Return to Video

Por que ter unha partida de nacemento é un dereito humano

  • 0:01 - 0:03
    Cando tiña 14 anos
  • 0:03 - 0:08
    a miña familia estaba adoptando
    os meus irmáns pequenos de Etiopía.
  • 0:08 - 0:10
    E un día a miña nai preguntou:
  • 0:10 - 0:12
    "que día deberiamos poñer
    para o seu aniversario?"
  • 0:13 - 0:16
    "O día que naceron, obviamente?"
  • 0:16 - 0:18
    Foi unha pregunta ridícula.
  • 0:18 - 0:20
    E entón dixo a miña nai:
  • 0:20 - 0:21
    "Olla, Kristen,
  • 0:21 - 0:24
    ningún dos teus irmáns
    ten un certificado de nacemento,
  • 0:24 - 0:26
    así que, como pretendes que
    o descubramos?"
  • 0:27 - 0:28
    Estoupoume a cabeza.
  • 0:28 - 0:31
    Agora, 20 anos máis tarde,
    sigo traballando niso,
  • 0:31 - 0:33
    mais en lugar de resolver o misterio
  • 0:33 - 0:35
    das partidas de nacemento
    dos meus irmáns,
  • 0:35 - 0:37
    intento arranxar o problema
    no mundo.
  • 0:37 - 0:41
    Que teñen que ver as partidas de nacemento
    co desenvolvemento internacional?
  • 0:41 - 0:45
    A resposta a iso está
    na axenda de desenvolvemento orixinal,
  • 0:45 - 0:46
    a axenda dos dereitos humanos.
  • 0:46 - 0:50
    En 1948, a Declaración Universal
    dos Dereitos Humanos,
  • 0:50 - 0:52
    por primeira vez,
  • 0:52 - 0:56
    estableceu unha visión compartida
    de dereitos humanos e dignidades básicas
  • 0:56 - 0:59
    que se aplicaban a todas as persoas
    en todas as nacións:
  • 0:59 - 1:03
    O Artigo 6, o dereito a ser recoñecido
    como unha persoa ante a lei.
  • 1:03 - 1:05
    Ou, unha identidade legal.
  • 1:05 - 1:07
    Para os nenos, isto é
    a partida de nacemento.
  • 1:07 - 1:10
    E, aínda que isto sexa
    un dereito humano universal,
  • 1:10 - 1:15
    mil millóns de persoas hoxe en día
    non teñen un documento de que existen,
  • 1:15 - 1:18
    isto supón unha das maiores violacións
    dos dereitos humanos do noso tempo,
  • 1:19 - 1:21
    aínda así parece que ninguén
    ten coñecemento disto.
  • 1:22 - 1:25
    Ante a pobreza e a fame no mundo,
  • 1:25 - 1:27
    asegurármonos de que todos
    temos unha identidade legal
  • 1:27 - 1:29
    non parece importante,
  • 1:29 - 1:31
    pero si que o é.
  • 1:31 - 1:33
    Nos comezos da miña carreira
  • 1:33 - 1:37
    traballei cunha traballadora social
    nunha comunidade de asilo en Mumbai
  • 1:37 - 1:39
    e estivemos seguindo
    o caso dunha rapaza pequena
  • 1:40 - 1:44
    que tivera polio cando era un bebé e tiña
    o corpo paralizado da cintura para abaixo.
  • 1:44 - 1:46
    Cando chegamos á casa,
  • 1:46 - 1:48
    atopámola no chan.
  • 1:48 - 1:51
    Tiña moitas cicatrices nas pernas
    e estaban infectadas,
  • 1:51 - 1:53
    estaba desnutrida,
  • 1:53 - 1:55
    non fora nunca á escola
  • 1:55 - 2:00
    e pasara case toda a súa vida confinada
    nese cuarto pequeno e escuro.
  • 2:01 - 2:05
    Ao marchar, pregunteille á traballadora
    social cal era o plan para ese caso
  • 2:05 - 2:08
    e díxome: "primeiro temos que conseguir
    a súa partida de nacemento".
  • 2:08 - 2:09
    Isto sorprendeume un pouco.
  • 2:09 - 2:13
    Eu dixen: "non cres que deberíamos
    conseguirlle asistencia social
  • 2:13 - 2:15
    e un lugar seguro
    para vivir e ir á escola?"
  • 2:15 - 2:19
    E dixo: "exacto, por iso precisamos
    a súa partida de nacemento".
  • 2:19 - 2:21
    Sen identidade legal,
  • 2:21 - 2:23
    o goberno non nos recoñece como persoas.
  • 2:23 - 2:28
    Unha persoa que non existe oficialmente
    non pode acceder aos servizos do goberno,
  • 2:28 - 2:30
    e o goberno só pode ofrecer servizos
  • 2:30 - 2:32
    para as persoas
    das que ten coñecemento.
  • 2:32 - 2:37
    Por iso, algunhas persoas son ignoradas
    polos servizos de inmunización rutinarios.
  • 2:38 - 2:43
    As persoas sen unha identidade legal
    non contan nin están protexidas.
  • 2:43 - 2:45
    Atópanse entre
    os membros máis pobres da sociedade
