YouTube

Got a YouTube account?

New: enable viewer-created translations and captions on your YouTube channel!

Galician subtitles

← Unha mellor maneira de falar do amor

Get Embed Code
39 Languages

Showing Revision 24 created 01/20/2020 by Xosé María Moreno.

  1. Hoxe quero falar sobre
    como falamos do amor
  2. e especificamente
  3. quero falar do que está mal
    na nosa maneira de falar do amor.
  4. A maioría de nós namorarémonos
    unhas pocas veces

  5. no transcurso das nosas vidas,
  6. e en Inglés existe esta metáfora
    "falling (caer)"
  7. é realmente a maneira como
    se fala sobre esta experiencia
  8. Non sei vós,
  9. pero cando eu imaxino esta metáfora,
  10. o que vexo é como sacado
    dos debuxos animados
  11. temos un home,
  12. camiñando pola rúa
  13. sen decatarse, pasa sobre
    un sumidoiro aberto
  14. e cae en picado por el.
  15. E imaxínoo deste xeito
    porque caer non é saltar.
  16. Caer é accidental.
  17. É incontrolábel
  18. É algo que nos pasa sen o noso consentimento
  19. E isto
  20. é a maneira principal como falamos
    de empezar unha nova relación.
  21. Son unha escritora e tamén
    unha profesora de inglés,

  22. o que significa que o meu traballo
    é pensar nas palabras.
  23. Poderíase dicir que me pagan por dicir
    que a linguaxe que usamos importa,
  24. e gustaríame dicir que
    moitas das metáforas que usamos
  25. falan do amor
  26. poida que a maioría delas
  27. sexan un problema.
  28. Cando namoramos, "caemos"

  29. Coma se nos golpeasen.
  30. Coma se nos esmagasen.
  31. Coma se nos fósemos a desmaiar
  32. Ardemos con paixón.
  33. O amor toléanos
  34. e enférmanos.
  35. Doénos os corazóns
  36. e despois rompen.
  37. As nosas metáfotas igualan
    a experiencia de amar a alguén
  38. ata a extrema violencia
    ou enfermidade.
  39. (risas)

  40. É verdade.

  41. E sinálanos coma as víctimas
  42. de circunstancias inevitábeis.
  43. A miña favorita é "azoutado"
  44. que é o participio pasado
    da palabra "azoute".
  45. Se ti buscas esta palabra no
    dicionario
  46. (risas)

  47. poderédes ver que pode ser definida
    coma "aflicción dolorosa"

  48. e " estar moi moi namorado".
  49. Eu relaciono a palabra "azoute"
    cun contexto moi particular,
  50. que é o Vello Testamento.
  51. Só no libro do Éxodo hai
    16 referencias ó azoute,
  52. que é a palabra que a Biblia usa
    para a vinganza dun Deus cabreado.
  53. (risa)

  54. Aquí empregamos a mesma palabra
    para falar do amor

  55. que para falar da praga de lagostas.
  56. (risa)

  57. verdade?

  58. como é que pasou isto?

  59. Como acabamos asociando o amor
    cunha gran dor e sufrimento?
  60. E por que falamos desta maneira
    sobre unha boa experiencia
  61. como se fósemos vítimas?
  62. Estas son preguntas difíciles,
  63. pero teño algunhas teorías.
  64. E pensándoo detalladamente,
  65. quero centrarme
    nunha metáfora en particular
  66. que é a idea do amor como loucura.
  67. Cando primeiramente empecei a buscar
    sobre o amor romántico,

  68. encontrei estas metáforas sobre a loucura en todas partes.
  69. A historia da cultura occidental
  70. está chea de linguaxe que iguala
    o amor coas enfermidades mentais.
  71. Estos son alguns exemplos.
  72. William Shakespeare:
  73. " O amor e meramente loucura"
  74. de "Como gostedes".
  75. Friedrich Nietzsche:
  76. "Sempre hai algo de loucura no amor"
  77. "E tenme, tenme parecendo
    tan loucamente namorada"
  78. (risa)

  79. da gran filósofa,
    Beyoncé Knowles.

