0:00:03.030,0:00:06.540 Crecín co meu xemelgo, 0:00:06.541,0:00:09.398 que era un irmán incriblemente cariñoso. 0:00:09.398,0:00:14.115 Ora ben, o que ten ser xemelgo[br]é que te fai un experto 0:00:14.115,0:00:16.540 en detectar favoritismos. 0:00:16.540,0:00:22.840 Se a súa galleta era un algo máis grande[br]ca a miña, eu cuestionábao. 0:00:22.840,0:00:26.919 E por suposto, non é [br]que estivera esfameado. 0:00:27.049,0:00:28.625 (Risas) 0:00:28.765,0:00:34.403 Cando me fixen psicólogo, dei en reparar [br]nun tipo distinto de favoritismo: 0:00:34.403,0:00:40.093 o de canto máis valoramos[br]o corpo ca a mente. 0:00:40.093,0:00:46.080 Botei nove anos na universidade para [br]conseguir o doutoramento en Psicoloxía, 0:00:46.080,0:00:50.458 e nin imaxinan canta xente [br]mira a miña tarxeta e di: 0:00:50.458,0:00:56.044 "Oh, un psicólogo. Entón [br]non é un doutor de verdade", 0:00:56.044,0:00:58.711 como se iso debera figurar na tarxeta. 0:00:58.781,0:01:02.712 (Risas) 0:01:02.812,0:01:08.935 Este favoritismo que lle damos ao corpo [br]sobre a mente, véxoo por todos os lados. 0:01:09.495,0:01:11.219 Hai pouco estaba na casa dun amigo, 0:01:11.219,0:01:13.938 e o seu neno de cinco anos [br]preparábase para ir durmir. 0:01:13.938,0:01:18.488 Estaba subido a un tallo no lavabo[br]a cepillar os dentes, cando esvarou, 0:01:18.488,0:01:21.661 e rabuñou unha perna [br]co tallo ao caer. 0:01:21.661,0:01:25.987 Chorou durante un minuto, e despois[br]ergueuse, volveu ao tallo 0:01:25.987,0:01:31.023 e acadou unha caixa de tiras adhesivas[br]para poñer unha no corte. 0:01:31.023,0:01:35.542 Este neno case non podía amalloar [br]os zapatos, pero sabía 0:01:35.542,0:01:39.490 que hai que tapar os cortes [br]para que non se infecten, 0:01:39.680,0:01:43.425 e que hai que coidar os dentes[br]cepillándoos dúas veces ao día. 0:01:43.425,0:01:46.369 Todos sabemos como coidar[br]a nosa saúde física 0:01:46.369,0:01:48.908 e como practicar hixiene bucal, non si? 0:01:48.908,0:01:52.358 Sabémolo desde que tiñamos cinco anos. 0:01:52.358,0:01:57.896 Mais que sabemos de coidar[br]a nosa saúde psicolóxica? 0:01:57.896,0:01:59.678 Nadiña. 0:01:59.678,0:02:03.568 Que lles ensinamos aos nosos fillos[br]sobre hixiene emocional? 0:02:04.621,0:02:06.257 Ren. 0:02:06.767,0:02:11.459 Como pode ser que botemos máis tempo[br]coidando os nosos dentes 0:02:11.459,0:02:14.075 ca as nosas mentes? 0:02:14.075,0:02:18.802 Por que a saúde física [br]é moito máis importante para nós 0:02:18.802,0:02:21.443 ca a saúde psicolóxica? 0:02:21.443,0:02:26.639 Padecemos feridas psicolóxicas [br]incluso máis a miúdo ca físicas. 0:02:26.639,0:02:30.953 Feridas coma o fracaso,[br]o rexeitamento ou a soidade. 0:02:30.953,0:02:33.735 E estas tamén poden empeorar,[br]se as ignoramos, 0:02:33.735,0:02:37.185 e poden afectar as nosas vidas [br]de xeito dramático. 0:02:37.185,0:02:42.531 E malia estaren cientificamente [br]demostradas técnicas que podemos empregar 0:02:42.531,0:02:45.740 para tratar este tipo [br]de afeccións psicolóxicas, 0:02:45.740,0:02:47.132 non o facemos. 