Por que todos necesitamos practicar primeiros auxilios emocionais
-
0:03 - 0:07Crecín co meu xemelgo,
-
0:07 - 0:09que era un irmán incriblemente cariñoso.
-
0:09 - 0:14Ora ben, o que ten ser xemelgo
é que te fai un experto -
0:14 - 0:17en detectar favoritismos.
-
0:17 - 0:23Se a súa galleta era un algo máis grande
ca a miña, eu cuestionábao. -
0:23 - 0:27E por suposto, non é
que estivera esfameado. -
0:27 - 0:29(Risas)
-
0:29 - 0:34Cando me fixen psicólogo, dei en reparar
nun tipo distinto de favoritismo: -
0:34 - 0:40o de canto máis valoramos
o corpo ca a mente. -
0:40 - 0:46Botei nove anos na universidade para
conseguir o doutoramento en Psicoloxía, -
0:46 - 0:50e nin imaxinan canta xente
mira a miña tarxeta e di: -
0:50 - 0:56"Oh, un psicólogo. Entón
non é un doutor de verdade", -
0:56 - 0:59como se iso debera figurar na tarxeta.
-
0:59 - 1:03(Risas)
-
1:03 - 1:09Este favoritismo que lle damos ao corpo
sobre a mente, véxoo por todos os lados. -
1:09 - 1:11Hai pouco estaba na casa dun amigo,
-
1:11 - 1:14e o seu neno de cinco anos
preparábase para ir durmir. -
1:14 - 1:18Estaba subido a un tallo no lavabo
a cepillar os dentes, cando esvarou, -
1:18 - 1:22e rabuñou unha perna
co tallo ao caer. -
1:22 - 1:26Chorou durante un minuto, e despois
ergueuse, volveu ao tallo -
1:26 - 1:31e acadou unha caixa de tiras adhesivas
para poñer unha no corte. -
1:31 - 1:36Este neno case non podía amalloar
os zapatos, pero sabía -
1:36 - 1:39que hai que tapar os cortes
para que non se infecten, -
1:40 - 1:43e que hai que coidar os dentes
cepillándoos dúas veces ao día. -
1:43 - 1:46Todos sabemos como coidar
a nosa saúde física -
1:46 - 1:49e como practicar hixiene bucal, non si?
-
1:49 - 1:52Sabémolo desde que tiñamos cinco anos.
-
1:52 - 1:58Mais que sabemos de coidar
a nosa saúde psicolóxica? -
1:58 - 2:00Nadiña.
-
2:00 - 2:04Que lles ensinamos aos nosos fillos
sobre hixiene emocional? -
2:05 - 2:06Ren.
-
2:07 - 2:11Como pode ser que botemos máis tempo
coidando os nosos dentes -
2:11 - 2:14ca as nosas mentes?
-
2:14 - 2:19Por que a saúde física
é moito máis importante para nós -
2:19 - 2:21ca a saúde psicolóxica?
-
2:21 - 2:27Padecemos feridas psicolóxicas
incluso máis a miúdo ca físicas. -
2:27 - 2:31Feridas coma o fracaso,
o rexeitamento ou a soidade. -
2:31 - 2:34E estas tamén poden empeorar,
se as ignoramos, -
2:34 - 2:37e poden afectar as nosas vidas
de xeito dramático. -
2:37 - 2:43E malia estaren cientificamente
demostradas técnicas que podemos empregar -
2:43 - 2:46para tratar este tipo
de afeccións psicolóxicas, -
2:46 - 2:47non o facemos.
-
2:47 - 2:50Nin sequera se nos ocorre
que deberiamos facelo. -
2:50 - 2:55"Vaia, estás deprimido? Esquéceo;
está todo na túa cabeza". -
2:55 - 2:58Imaxinades dicirlle iso
a alguén cunha perna rota? -
2:58 - 3:01"Oh, tira para adiante;
está todo na túa perna". -
3:02 - 3:03(Risas)
-
3:03 - 3:09É hora de enchermos a fenda entre
a saúde física e a psicolóxica. -
3:09 - 3:12É hora de facérmolas máis iguais,
-
3:12 - 3:14máis coma xemelgas.
