24e que para algunhas persoas
é o aire que respiran. -
9:26 - 9:30De feito, sabemos dende hai séculos
do poder transcendente da soidade. -
9:31 - 9:34Non foi ata hai pouco que, estrañamente,
comezamos a esquecelo. -
9:35 - 9:37Se miramos na maioría
das relixión do mundo, -
9:37 - 9:39encontramos indagadores
-
9:39 - 9:41—Moisés, Xesús, Buda, Mahoma—
-
9:42 - 9:45indagadores que van sós ao deserto,
-
9:45 - 9:48onde teñen entón profundas
epifanías e revelacións -
9:48 - 9:51que depois traen
ao resto da comunidade. -
9:51 - 9:53Así que sen deserto non hai revelacións.
-
9:55 - 9:56Isto non é sorpresa,
-
9:56 - 9:59se miramos as ideas
da psicoloxía contemporánea. -
10:00 - 10:03Parece que non podemos nin estar
nun grupo de persoas -
10:03 - 10:06sen imitar as súas opinións
de forma instintiva. -
10:06 - 10:09Mesmo en cousas aparentemente
persoais e viscerais -
10:09 - 10:10como quen nos atrae,
-
10:10 - 10:12comezamos a imitar as crenzas
das persoas do noso arredor -
10:12 - 10:15sen darnos nin conta
do que estamos a facer. -
10:15 - 10:17E os grupos, como se sabe,
seguen as opinións -
10:18 - 10:20da persoa máis dominante ou carismática,
-
10:21 - 10:22mesmo aínda que non haxa
correlación -
10:22 - 10:25entre ser o mellor orador
e ter as mellores ideas. -
10:25 - 10:26Quero dicir ningunha.
-
10:26 - 10:28Así que...
-
10:28 - 10:30(Risas)
-
10:31 - 10:34Poderías estar seguindo a persoa
de mellores ideas, -
10:34 - 10:35pero se cadra, non.
-
10:36 - 10:38E realmente queres deixalo ao azar?
-
10:38 - 10:41Sería moito mellor para todos
ir pola súa conta, -
10:41 - 10:42xerando ideas propias
-
10:42 - 10:44libres das distorsións
das dinámicas de grupo -
10:44 - 10:46e despois reunirse como un equipo
-
10:46 - 10:49para discutilas detidamente
nun ambiente ben xestionado -
10:49 - 10:51e partir de aí.
-
10:53 - 10:54Agora, se todo isto é certo,
-
10:54 - 10:56por que o facemos tan mal?
-
10:56 - 10:59Por que organizamos as escolas
e os locais de traballo así? -
10:59 - 11:02E por que lles facemos aos introvertidos
sentirse tan culpables -
11:02 - 11:04por querer ir pola súa conta
nalgún momento? -
11:05 - 11:08Unha das respostas está no máis profundo
da nosa historia cultural. -
11:08 - 11:10As sociedades occidentais,
-
11:10 - 11:11en particular os EEUU,
-
11:11 - 11:15sempre favoreceron o home de acción
respecto do home de contemplación. -
11:20 - 11:22Pero nos EEUU dos primeiros tempos,
-
11:22 - 11:25viviamos no que os historiadores
chaman cultura do carácter, -
11:25 - 11:27cando aínda valorizabamos as persoas
-
11:27 - 11:30polo seu interior e a súa rectitude moral.
-
11:30 - 11:33E se miran os libros de autoaxuda
desa época, -
11:33 - 11:34todos teñen títulos como
-
11:34 - 11:37Carácter, a cousa máis grandiosa
do mundo. -
11:37 - 11:40E presentaban modelos a seguir
como o de Abraham Lincoln, -
11:40 - 11:42eloxiado por ser modesto
e sen pretensións. -
11:42 - 11:44Ralph Waldo Emerson chamoulle
-
11:44 - 11:47"Un home que non ofende
amosando superioridade." -
11:48 - 11:51Mais despois chegamos ao século XX
-
11:51 - 11:52e entramos nunha nova cultura
-
11:52 - 11:55que os historiadores chaman
cultura da personalidade -
11:55 - 11:57O que sucedeu foi que evolucionamos
dunha economía agrícola -
11:57 - 11:59a un mundo de grandes negocios,
-
11:59 - 12:02De repente, as persoas trasládanse
das vilas ás cidades. -
12:02 - 12:05E en vez de traballar con persoas
que coñecían de toda a vida, -
12:05 - 12:09agora teñen que demostrar o que valen
nun grupo de descoñecidos. -
12:09 - 12:11Entón, é comprensible,
-
12:11 - 12:16calidades como o magnetismo e o carisma
de repente parecen moi importantes. -
12:16 - 12:19E os libros de autoaxuda cambian
para satisfacer estas novas necesidades -
12:19 - 12:21e comezan a ter nomes
-
12:21 - 12:23como Como facer amigos
e influír nas persoas. -
12:23 - 12:27E presentan como modelo a seguir
a grandes vendedores. -
12:29 - 12:30Velaquí o mundo en que vivimos hoxe.
-
12:30 - 12:32Esa é a nosa herdanza cultural.