0:02:47.132,0:02:50.444 Nin sequera se nos ocorre[br]que deberiamos facelo. 0:02:50.444,0:02:54.947 "Vaia, estás deprimido? Esquéceo;[br]está todo na túa cabeza". 0:02:54.947,0:02:58.075 Imaxinades dicirlle iso[br]a alguén cunha perna rota? 0:02:58.075,0:03:01.479 "Oh, tira para adiante;[br]está todo na túa perna". 0:03:01.579,0:03:03.028 (Risas) 0:03:03.158,0:03:09.101 É hora de enchermos a fenda entre[br]a saúde física e a psicolóxica. 0:03:09.101,0:03:12.197 É hora de facérmolas máis iguais, 0:03:12.197,0:03:14.483 máis coma xemelgas. 0:03:15.063,0:03:18.709 Falando diso, o meu irmán[br]tamén é psicólogo. 0:03:18.709,0:03:21.407 Así que tampouco é un doutor de verdade. 0:03:21.517,0:03:23.469 (Risas) 0:03:23.649,0:03:25.704 Porén, non estudamos xuntos. 0:03:25.704,0:03:29.915 De feito, o máis difícil[br]que fixen na miña vida, 0:03:29.915,0:03:32.810 foi cruzar o Atlántico ata Nova York 0:03:32.810,0:03:35.677 para obter o meu doutoramento [br]en Psicoloxía. 0:03:35.677,0:03:38.563 Daquela estivemos separados[br]por primeira vez nas nosas vidas, 0:03:38.563,0:03:42.295 e o afastamento foi brutal para os dous. 0:03:42.295,0:03:45.464 Pero mentres que el ficou[br]entre a familia e os amigos, 0:03:45.464,0:03:48.160 eu estaba só nun novo país. 0:03:48.160,0:03:49.876 Estrañabámonos terriblemente, 0:03:49.876,0:03:52.983 mais as chamadas internacionais[br]eran realmente caras daquela, 0:03:52.983,0:03:58.279 e só podiamos aforrar para falarmos[br]durante cinco minutos á semana. 0:03:58.279,0:04:00.223 Cando chegou o noso aniversario, 0:04:00.223,0:04:02.500 --o primeiro que non [br]puidemos pasar xuntos. 0:04:02.500,0:04:07.291 Decidimos desbaldir, e esa semana [br]iamos falar dez minutos. 0:04:07.291,0:04:11.259 Pasei a mañá dando voltas polo cuarto,[br]esperando a que chamara, 0:04:11.929,0:04:17.892 esperando e esperando,[br]pero o teléfono non soou. 0:04:17.892,0:04:20.136 Dada a diferenza horaria, supuxen: 0:04:20.136,0:04:22.558 "Vale, está por aí cos amigos,[br]xa chamará máis tarde". 0:04:22.558,0:04:24.163 Non había móbiles daquela. 0:04:24.853,0:04:26.018 Pero non o fixo. 0:04:27.038,0:04:32.023 E eu comecei a darme conta de que despois[br]de estar fóra máis de dez meses, 0:04:32.023,0:04:35.833 xa non me estrañaba da mesma [br]maneira en que eu o facía. 0:04:35.833,0:04:37.659 Sabía que chamaría pola mañá, 0:04:37.659,0:04:43.565 pero esa noite foi unha das máis tristes[br]e longas da miña vida. 0:04:44.585,0:04:46.662 Espertei á mañá seguinte. 0:04:46.662,0:04:51.137 Boteille unha ollada ao teléfono,[br]e deime conta de que o descolgara 0:04:51.137,0:04:54.613 sen querer mentres paseaba o día anterior. 0:04:54.613,0:04:56.166 Saín a tombos da cama, 0:04:56.166,0:04:59.633 colgueino ben,[br]e soou un segundo despois, 0:04:59.633,0:05:03.306 e era o meu irmán, e meus, [br]estaba moi cabreado. 0:05:03.386,0:05:05.258 (Risas) 0:05:05.328,0:05:08.968 Fora a máis triste e longa noite[br]da súa vida tamén. 