Como o abuso ás mulleres por internet se volveu incontrolable.
-
0:00 - 0:03[Esta charla contén linguaxe gráfica e
descricións de violencia sexual.] -
0:03 - 0:05[Aviso para os espectadores]
-
0:05 - 0:08"Ashley Judd, vaia unha lurpia estúpida"
-
0:10 - 0:12"Non podes demandar a alguén por
chamarlle filla de puta" -
0:13 - 0:16"Se non es quen de manexar Internet,
que che dean, puta" -
0:17 - 0:20"Ogallá Ashley Judd teña
unha morte horrible. -
0:20 - 0:22Ela é o peor."
-
0:22 - 0:25"Ashley Judd, ti es o motivo polo cal
as mulleres non deberían votar." -
0:26 - 0:29"'Twisted' é unha película tan mala,
-
0:29 - 0:30que nin sequera quero violala."
-
0:33 - 0:34"Fagas o que fagas,
-
0:34 - 0:37non llo digas a Ashley Judd.
Ha morrer soa coa vaxina seca." -
0:39 - 0:41"Se tivese que tirarme a unha muller
maior, -
0:41 - 0:42meu Deus,
-
0:42 - 0:44tiraríame a Ashley Judd,
-
0:44 - 0:48a puta está de moi bo ver.
-
0:48 - 0:51As cousas tan imperdoables que lle faría."
-
0:52 - 0:58A misoxinia en Internet é unha traxedia
global para os dereitos de xénero, -
0:59 - 1:02e é fundamental que remate.
-
1:02 - 1:05(Aplausos)
-
1:11 - 1:12As voces das mozas e mulleres,
-
1:12 - 1:16e as voces dos nosos aliados están
constantemente restrinxidas en xeitos -
1:16 - 1:18que son personal, económica,
-
1:18 - 1:21profesional e políticamente daniños.
-
1:21 - 1:23E cando freemos o abuso,
-
1:24 - 1:26expandiremos a liberdade.
-
1:27 - 1:29Son seareira de Kentucky en baloncesto,
-
1:29 - 1:31así que un agradable día do marzo pasado,
-
1:31 - 1:34estaba a facer unha das cousas
que mellor se me dan: -
1:34 - 1:36animar os meus Wildcats.
-
1:36 - 1:37Os narcisos estaban en flor,
-
1:37 - 1:41mais os árbitros non sopraban o chifre
cando eu llelo dicía. -
1:41 - 1:42(Risas)
-
1:42 - 1:45É gracioso. Foron moi simpáticos comigo
antes do partido -
1:45 - 1:47mais logo ignoráronme durante o mesmo.
-
1:47 - 1:48(Risas)
-
1:48 - 1:52Tres dos meus xogadores sangraban, así que
fixen o segundo que mellor que sei... -
1:52 - 1:52Chiei.
-
1:52 - 1:56[@ArkRazorback o xogo sucio cómese o tiro
libre do meu equipo... -
1:56 - 1:59@KySportsRadio @marchmadness@espn
por agora hai tres xogadores sangrando.] -
1:59 - 2:02É normal que me traten
como vos describín antes. -
2:02 - 2:04Sucédeme todos os días
-
2:04 - 2:07en redes sociales e plataformas coma
Twitter ou Facebook. -
2:07 - 2:09Desde que entrei en Twitter en 2011,
-
2:09 - 2:13a misoxinia e os misóxinos
demostraron de abondo -
2:13 - 2:15que me menosprezarán en cada
paso que dea. -
2:15 - 2:17A miña espiritualidade, fe,
-
2:17 - 2:20sendo unha pailana --
eu podo dicilo, ti non -- -
2:20 - 2:22e todo é xogo limpio.
-
2:23 - 2:26E respondín con varias
estratexias. -
2:26 - 2:27Tratei de enfrontarme.
-
2:27 - 2:32Este tipo mandábame cousas desagradables,
hipersexuais, -
2:32 - 2:35e no seu avatar había unha moza.
-
2:35 - 2:36Eu contesteille e dixen...
-
2:38 - 2:39"É esa a túa filla?
