WEBVTT 00:00:03.030 --> 00:00:06.540 Crecín co meu xemelgo, 00:00:06.541 --> 00:00:09.398 que era un irmán incriblemente cariñoso. 00:00:09.398 --> 00:00:14.115 Ora ben, o que ten ser xemelgo é que te fai un experto 00:00:14.115 --> 00:00:16.540 en detectar favoritismos. 00:00:16.540 --> 00:00:22.840 Se a súa galleta era un algo máis grande ca a miña, eu cuestionábao. 00:00:22.840 --> 00:00:26.919 E por suposto, non é que estivera esfameado. 00:00:27.049 --> 00:00:28.625 (Risas) 00:00:28.765 --> 00:00:34.403 Cando me fixen psicólogo, dei en reparar nun tipo distinto de favoritismo: 00:00:34.403 --> 00:00:40.093 o de canto máis valoramos o corpo ca a mente. 00:00:40.093 --> 00:00:46.080 Botei nove anos na universidade para conseguir o doutoramento en Psicoloxía, 00:00:46.080 --> 00:00:50.458 e nin imaxinan canta xente mira a miña tarxeta e di: 00:00:50.458 --> 00:00:56.044 "Oh, un psicólogo. Entón non é un doutor de verdade", 00:00:56.044 --> 00:00:58.711 como se iso debera figurar na tarxeta. 00:00:58.781 --> 00:01:02.712 (Risas) 00:01:02.812 --> 00:01:08.935 Este favoritismo que lle damos ao corpo sobre a mente, véxoo por todos os lados. 00:01:09.495 --> 00:01:11.219 Hai pouco estaba na casa dun amigo, 00:01:11.219 --> 00:01:13.938 e o seu neno de cinco anos preparábase para ir durmir. 00:01:13.938 --> 00:01:18.488 Estaba subido a un tallo no lavabo a cepillar os dentes, cando esvarou, 00:01:18.488 --> 00:01:21.661 e rabuñou unha perna co tallo ao caer. 00:01:21.661 --> 00:01:25.987 Chorou durante un minuto, e despois ergueuse, volveu ao tallo 00:01:25.987 --> 00:01:31.023 e acadou unha caixa de tiras adhesivas para poñer unha no corte. 00:01:31.023 --> 00:01:35.542 Este neno case non podía amalloar os zapatos, pero sabía 00:01:35.542 --> 00:01:39.490 que hai que tapar os cortes para que non se infecten, 00:01:39.680 --> 00:01:43.425 e que hai que coidar os dentes cepillándoos dúas veces ao día. 00:01:43.425 --> 00:01:46.369 Todos sabemos como coidar a nosa saúde física 00:01:46.369 --> 00:01:48.908 e como practicar hixiene bucal, non si? 00:01:48.908 --> 00:01:52.358 Sabémolo desde que tiñamos cinco anos. 00:01:52.358 --> 00:01:57.896 Mais que sabemos de coidar a nosa saúde psicolóxica? 00:01:57.896 --> 00:01:59.678 Nadiña. 00:01:59.678 --> 00:02:03.568 Que lles ensinamos aos nosos fillos sobre hixiene emocional? 00:02:04.621 --> 00:02:06.257 Ren. 00:02:06.767 --> 00:02:11.459 Como pode ser que botemos máis tempo coidando os nosos dentes 00:02:11.459 --> 00:02:14.075 ca as nosas mentes? 00:02:14.075 --> 00:02:18.802 Por que a saúde física é moito máis importante para nós 00:02:18.802 --> 00:02:21.443 ca a saúde psicolóxica? 00:02:21.443 --> 00:02:26.639 Padecemos feridas psicolóxicas incluso máis a miúdo ca físicas. 00:02:26.639 --> 00:02:30.953 Feridas coma o fracaso, o rexeitamento ou a soidade. 00:02:30.953 --> 00:02:33.735 E estas tamén poden empeorar, se as ignoramos, 00:02:33.735 --> 00:02:37.185 e poden afectar as nosas vidas de xeito dramático. 00:02:37.185 --> 00:02:42.531 E malia estaren cientificamente demostradas técnicas que podemos empregar 00:02:42.531 --> 00:02:45.740 para tratar este tipo de afeccións psicolóxicas, 00:02:45.740 --> 00:02:47.132 non o facemos. 