1 00:00:00,000 --> 00:00:06,317 É posible que os adultos fagamos que nos medren novas neuronas? 2 00:00:07,150 --> 00:00:10,237 Aínda hai certa incertidume sobre este asunto, 3 00:00:10,261 --> 00:00:12,871 en tanto que é unha área de investigación moi novidosa. 4 00:00:13,569 --> 00:00:16,928 Por exemplo, falando cun colega meu, Robert, 5 00:00:16,952 --> 00:00:18,260 un oncólogo, 6 00:00:18,284 --> 00:00:19,585 comentábame, 7 00:00:20,014 --> 00:00:21,769 "Sandrine, isto é desconcertante. 8 00:00:21,793 --> 00:00:26,107 Algúns pacientes meus, logo de saber que están curados dun cancro 9 00:00:26,131 --> 00:00:28,528 aínda desenvolven síntomas de depresión". 10 00:00:29,520 --> 00:00:30,815 E eu respondinlle, 11 00:00:30,839 --> 00:00:33,179 "Ben, na miña opinión iso ten lóxica. 12 00:00:33,203 --> 00:00:37,741 A droga que lle dás, que frea a proliferación das células cancerosas 13 00:00:37,765 --> 00:00:42,868 tamén frea o nacemento de neuronas no cerebro. 14 00:00:43,820 --> 00:00:46,606 E Robert quedou a mirar para min como se eu tolease e dixo, 15 00:00:46,630 --> 00:00:48,812 "Pero Sandrine, son pacientes adultos, 16 00:00:48,836 --> 00:00:51,408 aos adultos non nos medran neuronas novas." 17 00:00:52,543 --> 00:00:56,209 E, para as súa sorpresa, díxenlle, "Medránnos, si". 18 00:00:57,098 --> 00:01:01,924 E isto é o que chamamos neuroxénese. 19 00:01:01,948 --> 00:01:03,138 [Neuroxénese] 20 00:01:03,162 --> 00:01:06,932 Pero Robert non é neurocientífico; 21 00:01:06,956 --> 00:01:11,581 e cando el estudaba Medicina non se ensinaba o que sabemos agora: 22 00:01:11,605 --> 00:01:15,344 que o cerebro adulto pode xerar novas células nerviosas. 23 00:01:17,217 --> 00:01:21,587 Así que Robert, como bo científico que é 24 00:01:21,611 --> 00:01:23,310 quixo vir ao meu laboratorio 25 00:01:23,334 --> 00:01:26,158 para entender isto un pouco mellor. 26 00:01:26,881 --> 00:01:29,136 E leveino nunha visita guiada 27 00:01:29,160 --> 00:01:32,073 a unha das partes máis excitantes do cerebro 28 00:01:32,097 --> 00:01:34,270 no que a neuroxénese se refire: 29 00:01:34,294 --> 00:01:36,382 ao hipocampo. 30 00:01:37,080 --> 00:01:40,932 Esta estrutura gris no centro do cerebro. 31 00:01:41,613 --> 00:01:44,035 E da que sabemos hai tempo 32 00:01:44,059 --> 00:01:48,824 que é importante para a aprendizaxe, a memoria, o estado de ánimo e a emoción. 33 00:01:49,343 --> 00:01:52,390 Sen embargo, o que sabemos só desde hai pouco 34 00:01:52,414 --> 00:01:57,072 é que é unha das únicas estruturas do cerebro adulto 35 00:01:57,096 --> 00:01:59,746 onde se poden xerar novas neuronas. 36 00:02:00,405 --> 00:02:02,716 Se seccionamos o hipocampo 37 00:02:02,740 --> 00:02:04,008 e miramos nel con aumento, 38 00:02:04,032 --> 00:02:06,833 o que poden ver aqui en azul 39 00:02:06,857 --> 00:02:11,430 é unha neurona recén nacida nun cerebro de rato adulto. 