WEBVTT 00:00:01.300 --> 00:00:02.420 Hoxe quérovos falar 00:00:02.420 --> 00:00:04.283 dun proxecto que están a levar a cabo 00:00:04.283 --> 00:00:06.310 científicos de todo o mundo 00:00:06.310 --> 00:00:09.598 para esbozar un retrato neuronal da mente humana. 00:00:09.598 --> 00:00:11.770 A idea central deste traballo 00:00:11.770 --> 00:00:13.798 é que a mente e mais o cerebro humanos 00:00:13.798 --> 00:00:16.645 non son un só procesador cunha única finalidade xeral, 00:00:16.645 --> 00:00:20.027 senón unha agrupación de compońentes altamente especializados, 00:00:20.027 --> 00:00:22.910 que resolven cadanseu problema específico, 00:00:22.910 --> 00:00:25.246 e que colectivamente constitúen 00:00:25.246 --> 00:00:29.482 quen somos nós como seres humanos e pensadores. 00:00:29.482 --> 00:00:31.288 Para que comprendades esta idea, 00:00:31.288 --> 00:00:33.742 imaxinade o seguinte escenario: 00:00:33.742 --> 00:00:35.938 Entrades na gardería da vosa filla. 00:00:35.938 --> 00:00:38.195 Coma decotío, hai unha ducia de cativas alí 00:00:38.195 --> 00:00:39.766 agardando para seren recollidas. 00:00:39.766 --> 00:00:41.398 Pero desta volta, 00:00:41.398 --> 00:00:44.383 as caras das nenas son estrańamente semellantes, 00:00:44.383 --> 00:00:47.191 e non sodes quen de recońecer cal das nenas é a vosa. 00:00:47.191 --> 00:00:48.940 Necesitades lentes novas? 00:00:48.940 --> 00:00:50.848 Estades perdendo a cabeza? 00:00:50.848 --> 00:00:53.000 Facedes axińa un repaso mental. 00:00:53.000 --> 00:00:55.514 Non, parece que podedes pensar con claridade, 00:00:55.514 --> 00:00:57.815 e a vosa visión é perfectamente nítida. 00:00:57.815 --> 00:00:59.374 Todo semella normal 00:00:59.374 --> 00:01:01.466 agás as caras das nenas. 00:01:01.466 --> 00:01:03.182 Podedes ver tódalas caras, 00:01:03.182 --> 00:01:05.170 pero non apreciades diferenza ningunha, 00:01:05.170 --> 00:01:07.148 e ningunha delas vos é familiar; 00:01:07.148 --> 00:01:09.386 só cando albiscades unha cinta do pelo laranxa 00:01:09.386 --> 00:01:11.282 atopades á vosa filla. 00:01:11.282 --> 00:01:14.847 Esta perda súbita da capacidade para recońecer caras 00:01:14.847 --> 00:01:16.473 acontécelle realmente á xente. 00:01:16.473 --> 00:01:18.307 Chámase prosopagnosia, 00:01:18.307 --> 00:01:19.538 e é consecuencia dun dano 00:01:19.538 --> 00:01:21.614 nunha zona particular do cerebro. 00:01:21.614 --> 00:01:23.114 O rechamante disto 00:01:23.114 --> 00:01:25.709 é que só resulta danado o recońecemento de caras; 00:01:25.709 --> 00:01:28.148 todo o demais está intacto. 00:01:28.148 --> 00:01:32.436 A prosopagnosia é unha das moitas patoloxías mentais 00:01:32.436 --> 00:01:36.431 sorprendentemente específicas que poden acontecer tras un dano cerebral. 00:01:36.431 --> 00:01:37.914 Estas síndromes, en conxunto, 00:01:37.914 --> 00:01:40.373 veńen suxerindo desde hai moito 00:01:40.373 --> 00:01:43.921 que a mente está dividida en diferentes compońentes, 00:01:43.921 --> 00:01:46.306 pero o esforzo por descubrir eses compońentes 00:01:46.306 --> 00:01:47.920 acelerouse coa invención 00:01:47.920 --> 00:01:50.502 da tecnoloxía de imaxe do cerebro, 00:01:50.502 --> 00:01:53.550 especialmente a imaxe por resonancia magnética. 