0:00:00.000,0:00:01.976 Cando tiña nove anos, 0:00:02.000,0:00:04.143 fun por primeira vez[br]a un campamento de verán. 0:00:04.167,0:00:07.976 E a miña nai preparoume[br]unha maleta chea de libros, 0:00:08.000,0:00:10.667 o que me pareceu o máis natural do mundo, 0:00:10.691,0:00:12.000 porque na miña familia, 0:00:12.000,0:00:15.000 ler era a principal actividade en grupo. 0:00:15.670,0:00:17.256 E isto pódelles soar antisocial, 0:00:18.320,0:00:20.906 pero para nós era só[br]unha forma distinta de socializar. 0:00:21.444,0:00:24.350 Tes a calor animal da túa familia[br]sentada a carón, 0:00:24.350,0:00:26.858 pero tamén es libre de vagar[br]polo mundo das aventuras 0:00:26.882,0:00:27.976 dentro da propia mente. 0:00:28.760,0:00:29.976 E eu tiña esta idea 0:00:30.000,0:00:32.524 de que aquel campamento ía ser[br]algo así, pero mellor. 0:00:32.548,0:00:34.106 (Risas) 0:00:35.900,0:00:37.976 Imaxinaba a 10 rapazas[br]sentadas nunha cabana 0:00:38.000,0:00:40.721 lendo libros comodamente[br]e con camisóns idénticos. 0:00:40.745,0:00:41.976 (Risas) 0:00:42.560,0:00:45.536 O campamento foi máis[br]como unha festa sen alcohol 0:00:46.130,0:00:47.976 E o primeiro día 0:00:48.790,0:00:50.386 a nosa monitora reuniunos a todas 0:00:50.386,0:00:53.062 e ensinounos un grito de guerra[br]que dixo que iamos berrar 0:00:53.062,0:00:54.542 tódolos días do resto do verán 0:00:54.542,0:00:56.708 para que nos infundise[br]espírito de campamento. 0:00:57.226,0:00:58.452 Era algo así: 0:00:59.400,0:01:00.686 "R-U-D-O-S-A-S, 0:01:00.686,0:01:02.539 así é como soletreamos rudosas. 0:01:02.539,0:01:05.199 Rudosas, sexamos rudosas." 0:01:07.964,0:01:09.000 Si! 0:01:10.248,0:01:12.296 Non conseguía entender[br]por máis que tentaba 0:01:12.296,0:01:14.200 por que tiñamos que ser tan ruidosas 0:01:14.200,0:01:16.876 ou por que había que soletrear a palabra[br]incorrectamente. 0:01:17.380,0:01:19.986 (Risas) 0:01:23.268,0:01:25.819 Pero recitei o cántico, recitei o cántico[br]coas demais. 0:01:25.819,0:01:27.580 Fíxeno o mellor que puiden. 0:01:27.580,0:01:31.079 E só esperaba o momento de desaparecer[br]para ir ler os meus libros. 0:01:32.560,0:01:35.360 Pero a primeira vez que saquei[br]un libro da maleta, 0:01:35.384,0:01:37.450 a rapaza máis popular do cuarto[br]veu onda min 0:01:37.450,0:01:39.876 e preguntoume: "Por que[br]es tan sosegada?"... 0:01:39.900,0:01:41.648 sosegada, claro,[br]era todo o contrario[br] 0:01:41.648,0:01:42.852 de R-U-D-O-S-A. 0:01:44.615,0:01:46.212 A segunda vez que o intentei, 0:01:46.212,0:01:48.958 a monitora achegóuseme[br]con cara de preocupación 0:01:48.958,0:01:51.184 e repetiu o obxectivo[br]do espírito do campamento 0:01:51.204,0:01:54.354 e dixo que todas deberiamos traballar duro[br]para ser extravertidas. 0:01:55.734,0:01:58.356 Entón gardei os meus libros[br]de volta na maleta, 0:02:00.830,0:02:03.756 e púxenos debaixo da cama 0:02:04.400,0:02:06.146 e aí quedaron o resto do verán. 0:02:06.400,0:02:08.266 Sentinme un pouco culpable por facelo. 0:02:08.330,0:02:10.366 Sentía como se os libros[br]precisasen de min, 0:02:10.370,0:02:12.976 como se me estivesen chamando[br]e eu os abandonase. 0:02:13.600,0:02:15.876 Pero abandoneinos[br]e non abrín máis aquela maleta 0:02:15.900,0:02:18.976 ata estar de volta na casa[br]coa miña familia ao final do verán. 0:02:20.570,0:02:23.016 Cóntolles esta historia[br]do campamento de verán. 0:02:23.030,0:02:25.196 Podería contarlles[br]outras 50 parecidas... 