Que se pode facer para previr o alzhéimer
-
0:01 - 0:05A canta xente de aquí lle gustaría vivir
ata ter polo menos 80 anos? -
0:06 - 0:07Si.
-
0:08 - 0:10Penso que todos temos esta esperanza
-
0:10 - 0:12de vivir ata a vellez.
-
0:13 - 0:15Imos proxectarnos no futuro,
-
0:15 - 0:16nos "vostedes" futuros,
-
0:17 - 0:19e imos imaxinar que todos temos 85 anos.
-
0:20 - 0:22Agora mírense uns aos outros.
-
0:23 - 0:27Un de vostedes
probablemente terá alzhéimer. -
0:27 - 0:29(Risos)
-
0:31 - 0:32Vale, vale.
-
0:33 - 0:37E se cadra están a pensar:
"Ben, non serei eu". -
0:37 - 0:41Entón é vostede un coidador.
-
0:41 - 0:42Así que...
-
0:43 - 0:45(Risos)
-
0:45 - 0:47dalgún xeito,
-
0:47 - 0:50esta terrible doenza
é probable que nos afecte a todos. -
0:51 - 0:54Parte do medo que rodea o alzhéimer
provén da idea -
0:54 - 0:56de que non hai nada que poidamos facer.
-
0:56 - 1:02Malia décadas de investigación, aínda
non temos tratamento contra esta doenza -
1:02 - 1:03nin curación.
-
1:03 - 1:06Se temos sorte dabondo
para vivirmos moitos anos, -
1:06 - 1:09parece que o alzhéimer
será o destino do noso cerebro. -
1:09 - 1:11Mais se cadra non ten por que ser.
-
1:12 - 1:15E se lles digo que podemos
mudar as estatísticas, -
1:15 - 1:18literalmente mudar o destino
do noso cerebro, -
1:18 - 1:21sen depender dunha curación
ou dos avances da medicina? -
1:22 - 1:25Comecemos por revisar
o que se sabe actualmente -
1:25 - 1:27sobre a neurociencia do alzhéimer.
-
1:28 - 1:31Aquí teñen un debuxo
de dúas neuronas conectadas. -
1:31 - 1:34O punto de conexión,
este espazo cun círculo vermello, -
1:34 - 1:36chámase sinapse.
-
1:36 - 1:39A sinapse é onde se liberan
os neurotransmisores. -
1:39 - 1:43Aquí é onde se transmiten os sinais,
onde se produce a comunicación. -
1:43 - 1:48Aquí é onde pensamos,
sentimos, vemos, oímos, desexamos... -
1:48 - 1:50e lembramos.
-
1:50 - 1:53E na sinapse
é onde se produce o alzhéimer. -
1:53 - 1:55Imos ampliar a sinapse
-
1:55 - 1:58e mirar unha representación con debuxos
do que acontece. -
1:59 - 2:01Durante o proceso
de comunicación da información, -
2:01 - 2:05ademais de liberar neurotransmisores
coma o glutamato na sinapse, -
2:05 - 2:10as neuronas tamén liberan
un pequeno péptido chamado amiloide beta. -
2:11 - 2:16Normalmente o amiloide beta elimínase
metabolizado polas microglías, -
2:16 - 2:18as células conserxe do noso cerebro.
-
2:18 - 2:22Mentres que aínda están en debate
as causas moleculares do alzhéimer, -
2:22 - 2:26a maioría dos neurocientíficos cre
que a doenza comeza -
2:26 - 2:28cando os amiloides beta empezan
a se acumularen. -
2:29 - 2:32Libéranse demasiados
ou non se eliminan os suficientes, -
2:32 - 2:35e a sinapse comeza
a acumular amiloides beta. -
2:35 - 2:37Cando acontece isto, únense a si mesmos,
-
2:37 - 2:41formando adherencias
chamadas placas amiloides. -
2:42 - 2:45Canta xente de aquí ten 40 anos ou máis?
-
2:45 - 2:47Teñen medo de recoñecelo agora.
-
2:48 - 2:50Este paso inicial da doenza,
-
2:50 - 2:53esta presenza de placas amiloides
que se acumulan, -
2:53 - 2:56xa se pode atopar nos seus cerebros.
-
2:56 - 3:00O único xeito de estarmos seguros disto
sería facer un escáner TEP, -
3:00 - 3:03porque neste momento
vivimos nunha feliz ignorancia. -
3:04 - 3:07Non amosamos ningunha deterioración
da memoria, linguaxe ou coñecemento... -
3:08 - 3:09aínda.