00:01:53.550 --> 00:01:56.790 A resonancia magnética permítenos ver a anatomía interna 00:01:56.790 --> 00:01:58.376 cunha alta resolución. 00:01:58.376 --> 00:01:59.806 Vouvos amosar nuns intres 00:01:59.806 --> 00:02:03.158 un conxunto de imaxes transversais de resonancia ragnética 00:02:03.158 --> 00:02:04.776 dun obxecto familiar. 00:02:04.776 --> 00:02:05.991 Ímolas pasar moi rápido 00:02:05.991 --> 00:02:08.274 e ides tentar descifrar que obxecto é. 00:02:08.274 --> 00:02:09.965 Imos aló. 00:02:11.931 --> 00:02:14.090 Non é tan sinxelo. É unha alcachofa. 00:02:14.090 --> 00:02:15.760 De acordo, imos tentar outra, 00:02:15.760 --> 00:02:18.306 comezando pola base e indo cara a cúspide. 00:02:20.472 --> 00:02:22.223 Brócoli! é unha cabeza de brócoli. 00:02:22.223 --> 00:02:23.727 Non é bonita? Encántame. 00:02:23.727 --> 00:02:26.074 Velaquí temos outra. É un cerebro, por suposto. 00:02:26.074 --> 00:02:27.610 De feito é o meu cerebro. 00:02:27.610 --> 00:02:30.203 Estamos atravesando capas da mińa cabeza así 00:02:30.203 --> 00:02:32.491 Ese é o meu nariz arriba á dereita, 00:02:32.491 --> 00:02:35.020 e agora andamos por aquí, exactamente aquí. 00:02:35.020 --> 00:02:38.841 Esta imaxe é bonita, aínda que estea mal que o diga eu, 00:02:38.841 --> 00:02:40.863 pero só amosa anatomía. 00:02:40.863 --> 00:02:43.403 O avance realmente extraordinario coa imaxe funcional 00:02:43.403 --> 00:02:46.565 aconteceu cando a comunidade científica descubriu como facer imaxes 00:02:46.565 --> 00:02:49.010 que amosen non só anatomía, senón tamén actividade. 00:02:49.010 --> 00:02:51.245 É dicir, onde están activas as neuronas. 00:02:51.245 --> 00:02:52.751 Así é como funciona: 00:02:52.751 --> 00:02:54.218 os cerebros son como músculos. 00:02:54.218 --> 00:02:55.441 Cando se activan, 00:02:55.441 --> 00:02:58.745 necesitan que aumente o fluxo sanguíneo para abastecer esa actividade, 00:02:58.745 --> 00:03:02.133 e por sorte para nós, o control do fluxo sanguíneo ao cerebro é local. 00:03:02.133 --> 00:03:04.235 De xeito que se un grupo de neuronas por aquí 00:03:04.235 --> 00:03:05.705 comezan a se activar, 00:03:05.705 --> 00:03:08.420 o fluxo sanguíneo aumenta xusto aquí. 00:03:08.420 --> 00:03:12.051 A resonancia magnética funcional capta ese aumento de fluxo sanguíneo 00:03:12.051 --> 00:03:14.314 e produce unha resposta máis alta 00:03:14.314 --> 00:03:16.680 alí onde aumenta a actividade neuronal. 00:03:16.680 --> 00:03:18.520 Para pońervos un exemplo concreto 00:03:18.520 --> 00:03:21.685 de como funciona un experimento con resonancia magnética funcional, 00:03:21.685 --> 00:03:22.884 que podemos detectar nel 00:03:22.884 --> 00:03:24.110 e que non podemos, 00:03:24.110 --> 00:03:26.780 vou describir un dos primeiros estudos que fixen. 