0:02:25.330,0:02:27.306 sobre todas a veces que recibín[br]a mensaxe 0:02:28.180,0:02:30.976 de que, dalgún xeito,[br]o meu carácter calmado e introvertido 0:02:31.000,0:02:33.396 non era necesariamente[br]a forma correcta de actuar, 0:02:33.396,0:02:36.236 que debería tentar ser máis extravertida. 0:02:36.810,0:02:39.266 E sempre sentín no meu interior[br]que iso era un erro 0:02:39.266,0:02:41.858 e que os introvertidos eran[br]excepcionais tal como eran. 0:02:42.256,0:02:44.350 Pero durante anos rexeitei esta intuición, 0:02:44.350,0:02:47.326 e así, de entre todas as cousas,[br]fíxenme avogada de Wall Street 0:02:47.350,0:02:50.326 no canto da escritora[br]que sempre quixera ser... 0:02:50.450,0:02:53.896 en parte, porque precisaba probarme[br]que podía ser atrevida e asertiva. 0:02:54.520,0:02:56.077 E ía sempre a bares ateigados 0:02:56.101,0:02:59.673 cando en realidade preferiría[br]unha cea agradable entre amigos. 0:02:59.697,0:03:03.976 E tomei estas decisións de autonegación[br]tan instintivamente, 0:03:04.580,0:03:06.873 que non era consciente de que as tomaba. 0:03:08.447,0:03:10.436 Isto é o que moitos introvertidos fan, 0:03:10.522,0:03:12.198 e sen dúbida é unha perda para nós, 0:03:12.198,0:03:14.914 pero tamén para os nosos amigos 0:03:14.914,0:03:16.148 e as nosas comunidades. 0:03:16.148,0:03:19.054 E, aínda que soe arrogante,[br]é unha perda para o mundo. 0:03:19.054,0:03:21.320 Porque cando se trata[br]de creatividade e liderado 0:03:21.320,0:03:23.976 precisamos dos introvertidos[br]facendo o que mellor saben. 0:03:24.992,0:03:27.516 Entre un terzo e a metade da poboación[br]é introvertida 0:03:27.516,0:03:28.944 ... entre un terzo e a metade. 0:03:29.264,0:03:32.000 Iso é unha de cada dúas ou tres persoas[br]das que coñecemos. 0:03:32.434,0:03:34.500 Así que mesmo se vostedes[br]son extravertidos, 0:03:34.700,0:03:36.676 falo dos seus compañeiros de traballo 0:03:36.986,0:03:38.962 e das súas parellas e dos seus fillos 0:03:38.962,0:03:41.508 e da persoa que se senta[br]ao seu carón agora mesmo... 0:03:41.648,0:03:43.624 todos eles están suxeitos a este prexuízo 0:03:43.914,0:03:46.010 que é profundo[br]e está presente na sociedade. 0:03:46.010,0:03:47.976 Todos o interiorizamos desde moi pequenos 0:03:48.000,0:03:50.786 sen ter sequera unha lingua[br]para o que facemos. 0:03:51.170,0:03:53.606 Para ver este prexuízo con claridade, 0:03:53.620,0:03:55.976 cómpre entender o que é a introversión. 0:03:57.446,0:03:58.662 É diferente a ser tímido. 0:03:58.662,0:04:00.358 A timidez é o medo ao xuízo social. 0:04:00.818,0:04:02.594 A introversión ten máis que ver 0:04:02.594,0:04:04.310 con como se responde á estimulación, 0:04:04.310,0:04:05.976 incluíndo a estimulación social. 0:04:06.120,0:04:08.976 Os extravertidos precisan[br]grandes cantidades de estimulación 0:04:09.000,0:04:11.337 mentres que os introvertidos[br]se senten máis vivos 0:04:11.337,0:04:13.391 máis activos e máis capaces 0:04:13.391,0:04:15.906 cando están en ambientes[br]máis tranquilos e relaxados. 0:04:15.930,0:04:18.359 Non sempre...[br]estas cousas non son absolutas... 0:04:18.383,0:04:19.576 pero si moitas veces. 0:04:20.680,0:04:23.976 Así que a clave para maximizar[br]os nosos talentos 0:04:24.000,0:04:25.976 é colocarnos 0:04:26.000,0:04:28.976 na zona de estimulación[br]máis adecuada para cada un. 0:04:29.916,0:04:31.602 Pero aquí é onde entra o prexuízo. 