Un retrato neural da mente humana
-
0:01 - 0:02Hoxe quérovos falar
-
0:02 - 0:04dun proxecto que están a levar a cabo
-
0:04 - 0:06científicos de todo o mundo
-
0:06 - 0:10para esbozar un retrato neuronal
da mente humana. -
0:10 - 0:12A idea central deste traballo
-
0:12 - 0:14é que a mente e mais o cerebro humanos
-
0:14 - 0:17non son un só procesador
cunha única finalidade xeral, -
0:17 - 0:20senón unha agrupación de compońentes
altamente especializados, -
0:20 - 0:23que resolven cadanseu problema específico,
-
0:23 - 0:25e que colectivamente constitúen
-
0:25 - 0:29quen somos nós como seres humanos
e pensadores. -
0:29 - 0:31Para que comprendades esta idea,
-
0:31 - 0:34imaxinade o seguinte escenario:
-
0:34 - 0:36Entrades na gardería da vosa filla.
-
0:36 - 0:38Coma decotío, hai unha
ducia de cativas alí -
0:38 - 0:40agardando para seren recollidas.
-
0:40 - 0:41Pero desta volta,
-
0:41 - 0:44as caras das nenas son
estrańamente semellantes, -
0:44 - 0:47e non sodes quen de recońecer
cal das nenas é a vosa. -
0:47 - 0:49Necesitades lentes novas?
-
0:49 - 0:51Estades perdendo a cabeza?
-
0:51 - 0:53Facedes axińa un repaso mental.
-
0:53 - 0:56Non, parece que podedes pensar
con claridade, -
0:56 - 0:58e a vosa visión é perfectamente nítida.
-
0:58 - 0:59Todo semella normal
-
0:59 - 1:01agás as caras das nenas.
-
1:01 - 1:03Podedes ver tódalas caras,
-
1:03 - 1:05pero non apreciades diferenza ningunha,
-
1:05 - 1:07e ningunha delas vos é familiar;
-
1:07 - 1:09só cando albiscades
unha cinta do pelo laranxa -
1:09 - 1:11atopades á vosa filla.
-
1:11 - 1:15Esta perda súbita da capacidade
para recońecer caras -
1:15 - 1:16acontécelle realmente á xente.
-
1:16 - 1:18Chámase prosopagnosia,
-
1:18 - 1:20e é consecuencia dun dano
-
1:20 - 1:22nunha zona particular do cerebro.
-
1:22 - 1:23O rechamante disto
-
1:23 - 1:26é que só resulta danado
o recońecemento de caras; -
1:26 - 1:28todo o demais está intacto.
-
1:28 - 1:32A prosopagnosia é unha das moitas
patoloxías mentais -
1:32 - 1:36sorprendentemente específicas
que poden acontecer tras un dano cerebral. -
1:36 - 1:38Estas síndromes, en conxunto,
-
1:38 - 1:40veńen suxerindo desde hai moito
-
1:40 - 1:44que a mente está dividida
en diferentes compońentes, -
1:44 - 1:46pero o esforzo por descubrir
eses compońentes -
1:46 - 1:48acelerouse coa invención
-
1:48 - 1:51da tecnoloxía de imaxe do cerebro,
-
1:51 - 1:54especialmente a imaxe
por resonancia magnética. -
1:54 - 1:57A resonancia magnética permítenos
ver a anatomía interna -
1:57 - 1:58cunha alta resolución.
-
1:58 - 2:00Vouvos amosar nuns intres
-
2:00 - 2:03un conxunto de imaxes transversais
de resonancia ragnética -
2:03 - 2:05dun obxecto familiar.
-
2:05 - 2:06Ímolas pasar moi rápido
-
2:06 - 2:08e ides tentar descifrar que obxecto é.
-
2:08 - 2:10Imos aló.
-
2:12 - 2:14Non é tan sinxelo. É unha alcachofa.
-
2:14 - 2:16De acordo, imos tentar outra,
-
2:16 - 2:18comezando pola base e indo cara a cúspide.
-
2:20 - 2:22Brócoli! é unha cabeza de brócoli.
-
2:22 - 2:24Non é bonita? Encántame.
-
2:24 - 2:26Velaquí temos outra.
É un cerebro, por suposto. -
2:26 - 2:28De feito é o meu cerebro.
