Pódenche medrar novas neuronas. Aquí tes como.
-
0:00 - 0:06É posible que os adultos fagamos
que nos medren novas neuronas? -
0:07 - 0:10Aínda hai certa incertidume
sobre este asunto, -
0:10 - 0:13en tanto que é unha área de
investigación moi novidosa. -
0:14 - 0:17Por exemplo, falando cun
colega meu, Robert, -
0:17 - 0:18un oncólogo,
-
0:18 - 0:20comentábame,
-
0:20 - 0:22"Sandrine, isto é desconcertante.
-
0:22 - 0:26Algúns pacientes meus, logo de saber
que están curados dun cancro -
0:26 - 0:29aínda desenvolven síntomas de depresión".
-
0:30 - 0:31E eu respondinlle,
-
0:31 - 0:33"Ben, na miña opinión iso ten lóxica.
-
0:33 - 0:38A droga que lle dás, que frea a
proliferación das células cancerosas -
0:38 - 0:43tamén frea o nacemento
de neuronas no cerebro. -
0:44 - 0:47E Robert quedou a mirar para min
como se eu tolease e dixo, -
0:47 - 0:49"Pero Sandrine, son pacientes adultos,
-
0:49 - 0:51aos adultos non nos medran
neuronas novas." -
0:53 - 0:56E, para as súa sorpresa, díxenlle,
"Medránnos, si". -
0:57 - 1:02E isto é o que chamamos
neuroxénese. -
1:02 - 1:03[Neuroxénese]
-
1:03 - 1:07Pero Robert non é neurocientífico;
-
1:07 - 1:12e cando el estudaba Medicina
non se ensinaba o que sabemos agora: -
1:12 - 1:15que o cerebro adulto pode xerar
novas células nerviosas. -
1:17 - 1:22Así que Robert, como bo
científico que é -
1:22 - 1:23quixo vir ao meu laboratorio
-
1:23 - 1:26para entender isto un pouco mellor.
-
1:27 - 1:29E leveino nunha visita guiada
-
1:29 - 1:32a unha das partes máis
excitantes do cerebro -
1:32 - 1:34no que a neuroxénese se refire:
-
1:34 - 1:36ao hipocampo.
-
1:37 - 1:41Esta estrutura gris no centro do cerebro.
-
1:42 - 1:44E da que sabemos hai tempo
-
1:44 - 1:49que é importante para a aprendizaxe,
a memoria, o estado de ánimo e a emoción. -
1:49 - 1:52Sen embargo, o que sabemos
só desde hai pouco -
1:52 - 1:57é que é unha das únicas estruturas
do cerebro adulto -
1:57 - 2:00onde se poden xerar novas neuronas.
-
2:00 - 2:03Se seccionamos o hipocampo
-
2:03 - 2:04e miramos nel con aumento,
-
2:04 - 2:07o que poden ver aqui en azul
-
2:07 - 2:11é unha neurona recén nacida
nun cerebro de rato adulto. -
2:13 - 2:16No caso do cerebro humano,
-
2:16 - 2:19o meu colega Jonas Frisén
do Instituto Karolinska, -
2:19 - 2:25ten estimado que producimos
700 neuronas novas ao día -
2:25 - 2:26no hipocampo.
-
2:27 - 2:29Poden pensar que non son moitas,
-
2:29 - 2:31comparadas cos miles de millóns
de neuronas que temos. -
2:32 - 2:35Pero aos cincuenta anos,
-
2:35 - 2:39teremos renovado todas as neuronas
desta estrutura coas que nacimos -
2:39 - 2:42con neuronas nacidas sendo adultos.
-
2:43 - 2:48Entón, por que son importantes estas
novas neuronas e que funcións cumpren? -
2:49 - 2:53Primeiro, sabemos que son importantes
para a aprendizaxe e a memoria. -
2:53 - 2:55E no laboratorio temos amosado
-
2:55 - 2:58que se bloqueamos a capacidade
do cerebro adulto -
2:58 - 3:00para producir novas neuronas no hipocampo,
-
3:00 - 3:03bloquéanse certas capacidades de memoria.
