1 00:00:00,000 --> 00:00:01,976 Cando tiña nove anos, 2 00:00:02,000 --> 00:00:04,143 fun por primeira vez a un campamento de verán. 3 00:00:04,167 --> 00:00:07,976 E a miña nai preparoume unha maleta chea de libros, 4 00:00:08,000 --> 00:00:10,667 o que me pareceu o máis natural do mundo, 5 00:00:10,691 --> 00:00:12,000 porque na miña familia, 6 00:00:12,000 --> 00:00:15,000 ler era a principal actividade en grupo. 7 00:00:15,670 --> 00:00:17,256 E isto pódelles soar antisocial, 8 00:00:18,320 --> 00:00:20,906 pero para nós era só unha forma distinta de socializar. 9 00:00:21,444 --> 00:00:24,350 Tes a calor animal da túa familia sentada a carón, 10 00:00:24,350 --> 00:00:26,858 pero tamén es libre de vagar polo mundo das aventuras 11 00:00:26,882 --> 00:00:27,976 dentro da propia mente. 12 00:00:28,760 --> 00:00:29,976 E eu tiña esta idea 13 00:00:30,000 --> 00:00:32,524 de que aquel campamento ía ser algo así, pero mellor. 14 00:00:32,548 --> 00:00:34,106 (Risas) 15 00:00:35,900 --> 00:00:37,976 Imaxinaba a 10 rapazas sentadas nunha cabana 16 00:00:38,000 --> 00:00:40,721 lendo libros comodamente e con camisóns idénticos. 17 00:00:40,745 --> 00:00:41,976 (Risas) 18 00:00:42,560 --> 00:00:45,536 O campamento foi máis como unha festa sen alcohol 19 00:00:46,130 --> 00:00:47,976 E o primeiro día 20 00:00:48,790 --> 00:00:50,386 a nosa monitora reuniunos a todas 21 00:00:50,386 --> 00:00:53,062 e ensinounos un grito de guerra que dixo que iamos berrar 22 00:00:53,062 --> 00:00:54,542 tódolos días do resto do verán 23 00:00:54,542 --> 00:00:56,708 para que nos infundise espírito de campamento. 24 00:00:57,226 --> 00:00:58,452 Era algo así: 25 00:00:59,400 --> 00:01:00,686 "R-U-D-O-S-A-S, 26 00:01:00,686 --> 00:01:02,539 así é como soletreamos rudosas. 27 00:01:02,539 --> 00:01:05,199 Rudosas, sexamos rudosas." 28 00:01:07,964 --> 00:01:09,000 Si! 29 00:01:10,248 --> 00:01:12,296 Non conseguía entender por máis que tentaba 30 00:01:12,296 --> 00:01:14,200 por que tiñamos que ser tan ruidosas 31 00:01:14,200 --> 00:01:16,876 ou por que había que soletrear a palabra incorrectamente. 32 00:01:17,380 --> 00:01:19,986 (Risas) 33 00:01:23,268 --> 00:01:25,819 Pero recitei o cántico, recitei o cántico coas demais. 34 00:01:25,819 --> 00:01:27,580 Fíxeno o mellor que puiden. 35 00:01:27,580 --> 00:01:31,079 E só esperaba o momento de desaparecer para ir ler os meus libros. 36 00:01:32,560 --> 00:01:35,360 Pero a primeira vez que saquei un libro da maleta, 37 00:01:35,384 --> 00:01:37,450 a rapaza máis popular do cuarto veu onda min 38 00:01:37,450 --> 00:01:39,876 e preguntoume: "Por que es tan sosegada?"... 39 00:01:39,900 --> 00:01:41,648 sosegada, claro, era todo o contrario 40 00:01:41,648 --> 00:01:42,852 de R-U-D-O-S-A. 41 00:01:44,615 --> 00:01:46,212 A segunda vez que o intentei, 42 00:01:46,212 --> 00:01:48,958 a monitora achegóuseme con cara de preocupación 43 00:01:48,958 --> 00:01:51,184 e repetiu o obxectivo do espírito do campamento 44 00:01:51,204 --> 00:01:54,354 e dixo que todas deberiamos traballar duro para ser extravertidas. 45 00:01:55,734 --> 00:01:58,356 Entón gardei os meus libros de volta na maleta, 46 00:02:00,830 --> 00:02:03,756 e púxenos debaixo da cama 47 00:02:04,400 --> 00:02:06,146 e aí quedaron o resto do verán. 48 00:02:06,400 --> 00:02:08,266 Sentinme un pouco culpable por facelo. 49 00:02:08,330 --> 00:02:10,366 Sentía como se os libros precisasen de min, 50 00:02:10,370 --> 00:02:12,976 como se me estivesen chamando e eu os abandonase. 51 00:02:13,600 --> 00:02:15,876 Pero abandoneinos e non abrín máis aquela maleta 52 00:02:15,900 --> 00:02:18,976 ata estar de volta na casa coa miña familia ao final do verán. 53 00:02:20,570 --> 00:02:23,016 Cóntolles esta historia do campamento de verán. 54 00:02:23,030 --> 00:02:25,196 Podería contarlles outras 50 parecidas... 