1 00:00:01,000 --> 00:00:03,000 Xa sei o que estades a pensar. 2 00:00:03,000 --> 00:00:05,000 Pensades que me perdín 3 00:00:05,000 --> 00:00:07,000 e que alguén vai subir a este escenario agora mesmo 4 00:00:07,000 --> 00:00:09,000 e levarme ata o meu sitio amablemente. 5 00:00:09,000 --> 00:00:15,000 (Aplausos) 6 00:00:15,000 --> 00:00:18,000 En Dubai, sempre me pasa o mesmo. 7 00:00:18,000 --> 00:00:20,000 "Está aquí de vacacións, non?" 8 00:00:20,000 --> 00:00:22,000 (Risos) 9 00:00:22,000 --> 00:00:25,000 "Veu visita-los seus fillos? 10 00:00:25,000 --> 00:00:27,000 Canto tempo vai quedar aquí?" 11 00:00:27,000 --> 00:00:30,000 Pois o certo é que espero quedar bastante tempo, 12 00:00:30,000 --> 00:00:33,000 porque vivo e imparto clases no Golfo 13 00:00:33,000 --> 00:00:35,000 dende hai máis de 30 anos. 14 00:00:35,000 --> 00:00:39,000 (Aplausos) 15 00:00:39,000 --> 00:00:43,000 E, en todo este tempo, vin moitos cambios. 16 00:00:43,000 --> 00:00:45,000 Agora as estatísticas 17 00:00:45,000 --> 00:00:47,000 son bastante sorprendentes. 18 00:00:47,000 --> 00:00:49,000 Hoxe quero falarvos 19 00:00:49,000 --> 00:00:51,000 sobre a desaparición das linguas 20 00:00:51,000 --> 00:00:54,000 e a globalización do inglés. 21 00:00:54,000 --> 00:00:56,000 Quero falarvos dunha amiga miña 22 00:00:56,000 --> 00:00:59,000 que ensinaba inglés para adultos en Abu Dhabi. 23 00:00:59,000 --> 00:01:01,000 Un bo día, 24 00:01:01,000 --> 00:01:03,000 decidiu levalos ao xardín 25 00:01:03,000 --> 00:01:05,000 para ensinarlles vocabulario sobre a natureza. 26 00:01:05,000 --> 00:01:07,000 Pero foi ela quen terminou aprendendo 27 00:01:07,000 --> 00:01:09,000 tódolos nombes árabes das plantas locais, 28 00:01:09,000 --> 00:01:11,000 e tamén os seus usos: 29 00:01:11,000 --> 00:01:14,000 medicina, cosmética, 30 00:01:14,000 --> 00:01:17,000 cociña, herboristería. 31 00:01:17,000 --> 00:01:19,000 Como tiñan eses estudantes tantos coñecementos? 32 00:01:19,000 --> 00:01:21,000 Por suposto, grazas aos seus pais 33 00:01:21,000 --> 00:01:24,000 e incluso aos seus avós. 34 00:01:24,000 --> 00:01:27,000 Non fai falla que vos diga o importante que é 35 00:01:27,000 --> 00:01:29,000 a comunicación 36 00:01:29,000 --> 00:01:31,000 entre distintas xeracións. 37 00:01:31,000 --> 00:01:33,000 Pero, por desgraza, actualmente 38 00:01:33,000 --> 00:01:35,000 as linguas morren 39 00:01:35,000 --> 00:01:37,000 a un ritmo sen precedentes. 40 00:01:37,000 --> 00:01:40,000 Unha lingua morre cada 14 días. 41 00:01:41,000 --> 00:01:43,000 E, ao mesmo tempo, 42 00:01:43,000 --> 00:01:45,000 o inglés é indiscutiblemente a lingua global. 43 00:01:45,000 --> 00:01:47,000 Podería haber algunha relación? 44 00:01:47,000 --> 00:01:49,000 Non o sei. 45 00:01:49,000 --> 00:01:52,000 Pero o que si sei é que vin moitos cambios. 46 00:01:52,000 --> 00:01:55,000 Cando viñen ao Golfo por primeira vez, viñen a Kuwait, 47 00:01:55,000 --> 00:01:58,000 que daquela aínda se consideraba como un lugar complicado. 48 00:01:58,000 --> 00:02:00,000 En realidade, 49 00:02:00,000 --> 00:02:03,000 non foi hai tanto tempo. 