< Return to Video

As colosais consecuencias dos supervolcáns - Alex Gendler

  • 0:07 - 0:10
    Era o ano 1816.
  • 0:10 - 0:12
    Europa e Norteamérica acababan de pasar
  • 0:12 - 0:15
    por unha serie de guerras devastadoras,
  • 0:15 - 0:18
    e unha recuperación lenta
    parecía poñerse en marcha,
  • 0:18 - 0:21
    pero a natureza tiña outros plans.
  • 0:21 - 0:23
    Despois de dous anos de malas colleitas,
  • 0:23 - 0:26
    a primavera veu con arroiadas
    e moito frío,
  • 0:26 - 0:29
    facendo rebordar os ríos
    e acabando coas colleitas
  • 0:29 - 0:32
    desde as Illas Británicas ata Suíza.
  • 0:32 - 0:36
    Mentres, unha neve de cor rara
    folerpaba sobre Italia e Hungría,
  • 0:36 - 0:40
    provocando grandes fames,
    pelexas pola comida e epidemias.
  • 0:40 - 0:43
    Mentres tanto,
    Nova Inglaterra víase cuberta
  • 0:43 - 0:44
    por unha néboa estraña
  • 0:44 - 0:46
    que non levantaba,
  • 0:46 - 0:47
    polo que o chan estivo conxelado
  • 0:47 - 0:49
    ata xuño.
  • 0:49 - 0:53
    No que se chegou a coñecer como
    o "ano sen verán",
  • 0:53 - 0:55
    houbo quen pensou
    que empezara a Apocalipse.
  • 0:55 - 0:59
    Este sentimento foi representado
    no poema de Lord Byron "Escuridade":
  • 0:59 - 1:02
    "Tiven un soño que
    non era de todo un soño.
  • 1:02 - 1:05
    O brillante Sol apagárase,
  • 1:05 - 1:09
    e as estrelas vagaban escuras
    no espazo eterno,
  • 1:09 - 1:11
    sen raios, e sen camiño,
  • 1:11 - 1:14
    e a Terra xeada axitábase
    cega e escurecéndose
  • 1:14 - 1:16
    no aire sen lúa;
  • 1:16 - 1:20
    o amencer ía e viña...
    e volvía, e non traía día ningún".
  • 1:20 - 1:21
    Non tiñan modo de saber
  • 1:21 - 1:23
    que a fonte real da súa desgraza
  • 1:23 - 1:27
    ocorrera había un ano
    a miles de quilómetros.
  • 1:27 - 1:31
    A erupción en 1815
    do monte Tambora
  • 1:31 - 1:33
    na illa indonesia de Sumbawa
  • 1:33 - 1:36
    foi o que se coñece como un supervolcán,
  • 1:36 - 1:39
    que se caracteriza por un volume
    de material proxectado,
  • 1:39 - 1:43
    varias veces maior ca o
    de calquera volcán corrente.
  • 1:43 - 1:45
    E, aínda que a imaxe popular
    da destrución volcánica
  • 1:45 - 1:48
    é a da rocha fundida cubrindo
    o terreo circundante,
  • 1:48 - 1:51
    é moito maior a devastación causada
  • 1:51 - 1:53
    polo que queda no aire.
  • 1:53 - 1:55
    As cinzas volcánicas, esparexidas
    polo vento,
  • 1:55 - 1:57
    poden cubrir o ceo durante días,
  • 1:57 - 2:00
    mentres que gases tóxicos,
    como o dióxido de xofre
  • 2:00 - 2:02
    reaccionan na estratosfera,
  • 2:02 - 2:04
    bloqueando a radiación solar
  • 2:04 - 2:07
    e arrefriando drasticamente
    as zonas inferiores da atmosfera.
  • 2:07 - 2:09
    O inverno volcánico que resulta de aquí,
  • 2:09 - 2:11
    xunto con outros efectos
    como a choiva ácida,
  • 2:11 - 2:13
    pode afectar varios continentes,
  • 2:13 - 2:14
    alterando os ciclos naturais
  • 2:14 - 2:17
    e aniquilando a vida vexetal da que
    outros organismos,
  • 2:17 - 2:21
    incluídos os seres humanos, dependen.
  • 2:21 - 2:24
    Liberando case 160 quilómetros cúbicos
  • 2:24 - 2:26
    de rochas, cinzas e gases,
  • 2:26 - 2:27
    a erupción do monte Tambora
  • 2:27 - 2:30
    foi a maior das rexistradas na historia,
  • 2:30 - 2:33
    causando 90 000 mortes.
  • 2:33 - 2:35
    Pero erupciones anteriores
    foron aínda máis mortíferas.
  • 2:35 - 2:39
    A do Huaynaputina, en Perú no 1600,
  • 2:39 - 2:41
    foi a causa probable
    da "gran fame rusa",