40 00:02:12,769 --> 00:02:15,824 No caso do cerebro humano, 41 00:02:15,848 --> 00:02:19,380 o meu colega Jonas Frisén do Instituto Karolinska, 42 00:02:19,404 --> 00:02:25,144 ten estimado que producimos 700 neuronas novas ao día 43 00:02:25,168 --> 00:02:26,366 no hipocampo. 44 00:02:27,183 --> 00:02:28,858 Poden pensar que non son moitas, 45 00:02:28,882 --> 00:02:31,411 comparadas cos miles de millóns de neuronas que temos. 46 00:02:31,644 --> 00:02:34,715 Pero aos cincuenta anos, 47 00:02:34,739 --> 00:02:39,415 teremos renovado todas as neuronas desta estrutura coas que nacimos 48 00:02:39,439 --> 00:02:41,654 con neuronas nacidas sendo adultos. 49 00:02:43,248 --> 00:02:48,284 Entón, por que son importantes estas novas neuronas e que funcións cumpren? 50 00:02:49,324 --> 00:02:53,022 Primeiro, sabemos que son importantes para a aprendizaxe e a memoria. 51 00:02:53,046 --> 00:02:54,563 E no laboratorio temos amosado 52 00:02:54,587 --> 00:02:57,823 que se bloqueamos a capacidade do cerebro adulto 53 00:02:57,847 --> 00:03:00,407 para producir novas neuronas no hipocampo, 54 00:03:00,431 --> 00:03:02,947 bloquéanse certas capacidades de memoria. 55 00:03:03,721 --> 00:03:10,633 E isto é especialmente novidoso e certo no caso do recoñecemento espacial, 56 00:03:10,657 --> 00:03:13,455 ou sexa, como recorremos o noso camiño pola cidade. 57 00:03:14,181 --> 00:03:15,657 Aínda estamos a aprender moito, 58 00:03:15,657 --> 00:03:18,770 e as neuronas son importantes non só para a capacidade de memoria, 59 00:03:18,770 --> 00:03:21,673 senón tamén para a súa calidade. 60 00:03:21,697 --> 00:03:25,742 E son de axuda para engadir tempo á nosa memoria 61 00:03:25,766 --> 00:03:30,448 e tamén para diferenciar entre memorias moi parecidas, a saber: 62 00:03:30,472 --> 00:03:32,552 como atopas a túa bicicleta 63 00:03:32,576 --> 00:03:36,092 que aparcas na estación todos os días na mesma zona, 64 00:03:36,116 --> 00:03:38,258 pero en lugares lixeiramente distintos? 65 00:03:40,068 --> 00:03:42,552 E o que é máis interesante para o meu colega Robert 66 00:03:42,576 --> 00:03:47,438 é a investigación que estamos a facer sobre neuroxénese e depresión. 67 00:03:48,010 --> 00:03:49,948 Así, nun modelo animal da depresión, 68 00:03:49,972 --> 00:03:53,976 temos atopado que se dá un baixo nivel de neuroxénese. 69 00:03:54,500 --> 00:03:56,743 E cando administramos antidepresivos, 70 00:03:56,767 --> 00:04:00,221 auméntase a produción destas novas neuronas, 71 00:04:00,245 --> 00:04:03,388 e diminúen os síntomas de depresión 72 00:04:03,412 --> 00:04:08,872 o que establece unha relación clara entre neuroxénese e depresión. 73 00:04:09,191 --> 00:04:13,500 Pero ademais, bloqueando só a neuroxénese, 74 00:04:13,524 --> 00:04:16,357 bloquéase a eficacia do antidepresivo. 75 00:04:17,714 --> 00:04:19,477 Así que para entón, Robert entendera 76 00:04:19,501 --> 00:04:23,199 que probablemente os seus pacientes sufrían de depresión 77 00:04:23,223 --> 00:04:25,818 despois de curarse do cancro, 78 00:04:25,842 --> 00:04:30,223 porque o anticanceríxeno detivera a xeneración de novas neuronas. 