00:03:26.780 --> 00:03:31.748 Queríamos ver se algunha zona cerebral se especializaba no recońecemento de caras, 00:03:31.748 --> 00:03:34.570 e xa había razóns para pensar que tal zona existía, 00:03:34.570 --> 00:03:36.490 baseadas neste fenómeno da prosopagnosia 00:03:36.490 --> 00:03:38.613 que describín hai un momento, 00:03:38.613 --> 00:03:40.891 pero ninguén a vira nunca 00:03:40.891 --> 00:03:42.810 nunha persoa normal, 00:03:42.810 --> 00:03:44.866 así que nos dispuxemos a buscala. 00:03:44.866 --> 00:03:46.767 Eu fun o primeiro suxeito. 00:03:46.767 --> 00:03:49.029 Metinme no escáner, deiteime boca arriba, 00:03:49.029 --> 00:03:51.612 mantiven a cabeza tan inmóbil como puiden 00:03:51.612 --> 00:03:56.549 mentres miraba fixamente imaxes de caras coma estas 00:03:56.549 --> 00:03:58.730 e obxectos coma estes, 00:03:58.730 --> 00:04:03.795 e caras, e obxectos... durante horas. 00:04:03.795 --> 00:04:06.697 Como alguén que se aproxima ao récord mundial 00:04:06.697 --> 00:04:10.370 de horas botadas dentro dun escáner de resonancia magnética, 00:04:10.370 --> 00:04:12.182 podo dicir que unha das habilidades 00:04:12.182 --> 00:04:14.895 máis importantes na investigación con resonancia ragnética 00:04:14.895 --> 00:04:16.702 é o control da vexiga. 00:04:16.702 --> 00:04:17.915 (Risas) 00:04:17.915 --> 00:04:19.452 Cando saín do escáner 00:04:19.452 --> 00:04:21.688 fixen unha rápida análise dos datos, 00:04:21.688 --> 00:04:23.341 buscando zonas do meu cerebro 00:04:23.341 --> 00:04:26.077 que amosasen unha reacción máis forte cando miraba caras 00:04:26.077 --> 00:04:27.947 ca cando miraba obxectos. 00:04:27.947 --> 00:04:30.088 E isto foi o que atopei: 00:04:30.088 --> 00:04:33.774 Esta imaxe parece horríbel segundo os patróns de hoxe en día, 00:04:33.774 --> 00:04:36.582 pero naquel momento eu atopeina fermosa. 00:04:36.582 --> 00:04:38.532 O que amosa é esa rexión de aí, 00:04:38.532 --> 00:04:39.765 esa manchiña, 00:04:39.765 --> 00:04:41.562 do tamańo dunha oliva 00:04:41.562 --> 00:04:43.718 que está na base do meu cerebro 00:04:43.718 --> 00:04:46.924 a unha polgada de profundidade dende aquí. 00:04:46.924 --> 00:04:49.564 E o que fai esa parte do meu cerebro 00:04:49.564 --> 00:04:52.204 é xerar unha resposta máis alta na resonancia magnética, 00:04:52.204 --> 00:04:54.472 é dicir, unha actividade neuronal máis intensa, 00:04:54.472 --> 00:04:55.864 cando eu miraba caras 00:04:55.864 --> 00:04:58.130 ca cando miraba obxectos. 00:04:58.130 --> 00:04:59.490 Isto está moi ben, 00:04:59.490 --> 00:05:01.808 pero como sabemos que non é casualidade? 00:05:01.808 --> 00:05:03.228 Pois a maneira máis sinxela 00:05:03.228 --> 00:05:05.342 é facer de novo o experimento. 00:05:05.342 --> 00:05:06.981 Así que volvín ao escáner, 00:05:06.981 --> 00:05:09.412 mirei máis caras e máis obxectos 00:05:09.412 --> 00:05:11.601 e obtiven unha mancha semellante, 00:05:11.601 --> 00:05:13.496 e despois fíxeno outra vez, 00:05:13.496 --> 00:05:15.351 e outra vez, 00:05:15.351 --> 00:05:18.423 e outra, e outra, 00:05:18.423 --> 00:05:19.470 e foi nese momento 00:05:19.470 --> 00:05:22.411 cando decidín crer que era real. 00:05:22.411 --> 00:05:26.114 Pero aínda así, podía tratarse de algo estrańo no meu cerebro 00:05:26.114 --> 00:05:28.496 e que ninguén máis tivese aí esa mancha, 00:05:28.496 --> 00:05:31.121 así que para descubrilo, escaneamos un grupo de persoas 00:05:31.121 --> 00:05:33.477 e atopamos que case todas 00:05:33.477 --> 00:05:36.023 tińan esa pequena rexión para o procesamento de caras 00:05:36.023 --> 00:05:38.326 nunha zona similar do cerebro. 