00:02:47.132 --> 00:02:50.444 Nin sequera se nos ocorre que deberiamos facelo. 00:02:50.444 --> 00:02:54.947 "Vaia, estás deprimido? Esquéceo; está todo na túa cabeza". 00:02:54.947 --> 00:02:58.075 Imaxinades dicirlle iso a alguén cunha perna rota? 00:02:58.075 --> 00:03:01.479 "Oh, tira para adiante; está todo na túa perna". 00:03:01.579 --> 00:03:03.028 (Risas) 00:03:03.158 --> 00:03:09.101 É hora de enchermos a fenda entre a saúde física e a psicolóxica. 00:03:09.101 --> 00:03:12.197 É hora de facérmolas máis iguais, 00:03:12.197 --> 00:03:14.483 máis coma xemelgas. 00:03:15.063 --> 00:03:18.709 Falando diso, o meu irmán tamén é psicólogo. 00:03:18.709 --> 00:03:21.407 Así que tampouco é un doutor de verdade. 00:03:21.517 --> 00:03:23.469 (Risas) 00:03:23.649 --> 00:03:25.704 Porén, non estudamos xuntos. 00:03:25.704 --> 00:03:29.915 De feito, o máis difícil que fixen na miña vida, 00:03:29.915 --> 00:03:32.810 foi cruzar o Atlántico ata Nova York 00:03:32.810 --> 00:03:35.677 para obter o meu doutoramento en Psicoloxía. 00:03:35.677 --> 00:03:38.563 Daquela estivemos separados por primeira vez nas nosas vidas, 00:03:38.563 --> 00:03:42.295 e o afastamento foi brutal para os dous. 00:03:42.295 --> 00:03:45.464 Pero mentres que el ficou entre a familia e os amigos, 00:03:45.464 --> 00:03:48.160 eu estaba só nun novo país. 00:03:48.160 --> 00:03:49.876 Estrañabámonos terriblemente, 00:03:49.876 --> 00:03:52.983 mais as chamadas internacionais eran realmente caras daquela, 00:03:52.983 --> 00:03:58.279 e só podiamos aforrar para falarmos durante cinco minutos á semana. 00:03:58.279 --> 00:04:00.223 Cando chegou o noso aniversario, 00:04:00.223 --> 00:04:02.500 --o primeiro que non puidemos pasar xuntos. 00:04:02.500 --> 00:04:07.291 Decidimos desbaldir, e esa semana iamos falar dez minutos. 00:04:07.291 --> 00:04:11.259 Pasei a mañá dando voltas polo cuarto, esperando a que chamara, 00:04:11.929 --> 00:04:17.892 esperando e esperando, pero o teléfono non soou. 00:04:17.892 --> 00:04:20.136 Dada a diferenza horaria, supuxen: 00:04:20.136 --> 00:04:22.558 "Vale, está por aí cos amigos, xa chamará máis tarde". 00:04:22.558 --> 00:04:24.163 Non había móbiles daquela. 00:04:24.853 --> 00:04:26.018 Pero non o fixo. 00:04:27.038 --> 00:04:32.023 E eu comecei a darme conta de que despois de estar fóra máis de dez meses, 00:04:32.023 --> 00:04:35.833 xa non me estrañaba da mesma maneira en que eu o facía. 00:04:35.833 --> 00:04:37.659 Sabía que chamaría pola mañá, 00:04:37.659 --> 00:04:43.565 pero esa noite foi unha das máis tristes e longas da miña vida. 00:04:44.585 --> 00:04:46.662 Espertei á mañá seguinte. 00:04:46.662 --> 00:04:51.137 Boteille unha ollada ao teléfono, e deime conta de que o descolgara 00:04:51.137 --> 00:04:54.613 sen querer mentres paseaba o día anterior. 00:04:54.613 --> 00:04:56.166 Saín a tombos da cama, 00:04:56.166 --> 00:04:59.633 colgueino ben, e soou un segundo despois, 00:04:59.633 --> 00:05:03.306 e era o meu irmán, e meus, estaba moi cabreado. 00:05:03.386 --> 00:05:05.258 (Risas) 00:05:05.328 --> 00:05:08.968 Fora a máis triste e longa noite da súa vida tamén. 