0:04:31.602,0:04:33.578 As nosas institucións máis importantes, 0:04:33.578,0:04:35.554 as nosas escolas e lugares de traballo, 0:04:35.554,0:04:37.770 están deseñados sobre todo[br]para extravertidos 0:04:37.770,0:04:40.506 e as súas grandes necesidades[br]de estimulación. 0:04:41.880,0:04:44.946 E tamén termos hoxe en día[br]este sistema de conviccións 0:04:45.010,0:04:46.986 que eu chamo o novo pensamento de grupo, 0:04:47.000,0:04:49.976 que defende que toda creatividade[br]e toda produtividade 0:04:50.020,0:04:52.540 veñen dun lugar estrañamente sociable. 0:04:54.790,0:04:57.094 Imaxinen a típica aula escolar actual: 0:04:57.318,0:04:59.976 Cando eu ía á escola, sentabamos en filas. 0:05:00.000,0:05:01.976 Sentabamos en filas de pupitres coma este, 0:05:02.000,0:05:04.263 e traballabamos[br]de forma bastante autónoma. 0:05:05.187,0:05:08.196 Pero na actualidade, a típica aula[br]ten escritorios, agrupados... 0:05:08.196,0:05:11.186 catro, cinco, seis ou sete rapaces[br]uns fronte aos outros. 0:05:11.798,0:05:14.305 Os rapaces traballan[br]en incontables tarefas de grupo. 0:05:14.305,0:05:16.940 Mesmo en materias como matemáticas[br]e escritura creativa. 0:05:16.940,0:05:20.410 que se podería pensar que dependen[br]de deixar voar os pensamentos a soas, 0:05:20.410,0:05:23.266 espérase que os rapaces actúen[br]como os membros dun comité. 0:05:23.940,0:05:27.191 E aos rapaces que prefiren ir ao seu aire[br]ou traballar sós, 0:05:27.215,0:05:29.076 adoitan consideralos[br]como atípicos 0:05:29.100,0:05:31.000 ou peor, como casos problemáticos. 0:05:34.116,0:05:35.892 E a gran maioría do profesorado 0:05:36.156,0:05:38.886 cren que o estudante ideal[br]é o extravertido 0:05:38.922,0:05:40.498 e non o introvertido, 0:05:40.498,0:05:42.832 aínda que estes teñan mellores notas 0:05:42.832,0:05:44.340 e sexan mais cultos, 0:05:44.450,0:05:46.426 segundo as investigacións. 0:05:46.630,0:05:47.976 (Risas) 0:05:49.270,0:05:51.596 O mesmo ocorre nos lugares de traballo. 0:05:51.680,0:05:54.656 Agora, case todos nós traballamos[br]en oficinas abertas, 0:05:54.694,0:05:56.160 sen paredes, 0:05:56.670,0:06:00.286 onde estamos suxeitos ao ruído[br]e a mirada constante dos compañeiros. 0:06:00.310,0:06:01.976 E cando se trata de liderado, 0:06:02.000,0:06:04.976 normalmente exclúese aos introvertidos[br]dos postos de liderado, 0:06:05.000,0:06:07.016 a pesar de que tenden a ser moi prudentes, 0:06:07.016,0:06:09.230 moito menos dados a asumir[br]riscos excesivos... 0:06:09.230,0:06:11.976 algo do que todos[br]deberiamos ser partidarios. 0:06:12.000,0:06:14.976 Unha investigación interesante[br]de Adam Grant da Wharton School 0:06:15.000,0:06:16.976 descubriu que os líderes introvertidos 0:06:17.000,0:06:19.554 a miúdo teñen mellores resultados[br]ca os extravertidos, 0:06:19.554,0:06:21.976 porque cando dirixen[br]empregados proactivos, 0:06:22.000,0:06:25.263 son máis propensos a deixar[br]a eses empregados executar as súas ideas, 0:06:25.287,0:06:27.383 mentres que alguén extravertido pode,[br]involuntariamente, 0:06:27.407,0:06:28.976 emocionarse tanto coas cousas 0:06:29.000,0:06:31.216 como para poñer a súa propia pegada nelas, 0:06:31.240,0:06:35.776 e as ideas dos outros pode que non broten[br]con tanta facilidade á superficie. 0:06:36.578,0:06:40.314 De feito, algúns dos líderes que cambiaron[br]a nosa historia eran introvertidos. 0:06:40.314,0:06:41.830 Voulles dar algúns exemplos. 0:06:41.950,0:06:44.806 Eleanor Roosevelt, Rosa Parks, Gandhi... 