55 00:02:25,330 --> 00:02:27,306 sobre todas a veces que recibín a mensaxe 56 00:02:28,180 --> 00:02:30,976 de que, dalgún xeito, o meu carácter calmado e introvertido 57 00:02:31,000 --> 00:02:33,396 non era necesariamente a forma correcta de actuar, 58 00:02:33,396 --> 00:02:36,236 que debería tentar ser máis extravertida. 59 00:02:36,810 --> 00:02:39,266 E sempre sentín no meu interior que iso era un erro 60 00:02:39,266 --> 00:02:41,858 e que os introvertidos eran excepcionais tal como eran. 61 00:02:42,256 --> 00:02:44,350 Pero durante anos rexeitei esta intuición, 62 00:02:44,350 --> 00:02:47,326 e así, de entre todas as cousas, fíxenme avogada de Wall Street 63 00:02:47,350 --> 00:02:50,326 no canto da escritora que sempre quixera ser... 64 00:02:50,450 --> 00:02:53,896 en parte, porque precisaba probarme que podía ser atrevida e asertiva. 65 00:02:54,520 --> 00:02:56,077 E ía sempre a bares ateigados 66 00:02:56,101 --> 00:02:59,673 cando en realidade preferiría unha cea agradable entre amigos. 67 00:02:59,697 --> 00:03:03,976 E tomei estas decisións de autonegación tan instintivamente, 68 00:03:04,580 --> 00:03:06,873 que non era consciente de que as tomaba. 69 00:03:08,447 --> 00:03:10,436 Isto é o que moitos introvertidos fan, 70 00:03:10,522 --> 00:03:12,198 e sen dúbida é unha perda para nós, 71 00:03:12,198 --> 00:03:14,914 pero tamén para os nosos amigos 72 00:03:14,914 --> 00:03:16,148 e as nosas comunidades. 73 00:03:16,148 --> 00:03:19,054 E, aínda que soe arrogante, é unha perda para o mundo. 74 00:03:19,054 --> 00:03:21,320 Porque cando se trata de creatividade e liderado 75 00:03:21,320 --> 00:03:23,976 precisamos dos introvertidos facendo o que mellor saben. 76 00:03:24,992 --> 00:03:27,516 Entre un terzo e a metade da poboación é introvertida 77 00:03:27,516 --> 00:03:28,944 ... entre un terzo e a metade. 78 00:03:29,264 --> 00:03:32,000 Iso é unha de cada dúas ou tres persoas das que coñecemos. 79 00:03:32,434 --> 00:03:34,500 Así que mesmo se vostedes son extravertidos, 80 00:03:34,700 --> 00:03:36,676 falo dos seus compañeiros de traballo 81 00:03:36,986 --> 00:03:38,962 e das súas parellas e dos seus fillos 82 00:03:38,962 --> 00:03:41,508 e da persoa que se senta ao seu carón agora mesmo... 83 00:03:41,648 --> 00:03:43,624 todos eles están suxeitos a este prexuízo 84 00:03:43,914 --> 00:03:46,010 que é profundo e está presente na sociedade. 85 00:03:46,010 --> 00:03:47,976 Todos o interiorizamos desde moi pequenos 86 00:03:48,000 --> 00:03:50,786 sen ter sequera unha lingua para o que facemos. 87 00:03:51,170 --> 00:03:53,606 Para ver este prexuízo con claridade, 88 00:03:53,620 --> 00:03:55,976 cómpre entender o que é a introversión. 89 00:03:57,446 --> 00:03:58,662 É diferente a ser tímido. 90 00:03:58,662 --> 00:04:00,358 A timidez é o medo ao xuízo social. 91 00:04:00,818 --> 00:04:02,594 A introversión ten máis que ver 92 00:04:02,594 --> 00:04:04,310 con como se responde á estimulación, 93 00:04:04,310 --> 00:04:05,976 incluíndo a estimulación social. 94 00:04:06,120 --> 00:04:08,976 Os extravertidos precisan grandes cantidades de estimulación 95 00:04:09,000 --> 00:04:11,337 mentres que os introvertidos se senten máis vivos 96 00:04:11,337 --> 00:04:13,391 máis activos e máis capaces 97 00:04:13,391 --> 00:04:15,906 cando están en ambientes máis tranquilos e relaxados. 98 00:04:15,930 --> 00:04:18,359 Non sempre... estas cousas non son absolutas... 99 00:04:18,383 --> 00:04:19,576 pero si moitas veces. 100 00:04:20,680 --> 00:04:23,976 Así que a clave para maximizar os nosos talentos 101 00:04:24,000 --> 00:04:25,976 é colocarnos 102 00:04:26,000 --> 00:04:28,976 na zona de estimulación máis adecuada para cada un. 103 00:04:29,916 --> 00:04:31,602 Pero aquí é onde entra o prexuízo. 