00:05:08.968 --> 00:05:11.560 Intentei explicarlle o que acontecera, pero dixo: 00:05:11.560 --> 00:05:14.588 "Non o entendo. Se viches que non chamaba, 00:05:14.588 --> 00:05:19.089 por que non colliches o teléfono e me chamaches ti a min?" 00:05:19.089 --> 00:05:23.204 Levaba razón. Por que non o chamei eu? 00:05:23.204 --> 00:05:26.627 Non tiven a resposta xacando, mais si a teño hoxe. 00:05:26.907 --> 00:05:27.942 E é simple: 00:05:29.522 --> 00:05:31.062 Soidade. 00:05:31.562 --> 00:05:35.926 A soidade crea unha profunda ferida psicolóxica, 00:05:35.926 --> 00:05:39.993 unha que distorsiona as nosas percepcións e embarulla o noso pensamento. 00:05:39.993 --> 00:05:45.812 Fainos crer que a aqueles que nos rodean lles importamos moito menos do que é. 00:05:45.812 --> 00:05:48.062 Iso fainos ter medo a abrirnos aos demais, 00:05:48.062 --> 00:05:52.922 pois por que expoñerte ao rexeitamento e á angustia cando o corazón 00:05:52.922 --> 00:05:56.284 xa está padecendo máis do que podes aturar? 00:05:56.284 --> 00:05:59.158 Eu estiven ao bordo da verdadeira soidade daquela, 00:05:59.158 --> 00:06:04.039 mais estaba rodeado de xente todo o día, polo que non chegou a pasarme. 00:06:04.039 --> 00:06:08.254 Mais a soidade defínese en termos estritamente subxectivos. 00:06:08.254 --> 00:06:11.539 Depende unicamente de se te sentes 00:06:11.539 --> 00:06:15.114 emocional ou socialmente desconectado dos que están ao teu redor. 00:06:15.114 --> 00:06:17.009 E eu sentíame así. 00:06:17.009 --> 00:06:23.363 Hai unha morea de investigacións sobre a soidade, e todas elas son arrepiantes. 00:06:23.363 --> 00:06:27.515 A soidade non só te fará infeliz, tamén te matará. 00:06:27.515 --> 00:06:28.933 Non estou de chanza. 00:06:28.933 --> 00:06:32.413 A soidade crónica incrementa a probabilidade de morte prematura 00:06:32.413 --> 00:06:34.657 nun 14 por cento. 00:06:34.657 --> 00:06:36.658 Un 14 por cento! 00:06:36.658 --> 00:06:40.471 A soidade provoca hipertensión sanguínea e colesterol alto. 00:06:40.471 --> 00:06:44.557 Incluso inhibe o funcionamento do sistema inmunitario, 00:06:44.557 --> 00:06:48.598 facéndoo a un vulnerable a todo tipo de enfermidades e doenzas. 00:06:48.598 --> 00:06:52.119 De feito, científicos concluíron que en conxunto, 00:06:52.119 --> 00:06:55.720 a soidade crónica causa un risco tan significativo 00:06:55.720 --> 00:07:00.301 para a saúde a longo prazo e a lonxevidade coma fumar. 00:07:00.301 --> 00:07:03.210 Agora os paquetes de cigarros veñen con advertencias que din: 00:07:03.210 --> 00:07:05.032 "Isto podería matarte". 00:07:05.032 --> 00:07:07.388 Pero a soidade non. 00:07:07.388 --> 00:07:12.258 E por iso é tan importante que prioricemos a saúde psicolóxica, 00:07:12.258 --> 00:07:15.508 que practiquemos hixiene emocional. 00:07:15.508 --> 00:07:18.210 Porque non podes tratar unha ferida psicolóxica 00:07:18.210 --> 00:07:20.030 se nin sequera sabes que estás ferido. 00:07:20.190 --> 00:07:21.912 [Préstalle atención á dor emocional] 00:07:22.122 --> 00:07:26.342 A soidade non é a única ferida psicolóxica que distorsiona as nosas percepcións 00:07:26.342 --> 00:07:28.394 e nos confunde. 00:07:28.394 --> 00:07:30.882 O fracaso tamén o fai. 00:07:31.782 --> 00:07:36.508 Unha vez visitei unha gardería, onde vin tres cativos a brincar 00:07:36.508 --> 00:07:39.030 con xoguetes de plástico idénticos. 