0:05:08.968,0:05:11.560 Intentei explicarlle [br]o que acontecera, pero dixo: 0:05:11.560,0:05:14.588 "Non o entendo. Se viches que non chamaba, 0:05:14.588,0:05:19.089 por que non colliches o teléfono [br]e me chamaches ti a min?" 0:05:19.089,0:05:23.204 Levaba razón. Por que non o chamei eu? 0:05:23.204,0:05:26.627 Non tiven a resposta xacando,[br]mais si a teño hoxe. 0:05:26.907,0:05:27.942 E é simple: 0:05:29.522,0:05:31.062 Soidade. 0:05:31.562,0:05:35.926 A soidade crea unha profunda [br]ferida psicolóxica, 0:05:35.926,0:05:39.993 unha que distorsiona as nosas percepcións[br]e embarulla o noso pensamento. 0:05:39.993,0:05:45.812 Fainos crer que a aqueles que nos rodean[br]lles importamos moito menos do que é. 0:05:45.812,0:05:48.062 Iso fainos ter medo a abrirnos aos demais, 0:05:48.062,0:05:52.922 pois por que expoñerte ao rexeitamento[br]e á angustia cando o corazón 0:05:52.922,0:05:56.284 xa está padecendo máis[br]do que podes aturar? 0:05:56.284,0:05:59.158 Eu estiven ao bordo[br]da verdadeira soidade daquela, 0:05:59.158,0:06:04.039 mais estaba rodeado de xente todo o día,[br]polo que non chegou a pasarme. 0:06:04.039,0:06:08.254 Mais a soidade defínese [br]en termos estritamente subxectivos. 0:06:08.254,0:06:11.539 Depende unicamente de se te sentes 0:06:11.539,0:06:15.114 emocional ou socialmente desconectado[br]dos que están ao teu redor. 0:06:15.114,0:06:17.009 E eu sentíame así. 0:06:17.009,0:06:23.363 Hai unha morea de investigacións sobre[br]a soidade, e todas elas son arrepiantes. 0:06:23.363,0:06:27.515 A soidade non só te fará infeliz, [br]tamén te matará. 0:06:27.515,0:06:28.933 Non estou de chanza. 0:06:28.933,0:06:32.413 A soidade crónica incrementa a [br]probabilidade de morte prematura 0:06:32.413,0:06:34.657 nun 14 por cento. 0:06:34.657,0:06:36.658 Un 14 por cento! 0:06:36.658,0:06:40.471 A soidade provoca hipertensión [br]sanguínea e colesterol alto. 0:06:40.471,0:06:44.557 Incluso inhibe o funcionamento[br]do sistema inmunitario, 0:06:44.557,0:06:48.598 facéndoo a un vulnerable a todo tipo[br]de enfermidades e doenzas. 0:06:48.598,0:06:52.119 De feito, científicos concluíron[br]que en conxunto, 0:06:52.119,0:06:55.720 a soidade crónica causa[br]un risco tan significativo 0:06:55.720,0:07:00.301 para a saúde a longo prazo [br]e a lonxevidade coma fumar. 0:07:00.301,0:07:03.210 Agora os paquetes de cigarros veñen[br]con advertencias que din: 0:07:03.210,0:07:05.032 "Isto podería matarte". 0:07:05.032,0:07:07.388 Pero a soidade non. 0:07:07.388,0:07:12.258 E por iso é tan importante que[br]prioricemos a saúde psicolóxica, 0:07:12.258,0:07:15.508 que practiquemos hixiene emocional. 0:07:15.508,0:07:18.210 Porque non podes tratar[br]unha ferida psicolóxica 0:07:18.210,0:07:20.030 se nin sequera sabes que estás ferido. 0:07:20.190,0:07:21.912 [Préstalle atención á dor emocional] 0:07:22.122,0:07:26.342 A soidade non é a única ferida psicolóxica[br]que distorsiona as nosas percepcións 0:07:26.342,0:07:28.394 e nos confunde. 0:07:28.394,0:07:30.882 O fracaso tamén o fai. 0:07:31.782,0:07:36.508 Unha vez visitei unha gardería,[br]onde vin tres cativos a brincar 0:07:36.508,0:07:39.030 con xoguetes de plástico idénticos. 