  80. (risas)

  81. Namoreime por primeira vez
    cando tiña 20 anos

  82. e foi unha relación bastante turbulenta
    dende o principio.
  83. E foi unha relación a distancia
    os primeiros dous anos,
  84. o que significaba grandes
    subidas e baixadas.
  85. Podo recordar un momento en particular.
  86. Estaba sentada nunha cama
    nun hostal en Sudamérica,
  87. e vin a persoa que amaba
    saíndo da habitación.
  88. E era tarde.
  89. Era case medianoite
  90. tivemos unha pelexa na cea,
  91. e cando volvimos á nosa habitación,
  92. tirou as cousas na maleta e estourou.
  93. Ainda que non podo recordar
    polo qué discutimos
  94. podo recordar perfectamente
    como me sentín cando se foi.
  95. Tiña 22 anos e era a miña primeira vez
    nun país en vías de desenvolvemento,

  96. e estaba completamente soa.
  97. Tiña unha semana máis
    ata o meu voo a casa,
  98. e sabía o nome da cidade
    na que estaba
  99. e o nome da cidade da que
    precisaba voar ata casa,
  100. pero non tiña nin idea de
    coma volver.
  101. Non tiña unha guía e tiña
    moi poucos cartos
  102. e non falaba nada de español.
  103. Alguén máis aventureiro ca min

  104. podería ver isto coma
    unha oportunidade
  105. pero eu paraliceime.
  106. Seguía alí sentada
  107. e comecei a chorar.
  108. Pero a pesar do meu pánico
  109. unha voceciña na miña cabeza pensou,
  110. "Guau, iso foi dramático.
  111. Debo estar facendo
    esta cousa do amor moi ben"
  112. (risas)

  113. Porque parte de min quería
    sentirse miserable no amor.

  114. E soame raro agora pero aos 22
  115. desexaba ter experiencias dramáticas,
  116. e nese momento era irracional,
    furiosa e estaba desfeita,
  117. e estrañamente,
  118. pensei que isto xustificaba
    os meus sentimentos
  119. polo rapaz que acababa de deixarme.
  120. Creo que en certa medida
    quería sentirme un pouco tola

  121. porque pensei que así era
    como o amor funciona.
  122. Isto non debería sorprendernos,
  123. se consideramos que
    segundo a Wikipedia,
  124. hai 8 películas,
  125. 14 cancións,
  126. dous albums e unha novela
    co título "Amor tolo".
  127. Unha hora e media máis tarde,
    volveu á habitación.

  128. Arranxamos as cousas.
  129. Pasamos outra semana xuntos
    maiormente felices,
  130. e despois, cando volvín á casa,
  131. pensei " isto foi tan terrible e xenial
  132. isto debe ser amor real"
  133. Esperaba que o meu primeiro amor
    fose coma unha loucura
  134. e por suposto,
    cumprín coas miñas expectativas.
  135. Pero amar a alguén así
  136. coma se o meu benestar dependese
    de que el me amase coma eu o amaba
  137. non foi bo para min
  138. ou para el.
  139. Pero sospeito que esta experiencia
    do amor non é tan pouco frecuente.

  140. A maioría de nós está un pouco tolo
    nas primeiras fases do amor romántico.
  141. De feito, hai un estudo que confirma
    que isto en certa maneira é normal
  142. porque, falando en términos
    neuroquímicos
  143. o amor romántico e as enfermidades mentais non son tan fáciles de distinguir.
  144. É verdade.
  145. Este estudo de 1999 usou análises de sangue

  146. para confirmar que os niveles de serotonina
    de alguén que acaba de namorarse
  147. son moi parecidos
    aos niveles de serotonina
  148. da xente diagnosticada con
    desorde obsesivo-compulsivo.
  149. (risa)