00:07:39.030 --> 00:07:43.764 Había que mover o botón vermello e saía un cadeliño. 00:07:43.764 --> 00:07:50.114 Unha neniña tentou tirar do botón morado, logo premelo e despois simplemente sentou 00:07:50.114 --> 00:07:52.955 e mirou para a caixa, co beizo inferior tremendo. 00:07:52.955 --> 00:07:57.407 O meniño do lado viu o que aconteceu, logo volveuse para a súa caixa 00:07:57.407 --> 00:08:01.084 e deu en chorar sen tan sequera tocala. 00:08:01.084 --> 00:08:04.614 Mentres tanto, outra rapaciña probou todo canto se lle ocorreu, 00:08:04.614 --> 00:08:10.397 ata que desprazou o botón vermello, o cadeliño saltou, e ela reloucou. 00:08:10.397 --> 00:08:14.065 Ou sexa, tres cativos con xoguetes de plástico idénticos, 00:08:14.065 --> 00:08:17.928 pero con moi distintas reaccións ao fracaso. 00:08:17.928 --> 00:08:20.342 Os dous primeiros nenos eran perfectamente capaces 00:08:20.342 --> 00:08:22.410 de mover o botón vermello. 00:08:22.410 --> 00:08:27.760 O único que lles impediu facelo foi que a súa mente os enganou, 00:08:27.760 --> 00:08:29.939 facéndolles crer que non poderían. 00:08:29.939 --> 00:08:33.875 Aos adultos tamén nos enganan así, todo o tempo. 00:08:33.875 --> 00:08:39.054 De feito, todos nós temos un xogo de sentimentos e crenzas predeterminado 00:08:39.054 --> 00:08:43.253 que se desencadea cando nos atopamos con frustracións e reveses. 00:08:43.253 --> 00:08:46.764 Son conscientes de como a súa mente reacciona ao fracaso? 00:08:46.764 --> 00:08:47.983 Necesitan selo. 00:08:47.983 --> 00:08:53.671 Porque se a mente trata de convencelos de que son incapaces de algo e o cren, 00:08:53.671 --> 00:08:56.869 entón, como aqueles dous cativos, comezarán a sentirse impotentes 00:08:56.869 --> 00:09:00.607 e pronto deixarán de intentalo tamén, ou nin sequera probarán en absoluto. 00:09:00.607 --> 00:09:03.955 E despois estarán aínda máis convencidos de que non poden ter éxito. 00:09:03.955 --> 00:09:06.189 Como ven, este é o motivo polo que moita xente 00:09:06.189 --> 00:09:08.933 rende por debaixo do seu potencial real. 00:09:08.933 --> 00:09:12.276 Porque nalgún punto do camiño, ás veces un único fracaso 00:09:12.276 --> 00:09:16.691 os convenceu de que non poderían triunfar, e crérono. 00:09:16.691 --> 00:09:21.780 Unha vez que nos convencemos de algo, é moi difícil mudar a maneira de pensar. 00:09:21.780 --> 00:09:25.972 Eu aprendín esta lección á forza cando era adolescente, co meu irmán. 00:09:25.972 --> 00:09:29.277 Estabamos conducindo con amigos por unha escura estrada de noite, 00:09:29.277 --> 00:09:31.081 cando un coche de policía nos parou. 00:09:31.081 --> 00:09:34.544 Houbera un roubo pola zona e estaban buscando sospeitosos. 00:09:34.544 --> 00:09:38.717 O axente achegouse ao coche e alumeou coa lanterna ao condutor, 00:09:38.717 --> 00:09:42.365 logo ao meu irmán, no asento do copiloto e despois a min. 00:09:42.365 --> 00:09:45.296 Os seus ollos abríronse moito e dixo: 00:09:45.296 --> 00:09:47.297 "Onde vin eu esa cara antes?". 00:09:47.447 --> 00:09:49.713 (Risas) 00:09:49.843 --> 00:09:53.397 E eu dixen: "No asento de adiante". 00:09:53.467 --> 00:09:56.351 (Risas) 00:09:56.421 --> 00:10:00.325 Pero iso non lle tiña sentido ningún, así que pensou que eu estaba drogado. 