00:05:38.326 --> 00:05:40.244 Así que a seguinte cuestión era: 00:05:40.244 --> 00:05:41.848 que raio fai esa cousa realmente? 00:05:41.848 --> 00:05:45.610 Está especializada soamente no recońecemento de caras? 00:05:45.610 --> 00:05:46.960 Se cadra non, verdade? 00:05:46.960 --> 00:05:48.932 Se cadra non só reacciona con caras 00:05:48.932 --> 00:05:50.751 senón con calquera parte do corpo. 00:05:50.751 --> 00:05:53.160 Podería reaccionar con calquera cousa humana, 00:05:53.160 --> 00:05:54.740 ou algo vivo, 00:05:54.740 --> 00:05:56.266 ou algo redondo. 00:05:56.266 --> 00:05:59.000 O único xeito de estar realmente seguros de que esa rexión 00:05:59.000 --> 00:06:01.247 está especializada no recońecemento de caras 00:06:01.247 --> 00:06:03.750 é descartar todas esas hipóteses. 00:06:03.750 --> 00:06:06.240 Así que botamos boa parte dos seguintes dous anos 00:06:06.240 --> 00:06:07.487 escaneando suxeitos 00:06:07.487 --> 00:06:10.063 mentres ollaban moreas de imaxes de diferentes tipos, 00:06:10.063 --> 00:06:11.870 e observamos que esa parte do cerebro 00:06:11.870 --> 00:06:13.820 reacciona fortemente cando miramos 00:06:13.820 --> 00:06:17.243 imaxes de caras de calquera tipo, 00:06:17.243 --> 00:06:19.196 e reacciona moito menos 00:06:19.196 --> 00:06:22.155 con calquera imaxe que non sexa unha cara, 00:06:22.155 --> 00:06:23.700 como algunhas destas. 00:06:23.700 --> 00:06:25.849 Podemos entón concluír definitivamente 00:06:25.849 --> 00:06:29.019 que esta rexión é necesaria para o recońecemento de caras? 00:06:29.019 --> 00:06:30.182 Non. 00:06:30.182 --> 00:06:32.813 A tecnoloxía de imaxe do cerebro non pode revelar nunca 00:06:32.813 --> 00:06:34.893 se unha rexión é necesaria para algo. 00:06:34.893 --> 00:06:36.483 Todo o que se pode facer con ela 00:06:36.483 --> 00:06:38.381 é ver rexións acenderse e apagarse 00:06:38.381 --> 00:06:40.649 mentres a persoa pensa en diferentes cousas. 00:06:40.649 --> 00:06:44.070 Para saber se unha parte do cerebro é necesaria para unha función mental 00:06:44.070 --> 00:06:46.469 fai falla enredar con ela e ver que é o que pasa, 00:06:46.469 --> 00:06:48.744 e normalmente non chegamos a facer iso. 00:06:48.744 --> 00:06:51.258 Pero tivemos unha oportunidade magnífica 00:06:51.258 --> 00:06:53.752 cando moi recentemente un par de colegas meus 00:06:53.752 --> 00:06:56.863 fixeron probas con este home, que sofre epilepsia 00:06:56.863 --> 00:06:59.415 e que podemos ver aquí na súa cama do hospital. 00:06:59.415 --> 00:07:00.912 Ten postos eléctrodos 00:07:00.912 --> 00:07:02.773 na superficie do cerebro 00:07:02.773 --> 00:07:05.717 para identificar a orixe dos seus ataques. 