0:07:39.030,0:07:43.764 Había que mover o botón vermello[br]e saía un cadeliño. 0:07:43.764,0:07:50.114 Unha neniña tentou tirar do botón morado,[br]logo premelo e despois simplemente sentou 0:07:50.114,0:07:52.955 e mirou para a caixa,[br]co beizo inferior tremendo. 0:07:52.955,0:07:57.407 O meniño do lado viu o que aconteceu,[br]logo volveuse para a súa caixa 0:07:57.407,0:08:01.084 e deu en chorar sen tan sequera tocala. 0:08:01.084,0:08:04.614 Mentres tanto, outra rapaciña probou[br]todo canto se lle ocorreu, 0:08:04.614,0:08:10.397 ata que desprazou o botón vermello,[br]o cadeliño saltou, e ela reloucou. 0:08:10.397,0:08:14.065 Ou sexa, tres cativos con [br]xoguetes de plástico idénticos, 0:08:14.065,0:08:17.928 pero con moi distintas [br]reaccións ao fracaso. 0:08:17.928,0:08:20.342 Os dous primeiros nenos[br]eran perfectamente capaces 0:08:20.342,0:08:22.410 de mover o botón vermello. 0:08:22.410,0:08:27.760 O único que lles impediu facelo[br]foi que a súa mente os enganou, 0:08:27.760,0:08:29.939 facéndolles crer que non poderían. 0:08:29.939,0:08:33.875 Aos adultos tamén [br]nos enganan así, todo o tempo. 0:08:33.875,0:08:39.054 De feito, todos nós temos un xogo[br]de sentimentos e crenzas predeterminado 0:08:39.054,0:08:43.253 que se desencadea cando nos atopamos[br]con frustracións e reveses. 0:08:43.253,0:08:46.764 Son conscientes de como[br]a súa mente reacciona ao fracaso? 0:08:46.764,0:08:47.983 Necesitan selo. 0:08:47.983,0:08:53.671 Porque se a mente trata de convencelos[br]de que son incapaces de algo e o cren, 0:08:53.671,0:08:56.869 entón, como aqueles dous cativos,[br]comezarán a sentirse impotentes 0:08:56.869,0:09:00.607 e pronto deixarán de intentalo tamén,[br]ou nin sequera probarán en absoluto. 0:09:00.607,0:09:03.955 E despois estarán aínda máis convencidos [br]de que non poden ter éxito. 0:09:03.955,0:09:06.189 Como ven, este é o motivo[br]polo que moita xente 0:09:06.189,0:09:08.933 rende por debaixo do seu potencial real. 0:09:08.933,0:09:12.276 Porque nalgún punto do camiño,[br]ás veces un único fracaso 0:09:12.276,0:09:16.691 os convenceu de que [br]non poderían triunfar, e crérono. 0:09:16.691,0:09:21.780 Unha vez que nos convencemos de algo,[br]é moi difícil mudar a maneira de pensar. 0:09:21.780,0:09:25.972 Eu aprendín esta lección á forza[br]cando era adolescente, co meu irmán. 0:09:25.972,0:09:29.277 Estabamos conducindo con amigos[br]por unha escura estrada de noite, 0:09:29.277,0:09:31.081 cando un coche de policía nos parou. 0:09:31.081,0:09:34.544 Houbera un roubo pola zona[br]e estaban buscando sospeitosos. 0:09:34.544,0:09:38.717 O axente achegouse ao coche [br]e alumeou coa lanterna ao condutor, 0:09:38.717,0:09:42.365 logo ao meu irmán, no asento do copiloto[br]e despois a min. 0:09:42.365,0:09:45.296 Os seus ollos abríronse moito e dixo: 0:09:45.296,0:09:47.297 "Onde vin eu esa cara antes?". 0:09:47.447,0:09:49.713 (Risas) 0:09:49.843,0:09:53.397 E eu dixen: "No asento de adiante". 0:09:53.467,0:09:56.351 (Risas) 0:09:56.421,0:10:00.325 Pero iso non lle tiña sentido ningún,[br]así que pensou que eu estaba drogado. 