50 00:02:03,000 --> 00:02:05,000 O caso é que 51 00:02:05,000 --> 00:02:07,000 o British Council contratoume 52 00:02:07,000 --> 00:02:09,000 xunto con outros 25 profesores, 53 00:02:09,000 --> 00:02:11,000 e fomos os primeiros non musulmáns 54 00:02:11,000 --> 00:02:14,000 que deron clase nas escolas públicas de Kuwait. 55 00:02:14,000 --> 00:02:16,000 Trouxéronnos aquí para ensinar inglés 56 00:02:16,000 --> 00:02:20,000 porque o goberno quería modernizar o país 57 00:02:20,000 --> 00:02:23,000 e darlles máis independencia aos cidadáns mediante a educación. 58 00:02:23,000 --> 00:02:25,000 E, por suposto, o Reino Unido beneficiábase 59 00:02:25,000 --> 00:02:28,000 desa marabillosa riqueza petrolífera. 60 00:02:28,000 --> 00:02:30,000 Vale. 61 00:02:30,000 --> 00:02:33,000 Pois ese é o maior cambio que vin. 62 00:02:33,000 --> 00:02:35,000 Como o ensino do inglés 63 00:02:35,000 --> 00:02:37,000 se transformou 64 00:02:37,000 --> 00:02:41,000 e pasou de ser unha práctica beneficiosa para ambas as partes 65 00:02:41,000 --> 00:02:44,000 a ser o gran negocio internacional que é hoxe. 66 00:02:44,000 --> 00:02:48,000 Xa non é simplemente unha lingua estranxeira que poñer no currículum, 67 00:02:48,000 --> 00:02:50,000 nin é soamente dominio 68 00:02:50,000 --> 00:02:52,000 da Nai Inglaterra. 69 00:02:52,000 --> 00:02:54,000 Converteuse nunha moda 70 00:02:54,000 --> 00:02:57,000 para tódolos países de fala inglesa do mundo. 71 00:02:57,000 --> 00:02:59,000 E por que non? 72 00:02:59,000 --> 00:03:02,000 Despois de todo, a mellor educación, 73 00:03:02,000 --> 00:03:05,000 segundo os últimos ránkings mundias de universidades, 74 00:03:05,000 --> 00:03:07,000 é a que ofrecen as universidades 75 00:03:07,000 --> 00:03:11,000 do Reino Unido e os Estados Unidos. 76 00:03:11,000 --> 00:03:15,000 Así que todo o mundo quere ter unha educación inglesa, naturalmente. 77 00:03:15,000 --> 00:03:17,000 Pero, se non es un falante nativo, 78 00:03:17,000 --> 00:03:19,000 tes que facer un exame. 79 00:03:19,000 --> 00:03:21,000 Pero está ben 80 00:03:21,000 --> 00:03:23,000 rexeitar a un estudante 81 00:03:23,000 --> 00:03:25,000 xulgándoo só polo seu dominio lingüístico? 82 00:03:25,000 --> 00:03:27,000 Ao mellor hai un informático 83 00:03:27,000 --> 00:03:29,000 que é un xenio. 84 00:03:29,000 --> 00:03:32,000 Por exemplo, necesita o mesmo nivel de lingua que un avogado? 85 00:03:32,000 --> 00:03:35,000 Ben, eu creo que non. 86 00:03:36,000 --> 00:03:39,000 Nós, os profesores de inglés, rexeitámolos todo o tempo. 87 00:03:39,000 --> 00:03:41,000 Poñemos un sinal de stop 88 00:03:41,000 --> 00:03:43,000 para que se deteñan no camiño. 89 00:03:43,000 --> 00:03:45,000 Non poden seguir perseguindo os seus soños 90 00:03:45,000 --> 00:03:48,000 ata que saiban inglés. 91 00:03:49,000 --> 00:03:52,000 Permítanme dicilo desta forma: 92 00:03:52,000 --> 00:03:56,000 se coñecese a un falante monolingüe de neerlandés 93 00:03:56,000 --> 00:03:58,000 que tivese a cura para o cancro, 94 00:03:58,000 --> 00:04:01,000 impediríalle entrar na miña universidade británica? 