[Esta charla contén linguaxe gráfica e
descricións de violencia sexual.]
[Aviso para os espectadores]
"Ashley Judd, vaia unha lurpia estúpida"
"Non podes demandar a alguén por
chamarlle filla de puta"
"Se non es quen de manexar Internet,
que che dean, puta"
"Ogallá Ashley Judd teña
unha morte horrible.
Ela é o peor."
"Ashley Judd, ti es o motivo polo cal
as mulleres non deberían votar."
"'Twisted' é unha película tan mala,
que nin sequera quero violala."
"Fagas o que fagas,
non llo digas a Ashley Judd.
Ha morrer soa coa vaxina seca."
"Se tivese que tirarme a unha muller
maior,
meu Deus,
tiraríame a Ashley Judd,
a puta está de moi bo ver.
As cousas tan imperdoables que lle faría."
A misoxinia en Internet é unha traxedia
global para os dereitos de xénero,
e é fundamental que remate.
(Aplausos)
As voces das mozas e mulleres,
e as voces dos nosos aliados están
constantemente restrinxidas en xeitos
que son personal, económica,
profesional e políticamente daniños.
E cando freemos o abuso,
expandiremos a liberdade.
Son seareira de Kentucky en baloncesto,
así que un agradable día do marzo pasado,
estaba a facer unha das cousas
que mellor se me dan:
animar os meus Wildcats.
Os narcisos estaban en flor,
mais os árbitros non sopraban o chifre
cando eu llelo dicía.
(Risas)
É gracioso. Foron moi simpáticos comigo
antes do partido
mais logo ignoráronme durante o mesmo.
(Risas)
Tres dos meus xogadores sangraban, así que
fixen o segundo que mellor que sei...
Chiei.
[@ArkRazorback o xogo sucio cómese o tiro
libre do meu equipo...
@KySportsRadio @marchmadness@espn
por agora hai tres xogadores sangrando.]
É normal que me traten
como vos describín antes.
Sucédeme todos os días
en redes sociales e plataformas coma
Twitter ou Facebook.
Desde que entrei en Twitter en 2011,
a misoxinia e os misóxinos
demostraron de abondo
que me menosprezarán en cada
paso que dea.
A miña espiritualidade, fe,
sendo unha pailana --
eu podo dicilo, ti non --
e todo é xogo limpio.
E respondín con varias
estratexias.
Tratei de enfrontarme.
Este tipo mandábame cousas desagradables,
hipersexuais,
e no seu avatar había unha moza.
Eu contesteille e dixen...
"É esa a túa filla?
Dáme medo o feito de que poidas pensar
e falar deste xeito das mulleres."
E sorprendeume dicindo,
"Sabes que?
Tes razón. Sintoo."
Ás veces, a xente quere responsabilizarse.
Este tipo estaba discutindo
con quen sabe quen
se eu era quizais a definición de puta.
Estiven casada cun escocés 14 anos,
así que dixen, "Puta quere dicir
diferentes cousas segundo o país --
(Risas)
"... mais teño a acerteza de que
representades o estándar global
de imbécil."
(Risas)
(Aplausos)
Tratei de superalo,
intentei atrincherarme,
e trataría sobre todo de pasar a través
destas redes sociais
cun ollo medio pechado tratando
de non velo,
pero non se lle pode pedir pan ao vento.
O que se ve, permanece.
É traumático.
Unha parte de min esperou
sempre secretamente
que o que se dicía de min
e sobre min non fose...
verdade.
Porque incluso eu,
unha autoproclamada
e recoñecida feminista,
que reza no altar da Gloria --
(Risas)
internalizo o patriarcado.
Este é un punto clave.
O patriarcado non só son os mozos e homes.
É un sistema no que todos participamos,
incluída eu.
Aquel día en concreto,
por algunha razón,
aquel chío tralo partido
desencadeou algo chamado
"Mafia cibernética."
Un fluxo global e corrosivo das máis
crueis declaracións de odio:
ameazas de morte, ameazas de violación.
E non sabedes,
cando estaba soa na casa,
sentada, coa miña bata,
recibín unha chamada,
e era do meu querido ex-esposo,
dicía nunha mesaxe de voz,
"Querida...
o que che está a suceder non está ben."
E houbo algo no xeito
en que me defendeu aquela noite...
que me permitiu pronunciarme.
E comecei a escribir.
Comecei a escribir
compartindo o feito de que son
unha supervivente
de todos os tipos de abuso sexual,
incluídas tres violacións.
E as mensaxes de odio
que recibín en resposta --
Estes son algúns dos comentarios
publicados nos medios informativos.
Que me chamen acusona é moi divertido.
[Jay: Disfrutouno cada segundo!!!!!]
Audiencia: Meu Deus!
Ashley Judd: Grazas, Deus. Que a túa
graza e misericordia brillen.