104 00:04:31,602 --> 00:04:33,578 As nosas institucións máis importantes, 105 00:04:33,578 --> 00:04:35,554 as nosas escolas e lugares de traballo, 106 00:04:35,554 --> 00:04:37,770 están deseñados sobre todo para extravertidos 107 00:04:37,770 --> 00:04:40,506 e as súas grandes necesidades de estimulación. 108 00:04:41,880 --> 00:04:44,946 E tamén termos hoxe en día este sistema de conviccións 109 00:04:45,010 --> 00:04:46,986 que eu chamo o novo pensamento de grupo, 110 00:04:47,000 --> 00:04:49,976 que defende que toda creatividade e toda produtividade 111 00:04:50,020 --> 00:04:52,540 veñen dun lugar estrañamente sociable. 112 00:04:54,790 --> 00:04:57,094 Imaxinen a típica aula escolar actual: 113 00:04:57,318 --> 00:04:59,976 Cando eu ía á escola, sentabamos en filas. 114 00:05:00,000 --> 00:05:01,976 Sentabamos en filas de pupitres coma este, 115 00:05:02,000 --> 00:05:04,263 e traballabamos de forma bastante autónoma. 116 00:05:05,187 --> 00:05:08,196 Pero na actualidade, a típica aula ten escritorios, agrupados... 117 00:05:08,196 --> 00:05:11,186 catro, cinco, seis ou sete rapaces uns fronte aos outros. 118 00:05:11,798 --> 00:05:14,305 Os rapaces traballan en incontables tarefas de grupo. 119 00:05:14,305 --> 00:05:16,940 Mesmo en materias como matemáticas e escritura creativa. 120 00:05:16,940 --> 00:05:20,410 que se podería pensar que dependen de deixar voar os pensamentos a soas, 121 00:05:20,410 --> 00:05:23,266 espérase que os rapaces actúen como os membros dun comité. 122 00:05:23,940 --> 00:05:27,191 E aos rapaces que prefiren ir ao seu aire ou traballar sós, 123 00:05:27,215 --> 00:05:29,076 adoitan consideralos como atípicos 124 00:05:29,100 --> 00:05:31,000 ou peor, como casos problemáticos. 125 00:05:34,116 --> 00:05:35,892 E a gran maioría do profesorado 126 00:05:36,156 --> 00:05:38,886 cren que o estudante ideal é o extravertido 127 00:05:38,922 --> 00:05:40,498 e non o introvertido, 128 00:05:40,498 --> 00:05:42,832 aínda que estes teñan mellores notas 129 00:05:42,832 --> 00:05:44,340 e sexan mais cultos, 130 00:05:44,450 --> 00:05:46,426 segundo as investigacións. 131 00:05:46,630 --> 00:05:47,976 (Risas) 132 00:05:49,270 --> 00:05:51,596 O mesmo ocorre nos lugares de traballo. 133 00:05:51,680 --> 00:05:54,656 Agora, case todos nós traballamos en oficinas abertas, 134 00:05:54,694 --> 00:05:56,160 sen paredes, 135 00:05:56,670 --> 00:06:00,286 onde estamos suxeitos ao ruído e a mirada constante dos compañeiros. 136 00:06:00,310 --> 00:06:01,976 E cando se trata de liderado, 137 00:06:02,000 --> 00:06:04,976 normalmente exclúese aos introvertidos dos postos de liderado, 138 00:06:05,000 --> 00:06:07,016 a pesar de que tenden a ser moi prudentes, 139 00:06:07,016 --> 00:06:09,230 moito menos dados a asumir riscos excesivos... 140 00:06:09,230 --> 00:06:11,976 algo do que todos deberiamos ser partidarios. 141 00:06:12,000 --> 00:06:14,976 Unha investigación interesante de Adam Grant da Wharton School 142 00:06:15,000 --> 00:06:16,976 descubriu que os líderes introvertidos 143 00:06:17,000 --> 00:06:19,554 a miúdo teñen mellores resultados ca os extravertidos, 144 00:06:19,554 --> 00:06:21,976 porque cando dirixen empregados proactivos, 145 00:06:22,000 --> 00:06:25,263 son máis propensos a deixar a eses empregados executar as súas ideas, 146 00:06:25,287 --> 00:06:27,383 mentres que alguén extravertido pode, involuntariamente, 147 00:06:27,407 --> 00:06:28,976 emocionarse tanto coas cousas 148 00:06:29,000 --> 00:06:31,216 como para poñer a súa propia pegada nelas, 149 00:06:31,240 --> 00:06:35,776 e as ideas dos outros pode que non broten con tanta facilidade á superficie. 150 00:06:36,578 --> 00:06:40,314 De feito, algúns dos líderes que cambiaron a nosa historia eran introvertidos. 151 00:06:40,314 --> 00:06:41,830 Voulles dar algúns exemplos. 152 00:06:41,950 --> 00:06:44,806 Eleanor Roosevelt, Rosa Parks, Gandhi... 153 00:06:45,310 --> 00:06:49,336 Todas estas persoas se describían como calmas, de voz suave e ata tímidas. 