-
2:40 - 2:42Dáme medo o feito de que poidas pensar
-
2:42 - 2:44e falar deste xeito das mulleres."
-
2:44 - 2:45E sorprendeume dicindo,
-
2:45 - 2:48"Sabes que?
Tes razón. Sintoo." -
2:48 - 2:50Ás veces, a xente quere responsabilizarse.
-
2:51 - 2:54Este tipo estaba discutindo
con quen sabe quen -
2:54 - 2:56se eu era quizais a definición de puta.
-
2:57 - 2:59Estiven casada cun escocés 14 anos,
-
2:59 - 3:02así que dixen, "Puta quere dicir
diferentes cousas segundo o país -- -
3:02 - 3:04(Risas)
-
3:04 - 3:07"... mais teño a acerteza de que
representades o estándar global -
3:07 - 3:08de imbécil."
(Risas) -
3:08 - 3:10(Aplausos)
-
3:13 - 3:15Tratei de superalo,
intentei atrincherarme, -
3:16 - 3:18e trataría sobre todo de pasar a través
destas redes sociais -
3:18 - 3:21cun ollo medio pechado tratando
de non velo, -
3:21 - 3:23pero non se lle pode pedir pan ao vento.
-
3:24 - 3:26O que se ve, permanece.
-
3:26 - 3:27É traumático.
-
3:27 - 3:30Unha parte de min esperou
sempre secretamente -
3:30 - 3:33que o que se dicía de min
e sobre min non fose... -
3:34 - 3:35verdade.
-
3:37 - 3:39Porque incluso eu,
-
3:39 - 3:42unha autoproclamada
e recoñecida feminista, -
3:43 - 3:45que reza no altar da Gloria --
-
3:46 - 3:47(Risas)
-
3:48 - 3:50internalizo o patriarcado.
-
3:51 - 3:53Este é un punto clave.
-
3:53 - 3:55O patriarcado non só son os mozos e homes.
-
3:55 - 3:58É un sistema no que todos participamos,
-
3:58 - 3:59incluída eu.
-
4:02 - 4:04Aquel día en concreto,
por algunha razón, -
4:04 - 4:07aquel chío tralo partido
-
4:07 - 4:10desencadeou algo chamado
"Mafia cibernética." -
4:10 - 4:16Un fluxo global e corrosivo das máis
crueis declaracións de odio: -
4:16 - 4:18ameazas de morte, ameazas de violación.
-
4:18 - 4:19E non sabedes,
-
4:19 - 4:21cando estaba soa na casa,
sentada, coa miña bata, -
4:21 - 4:24recibín unha chamada,
e era do meu querido ex-esposo, -
4:24 - 4:25dicía nunha mesaxe de voz,
-
4:25 - 4:26"Querida...
-
4:28 - 4:30o que che está a suceder non está ben."
-
4:31 - 4:36E houbo algo no xeito
en que me defendeu aquela noite... -
4:39 - 4:41que me permitiu pronunciarme.
-
4:41 - 4:42E comecei a escribir.
-
4:43 - 4:45Comecei a escribir
compartindo o feito de que son -
4:45 - 4:48unha supervivente
de todos os tipos de abuso sexual, -
4:48 - 4:49incluídas tres violacións.
-
4:49 - 4:51E as mensaxes de odio
que recibín en resposta -- -
4:51 - 4:55Estes son algúns dos comentarios
publicados nos medios informativos. -
4:57 - 4:59Que me chamen acusona é moi divertido.
-
5:01 - 5:03[Jay: Disfrutouno cada segundo!!!!!]
-
5:03 - 5:04Audiencia: Meu Deus!
-
5:04 - 5:08Ashley Judd: Grazas, Deus. Que a túa
graza e misericordia brillen. -
5:08 - 5:11Daquela escribín un artículo feminista,
chamado: -
5:12 - 5:14"Esquece o teu equipo:
-
5:14 - 5:17é a túa violencia de xénero
contra as mulleres en internet -
5:17 - 5:20a que pode beixar
o meu virtuoso cu." -
5:20 - 5:21(Risas)
-
5:21 - 5:23(Aplausos)
-
5:24 - 5:26E fixen isto soa,
e publiqueino soa, -
5:26 - 5:28porque o meu asesor principal dixo,
-
5:28 - 5:29"Non o fagas, por favor,
-
5:29 - 5:32a avalancha de sandeces
que recibirás será inevitable -- -
5:32 - 5:34teño medo por ti."