Daquela escribín un artículo feminista,
chamado:
"Esquece o teu equipo:
é a túa violencia de xénero
contra as mulleres en internet
a que pode beixar
o meu virtuoso cu."
(Risas)
(Aplausos)
E fixen isto soa,
e publiqueino soa,
porque o meu asesor principal dixo,
"Non o fagas, por favor,
a avalancha de sandeces
que recibirás será inevitable --
teño medo por ti."
Pero eu confío nas nenas e confío
nas mulleres,
e confío nos nosos aliados.
Publicouse, foi viral,
proba que cada día
a misoxinia nas redes
é un fenómeno que todos sufrimos,
en todo o mundo,
e cando é intersectorial
é peor.
Orientación sexual,
identidade de xénero,
raza, etnia ou relixión...
menciónao,
isto amplifica a violencia
que sofren mozas e mulleres,
e no caso das nenas, é peor.
É, sen dúbida, traumático.
A nosa saúde mental,
o noso benestar emocional
quedan gravemente afectados
porque a ameaza de violencia
é entendida neurobioloxicamente
como violencia.
O cortisol dispárase,
o sistema límbico acelérase
e perdemos produtividade no traballo.
E falemos do traballo.
A nosa capacidade para traballar
está limitada.
Buscas en liña de mulleres que piden
traballo que revelan fotos súas espidas,
denuncias falsas de que teñen ETS,
os seus enderezos indicando
que están sexualmente dispoñibles
con exemplos reais
de xente que aparece nesas casas
para ter sexo.
A nosa capacidade para ir á escola
viuse prexudicada.
O 96 por cento das publicacións
de imaxes sexuais de xente nova
pertencen a rapazas.
Ás nosas rapazas.
Os nosos rapaces teñen unha probabilidade
de compartir imaxes sen consentimento
de dúas a tres veces máis
cás rapazas.
E quero dicir algo
sobre o porno como vinganza
Parte do que resultou deste chío
foi relacionarme con aliados
e outros activistas
que loitan por un internet libre e seguro.
Comezamos algo que nomeamos
Proxecto Discurso;
freando o abuso, expandindo liberdade.
E esta páxina web ofrece
un foro de críticas,
xa que non hai nada global ou legal
que nos axude a resolver isto.
Mais o que si ofrecemos é unha lista
estandarizada de definicións,
porque é complicado atacar
un comportamento no xeito correcto
se non compartimos unha definición
do que ese comportamento é.
E aprendín que adoita facerse un mal uso,
así como perigoso, do porno por vinganza.
Trátase de compartir unha imaxe
sen consentimento,
empregada estratexicamente para avergoñar
e humillar a unha moza ou muller
que trata de converternos
en pornografía.
A nosa sexualidade natural é,
non sei a como é a vosa, marabillosa.
E o meu desexo por expresalo
non o converte en pornografía.
(Aplausos)
Eu teño todos estes recursos
que seguro que moita xente
no mundo non ten.
Eu puiden comezar o Proxecto Discurso
con compañeiros.
Ás veces teño a atención
das empresas de redes sociais.
Teño proximamente
unha estupenda visita á sede de Facebook.
Os estúpidos criterios para denunciar
aínda non me axudaron...
De feito, págolle a alguén
para que limpe as miñas redes sociais,
intentando liberar o meu cerebro
dunha repetición diaria
do trauma da incitación ao odio.
E sabedes que?
Recibo máis odio por iso.
"Oh, vives nun cuarto insonorizado."
Ben, e sabedes que?
Ter a alguén poñendo fotografías
de min coa boca aberta
dicindo que "non poden esperar
para corrérseme na cara,"
dáme o dereito de poñer eses límites.
(Aplausos)
E esta distinción entre virtual
e real é enganosa
porque sabedes,
isto realmente sucedeume unha
vez cando nena,
e cando ese chío espertou este trauma,
tiven que loitar contra el.
Mais sabedes o que facemos?
Collemos toda esta incitación ao odio,
dividímola,
codificámola,
e damos eses datos
de xeito que entendamos a súa
interseccionalidade:
cando recibo porno,
cando se trata de afiliación política,
cando se trata da idade,
ou de todo iso xunto.
Imos gañar esta liorta.
Hai moitas solucións...
grazas a Deus.
Vouvos dar só algunhas,
e, por suposto, rétovos a que creedes e
contribuades coas vosas.
Número un: temos que comezar
coa alfabetización dos medios dixitais,
e claramente debe haber
un enfoque de xénero.
Nenos, escolas, coidadores, pais:
é esencial.
Dous...
Deberiamos falar
cos nosos amigos informáticos?
Dito con dignidade e respecto,
o sexismo nos nosos lugares de traballo
ten que rematar.
(Aplausos)
(Ovación)
EDGE (Economic Dividends for Gender
Equality)
o estándar global
para a igualdade de xénero,
é o mínimo estándar.
E sabedes que, Silicon Valley?