00:07:05.717 --> 00:07:08.070 Así que, de pura casualidade 00:07:08.070 --> 00:07:10.019 resultou que dous dos eléctrodos 00:07:10.019 --> 00:07:13.242 estaban xusto enriba da área das caras. 00:07:13.242 --> 00:07:15.571 Así que co consentimento do paciente, 00:07:15.571 --> 00:07:18.158 os doutores preguntáronlle que acontecía 00:07:18.158 --> 00:07:22.174 cando estimulaban electricamente esa parte do cerebro. 00:07:22.174 --> 00:07:23.688 O paciente non sabía 00:07:23.688 --> 00:07:25.262 onde estaban eses eléctrodos, 00:07:25.262 --> 00:07:27.734 e nunca escoitara falar da rexión cerebral das caras. 00:07:27.734 --> 00:07:29.435 Vexamos que acontece. 00:07:29.435 --> 00:07:31.534 Comeza cunha condición control: 00:07:31.534 --> 00:07:33.941 aparece "Sham" [falso] case de xeito invisible 00:07:33.941 --> 00:07:35.751 en vermello na parte inferior esquerda 00:07:35.751 --> 00:07:37.933 cando non se lle aplica corrente. 00:07:37.933 --> 00:07:41.638 Primeiro ouviredes ao neurólogo falando co paciente. Vexamos. 00:07:41.748 --> 00:07:43.759 Neurólogo: Mira a mińa cara 00:07:43.759 --> 00:07:46.734 e dime qué pasa cando fago isto. 00:07:46.734 --> 00:07:47.628 De acordo? 00:07:47.888 --> 00:07:49.231 Paciente: Vale. 00:07:50.721 --> 00:07:52.991 Neurólogo: Un, dous, tres. 00:07:54.801 --> 00:07:55.886 [Paciente: Nada] 00:07:55.916 --> 00:07:59.693 Neurólogo: Nada? Vale. Vouno facer unha vez máis. 00:08:00.613 --> 00:08:01.827 Mira a mińa cara. 00:08:03.587 --> 00:08:06.607 Un, dous, tres. 00:08:08.257 --> 00:08:11.041 [Paciente: Acabas de transformarte noutra persoa.] 00:08:11.041 --> 00:08:12.968 [A túa cara sufriu unha metamorfose.] 00:08:12.968 --> 00:08:16.279 [O teu nariz volveuse fláccido, caeu cara á esquerda.] 00:08:16.279 --> 00:08:19.815 [Asemellábaste a alguén que xa vira antes] 00:08:19.815 --> 00:08:22.389 [pero non eras ti] 00:08:22.389 --> 00:08:24.001 [Foi unha alucinación] 00:08:24.361 --> 00:08:26.913 (Gargallada) 00:08:27.653 --> 00:08:28.988 Este experimento 00:08:29.158 --> 00:08:32.410 (Aplauso) 00:08:33.280 --> 00:08:36.102 ...este experimento esclarece finalmente a cuestión 00:08:36.102 --> 00:08:37.668 de que esta rexión do cerebro 00:08:37.668 --> 00:08:39.995 non soamente reacciona selectivamente ás caras 00:08:39.995 --> 00:08:43.179 senón que está causalmente relacionada coa percepción de caras. 00:08:43.179 --> 00:08:45.830 Repasei todos estes detalles sobre a rexión das caras 00:08:45.830 --> 00:08:47.924 para amosarvos que é o que fai falla 00:08:47.924 --> 00:08:50.113 para confirmar que unha parte do cerebro 00:08:50.113 --> 00:08:53.241 está relacionada cun proceso mental específico. 00:08:53.241 --> 00:08:55.400 De seguido vou amosar moito máis á présa 00:08:55.400 --> 00:08:58.060 algunhas outras rexións do cerebro especializadas 00:08:58.060 --> 00:09:00.160 que nós e mais outros grupos atopamos. 00:09:00.300 --> 00:09:02.204 Botei moito tempo no escáner 00:09:02.204 --> 00:09:03.401 o último mes 00:09:03.401 --> 00:09:07.222 para poder amosárvolas no meu cerebro. Así que, imos aló! 00:09:07.282 --> 00:09:09.225 Aquí está o meu hemisferio dereito. 