-
5:34 - 5:36Pero eu confío nas nenas e confío
nas mulleres, -
5:36 - 5:37e confío nos nosos aliados.
-
5:37 - 5:39Publicouse, foi viral,
-
5:39 - 5:41proba que cada día
-
5:41 - 5:45a misoxinia nas redes
é un fenómeno que todos sufrimos, -
5:45 - 5:46en todo o mundo,
-
5:46 - 5:48e cando é intersectorial
-
5:48 - 5:49é peor.
-
5:49 - 5:51Orientación sexual,
identidade de xénero, -
5:51 - 5:53raza, etnia ou relixión...
-
5:53 - 5:54menciónao,
-
5:54 - 5:57isto amplifica a violencia
que sofren mozas e mulleres, -
5:57 - 5:59e no caso das nenas, é peor.
-
6:01 - 6:03É, sen dúbida, traumático.
-
6:03 - 6:06A nosa saúde mental,
o noso benestar emocional -
6:06 - 6:07quedan gravemente afectados
-
6:08 - 6:09porque a ameaza de violencia
-
6:09 - 6:13é entendida neurobioloxicamente
como violencia. -
6:13 - 6:16O cortisol dispárase,
o sistema límbico acelérase -
6:16 - 6:18e perdemos produtividade no traballo.
-
6:20 - 6:22E falemos do traballo.
-
6:22 - 6:25A nosa capacidade para traballar
está limitada. -
6:25 - 6:30Buscas en liña de mulleres que piden
traballo que revelan fotos súas espidas, -
6:30 - 6:33denuncias falsas de que teñen ETS,
-
6:33 - 6:38os seus enderezos indicando
que están sexualmente dispoñibles -
6:38 - 6:40con exemplos reais
-
6:40 - 6:43de xente que aparece nesas casas
para ter sexo. -
6:44 - 6:48A nosa capacidade para ir á escola
viuse prexudicada. -
6:49 - 6:52O 96 por cento das publicacións
-
6:52 - 6:55de imaxes sexuais de xente nova
-
6:56 - 6:57pertencen a rapazas.
-
6:57 - 6:58Ás nosas rapazas.
-
6:59 - 7:03Os nosos rapaces teñen unha probabilidade
-
7:03 - 7:04de compartir imaxes sen consentimento
-
7:05 - 7:06de dúas a tres veces máis
cás rapazas. -
7:08 - 7:10E quero dicir algo
sobre o porno como vinganza -
7:10 - 7:13Parte do que resultou deste chío
-
7:13 - 7:15foi relacionarme con aliados
e outros activistas -
7:16 - 7:18que loitan por un internet libre e seguro.
-
7:19 - 7:21Comezamos algo que nomeamos
Proxecto Discurso; -
7:21 - 7:24freando o abuso, expandindo liberdade.
-
7:24 - 7:27E esta páxina web ofrece
un foro de críticas, -
7:27 - 7:31xa que non hai nada global ou legal
-
7:32 - 7:33que nos axude a resolver isto.
-
7:33 - 7:37Mais o que si ofrecemos é unha lista
estandarizada de definicións, -
7:37 - 7:40porque é complicado atacar
un comportamento no xeito correcto -
7:40 - 7:44se non compartimos unha definición
do que ese comportamento é. -
7:44 - 7:48E aprendín que adoita facerse un mal uso,
así como perigoso, do porno por vinganza. -
7:48 - 7:51Trátase de compartir unha imaxe
sen consentimento, -
7:52 - 7:56empregada estratexicamente para avergoñar
e humillar a unha moza ou muller -
7:56 - 7:59que trata de converternos
en pornografía. -
7:59 - 8:03A nosa sexualidade natural é,
-
8:03 - 8:05non sei a como é a vosa, marabillosa.