-
3:15 - 3:19Falando diso, o meu irmán
tamén é psicólogo. -
3:19 - 3:21Así que tampouco é un doutor de verdade.
-
3:22 - 3:23(Risas)
-
3:24 - 3:26Porén, non estudamos xuntos.
-
3:26 - 3:30De feito, o máis difícil
que fixen na miña vida, -
3:30 - 3:33foi cruzar o Atlántico ata Nova York
-
3:33 - 3:36para obter o meu doutoramento
en Psicoloxía. -
3:36 - 3:39Daquela estivemos separados
por primeira vez nas nosas vidas, -
3:39 - 3:42e o afastamento foi brutal para os dous.
-
3:42 - 3:45Pero mentres que el ficou
entre a familia e os amigos, -
3:45 - 3:48eu estaba só nun novo país.
-
3:48 - 3:50Estrañabámonos terriblemente,
-
3:50 - 3:53mais as chamadas internacionais
eran realmente caras daquela, -
3:53 - 3:58e só podiamos aforrar para falarmos
durante cinco minutos á semana. -
3:58 - 4:00Cando chegou o noso aniversario,
-
4:00 - 4:02--o primeiro que non
puidemos pasar xuntos. -
4:02 - 4:07Decidimos desbaldir, e esa semana
iamos falar dez minutos. -
4:07 - 4:11Pasei a mañá dando voltas polo cuarto,
esperando a que chamara, -
4:12 - 4:18esperando e esperando,
pero o teléfono non soou. -
4:18 - 4:20Dada a diferenza horaria, supuxen:
-
4:20 - 4:23"Vale, está por aí cos amigos,
xa chamará máis tarde". -
4:23 - 4:24Non había móbiles daquela.
-
4:25 - 4:26Pero non o fixo.
-
4:27 - 4:32E eu comecei a darme conta de que despois
de estar fóra máis de dez meses, -
4:32 - 4:36xa non me estrañaba da mesma
maneira en que eu o facía. -
4:36 - 4:38Sabía que chamaría pola mañá,
-
4:38 - 4:44pero esa noite foi unha das máis tristes
e longas da miña vida. -
4:45 - 4:47Espertei á mañá seguinte.
-
4:47 - 4:51Boteille unha ollada ao teléfono,
e deime conta de que o descolgara -
4:51 - 4:55sen querer mentres paseaba o día anterior.
-
4:55 - 4:56Saín a tombos da cama,
-
4:56 - 5:00colgueino ben,
e soou un segundo despois, -
5:00 - 5:03e era o meu irmán, e meus,
estaba moi cabreado. -
5:03 - 5:05(Risas)
-
5:05 - 5:09Fora a máis triste e longa noite
da súa vida tamén. -
5:09 - 5:12Intentei explicarlle
o que acontecera, pero dixo: -
5:12 - 5:15"Non o entendo. Se viches que non chamaba,
-
5:15 - 5:19por que non colliches o teléfono
e me chamaches ti a min?" -
5:19 - 5:23Levaba razón. Por que non o chamei eu?
-
5:23 - 5:27Non tiven a resposta xacando,
mais si a teño hoxe. -
5:27 - 5:28E é simple:
-
5:30 - 5:31Soidade.
-
5:32 - 5:36A soidade crea unha profunda
ferida psicolóxica, -
5:36 - 5:40unha que distorsiona as nosas percepcións
e embarulla o noso pensamento. -
5:40 - 5:46Fainos crer que a aqueles que nos rodean
lles importamos moito menos do que é. -
5:46 - 5:48Iso fainos ter medo a abrirnos aos demais,
-
5:48 - 5:53pois por que expoñerte ao rexeitamento
e á angustia cando o corazón -
5:53 - 5:56xa está padecendo máis
do que podes aturar? -
5:56 - 5:59Eu estiven ao bordo
da verdadeira soidade daquela, -
5:59 - 6:04mais estaba rodeado de xente todo o día,
polo que non chegou a pasarme. -
6:04 - 6:08Mais a soidade defínese
en termos estritamente subxectivos. -
6:08 - 6:12Depende unicamente de se te sentes
-
6:12 - 6:15emocional ou socialmente desconectado
dos que están ao teu redor. -
6:15 - 6:17E eu sentíame así.