  • 2:41 - 2:43
    que matou a case
    dous millóns de persoas,
  • 2:43 - 2:47
    mentres que erupcións máis antigas
    foron culpables de sucesos mundiais,
  • 2:47 - 2:49
    como a caída da dinastía Xia na China,
  • 2:49 - 2:52
    a desaparición da civilización minoica,
  • 2:52 - 2:55
    e mesmo dun colo de botella xenético
    na evolución humana
  • 2:55 - 2:58
    que puido ser o resultado da desaparición
    dalgúns miles de humanos
  • 2:58 - 3:02
    hai 70 000 anos.
  • 3:02 - 3:04
    Un dos tipos máis perigosos
    de supervolcán
  • 3:04 - 3:06
    é unha caldeira explosiva,
  • 3:06 - 3:09
    que se forma cando unha montaña volcánica
    se esboroa
  • 3:09 - 3:11
    despois dunha erupción tan grande
  • 3:11 - 3:13
    que a cámara magmática, agora baleira,
  • 3:13 - 3:15
    non é quen de soportar o seu propio peso.
  • 3:15 - 3:18
    Pero, aínda que o volcán desapareceu
    da superficie do chan,
  • 3:18 - 3:21
    a actividade volcánica
    subterránea segue.
  • 3:21 - 3:23
    Sen forma ningunha de escapar,
  • 3:23 - 3:25
    o magma e os gases volcánicos
  • 3:25 - 3:28
    continúan acumulándose e expandíndose
    no subsolo,
  • 3:28 - 3:31
    aumentando a presión ata que
    unha explosión masiva e violenta
  • 3:31 - 3:33
    se torna inevitable.
  • 3:33 - 3:37
    E unha das caldeiras volcánicas
    activas máis grandes
  • 3:37 - 3:40
    atópase debaixo
    do Parque Nacional Yellowstone.
  • 3:40 - 3:43
    A última vez que entrou en erupción,
    hai 650 000 anos,
  • 3:43 - 3:45
    cubriu gran parte de Norteamérica
  • 3:45 - 3:48
    con case dous metros de cinzas e rochas.
  • 3:48 - 3:50
    Na actualidade, o científicos vixían
  • 3:50 - 3:52
    os volcáns activos de todo o mundo;
  • 3:52 - 3:54
    e os procedementos
    para predicir erupcións,
  • 3:54 - 3:57
    facer evacuacións
    e desviar as correntes de lava
  • 3:57 - 3:59
    melloraron co paso dos anos.
  • 3:59 - 4:02
    Pero a escala masiva e o alcance global
  • 4:02 - 4:03
    dun supervolcán significan
  • 4:03 - 4:06
    que para moita xente non habería
    para onde fuxir.
  • 4:06 - 4:09
    Por sorte, os datos actuais
    non amosan evidencias
  • 4:09 - 4:12
    de que unha erupción tal vaia ocorrer
    nos vindeiros miles de anos.
  • 4:12 - 4:15
    Pero a idea dunha apocalipse
    destrutora de civilizacións,
  • 4:15 - 4:17
    súbita e inevitable,
  • 4:17 - 4:19
    causada por sucesos
    da outra punta do mundo
  • 4:19 - 4:22
    seguirá sendo unha visión
    poderosa e terrorífica.
  • 4:22 - 4:24
    E menos ficticia do que nos gustaría crer.
  • 4:24 - 4:28
    "Os ventos estaban murchos
    no aire estancado,
  • 4:28 - 4:30
    e as nubes finaran;
  • 4:30 - 4:32
    a escuridade non precisaba da súa axuda --
  • 4:32 - 4:35
    ela era o universo". - Lord Byron
Title:
As colosais consecuencias dos supervolcáns - Alex Gendler
Description:

Pódese ver a lección completa en http://ed.ted.com/lessons/the-colossal-consequences-of-supervolcanoes-alex-gendler

En 1816, Europa e América do Norte víronse moi afectadas por arroiadas, nevaradas de cores estrañas, grandes fames, neboeiras estrañas e un tempo moi frío ata a metade do mes de xuño. Aínda que moita xente pensou que era a Apocalipse, ese "ano sen verán" foi o resultado da erupción dun supervolcán ocorrida un ano antes a máis de 1500 km de distancia. Alex Gendler describe a historia e a ciencia destas erupcións épicas.

Lección de Alex Gendler, animación de Andrew Foerster.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED-Ed
Duration:
04:51

Galician subtitles

Revisions