< Return to Video

AI: What is Machine Learning?

  • 0:08 - 0:12
    Chámome Ale Flores e son directora de produto en Alexa.
  • 0:12 - 0:15
    Son Chelsey Haupt. Traballo no Instituto Allen de Intelixencia Artificial
  • 0:15 - 0:20
    e traballo nun motor de busca académico baseado en IA.
  • 0:21 - 0:24
    Ao teu redor, os ordenadores toman decisións,
  • 0:24 - 0:27
    e esas decisións afectan á túa vida diaria.
  • 0:28 - 0:31
    Cando buscas en Internet ou cando te desprazas polas publicacións,
  • 0:31 - 0:34
    os ordenadores deciden o que ves.
  • 0:34 - 0:39
    Os ordenadores xa poden recoñecer a túa cara e entender a túa voz,
  • 0:39 - 0:42
    axiña estarán conducindo coches e detectando enfermidades,
  • 0:42 - 0:44
    incluso mellor que os humanos.
  • 0:44 - 0:47
    Como é posible todo isto?
  • 0:47 - 0:53
    Posiblemente teñas escoitado falar da IA ou intelixencia artificial.
  • 0:53 - 0:56
    Para a verdadeira intelixencia artificial aínda faltan décadas.
  • 0:56 - 0:59
    Pero hai un tipo de IA chamada aprendizaxe automática
  • 0:59 - 1:01
    coa que xa contamos na actualidade.
  • 1:01 - 1:03
    É unha forma de IA coa que probablemente interactúas
  • 1:03 - 1:06
    todos os días sen sequera darte conta.
  • 1:06 - 1:11
    Axúdanos a abordar algúns dos maiores desafíos do mundo.
  • 1:12 - 1:15
    A aprendizaxe máquina é a maneira que teñen os ordenadores
  • 1:15 - 1:18
    de recoñecer patróns e tomar decisións
  • 1:18 - 1:21
    sen que haxa que programalos de forma explícita.
  • 1:21 - 1:25
    O máis fascinante é que se trata dun xeito completamente diferente
  • 1:25 - 1:30
    de programar ordenadores do que faciamos con anterioridade.
  • 1:31 - 1:36
    Coa aprendizaxe máquina, en vez de programar o ordenador paso a paso,
  • 1:36 - 1:41
    podes programalo para que aprenda como o fas ti,
  • 1:41 - 1:44
    a través do ensaio e erro,
    e moita práctica.
  • 1:44 - 1:46
    A aprendizaxe acádase coa experiencia,
  • 1:46 - 1:48
    e na aprendizaxe automática, tamén.
  • 1:49 - 1:53
    Neste caso, "experiencia" significa unha chea de datos.
  • 1:54 - 1:57
    A aprendizaxe automática pode traballar con calquera tipo de datos:
  • 1:58 - 2:01
    Imaxes, vídeo, son ou texto,
  • 2:02 - 2:05
    e empezar a recoñecer patróns neles.
  • 2:06 - 2:11
    Unha vez que recoñece patróns nos datos, tamén pode realizar predicións
  • 2:11 - 2:13
    baseadas neses patróns.
  • 2:13 - 2:18
    Por exemplo, diferenciar entre a imaxe dun coche e a dunha bicicleta.
  • 2:20 - 2:23
    A IA e a aprendizaxe automática están a desempeñar
  • 2:23 - 2:26
    un papel cada vez máis importante na sociedade en xeral,
  • 2:27 - 2:29
    e están a moldear o noso futuro.
  • 2:29 - 2:35
    Por iso é tan importante entender como funciona, con algún exercicio práctico.
  • 2:35 - 2:39
    Estás a piques de adestrar o teu propio modelo de aprendizaxe automática.
  • 2:41 - 2:44
    Lembra que a IA é como todas as ferramentas:
  • 2:44 - 2:47
    Primeiro aprendes como funciona,
    logo tes o poder!
Title:
AI: What is Machine Learning?
Description:

more » « less
Video Language:
English
Team:
Code.org
Project:
CSF '21-'22
Duration:
02:56
Luis A. Couceiro Herrero edited Galician subtitles for AI: What is Machine Learning?
Luis A. Couceiro Herrero edited Galician subtitles for AI: What is Machine Learning?
Luis A. Couceiro Herrero edited Galician subtitles for AI: What is Machine Learning?
Luis A. Couceiro Herrero edited Galician subtitles for AI: What is Machine Learning?
Luis A. Couceiro Herrero edited Galician subtitles for AI: What is Machine Learning?

Galician subtitles

Revisions Compare revisions