-
8:07 - 8:10E o meu desexo por expresalo
non o converte en pornografía. -
8:10 - 8:12(Aplausos)
-
8:16 - 8:18Eu teño todos estes recursos
-
8:18 - 8:21que seguro que moita xente
no mundo non ten. -
8:22 - 8:25Eu puiden comezar o Proxecto Discurso
con compañeiros. -
8:25 - 8:28Ás veces teño a atención
das empresas de redes sociais. -
8:28 - 8:31Teño proximamente
unha estupenda visita á sede de Facebook. -
8:34 - 8:37Os estúpidos criterios para denunciar
aínda non me axudaron... -
8:39 - 8:44De feito, págolle a alguén
para que limpe as miñas redes sociais, -
8:45 - 8:47intentando liberar o meu cerebro
-
8:47 - 8:51dunha repetición diaria
do trauma da incitación ao odio. -
8:51 - 8:52E sabedes que?
-
8:52 - 8:54Recibo máis odio por iso.
-
8:54 - 8:56"Oh, vives nun cuarto insonorizado."
-
8:56 - 8:57Ben, e sabedes que?
-
8:57 - 8:59Ter a alguén poñendo fotografías
de min coa boca aberta -
8:59 - 9:02dicindo que "non poden esperar
para corrérseme na cara," -
9:02 - 9:04dáme o dereito de poñer eses límites.
-
9:04 - 9:06(Aplausos)
-
9:10 - 9:13E esta distinción entre virtual
e real é enganosa -
9:13 - 9:14porque sabedes,
-
9:14 - 9:16isto realmente sucedeume unha
vez cando nena, -
9:17 - 9:19e cando ese chío espertou este trauma,
-
9:19 - 9:21tiven que loitar contra el.
-
9:21 - 9:24Mais sabedes o que facemos?
Collemos toda esta incitación ao odio, -
9:24 - 9:26dividímola,
-
9:27 - 9:28codificámola,
-
9:28 - 9:30e damos eses datos
-
9:30 - 9:33de xeito que entendamos a súa
interseccionalidade: -
9:33 - 9:34cando recibo porno,
-
9:34 - 9:36cando se trata de afiliación política,
-
9:36 - 9:38cando se trata da idade,
ou de todo iso xunto. -
9:39 - 9:41Imos gañar esta liorta.
-
9:43 - 9:44Hai moitas solucións...
-
9:46 - 9:47grazas a Deus.
-
9:47 - 9:49Vouvos dar só algunhas,
-
9:50 - 9:54e, por suposto, rétovos a que creedes e
contribuades coas vosas. -
9:55 - 9:59Número un: temos que comezar
coa alfabetización dos medios dixitais, -
9:59 - 10:02e claramente debe haber
un enfoque de xénero. -
10:02 - 10:05Nenos, escolas, coidadores, pais:
-
10:05 - 10:06é esencial.
-
10:06 - 10:08Dous...
-
10:09 - 10:11Deberiamos falar
cos nosos amigos informáticos? -
10:12 - 10:14Dito con dignidade e respecto,
-
10:14 - 10:19o sexismo nos nosos lugares de traballo
ten que rematar. -
10:19 - 10:22(Aplausos)
-
10:22 - 10:23(Ovación)
-
10:24 - 10:26EDGE (Economic Dividends for Gender
Equality) -
10:26 - 10:28o estándar global
para a igualdade de xénero, -
10:28 - 10:29é o mínimo estándar.
-
10:29 - 10:32E sabedes que, Silicon Valley?
-
10:32 - 10:34Se L'Oreal pode facelo
-
10:34 - 10:36en India, en Filipinas,
-
10:36 - 10:38en Brasil e en Rusia,
-
10:38 - 10:40vós tamén podedes.
-
10:41 - 10:42Non hai escusa que valla.
-
10:43 - 10:47Só cando as mulleres acaden o número
necesario en cada departamento das vosas -
10:47 - 10:50empresas, incluíndo a creación
de plataformas desde cero, -
10:50 - 10:54cambiarán as conversacións sobre
as prioridades e as solucións. -
10:54 - 10:56E máis amor para os meus amigos
informáticos: -
10:56 - 11:00tense que rematar o lucrarse
coa misoxinia nos videoxogos. -
11:01 - 11:04Estou cansa de que me faledes nos
cócteles -
11:04 - 11:07--como fixestes hai un par de semanas
en Aspen -- -
11:07 - 11:10sobre o desprezable que era
#Gamergate, -
11:10 - 11:12cando facedes miles de millóns de dólares
grazas a xogos -
11:12 - 11:15que feren e deixan tiradas ás
mulleres por deporte. -
11:15 - 11:18Basta! -- como dirían os italianos.