-
3:04 - 3:11E isto é especialmente novidoso e certo
no caso do recoñecemento espacial, -
3:11 - 3:13ou sexa, como recorremos
o noso camiño pola cidade. -
3:14 - 3:16Aínda estamos a aprender moito,
-
3:16 - 3:19e as neuronas son importantes
non só para a capacidade de memoria, -
3:19 - 3:22senón tamén para a súa calidade.
-
3:22 - 3:26E son de axuda para engadir
tempo á nosa memoria -
3:26 - 3:30e tamén para diferenciar entre
memorias moi parecidas, a saber: -
3:30 - 3:33como atopas a túa bicicleta
-
3:33 - 3:36que aparcas na estación
todos os días na mesma zona, -
3:36 - 3:38pero en lugares lixeiramente distintos?
-
3:40 - 3:43E o que é máis interesante
para o meu colega Robert -
3:43 - 3:47é a investigación que estamos a facer
sobre neuroxénese e depresión. -
3:48 - 3:50Así, nun modelo animal da depresión,
-
3:50 - 3:54temos atopado que se dá un
baixo nivel de neuroxénese. -
3:54 - 3:57E cando administramos antidepresivos,
-
3:57 - 4:00auméntase a produción
destas novas neuronas, -
4:00 - 4:03e diminúen os síntomas
de depresión -
4:03 - 4:09o que establece unha relación clara
entre neuroxénese e depresión. -
4:09 - 4:14Pero ademais, bloqueando só
a neuroxénese, -
4:14 - 4:16bloquéase a eficacia
do antidepresivo. -
4:18 - 4:19Así que para entón, Robert entendera
-
4:20 - 4:23que probablemente os seus
pacientes sufrían de depresión -
4:23 - 4:26despois de curarse do cancro,
-
4:26 - 4:30porque o anticanceríxeno detivera
a xeneración de novas neuronas. -
4:30 - 4:34E precísase un tempo
para xerar novas neuronas -
4:34 - 4:36que acaden as súas funcións normais.
-
4:38 - 4:42Así, en conxunto, pensamos
que temos evidencia de abondo -
4:42 - 4:46para afirmar que a neuroxénese
é unha clara alternativa -
4:46 - 4:50se queremos mellorar a formación
de memorias e o estado anímico, -
4:50 - 4:53ou mesmo previr o declive
asociado ao avellentamento, -
4:53 - 4:55ou asociado ao estrés.
-
4:56 - 4:58Xa que logo, a seguinte pregunta é:
-
4:58 - 5:00podemos controlar a neuroxénese?
-
5:01 - 5:02A resposta é si.
-
5:03 - 5:05E agora imos facer unha pequena proba.
-
5:06 - 5:09Voulles indicar unha serie
de condutas e actividades, -
5:09 - 5:14e vanme dicir se pensan
que aumentan a neuroxénese -
5:14 - 5:16ou que a diminúen.
-
5:17 - 5:18Listos?
-
5:19 - 5:20OK, imos aló.
-
5:20 - 5:22Que opinan da aprendizaxe?
-
5:23 - 5:24Auméntaa?
-
5:24 - 5:25Si.
-
5:25 - 5:29Aprender aumentará a produción
destas novas neuronas. -
5:29 - 5:30E o estrés?
-
5:31 - 5:36Si, o estrés diminúe a produción
de novas neuronas no hipocampo. -
5:36 - 5:38Que hai da privación de sono?
-
5:39 - 5:42Efectivamente, diminúe a neuroxénese.
-
5:42 - 5:43E o sexo?
-
5:44 - 5:46Oh, vaia!
-
5:46 - 5:47(Risos)
-
5:47 - 5:51Si, acertaron, aumenta
a produción de novas neuronas. -
5:51 - 5:53Non obstante, aquí hai que
buscar o equilibrio. -
5:53 - 5:55Non queremos chegar a unha situación,
-
5:55 - 5:57(Risos)
-
5:57 - 6:00na que demasiado sexo
leve á privaciónd de sono. -
6:00 - 6:02(Risos)
-
6:03 - 6:05E que din de facerse vello?