95 00:04:01,000 --> 00:04:03,000 Non creo. 96 00:04:03,000 --> 00:04:06,000 Pero o certo é que iso é precisamente o que estamos a facer. 97 00:04:06,000 --> 00:04:09,000 Os profesores de inglés somos os porteiros, 98 00:04:09,000 --> 00:04:12,000 e primeiro tedes que convencernos 99 00:04:12,000 --> 00:04:15,000 de que o voso inglés é suficientemente bo. 100 00:04:16,000 --> 00:04:18,000 E pode ser perigoso 101 00:04:18,000 --> 00:04:21,000 outorgarlle tanto poder 102 00:04:21,000 --> 00:04:23,000 a un sector da sociedade tan reducido. 103 00:04:23,000 --> 00:04:26,000 Quizais a barreira sexa moi universal. 104 00:04:26,000 --> 00:04:28,000 De acordo. 105 00:04:28,000 --> 00:04:31,000 Pero óiovos dicir: 106 00:04:31,000 --> 00:04:33,000 "E que pasa coa investigación?" 107 00:04:33,000 --> 00:04:35,000 "Está todo en inglés". 108 00:04:35,000 --> 00:04:37,000 Os libros están en inglés, 109 00:04:37,000 --> 00:04:39,000 as publicacións edítanse en inglés, 110 00:04:39,000 --> 00:04:42,000 pero isto é unha profecía en si mesma. 111 00:04:42,000 --> 00:04:44,000 que alimenta os requerimentos de inglés. 112 00:04:44,000 --> 00:04:46,000 E así seguen as cousas. 113 00:04:46,000 --> 00:04:49,000 E eu pregúntovos, que pasou coa tradución? 114 00:04:49,000 --> 00:04:53,000 Creo que sabedes que na Idade de Ouro do Islam 115 00:04:53,000 --> 00:04:56,000 facíanse moitas traducións. 116 00:04:56,000 --> 00:04:59,000 Traducíase do latín e o grego 117 00:04:59,000 --> 00:05:01,000 para o árabe e o persa, 118 00:05:01,000 --> 00:05:03,000 e despois traduciuse 119 00:05:03,000 --> 00:05:05,000 para as linguas xermánicas europeas 120 00:05:05,000 --> 00:05:07,000 e para as linguas romances. 121 00:05:07,000 --> 00:05:11,000 E así puido haber luz nunha época escura para Europa. 122 00:05:12,000 --> 00:05:14,000 Pero espero que os profesores de inglés 123 00:05:14,000 --> 00:05:16,000 non me malinterpreten. 124 00:05:16,000 --> 00:05:18,000 Non estou en contra do ensino do inglés. 125 00:05:18,000 --> 00:05:20,000 Paréceme moi ben que haxa unha lingua global, 126 00:05:20,000 --> 00:05:23,000 e hoxe necesitámola máis que nunca. 127 00:05:23,000 --> 00:05:25,000 Estou en contra de usala 128 00:05:25,000 --> 00:05:27,000 como barreira. 129 00:05:27,000 --> 00:05:30,000 De verdade queremos acabar tendo 600 linguas 130 00:05:30,000 --> 00:05:33,000 e que a máis importante delas sexa o inglés ou o chinés? 131 00:05:33,000 --> 00:05:36,000 Necesitamos máis que iso. Onde poñemos o límite? 132 00:05:36,000 --> 00:05:38,000 Este sistema 133 00:05:38,000 --> 00:05:41,000 equipara a intelixencia 134 00:05:41,000 --> 00:05:44,000 co dominio do inglés, 135 00:05:44,000 --> 00:05:46,000 o que é bastante arbitrario. 136 00:05:46,000 --> 00:05:52,000 (Aplausos) 137 00:05:52,000 --> 00:05:54,000 E quero recordarvos 138 00:05:54,000 --> 00:05:57,000 que os xigantes que sosteñen cos seus ombros 139 00:05:57,000 --> 00:05:59,000 a intelectualidade de hoxe 140 00:05:59,000 --> 00:06:01,000 non tiveron que estudar inglés 141 00:06:01,000 --> 00:06:03,000 nin facer exames de inglés. 