  150. Si, e baixos niveis de serotonina

  151. tamén están asociados con
    épocas de desorden afectivos
  152. e depresión.
  153. Polo que hai evidencia
  154. de que o amor está asociado a cambios
    no noso humor e comportamento
  155. E hai outros estudos que confirman
  156. que a maioría das relacións
    comezan desta maneira.
  157. Os investigadores pensan que
    os baixos niveles de serotonina

  158. están relacionados co pensamento
    obsesivo do obxecto do amor,
  159. que é este sentimento de que alguén
    camiña polo noso cerebro constantemente.
  160. E a maioría de nós séntese así
    cando nos enamoramos.
  161. Pero as boas noticias son
    que non dura tanto tempo
  162. normalmente duns poucos meses
    a un par de anos.
  163. Cando volvín da miña viaxe
    por Sudamérica

  164. pasei moito tempo soa na
    miña habitación
  165. mirando o meu mail,
  166. desesperada por escoitar do
    rapaz que eu amaba.
  167. Decidín que se os meus amigos non podían
    comprender os meus sentimentos de dor,
  168. entón non necesitaba a súa amizade.
  169. Así que parei de saír coa maioría deles.
  170. E foi probablemente o ano máis
    infeliz da miña vida.
  171. Pero penso que era o meu traballo
    sentirme miserable
  172. porque se eu podía ser miserable,
  173. podería demostrar o moito que o amaba.
  174. E se podía demostralo,
  175. entón acabariamos xuntos máis
    tarde ou máis cedo.
  176. Isto é pura loucura,

  177. porque non hai unha lei cósmica
  178. que diga que un gran sufrimento equivale
    a unha gran recompensa,
  179. pero falamos do amor coma se fose verdade.
  180. As nosas experiencias no amor
    son tanto biolóxicas coma culturais.

  181. A nosa bioloxía dítanos que o amor é bo
  182. activando estes circuitos de recompensa
    nos nosos cerebros,
  183. e dinos que o amor é dor cando,
    despois dunha pelexa ou ruptura,
  184. a recompensa neuroquímica é
    a rehabilitación.
  185. E de feito - e poida que xa
    o escoitásedes-
  186. falando en términos neuroquímicos,
  187. pasar unha ruptura e coma
    rehabilitarse dunha adicción á cocaína
  188. o que eu encontro tranquilizante.
  189. (risas)

  190. A nosa cultura usa a linguaxe

  191. para dar forma e reforzar
    estas ideas sobre o amor.
  192. Neste caso estamos a falar
    das metáforas sobre a dor,
  193. a adicción e a loucura.
  194. É un interesante bucle.
  195. O amor é poderoso e ás veces doloroso,
  196. e expresámolo a través das
    nosas palabras e historias,
  197. pero as nosas palabras e historias
    prepárannos
  198. para esperar que o amor sexa
    poderoso e doloroso.
  199. O que é interesante para min
    é que todo isto pasa

  200. nunha cultura que valora
    a monogamía para toda a vida.
  201. Parece que o queremos todo:
  202. queremos o amor que se
    sente coma loucura
  203. e queremos que dure toda a vida.
  204. É terrible.
  205. (risa)

  206. Para arranxar isto,

  207. temos ou que cambiar a cultura
    ou cambiar as nosas expectativas.
  208. Imaxino que se todos fósemos
    menos pasivos no amor
  209. e fósemos máis seguros,
    máis abertos de mente, máis xenerosos
  210. e en vez de "caer" no amor,
  211. camiñásemos no amor.
  212. Sei que isto é pedir demasiado,
  213. pero non son a primeira persoa
    que suxire isto.
  214. No libro "As metáforas polas
    que vivimos"
  215. os lingüistas Mark Johnson e George Lakoff
    suxiren una solución moi interesante
  216. para este dilema,
  217. que é cambiar o uso das nosas metáforas.
  218. Comentan que as metáforas dan forma
    a maneira na que percibimos o mundo,
  219. e poden actuar coma unha guía
    para accións futuras
  220. coma se fosen unha profecía.
  221. Johson e Lakoff suxiren
    unha nova metáfora para o amor:

  222. amor coma una obra de arte en conxunto.
  223. Encántame esta maneira
    de pensar no amor.
  224. Os lingüistas falan sobre as metáforas
    coma se tivesen vinculacións,
  225. que é esencialmente a manera de considerar todas as implicacións
  226. das ideas contidas nunha metáfora.
  227. Johnson e Lakoff falan sobre todo
  228. o que implica traballar conxuntamente
    nunha obra de arte:
  229. esforzo, compromiso, paciencia,
    os mesmos obxetivos na vida.
  230. Estas ideas encaixan na nosa cultura
  231. no compromiso das largas
    relacións románticas,
  232. pero tamén encaixan para
    outros tipos de relacións,
  233. curta duración, casual, poliamorosas,
    non monógamas, asexuais...
  234. porque esta metáfora engloba
    ideas moito máis complexas
  235. á experiencia de amar a alguén.
  236. Se o amor é a creación dunha
    obra de arte en conxunto

  237. entón o amor é unha
    experiencia artística.
  238. O amor é impredicible,
  239. o amor é creativo,
  240. o amor require comunicación
    e disciplina,
  241. é frustrante e emocionalmente
    esixente.
  242. O amor envolve tanto alegría
    coma dor.
  243. Ultimamente cada experiencia
    no amor é diferente.
  244. Cando era cativa,

  245. nunca me ocurreu que se me permitise
    pedir máis do amor,
  246. que eu non tiña que aceptar
    calquera cousa que o amor me ofrecese.
  247. Cando unha Xulieta de 14 anos coñece
  248. ou cando unha Xulieta de 14 anos
    non pode estar con Romeo
  249. o que coñeceu catro días antes,
  250. ela non se sente decepcionada
    ou con ansiedade
  251. En que punto está ela?
  252. Ela quere morir.
  253. Verdade?
  254. E só coma recordatorio
    neste punto da obra,
  255. acto tres de cinco,
  256. Romeo non está morto.
  257. El está vivo,
  258. está san,
  259. tan só desapareceu da cidade.
  260. Eu entendo que a Verona do século XVI
    non é coma a Norte América contemporánea,
  261. e porén cando lin
    por primeira vez esta novela
  262. tamén ós 14,
  263. o sufrimento de Xulieta tiña
    sentido para min.
  264. Remplanteando o amor coma algo
    que se pode crear con alguén que admiro,

  265. e non coma algo que simplemente
    me sucede
  266. sen o meu control ou consentimento
  267. é motivador.
  268. É aínda difícil.
  269. O amor fainos sentir coma
    unha loucura ás veces
  270. e cando me sinto moi frustrada
  271. teño que recordar:
  272. o meu traballo nesta relación
    é falar coa miña parella
  273. sobre o que queremos facer xuntos.
  274. Isto tampouco é doado.
  275. Pero é moito mellor ca a alternativa,
  276. que é o sentimento de loucura,
  277. Esta versión do amor non vai de gañar
    ou perder o afecto de alguén.

  278. No seu lugar require que
    confíes na túa parella
  279. e fales das cousas cando
    a confianza é difícil
  280. o cal soa moi simple,
  281. pero é en realidade revolucionario
    en certo sentido, un acto radical.
  282. Iso é porque tes que pararte a
    pensar sobre tí mesmo,
  283. o que estás a gañar e a perder
    na túa relación de parella
  284. e comezas a pensar
    sobre o que tes que ofrecer.
  285. Esta versión do amor
    permítenos dicir cousas como,
  286. "Non somos bos colaboradores.
    Ó mellor isto non é para nós"
  287. ou " esta relación foi máis curta
    do que tiña planeado
  288. pero aínda así foi bonita"
  289. O bonito dunha obra de arte
    en conxunto

  290. é que non se vai pintar ou debuxar
    ou esculpir a si mesma.
  291. Esta versión do amor permítenos
    decidir coma se vai ver.
  292. Grazas.

  293. (Aplauso)