Patricia Ryan: ¡Que teima co inglés!
-
0:01 - 0:03Xa sei o que estades a pensar.
-
0:03 - 0:05Pensades que me perdín
-
0:05 - 0:07e que alguén vai subir a este escenario agora mesmo
-
0:07 - 0:09e levarme ata o meu sitio amablemente.
-
0:09 - 0:15(Aplausos)
-
0:15 - 0:18En Dubai, sempre me pasa o mesmo.
-
0:18 - 0:20"Está aquí de vacacións, non?"
-
0:20 - 0:22(Risos)
-
0:22 - 0:25"Veu visita-los seus fillos?
-
0:25 - 0:27Canto tempo vai quedar aquí?"
-
0:27 - 0:30Pois o certo é que espero quedar bastante tempo,
-
0:30 - 0:33porque vivo e imparto clases no Golfo
-
0:33 - 0:35dende hai máis de 30 anos.
-
0:35 - 0:39(Aplausos)
-
0:39 - 0:43E, en todo este tempo, vin moitos cambios.
-
0:43 - 0:45Agora as estatísticas
-
0:45 - 0:47son bastante sorprendentes.
-
0:47 - 0:49Hoxe quero falarvos
-
0:49 - 0:51sobre a desaparición das linguas
-
0:51 - 0:54e a globalización do inglés.
-
0:54 - 0:56Quero falarvos dunha amiga miña
-
0:56 - 0:59que ensinaba inglés para adultos en Abu Dhabi.
-
0:59 - 1:01Un bo día,
-
1:01 - 1:03decidiu levalos ao xardín
-
1:03 - 1:05para ensinarlles vocabulario sobre a natureza.
-
1:05 - 1:07Pero foi ela quen terminou aprendendo
-
1:07 - 1:09tódolos nombes árabes das plantas locais,
-
1:09 - 1:11e tamén os seus usos:
-
1:11 - 1:14medicina, cosmética,
-
1:14 - 1:17cociña, herboristería.
-
1:17 - 1:19Como tiñan eses estudantes tantos coñecementos?
-
1:19 - 1:21Por suposto, grazas aos seus pais
-
1:21 - 1:24e incluso aos seus avós.
-
1:24 - 1:27Non fai falla que vos diga o importante que é
-
1:27 - 1:29a comunicación
-
1:29 - 1:31entre distintas xeracións.
-
1:31 - 1:33Pero, por desgraza, actualmente
-
1:33 - 1:35as linguas morren
-
1:35 - 1:37a un ritmo sen precedentes.
-
1:37 - 1:40Unha lingua morre cada 14 días.
-
1:41 - 1:43E, ao mesmo tempo,
-
1:43 - 1:45o inglés é indiscutiblemente a lingua global.
-
1:45 - 1:47Podería haber algunha relación?
-
1:47 - 1:49Non o sei.
-
1:49 - 1:52Pero o que si sei é que vin moitos cambios.
-
1:52 - 1:55Cando viñen ao Golfo por primeira vez, viñen a Kuwait,
-
1:55 - 1:58que daquela aínda se consideraba como un lugar complicado.
-
1:58 - 2:00En realidade,
-
2:00 - 2:03non foi hai tanto tempo.
-
2:03 - 2:05O caso é que
-
2:05 - 2:07o British Council contratoume
-
2:07 - 2:09xunto con outros 25 profesores,
-
2:09 - 2:11e fomos os primeiros non musulmáns
-
2:11 - 2:14que deron clase nas escolas públicas de Kuwait.
-
2:14 - 2:16Trouxéronnos aquí para ensinar inglés
-
2:16 - 2:20porque o goberno quería modernizar o país
-
2:20 - 2:23e darlles máis independencia aos cidadáns mediante a educación.
-
2:23 - 2:25E, por suposto, o Reino Unido beneficiábase
-
2:25 - 2:28desa marabillosa riqueza petrolífera.
-
2:28 - 2:30Vale.