154 00:06:49,676 --> 00:06:51,606 e todos eles foron o centro de atención, 155 00:06:51,606 --> 00:06:55,000 mesmo cando cada oso do seu corpo lles dicía que non o fixesen. 156 00:06:56,269 --> 00:06:58,876 E isto parece ter un poder especial en si mesmo, 157 00:06:58,900 --> 00:07:01,876 porque se podería pensar que estes líderes estaban ao temón 158 00:07:01,900 --> 00:07:03,876 non porque lles gustase mandar nos demais 159 00:07:03,900 --> 00:07:05,696 e non polo pracer de que os mirasen; 160 00:07:05,696 --> 00:07:07,744 estaban alí porque non tiñan elección, 161 00:07:07,922 --> 00:07:11,044 porque se viron obrigados a facer o que pensaban que era correcto. 162 00:07:11,728 --> 00:07:14,076 Neste punto penso que para min é importante dicir 163 00:07:14,100 --> 00:07:16,906 que realmente adoro os extravertidos. 164 00:07:18,160 --> 00:07:20,366 Sempre digo que algúns dos meus mellores amigos 165 00:07:20,366 --> 00:07:21,366 son extravertidos, 166 00:07:21,750 --> 00:07:23,280 incluíndo o meu querido marido. 167 00:07:24,234 --> 00:07:26,743 E todos nos atopamos en distintos puntos 168 00:07:26,743 --> 00:07:28,976 ao longo do espectro introvertido/extravertido. 169 00:07:29,572 --> 00:07:32,668 Ata Carl Jung, o primeiro psicólogo que popularizou estes termos, 170 00:07:32,668 --> 00:07:35,059 dixo que non existe un introvertido puro 171 00:07:35,059 --> 00:07:36,390 ou un extravertido puro. 172 00:07:36,390 --> 00:07:38,724 Dixo que unha persoa así estaría nun manicomio 173 00:07:38,748 --> 00:07:40,596 se existise. 174 00:07:41,360 --> 00:07:44,976 Algunhas persoas están xusto no medio do espectro introvertido/extravertido, 175 00:07:45,000 --> 00:07:47,086 a estas persoas chamámoslles ambivertidas. 176 00:07:47,310 --> 00:07:49,770 Adoito pensar que teñen o mellor dos dous mundos. 177 00:07:51,469 --> 00:07:54,376 Pero moitos de nós recoñecémonos nun tipo ou noutro. 178 00:07:54,376 --> 00:07:57,656 O que digo é que culturalmente cómpre un mellor equilibrio. 179 00:07:57,716 --> 00:08:00,766 Precisamos de máis ying e yang entre estes dous tipos. 180 00:08:01,684 --> 00:08:03,190 Isto é especialmente importante 181 00:08:03,190 --> 00:08:05,286 no referente á creatividade e á produtividade 182 00:08:05,310 --> 00:08:09,416 porque cando os psicólogos observan a vida da maioría das persoas creativas, 183 00:08:09,416 --> 00:08:10,976 o que atopan 184 00:08:11,000 --> 00:08:13,286 é xente que é moi boa intercambiando ideas 185 00:08:13,310 --> 00:08:14,976 e desenvolvendo ideas, 186 00:08:15,000 --> 00:08:17,976 pero que tamén teñen trazos evidentes de introversión. 187 00:08:19,050 --> 00:08:20,623 E isto é así porque a soidade 188 00:08:20,623 --> 00:08:23,386 moitas veces é un ingrediente crucial para a creatividade. 189 00:08:23,700 --> 00:08:26,486 Así, Darwin daba longos paseos polo bosque 190 00:08:26,500 --> 00:08:28,976 e declinaba categoricamente convites para cear. 191 00:08:30,450 --> 00:08:32,806 Theodor Geisel, mais coñecido como Doutor Seuss, 192 00:08:32,812 --> 00:08:34,837 ideaba moitas das súas incribles creacións 193 00:08:34,837 --> 00:08:36,713 nunha oficina solitaria nun campanario 194 00:08:36,713 --> 00:08:39,380 na parte de atrás da súa casa en la Jolla, California. 195 00:08:40,164 --> 00:08:43,490 E en realidade tiña medo de coñecer os rapaces que lían os seus libros 196 00:08:43,490 --> 00:08:47,000 por medo a que esperasen que fose un personaxe alegre como Papá Noel 197 00:08:47,024 --> 00:08:50,436 e que quedasen decepcionados coa súa personalidade reservada. 198 00:08:51,814 --> 00:08:54,133 Steve Wozniak inventou o primeiro ordenador Apple 199 00:08:54,133 --> 00:08:56,260 sentado só no seu cubículo na Hewlett-Packard 200 00:08:56,284 --> 00:08:57,921 onde traballaba daquela. 