-
3:09 - 3:14Pensamos que se tarda entre 15 e 20 anos
en acumular placa amiloide -
3:14 - 3:16antes de que alcance o punto crítico,
-
3:16 - 3:19logo desencadea un cadoiro molecular
-
3:19 - 3:21que provoca os síntomas da doenza.
-
3:22 - 3:23Antes do punto crítico,
-
3:24 - 3:26os lapsos da memoria
poden incluír cousas coma: -
3:27 - 3:29"Por que entrei neste cuarto?"
-
3:30 - 3:32ou "Oh... Como se chama?"
-
3:32 - 3:35ou "Onde botei as chaves?"
-
3:36 - 3:38Agora, antes de que todos
se asusten de novo -
3:38 - 3:43(porque sei que polo menos a metade
tivo algún destes nas últimas 24 horas) -
3:44 - 3:46trátase de esquecementos normais.
-
3:47 - 3:49De feito, eu sostería que estes exemplos
-
3:49 - 3:51poderían non involucrar a súa memoria,
-
3:51 - 3:54porque non prestou atención
a onde botou as chaves -
3:54 - 3:55en primeiro lugar.
-
3:55 - 3:57Tras o punto crítico,
-
3:57 - 4:00os problemas de memoria,
linguaxe e coñecemento son diferentes. -
4:01 - 4:04No canto de atopar as chaves
no peto do abrigo -
4:04 - 4:06ou na mesa que está onda a porta,
-
4:06 - 4:08atópaas no frigorífico,
-
4:08 - 4:10ou atópaas e pensa:
-
4:10 - 4:12"Isto para que é?"
-
4:13 - 4:18Que acontece cando as placas amiloides
se acumulan ata este punto crítico? -
4:18 - 4:21As nosas células conserxe microglías
tórnanse hiperactivas -
4:21 - 4:25e liberan substancias químicas que causan
dano celular e inflamación. -
4:26 - 4:28Pensamos que poderían en realidade
comezar a eliminar -
4:28 - 4:30a sinapses elas mesmas.
-
4:30 - 4:35Unha proteína neurotransportadora crucial
denominada "tau" vólvese hiperfosforilada -
4:35 - 4:37e retórcese
en vultos denominados "nobelos", -
4:37 - 4:40que cortan as neuronas
desde o interior. -
4:41 - 4:44Na fase intermedia do alzhéimer,
temos inflamación masiva e nobelos, -
4:44 - 4:46unha guerra sen cuartel na sinapse
-
4:46 - 4:48e morte celular.
-
4:48 - 4:51Se vostede fose un científico
que tenta curar esta doenza, -
4:51 - 4:54cal sería o punto ideal
no que desexaría intervir? -
4:55 - 4:59Moitos científicos están apostando alto
pola solución máis simple: -
4:59 - 5:03manter as placas amiloides
lonxe de alcanzar o punto crítico, -
5:03 - 5:07polo que a investigación farmacéutica
céntrase en desenvolver un composto -
5:07 - 5:12que evite, elimine ou reduza
a acumulación de placa amiloide. -
5:13 - 5:18Así que a cura do alzhéimer probablemente
será a medicina preventiva. -
5:18 - 5:22Imos ter que tomar esta pastilla
antes de alcanzar o punto crítico, -
5:22 - 5:24antes de que se desencadee o cadoiro,
-
5:24 - 5:27antes de que empecemos a deixar
as chaves no frigorífico. -
5:27 - 5:31Pensamos que esta é a razón de que,
ata agora, fallasen este tipo de fármacos -
5:31 - 5:32en ensaios clínicos...
-
5:32 - 5:35non por non contar cunha ciencia sólida
-
5:35 - 5:39senón porque as persoas destes ensaios
xa manifestaban síntomas. -
5:39 - 5:41Era demasiado tarde.
-
5:41 - 5:44Imaxinen que as placas amiloides
son mistos acendidos. -
5:44 - 5:47No punto crítico,
o misto incendia o monte. -
5:48 - 5:50Cando o monte está a arder,
-
5:50 - 5:52non serve de nada
soprarlle ao misto. -
5:52 - 5:56Hai que soprarlle ao misto
antes de que o monte se incendie. -
5:56 - 5:59Incluso antes de que os científicos
o solucionen, -
5:59 - 6:01esta información en realidade
son boas novas para nós, -
6:01 - 6:05porque resulta que o noso xeito de vivir
pode ter influencia sobre a acumulación -
6:05 - 6:06de placas amiloides.