-
2:30 - 2:33Pois ese é o maior cambio que vin.
-
2:33 - 2:35Como o ensino do inglés
-
2:35 - 2:37se transformou
-
2:37 - 2:41e pasou de ser unha práctica beneficiosa para ambas as partes
-
2:41 - 2:44a ser o gran negocio internacional que é hoxe.
-
2:44 - 2:48Xa non é simplemente unha lingua estranxeira que poñer no currículum,
-
2:48 - 2:50nin é soamente dominio
-
2:50 - 2:52da Nai Inglaterra.
-
2:52 - 2:54Converteuse nunha moda
-
2:54 - 2:57para tódolos países de fala inglesa do mundo.
-
2:57 - 2:59E por que non?
-
2:59 - 3:02Despois de todo, a mellor educación,
-
3:02 - 3:05segundo os últimos ránkings mundias de universidades,
-
3:05 - 3:07é a que ofrecen as universidades
-
3:07 - 3:11do Reino Unido e os Estados Unidos.
-
3:11 - 3:15Así que todo o mundo quere ter unha educación inglesa, naturalmente.
-
3:15 - 3:17Pero, se non es un falante nativo,
-
3:17 - 3:19tes que facer un exame.
-
3:19 - 3:21Pero está ben
-
3:21 - 3:23rexeitar a un estudante
-
3:23 - 3:25xulgándoo só polo seu dominio lingüístico?
-
3:25 - 3:27Ao mellor hai un informático
-
3:27 - 3:29que é un xenio.
-
3:29 - 3:32Por exemplo, necesita o mesmo nivel de lingua que un avogado?
-
3:32 - 3:35Ben, eu creo que non.
-
3:36 - 3:39Nós, os profesores de inglés, rexeitámolos todo o tempo.
-
3:39 - 3:41Poñemos un sinal de stop
-
3:41 - 3:43para que se deteñan no camiño.
-
3:43 - 3:45Non poden seguir perseguindo os seus soños
-
3:45 - 3:48ata que saiban inglés.
-
3:49 - 3:52Permítanme dicilo desta forma:
-
3:52 - 3:56se coñecese a un falante monolingüe de neerlandés
-
3:56 - 3:58que tivese a cura para o cancro,
-
3:58 - 4:01impediríalle entrar na miña universidade británica?
-
4:01 - 4:03Non creo.
-
4:03 - 4:06Pero o certo é que iso é precisamente o que estamos a facer.
-
4:06 - 4:09Os profesores de inglés somos os porteiros,
-
4:09 - 4:12e primeiro tedes que convencernos
-
4:12 - 4:15de que o voso inglés é suficientemente bo.
-
4:16 - 4:18E pode ser perigoso
-
4:18 - 4:21outorgarlle tanto poder
-
4:21 - 4:23a un sector da sociedade tan reducido.
-
4:23 - 4:26Quizais a barreira sexa moi universal.
-
4:26 - 4:28De acordo.
-
4:28 - 4:31Pero óiovos dicir:
-
4:31 - 4:33"E que pasa coa investigación?"
-
4:33 - 4:35"Está todo en inglés".
-
4:35 - 4:37Os libros están en inglés,
-
4:37 - 4:39as publicacións edítanse en inglés,
-
4:39 - 4:42pero isto é unha profecía en si mesma.
-
4:42 - 4:44que alimenta os requerimentos de inglés.
-
4:44 - 4:46E así seguen as cousas.
-
4:46 - 4:49E eu pregúntovos, que pasou coa tradución?
-
4:49 - 4:53Creo que sabedes que na Idade de Ouro do Islam
-
4:53 - 4:56facíanse moitas traducións.
-
4:56 - 4:59Traducíase do latín e o grego
-
4:59 - 5:01para o árabe e o persa,
-
5:01 - 5:03e despois traduciuse
-
5:03 - 5:05para as linguas xermánicas europeas
-
5:05 - 5:07e para as linguas romances.
-
5:07 - 5:11E así puido haber luz nunha época escura para Europa.