201 00:08:57,945 --> 00:09:00,864 E di que nunca se convertería nun experto en primeiro lugar 202 00:09:00,864 --> 00:09:03,316 se non fose demasiado introvertido para saír da casa 203 00:09:03,316 --> 00:09:04,702 cando era máis novo. 204 00:09:05,808 --> 00:09:07,976 Desde logo, 205 00:09:08,390 --> 00:09:10,976 isto non significa que debamos deixar de colaborar 206 00:09:11,000 --> 00:09:14,620 —un bo exemplo é a famosa asociación de Steve Wozniack con Steve Jobs 207 00:09:14,644 --> 00:09:16,976 para fundar Apple Computer— 208 00:09:18,010 --> 00:09:20,246 pero significa que a soidade importa 209 00:09:20,880 --> 00:09:23,726 e que para algunhas persoas é o aire que respiran. 210 00:09:25,550 --> 00:09:29,976 De feito, sabemos dende hai séculos do poder transcendente da soidade. 211 00:09:30,674 --> 00:09:33,650 Non foi ata hai pouco que, estrañamente, comezamos a esquecelo. 212 00:09:34,658 --> 00:09:36,984 Se miramos na maioría das relixión do mundo, 213 00:09:36,984 --> 00:09:38,770 encontramos indagadores 214 00:09:39,230 --> 00:09:41,246 —Moisés, Xesús, Buda, Mahoma— 215 00:09:41,770 --> 00:09:45,196 indagadores que van sós ao deserto, 216 00:09:45,256 --> 00:09:47,676 onde teñen entón profundas epifanías e revelacións 217 00:09:47,700 --> 00:09:50,766 que depois traen ao resto da comunidade. 218 00:09:51,060 --> 00:09:53,436 Así que sen deserto non hai revelacións. 219 00:09:54,740 --> 00:09:55,976 Isto non é sorpresa, 220 00:09:56,000 --> 00:09:58,976 se miramos as ideas da psicoloxía contemporánea. 221 00:09:59,996 --> 00:10:02,972 Parece que non podemos nin estar nun grupo de persoas 222 00:10:03,302 --> 00:10:06,278 sen imitar as súas opinións de forma instintiva. 223 00:10:06,342 --> 00:10:08,676 Mesmo en cousas aparentemente persoais e viscerais 224 00:10:08,676 --> 00:10:09,684 como quen nos atrae, 225 00:10:09,684 --> 00:10:12,370 comezamos a imitar as crenzas das persoas do noso arredor 226 00:10:12,370 --> 00:10:14,524 sen darnos nin conta do que estamos a facer. 227 00:10:15,358 --> 00:10:17,466 E os grupos, como se sabe, seguen as opinións 228 00:10:17,734 --> 00:10:20,410 da persoa máis dominante ou carismática, 229 00:10:20,530 --> 00:10:22,306 mesmo aínda que non haxa correlación 230 00:10:22,340 --> 00:10:25,116 entre ser o mellor orador e ter as mellores ideas. 231 00:10:25,180 --> 00:10:26,246 Quero dicir ningunha. 232 00:10:26,460 --> 00:10:27,516 Así que... 233 00:10:27,740 --> 00:10:29,716 (Risas) 234 00:10:31,134 --> 00:10:33,740 Poderías estar seguindo a persoa de mellores ideas, 235 00:10:33,740 --> 00:10:34,976 pero se cadra, non. 236 00:10:36,398 --> 00:10:38,094 E realmente queres deixalo ao azar? 237 00:10:38,444 --> 00:10:40,825 Sería moito mellor para todos ir pola súa conta, 238 00:10:40,825 --> 00:10:41,976 xerando ideas propias 239 00:10:42,000 --> 00:10:44,143 libres das distorsións das dinámicas de grupo 240 00:10:44,167 --> 00:10:45,976 e despois reunirse como un equipo 241 00:10:46,370 --> 00:10:48,976 para discutilas detidamente nun ambiente ben xestionado 242 00:10:49,000 --> 00:10:50,526 e partir de aí. 243 00:10:52,594 --> 00:10:54,330 Agora, se todo isto é certo, 244 00:10:54,330 --> 00:10:55,666 por que o facemos tan mal? 245 00:10:55,730 --> 00:10:58,706 Por que organizamos as escolas e os locais de traballo así? 246 00:10:58,706 --> 00:11:01,700 E por que lles facemos aos introvertidos sentirse tan culpables 247 00:11:01,700 --> 00:11:03,786 por querer ir pola súa conta nalgún momento? 248 00:11:04,830 --> 00:11:08,016 Unha das respostas está no máis profundo da nosa historia cultural. 249 00:11:08,140 --> 00:11:09,626 As sociedades occidentais, 250 00:11:09,626 --> 00:11:10,976 en particular os EEUU, 251 00:11:11,000 --> 00:11:15,015 sempre favoreceron o home de acción respecto do home de contemplación. 252 00:11:20,240 --> 00:11:21,976 Pero nos EEUU dos primeiros tempos, 253 00:11:22,000 --> 00:11:24,976 viviamos no que os historiadores chaman cultura do carácter, 254 00:11:25,000 --> 00:11:27,096 cando aínda valorizabamos as persoas 255 00:11:27,120 --> 00:11:29,976 polo seu interior e a súa rectitude moral. 