0:06:45.310,0:06:49.336 Todas estas persoas se describían[br]como calmas, de voz suave e ata tímidas. 0:06:49.676,0:06:51.606 e todos eles foron o centro de atención, 0:06:51.606,0:06:55.000 mesmo cando cada oso do seu corpo[br]lles dicía que non o fixesen. 0:06:56.269,0:06:58.876 E isto parece ter un poder especial[br]en si mesmo, 0:06:58.900,0:07:01.876 porque se podería pensar[br]que estes líderes estaban ao temón 0:07:01.900,0:07:03.876 non porque lles gustase mandar nos demais 0:07:03.900,0:07:05.696 e non polo pracer de que os mirasen; 0:07:05.696,0:07:07.744 estaban alí porque non tiñan elección, 0:07:07.922,0:07:11.044 porque se viron obrigados a facer[br]o que pensaban que era correcto. 0:07:11.728,0:07:14.076 Neste punto penso[br]que para min é importante dicir 0:07:14.100,0:07:16.906 que realmente adoro os extravertidos. 0:07:18.160,0:07:20.366 Sempre digo que algúns[br]dos meus mellores amigos 0:07:20.366,0:07:21.366 son extravertidos, 0:07:21.750,0:07:23.280 incluíndo o meu querido marido. 0:07:24.234,0:07:26.743 E todos nos atopamos en distintos puntos 0:07:26.743,0:07:28.976 ao longo do espectro[br]introvertido/extravertido. 0:07:29.572,0:07:32.668 Ata Carl Jung, o primeiro psicólogo[br]que popularizou estes termos, 0:07:32.668,0:07:35.059 dixo que non existe un introvertido puro 0:07:35.059,0:07:36.390 ou un extravertido puro. 0:07:36.390,0:07:38.724 Dixo que unha persoa así[br]estaría nun manicomio 0:07:38.748,0:07:40.596 se existise. 0:07:41.360,0:07:44.976 Algunhas persoas están xusto no medio[br]do espectro introvertido/extravertido, 0:07:45.000,0:07:47.086 a estas persoas chamámoslles ambivertidas. 0:07:47.310,0:07:49.770 Adoito pensar que teñen[br]o mellor dos dous mundos. 0:07:51.469,0:07:54.376 Pero moitos de nós[br]recoñecémonos nun tipo ou noutro. 0:07:54.376,0:07:57.656 O que digo é que culturalmente[br]cómpre un mellor equilibrio. 0:07:57.716,0:08:00.766 Precisamos de máis ying e yang[br]entre estes dous tipos. 0:08:01.684,0:08:03.190 Isto é especialmente importante 0:08:03.190,0:08:05.286 no referente á creatividade[br]e á produtividade 0:08:05.310,0:08:09.416 porque cando os psicólogos observan[br]a vida da maioría das persoas creativas, 0:08:09.416,0:08:10.976 o que atopan 0:08:11.000,0:08:13.286 é xente que é moi boa[br]intercambiando ideas 0:08:13.310,0:08:14.976 e desenvolvendo ideas, 0:08:15.000,0:08:17.976 pero que tamén teñen trazos[br]evidentes de introversión. 0:08:19.050,0:08:20.623 E isto é así porque a soidade 0:08:20.623,0:08:23.386 moitas veces é un ingrediente crucial [br]para a creatividade. 0:08:23.700,0:08:26.486 Así, Darwin daba longos paseos polo bosque 0:08:26.500,0:08:28.976 e declinaba categoricamente[br]convites para cear. 0:08:30.450,0:08:32.806 Theodor Geisel,[br]mais coñecido como Doutor Seuss, 0:08:32.812,0:08:34.837 ideaba moitas das súas incribles creacións 0:08:34.837,0:08:36.713 nunha oficina solitaria nun campanario 0:08:36.713,0:08:39.380 na parte de atrás da súa casa[br]en la Jolla, California. 0:08:40.164,0:08:43.490 E en realidade tiña medo de coñecer[br]os rapaces que lían os seus libros 0:08:43.490,0:08:47.000 por medo a que esperasen que fose[br]un personaxe alegre como Papá Noel 0:08:47.024,0:08:50.436 e que quedasen decepcionados[br]coa súa personalidade reservada. 0:08:51.814,0:08:54.133 Steve Wozniak inventou[br]o primeiro ordenador Apple 0:08:54.133,0:08:56.260 sentado só no seu cubículo[br]na Hewlett-Packard 0:08:56.284,0:08:57.921 onde traballaba daquela. 