-
6:06 - 6:08Así que podemos facer algo
-
6:08 - 6:11para estarmos lonxe de alcanzar
o punto crítico. -
6:11 - 6:15Poñamos o risco de que sufran alzhéimer
coma nunha balanza. -
6:15 - 6:17Imos acumular factores de risco nun brazo
-
6:17 - 6:20e, cando ese brazo choque no chan,
vostede ten síntomas -
6:20 - 6:22e diagnostícanlle alzhéimer.
-
6:22 - 6:25Imaxine que ten 50 anos.
-
6:25 - 6:27xa non é un rapaz,
-
6:27 - 6:30así que leva acumuladas
placas amiloides coa idade. -
6:30 - 6:32A súa balanza inclínase un pouquiño.
-
6:32 - 6:34Agora observemos o seu ADN.
-
6:35 - 6:38Herdamos os nosos xenes
das nosas nais e dos nosos pais. -
6:38 - 6:42Algúns destes xenes aumentarán o risco
e outros diminuirano. -
6:42 - 6:44Se vostede é como Alice en Still Alice,
-
6:44 - 6:49herdou unha mutación xenética rara
que produce amiloides beta, -
6:49 - 6:53e isto só inclinará
a súa balanza ata o chan. -
6:53 - 6:57Pero na maioría de nós, os xenes herdados
só inclinarán un pouco o brazo. -
6:57 - 7:02Por exemplo, o APOE4 é unha variante
xenética que aumenta o amiloide, -
7:02 - 7:05pero pódese herdar unha copia da APOE4
da nai e do pai -
7:05 - 7:07e nunca ter alzhéimer,
-
7:07 - 7:09o que significa que na maioría de nós
-
7:09 - 7:13o noso ADN só non determina
se imos padecer alzhéimer. -
7:14 - 7:15Entón que o determina?
-
7:15 - 7:19Non podemos evitar envellecer
nin os xenes que herdamos. -
7:19 - 7:22Ata agora, non cambiamos
o destino do noso cerebro. -
7:23 - 7:25Que pasa co sono?
-
7:25 - 7:29No sono profundo, as nosas células gliais
limpan o fluído espinal cerebral -
7:29 - 7:31por todo o cerebro,
-
7:31 - 7:34eliminando os refugallos metabólicos
que se acumulan nas nosas sinapses -
7:34 - 7:36mentres estamos espertos.
-
7:36 - 7:39O sono profundo é coma
un potente limpador para o cerebro. -
7:40 - 7:43Pero que ocorre se non se aproveita
ben o sono? -
7:43 - 7:45Moitos científicos cren
-
7:45 - 7:49que unha mala hixiene de sono pode
realmente predicir o alzhéimer. -
7:50 - 7:55Unha soa noite de privación do sono
provoca un incremento de amiloides beta. -
7:55 - 7:59E demostrouse que
a acumulación de amiloides altera o sono, -
7:59 - 8:01que á súa vez provoca
máis acumulación de amiloides. -
8:01 - 8:04Entón agora temos
esta retroalimentación positiva -
8:04 - 8:07que vai acelerar a inclinación da balanza.
-
8:07 - 8:09Que máis?
-
8:09 - 8:10Saúde cardiovascular.
-
8:11 - 8:15Tensión arterial alta, diabetes,
obesidade, tabaquismo e colesterol alto... -
8:15 - 8:19está demostrado que incrementan
o noso risco de padecer alzhéimer. -
8:19 - 8:21Algunhas autopsias demostraron
-
8:21 - 8:24que un 80 por cento
de persoas con alzhéimer -
8:24 - 8:26tamén ten trastornos cardiovasculares.
-
8:26 - 8:31Moitos estudos demostraron que o exercicio
aeróbico diminúe os amiloides beta -
8:31 - 8:33en modelos animais da doenza.