256 00:11:30,000 --> 00:11:32,576 E se miran os libros de autoaxuda desa época, 257 00:11:32,600 --> 00:11:34,376 todos teñen títulos como 258 00:11:34,400 --> 00:11:36,976 Carácter, a cousa máis grandiosa do mundo. 259 00:11:37,000 --> 00:11:39,976 E presentaban modelos a seguir como o de Abraham Lincoln, 260 00:11:40,000 --> 00:11:42,286 eloxiado por ser modesto e sen pretensións. 261 00:11:42,310 --> 00:11:43,976 Ralph Waldo Emerson chamoulle 262 00:11:44,000 --> 00:11:46,976 "Un home que non ofende amosando superioridade." 263 00:11:48,334 --> 00:11:50,580 Mais despois chegamos ao século XX 264 00:11:50,580 --> 00:11:51,976 e entramos nunha nova cultura 265 00:11:52,000 --> 00:11:54,543 que os historiadores chaman cultura da personalidade 266 00:11:54,613 --> 00:11:57,403 O que sucedeu foi que evolucionamos dunha economía agrícola 267 00:11:57,403 --> 00:11:58,966 a un mundo de grandes negocios, 268 00:11:59,120 --> 00:12:01,976 De repente, as persoas trasládanse das vilas ás cidades. 269 00:12:02,340 --> 00:12:05,311 E en vez de traballar con persoas que coñecían de toda a vida, 270 00:12:05,335 --> 00:12:09,166 agora teñen que demostrar o que valen nun grupo de descoñecidos. 271 00:12:09,460 --> 00:12:10,976 Entón, é comprensible, 272 00:12:11,000 --> 00:12:15,516 calidades como o magnetismo e o carisma de repente parecen moi importantes. 273 00:12:15,778 --> 00:12:19,179 E os libros de autoaxuda cambian para satisfacer estas novas necesidades 274 00:12:19,179 --> 00:12:20,850 e comezan a ter nomes 275 00:12:20,850 --> 00:12:22,956 como Como facer amigos e influír nas persoas. 276 00:12:23,108 --> 00:12:26,664 E presentan como modelo a seguir a grandes vendedores. 277 00:12:28,504 --> 00:12:30,274 Velaquí o mundo en que vivimos hoxe. 278 00:12:30,304 --> 00:12:31,826 Esa é a nosa herdanza cultural. 279 00:12:33,000 --> 00:12:37,326 Isto non implica que as habilidades sociais non sexan importantes, 280 00:12:38,760 --> 00:12:42,346 tampouco chamo en absoluto á abolición do traballo en equipo. 281 00:12:43,370 --> 00:12:45,508 As mesmas relixións que envían os seus sabios 282 00:12:45,508 --> 00:12:47,228 ás solitarias cimas das montañas 283 00:12:47,228 --> 00:12:48,976 tamén nos ensinan amor e confianza. 284 00:12:49,340 --> 00:12:50,976 E os problemas que afrontamos hoxe 285 00:12:51,000 --> 00:12:52,976 en campos como a ciencia e a economía 286 00:12:53,000 --> 00:12:54,976 son tan vastos e complexos 287 00:12:55,000 --> 00:12:57,300 que imos precisar exércitos de persoas 288 00:12:57,300 --> 00:12:59,376 traballando xuntas para resolvelos. 289 00:12:59,400 --> 00:13:03,176 Pero canta máis liberdade lles deamos aos introvertidos de ser eles mesmos, 290 00:13:03,200 --> 00:13:04,676 máis probable será 291 00:13:04,700 --> 00:13:07,500 que descubran as súas propias solucións a estes problemas. 292 00:13:09,400 --> 00:13:14,100 Agora gustaríame compartir con vostedes o que traio na miña maleta hoxe. 293 00:13:19,014 --> 00:13:20,310 Adiviñan o que? 294 00:13:20,680 --> 00:13:21,996 Libros. 295 00:13:22,984 --> 00:13:24,560 Teño unha maleta chea de libros. 296 00:13:24,560 --> 00:13:26,576 Aquí está Ollo de gato de Margaret Atwood, 297 00:13:27,420 --> 00:13:29,626 Aquí unha novela de Milan Kundera. 298 00:13:30,600 --> 00:13:33,476 E aquí a Guía de perplexos de Maimónides. 299 00:13:34,670 --> 00:13:37,646 Pero estes non son exactamente os meus libros. 300 00:13:38,224 --> 00:13:39,580 Trouxen estes libros comigo 301 00:13:39,580 --> 00:13:42,296 porque os escribiron os autores favoritos de meu avó. 302 00:13:44,274 --> 00:13:46,250 Meu avó era rabino 303 00:13:46,974 --> 00:13:48,000 e era viúvo 304 00:13:48,000 --> 00:13:50,496 e vivía só nun pequeno apartamento en Brooklyn 305 00:13:50,590 --> 00:13:53,326 que era o meu lugar favorito do mundo cando era pequena, 306 00:13:53,326 --> 00:13:56,429 en parte porque estaba cheo da súa presencia xentil e cortés 307 00:13:56,963 --> 00:13:58,936 e en parte porque estaba cheo de libros. 