0:08:57.945,0:09:00.864 E di que nunca se convertería nun experto[br]en primeiro lugar 0:09:00.864,0:09:03.316 se non fose demasiado introvertido[br]para saír da casa 0:09:03.316,0:09:04.702 cando era máis novo. 0:09:05.808,0:09:07.976 Desde logo, 0:09:08.390,0:09:10.976 isto non significa que debamos[br]deixar de colaborar 0:09:11.000,0:09:14.620 —un bo exemplo é a famosa asociación[br]de Steve Wozniack con Steve Jobs 0:09:14.644,0:09:16.976 para fundar Apple Computer— 0:09:18.010,0:09:20.246 pero significa que a soidade importa 0:09:20.880,0:09:23.726 e que para algunhas persoas[br]é o aire que respiran. 0:09:25.550,0:09:29.976 De feito, sabemos dende hai séculos[br]do poder transcendente da soidade. 0:09:30.674,0:09:33.650 Non foi ata hai pouco que, estrañamente,[br]comezamos a esquecelo. 0:09:34.658,0:09:36.984 Se miramos na maioría[br]das relixión do mundo, 0:09:36.984,0:09:38.770 encontramos indagadores 0:09:39.230,0:09:41.246 —Moisés, Xesús, Buda, Mahoma— 0:09:41.770,0:09:45.196 indagadores que van sós ao deserto, 0:09:45.256,0:09:47.676 onde teñen entón profundas[br]epifanías e revelacións 0:09:47.700,0:09:50.766 que depois traen[br]ao resto da comunidade. 0:09:51.060,0:09:53.436 Así que sen deserto non hai revelacións. 0:09:54.740,0:09:55.976 Isto non é sorpresa, 0:09:56.000,0:09:58.976 se miramos as ideas[br]da psicoloxía contemporánea. 0:09:59.996,0:10:02.972 Parece que non podemos nin estar[br]nun grupo de persoas 0:10:03.302,0:10:06.278 sen imitar as súas opinións[br]de forma instintiva. 0:10:06.342,0:10:08.676 Mesmo en cousas aparentemente[br]persoais e viscerais 0:10:08.676,0:10:09.684 como quen nos atrae, 0:10:09.684,0:10:12.370 comezamos a imitar as crenzas[br]das persoas do noso arredor 0:10:12.370,0:10:14.524 sen darnos nin conta[br]do que estamos a facer. 0:10:15.358,0:10:17.466 E os grupos, como se sabe,[br]seguen as opinións 0:10:17.734,0:10:20.410 da persoa máis dominante ou carismática, 0:10:20.530,0:10:22.306 mesmo aínda que non haxa[br]correlación 0:10:22.340,0:10:25.116 entre ser o mellor orador[br]e ter as mellores ideas. 0:10:25.180,0:10:26.246 Quero dicir ningunha. 0:10:26.460,0:10:27.516 Así que... 0:10:27.740,0:10:29.716 (Risas) 0:10:31.134,0:10:33.740 Poderías estar seguindo a persoa[br]de mellores ideas, 0:10:33.740,0:10:34.976 pero se cadra, non. 0:10:36.398,0:10:38.094 E realmente queres deixalo ao azar? 0:10:38.444,0:10:40.825 Sería moito mellor para todos[br]ir pola súa conta, 0:10:40.825,0:10:41.976 xerando ideas propias 0:10:42.000,0:10:44.143 libres das distorsións[br]das dinámicas de grupo 0:10:44.167,0:10:45.976 e despois reunirse como un equipo 0:10:46.370,0:10:48.976 para discutilas detidamente[br]nun ambiente ben xestionado 0:10:49.000,0:10:50.526 e partir de aí. 0:10:52.594,0:10:54.330 Agora, se todo isto é certo, 0:10:54.330,0:10:55.666 por que o facemos tan mal? 0:10:55.730,0:10:58.706 Por que organizamos as escolas[br]e os locais de traballo así? 0:10:58.706,0:11:01.700 E por que lles facemos aos introvertidos[br]sentirse tan culpables 0:11:01.700,0:11:03.786 por querer ir pola súa conta[br]nalgún momento? 0:11:04.830,0:11:08.016 Unha das respostas está no máis profundo[br]da nosa historia cultural. 0:11:08.140,0:11:09.626 As sociedades occidentais, 0:11:09.626,0:11:10.976 en particular os EEUU, 0:11:11.000,0:11:15.015 sempre favoreceron o home de acción[br]respecto do home de contemplación. 