-
8:34 - 8:37Así que o estilo de vida e a dieta
mediterránea, saudable para o corazón, -
8:37 - 8:40poden axudar a contrarrestar
a inclinación da balanza. -
8:41 - 8:43Así que hai moitas cousas
que podemos facer -
8:43 - 8:45para previr ou atrasar
a aparición do alzhéimer. -
8:45 - 8:48Pero poñamos que
non fixeron nada diso. -
8:48 - 8:51Digamos que teñen 65 anos;
-
8:51 - 8:54hai alzhéimer na súa familia, así que
é probable que herdasen un xene ou dous -
8:54 - 8:56que inclina o brazo da balanza un pouco;
-
8:56 - 8:59estiveron anos queimando a candea
polos dous extremos; -
8:59 - 9:01encántalles o touciño;
-
9:01 - 9:03e non corren a non ser que
alguén os persiga. -
9:03 - 9:04(Risos)
-
9:04 - 9:08Imaxinemos que as súas placas amiloides
alcanzaron o punto crítico. -
9:08 - 9:10O brazo da balanza chegou ata o chan.
-
9:10 - 9:12Desencadeouse o cadoiro,
-
9:12 - 9:13prendeu lume no monte,
-
9:13 - 9:16provocando inflamación, nobelos
e morte celular. -
9:17 - 9:20Deben ter síntomas de alzhéimer.
-
9:20 - 9:23Deben ter problemas
para atopar palabras e as chaves -
9:23 - 9:26e lembrar o que dixen
ao comezo desta charla. -
9:27 - 9:29Pero poida que non.
-
9:29 - 9:32Hai unha cousa máis que poden facer
para se protexer -
9:32 - 9:34de experimentar
os síntomas do alzhéimer, -
9:34 - 9:39mesmo se teñen toda a patoloxía
da doenza desencadeada no seu cerebro. -
9:39 - 9:43Ten que ver coa neuroplasticidade
e a reserva cognitiva. -
9:43 - 9:46Lembren que a experiencia
de padecer alzhéimer -
9:46 - 9:49é o resultado final da perda de sinapses.
-
9:49 - 9:53Un cerebro medio ten
máis de cen billóns de sinapses, -
9:53 - 9:55o que é fantástico;
temos moito co que traballar. -
9:55 - 9:57E non se trata dun número estático.
-
9:57 - 10:00Gañamos e perdemos sinapses continuamente,
-
10:00 - 10:02a través dun proceso
denominado neuroplasticidade. -
10:02 - 10:04Cada vez que aprendemos algo novo,
-
10:05 - 10:09estamos a crear e fortalecer
novas conexións neurais, -
10:09 - 10:10novas sinapses.
-
10:11 - 10:13Nun estudo con monxas,
-
10:13 - 10:17678 monxas, todas de máis de 75 anos
cando comezou o estudo, -
10:18 - 10:20sometéronse a un seguimento
durante máis de dúas décadas. -
10:20 - 10:23Facíanlles regularmente
revisións físicas e tests cognitivos, -
10:23 - 10:27e cando faleceron, doaron os cerebros
para realizar unha autopsia. -
10:27 - 10:32Nalgúns destes cerebros, os científicos
descubriron algo sorprendente. -
10:32 - 10:36Malia a presenza de placas,
nobelos e perda cerebral, -
10:36 - 10:39o que semellaba ser alzhéimer
de xeito incuestionable, -
10:39 - 10:43as monxas ás que pertencían eses cerebros
non manifestaban signos -
10:43 - 10:46de padecer a doenza
mentres estaban vivas. -
10:46 - 10:48Como é posible?
-
10:48 - 10:52Pensamos que se debe a que estas monxas
tiñan un alto nivel de reserva cognitiva, -
10:52 - 10:56que é un xeito de dicir que tiñan
máis sinapses funcionais. -
10:56 - 10:59As persoas que teñen máis anos
de formación académica, -
10:59 - 11:01que teñen un alto grao de alfabetización,
-
11:01 - 11:05que se implican habitualmente
en actividades que estimulan a mente, -
11:05 - 11:07dispoñen de máis reserva cognitiva.
-
11:07 - 11:11Teñen unha abundancia
e redundancia de conexións neurais. -
11:11 - 11:14Así que aínda que teñan unha doenza
coma o alzhéimer, -
11:14 - 11:16que afecta algunhas das súas sinapses,
-
11:16 - 11:19teñen moitas conexións extra de reserva,
-
11:19 - 11:22e isto protéxeas de notar
que existe unha perda. -
11:23 - 11:25Imaxinemos un exemplo simplificado.