142 00:06:03,000 --> 00:06:06,000 Poñamos por caso a Einstein, 143 00:06:07,000 --> 00:06:10,000 a quen, por certo, consideraban mediocre na escola 144 00:06:10,000 --> 00:06:12,000 porque era disléxico. 145 00:06:12,000 --> 00:06:14,000 Por sorte para o mundo, 146 00:06:14,000 --> 00:06:17,000 non tivo que facerr exames de inglés, 147 00:06:17,000 --> 00:06:20,000 porque isto non se impuxo ata 1964 148 00:06:20,000 --> 00:06:22,000 co TOEFL, 149 00:06:22,000 --> 00:06:24,000 o exame de inglés americano. 150 00:06:24,000 --> 00:06:26,000 Agora estourou a bomba 151 00:06:26,000 --> 00:06:29,000 e hai moreas e moreas de exames de inglés 152 00:06:29,000 --> 00:06:31,000 e millóns e millóns de estudantes 153 00:06:31,000 --> 00:06:33,000 que teñen que facelos cada ano. 154 00:06:33,000 --> 00:06:35,000 Pode que vós, e mais eu, 155 00:06:35,000 --> 00:06:37,000 pensemos que as taxas non están tan mal, 156 00:06:37,000 --> 00:06:39,000 pero o certo é que son prohibitivas 157 00:06:39,000 --> 00:06:41,000 para moitos millóns de persoas pobres. 158 00:06:41,000 --> 00:06:43,000 Así que estamos a rexeitar a estas persoas automaticamente. 159 00:06:43,000 --> 00:06:46,000 (Aplausos) 160 00:06:46,000 --> 00:06:49,000 Isto lémbrame a un titular que vin hai pouco. 161 00:06:49,000 --> 00:06:51,000 "Educación: o gran divisor" 162 00:06:51,000 --> 00:06:53,000 Agora o entendo. 163 00:06:53,000 --> 00:06:56,000 Entendo por que a xente se centra no inglés. 164 00:06:56,000 --> 00:06:59,000 Queren darlles aos seus fillos as mellores oportunidades 165 00:07:00,000 --> 00:07:03,000 e, para iso, necesitan unha educación occidental. 166 00:07:03,000 --> 00:07:05,000 Porque, por suposto, os mellores postos de traballo 167 00:07:05,000 --> 00:07:08,000 dánselles ás persoas das universidades occidentais 168 00:07:08,000 --> 00:07:10,000 que mencionaba antes. 169 00:07:10,000 --> 00:07:12,000 É un círculo vicioso. 170 00:07:12,000 --> 00:07:14,000 Vale. 171 00:07:14,000 --> 00:07:16,000 E agora vouvos contar a historia de dous científicos. 172 00:07:16,000 --> 00:07:18,000 Dous científicos ingleses. 173 00:07:18,000 --> 00:07:20,000 Estaban facendo un experimento 174 00:07:20,000 --> 00:07:22,000 sobre xenética 175 00:07:22,000 --> 00:07:25,000 e as extemidades anteriores e posteriores dos animais, 176 00:07:25,000 --> 00:07:27,000 pero non conseguían os resultados que esperaban. 177 00:07:27,000 --> 00:07:29,000 Non sabían que facer 178 00:07:29,000 --> 00:07:32,000 ata que chegou un científico alemán 179 00:07:32,000 --> 00:07:35,000 que se decatou de que estaban a usar dúas palabras 180 00:07:35,000 --> 00:07:37,000 para "extremidade anterior" e "extremidade posterior", 181 00:07:37,000 --> 00:07:41,000 mentres que a xenética non as diferencia, 182 00:07:41,000 --> 00:07:43,000 nin tampouco o alemán. 183 00:07:43,000 --> 00:07:45,000 ¡Eureka! 184 00:07:45,000 --> 00:07:47,000 Problema resolto. 185 00:07:47,000 --> 00:07:49,000 Se non podes chegar a un pensamento, 186 00:07:49,000 --> 00:07:52,000 estás atascado. 187 00:07:52,000 --> 00:07:54,000 Pero se outra lingua pode chegar a ese pensamento, 188 00:07:54,000 --> 00:07:56,000 cooperando 189 00:07:56,000 --> 00:07:59,000 poderíamos ter éxito e aprender moito máis. 190 00:08:01,000 --> 00:08:03,000 A miña filla 191 00:08:03,000 --> 00:08:06,000 foi de Kuwait a Inglaterra. 