Se L'Oreal pode facelo
en India, en Filipinas,
en Brasil e en Rusia,
vós tamén podedes.
Non hai escusa que valla.
Só cando as mulleres acaden o número
necesario en cada departamento das vosas
empresas, incluíndo a creación
de plataformas desde cero,
cambiarán as conversacións sobre
as prioridades e as solucións.
E máis amor para os meus amigos
informáticos:
tense que rematar o lucrarse
coa misoxinia nos videoxogos.
Estou cansa de que me faledes nos
cócteles
--como fixestes hai un par de semanas
en Aspen --
sobre o desprezable que era
#Gamergate,
cando facedes miles de millóns de dólares
grazas a xogos
que feren e deixan tiradas ás
mulleres por deporte.
Basta! -- como dirían os italianos.
Abonda.
(Aplauso)
Os nosos amigos das forzas de seguridade
teñen moito que facer,
xa que vimos
que a violencia en internet é
unha extensión da violencia en persoa.
No noso país,
morreron máis mozas e mulleres asasinadas
polos seus compañeiros sentimentais
das que morreron no 11/9
e das que morreron desde entón
tanto en Afganistán coma en Iraq.
E non é moi "guai" dicilo
mais é verdade.
Xeopoliticamente, preocupámonos máis sobre
o que os homes lle están a facer
ás mulleres alá...
En 2015,
72,828 mulleres empregaron os servizos
contra a violencia de xénero no país.
E iso sen contar ás mozas, mulleres
e mozos que os precisaron.
O corpo de seguridade debe reforzarse
cunha tecnoloxía de internet,
dispositivos e unha comprensión
desas plataformas actualizadas--
a como traballan.
A policía quería ser útil
cando Amanda Hess chamou
polas ameazas de morte que estaba
a recibir en Twitter,
mais realmente non puideron
cando dixeron,
"Que é Twitter?"
Os nosos lexisladores deben redactar
e aprobar unha lexislación intelixente
que reflicta a nosa tecnoloxía actual
e as nocións que temos da liberdade
e da incitación ao odio.
Recentemente en Nova York,
a lei non puido aplicarse a un delincuente
porque os delitos seguramente
se cometeron,
mesmo se foron anónimos,
deberon cometerse por teléfono,
por mail,
por telégrafo...
(Risas)
A linguaxe debe ser
tecnoloxicamente neutra.
Polo que parece,
teño unha voz bastante firme.
De xeito que imos falar
dos nosos amigos...
os brancos.
Tedes un papel que interpretar
e decisións que tomar.
Podedes facer algo
ou non facer nada.
Agora hai un bo ambiente na sala,
mais cando isto remate
todo o mundo dirá,
"Mi madriña, é unha racista á inversa"
Iso foi o que dixo un home branco,
Robert Moritz,
presidente do PricewaterhouseCoopers,
e que me pediu o incluíse nesta charla.
É preciso incrementar as liñas de apoio
e os grupos de axuda,
para que as vítimas poidan
axudarse entre si
cando as súas vidas e finanzas
descarrilen.
Como individuos debemos deter
a violencia de xénero cando se produza.
O 92 por cento da xente nova
con 29 anos e menos presenciouna.
O 72 por cento de nós presenciámola.
Precisamos ter o valor e a urxencia
para adestrarnos en parala
cando se estea producindo.
E para rematar,
crédea.
Crédea.
(Aplausos)
Basicamente, este é un problema
de interacción humana.
E como penso que a interacción humana
é o centro da nosa salvación,
un trauma que non se transforma
será un trauma transferido.
Edith Wharton dixo,
"O final está latente no inicio,"
de xeito que remataremos substituíndo
a incitación ao odio pola do amor.
Porque me sinto soa nisto,
mais sei que somos aliados.
Hai pouco aprendín
como a gratitude e as afirmacións
compensan as interaccións negativas.
Necesítanse cinco boas
para contrarrestar unha negativa,
e a gratitude en particular --
libre, dispoñible globalmente
en calquera momento e lugar,
para calquera en calquera dialecto--
dispara o córtex cingular anterior
prexenual,
unha parte importante do cerebro
que se inunda de cousas boas e estupendas.
Así que vou dicirme a min mesma
cousas asombrosas.
E gustaríame que enfaticedes a resposta.
Pode soar algo semellante a isto--
(Risas)
Son unha muller poderosa e forte,
e vós diredes, "Si, abofé."
Audiencia: si, abofé.
Ashley Judd: miña nai quéreme.
A: Sí, quérete.
AJ: Fixen un bo traballo coa miña charla.
A: Si, fixéchelo.
AJ: Teño dereito a estar aquí.
A: Si, telo.
AJ: Son moi riquiña.
(Risas)
A: Si, es.
AJ: Deus fai un bo traballo.
A: Si, faino.
AJ: E eu quérovos.
Moitísimas gracias por deixarme
ser de axuda.
Que Deus vos bendiga.
(Aplauso)