-
6:17 - 6:23Hai unha morea de investigacións sobre
a soidade, e todas elas son arrepiantes. -
6:23 - 6:28A soidade non só te fará infeliz,
tamén te matará. -
6:28 - 6:29Non estou de chanza.
-
6:29 - 6:32A soidade crónica incrementa a
probabilidade de morte prematura -
6:32 - 6:35nun 14 por cento.
-
6:35 - 6:37Un 14 por cento!
-
6:37 - 6:40A soidade provoca hipertensión
sanguínea e colesterol alto. -
6:40 - 6:45Incluso inhibe o funcionamento
do sistema inmunitario, -
6:45 - 6:49facéndoo a un vulnerable a todo tipo
de enfermidades e doenzas. -
6:49 - 6:52De feito, científicos concluíron
que en conxunto, -
6:52 - 6:56a soidade crónica causa
un risco tan significativo -
6:56 - 7:00para a saúde a longo prazo
e a lonxevidade coma fumar. -
7:00 - 7:03Agora os paquetes de cigarros veñen
con advertencias que din: -
7:03 - 7:05"Isto podería matarte".
-
7:05 - 7:07Pero a soidade non.
-
7:07 - 7:12E por iso é tan importante que
prioricemos a saúde psicolóxica, -
7:12 - 7:16que practiquemos hixiene emocional.
-
7:16 - 7:18Porque non podes tratar
unha ferida psicolóxica -
7:18 - 7:20se nin sequera sabes que estás ferido.
-
7:20 - 7:22[Préstalle atención á dor emocional]
-
7:22 - 7:26A soidade non é a única ferida psicolóxica
que distorsiona as nosas percepcións -
7:26 - 7:28e nos confunde.
-
7:28 - 7:31O fracaso tamén o fai.
-
7:32 - 7:37Unha vez visitei unha gardería,
onde vin tres cativos a brincar -
7:37 - 7:39con xoguetes de plástico idénticos.
-
7:39 - 7:44Había que mover o botón vermello
e saía un cadeliño. -
7:44 - 7:50Unha neniña tentou tirar do botón morado,
logo premelo e despois simplemente sentou -
7:50 - 7:53e mirou para a caixa,
co beizo inferior tremendo. -
7:53 - 7:57O meniño do lado viu o que aconteceu,
logo volveuse para a súa caixa -
7:57 - 8:01e deu en chorar sen tan sequera tocala.
-
8:01 - 8:05Mentres tanto, outra rapaciña probou
todo canto se lle ocorreu, -
8:05 - 8:10ata que desprazou o botón vermello,
o cadeliño saltou, e ela reloucou. -
8:10 - 8:14Ou sexa, tres cativos con
xoguetes de plástico idénticos, -
8:14 - 8:18pero con moi distintas
reaccións ao fracaso. -
8:18 - 8:20Os dous primeiros nenos
eran perfectamente capaces -
8:20 - 8:22de mover o botón vermello.
-
8:22 - 8:28O único que lles impediu facelo
foi que a súa mente os enganou, -
8:28 - 8:30facéndolles crer que non poderían.
-
8:30 - 8:34Aos adultos tamén
nos enganan así, todo o tempo. -
8:34 - 8:39De feito, todos nós temos un xogo
de sentimentos e crenzas predeterminado -
8:39 - 8:43que se desencadea cando nos atopamos
con frustracións e reveses. -
8:43 - 8:47Son conscientes de como
a súa mente reacciona ao fracaso? -
8:47 - 8:48Necesitan selo.
-
8:48 - 8:54Porque se a mente trata de convencelos
de que son incapaces de algo e o cren, -
8:54 - 8:57entón, como aqueles dous cativos,
comezarán a sentirse impotentes -
8:57 - 9:01e pronto deixarán de intentalo tamén,
ou nin sequera probarán en absoluto. -
9:01 - 9:04E despois estarán aínda máis convencidos
de que non poden ter éxito. -
9:04 - 9:06Como ven, este é o motivo
polo que moita xente -
9:06 - 9:09rende por debaixo do seu potencial real.