-
11:18 - 11:19Abonda.
-
11:19 - 11:22(Aplauso)
-
11:23 - 11:27Os nosos amigos das forzas de seguridade
teñen moito que facer, -
11:27 - 11:28xa que vimos
-
11:28 - 11:33que a violencia en internet é
unha extensión da violencia en persoa. -
11:34 - 11:36No noso país,
-
11:36 - 11:40morreron máis mozas e mulleres asasinadas
polos seus compañeiros sentimentais -
11:41 - 11:43das que morreron no 11/9
-
11:43 - 11:47e das que morreron desde entón
tanto en Afganistán coma en Iraq. -
11:47 - 11:49E non é moi "guai" dicilo
-
11:49 - 11:51mais é verdade.
-
11:51 - 11:55Xeopoliticamente, preocupámonos máis sobre
o que os homes lle están a facer -
11:55 - 11:56ás mulleres alá...
-
11:57 - 11:59En 2015,
-
12:00 - 12:0672,828 mulleres empregaron os servizos
contra a violencia de xénero no país. -
12:06 - 12:10E iso sen contar ás mozas, mulleres
e mozos que os precisaron. -
12:11 - 12:14O corpo de seguridade debe reforzarse
-
12:14 - 12:16cunha tecnoloxía de internet,
-
12:17 - 12:20dispositivos e unha comprensión
desas plataformas actualizadas-- -
12:20 - 12:21a como traballan.
-
12:21 - 12:24A policía quería ser útil
cando Amanda Hess chamou -
12:24 - 12:27polas ameazas de morte que estaba
a recibir en Twitter, -
12:27 - 12:29mais realmente non puideron
cando dixeron, -
12:29 - 12:30"Que é Twitter?"
-
12:33 - 12:37Os nosos lexisladores deben redactar
e aprobar unha lexislación intelixente -
12:37 - 12:38que reflicta a nosa tecnoloxía actual
-
12:38 - 12:42e as nocións que temos da liberdade
e da incitación ao odio. -
12:42 - 12:47Recentemente en Nova York,
a lei non puido aplicarse a un delincuente -
12:47 - 12:49porque os delitos seguramente
se cometeron, -
12:49 - 12:50mesmo se foron anónimos,
-
12:50 - 12:55deberon cometerse por teléfono,
por mail, -
12:55 - 12:56por telégrafo...
-
12:56 - 12:58(Risas)
-
13:01 - 13:03A linguaxe debe ser
tecnoloxicamente neutra. -
13:05 - 13:07Polo que parece,
-
13:07 - 13:09teño unha voz bastante firme.
-
13:10 - 13:12De xeito que imos falar
dos nosos amigos... -
13:12 - 13:13os brancos.
-
13:15 - 13:18Tedes un papel que interpretar
e decisións que tomar. -
13:19 - 13:21Podedes facer algo
-
13:21 - 13:22ou non facer nada.
-
13:24 - 13:26Agora hai un bo ambiente na sala,
-
13:26 - 13:28mais cando isto remate
todo o mundo dirá, -
13:28 - 13:29"Mi madriña, é unha racista á inversa"
-
13:31 - 13:34Iso foi o que dixo un home branco,
Robert Moritz, -
13:34 - 13:37presidente do PricewaterhouseCoopers,
-
13:37 - 13:39e que me pediu o incluíse nesta charla.
-
13:41 - 13:44É preciso incrementar as liñas de apoio
e os grupos de axuda, -
13:44 - 13:47para que as vítimas poidan
axudarse entre si -
13:47 - 13:50cando as súas vidas e finanzas
descarrilen. -
13:50 - 13:54Como individuos debemos deter
a violencia de xénero cando se produza. -
13:54 - 13:56O 92 por cento da xente nova
-
13:56 - 13:58con 29 anos e menos presenciouna.