-
2:28 - 2:30Estamos atravesando capas
da mińa cabeza así -
2:30 - 2:32Ese é o meu nariz arriba á dereita,
-
2:32 - 2:35e agora andamos por aquí,
exactamente aquí. -
2:35 - 2:39Esta imaxe é bonita, aínda
que estea mal que o diga eu, -
2:39 - 2:41pero só amosa anatomía.
-
2:41 - 2:43O avance realmente extraordinario
coa imaxe funcional -
2:43 - 2:47aconteceu cando a comunidade científica
descubriu como facer imaxes -
2:47 - 2:49que amosen non só anatomía,
senón tamén actividade. -
2:49 - 2:51É dicir, onde están activas as neuronas.
-
2:51 - 2:53Así é como funciona:
-
2:53 - 2:54os cerebros son como músculos.
-
2:54 - 2:55Cando se activan,
-
2:55 - 2:59necesitan que aumente o fluxo sanguíneo
para abastecer esa actividade, -
2:59 - 3:02e por sorte para nós, o control
do fluxo sanguíneo ao cerebro é local. -
3:02 - 3:04De xeito que se un grupo de neuronas
por aquí -
3:04 - 3:06comezan a se activar,
-
3:06 - 3:08o fluxo sanguíneo aumenta xusto aquí.
-
3:08 - 3:12A resonancia magnética funcional
capta ese aumento de fluxo sanguíneo -
3:12 - 3:14e produce unha resposta máis alta
-
3:14 - 3:17alí onde aumenta a actividade neuronal.
-
3:17 - 3:19Para pońervos un exemplo concreto
-
3:19 - 3:22de como funciona un experimento
con resonancia magnética funcional, -
3:22 - 3:23que podemos detectar nel
-
3:23 - 3:24e que non podemos,
-
3:24 - 3:27vou describir un dos primeiros
estudos que fixen. -
3:27 - 3:32Queríamos ver se algunha zona cerebral se
especializaba no recońecemento de caras, -
3:32 - 3:35e xa había razóns para pensar
que tal zona existía, -
3:35 - 3:36baseadas neste fenómeno da prosopagnosia
-
3:36 - 3:39que describín hai un momento,
-
3:39 - 3:41pero ninguén a vira nunca
-
3:41 - 3:43nunha persoa normal,
-
3:43 - 3:45así que nos dispuxemos a buscala.
-
3:45 - 3:47Eu fun o primeiro suxeito.
-
3:47 - 3:49Metinme no escáner, deiteime boca arriba,
-
3:49 - 3:52mantiven a cabeza tan inmóbil como puiden
-
3:52 - 3:57mentres miraba fixamente imaxes
de caras coma estas -
3:57 - 3:59e obxectos coma estes,
-
3:59 - 4:04e caras, e obxectos... durante horas.
-
4:04 - 4:07Como alguén que se aproxima
ao récord mundial -
4:07 - 4:10de horas botadas dentro dun escáner
de resonancia magnética, -
4:10 - 4:12podo dicir que unha das habilidades
-
4:12 - 4:15máis importantes na investigación
con resonancia ragnética -
4:15 - 4:17é o control da vexiga.
-
4:17 - 4:18(Risas)
-
4:18 - 4:19Cando saín do escáner
-
4:19 - 4:22fixen unha rápida análise dos datos,
-
4:22 - 4:23buscando zonas do meu cerebro
-
4:23 - 4:26que amosasen unha reacción máis forte
cando miraba caras -
4:26 - 4:28ca cando miraba obxectos.
-
4:28 - 4:30E isto foi o que atopei:
-
4:30 - 4:34Esta imaxe parece horríbel
segundo os patróns de hoxe en día, -
4:34 - 4:37pero naquel momento eu atopeina fermosa.
-
4:37 - 4:39O que amosa é esa rexión de aí,
-
4:39 - 4:40esa manchiña,
-
4:40 - 4:42do tamańo dunha oliva
-
4:42 - 4:44que está na base do meu cerebro
-
4:44 - 4:47a unha polgada de profundidade dende aquí.
-
4:47 - 4:50E o que fai esa parte do meu cerebro
-
4:50 - 4:52é xerar unha resposta máis alta
na resonancia magnética, -
4:52 - 4:54é dicir, unha actividade neuronal
máis intensa, -
4:54 - 4:56cando eu miraba caras
-
4:56 - 4:58ca cando miraba obxectos.