-
11:25 - 11:28Poñamos que só saben unha cousa
sobre un tema. -
11:28 - 11:30Digamos que é sobre min.
-
11:30 - 11:32Saben que Lisa Genova
escribiu Still Alice, -
11:32 - 11:34e iso é o único que saben sobre min.
-
11:34 - 11:37Teñen esa única conexión neural,
-
11:37 - 11:39esa única sinapse.
-
11:39 - 11:41Agora imaxinen que padecen Alzheimer.
-
11:41 - 11:43Teñen placas, nobelos, inflamación
-
11:43 - 11:46e as microglías que devoran esa sinapse.
-
11:47 - 11:51Agora cando alguén lles pregunta
se saben quen escribiu Still Alice -
11:51 - 11:52non se lembran,
-
11:52 - 11:55porque esa sinapse está a fallar
ou desapareceu. -
11:55 - 11:57Esquecéronme para sempre.
-
11:58 - 12:00Pero que acontece
se teñen máis información sobre min? -
12:00 - 12:02Digamos que aprenderon
catro cousas de min. -
12:03 - 12:04Imaxinemos que padecen alzhéimer,
-
12:04 - 12:07e tres desas sinapses
están deterioradas ou destruídas. -
12:08 - 12:11Aínda teñen un xeito
de desviar o desastre. -
12:11 - 12:13Aínda poden lembrar o meu nome.
-
12:13 - 12:17Así que podemos ser resilientes
á presenza da enfermidade de alzhéimer -
12:17 - 12:20a través da captación
de vías aínda non deterioradas. -
12:20 - 12:24E creamos estas vías,
esta reserva cognitiva, -
12:24 - 12:26aprendendo cousas novas.
-
12:26 - 12:31O ideal é que estas cousas novas sexan
tan ricas en significado como for posible, -
12:31 - 12:36captando vista e oído,
así como asociacións e emoción. -
12:36 - 12:40Así que isto en realidade non significa
facer encrucillados. -
12:40 - 12:44Non se trata de simplemente recuperar
información que xa aprenderon, -
12:44 - 12:47porque iso é como viaxar
ao pasado, a rúas familiares, -
12:47 - 12:50atopándose con veciños que xa coñecen.
-
12:50 - 12:53Trátase de asfaltar novas vías neurais.
-
12:53 - 12:55Crear un cerebro resistente ao alzhéimer
-
12:56 - 12:58significa aprender a falar italiano,
-
12:58 - 12:59coñecer novos amigos,
-
12:59 - 13:00ler un libro
-
13:00 - 13:03ou escoitar unha gran charla TED.
-
13:03 - 13:09E se, malia todo isto, algún día
lle diagnostican alzhéimer, -
13:09 - 13:12hai tres leccións que aprendín
da miña avoa -
13:12 - 13:16e da ducia de persoas que coñecín
que viven con esta doenza. -
13:16 - 13:19O diagnóstico non significa
que vaian morrer mañá. -
13:19 - 13:21Sigan vivindo.
-
13:21 - 13:23Non han perder a súa memoria emocional.
-
13:23 - 13:27Aínda poderán entender o amor e a alegría.
-
13:27 - 13:30Poden non lembrar
o que dixeron hai cinco minutos, -
13:30 - 13:32mais lembrarán como os fixo sentir.
-
13:33 - 13:36E vostedes son máis do que lembran.
-
13:36 - 13:38Grazas.
-
13:38 - 13:43(Aplausos)
- Title:
- Que se pode facer para previr o alzhéimer
- Speaker:
- Lisa Genova
- Description:
-
O alzhéimer non ten por que ser o destino do seu cerebro, afirma Lisa Genova, neurocientífica e autora do libro "Still Alice". Lisa comparte as últimas investigacións científicas sobre a doenza, así coma estudos prometedores sobre o que cadaquén pode facer para crear resistencia cerebral ante o alzhéimer.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 13:56
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for What you can do to prevent Alzheimer's | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for What you can do to prevent Alzheimer's | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What you can do to prevent Alzheimer's | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What you can do to prevent Alzheimer's | ||
Ana Rozados edited Galician subtitles for What you can do to prevent Alzheimer's | ||
Xusto Rodriguez declined Galician subtitles for What you can do to prevent Alzheimer's | ||
Ana Rozados edited Galician subtitles for What you can do to prevent Alzheimer's | ||
Ana Rozados edited Galician subtitles for What you can do to prevent Alzheimer's |