-
9:09 - 9:12Porque nalgún punto do camiño,
ás veces un único fracaso -
9:12 - 9:17os convenceu de que
non poderían triunfar, e crérono. -
9:17 - 9:22Unha vez que nos convencemos de algo,
é moi difícil mudar a maneira de pensar. -
9:22 - 9:26Eu aprendín esta lección á forza
cando era adolescente, co meu irmán. -
9:26 - 9:29Estabamos conducindo con amigos
por unha escura estrada de noite, -
9:29 - 9:31cando un coche de policía nos parou.
-
9:31 - 9:35Houbera un roubo pola zona
e estaban buscando sospeitosos. -
9:35 - 9:39O axente achegouse ao coche
e alumeou coa lanterna ao condutor, -
9:39 - 9:42logo ao meu irmán, no asento do copiloto
e despois a min. -
9:42 - 9:45Os seus ollos abríronse moito e dixo:
-
9:45 - 9:47"Onde vin eu esa cara antes?".
-
9:47 - 9:50(Risas)
-
9:50 - 9:53E eu dixen: "No asento de adiante".
-
9:53 - 9:56(Risas)
-
9:56 - 10:00Pero iso non lle tiña sentido ningún,
así que pensou que eu estaba drogado. -
10:00 - 10:02(Risas)
-
10:02 - 10:06E sacoume do vehículo, rexistroume
e levoume dereito ao coche patrulla, -
10:06 - 10:10e só cando comprobou
que non tiña antecedentes, -
10:10 - 10:14puiden ensinarlle que tiña un xemelgo
no asento de adiante. -
10:14 - 10:18Pero aínda cando estabamos marchando
podía verse pola expresión da súa cara -
10:18 - 10:22que estaba convencido de que
me estaba a zafar de algo. -
10:22 - 10:23(Risas)
-
10:23 - 10:27A nosa mente é difícil de cambiar
unha vez que estamos convencidos. -
10:27 - 10:32Pode ser moi normal sentirse desmoralizado
e derrotado despois de fracasar. -
10:32 - 10:36Pero non poden deixarse autoconvencer
de que non poden ter éxito. -
10:36 - 10:39Teñen que combater os sentimentos
de imposibilidade. -
10:39 - 10:42Teñen que recuperar
o control da situación. -
10:42 - 10:46E romper esta especie de círculo negativo
antes de que comece. -
10:46 - 10:48[Deter a hemorraxia emocional]
-
10:48 - 10:54As nosas mentes e pensamentos non son
os amigos confiables que criamos que eran. -
10:54 - 10:59Máis ben son coma un amigo inestable
que pode ser moi comprensivo nun momento, -
10:59 - 11:02e totalmente antipático no seguinte.
-
11:02 - 11:06Unha vez traballei cunha muller
que despois de vinte anos de matrimonio -
11:06 - 11:08e un divorcio extremadamente desagradable,
-
11:08 - 11:10estaba por fin preparada
para a súa primeira cita. -
11:10 - 11:15Coñecera a un tipo por internet,
e el parecía agradable e exitoso, -
11:15 - 11:18e o máis importante, parecía
que ela lle gustaba de verdade. -
11:18 - 11:21Por iso, estaba moi emocionada,
mercou un vestido novo -
11:21 - 11:25e quedaron nun exclusivo bar de Nova York
para tomar algo. -
11:26 - 11:29Ao cabo de dez minutos de cita,
o home ergueuse e dixo: -
11:29 - 11:30"Non estou interesado"
-
11:30 - 11:32E marchou.
-
11:34 - 11:35[REXEITAMENTO]
-
11:35 - 11:37O rexeitamento é extremadamente doloroso.
-
11:37 - 11:40A muller estaba tan doída
que non puido nin moverse. -
11:40 - 11:42Todo que deu feito foi chamar a un amigo.