-
6:08 - 6:11A taxa de neuroxénese diminúe
ao facerse vello, -
6:11 - 6:13pero aínda ocorre.
-
6:14 - 6:16E xa para rematar, que din de correr?
-
6:18 - 6:21Vou deixar que xulguen por si mesmos.
-
6:22 - 6:23Este é un dos primeiros estudos
-
6:23 - 6:28levados a cabo polo un dos meus mentores,
Rusty Gage, do Instituto Salk, -
6:28 - 6:30que amosa que o ambiente
pode ter un impacto -
6:30 - 6:32na produción de novas neuronas.
-
6:32 - 6:36Aquí poden ver unha sección
do hipocampo dun rato -
6:36 - 6:39que non tiña roda de exercicio
na súa gaiola. -
6:39 - 6:43Os pequenos puntos negros que ven
son novas neuronas formándose. -
6:43 - 6:48E agora, poden ver a sección
do hipocampo dun rato -
6:48 - 6:51con roda de exercicio na gaiola.
-
6:51 - 6:53Poden ver o incremento masivo
-
6:53 - 6:56de puntos negros que representan
novas neuronas en formación. -
6:57 - 7:01Así que a actividade inflúe na neuroxénese
pero isto non é todo. -
7:02 - 7:04O que comemos tamén ten efecto
-
7:04 - 7:07na produción de novas neuronas
no hipocampo. -
7:07 - 7:10Aquí temos a mostra dunha dieta,
-
7:10 - 7:14de nutrintes que se teñen
demostrado eficaces. -
7:14 - 7:17E voulles sinalar algúns:
-
7:17 - 7:22Unha restrición calórica do 20 ao 30
por cento aumenta a neuroxénese. -
7:22 - 7:26O xaxún intermitente --
espaciar o tempo entre comidas -- -
7:26 - 7:28aumenta a neuroxénese.
-
7:28 - 7:29A inxesta de flavonoides,
-
7:29 - 7:32que se atopan no chocolate
negro ou nas arandeiras, -
7:32 - 7:34aumenta a neuroxénese.
-
7:34 - 7:36Os ácidos graxos Omega-3,
-
7:36 - 7:38presentes en peixes graxos, como o salmón,
-
7:38 - 7:41aumentan a produción desas novas neuronas.
-
7:42 - 7:46Pola contra, unha dieta rica
en graxas saturadas -
7:46 - 7:48ten un impacto negativo na neuroxénese.
-
7:49 - 7:53O etanol -- a inxesta de alcohol --
diminúe a neuroxénese. -
7:54 - 7:57Sen embargo, non todo está perdido;
-
7:57 - 8:00o resveratrol, que se atopa no viño,
-
8:00 - 8:03tense demostrado que promove
a supervivencia destas novas neuronas. -
8:04 - 8:06Así que a próxima vez que vaian de cea,
-
8:06 - 8:10poden procurar acadar ese punto
de bebida 'neutral' para a neuroxénese. -
8:10 - 8:12(Risos)
-
8:12 - 8:15E, para rematar, deixen que apunte
unha última cousa, -
8:15 - 8:16unha un tanto curiosa.
-
8:16 - 8:20Aos xaponeses fascínalle
as texturas das comidas, -
8:20 - 8:25e tense demostrado que as dietas
blandas prexudican á neuroxénese, -
8:25 - 8:30a diferenza da comida que require
masticar, ou os alimentos crocantes. -
8:31 - 8:33Todos estes datos,
-
8:33 - 8:35para os que temos que
mirar a nivel celular, -
8:35 - 8:38conseguíronse usando modelos animais.
