Xa sei o que estades a pensar.
Pensades que me perdín
e que alguén vai subir a este escenario agora mesmo
e levarme ata o meu sitio amablemente.
(Aplausos)
En Dubai, sempre me pasa o mesmo.
"Está aquí de vacacións, non?"
(Risos)
"Veu visita-los seus fillos?
Canto tempo vai quedar aquí?"
Pois o certo é que espero quedar bastante tempo,
porque vivo e imparto clases no Golfo
dende hai máis de 30 anos.
(Aplausos)
E, en todo este tempo, vin moitos cambios.
Agora as estatísticas
son bastante sorprendentes.
Hoxe quero falarvos
sobre a desaparición das linguas
e a globalización do inglés.
Quero falarvos dunha amiga miña
que ensinaba inglés para adultos en Abu Dhabi.
Un bo día,
decidiu levalos ao xardín
para ensinarlles vocabulario sobre a natureza.
Pero foi ela quen terminou aprendendo
tódolos nombes árabes das plantas locais,
e tamén os seus usos:
medicina, cosmética,
cociña, herboristería.
Como tiñan eses estudantes tantos coñecementos?
Por suposto, grazas aos seus pais
e incluso aos seus avós.
Non fai falla que vos diga o importante que é
a comunicación
entre distintas xeracións.
Pero, por desgraza, actualmente
as linguas morren
a un ritmo sen precedentes.
Unha lingua morre cada 14 días.
E, ao mesmo tempo,
o inglés é indiscutiblemente a lingua global.
Podería haber algunha relación?
Non o sei.
Pero o que si sei é que vin moitos cambios.
Cando viñen ao Golfo por primeira vez, viñen a Kuwait,
que daquela aínda se consideraba como un lugar complicado.
En realidade,
non foi hai tanto tempo.
O caso é que
o British Council contratoume
xunto con outros 25 profesores,
e fomos os primeiros non musulmáns
que deron clase nas escolas públicas de Kuwait.
Trouxéronnos aquí para ensinar inglés
porque o goberno quería modernizar o país
e darlles máis independencia aos cidadáns mediante a educación.
E, por suposto, o Reino Unido beneficiábase
desa marabillosa riqueza petrolífera.
Vale.
Pois ese é o maior cambio que vin.
Como o ensino do inglés
se transformou
e pasou de ser unha práctica beneficiosa para ambas as partes
a ser o gran negocio internacional que é hoxe.
Xa non é simplemente unha lingua estranxeira que poñer no currículum,
nin é soamente dominio
da Nai Inglaterra.
Converteuse nunha moda
para tódolos países de fala inglesa do mundo.
E por que non?
Despois de todo, a mellor educación,
segundo os últimos ránkings mundias de universidades,
é a que ofrecen as universidades
do Reino Unido e os Estados Unidos.
Así que todo o mundo quere ter unha educación inglesa, naturalmente.
Pero, se non es un falante nativo,
tes que facer un exame.
Pero está ben
rexeitar a un estudante
xulgándoo só polo seu dominio lingüístico?
Ao mellor hai un informático
que é un xenio.
Por exemplo, necesita o mesmo nivel de lingua que un avogado?
Ben, eu creo que non.
Nós, os profesores de inglés, rexeitámolos todo o tempo.
Poñemos un sinal de stop
para que se deteñan no camiño.
Non poden seguir perseguindo os seus soños
ata que saiban inglés.
Permítanme dicilo desta forma:
se coñecese a un falante monolingüe de neerlandés
que tivese a cura para o cancro,
impediríalle entrar na miña universidade británica?
Non creo.
Pero o certo é que iso é precisamente o que estamos a facer.
Os profesores de inglés somos os porteiros,
e primeiro tedes que convencernos
de que o voso inglés é suficientemente bo.
E pode ser perigoso
outorgarlle tanto poder
a un sector da sociedade tan reducido.
Quizais a barreira sexa moi universal.
De acordo.
Pero óiovos dicir:
"E que pasa coa investigación?"
"Está todo en inglés".
Os libros están en inglés,
as publicacións edítanse en inglés,
pero isto é unha profecía en si mesma.
que alimenta os requerimentos de inglés.
E así seguen as cousas.
E eu pregúntovos, que pasou coa tradución?
Creo que sabedes que na Idade de Ouro do Islam
facíanse moitas traducións.