0:11:20.240,0:11:21.976 Pero nos EEUU dos primeiros tempos, 0:11:22.000,0:11:24.976 viviamos no que os historiadores[br]chaman cultura do carácter, 0:11:25.000,0:11:27.096 cando aínda valorizabamos as persoas 0:11:27.120,0:11:29.976 polo seu interior e a súa rectitude moral. 0:11:30.000,0:11:32.576 E se miran os libros de autoaxuda[br]desa época, 0:11:32.600,0:11:34.376 todos teñen títulos como 0:11:34.400,0:11:36.976 Carácter, a cousa máis grandiosa[br]do mundo. 0:11:37.000,0:11:39.976 E presentaban modelos a seguir[br]como o de Abraham Lincoln, 0:11:40.000,0:11:42.286 eloxiado por ser modesto[br]e sen pretensións. 0:11:42.310,0:11:43.976 Ralph Waldo Emerson chamoulle 0:11:44.000,0:11:46.976 "Un home que non ofende[br]amosando superioridade." 0:11:48.334,0:11:50.580 Mais despois chegamos ao século XX 0:11:50.580,0:11:51.976 e entramos nunha nova cultura 0:11:52.000,0:11:54.543 que os historiadores chaman[br]cultura da personalidade 0:11:54.613,0:11:57.403 O que sucedeu foi que evolucionamos[br]dunha economía agrícola 0:11:57.403,0:11:58.966 a un mundo de grandes negocios, 0:11:59.120,0:12:01.976 De repente, as persoas trasládanse[br]das vilas ás cidades. 0:12:02.340,0:12:05.311 E en vez de traballar con persoas[br]que coñecían de toda a vida, 0:12:05.335,0:12:09.166 agora teñen que demostrar o que valen[br]nun grupo de descoñecidos. 0:12:09.460,0:12:10.976 Entón, é comprensible, 0:12:11.000,0:12:15.516 calidades como o magnetismo e o carisma[br]de repente parecen moi importantes. 0:12:15.778,0:12:19.179 E os libros de autoaxuda cambian[br]para satisfacer estas novas necesidades 0:12:19.179,0:12:20.850 e comezan a ter nomes 0:12:20.850,0:12:22.956 como Como facer amigos[br]e influír nas persoas. 0:12:23.108,0:12:26.664 E presentan como modelo a seguir[br]a grandes vendedores. 0:12:28.504,0:12:30.274 Velaquí o mundo en que vivimos hoxe. 0:12:30.304,0:12:31.826 Esa é a nosa herdanza cultural. 0:12:33.000,0:12:37.326 Isto non implica que as habilidades[br]sociais non sexan importantes, 0:12:38.760,0:12:42.346 tampouco chamo en absoluto[br]á abolición do traballo en equipo. 0:12:43.370,0:12:45.508 As mesmas relixións[br]que envían os seus sabios 0:12:45.508,0:12:47.228 ás solitarias cimas das montañas 0:12:47.228,0:12:48.976 tamén nos ensinan amor e confianza. 0:12:49.340,0:12:50.976 E os problemas que afrontamos hoxe 0:12:51.000,0:12:52.976 en campos como a ciencia e a economía 0:12:53.000,0:12:54.976 son tan vastos e complexos 0:12:55.000,0:12:57.300 que imos precisar exércitos de persoas 0:12:57.300,0:12:59.376 traballando xuntas para resolvelos. 0:12:59.400,0:13:03.176 Pero canta máis liberdade lles deamos[br]aos introvertidos de ser eles mesmos, 0:13:03.200,0:13:04.676 máis probable será 0:13:04.700,0:13:07.500 que descubran as súas propias solucións[br]a estes problemas. 0:13:09.400,0:13:14.100 Agora gustaríame compartir con vostedes[br]o que traio na miña maleta hoxe. 0:13:19.014,0:13:20.310 Adiviñan o que? 0:13:20.680,0:13:21.996 Libros. 0:13:22.984,0:13:24.560 Teño unha maleta chea de libros. 0:13:24.560,0:13:26.576 Aquí está Ollo de gato[br]de Margaret Atwood, 0:13:27.420,0:13:29.626 Aquí unha novela de Milan Kundera. 0:13:30.600,0:13:33.476 E aquí a Guía de perplexos[br]de Maimónides. 0:13:34.670,0:13:37.646 Pero estes non son exactamente[br]os meus libros. 