-
4:58 - 4:59Isto está moi ben,
-
4:59 - 5:02pero como sabemos que non é casualidade?
-
5:02 - 5:03Pois a maneira máis sinxela
-
5:03 - 5:05é facer de novo o experimento.
-
5:05 - 5:07Así que volvín ao escáner,
-
5:07 - 5:09mirei máis caras e máis obxectos
-
5:09 - 5:12e obtiven unha mancha semellante,
-
5:12 - 5:13e despois fíxeno outra vez,
-
5:13 - 5:15e outra vez,
-
5:15 - 5:18e outra, e outra,
-
5:18 - 5:19e foi nese momento
-
5:19 - 5:22cando decidín crer que era real.
-
5:22 - 5:26Pero aínda así, podía tratarse de algo
estrańo no meu cerebro -
5:26 - 5:28e que ninguén máis tivese aí esa mancha,
-
5:28 - 5:31así que para descubrilo,
escaneamos un grupo de persoas -
5:31 - 5:33e atopamos que case todas
-
5:33 - 5:36tińan esa pequena rexión
para o procesamento de caras -
5:36 - 5:38nunha zona similar do cerebro.
-
5:38 - 5:40Así que a seguinte cuestión era:
-
5:40 - 5:42que raio fai esa cousa realmente?
-
5:42 - 5:46Está especializada soamente
no recońecemento de caras? -
5:46 - 5:47Se cadra non, verdade?
-
5:47 - 5:49Se cadra non só reacciona con caras
-
5:49 - 5:51senón con calquera parte do corpo.
-
5:51 - 5:53Podería reaccionar
con calquera cousa humana, -
5:53 - 5:55ou algo vivo,
-
5:55 - 5:56ou algo redondo.
-
5:56 - 5:59O único xeito de estar realmente seguros
de que esa rexión -
5:59 - 6:01está especializada
no recońecemento de caras -
6:01 - 6:04é descartar todas esas hipóteses.
-
6:04 - 6:06Así que botamos boa parte
dos seguintes dous anos -
6:06 - 6:07escaneando suxeitos
-
6:07 - 6:10mentres ollaban moreas de imaxes
de diferentes tipos, -
6:10 - 6:12e observamos que esa parte do cerebro
-
6:12 - 6:14reacciona fortemente cando miramos
-
6:14 - 6:17imaxes de caras de calquera tipo,
-
6:17 - 6:19e reacciona moito menos
-
6:19 - 6:22con calquera imaxe que non sexa unha cara,
-
6:22 - 6:24como algunhas destas.
-
6:24 - 6:26Podemos entón concluír definitivamente
-
6:26 - 6:29que esta rexión é necesaria para
o recońecemento de caras? -
6:29 - 6:30Non.
-
6:30 - 6:33A tecnoloxía de imaxe do cerebro
non pode revelar nunca -
6:33 - 6:35se unha rexión é necesaria para algo.
-
6:35 - 6:36Todo o que se pode facer con ela
-
6:36 - 6:38é ver rexións acenderse e apagarse
-
6:38 - 6:41mentres a persoa
pensa en diferentes cousas. -
6:41 - 6:44Para saber se unha parte do cerebro
é necesaria para unha función mental -
6:44 - 6:46fai falla enredar con ela
e ver que é o que pasa, -
6:46 - 6:49e normalmente non chegamos a facer iso.
-
6:49 - 6:51Pero tivemos unha oportunidade magnífica
-
6:51 - 6:54cando moi recentemente
un par de colegas meus -
6:54 - 6:57fixeron probas con este home,
que sofre epilepsia -
6:57 - 6:59e que podemos ver aquí
na súa cama do hospital. -
6:59 - 7:01Ten postos eléctrodos
-
7:01 - 7:03na superficie do cerebro
-
7:03 - 7:06para identificar a orixe dos seus ataques.
-
7:06 - 7:08Así que, de pura casualidade
-
7:08 - 7:10resultou que dous dos eléctrodos
-
7:10 - 7:13estaban xusto enriba da área das caras.
-
7:13 - 7:16Así que co consentimento do paciente,
-
7:16 - 7:18os doutores preguntáronlle que acontecía
-
7:18 - 7:22cando estimulaban electricamente
esa parte do cerebro. -
7:22 - 7:24O paciente non sabía
-
7:24 - 7:25onde estaban eses eléctrodos,
-
7:25 - 7:28e nunca escoitara falar
da rexión cerebral das caras. -
7:28 - 7:29Vexamos que acontece.