79 00:04:30,247 --> 00:04:33,875 E precísase un tempo para xerar novas neuronas 80 00:04:33,899 --> 00:04:36,105 que acaden as súas funcións normais. 81 00:04:37,780 --> 00:04:42,189 Así, en conxunto, pensamos que temos evidencia de abondo 82 00:04:42,213 --> 00:04:45,928 para afirmar que a neuroxénese é unha clara alternativa 83 00:04:45,952 --> 00:04:49,566 se queremos mellorar a formación de memorias e o estado anímico, 84 00:04:49,590 --> 00:04:53,153 ou mesmo previr o declive asociado ao avellentamento, 85 00:04:53,177 --> 00:04:55,311 ou asociado ao estrés. 86 00:04:56,288 --> 00:04:58,019 Xa que logo, a seguinte pregunta é: 87 00:04:58,043 --> 00:05:00,217 podemos controlar a neuroxénese? 88 00:05:01,066 --> 00:05:02,257 A resposta é si. 89 00:05:02,860 --> 00:05:05,423 E agora imos facer unha pequena proba. 90 00:05:06,201 --> 00:05:09,382 Voulles indicar unha serie de condutas e actividades, 91 00:05:09,406 --> 00:05:14,090 e vanme dicir se pensan que aumentan a neuroxénese 92 00:05:14,114 --> 00:05:16,280 ou que a diminúen. 93 00:05:16,804 --> 00:05:17,963 Listos? 94 00:05:18,550 --> 00:05:19,709 OK, imos aló. 95 00:05:20,034 --> 00:05:21,621 Que opinan da aprendizaxe? 96 00:05:22,521 --> 00:05:23,701 Auméntaa? 97 00:05:23,725 --> 00:05:24,884 Si. 98 00:05:24,908 --> 00:05:28,694 Aprender aumentará a produción destas novas neuronas. 99 00:05:28,718 --> 00:05:30,034 E o estrés? 100 00:05:31,431 --> 00:05:36,168 Si, o estrés diminúe a produción de novas neuronas no hipocampo. 101 00:05:36,192 --> 00:05:37,804 Que hai da privación de sono? 102 00:05:39,375 --> 00:05:42,074 Efectivamente, diminúe a neuroxénese. 103 00:05:42,098 --> 00:05:43,319 E o sexo? 104 00:05:44,414 --> 00:05:45,566 Oh, vaia! 105 00:05:45,590 --> 00:05:46,857 (Risos) 106 00:05:46,881 --> 00:05:50,558 Si, acertaron, aumenta a produción de novas neuronas. 107 00:05:50,558 --> 00:05:52,810 Non obstante, aquí hai que buscar o equilibrio. 108 00:05:52,834 --> 00:05:55,047 Non queremos chegar a unha situación, 109 00:05:55,071 --> 00:05:56,999 (Risos) 110 00:05:57,023 --> 00:05:59,857 na que demasiado sexo leve á privaciónd de sono. 111 00:05:59,881 --> 00:06:02,110 (Risos) 112 00:06:02,753 --> 00:06:04,944 E que din de facerse vello? 113 00:06:07,645 --> 00:06:11,328 A taxa de neuroxénese diminúe ao facerse vello, 114 00:06:11,352 --> 00:06:13,098 pero aínda ocorre. 115 00:06:14,042 --> 00:06:16,233 E xa para rematar, que din de correr? 116 00:06:17,912 --> 00:06:20,721 Vou deixar que xulguen por si mesmos. 117 00:06:21,563 --> 00:06:23,359 Este é un dos primeiros estudos 118 00:06:23,383 --> 00:06:27,786 levados a cabo polo un dos meus mentores, Rusty Gage, do Instituto Salk, 119 00:06:27,810 --> 00:06:30,084 que amosa que o ambiente pode ter un impacto 120 00:06:30,108 --> 00:06:31,997 na produción de novas neuronas. 121 00:06:32,021 --> 00:06:36,275 Aquí poden ver unha sección do hipocampo dun rato 122 00:06:36,299 --> 00:06:38,544 que non tiña roda de exercicio na súa gaiola. 