  • 2:45 - 2:48
    que pertencen
    ás comunidades máis marxinadas.
  • 2:48 - 2:50
    Son vítimas de tráfico de persoas.
  • 2:50 - 2:54
    Os traficantes de persoas saben
    que é case imposible atopar a alguén
  • 2:54 - 2:57
    se non hai ningún rexistro
    de que esa persona existe.
  • 2:57 - 3:01
    Son vítimas de explotación,
    como o matrimonio e o traballo infantil.
  • 3:01 - 3:05
    Sen partida de nacemento, como
    demostras que un neno segue a ser un neno?
  • 3:06 - 3:07
    Atópanse entre os apátridas;
  • 3:07 - 3:10
    as partidas de nacemento mostran
    quen son os teus pais
  • 3:10 - 3:11
    e cando naciches,
  • 3:11 - 3:14
    os dous factores principais
    para adquirir unha nacionalidade.
  • 3:15 - 3:18
    Das mil millóns de persoas no mundo
    sen identidade legal,
  • 3:18 - 3:22
    a gran maioría son nenos que nunca
    foron rexistrados ao nacer.
  • 3:22 - 3:24
    Nos países menos desenvolvidos,
  • 3:24 - 3:28
    os nacementos de máis dun 60 % dos nenos
    nunca se rexistraron.
  • 3:28 - 3:32
    Un estudio realizado en 17 países
    en África subsahariana
  • 3:32 - 3:35
    descubriu que o 80 % dos nenos non tiñan
    unha partida de nacemento.
  • 3:36 - 3:38
    Dos países que non teñen aínda
  • 3:38 - 3:41
    a cobertura
    do rexistro universal de nacementos,
  • 3:41 - 3:45
    en 26, é necesaria a partida de nacemento
    para acceder aos servicios sanitarios,
  • 3:45 - 3:47
    incluídas as vacinas.
  • 3:48 - 3:51
    En 37 países é necesaria para acceder
    á asistencia social, que intenta
  • 3:51 - 3:53
    sacar as persoas
    da súa situación de pobreza.
  • 3:55 - 3:59
    En 59 países, a partida de nacemento
    é necesaria para que os nenos
  • 3:59 - 4:02
    poidan ir á escola
    ou completaren a súa formación.
  • 4:03 - 4:07
    Tamén se precisa a partida de nacemento
    para outras formas de identificación legal
  • 4:07 - 4:09
    como o carné de identidade ou o pasaporte.
  • 4:09 - 4:13
    Estas formas de identificación legal
    son necesarias en case todos os países
  • 4:13 - 4:16
    para votar, obter unha tarxeta SIM
    ou abrir unha conta no banco.
  • 4:16 - 4:20
    De feito, dos 1 700 millóns de persoas
    no mundo sen servizos bancarios,
  • 4:20 - 4:23
    un 20 % non os teñen porque non teñen
    un documento de identidade legal.
  • 4:24 - 4:28
    Non hai que ser un experto para ver
    que isto, multiplicado por mil millóns
  • 4:28 - 4:29
    é un grave problema.
  • 4:30 - 4:32
    Non nos sorprende que as probas demostren
  • 4:32 - 4:35
    que mellorar a cobertura de rexistro
    de nacementos mellora
  • 4:35 - 4:37
    os resultados de desenvolvemento,
  • 4:37 - 4:38
    desde a redución da pobreza
  • 4:38 - 4:41
    ata unha mellora da saúde, a nutrición
    e a educación,
  • 4:41 - 4:42
    a mellora económica
  • 4:43 - 4:45
    e a migración segura e organizada.
  • 4:47 - 4:51
    En 2015, os líderes mundiais reuníronse
  • 4:51 - 4:55
    e prometeron que defenderían
    os dereitos humanos de todas as persoas
  • 4:55 - 4:57
    e non deixarían a ningúen atrás
  • 4:57 - 4:59
    no seu esforzo por acabar coa pobreza,
  • 4:59 - 5:00
    a fame
  • 5:00 - 5:01
    e reducir a desigualdade.
  • 5:01 - 5:04
    Pero, en primeiro lugar, como van defender
  • 5:04 - 5:06
    os dereitos humanos e como van saber
  • 5:06 - 5:09
    se están deixando a alguén atrás
    se non saben
  • 5:09 - 5:11
    quen son nin onde están?
  • 5:14 - 5:16
    Que poden facer os países sobre este asunto?
  • 5:16 - 5:18
    Non hai un modelo que sirva para todos
  • 5:18 - 5:20
    porque o contexto de cada país é único.
  • 5:20 - 5:24
    Hai cinco intervencións probadas
    que poden aplicarse a calquera sistema.
  • 5:25 - 5:27
    A primeira é reducir a distancia.
  • 5:27 - 5:29
    A segunda, eliminar o coste.
  • 5:29 - 5:31
    A terceira, simplificar o proceso.
  • 5:31 - 5:33
    A cuarta, eliminar a discriminación.
  • 5:33 - 5:35
    A quinta, aumentar a demanda.