-
7:29 - 7:32Comeza cunha condición control:
-
7:32 - 7:34aparece "Sham" [falso]
case de xeito invisible -
7:34 - 7:36en vermello na parte inferior esquerda
-
7:36 - 7:38cando non se lle aplica corrente.
-
7:38 - 7:42Primeiro ouviredes ao neurólogo
falando co paciente. Vexamos. -
7:42 - 7:44Neurólogo: Mira a mińa cara
-
7:44 - 7:47e dime qué pasa cando fago isto.
-
7:47 - 7:48De acordo?
-
7:48 - 7:49Paciente: Vale.
-
7:51 - 7:53Neurólogo: Un, dous, tres.
-
7:55 - 7:56[Paciente: Nada]
-
7:56 - 8:00Neurólogo: Nada? Vale.
Vouno facer unha vez máis. -
8:01 - 8:02Mira a mińa cara.
-
8:04 - 8:07Un, dous, tres.
-
8:08 - 8:11[Paciente: Acabas de transformarte
noutra persoa.] -
8:11 - 8:13[A túa cara sufriu unha metamorfose.]
-
8:13 - 8:16[O teu nariz volveuse fláccido,
caeu cara á esquerda.] -
8:16 - 8:20[Asemellábaste a alguén que xa vira antes]
-
8:20 - 8:22[pero non eras ti]
-
8:22 - 8:24[Foi unha alucinación]
-
8:24 - 8:27(Gargallada)
-
8:28 - 8:29Este experimento
-
8:29 - 8:32(Aplauso)
-
8:33 - 8:36...este experimento esclarece finalmente
a cuestión -
8:36 - 8:38de que esta rexión do cerebro
-
8:38 - 8:40non soamente reacciona
selectivamente ás caras -
8:40 - 8:43senón que está causalmente relacionada
coa percepción de caras. -
8:43 - 8:46Repasei todos estes detalles sobre
a rexión das caras -
8:46 - 8:48para amosarvos que é o que fai falla
-
8:48 - 8:50para confirmar que unha parte do cerebro
-
8:50 - 8:53está relacionada
cun proceso mental específico. -
8:53 - 8:55De seguido vou amosar moito máis á présa
-
8:55 - 8:58algunhas outras rexións do cerebro
especializadas -
8:58 - 9:00que nós e mais outros grupos atopamos.
-
9:00 - 9:02Botei moito tempo no escáner
-
9:02 - 9:03o último mes
-
9:03 - 9:07para poder amosárvolas no meu cerebro.
Así que, imos aló! -
9:07 - 9:09Aquí está o meu hemisferio dereito.
-
9:09 - 9:12Estades vendo a mińa cabeza dende aquí.
-
9:12 - 9:13Imaxinade que quitamos o cranio
-
9:13 - 9:15e vemos a superficie do cerebro así.
-
9:15 - 9:16Como podedes ver
-
9:16 - 9:19a superficie do cerebro está
completamente pregada. -
9:19 - 9:21Iso non é bo, podería haber
cousas agochadas aí dentro. -
9:21 - 9:23Querémolo ver enteiro,
-
9:23 - 9:25así que o imos inchar
para podelo ver completo. -
9:25 - 9:28Agora busquemos esa área das caras
da que estiven falando, -
9:28 - 9:30que reacciona ante imaxes coma estas.
-
9:30 - 9:32Para vela, viremos o cerebro
-
9:32 - 9:34e observemos a superficie interna
da parte inferior. -
9:34 - 9:36E velaquí a temos,
esa é a mińa área das caras. -
9:36 - 9:39Xusto á dereita desa hai outra rexión,
-
9:39 - 9:41sinalada en cor morada,
-
9:41 - 9:44que reacciona cando procesamos
información sobre cores; -
9:44 - 9:46e preto desas rexións hai outras
-
9:46 - 9:48implicadas na percepción de lugares.
-
9:48 - 9:52Agora mesmo estou vendo a disposición
do espazo ao meu redor -
9:52 - 9:53e esas rexións verdes de aí
-
9:53 - 9:55están moi activas.