123 00:06:38,568 --> 00:06:42,603 Os pequenos puntos negros que ven son novas neuronas formándose. 124 00:06:43,246 --> 00:06:48,384 E agora, poden ver a sección do hipocampo dun rato 125 00:06:48,408 --> 00:06:51,004 con roda de exercicio na gaiola. 126 00:06:51,028 --> 00:06:52,551 Poden ver o incremento masivo 127 00:06:52,575 --> 00:06:55,548 de puntos negros que representan novas neuronas en formación. 128 00:06:56,819 --> 00:07:00,612 Así que a actividade inflúe na neuroxénese pero isto non é todo. 129 00:07:01,639 --> 00:07:04,286 O que comemos tamén ten efecto 130 00:07:04,310 --> 00:07:07,224 na produción de novas neuronas no hipocampo. 131 00:07:07,248 --> 00:07:10,208 Aquí temos a mostra dunha dieta, 132 00:07:10,232 --> 00:07:13,509 de nutrintes que se teñen demostrado eficaces. 133 00:07:13,973 --> 00:07:16,568 E voulles sinalar algúns: 134 00:07:16,592 --> 00:07:21,686 Unha restrición calórica do 20 ao 30 por cento aumenta a neuroxénese. 135 00:07:22,128 --> 00:07:25,610 O xaxún intermitente -- espaciar o tempo entre comidas -- 136 00:07:25,634 --> 00:07:27,773 aumenta a neuroxénese. 137 00:07:27,797 --> 00:07:29,120 A inxesta de flavonoides, 138 00:07:29,144 --> 00:07:32,147 que se atopan no chocolate negro ou nas arandeiras, 139 00:07:32,171 --> 00:07:33,994 aumenta a neuroxénese. 140 00:07:34,355 --> 00:07:35,861 Os ácidos graxos Omega-3, 141 00:07:35,885 --> 00:07:38,096 presentes en peixes graxos, como o salmón, 142 00:07:38,120 --> 00:07:40,558 aumentan a produción desas novas neuronas. 143 00:07:41,502 --> 00:07:45,603 Pola contra, unha dieta rica en graxas saturadas 144 00:07:45,627 --> 00:07:48,367 ten un impacto negativo na neuroxénese. 145 00:07:49,232 --> 00:07:53,414 O etanol -- a inxesta de alcohol -- diminúe a neuroxénese. 146 00:07:53,981 --> 00:07:56,703 Sen embargo, non todo está perdido; 147 00:07:56,727 --> 00:07:59,779 o resveratrol, que se atopa no viño, 148 00:07:59,803 --> 00:08:03,294 tense demostrado que promove a supervivencia destas novas neuronas. 149 00:08:03,708 --> 00:08:05,574 Así que a próxima vez que vaian de cea, 150 00:08:05,598 --> 00:08:09,602 poden procurar acadar ese punto de bebida 'neutral' para a neuroxénese. 151 00:08:09,909 --> 00:08:11,966 (Risos) 152 00:08:11,966 --> 00:08:14,567 E, para rematar, deixen que apunte unha última cousa, 153 00:08:14,591 --> 00:08:15,749 unha un tanto curiosa. 154 00:08:15,773 --> 00:08:19,668 Aos xaponeses fascínalle as texturas das comidas, 155 00:08:19,692 --> 00:08:24,995 e tense demostrado que as dietas blandas prexudican á neuroxénese, 156 00:08:25,019 --> 00:08:29,740 a diferenza da comida que require masticar, ou os alimentos crocantes. 157 00:08:30,827 --> 00:08:32,620 Todos estes datos, 158 00:08:32,644 --> 00:08:35,225 para os que temos que mirar a nivel celular, 159 00:08:35,249 --> 00:08:37,756 conseguíronse usando modelos animais. 