-
11:42 - 11:44E velaquí o que este lle dixo:
-
11:44 - 11:50"Ben, que esperabas? Tes moita cadeira,
non tes nada interesante do que falar, -
11:50 - 11:55por que ía un home atractivo e de éxito
coma ese saír cunha perdedora coma ti? -
11:57 - 12:00Impresionante, non si,
que un amigo poida ser tan cruel? -
12:00 - 12:05Mais seríao moito menos se vos digo
que non foi o amigo quen tal dixo. -
12:06 - 12:09Foi o que a muller se dixo a si mesma.
-
12:09 - 12:13E isto é algo que todos facemos,
especialmente despois dun rexeitamento. -
12:13 - 12:17Todos nós comezamos a pensar
sobre todos os nosos fallos e defectos, -
12:17 - 12:20o que desexariamos ser e o que non,
insultámonos a nós mesmos. -
12:20 - 12:23Talvez non con tanta dureza,
pero todos o facemos. -
12:23 - 12:28E é curioso que o fagamos,
porque a nosa autoestima xa está danada. -
12:28 - 12:31Por que iamos querer collela
e danala aínda máis? -
12:31 - 12:34Non empeorariamos á mantenta
unha ferida física. -
12:34 - 12:36Non vos cortades nun brazo e dicides:
-
12:36 - 12:40"Ah, xa sei! Vou coller un coitelo
e ver canto máis profundo o podo facer". -
12:40 - 12:44Pero facémolo seguido coas feridas
psicolóxicas. -
12:44 - 12:47Por que? Por unha hixiene emocional pobre.
-
12:47 - 12:51Porque non priorizamos
a nosa saúde psicolóxica. -
12:51 - 12:54Sabemos por ducias de estudos
que cando a autoestima está baixa, -
12:54 - 12:58es máis vulnerable
ao estrés e á ansiedade, -
12:58 - 13:03que fracasos e rexeitamentos feren máis
e leva máis tempo recuperarse deles. -
13:03 - 13:07Así que cando te rexeitan,
o primeiro que deberías facer -
13:07 - 13:12é recuperar a túa autoestima,
non unirte ao Club da Loita e mallar nela. -
13:13 - 13:16Cando sofres dor emocional,
trátate coa mesma compaixón -
13:16 - 13:21que esperarías por parte
dun verdadeiro bo amigo. -
13:21 - 13:23[Protexe a túa autoestima]
-
13:23 - 13:28Temos que coller os nosos malsáns hábitos
psicolóxicos e trocalos. -
13:28 - 13:32Un dos máis prexudiciais e comúns
chámase «ruminación». -
13:32 - 13:35Rumiar quere dicir remoer.
-
13:35 - 13:39É cando o xefe che berra, ou o profesor
te fai sentir estúpido na clase, -
13:39 - 13:44ou tes unha gran rifa cun amigo,
e non podes deixar de reproducir -
13:44 - 13:48a escena na cabeza durante días,
ás veces semanas, sen parar. -
13:48 - 13:54Rumiar sobre sucesos angustiosos así
pode facilmente converterse nun hábito, -
13:54 - 13:55e é un moi custoso.
-
13:55 - 14:00Porque cando estás tanto tempo centrado
en pensamentos tristes e negativos, -
14:00 - 14:04realmente estaste a poñer
en risco significativo de desenvolver -
14:04 - 14:08depresión clínica, alcoholismo,
desordes alimentarias -
14:08 - 14:10e incluso doenzas cardiovasculares.
-
14:11 - 14:16O problema é que a ansia de rumiar pode
sentirse con moita forza e intensidade, -
14:16 - 14:19polo que é un hábito difícil de abandonar.
-
14:19 - 14:24Eu seino ben, porque hai algo máis dun ano
eu mesmo desenvolvín este vezo. -
14:24 - 14:31Mirade, ao meu irmán diagnosticáronlle
un linfoma non-Hodking en estadio tres. -
14:31 - 14:33O seu cáncer foi extremadamente agresivo.
-
14:33 - 14:37Tivo tumores visibles por todo o corpo.
-
14:37 - 14:42E tivo que comezar un duro tratamento
de quimioterapia. -
14:42 - 14:46E eu non podía deixar de pensar
sobre se se estaba a ir. -
14:46 - 14:50Non podía deixar de pensar
canto estaba sufrindo, -
14:50 - 14:54aínda que non se queixaba,
nin unha soa vez. -
14:54 - 14:57El tiña unha actitude
enormemente positiva. -
14:57 - 15:00A súa saúde psicolóxica era sorprendente.