308 00:13:59,410 --> 00:14:02,396 Literalmente cada mesa, cada cadeira deste apartamento 309 00:14:02,396 --> 00:14:03,976 cedera a súa función orixinal 310 00:14:04,000 --> 00:14:07,296 e agora servía como apoio para oscilantes rimas de libros. 311 00:14:07,904 --> 00:14:09,360 Coma ao resto da miña familia, 312 00:14:09,360 --> 00:14:12,106 a actividade favorita do meu avó no mundo enteiro era ler. 313 00:14:13,838 --> 00:14:16,104 Pero el tamén amaba a súa congregación, 314 00:14:16,174 --> 00:14:19,150 e ese amor podíase sentir nos sermóns que daba cada semana 315 00:14:19,480 --> 00:14:21,976 durante os 62 anos que foi rabino. 316 00:14:23,224 --> 00:14:25,650 Tomaba os froitos da lectura de cada semana e tecía 317 00:14:25,650 --> 00:14:28,582 estes intricados tapices de pensamento antigo e humanista. 318 00:14:29,201 --> 00:14:31,449 E a xente viña de todas partes para oílo falar. 319 00:14:33,463 --> 00:14:35,456 Pero velaí o especial do meu avó. 320 00:14:36,819 --> 00:14:38,428 Tras deste papel cerimonial, 321 00:14:38,428 --> 00:14:40,704 era moi modesto e moi introvertido... 322 00:14:40,704 --> 00:14:43,680 tanto que cando daba estes sermóns, 323 00:14:43,680 --> 00:14:45,650 tiña problemas para establecer contacto visual 324 00:14:45,650 --> 00:14:49,000 coa propia congregación á que lle levaba falando 62 anos. 325 00:14:50,466 --> 00:14:52,218 E mesmo lonxe do podio, 326 00:14:52,218 --> 00:14:53,724 cando o chamaban para saudalo, 327 00:14:53,724 --> 00:14:56,043 con frecuencia acababa a conversa prematuramente 328 00:14:56,043 --> 00:14:58,336 por medo a estarche roubando tempo. 329 00:15:00,200 --> 00:15:02,226 Pero cando morreu con 94 anos, 330 00:15:02,720 --> 00:15:05,406 a policía tivo que pechar as rúas da súa veciñanza 331 00:15:05,470 --> 00:15:08,910 para acomodar a multitude de persoas que viñeron chorar por el. 332 00:15:12,276 --> 00:15:14,876 E así estes días intento aprender do exemplo de meu avó 333 00:15:14,900 --> 00:15:16,086 á miña maneira. 334 00:15:16,744 --> 00:15:19,420 Así que acabo de publicar un libro sobre a introversión, 335 00:15:19,420 --> 00:15:21,420 e levoume 7 anos escribilo. 336 00:15:22,338 --> 00:15:24,970 E para min, eses 7 anos foron como una bendición total, 337 00:15:25,180 --> 00:15:27,826 porque estiven lendo, estiven escribindo. 338 00:15:27,826 --> 00:15:29,780 Estiven pensando, estiven investigando. 339 00:15:30,064 --> 00:15:31,260 Foi a miña versión 340 00:15:31,260 --> 00:15:33,726 das horas que pasou meu avó el só na súa biblioteca. 341 00:15:35,250 --> 00:15:37,806 Pero agora, de repente, o meu traballo é moi distinto, 342 00:15:37,810 --> 00:15:40,756 e consiste en estar aquí falando diso, 343 00:15:41,240 --> 00:15:42,776 falando sobre introversión. 344 00:15:43,170 --> 00:15:45,436 (Risas) 345 00:15:47,740 --> 00:15:49,196 E iso éme moito máis difícil, 346 00:15:49,234 --> 00:15:52,910 pois, por máis honrada que me sinta de estar aquí e agora con todos vostedes, 347 00:15:53,180 --> 00:15:55,596 este non é o meu medio natural. 348 00:15:57,260 --> 00:16:00,284 Entón eu prepareime para momentos coma este o mellor que puiden. 349 00:16:00,284 --> 00:16:03,210 Pasei o último ano practicando para falar en público 350 00:16:03,210 --> 00:16:04,606 cada vez que podía. 351 00:16:04,660 --> 00:16:07,366 E chameille a isto o meu "ano de falar perigosamente." 352 00:16:07,580 --> 00:16:08,976 (Risas) 353 00:16:10,170 --> 00:16:11,836 E iso en realidade axudoume moito. 354 00:16:12,308 --> 00:16:14,254 Pero direilles que o que me axuda máis 355 00:16:14,254 --> 00:16:17,660 é o meu sentido, a miña crenza, a esperanza en que no que toca 356 00:16:17,660 --> 00:16:20,720 ás nosas actitudes cara á introversión, a calma e a soidade, 357 00:16:21,054 --> 00:16:23,881 estamos de veras ao bordo dun cambio drástico. 