-
9:55 - 9:57Hai outra na superficie exterior,
-
9:57 - 10:00onde atopamos tamén
outro par de rexións das caras. -
10:00 - 10:01Moi preto destas
-
10:01 - 10:03hai unha rexión específica
-
10:03 - 10:06para o procesamento do movemento
que percibimos visualmente -
10:06 - 10:07coma eses puntos móbiles de aí;
-
10:07 - 10:10é esa marela da parte inferior.
-
10:10 - 10:12Preto de aí hai unha rexión que reacciona
-
10:12 - 10:16cando miramos imaxes de corpos
e partes do corpo -
10:16 - 10:19coma estas; a rexión amósase en verde lima
-
10:19 - 10:20na parte inferior do cerebro.
-
10:21 - 10:23Todas esas rexións que amosei
ata o de agora -
10:23 - 10:27están involucradas en aspectos específicos
da percepción visual. -
10:28 - 10:30E temos tamén rexións do cerebro
especializadas -
10:30 - 10:33noutros sentidos, coma a audición?
-
10:33 - 10:36Si! Se viramos un chisco o cerebro,
-
10:36 - 10:38aquí hai unha rexión en azul escuro
-
10:38 - 10:41da que demos conta hai un par de meses,
-
10:41 - 10:42e esta rexión reacciona fortemente
-
10:42 - 10:46cando oímos sons cun ton definido,
coma estes: -
10:46 - 10:48(Sirenas)
-
10:48 - 10:50(Música de violonchelo)
-
10:50 - 10:51(Timbre)
-
10:52 - 10:55En contraste, esa mesma rexión
non reacciona así -
10:55 - 10:57cando oímos sons que nos son familiares
-
10:57 - 10:59que non teńen un ton claro, coma estes:
-
10:59 - 11:01(Dentadas)
-
11:02 - 11:04(Redobre de tambores)
-
11:04 - 11:06(Cisterna)
-
11:07 - 11:08Ao lado da rexión do ton
-
11:08 - 11:12hai outro conxunto de rexións que
reaccionan de xeito específico -
11:12 - 11:14cando oímos falar a alguén.
-
11:14 - 11:16Agora vexamos estas mesmas rexións:
-
11:16 - 11:19No hemisferio esquerdo hai
unha disposición semellante -
11:19 - 11:20—non idéntica, pero semellante—
-
11:20 - 11:23e a meirande parte das rexións
están tamén aquí. -
11:23 - 11:25Porén, ás veces teńen diferente tamańo.
-
11:25 - 11:26Todo o que vos amosei ata o de agora
-
11:26 - 11:29son rexións involucradas en
diferentes aspectos da percepción: -
11:29 - 11:31visión e mais audición.
-
11:31 - 11:34Contamos con rexións do cerebro
especializadas nos procesos mentais -
11:34 - 11:36realmente sofisticados e complicados?
-
11:36 - 11:38Si que as temos!
-
11:38 - 11:41Aquí en rosa
están as mińas rexións da linguaxe. -
11:41 - 11:43É ben sabido desde hai moito
-
11:43 - 11:45que esa zona do cerebro
-
11:45 - 11:47está involucrada no procesamento
da linguaxe, -
11:47 - 11:49pero moi recentemente demostramos
-
11:49 - 11:50que esas rexións rosas
-
11:50 - 11:53reaccionan de xeito moi selectivo.
-
11:53 - 11:55Reaccionan cando entendemos
o significado dunha frase, -
11:55 - 11:58pero non cando realizamos
outros procesos mentais complexos -
11:58 - 12:00coma o cálculo mental
-
12:00 - 12:03ou cando memorizamos información
-
12:03 - 12:05ou apreciamos a complexa estrutura
-
12:05 - 12:08dunha peza musical.
-
12:09 - 12:13A rexión máis asombrosa
que se atopou ata agora -
12:13 - 12:15é esta turquesa de aquí.
-
12:16 - 12:18Esta rexión reacciona
-
12:18 - 12:22cando pensamos sobre
o que outra persoa está pensando. -
12:22 - 12:24Iso pode soar a tolemia,
-
12:24 - 12:28pero realmente, os seres humanos
facémolo todo o tempo. -
12:28 - 12:30Estades facendo isto cando vos decatades
-
12:30 - 12:32de que a vosa parella se vai inquietar
-
12:32 - 12:34se non chamades para avisar
de que ides chegar tarde. -
12:34 - 12:38Eu estou facendo isto con esa rexión
agora mesmo -
12:38 - 12:40cando me decato de que probablemente vós
-
12:40 - 12:41estaredes preguntándovos
-
12:41 - 12:44sobre todo ese territorio gris
inexplorado do cerebro. -
12:44 - 12:46"Que demo pasa con iso?"