192 00:08:06,000 --> 00:08:09,000 Estudiara ciencias e matemáticas en árabe. 193 00:08:09,000 --> 00:08:12,000 Nun instituto árabe. 194 00:08:12,000 --> 00:08:15,000 Tiña que traducir todo para o inglés nas súas clases de gramática 195 00:08:15,000 --> 00:08:17,000 e foi a mellor da súa clase 196 00:08:17,000 --> 00:08:19,000 nesas materias. 197 00:08:19,000 --> 00:08:21,000 Isto demostra 198 00:08:21,000 --> 00:08:23,000 que cando veñen estudantes de fóra 199 00:08:23,000 --> 00:08:25,000 quizais non lle demos suficiente valor 200 00:08:25,000 --> 00:08:27,000 ao que saben, 201 00:08:27,000 --> 00:08:30,000 cando o saben na súa propia lingua. 202 00:08:30,000 --> 00:08:32,000 Cando unha lingua morre 203 00:08:32,000 --> 00:08:35,000 non sabemos o que perdemos con ela. 204 00:08:35,000 --> 00:08:39,000 Non sei se viron a cadena CNN ultimamente: 205 00:08:39,000 --> 00:08:41,000 Déronlle un premio 206 00:08:41,000 --> 00:08:44,000 a un rapaz pastor de Kenia 207 00:08:44,000 --> 00:08:47,000 que non podía estudar á noite na súa aldea 208 00:08:47,000 --> 00:08:49,000 como o resto de nenos da aldea, 209 00:08:49,000 --> 00:08:51,000 porque a lámpada de queroseno 210 00:08:51,000 --> 00:08:53,000 botaba fume e lastimáballe os ollos. 211 00:08:53,000 --> 00:08:56,000 E, de tódolos xeitos, nunca tiña suficiente queroseno, 212 00:08:56,000 --> 00:08:59,000 porque que se pode comprar cun dólar ao día? 213 00:08:59,000 --> 00:09:01,000 Así que este rapaz 214 00:09:01,000 --> 00:09:04,000 inventou unha lámpara solar, 215 00:09:04,000 --> 00:09:06,000 e agora os rapaces da súa aldea 216 00:09:06,000 --> 00:09:08,000 teñen as mesmas notas 217 00:09:08,000 --> 00:09:12,000 que os nenos que teñen electricidade na casa. 218 00:09:12,000 --> 00:09:18,000 (Aplausos) 219 00:09:18,000 --> 00:09:20,000 Cando lle deron o premio 220 00:09:20,000 --> 00:09:22,000 pronunciou estas fermosas palabras: 221 00:09:22,000 --> 00:09:25,000 "Os nenos poden convertir a África de hoxendía, 222 00:09:25,000 --> 00:09:27,000 un continente escuro, 223 00:09:27,000 --> 00:09:29,000 nun continente de luz". 224 00:09:29,000 --> 00:09:31,000 Unha idea simple, 225 00:09:31,000 --> 00:09:34,000 pero que pode ter consecuencias moi importantes. 226 00:09:35,000 --> 00:09:37,000 A xente que non ten luz, 227 00:09:37,000 --> 00:09:40,000 ben sexa real ou metafórica, 228 00:09:40,000 --> 00:09:43,000 non pode facer exames, 229 00:09:43,000 --> 00:09:46,000 e nunca poderemos saber o que esa xente sabe. 230 00:09:46,000 --> 00:09:49,000 Non deberiamos deixalos a eles nin a nós mesmos, 231 00:09:49,000 --> 00:09:51,000 nesa escuridade. 232 00:09:51,000 --> 00:09:54,000 Deberíamos aledarnos da diversidade. 233 00:09:54,000 --> 00:09:57,000 Sede conscientes da vosa propia lingua 234 00:09:57,000 --> 00:10:01,000 e usádea para estender grandes ideas. 235 00:10:01,000 --> 00:10:08,000 (Aplausos) 236 00:10:08,000 --> 00:10:10,000 Moitas grazas. 237 00:10:10,000 --> 00:10:13,000 (Aplausos)