Traducíase do latín e o grego
para o árabe e o persa,
e despois traduciuse
para as linguas xermánicas europeas
e para as linguas romances.
E así puido haber luz nunha época escura para Europa.
Pero espero que os profesores de inglés
non me malinterpreten.
Non estou en contra do ensino do inglés.
Paréceme moi ben que haxa unha lingua global,
e hoxe necesitámola máis que nunca.
Estou en contra de usala
como barreira.
De verdade queremos acabar tendo 600 linguas
e que a máis importante delas sexa o inglés ou o chinés?
Necesitamos máis que iso. Onde poñemos o límite?
Este sistema
equipara a intelixencia
co dominio do inglés,
o que é bastante arbitrario.
(Aplausos)
E quero recordarvos
que os xigantes que sosteñen cos seus ombros
a intelectualidade de hoxe
non tiveron que estudar inglés
nin facer exames de inglés.
Poñamos por caso a Einstein,
a quen, por certo, consideraban mediocre na escola
porque era disléxico.
Por sorte para o mundo,
non tivo que facerr exames de inglés,
porque isto non se impuxo ata 1964
co TOEFL,
o exame de inglés americano.
Agora estourou a bomba
e hai moreas e moreas de exames de inglés
e millóns e millóns de estudantes
que teñen que facelos cada ano.
Pode que vós, e mais eu,
pensemos que as taxas non están tan mal,
pero o certo é que son prohibitivas
para moitos millóns de persoas pobres.
Así que estamos a rexeitar a estas persoas automaticamente.
(Aplausos)
Isto lémbrame a un titular que vin hai pouco.
"Educación: o gran divisor"
Agora o entendo.
Entendo por que a xente se centra no inglés.
Queren darlles aos seus fillos as mellores oportunidades
e, para iso, necesitan unha educación occidental.
Porque, por suposto, os mellores postos de traballo
dánselles ás persoas das universidades occidentais
que mencionaba antes.
É un círculo vicioso.
Vale.
E agora vouvos contar a historia de dous científicos.
Dous científicos ingleses.
Estaban facendo un experimento
sobre xenética
e as extemidades anteriores e posteriores dos animais,
pero non conseguían os resultados que esperaban.
Non sabían que facer
ata que chegou un científico alemán
que se decatou de que estaban a usar dúas palabras
para "extremidade anterior" e "extremidade posterior",
mentres que a xenética non as diferencia,
nin tampouco o alemán.
¡Eureka!
Problema resolto.
Se non podes chegar a un pensamento,
estás atascado.
Pero se outra lingua pode chegar a ese pensamento,
cooperando
poderíamos ter éxito e aprender moito máis.
A miña filla
foi de Kuwait a Inglaterra.
Estudiara ciencias e matemáticas en árabe.
Nun instituto árabe.
Tiña que traducir todo para o inglés nas súas clases de gramática
e foi a mellor da súa clase
nesas materias.
Isto demostra
que cando veñen estudantes de fóra
quizais non lle demos suficiente valor
ao que saben,
cando o saben na súa propia lingua.
Cando unha lingua morre
non sabemos o que perdemos con ela.
Non sei se viron a cadena CNN ultimamente:
Déronlle un premio
a un rapaz pastor de Kenia
que non podía estudar á noite na súa aldea
como o resto de nenos da aldea,
porque a lámpada de queroseno
botaba fume e lastimáballe os ollos.
E, de tódolos xeitos, nunca tiña suficiente queroseno,
porque que se pode comprar cun dólar ao día?
Así que este rapaz
inventou unha lámpara solar,
e agora os rapaces da súa aldea
teñen as mesmas notas
que os nenos que teñen electricidade na casa.
(Aplausos)
Cando lle deron o premio
pronunciou estas fermosas palabras:
"Os nenos poden convertir a África de hoxendía,
un continente escuro,
nun continente de luz".
Unha idea simple,
pero que pode ter consecuencias moi importantes.
A xente que non ten luz,
ben sexa real ou metafórica,
non pode facer exames,
e nunca poderemos saber o que esa xente sabe.
Non deberiamos deixalos a eles nin a nós mesmos,
nesa escuridade.
Deberíamos aledarnos da diversidade.
Sede conscientes da vosa propia lingua
e usádea para estender grandes ideas.
(Aplausos)
Moitas grazas.
(Aplausos)