Era o ano 1816.
Europa e Norteamérica acababan de pasar
por unha serie de guerras devastadoras,
e unha recuperación lenta
parecía poñerse en marcha,
pero a natureza tiña outros plans.
Despois de dous anos de malas colleitas,
a primavera veu con arroiadas
e moito frío,
facendo rebordar os ríos
e acabando coas colleitas
desde as Illas Británicas ata Suíza.
Mentres, unha neve de cor rara
folerpaba sobre Italia e Hungría,
provocando grandes fames,
pelexas pola comida e epidemias.
Mentres tanto,
Nova Inglaterra víase cuberta
por unha néboa estraña
que non levantaba,
polo que o chan estivo conxelado
ata xuño.
No que se chegou a coñecer como
o "ano sen verán",
houbo quen pensou
que empezara a Apocalipse.
Este sentimento foi representado
no poema de Lord Byron "Escuridade":
"Tiven un soño que
non era de todo un soño.
O brillante Sol apagárase,
e as estrelas vagaban escuras
no espazo eterno,
sen raios, e sen camiño,
e a Terra xeada axitábase
cega e escurecéndose
no aire sen lúa;
o amencer ía e viña...
e volvía, e non traía día ningún".
Non tiñan modo de saber
que a fonte real da súa desgraza
ocorrera había un ano
a miles de quilómetros.
A erupción en 1815
do monte Tambora
na illa indonesia de Sumbawa
foi o que se coñece como un supervolcán,
que se caracteriza por un volume
de material proxectado,
varias veces maior ca o
de calquera volcán corrente.
E, aínda que a imaxe popular
da destrución volcánica
é a da rocha fundida cubrindo
o terreo circundante,
é moito maior a devastación causada
polo que queda no aire.
As cinzas volcánicas, esparexidas
polo vento,
poden cubrir o ceo durante días,
mentres que gases tóxicos,
como o dióxido de xofre
reaccionan na estratosfera,
bloqueando a radiación solar
e arrefriando drasticamente
as zonas inferiores da atmosfera.
O inverno volcánico que resulta de aquí,
xunto con outros efectos
como a choiva ácida,
pode afectar varios continentes,
alterando os ciclos naturais
e aniquilando a vida vexetal da que
outros organismos,
incluídos os seres humanos, dependen.
Liberando case 160 quilómetros cúbicos
de rochas, cinzas e gases,
a erupción do monte Tambora
foi a maior das rexistradas na historia,
causando 90 000 mortes.
Pero erupciones anteriores
foron aínda máis mortíferas.
A do Huaynaputina, en Perú no 1600,
foi a causa probable
da "gran fame rusa",
que matou a case
dous millóns de persoas,
mentres que erupcións máis antigas
foron culpables de sucesos mundiais,
como a caída da dinastía Xia na China,
a desaparición da civilización minoica,
e mesmo dun colo de botella xenético
na evolución humana
que puido ser o resultado da desaparición
dalgúns miles de humanos
hai 70 000 anos.
Un dos tipos máis perigosos
de supervolcán
é unha caldeira explosiva,
que se forma cando unha montaña volcánica
se esboroa
despois dunha erupción tan grande
que a cámara magmática, agora baleira,
non é quen de soportar o seu propio peso.
Pero, aínda que o volcán desapareceu
da superficie do chan,
a actividade volcánica
subterránea segue.
Sen forma ningunha de escapar,
o magma e os gases volcánicos
continúan acumulándose e expandíndose
no subsolo,
aumentando a presión ata que
unha explosión masiva e violenta
se torna inevitable.
E unha das caldeiras volcánicas
activas máis grandes
atópase debaixo
do Parque Nacional Yellowstone.
A última vez que entrou en erupción,
hai 650 000 anos,
cubriu gran parte de Norteamérica
con case dous metros de cinzas e rochas.
Na actualidade, o científicos vixían
os volcáns activos de todo o mundo;
e os procedementos
para predicir erupcións,
facer evacuacións
e desviar as correntes de lava
melloraron co paso dos anos.
Pero a escala masiva e o alcance global
dun supervolcán significan
que para moita xente non habería
para onde fuxir.
Por sorte, os datos actuais
non amosan evidencias
de que unha erupción tal vaia ocorrer
nos vindeiros miles de anos.
Pero a idea dunha apocalipse
destrutora de civilizacións,
súbita e inevitable,
causada por sucesos
da outra punta do mundo
seguirá sendo unha visión
poderosa e terrorífica.
E menos ficticia do que nos gustaría crer.
"Os ventos estaban murchos
no aire estancado,
e as nubes finaran;
a escuridade non precisaba da súa axuda --
ela era o universo". - Lord Byron