-
5:12 - 5:14Pero espero que os profesores de inglés
-
5:14 - 5:16non me malinterpreten.
-
5:16 - 5:18Non estou en contra do ensino do inglés.
-
5:18 - 5:20Paréceme moi ben que haxa unha lingua global,
-
5:20 - 5:23e hoxe necesitámola máis que nunca.
-
5:23 - 5:25Estou en contra de usala
-
5:25 - 5:27como barreira.
-
5:27 - 5:30De verdade queremos acabar tendo 600 linguas
-
5:30 - 5:33e que a máis importante delas sexa o inglés ou o chinés?
-
5:33 - 5:36Necesitamos máis que iso. Onde poñemos o límite?
-
5:36 - 5:38Este sistema
-
5:38 - 5:41equipara a intelixencia
-
5:41 - 5:44co dominio do inglés,
-
5:44 - 5:46o que é bastante arbitrario.
-
5:46 - 5:52(Aplausos)
-
5:52 - 5:54E quero recordarvos
-
5:54 - 5:57que os xigantes que sosteñen cos seus ombros
-
5:57 - 5:59a intelectualidade de hoxe
-
5:59 - 6:01non tiveron que estudar inglés
-
6:01 - 6:03nin facer exames de inglés.
-
6:03 - 6:06Poñamos por caso a Einstein,
-
6:07 - 6:10a quen, por certo, consideraban mediocre na escola
-
6:10 - 6:12porque era disléxico.
-
6:12 - 6:14Por sorte para o mundo,
-
6:14 - 6:17non tivo que facerr exames de inglés,
-
6:17 - 6:20porque isto non se impuxo ata 1964
-
6:20 - 6:22co TOEFL,
-
6:22 - 6:24o exame de inglés americano.
-
6:24 - 6:26Agora estourou a bomba
-
6:26 - 6:29e hai moreas e moreas de exames de inglés
-
6:29 - 6:31e millóns e millóns de estudantes
-
6:31 - 6:33que teñen que facelos cada ano.
-
6:33 - 6:35Pode que vós, e mais eu,
-
6:35 - 6:37pensemos que as taxas non están tan mal,
-
6:37 - 6:39pero o certo é que son prohibitivas
-
6:39 - 6:41para moitos millóns de persoas pobres.
-
6:41 - 6:43Así que estamos a rexeitar a estas persoas automaticamente.
-
6:43 - 6:46(Aplausos)
-
6:46 - 6:49Isto lémbrame a un titular que vin hai pouco.
-
6:49 - 6:51"Educación: o gran divisor"
-
6:51 - 6:53Agora o entendo.
-
6:53 - 6:56Entendo por que a xente se centra no inglés.
-
6:56 - 6:59Queren darlles aos seus fillos as mellores oportunidades
-
7:00 - 7:03e, para iso, necesitan unha educación occidental.
-
7:03 - 7:05Porque, por suposto, os mellores postos de traballo
-
7:05 - 7:08dánselles ás persoas das universidades occidentais
-
7:08 - 7:10que mencionaba antes.
-
7:10 - 7:12É un círculo vicioso.
-
7:12 - 7:14Vale.
-
7:14 - 7:16E agora vouvos contar a historia de dous científicos.
-
7:16 - 7:18Dous científicos ingleses.
-
7:18 - 7:20Estaban facendo un experimento
-
7:20 - 7:22sobre xenética
-
7:22 - 7:25e as extemidades anteriores e posteriores dos animais,
-
7:25 - 7:27pero non conseguían os resultados que esperaban.
-
7:27 - 7:29Non sabían que facer
-
7:29 - 7:32ata que chegou un científico alemán
-
7:32 - 7:35que se decatou de que estaban a usar dúas palabras
-
7:35 - 7:37para "extremidade anterior" e "extremidade posterior",
-
7:37 - 7:41mentres que a xenética non as diferencia,
-
7:41 - 7:43nin tampouco o alemán.