0:10:00.415,0:10:02.020 (Risas) 0:10:02.110,0:10:06.365 E sacoume do vehículo, rexistroume[br]e levoume dereito ao coche patrulla, 0:10:06.365,0:10:09.951 e só cando comprobou [br]que non tiña antecedentes, 0:10:10.091,0:10:13.938 puiden ensinarlle que tiña un xemelgo[br]no asento de adiante. 0:10:14.358,0:10:17.945 Pero aínda cando estabamos marchando [br]podía verse pola expresión da súa cara 0:10:17.945,0:10:21.579 que estaba convencido de que[br]me estaba a zafar de algo. 0:10:21.659,0:10:22.931 (Risas) 0:10:23.031,0:10:26.522 A nosa mente é difícil de cambiar[br]unha vez que estamos convencidos. 0:10:26.522,0:10:31.522 Pode ser moi normal sentirse desmoralizado[br]e derrotado despois de fracasar. 0:10:31.522,0:10:36.063 Pero non poden deixarse autoconvencer[br]de que non poden ter éxito. 0:10:36.063,0:10:39.041 Teñen que combater os sentimentos [br]de imposibilidade. 0:10:39.041,0:10:42.166 Teñen que recuperar [br]o control da situación. 0:10:42.166,0:10:45.741 E romper esta especie de círculo negativo [br]antes de que comece. 0:10:45.906,0:10:47.896 [Deter a hemorraxia emocional] 0:10:48.111,0:10:53.506 As nosas mentes e pensamentos non son[br]os amigos confiables que criamos que eran. 0:10:53.506,0:10:59.141 Máis ben son coma un amigo inestable[br]que pode ser moi comprensivo nun momento, 0:10:59.141,0:11:01.546 e totalmente antipático no seguinte. 0:11:01.876,0:11:05.693 Unha vez traballei cunha muller[br]que despois de vinte anos de matrimonio 0:11:05.693,0:11:08.066 e un divorcio extremadamente desagradable, 0:11:08.066,0:11:10.398 estaba por fin preparada[br]para a súa primeira cita. 0:11:10.398,0:11:14.623 Coñecera a un tipo por internet, [br]e el parecía agradable e exitoso, 0:11:14.623,0:11:18.434 e o máis importante, parecía [br]que ela lle gustaba de verdade. 0:11:18.434,0:11:21.367 Por iso, estaba moi emocionada,[br]mercou un vestido novo 0:11:21.367,0:11:25.138 e quedaron nun exclusivo bar de Nova York[br]para tomar algo. 0:11:25.628,0:11:29.308 Ao cabo de dez minutos de cita,[br]o home ergueuse e dixo: 0:11:29.308,0:11:30.422 "Non estou interesado" 0:11:30.422,0:11:31.992 E marchou. 0:11:33.832,0:11:35.007 [REXEITAMENTO] 0:11:35.297,0:11:37.409 O rexeitamento é extremadamente doloroso. 0:11:37.409,0:11:39.962 A muller estaba tan doída[br]que non puido nin moverse. 0:11:39.962,0:11:42.166 Todo que deu feito foi chamar a un amigo. 0:11:42.166,0:11:43.710 E velaquí o que este lle dixo: 0:11:43.710,0:11:50.225 "Ben, que esperabas? Tes moita cadeira,[br]non tes nada interesante do que falar, 0:11:50.225,0:11:55.450 por que ía un home atractivo e de éxito[br]coma ese saír cunha perdedora coma ti? 0:11:56.760,0:11:59.947 Impresionante, non si, [br]que un amigo poida ser tan cruel? 0:12:00.427,0:12:05.382 Mais seríao moito menos se vos digo [br]que non foi o amigo quen tal dixo. 0:12:05.752,0:12:08.660 Foi o que a muller se dixo a si mesma. 0:12:08.660,0:12:13.157 E isto é algo que todos facemos,[br]especialmente despois dun rexeitamento. 