-
13:59 - 14:01O 72 por cento de nós presenciámola.
-
14:02 - 14:04Precisamos ter o valor e a urxencia
-
14:04 - 14:07para adestrarnos en parala
cando se estea producindo. -
14:08 - 14:09E para rematar,
-
14:11 - 14:12crédea.
-
14:14 - 14:15Crédea.
-
14:15 - 14:17(Aplausos)
-
14:22 - 14:26Basicamente, este é un problema
de interacción humana. -
14:27 - 14:31E como penso que a interacción humana
é o centro da nosa salvación, -
14:31 - 14:35un trauma que non se transforma
será un trauma transferido. -
14:36 - 14:39Edith Wharton dixo,
"O final está latente no inicio," -
14:39 - 14:44de xeito que remataremos substituíndo
a incitación ao odio pola do amor. -
14:44 - 14:46Porque me sinto soa nisto,
-
14:46 - 14:48mais sei que somos aliados.
-
14:49 - 14:50Hai pouco aprendín
-
14:50 - 14:55como a gratitude e as afirmacións
compensan as interaccións negativas. -
14:55 - 14:58Necesítanse cinco boas
para contrarrestar unha negativa, -
14:58 - 15:00e a gratitude en particular --
-
15:00 - 15:03libre, dispoñible globalmente
en calquera momento e lugar, -
15:03 - 15:05para calquera en calquera dialecto--
-
15:05 - 15:08dispara o córtex cingular anterior
prexenual, -
15:08 - 15:10unha parte importante do cerebro
-
15:10 - 15:12que se inunda de cousas boas e estupendas.
-
15:12 - 15:15Así que vou dicirme a min mesma
cousas asombrosas. -
15:15 - 15:17E gustaríame que enfaticedes a resposta.
-
15:17 - 15:20Pode soar algo semellante a isto--
-
15:20 - 15:21(Risas)
-
15:21 - 15:25Son unha muller poderosa e forte,
e vós diredes, "Si, abofé." -
15:25 - 15:27Audiencia: si, abofé.
-
15:27 - 15:29Ashley Judd: miña nai quéreme.
-
15:29 - 15:30A: Sí, quérete.
-
15:30 - 15:32AJ: Fixen un bo traballo coa miña charla.
-
15:32 - 15:34A: Si, fixéchelo.
-
15:34 - 15:37AJ: Teño dereito a estar aquí.
-
15:37 - 15:39A: Si, telo.
-
15:39 - 15:40AJ: Son moi riquiña.
-
15:40 - 15:41(Risas)
-
15:41 - 15:43A: Si, es.
-
15:43 - 15:44AJ: Deus fai un bo traballo.
-
15:44 - 15:46A: Si, faino.
-
15:46 - 15:48AJ: E eu quérovos.
-
15:48 - 15:50Moitísimas gracias por deixarme
ser de axuda. -
15:51 - 15:53Que Deus vos bendiga.
-
15:53 - 15:58(Aplauso)
- Title:
- Como o abuso ás mulleres por internet se volveu incontrolable.
- Speaker:
- Ashley Judd
- Description:
-
Xa basta de incitar ao odio por internet, do acoso sexual e as ameazas de violencia machista e aos grupos marxinados. É momento de tomármonos seriamente a crise global de abusos por internet. Ashley Judd, con esta charla inquisitiva e convincente conta a experiencia continua de ser atemorizada nas redes sociais polo seu activismo inquebrantable, e apela aos usuarios de Internet, á comunidade das tecnoloxías, ás forzas de orde e aos lexisladores para que se recoñezan os perigos reais do acoso en liña.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 16:10
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for How online abuse of women has spiraled out of control | |
![]() |
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for How online abuse of women has spiraled out of control | |
![]() |
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for How online abuse of women has spiraled out of control | |
![]() |
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for How online abuse of women has spiraled out of control | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for How online abuse of women has spiraled out of control | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for How online abuse of women has spiraled out of control | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for How online abuse of women has spiraled out of control | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for How online abuse of women has spiraled out of control |