-
12:46 - 12:48Ben, eu estoumo preguntando tamén!
-
12:48 - 12:50E actualmente estamos
realizando experimentos -
12:50 - 12:51para tratar de atopar
-
12:51 - 12:54outras especializacións do cerebro
-
12:54 - 12:57para outras funcións mentais
que sexan moi específicas. -
12:57 - 13:00Pero o que é máis importante,
non creo que teńamos -
13:00 - 13:02especializacións no cerebro
-
13:02 - 13:04para cada función mental importante,
-
13:04 - 13:08mesmo para funcións mentais que poden ser
críticas para a supervivencia. -
13:08 - 13:10De feito, hai uns anos
-
13:10 - 13:11un científico do meu laboratorio
-
13:11 - 13:12chegou a crer firmemente
-
13:12 - 13:14que atopara unha rexión do cerebro
-
13:14 - 13:16para percibir comida.
-
13:16 - 13:18E o escáner rexistraba
unha resposta intensa -
13:18 - 13:21cando a xente miraba imaxes coma esta.
-
13:21 - 13:24E ademais, atopou unha reacción similar
-
13:24 - 13:26nunha localización semellante
-
13:26 - 13:28en dez de cada doce suxeitos.
-
13:28 - 13:30Así que estaba bastante emocionado,
-
13:30 - 13:32e ía polo laboratorio
contándolle a todo o mundo -
13:32 - 13:33que ía asistir
-
13:33 - 13:35ao programa de Oprah Winfrey
co seu descubrimento. -
13:35 - 13:38Pero despois ideou
unha proba determinante: -
13:38 - 13:41Amosáballes aos suxeitos imaxes de comida
coma estas, -
13:41 - 13:44e mais imaxes con cores e formas
moi semellantes, -
13:44 - 13:48pero que non eran comida, coma estas.
-
13:48 - 13:50E a súa rexión reaccionaba do mesmo xeito
-
13:50 - 13:52a ámbolos dous grupos de imaxes.
-
13:52 - 13:54Así que non era unha área da comida,
-
13:54 - 13:57só unha rexión á que lle prestaban
as cores e as formas. -
13:57 - 13:58Adeus, Oprah.
-
14:00 - 14:02A cuestión é, xa que logo,
-
14:02 - 14:05como procesamos todo o demais
-
14:05 - 14:08para o que non temos
rexións especializadas do cerebro? -
14:08 - 14:09Eu creo que a resposta é
-
14:09 - 14:13que ademais deses compońentes moi
especializados que veño de describir, -
14:13 - 14:17temos tamén unha morea de mecanismos
nas nosas cabezas, con obxectivos xerais -
14:17 - 14:18que nos permiten afrontar
-
14:18 - 14:20calquera problema que se presenta.
-
14:20 - 14:23De feito, recentemente descubrimos
-
14:23 - 14:25que esas rexións brancas de aí
-
14:25 - 14:27reaccionan sempre que facemos
-
14:27 - 14:29calquera tarefa mental difícil
-
14:29 - 14:32—ben, das sete que probamos.
-
14:33 - 14:35Así que cada rexión do cerebro
-
14:35 - 14:36que vos describín hoxe
-
14:36 - 14:39está presente máis ou menos
na mesma localización -
14:39 - 14:41en tódolos suxeitos normais.
-
14:41 - 14:42Podería collervos a calquera de vós
-
14:42 - 14:43metervos no escáner,
-
14:43 - 14:46e atoparía cada unha desas rexións
no voso cerebro. -
14:46 - 14:48E asemellaríase moito ao meu cerebro,
-
14:48 - 14:50aínda que as rexións
terían lixeiras diferenzas -
14:50 - 14:53na localización e no tamańo.
-
14:53 - 14:55O que me parece importante deste traballo
-
14:55 - 14:59non son as localizacións particulares
desas rexións cerebrais, -
14:59 - 15:02senón o simple feito de que temos
compońentes da mente e do cerebro -
15:02 - 15:04selectivos, específicos.
-
15:04 - 15:05Iso en primeiro lugar.
-
15:05 - 15:08Podería ser doutro xeito!