-
12:33 - 12:37Isto non implica que as habilidades
sociais non sexan importantes, -
12:39 - 12:42tampouco chamo en absoluto
á abolición do traballo en equipo. -
12:43 - 12:46As mesmas relixións
que envían os seus sabios -
12:46 - 12:47ás solitarias cimas das montañas
-
12:47 - 12:49tamén nos ensinan amor e confianza.
-
12:49 - 12:51E os problemas que afrontamos hoxe
-
12:51 - 12:53en campos como a ciencia e a economía
-
12:53 - 12:55son tan vastos e complexos
-
12:55 - 12:57que imos precisar exércitos de persoas
-
12:57 - 12:59traballando xuntas para resolvelos.
-
12:59 - 13:03Pero canta máis liberdade lles deamos
aos introvertidos de ser eles mesmos, -
13:03 - 13:05máis probable será
-
13:05 - 13:08que descubran as súas propias solucións
a estes problemas. -
13:09 - 13:14Agora gustaríame compartir con vostedes
o que traio na miña maleta hoxe. -
13:19 - 13:20Adiviñan o que?
-
13:21 - 13:22Libros.
-
13:23 - 13:25Teño unha maleta chea de libros.
-
13:25 - 13:27Aquí está Ollo de gato
de Margaret Atwood, -
13:27 - 13:30Aquí unha novela de Milan Kundera.
-
13:31 - 13:33E aquí a Guía de perplexos
de Maimónides. -
13:35 - 13:38Pero estes non son exactamente
os meus libros. -
13:38 - 13:40Trouxen estes libros comigo
-
13:40 - 13:42porque os escribiron
os autores favoritos de meu avó. -
13:44 - 13:46Meu avó era rabino
-
13:47 - 13:48e era viúvo
-
13:48 - 13:50e vivía só nun pequeno apartamento
en Brooklyn -
13:51 - 13:53que era o meu lugar favorito do mundo
cando era pequena, -
13:53 - 13:56en parte porque estaba cheo
da súa presencia xentil e cortés -
13:57 - 13:59e en parte porque estaba cheo de libros.
-
13:59 - 14:02Literalmente cada mesa,
cada cadeira deste apartamento -
14:02 - 14:04cedera a súa función orixinal
-
14:04 - 14:07e agora servía como apoio
para oscilantes rimas de libros. -
14:08 - 14:09Coma ao resto da miña familia,
-
14:09 - 14:12a actividade favorita do meu avó
no mundo enteiro era ler. -
14:14 - 14:16Pero el tamén amaba a súa congregación,
-
14:16 - 14:19e ese amor podíase sentir
nos sermóns que daba cada semana -
14:19 - 14:22durante os 62 anos que foi rabino.
-
14:23 - 14:26Tomaba os froitos
da lectura de cada semana e tecía -
14:26 - 14:29estes intricados tapices
de pensamento antigo e humanista. -
14:29 - 14:31E a xente viña de todas partes
para oílo falar. -
14:33 - 14:35Pero velaí o especial do meu avó.
-
14:37 - 14:38Tras deste papel cerimonial,
-
14:38 - 14:41era moi modesto e moi introvertido...
-
14:41 - 14:44tanto que cando daba estes sermóns,
-
14:44 - 14:46tiña problemas para establecer contacto visual
-
14:46 - 14:49coa propia congregación
á que lle levaba falando 62 anos. -
14:50 - 14:52E mesmo lonxe do podio,
-
14:52 - 14:54cando o chamaban para saudalo,
-
14:54 - 14:56con frecuencia
acababa a conversa prematuramente -
14:56 - 14:58por medo a estarche roubando tempo.
-
15:00 - 15:02Pero cando morreu con 94 anos,
-
15:03 - 15:05a policía tivo que pechar
as rúas da súa veciñanza -
15:05 - 15:09para acomodar a multitude de persoas
que viñeron chorar por el. -
15:12 - 15:15E así estes días intento aprender
do exemplo de meu avó -
15:15 - 15:16á miña maneira.
-
15:17 - 15:19Así que acabo de publicar un libro
sobre a introversión, -
15:19 - 15:21e levoume 7 anos escribilo.
-
15:22 - 15:25E para min, eses 7 anos foron
como una bendición total, -
15:25 - 15:28porque estiven lendo, estiven escribindo.
-
15:28 - 15:30Estiven pensando, estiven investigando.
-
15:30 - 15:31Foi a miña versión
-
15:31 - 15:34das horas que pasou meu avó
el só na súa biblioteca. -
15:35 - 15:38Pero agora, de repente,
o meu traballo é moi distinto, -
15:38 - 15:41e consiste en estar aquí falando diso,
-
15:41 - 15:43falando sobre introversión.
-
15:43 - 15:45(Risas)
-
15:48 - 15:49E iso éme moito máis difícil,
-
15:49 - 15:53pois, por máis honrada que me sinta
de estar aquí e agora con todos vostedes, -
15:53 - 15:56este non é o meu medio natural.
