Chámome Ale Flores e son directora de produto en Alexa. Son Chelsey Haupt. Traballo no Instituto Allen de Intelixencia Artificial e traballo nun motor de busca académico baseado en IA. Ao teu redor, os ordenadores toman decisións, e esas decisións afectan á túa vida diaria. Cando buscas en Internet ou cando te desprazas polas publicacións, os ordenadores deciden o que ves. Os ordenadores xa poden recoñecer a túa cara e entender a túa voz, axiña estarán conducindo coches e detectando enfermidades, incluso mellor que os humanos. Como é posible todo isto? Posiblemente teñas escoitado falar da IA ou intelixencia artificial. Para a verdadeira intelixencia artificial aínda faltan décadas. Pero hai un tipo de IA chamada aprendizaxe automática coa que xa contamos na actualidade. É unha forma de IA coa que probablemente interactúas todos os días sen sequera darte conta. Axúdanos a abordar algúns dos maiores desafíos do mundo. A aprendizaxe máquina é a maneira que teñen os ordenadores de recoñecer patróns e tomar decisións sen que haxa que programalos de forma explícita. O máis fascinante é que se trata dun xeito completamente diferente de programar ordenadores do que faciamos con anterioridade. Coa aprendizaxe máquina, en vez de programar o ordenador paso a paso, podes programalo para que aprenda como o fas ti, a través do ensaio e erro, e moita práctica. A aprendizaxe acádase coa experiencia, e na aprendizaxe automática, tamén. Neste caso, "experiencia" significa unha chea de datos. A aprendizaxe automática pode traballar con calquera tipo de datos: Imaxes, vídeo, son ou texto, e empezar a recoñecer patróns neles. Unha vez que recoñece patróns nos datos, tamén pode realizar predicións baseadas neses patróns. Por exemplo, diferenciar entre a imaxe dun coche e a dunha bicicleta. A IA e a aprendizaxe automática están a desempeñar un papel cada vez máis importante na sociedade en xeral, e están a moldear o noso futuro. Por iso é tan importante entender como funciona, con algún exercicio práctico. Estás a piques de adestrar o teu propio modelo de aprendizaxe automática. Lembra que a IA é como todas as ferramentas: Primeiro aprendes como funciona, logo tes o poder!