0:12:13.157,0:12:17.271 Todos nós comezamos a pensar [br]sobre todos os nosos fallos e defectos, 0:12:17.271,0:12:20.169 o que desexariamos ser e o que non,[br]insultámonos a nós mesmos. 0:12:20.169,0:12:23.369 Talvez non con tanta dureza,[br]pero todos o facemos. 0:12:23.369,0:12:28.080 E é curioso que o fagamos,[br]porque a nosa autoestima xa está danada. 0:12:28.080,0:12:31.120 Por que iamos querer collela[br]e danala aínda máis? 0:12:31.120,0:12:33.981 Non empeorariamos á mantenta[br]unha ferida física. 0:12:33.981,0:12:36.140 Non vos cortades nun brazo e dicides: 0:12:36.140,0:12:40.119 "Ah, xa sei! Vou coller un coitelo[br]e ver canto máis profundo o podo facer". 0:12:40.119,0:12:43.973 Pero facémolo seguido coas feridas [br]psicolóxicas. 0:12:43.973,0:12:47.405 Por que? Por unha hixiene emocional pobre. 0:12:47.405,0:12:50.567 Porque non priorizamos [br]a nosa saúde psicolóxica. 0:12:50.567,0:12:54.250 Sabemos por ducias de estudos [br]que cando a autoestima está baixa, 0:12:54.250,0:12:57.753 es máis vulnerable [br]ao estrés e á ansiedade, 0:12:57.753,0:13:03.196 que fracasos e rexeitamentos feren máis[br]e leva máis tempo recuperarse deles. 0:13:03.196,0:13:06.515 Así que cando te rexeitan,[br]o primeiro que deberías facer 0:13:06.515,0:13:11.774 é recuperar a túa autoestima, [br]non unirte ao Club da Loita e mallar nela. 0:13:12.904,0:13:15.779 Cando sofres dor emocional,[br]trátate coa mesma compaixón 0:13:15.779,0:13:20.922 que esperarías por parte [br]dun verdadeiro bo amigo. 0:13:21.152,0:13:22.862 [Protexe a túa autoestima] 0:13:23.122,0:13:27.618 Temos que coller os nosos malsáns hábitos[br]psicolóxicos e trocalos. 0:13:27.618,0:13:32.088 Un dos máis prexudiciais e comúns [br]chámase «ruminación». 0:13:32.088,0:13:34.719 Rumiar quere dicir remoer. 0:13:34.719,0:13:39.360 É cando o xefe che berra, ou o profesor [br]te fai sentir estúpido na clase, 0:13:39.360,0:13:43.861 ou tes unha gran rifa cun amigo,[br]e non podes deixar de reproducir 0:13:43.861,0:13:47.848 a escena na cabeza durante días,[br]ás veces semanas, sen parar. 0:13:47.848,0:13:53.517 Rumiar sobre sucesos angustiosos así[br]pode facilmente converterse nun hábito, 0:13:53.517,0:13:55.325 e é un moi custoso. 0:13:55.325,0:14:00.093 Porque cando estás tanto tempo centrado[br]en pensamentos tristes e negativos, 0:14:00.093,0:14:03.662 realmente estaste a poñer[br]en risco significativo de desenvolver 0:14:03.662,0:14:08.054 depresión clínica, alcoholismo,[br]desordes alimentarias 0:14:08.054,0:14:10.146 e incluso doenzas cardiovasculares. 0:14:10.736,0:14:15.779 O problema é que a ansia de rumiar pode [br]sentirse con moita forza e intensidade, 0:14:15.779,0:14:18.769 polo que é un hábito difícil de abandonar. 0:14:18.769,0:14:24.479 Eu seino ben, porque hai algo máis dun ano[br]eu mesmo desenvolvín este vezo. 0:14:24.479,0:14:30.881 Mirade, ao meu irmán diagnosticáronlle [br]un linfoma non-Hodking en estadio tres. 0:14:30.881,0:14:33.010 O seu cáncer foi extremadamente agresivo. 0:14:33.010,0:14:36.849 Tivo tumores visibles por todo o corpo. 0:14:36.849,0:14:41.703 E tivo que comezar un duro tratamento[br]de quimioterapia. 