0:13:38.224,0:13:39.580 Trouxen estes libros comigo 0:13:39.580,0:13:42.296 porque os escribiron[br]os autores favoritos de meu avó. 0:13:44.274,0:13:46.250 Meu avó era rabino 0:13:46.974,0:13:48.000 e era viúvo 0:13:48.000,0:13:50.496 e vivía só nun pequeno apartamento[br]en Brooklyn 0:13:50.590,0:13:53.326 que era o meu lugar favorito do mundo[br]cando era pequena, 0:13:53.326,0:13:56.429 en parte porque estaba cheo[br]da súa presencia xentil e cortés 0:13:56.963,0:13:58.936 e en parte porque estaba cheo de libros. 0:13:59.410,0:14:02.396 Literalmente cada mesa,[br]cada cadeira deste apartamento 0:14:02.396,0:14:03.976 cedera a súa función orixinal 0:14:04.000,0:14:07.296 e agora servía como apoio[br]para oscilantes rimas de libros. 0:14:07.904,0:14:09.360 Coma ao resto da miña familia, 0:14:09.360,0:14:12.106 a actividade favorita do meu avó[br]no mundo enteiro era ler. 0:14:13.838,0:14:16.104 Pero el tamén amaba a súa congregación, 0:14:16.174,0:14:19.150 e ese amor podíase sentir[br]nos sermóns que daba cada semana 0:14:19.480,0:14:21.976 durante os 62 anos que foi rabino. 0:14:23.224,0:14:25.650 Tomaba os froitos[br]da lectura de cada semana e tecía 0:14:25.650,0:14:28.582 estes intricados tapices[br]de pensamento antigo e humanista. 0:14:29.201,0:14:31.449 E a xente viña de todas partes[br]para oílo falar. 0:14:33.463,0:14:35.456 Pero velaí o especial do meu avó. 0:14:36.819,0:14:38.428 Tras deste papel cerimonial, 0:14:38.428,0:14:40.704 era moi modesto e moi introvertido... 0:14:40.704,0:14:43.680 tanto que cando daba estes sermóns, 0:14:43.680,0:14:45.650 tiña problemas para establecer contacto visual 0:14:45.650,0:14:49.000 coa propia congregación[br]á que lle levaba falando 62 anos. 0:14:50.466,0:14:52.218 E mesmo lonxe do podio, 0:14:52.218,0:14:53.724 cando o chamaban para saudalo, 0:14:53.724,0:14:56.043 con frecuencia[br]acababa a conversa prematuramente 0:14:56.043,0:14:58.336 por medo a estarche roubando tempo. 0:15:00.200,0:15:02.226 Pero cando morreu con 94 anos, 0:15:02.720,0:15:05.406 a policía tivo que pechar[br]as rúas da súa veciñanza 0:15:05.470,0:15:08.910 para acomodar a multitude de persoas[br]que viñeron chorar por el. 0:15:12.276,0:15:14.876 E así estes días intento aprender[br]do exemplo de meu avó 0:15:14.900,0:15:16.086 á miña maneira. 0:15:16.744,0:15:19.420 Así que acabo de publicar un libro[br]sobre a introversión, 0:15:19.420,0:15:21.420 e levoume 7 anos escribilo. 0:15:22.338,0:15:24.970 E para min, eses 7 anos foron[br]como una bendición total, 0:15:25.180,0:15:27.826 porque estiven lendo, estiven escribindo. 0:15:27.826,0:15:29.780 Estiven pensando, estiven investigando. 0:15:30.064,0:15:31.260 Foi a miña versión 0:15:31.260,0:15:33.726 das horas que pasou meu avó[br]el só na súa biblioteca. 0:15:35.250,0:15:37.806 Pero agora, de repente,[br]o meu traballo é moi distinto, 0:15:37.810,0:15:40.756 e consiste en estar aquí falando diso, 0:15:41.240,0:15:42.776 falando sobre introversión. 0:15:43.170,0:15:45.436 (Risas) 0:15:47.740,0:15:49.196 E iso éme moito máis difícil, 0:15:49.234,0:15:52.910 pois, por máis honrada que me sinta[br]de estar aquí e agora con todos vostedes, 0:15:53.180,0:15:55.596 este non é o meu medio natural. 0:15:57.260,0:16:00.284 Entón eu prepareime para momentos[br]coma este o mellor que puiden. 0:16:00.284,0:16:03.210 Pasei o último ano [br]practicando para falar en público 0:16:03.210,0:16:04.606 cada vez que podía. 0:16:04.660,0:16:07.366 E chameille a isto o meu "ano[br]de falar perigosamente." 0:16:07.580,0:16:08.976 (Risas) 0:16:10.170,0:16:11.836 E iso en realidade axudoume moito. 