00:10:00.415 --> 00:10:02.020 (Risas) 00:10:02.110 --> 00:10:06.365 E sacoume do vehículo, rexistroume e levoume dereito ao coche patrulla, 00:10:06.365 --> 00:10:09.951 e só cando comprobou que non tiña antecedentes, 00:10:10.091 --> 00:10:13.938 puiden ensinarlle que tiña un xemelgo no asento de adiante. 00:10:14.358 --> 00:10:17.945 Pero aínda cando estabamos marchando podía verse pola expresión da súa cara 00:10:17.945 --> 00:10:21.579 que estaba convencido de que me estaba a zafar de algo. 00:10:21.659 --> 00:10:22.931 (Risas) 00:10:23.031 --> 00:10:26.522 A nosa mente é difícil de cambiar unha vez que estamos convencidos. 00:10:26.522 --> 00:10:31.522 Pode ser moi normal sentirse desmoralizado e derrotado despois de fracasar. 00:10:31.522 --> 00:10:36.063 Pero non poden deixarse autoconvencer de que non poden ter éxito. 00:10:36.063 --> 00:10:39.041 Teñen que combater os sentimentos de imposibilidade. 00:10:39.041 --> 00:10:42.166 Teñen que recuperar o control da situación. 00:10:42.166 --> 00:10:45.741 E romper esta especie de círculo negativo antes de que comece. 00:10:45.906 --> 00:10:47.896 [Deter a hemorraxia emocional] 00:10:48.111 --> 00:10:53.506 As nosas mentes e pensamentos non son os amigos confiables que criamos que eran. 00:10:53.506 --> 00:10:59.141 Máis ben son coma un amigo inestable que pode ser moi comprensivo nun momento, 00:10:59.141 --> 00:11:01.546 e totalmente antipático no seguinte. 00:11:01.876 --> 00:11:05.693 Unha vez traballei cunha muller que despois de vinte anos de matrimonio 00:11:05.693 --> 00:11:08.066 e un divorcio extremadamente desagradable, 00:11:08.066 --> 00:11:10.398 estaba por fin preparada para a súa primeira cita. 00:11:10.398 --> 00:11:14.623 Coñecera a un tipo por internet, e el parecía agradable e exitoso, 00:11:14.623 --> 00:11:18.434 e o máis importante, parecía que ela lle gustaba de verdade. 00:11:18.434 --> 00:11:21.367 Por iso, estaba moi emocionada, mercou un vestido novo 00:11:21.367 --> 00:11:25.138 e quedaron nun exclusivo bar de Nova York para tomar algo. 00:11:25.628 --> 00:11:29.308 Ao cabo de dez minutos de cita, o home ergueuse e dixo: 00:11:29.308 --> 00:11:30.422 "Non estou interesado" 00:11:30.422 --> 00:11:31.992 E marchou. 00:11:33.832 --> 00:11:35.007 [REXEITAMENTO] 00:11:35.297 --> 00:11:37.409 O rexeitamento é extremadamente doloroso. 00:11:37.409 --> 00:11:39.962 A muller estaba tan doída que non puido nin moverse. 00:11:39.962 --> 00:11:42.166 Todo que deu feito foi chamar a un amigo. 00:11:42.166 --> 00:11:43.710 E velaquí o que este lle dixo: 00:11:43.710 --> 00:11:50.225 "Ben, que esperabas? Tes moita cadeira, non tes nada interesante do que falar, 00:11:50.225 --> 00:11:55.450 por que ía un home atractivo e de éxito coma ese saír cunha perdedora coma ti? 00:11:56.760 --> 00:11:59.947 Impresionante, non si, que un amigo poida ser tan cruel? 00:12:00.427 --> 00:12:05.382 Mais seríao moito menos se vos digo que non foi o amigo quen tal dixo. 00:12:05.752 --> 00:12:08.660 Foi o que a muller se dixo a si mesma. 00:12:08.660 --> 00:12:13.157 E isto é algo que todos facemos, especialmente despois dun rexeitamento. 