358 00:16:23,881 --> 00:16:25,212 Dígoo en serio. 359 00:16:26,134 --> 00:16:27,320 E agora vounos deixar 360 00:16:27,320 --> 00:16:30,356 con 3 chamadas á acción para os que comparten esta visión. 361 00:16:31,476 --> 00:16:32,496 Número un: 362 00:16:32,496 --> 00:16:34,940 Deteñan a loucura do constante traballo en grupo. 363 00:16:35,210 --> 00:16:36,716 Simplemente detéñana. 364 00:16:36,940 --> 00:16:38,666 (Risas) 365 00:16:39,670 --> 00:16:40,786 Grazas. 366 00:16:41,000 --> 00:16:42,546 (Aplausos) 367 00:16:44,010 --> 00:16:45,873 E quero ser clara no que estou a dicir, 368 00:16:45,873 --> 00:16:47,962 porque creo de verdade que as nosas oficinas 369 00:16:47,962 --> 00:16:52,428 deberían animar as interaccións do tipo de charla informal de café... 370 00:16:52,428 --> 00:16:54,128 desas en que as persoas se reúnen 371 00:16:54,128 --> 00:16:56,209 e intercambian ideas de maneira espontánea. 372 00:16:56,303 --> 00:16:57,310 Iso é xenial. 373 00:16:57,310 --> 00:16:59,530 Xenial para introvertidos e extravertidos. 374 00:16:59,818 --> 00:17:02,397 Pero precisamos moita máis privacidade e máis liberdade 375 00:17:02,397 --> 00:17:03,920 e máis autonomía no traballo. 376 00:17:03,920 --> 00:17:04,976 E tamén na escola. 377 00:17:05,000 --> 00:17:07,826 Debemos ensinar os nenos a traballar xuntos, desde logo, 378 00:17:08,000 --> 00:17:10,976 pero tamén debemos ensinarlles como traballar pola súa conta. 379 00:17:11,250 --> 00:17:14,146 É especialmente importante para os nenos extravertidos. 380 00:17:14,146 --> 00:17:15,276 Necesitan traballar sós 381 00:17:15,300 --> 00:17:17,962 porque de aí proveñen en parte os pensamentos profundos. 382 00:17:18,482 --> 00:17:19,976 Número dous: vaian ao deserto. 383 00:17:20,000 --> 00:17:22,716 Sexan como Buda, teñan as súas propias revelacións. 384 00:17:23,960 --> 00:17:24,976 Non digo 385 00:17:25,000 --> 00:17:28,239 que todos teñamos que marchar e construír cabanas propias nos bosques 386 00:17:28,263 --> 00:17:30,286 e non volver falar con ninguén, 387 00:17:32,234 --> 00:17:34,328 o que digo é que todos poderiamos desconectar 388 00:17:34,328 --> 00:17:37,350 e entrar nas nosas propias cabezas un pouco máis a miúdo. 389 00:17:39,860 --> 00:17:41,246 Número tres: 390 00:17:42,000 --> 00:17:44,429 Miren con atención o que hai dentro da súa maleta 391 00:17:44,453 --> 00:17:45,691 e por que o puxeron aí. 392 00:17:47,002 --> 00:17:48,070 Así que extravertidos, 393 00:17:48,070 --> 00:17:50,753 quizais as vosas maletas están tamén cheas de libros. 394 00:17:51,003 --> 00:17:54,329 Ou cheas de copas de champaña ou dun equipo de paracaidismo. 395 00:17:56,134 --> 00:17:59,536 Sexa o que for, espero que o saquedes en cada oportunidade que teñades 396 00:17:59,536 --> 00:18:01,717 e nos honredes coa vosa enerxía e felicidade. 397 00:18:03,052 --> 00:18:04,976 Pero introvertidos, sendo como sodes, 398 00:18:05,000 --> 00:18:07,694 probablemente teñades o impulso de gardar coidadosamente 399 00:18:07,694 --> 00:18:09,264 o que está dentro da vosa maleta. 400 00:18:09,478 --> 00:18:10,522 E iso está ben. 401 00:18:11,837 --> 00:18:13,906 Pero de vez en cando, só de vez en cando, 402 00:18:13,906 --> 00:18:16,790 espero que abrades as vosas maletas para que outros as vexan, 403 00:18:16,790 --> 00:18:19,779 porque o mundo vos necesita e necesita as cousas que levades. 404 00:18:21,000 --> 00:18:24,009 Así que deséxovos a mellor de todas as viaxes posibles 405 00:18:24,009 --> 00:18:26,676 e o valor para falar de maneira sosegada. 406 00:18:27,350 --> 00:18:28,616 Moitas grazas. 407 00:18:28,800 --> 00:18:32,376 (Aplausos) 408 00:18:33,450 --> 00:18:35,936 Grazas. Grazas 409 00:18:36,420 --> 00:18:40,870 (Aplausos)