160 00:08:38,470 --> 00:08:42,851 Pero esta dieta tamén se ten administrado a humanos, 161 00:08:42,875 --> 00:08:49,033 e o que puidemos ver é que a dieta modula a memoria e o estado de ánimo 162 00:08:49,057 --> 00:08:52,541 na mesma dirección que modula a neuroxénese, 163 00:08:52,565 --> 00:08:57,322 isto é: a restrición calórica mellora a capacidade de memoria, 164 00:08:57,346 --> 00:09:02,445 mentres que unha dieta alta en graxas exacerba os síntomas da depresión, 165 00:09:02,469 --> 00:09:06,333 ao contrario que os ácidos graxos Omega-3, que incrementan a neuroxénese, 166 00:09:06,357 --> 00:09:10,540 e tamén axudan a diminuír os síntomas depresivos. 167 00:09:11,643 --> 00:09:16,460 Así que nós pensamos que o efecto da dieta 168 00:09:16,484 --> 00:09:20,079 na saúde mental, a memoria e o estado de ánimo, 169 00:09:20,103 --> 00:09:24,575 está realmente mediado pola produción de novas neuronas no hipocampo. 170 00:09:24,994 --> 00:09:26,914 E non é só o que comemos, 171 00:09:26,938 --> 00:09:30,003 tamén é a textura dos alimentos, cándo os comes 172 00:09:30,027 --> 00:09:31,851 e a cantidade deles que inxires. 173 00:09:33,841 --> 00:09:37,874 Pola nosa banda -- os neurocientíficos interesados na neuroxénese -- 174 00:09:37,898 --> 00:09:41,563 precisamos entender mellor a función destas novas neuronas, 175 00:09:41,587 --> 00:09:45,571 e como poder controlar a súa supervivencia e a súa produción. 176 00:09:45,896 --> 00:09:50,435 Tamén temos que atopar a forma de protexer a neuroxénese dos pacientes de Robert. 177 00:09:51,271 --> 00:09:52,648 E pola súa banda, 178 00:09:52,672 --> 00:09:55,102 déixoos a cargo da súa propia neuroxénese. 179 00:09:55,691 --> 00:09:56,849 Grazas. 180 00:09:56,873 --> 00:10:02,636 (Aplausos) 181 00:10:02,646 --> 00:10:05,188 Margaret Heffernan: Estupenda investigación, Sandrine. 182 00:10:05,212 --> 00:10:07,457 Teño que dicirche que vés de cambiame a vida. 183 00:10:07,481 --> 00:10:09,259 Vou comer un montón de arandeiras. 184 00:10:09,283 --> 00:10:10,830 Sandrine Thuret: Moi ben. 185 00:10:11,528 --> 00:10:13,972 MH: Interésame moito o de correr. 186 00:10:14,869 --> 00:10:16,520 Teño que correr? 187 00:10:17,368 --> 00:10:20,010 Ou vale calquera exercicio aeróbico, 188 00:10:20,034 --> 00:10:21,639 que leve osíxeno ao cerebro? 189 00:10:21,663 --> 00:10:23,798 Sirve calquera clase de exercicio intenso? 190 00:10:24,101 --> 00:10:25,838 ST: Polo de agora, 191 00:10:25,862 --> 00:10:29,102 non podemos dicir con seguridade se é correr en sí, 192 00:10:29,126 --> 00:10:34,163 pero penso que calquera cousa que aumente a produción 193 00:10:34,187 --> 00:10:37,267 ou o fluxo de sangue ao cerebro, 194 00:10:37,291 --> 00:10:38,893 debería ser beneficiosa. 195 00:10:39,103 --> 00:10:41,980 MH: Entón non teño que ter unha roda de exercicio na oficina? 196 00:10:42,004 --> 00:10:43,167 ST: Non, non fai falla! 197 00:10:43,191 --> 00:10:45,284 MH: Uf, que alivio! É marabilloso. 198 00:10:45,308 --> 00:10:47,061 Sandrine Thuret, moitas grazas. 199 00:10:47,085 --> 00:10:48,354 ST: Grazas a ti, Margaret. 200 00:10:48,354 --> 00:10:50,976 (Aplausos)