-
15:00 - 15:05Eu estaba fisicamente san,
pero psicoloxicamente era un desastre. -
15:05 - 15:07Pero sabía que facer.
-
15:07 - 15:10Hai estudos que din que
unha distracción de dous minutos -
15:10 - 15:14abonda para romper a necesidade
de rumiar nese momento. -
15:14 - 15:18Así, cada vez que tiña un pensamento
preocupante, triste ou negativo, -
15:18 - 15:20forzábame a me concentrar
en calquera outra cousa -
15:20 - 15:22ata que a ansia pasara.
-
15:22 - 15:26E nunha semana,
a miña perspectiva enteira cambiara -
15:26 - 15:29e tornárase máis positiva
e máis esperanzada. -
15:30 - 15:31[Combater pensamentos negativos]
-
15:31 - 15:36Nove semanas despois de comezar a quimio,
ao meu irmán fixéronlle un TAC, -
15:36 - 15:39e eu estaba con el
cando lle deron os resultados. -
15:39 - 15:42Todos os tumores desapareceran.
-
15:42 - 15:47Aínda lle quedaban tres sesións máis,
pero sabiamos que se recuperaría. -
15:47 - 15:51Esta foto tirouse hai dúas semanas.
-
15:54 - 15:56Actuando cando estás só,
-
15:57 - 16:00mudando a resposta ao fracaso,
-
16:00 - 16:02conservando a autoestima,
-
16:03 - 16:05combatendo os pensamentos negativos,
-
16:05 - 16:08non só curarán as feridas psicolóxicas,
-
16:08 - 16:12tamén forxarán a resiliencia emocional,
desenvolveranse. -
16:12 - 16:19Hai cen anos, a xente comezou a practicar
hixiene persoal, e a esperanza de vida -
16:19 - 16:24aumentou por riba dun 50 por cento
en só unhas décadas. -
16:24 - 16:28Coido que a nosa calidade de vida
aumentaría de xeito igual de drástico -
16:28 - 16:31se todos comezásemos a practicar
hixiene emocional. -
16:32 - 16:35Poden imaxinar como sería
o mundo se todos estivésemos -
16:35 - 16:36máis sans psicoloxicamente?
-
16:37 - 16:40Se houbese menos soidade e depresión?
-
16:40 - 16:43Se a xente soubera como superar o fracaso?
-
16:43 - 16:47Se se sentisen mellor consigo mesmos
e máis fortes? -
16:47 - 16:49Se estivesen máis felices e realizados?
-
16:50 - 16:53Eu podo, porque este
é o mundo en que quero vivir, -
16:54 - 16:58e é o mundo en que o meu irmán
quere vivir tamén. -
16:58 - 17:03E se comezades a ser conscientes
e a mudar uns poucos hábitos sinxelos, -
17:03 - 17:07este é o mundo en que todos podemos vivir.
-
17:07 - 17:08Moitas grazas.
-
17:09 - 17:11(Aplausos)
- Title:
- Por que todos necesitamos practicar primeiros auxilios emocionais
- Speaker:
- Guy Winch
- Description:
-
Imos ao médico cando nos temos catarro ou unha dor persistente. Entón, por que non consultamos a un profesional da saúde cando sentimos dor emocional: culpabilidade, abatemento, soidade? Moitos de nós lidamos con problemas psicolóxicos comúns sós, di Guy Winch. Pero non temos que facelo. Nesta charla fai unha convincente argumentación para practicar hixiene emocional, atender as nosas emocións, os nosos pensamentos, coa mesma dilixencia coa que atendemos os nosos corpos.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 17:24
![]() |
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for Why we all need to practice emotional first aid | |
![]() |
Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for Why we all need to practice emotional first aid | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why we all need to practice emotional first aid | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why we all need to practice emotional first aid | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why we all need to practice emotional first aid | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why we all need to practice emotional first aid | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why we all need to practice emotional first aid | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Why we all need to practice emotional first aid |