0:16:12.308,0:16:14.254 Pero direilles que o que me axuda máis[br] 0:16:14.254,0:16:17.660 é o meu sentido, a miña crenza,[br]a esperanza en que no que toca 0:16:17.660,0:16:20.720 ás nosas actitudes[br]cara á introversión, a calma e a soidade, 0:16:21.054,0:16:23.881 estamos de veras ao bordo[br]dun cambio drástico. 0:16:23.881,0:16:25.212 Dígoo en serio. 0:16:26.134,0:16:27.320 E agora vounos deixar 0:16:27.320,0:16:30.356 con 3 chamadas á acción[br]para os que comparten esta visión. 0:16:31.476,0:16:32.496 Número un: 0:16:32.496,0:16:34.940 Deteñan a loucura[br]do constante traballo en grupo. 0:16:35.210,0:16:36.716 Simplemente detéñana. 0:16:36.940,0:16:38.666 (Risas) 0:16:39.670,0:16:40.786 Grazas. 0:16:41.000,0:16:42.546 (Aplausos) 0:16:44.010,0:16:45.873 E quero ser clara no que estou a dicir, 0:16:45.873,0:16:47.962 porque creo de verdade[br]que as nosas oficinas 0:16:47.962,0:16:52.428 deberían animar as interaccións[br]do tipo de charla informal de café... 0:16:52.428,0:16:54.128 desas en que as persoas se reúnen 0:16:54.128,0:16:56.209 e intercambian ideas[br]de maneira espontánea. 0:16:56.303,0:16:57.310 Iso é xenial. 0:16:57.310,0:16:59.530 Xenial para introvertidos[br]e extravertidos. 0:16:59.818,0:17:02.397 Pero precisamos moita máis privacidade[br]e máis liberdade 0:17:02.397,0:17:03.920 e máis autonomía no traballo. 0:17:03.920,0:17:04.976 E tamén na escola. 0:17:05.000,0:17:07.826 Debemos ensinar os nenos[br]a traballar xuntos, desde logo, 0:17:08.000,0:17:10.976 pero tamén debemos ensinarlles[br]como traballar pola súa conta. 0:17:11.250,0:17:14.146 É especialmente importante[br]para os nenos extravertidos. 0:17:14.146,0:17:15.276 Necesitan traballar sós 0:17:15.300,0:17:17.962 porque de aí proveñen en parte[br]os pensamentos profundos. 0:17:18.482,0:17:19.976 Número dous: vaian ao deserto. 0:17:20.000,0:17:22.716 Sexan como Buda,[br]teñan as súas propias revelacións. 0:17:23.960,0:17:24.976 Non digo 0:17:25.000,0:17:28.239 que todos teñamos que marchar e construír[br]cabanas propias nos bosques 0:17:28.263,0:17:30.286 e non volver falar con ninguén, 0:17:32.234,0:17:34.328 o que digo é que todos poderiamos[br]desconectar 0:17:34.328,0:17:37.350 e entrar nas nosas propias cabezas[br]un pouco máis a miúdo. 0:17:39.860,0:17:41.246 Número tres: 0:17:42.000,0:17:44.429 Miren con atención[br]o que hai dentro da súa maleta 0:17:44.453,0:17:45.691 e por que o puxeron aí. 0:17:47.002,0:17:48.070 Así que extravertidos, 0:17:48.070,0:17:50.753 quizais as vosas maletas [br]están tamén cheas de libros. 0:17:51.003,0:17:54.329 Ou cheas de copas de champaña[br]ou dun equipo de paracaidismo. 0:17:56.134,0:17:59.536 Sexa o que for, espero que o saquedes[br]en cada oportunidade que teñades 0:17:59.536,0:18:01.717 e nos honredes [br]coa vosa enerxía e felicidade. 0:18:03.052,0:18:04.976 Pero introvertidos, sendo como sodes, 0:18:05.000,0:18:07.694 probablemente teñades o impulso[br]de gardar coidadosamente 0:18:07.694,0:18:09.264 o que está dentro da vosa maleta. 0:18:09.478,0:18:10.522 E iso está ben. 0:18:11.837,0:18:13.906 Pero de vez en cando, só de vez en cando, 0:18:13.906,0:18:16.790 espero que abrades as vosas maletas[br]para que outros as vexan, 0:18:16.790,0:18:19.779 porque o mundo vos necesita[br]e necesita as cousas que levades. 0:18:21.000,0:18:24.009 Así que deséxovos a mellor[br]de todas as viaxes posibles 0:18:24.009,0:18:26.676 e o valor para falar de maneira sosegada. 0:18:27.350,0:18:28.616 Moitas grazas. 0:18:28.800,0:18:32.376 (Aplausos) 0:18:33.450,0:18:35.936 Grazas. Grazas 0:18:36.420,0:18:40.870 (Aplausos)