0:14:41.703,0:14:46.314 E eu non podía deixar de pensar[br]sobre se se estaba a ir. 0:14:46.314,0:14:50.085 Non podía deixar de pensar[br]canto estaba sufrindo, 0:14:50.085,0:14:54.017 aínda que non se queixaba, [br]nin unha soa vez. 0:14:54.017,0:14:56.802 El tiña unha actitude [br]enormemente positiva. 0:14:56.802,0:14:59.982 A súa saúde psicolóxica era sorprendente. 0:14:59.982,0:15:05.310 Eu estaba fisicamente san,[br]pero psicoloxicamente era un desastre. 0:15:05.310,0:15:06.559 Pero sabía que facer. 0:15:06.559,0:15:10.038 Hai estudos que din que [br]unha distracción de dous minutos 0:15:10.038,0:15:14.108 abonda para romper a necesidade[br]de rumiar nese momento. 0:15:14.108,0:15:17.730 Así, cada vez que tiña un pensamento [br]preocupante, triste ou negativo, 0:15:17.730,0:15:20.478 forzábame a me concentrar[br]en calquera outra cousa 0:15:20.478,0:15:22.305 ata que a ansia pasara. 0:15:22.305,0:15:25.657 E nunha semana, [br]a miña perspectiva enteira cambiara 0:15:25.657,0:15:29.373 e tornárase máis positiva[br]e máis esperanzada. 0:15:29.545,0:15:31.115 [Combater pensamentos negativos] 0:15:31.303,0:15:35.789 Nove semanas despois de comezar a quimio,[br]ao meu irmán fixéronlle un TAC, 0:15:35.789,0:15:39.064 e eu estaba con el[br]cando lle deron os resultados. 0:15:39.064,0:15:42.060 Todos os tumores desapareceran. 0:15:42.060,0:15:47.437 Aínda lle quedaban tres sesións máis,[br]pero sabiamos que se recuperaría. 0:15:47.437,0:15:50.674 Esta foto tirouse hai dúas semanas. 0:15:53.754,0:15:56.411 Actuando cando estás só, 0:15:56.771,0:15:59.849 mudando a resposta ao fracaso, 0:16:00.199,0:16:02.227 conservando a autoestima, 0:16:02.587,0:16:04.695 combatendo os pensamentos negativos, 0:16:04.835,0:16:08.137 non só curarán as feridas psicolóxicas, 0:16:08.137,0:16:11.701 tamén forxarán a resiliencia emocional,[br]desenvolveranse. 0:16:12.431,0:16:19.339 Hai cen anos, a xente comezou a practicar [br]hixiene persoal, e a esperanza de vida 0:16:19.339,0:16:23.791 aumentou por riba dun 50 por cento[br]en só unhas décadas. 0:16:23.791,0:16:28.004 Coido que a nosa calidade de vida[br]aumentaría de xeito igual de drástico 0:16:28.004,0:16:31.489 se todos comezásemos a practicar[br]hixiene emocional. 0:16:32.049,0:16:34.757 Poden imaxinar como sería [br]o mundo se todos estivésemos 0:16:34.757,0:16:36.492 máis sans psicoloxicamente? 0:16:36.872,0:16:39.679 Se houbese menos soidade e depresión? 0:16:40.119,0:16:42.822 Se a xente soubera como superar o fracaso? 0:16:43.182,0:16:46.638 Se se sentisen mellor consigo mesmos[br]e máis fortes? 0:16:46.638,0:16:49.043 Se estivesen máis felices e realizados? 0:16:49.763,0:16:53.354 Eu podo, porque este [br]é o mundo en que quero vivir, 0:16:53.894,0:16:57.904 e é o mundo en que o meu irmán[br]quere vivir tamén. 0:16:58.324,0:17:02.580 E se comezades a ser conscientes [br]e a mudar uns poucos hábitos sinxelos, 0:17:02.580,0:17:06.633 este é o mundo en que todos podemos vivir. 0:17:07.093,0:17:08.449 Moitas grazas. 0:17:08.549,0:17:10.630 (Aplausos)