-
7:43 - 7:45¡Eureka!
-
7:45 - 7:47Problema resolto.
-
7:47 - 7:49Se non podes chegar a un pensamento,
-
7:49 - 7:52estás atascado.
-
7:52 - 7:54Pero se outra lingua pode chegar a ese pensamento,
-
7:54 - 7:56cooperando
-
7:56 - 7:59poderíamos ter éxito e aprender moito máis.
-
8:01 - 8:03A miña filla
-
8:03 - 8:06foi de Kuwait a Inglaterra.
-
8:06 - 8:09Estudiara ciencias e matemáticas en árabe.
-
8:09 - 8:12Nun instituto árabe.
-
8:12 - 8:15Tiña que traducir todo para o inglés nas súas clases de gramática
-
8:15 - 8:17e foi a mellor da súa clase
-
8:17 - 8:19nesas materias.
-
8:19 - 8:21Isto demostra
-
8:21 - 8:23que cando veñen estudantes de fóra
-
8:23 - 8:25quizais non lle demos suficiente valor
-
8:25 - 8:27ao que saben,
-
8:27 - 8:30cando o saben na súa propia lingua.
-
8:30 - 8:32Cando unha lingua morre
-
8:32 - 8:35non sabemos o que perdemos con ela.
-
8:35 - 8:39Non sei se viron a cadena CNN ultimamente:
-
8:39 - 8:41Déronlle un premio
-
8:41 - 8:44a un rapaz pastor de Kenia
-
8:44 - 8:47que non podía estudar á noite na súa aldea
-
8:47 - 8:49como o resto de nenos da aldea,
-
8:49 - 8:51porque a lámpada de queroseno
-
8:51 - 8:53botaba fume e lastimáballe os ollos.
-
8:53 - 8:56E, de tódolos xeitos, nunca tiña suficiente queroseno,
-
8:56 - 8:59porque que se pode comprar cun dólar ao día?
-
8:59 - 9:01Así que este rapaz
-
9:01 - 9:04inventou unha lámpara solar,
-
9:04 - 9:06e agora os rapaces da súa aldea
-
9:06 - 9:08teñen as mesmas notas
-
9:08 - 9:12que os nenos que teñen electricidade na casa.
-
9:12 - 9:18(Aplausos)
-
9:18 - 9:20Cando lle deron o premio
-
9:20 - 9:22pronunciou estas fermosas palabras:
-
9:22 - 9:25"Os nenos poden convertir a África de hoxendía,
-
9:25 - 9:27un continente escuro,
-
9:27 - 9:29nun continente de luz".
-
9:29 - 9:31Unha idea simple,
-
9:31 - 9:34pero que pode ter consecuencias moi importantes.
-
9:35 - 9:37A xente que non ten luz,
-
9:37 - 9:40ben sexa real ou metafórica,
-
9:40 - 9:43non pode facer exames,
-
9:43 - 9:46e nunca poderemos saber o que esa xente sabe.
-
9:46 - 9:49Non deberiamos deixalos a eles nin a nós mesmos,
-
9:49 - 9:51nesa escuridade.
-
9:51 - 9:54Deberíamos aledarnos da diversidade.
-
9:54 - 9:57Sede conscientes da vosa propia lingua
-
9:57 - 10:01e usádea para estender grandes ideas.
-
10:01 - 10:08(Aplausos)
-
10:08 - 10:10Moitas grazas.
-
10:10 - 10:13(Aplausos)
- Title:
- Patricia Ryan: ¡Que teima co inglés!
- Speaker:
- Patricia Ryan
- Description:
-
En TEDxDubai, Patricia Ryan, profesora de inglés dende hai moitos anos, fai unha pregunta con ánimo de provocar: E se a preponderancia que o mundo lle dá ao inglés impide que se estendan ideas noutras linguas? (P.ex. Que ocorrería se Einstein tivera que aprobar o TOEFL?). É unha apaixoada defensa da tradución e do intercambio de ideas.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 10:14