-
15:57 - 16:00Entón eu prepareime para momentos
coma este o mellor que puiden. -
16:00 - 16:03Pasei o último ano
practicando para falar en público -
16:03 - 16:05cada vez que podía.
-
16:05 - 16:07E chameille a isto o meu "ano
de falar perigosamente." -
16:08 - 16:09(Risas)
-
16:10 - 16:12E iso en realidade axudoume moito.
-
16:12 - 16:14Pero direilles que o que me axuda máis
-
16:14 - 16:18é o meu sentido, a miña crenza,
a esperanza en que no que toca -
16:18 - 16:21ás nosas actitudes
cara á introversión, a calma e a soidade, -
16:21 - 16:24estamos de veras ao bordo
dun cambio drástico. -
16:24 - 16:25Dígoo en serio.
-
16:26 - 16:27E agora vounos deixar
-
16:27 - 16:30con 3 chamadas á acción
para os que comparten esta visión. -
16:31 - 16:32Número un:
-
16:32 - 16:35Deteñan a loucura
do constante traballo en grupo. -
16:35 - 16:37Simplemente detéñana.
-
16:37 - 16:39(Risas)
-
16:40 - 16:41Grazas.
-
16:41 - 16:43(Aplausos)
-
16:44 - 16:46E quero ser clara no que estou a dicir,
-
16:46 - 16:48porque creo de verdade
que as nosas oficinas -
16:48 - 16:52deberían animar as interaccións
do tipo de charla informal de café... -
16:52 - 16:54desas en que as persoas se reúnen
-
16:54 - 16:56e intercambian ideas
de maneira espontánea. -
16:56 - 16:57Iso é xenial.
-
16:57 - 17:00Xenial para introvertidos
e extravertidos. -
17:00 - 17:02Pero precisamos moita máis privacidade
e máis liberdade -
17:02 - 17:04e máis autonomía no traballo.
-
17:04 - 17:05E tamén na escola.
-
17:05 - 17:08Debemos ensinar os nenos
a traballar xuntos, desde logo, -
17:08 - 17:11pero tamén debemos ensinarlles
como traballar pola súa conta. -
17:11 - 17:14É especialmente importante
para os nenos extravertidos. -
17:14 - 17:15Necesitan traballar sós
-
17:15 - 17:18porque de aí proveñen en parte
os pensamentos profundos. -
17:18 - 17:20Número dous: vaian ao deserto.
-
17:20 - 17:23Sexan como Buda,
teñan as súas propias revelacións. -
17:24 - 17:25Non digo
-
17:25 - 17:28que todos teñamos que marchar e construír
cabanas propias nos bosques -
17:28 - 17:30e non volver falar con ninguén,
-
17:32 - 17:34o que digo é que todos poderiamos
desconectar -
17:34 - 17:37e entrar nas nosas propias cabezas
un pouco máis a miúdo. -
17:40 - 17:41Número tres:
-
17:42 - 17:44Miren con atención
o que hai dentro da súa maleta -
17:44 - 17:46e por que o puxeron aí.
-
17:47 - 17:48Así que extravertidos,
-
17:48 - 17:51quizais as vosas maletas
están tamén cheas de libros. -
17:51 - 17:54Ou cheas de copas de champaña
ou dun equipo de paracaidismo. -
17:56 - 18:00Sexa o que for, espero que o saquedes
en cada oportunidade que teñades -
18:00 - 18:02e nos honredes
coa vosa enerxía e felicidade. -
18:03 - 18:05Pero introvertidos, sendo como sodes,
-
18:05 - 18:08probablemente teñades o impulso
de gardar coidadosamente -
18:08 - 18:09o que está dentro da vosa maleta.
-
18:09 - 18:11E iso está ben.
-
18:12 - 18:14Pero de vez en cando, só de vez en cando,
-
18:14 - 18:17espero que abrades as vosas maletas
para que outros as vexan, -
18:17 - 18:20porque o mundo vos necesita
e necesita as cousas que levades. -
18:21 - 18:24Así que deséxovos a mellor
de todas as viaxes posibles -
18:24 - 18:27e o valor para falar de maneira sosegada.
-
18:27 - 18:29Moitas grazas.
-
18:29 - 18:32(Aplausos)
-
18:33 - 18:36Grazas. Grazas
-
18:36 - 18:41(Aplausos)
- Title:
- O poder dos introvertidos
- Speaker:
- Susan Cain
- Description:
-
Nunha cultura onde ser sociable e extravertido se valora sobre todo o demais, pode ser difícil, mesmo vergonzoso, ser introvertido. Pero, como argumenta Susan Cain nesta apaixonada charla, as persoas introvertidas achéganlle ao mundo extraordinarios talentos e habilidades, e deberían ser estimuladas e celebradas.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 18:43
![]() |
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for The power of introverts | |
![]() |
Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for The power of introverts | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The power of introverts | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The power of introverts | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The power of introverts | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The power of introverts | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The power of introverts | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The power of introverts |
Susana Brandariz
"Escapóume" sen sincronizar os tempos (deille ao botón de Completar sen darme conta de que con iso o estaba enviando). Supoño que agora non hai maneira de recuperalo.
Susana