-
8:38 - 8:43Pero esta dieta tamén se ten
administrado a humanos, -
8:43 - 8:49e o que puidemos ver é que a dieta
modula a memoria e o estado de ánimo -
8:49 - 8:53na mesma dirección que
modula a neuroxénese, -
8:53 - 8:57isto é: a restrición calórica
mellora a capacidade de memoria, -
8:57 - 9:02mentres que unha dieta alta en graxas
exacerba os síntomas da depresión, -
9:02 - 9:06ao contrario que os ácidos graxos Omega-3,
que incrementan a neuroxénese, -
9:06 - 9:11e tamén axudan a diminuír
os síntomas depresivos. -
9:12 - 9:16Así que nós pensamos que o efecto da dieta
-
9:16 - 9:20na saúde mental, a memoria
e o estado de ánimo, -
9:20 - 9:25está realmente mediado pola produción
de novas neuronas no hipocampo. -
9:25 - 9:27E non é só o que comemos,
-
9:27 - 9:30tamén é a textura dos alimentos,
cándo os comes -
9:30 - 9:32e a cantidade deles que inxires.
-
9:34 - 9:38Pola nosa banda -- os neurocientíficos
interesados na neuroxénese -- -
9:38 - 9:42precisamos entender mellor
a función destas novas neuronas, -
9:42 - 9:46e como poder controlar a súa
supervivencia e a súa produción. -
9:46 - 9:50Tamén temos que atopar a forma de protexer
a neuroxénese dos pacientes de Robert. -
9:51 - 9:53E pola súa banda,
-
9:53 - 9:55déixoos a cargo da súa propia neuroxénese.
-
9:56 - 9:57Grazas.
-
9:57 - 10:03(Aplausos)
-
10:03 - 10:05Margaret Heffernan:
Estupenda investigación, Sandrine. -
10:05 - 10:07Teño que dicirche que vés
de cambiame a vida. -
10:07 - 10:09Vou comer un montón de arandeiras.
-
10:09 - 10:11Sandrine Thuret: Moi ben.
-
10:12 - 10:14MH: Interésame moito o de correr.
-
10:15 - 10:17Teño que correr?
-
10:17 - 10:20Ou vale calquera exercicio aeróbico,
-
10:20 - 10:22que leve osíxeno ao cerebro?
-
10:22 - 10:24Sirve calquera clase de exercicio intenso?
-
10:24 - 10:26ST: Polo de agora,
-
10:26 - 10:29non podemos dicir con seguridade
se é correr en sí, -
10:29 - 10:34pero penso que calquera cousa
que aumente a produción -
10:34 - 10:37ou o fluxo de sangue ao cerebro,
-
10:37 - 10:39debería ser beneficiosa.
-
10:39 - 10:42MH: Entón non teño que ter
unha roda de exercicio na oficina? -
10:42 - 10:43ST: Non, non fai falla!
-
10:43 - 10:45MH: Uf, que alivio! É marabilloso.
-
10:45 - 10:47Sandrine Thuret, moitas grazas.
-
10:47 - 10:48ST: Grazas a ti, Margaret.
-
10:48 - 10:51(Aplausos)
- Title:
- Pódenche medrar novas neuronas. Aquí tes como.
- Speaker:
- Sandrine Thuret
- Description:
-
É posible que nos adultos medren novas neuronas? A neurocientífica Sandrine Thuret afirma que é posible, e presenta datos de investigación e consellos prácticos sobre como podemos axudar ao noso cerebro na neuroxénese, mellorar o estado de ánimo, aumentar a formación de memorias e previr o declive asociado coa idade.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 11:04
![]() |
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for You can grow new brain cells. Here's how | |
![]() |
Enara Caride accepted Galician subtitles for You can grow new brain cells. Here's how | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for You can grow new brain cells. Here's how | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for You can grow new brain cells. Here's how | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for You can grow new brain cells. Here's how | |
![]() |
Socorro Rodríguez Holguín edited Galician subtitles for You can grow new brain cells. Here's how | |
![]() |
Socorro Rodríguez Holguín edited Galician subtitles for You can grow new brain cells. Here's how | |
![]() |
Socorro Rodríguez Holguín edited Galician subtitles for You can grow new brain cells. Here's how |