  • 5:35 - 5:38
    A discriminación por xénero aínda é
    un problema oculto,
  • 5:39 - 5:41
    porque, por estatística, non hai diferenza
  • 5:41 - 5:43
    entre
    as cifras de rexistro de nenos e nenas.
  • 5:43 - 5:46
    Pero non se discrimina aos nenos
  • 5:46 - 5:47
    senón á nai.
  • 5:47 - 5:51
    Angola era un dos 35 países que precisaban
    o nome do pai
  • 5:51 - 5:54
    ou que el estivese presente para
    que se rexistrase o nacemento do neno.
  • 5:54 - 5:58
    Así que, en situacións nas que o pai
    é descoñecido, non quere
  • 5:58 - 6:00
    ou non pode reclamar a paternidade,
  • 6:00 - 6:03
    as nais son impedidas de legalmente rexistrar
    os nacementos
  • 6:03 - 6:05
    dos seus propios fillos.
  • 6:05 - 6:08
    Para abordar este problema,
    Angola aplicou unha política
  • 6:08 - 6:11
    que permite ás nais rexistrar
    o seu fillo como nai solteira.
  • 6:12 - 6:14
    En Tanzania, en 2012,
  • 6:14 - 6:17
    só un 13 % dos nenos
    tiñan unha partida de nacemento.
  • 6:18 - 6:20
    Así que, o goberno
    desenvolveu un novo sistema.
  • 6:21 - 6:26
    Estableceron centros de rexistro
    en infraestruturas xa existentes,
  • 6:26 - 6:28
    como salas comunitarias
  • 6:28 - 6:30
    e en instalacións médicas.
  • 6:30 - 6:33
    Así levaron estes servizos
    máis preto da xente que os precisaba.
  • 6:33 - 6:34
    Eliminaron a taxa.
  • 6:35 - 6:38
    Simplificaron o proceso e automatizárono,
  • 6:38 - 6:40
    para poder emitir
    a partida de nacemento no momento.
  • 6:41 - 6:44
    Para aumentaren a demanda, lanzaron
    unha campaña de concienciación social
  • 6:44 - 6:46
    para que a xente saiba
    que hai un novo proceso
  • 6:46 - 6:49
    e por que é importante rexistrar
    o nacemento dos seus fillos.
  • 6:51 - 6:54
    En poucos anos, nos distritos
    onde se puxo en marcha o novo sistema,
  • 6:54 - 6:57
    o 83 % dos nenos
    teñen partidas de nacemento
  • 6:57 - 7:00
    e están en proceso de amplialo
    ao ámbito nacional.
  • 7:01 - 7:03
    Así que, que podemos facer?
  • 7:04 - 7:07
    Creo que todos estamos unidos
    pola nosa humanidade.
  • 7:07 - 7:10
    Vivimos no mesmo planeta.
    Respiramos o mesmo aire.
  • 7:10 - 7:14
    E, mentres que ningún de nós elixiu
    onde nace ou a situación en que naceu,
  • 7:14 - 7:16
    si que podemos elixir como vivimos.
  • 7:17 - 7:20
    Os cambios prodúcense cando
    un momento de concienciación
  • 7:20 - 7:22
    ou un intre de compaixón
  • 7:22 - 7:24
    inspiran a unha persoa para que actúe.
  • 7:24 - 7:25
    E coa nosa ación colectiva
  • 7:25 - 7:29
    seremos
    os axentes máis poderosos do cambio.
  • 7:29 - 7:33
    Se o custo da inacción é que
    nenos inocentes estean desprotexidos,
  • 7:33 - 7:36
    sen vacinar e sen poder ir á escola,
  • 7:36 - 7:40
    crecendo para ser adultos incapaces
    de atopar un bo traballo ou votar,
  • 7:40 - 7:45
    atrapados nun círculo de pobreza,
    exclusión e invisibilidade,
  • 7:45 - 7:46
    é a nosa responsabilidade
  • 7:46 - 7:49
    sacar este tema da escuridade
  • 7:49 - 7:50
    e traelo á luz.
  • 7:51 - 7:54
    Porque non todos os días
    temos a oportunidade de cambiar o mundo,
  • 7:54 - 7:56
    pero hoxe
  • 7:56 - 7:57
    podemos.
  • 7:58 - 7:59
    Grazas.
  • 7:59 - 8:01
    (Aplausos)
Title:
Por que ter unha partida de nacemento é un dereito humano
Speaker:
Kristen Wenz
Description:

Máis de mil millóns de persoas en todo o mundo, a maior parte delas son nenos, non teñen unha partida de nacemento. En moitos países, isto fai que non podan acceder a servizos vitais como a atención médica e a educación, afirma a experta en identidade legal Krsiten Wenz. Ela expón a razón pola que este problema é unha das grandes violacións dos dereitos humanos no noso tempo e comparte cinco estratexias que aseguran que todos poden estar rexistrados e protexidos.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
08:14

Galician subtitles

Revisions