00:12:13.157 --> 00:12:17.271 Todos nós comezamos a pensar sobre todos os nosos fallos e defectos, 00:12:17.271 --> 00:12:20.169 o que desexariamos ser e o que non, insultámonos a nós mesmos. 00:12:20.169 --> 00:12:23.369 Talvez non con tanta dureza, pero todos o facemos. 00:12:23.369 --> 00:12:28.080 E é curioso que o fagamos, porque a nosa autoestima xa está danada. 00:12:28.080 --> 00:12:31.120 Por que iamos querer collela e danala aínda máis? 00:12:31.120 --> 00:12:33.981 Non empeorariamos á mantenta unha ferida física. 00:12:33.981 --> 00:12:36.140 Non vos cortades nun brazo e dicides: 00:12:36.140 --> 00:12:40.119 "Ah, xa sei! Vou coller un coitelo e ver canto máis profundo o podo facer". 00:12:40.119 --> 00:12:43.973 Pero facémolo seguido coas feridas psicolóxicas. 00:12:43.973 --> 00:12:47.405 Por que? Por unha hixiene emocional pobre. 00:12:47.405 --> 00:12:50.567 Porque non priorizamos a nosa saúde psicolóxica. 00:12:50.567 --> 00:12:54.250 Sabemos por ducias de estudos que cando a autoestima está baixa, 00:12:54.250 --> 00:12:57.753 es máis vulnerable ao estrés e á ansiedade, 00:12:57.753 --> 00:13:03.196 que fracasos e rexeitamentos feren máis e leva máis tempo recuperarse deles. 00:13:03.196 --> 00:13:06.515 Así que cando te rexeitan, o primeiro que deberías facer 00:13:06.515 --> 00:13:11.774 é recuperar a túa autoestima, non unirte ao Club da Loita e mallar nela. 00:13:12.904 --> 00:13:15.779 Cando sofres dor emocional, trátate coa mesma compaixón 00:13:15.779 --> 00:13:20.922 que esperarías por parte dun verdadeiro bo amigo. 00:13:21.152 --> 00:13:22.862 [Protexe a túa autoestima] 00:13:23.122 --> 00:13:27.618 Temos que coller os nosos malsáns hábitos psicolóxicos e trocalos. 00:13:27.618 --> 00:13:32.088 Un dos máis prexudiciais e comúns chámase «ruminación». 00:13:32.088 --> 00:13:34.719 Rumiar quere dicir remoer. 00:13:34.719 --> 00:13:39.360 É cando o xefe che berra, ou o profesor te fai sentir estúpido na clase, 00:13:39.360 --> 00:13:43.861 ou tes unha gran rifa cun amigo, e non podes deixar de reproducir 00:13:43.861 --> 00:13:47.848 a escena na cabeza durante días, ás veces semanas, sen parar. 00:13:47.848 --> 00:13:53.517 Rumiar sobre sucesos angustiosos así pode facilmente converterse nun hábito, 00:13:53.517 --> 00:13:55.325 e é un moi custoso. 00:13:55.325 --> 00:14:00.093 Porque cando estás tanto tempo centrado en pensamentos tristes e negativos, 00:14:00.093 --> 00:14:03.662 realmente estaste a poñer en risco significativo de desenvolver 00:14:03.662 --> 00:14:08.054 depresión clínica, alcoholismo, desordes alimentarias 00:14:08.054 --> 00:14:10.146 e incluso doenzas cardiovasculares. 00:14:10.736 --> 00:14:15.779 O problema é que a ansia de rumiar pode sentirse con moita forza e intensidade, 00:14:15.779 --> 00:14:18.769 polo que é un hábito difícil de abandonar. 00:14:18.769 --> 00:14:24.479 Eu seino ben, porque hai algo máis dun ano eu mesmo desenvolvín este vezo. 00:14:24.479 --> 00:14:30.881 Mirade, ao meu irmán diagnosticáronlle un linfoma non-Hodking en estadio tres. 00:14:30.881 --> 00:14:33.010 O seu cáncer foi extremadamente agresivo. 00:14:33.010 --> 00:14:36.849 Tivo tumores visibles por todo o corpo. 00:14:36.849 --> 00:14:41.703 E tivo que comezar un duro tratamento de quimioterapia. 