-
15:08 - 15:09O cerebro podería ser
-
15:09 - 15:11un único procesador
cunha finalidade xeral, -
15:11 - 15:13máis semellante a un coitelo
-
15:13 - 15:15ca a unha navalla suíza.
-
15:15 - 15:18En lugar disto, o que as técnicas
de imaxe do cerebro amosan -
15:18 - 15:22é esta imaxe rica e interesante
da mente humana. -
15:22 - 15:23Así que temos esta imaxe,
-
15:23 - 15:25da maquinaria cun propósito moi xeral,
-
15:25 - 15:27ademais desta variedade sorprendente
-
15:27 - 15:31de compońentes tan especializados.
-
15:32 - 15:34Este proxecto acaba de comezar.
-
15:34 - 15:37Só demos as primeiras brochadas
-
15:37 - 15:39do noso retrato neuronal da mente humana.
-
15:39 - 15:43As cuestións máis fundamentais
permanecen sen resolver. -
15:43 - 15:46Por exemplo: que fai exactamente
cada una destas rexións? -
15:46 - 15:49Por que necesitamos
tres áreas para caras, -
15:49 - 15:50e tres áreas para lugares?
-
15:50 - 15:53Como se reparten o traballo entre elas?
-
15:53 - 15:56En segundo lugar: como están
todas estas cousas -
15:56 - 15:57conectadas no cerebro?
-
15:57 - 15:59Con imaxe de difusión
-
15:59 - 16:01podemos rastrexar feixes de neuronas
-
16:01 - 16:04que conectan diferentes partes do cerebro,
-
16:04 - 16:05e con este método amosado aquí,
-
16:05 - 16:09pódemos rastrexar as conexións
de neuronas individuais no cerebro, -
16:09 - 16:12o que potencialmente pode darnos algún día
un diagrama do cableado -
16:12 - 16:14do cerebro humano ao completo.
-
16:14 - 16:16En terceiro lugar: como se construíu
-
16:16 - 16:19toda esta estrutura tan sistemática
-
16:19 - 16:22durante o desenvolvemento infantil
-
16:22 - 16:25e mais na evolución da nosa especie?
-
16:25 - 16:27Para abordar cuestións coma estas,
-
16:27 - 16:29a comunidade científica está escaneando
-
16:29 - 16:31outras especies animais,
-
16:31 - 16:34e tamén nenas e nenos.
-
16:37 - 16:41Moita xente xustifica o alto custo
da investigación en neurociencia -
16:41 - 16:43sinalando que podería axudarnos algún día
-
16:43 - 16:47a tratar enfermidades do cerebro
coma o Alzheimer e mais o autismo. -
16:47 - 16:49É un obxectivo moi importante,
-
16:49 - 16:52e entusiasmaríame que o meu traballo
contribuíse a iso; -
16:52 - 16:55pero arranxar cousas rotas do mundo
-
16:55 - 16:58non é o único que paga a pena facer.
-
16:58 - 17:01O esforzo para entender a mente
e o cerebro do ser humano -
17:01 - 17:04paga a pena mesmo se non chegase
nunca a conducir -
17:04 - 17:06ao tratamento dunha soa enfermidade.
-
17:06 - 17:08Que podería ser máis emocionante
-
17:08 - 17:11ca comprender os mecanismos fundamentais
-
17:11 - 17:13que subxacen á experiencia humana,
-
17:13 - 17:16ca comprender, en esencia, quen somos?
-
17:16 - 17:19Isto é, creo, a maior misión científica
-
17:19 - 17:22de tódolos tempos.
-
17:22 - 17:28(Aplauso)
- Title:
- Un retrato neural da mente humana
- Speaker:
- Nancy Kanwisher
- Description:
-
A pioneira da tecnoloxía de imaxe do cerebro Nancy Kanwisher, que usa a imaxe por resonancia magnética funcional para ver a actividade das rexións cerebrais (frecuentemente as propias), comparte o que ela e mais os seus colegas aprenderon: O cerebro está constituído por compoñentes moi especializados e tamén por "maquinaria" polivalente. Outra sorpresa: que aínda nos falta moito por aprender.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 17:42
![]() |
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for A neural portrait of the human mind | |
![]() |
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for A neural portrait of the human mind | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for A neural portrait of the human mind | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for A neural portrait of the human mind | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for A neural portrait of the human mind | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for A neural portrait of the human mind | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for A neural portrait of the human mind | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for A neural portrait of the human mind |