00:14:41.703 --> 00:14:46.314 E eu non podía deixar de pensar sobre se se estaba a ir. 00:14:46.314 --> 00:14:50.085 Non podía deixar de pensar canto estaba sufrindo, 00:14:50.085 --> 00:14:54.017 aínda que non se queixaba, nin unha soa vez. 00:14:54.017 --> 00:14:56.802 El tiña unha actitude enormemente positiva. 00:14:56.802 --> 00:14:59.982 A súa saúde psicolóxica era sorprendente. 00:14:59.982 --> 00:15:05.310 Eu estaba fisicamente san, pero psicoloxicamente era un desastre. 00:15:05.310 --> 00:15:06.559 Pero sabía que facer. 00:15:06.559 --> 00:15:10.038 Hai estudos que din que unha distracción de dous minutos 00:15:10.038 --> 00:15:14.108 abonda para romper a necesidade de rumiar nese momento. 00:15:14.108 --> 00:15:17.730 Así, cada vez que tiña un pensamento preocupante, triste ou negativo, 00:15:17.730 --> 00:15:20.478 forzábame a me concentrar en calquera outra cousa 00:15:20.478 --> 00:15:22.305 ata que a ansia pasara. 00:15:22.305 --> 00:15:25.657 E nunha semana, a miña perspectiva enteira cambiara 00:15:25.657 --> 00:15:29.373 e tornárase máis positiva e máis esperanzada. 00:15:29.545 --> 00:15:31.115 [Combater pensamentos negativos] 00:15:31.303 --> 00:15:35.789 Nove semanas despois de comezar a quimio, ao meu irmán fixéronlle un TAC, 00:15:35.789 --> 00:15:39.064 e eu estaba con el cando lle deron os resultados. 00:15:39.064 --> 00:15:42.060 Todos os tumores desapareceran. 00:15:42.060 --> 00:15:47.437 Aínda lle quedaban tres sesións máis, pero sabiamos que se recuperaría. 00:15:47.437 --> 00:15:50.674 Esta foto tirouse hai dúas semanas. 00:15:53.754 --> 00:15:56.411 Actuando cando estás só, 00:15:56.771 --> 00:15:59.849 mudando a resposta ao fracaso, 00:16:00.199 --> 00:16:02.227 conservando a autoestima, 00:16:02.587 --> 00:16:04.695 combatendo os pensamentos negativos, 00:16:04.835 --> 00:16:08.137 non só curarán as feridas psicolóxicas, 00:16:08.137 --> 00:16:11.701 tamén forxarán a resiliencia emocional, desenvolveranse. 00:16:12.431 --> 00:16:19.339 Hai cen anos, a xente comezou a practicar hixiene persoal, e a esperanza de vida 00:16:19.339 --> 00:16:23.791 aumentou por riba dun 50 por cento en só unhas décadas. 00:16:23.791 --> 00:16:28.004 Coido que a nosa calidade de vida aumentaría de xeito igual de drástico 00:16:28.004 --> 00:16:31.489 se todos comezásemos a practicar hixiene emocional. 00:16:32.049 --> 00:16:34.757 Poden imaxinar como sería o mundo se todos estivésemos 00:16:34.757 --> 00:16:36.492 máis sans psicoloxicamente? 00:16:36.872 --> 00:16:39.679 Se houbese menos soidade e depresión? 00:16:40.119 --> 00:16:42.822 Se a xente soubera como superar o fracaso? 00:16:43.182 --> 00:16:46.638 Se se sentisen mellor consigo mesmos e máis fortes? 00:16:46.638 --> 00:16:49.043 Se estivesen máis felices e realizados? 00:16:49.763 --> 00:16:53.354 Eu podo, porque este é o mundo en que quero vivir, 00:16:53.894 --> 00:16:57.904 e é o mundo en que o meu irmán quere vivir tamén. 00:16:58.324 --> 00:17:02.580 E se comezades a ser conscientes e a mudar uns poucos hábitos sinxelos, 00:17:02.580 --> 00:17:06.633 este é o mundo en que todos podemos vivir. 00:17:07.093 --> 00:17:08.449 Moitas grazas. 00:17:08.549 --> 00:17:10.630 (Aplausos)