00:09:09.225 --> 00:09:11.687 Estades vendo a mińa cabeza dende aquí. 00:09:11.687 --> 00:09:13.360 Imaxinade que quitamos o cranio 00:09:13.360 --> 00:09:15.418 e vemos a superficie do cerebro así. 00:09:15.418 --> 00:09:16.326 Como podedes ver 00:09:16.326 --> 00:09:18.789 a superficie do cerebro está completamente pregada. 00:09:18.789 --> 00:09:21.370 Iso non é bo, podería haber cousas agochadas aí dentro. 00:09:21.370 --> 00:09:22.504 Querémolo ver enteiro, 00:09:22.504 --> 00:09:25.386 así que o imos inchar para podelo ver completo. 00:09:25.386 --> 00:09:28.215 Agora busquemos esa área das caras da que estiven falando, 00:09:28.215 --> 00:09:30.272 que reacciona ante imaxes coma estas. 00:09:30.272 --> 00:09:31.641 Para vela, viremos o cerebro 00:09:31.641 --> 00:09:34.130 e observemos a superficie interna da parte inferior. 00:09:34.130 --> 00:09:36.435 E velaquí a temos, esa é a mińa área das caras. 00:09:36.435 --> 00:09:38.992 Xusto á dereita desa hai outra rexión, 00:09:38.992 --> 00:09:40.630 sinalada en cor morada, 00:09:40.630 --> 00:09:43.702 que reacciona cando procesamos información sobre cores; 00:09:43.702 --> 00:09:46.393 e preto desas rexións hai outras 00:09:46.393 --> 00:09:48.376 implicadas na percepción de lugares. 00:09:48.376 --> 00:09:51.794 Agora mesmo estou vendo a disposición do espazo ao meu redor 00:09:51.794 --> 00:09:53.346 e esas rexións verdes de aí 00:09:53.346 --> 00:09:54.620 están moi activas. 00:09:54.620 --> 00:09:56.900 Hai outra na superficie exterior, 00:09:56.900 --> 00:09:59.715 onde atopamos tamén outro par de rexións das caras. 00:09:59.795 --> 00:10:01.250 Moi preto destas 00:10:01.250 --> 00:10:02.665 hai unha rexión específica 00:10:02.665 --> 00:10:05.721 para o procesamento do movemento que percibimos visualmente 00:10:05.721 --> 00:10:07.225 coma eses puntos móbiles de aí; 00:10:07.225 --> 00:10:09.754 é esa marela da parte inferior. 00:10:09.914 --> 00:10:12.422 Preto de aí hai unha rexión que reacciona 00:10:12.422 --> 00:10:15.979 cando miramos imaxes de corpos e partes do corpo 00:10:15.979 --> 00:10:18.724 coma estas; a rexión amósase en verde lima 00:10:18.724 --> 00:10:20.467 na parte inferior do cerebro. 00:10:20.777 --> 00:10:23.359 Todas esas rexións que amosei ata o de agora 00:10:23.359 --> 00:10:27.361 están involucradas en aspectos específicos da percepción visual. 00:10:27.691 --> 00:10:29.939 E temos tamén rexións do cerebro especializadas 00:10:29.939 --> 00:10:32.752 noutros sentidos, coma a audición? 00:10:32.752 --> 00:10:35.789 Si! Se viramos un chisco o cerebro, 00:10:35.789 --> 00:10:38.190 aquí hai unha rexión en azul escuro 00:10:38.190 --> 00:10:40.536 da que demos conta hai un par de meses, 00:10:40.536 --> 00:10:42.170 e esta rexión reacciona fortemente 00:10:42.170 --> 00:10:45.599 cando oímos sons cun ton definido, coma estes: 00:10:45.599 --> 00:10:47.512 (Sirenas) 00:10:47.602 --> 00:10:49.733 (Música de violonchelo) 00:10:49.823 --> 00:10:51.480 (Timbre) 00:10:51.740 --> 00:10:54.708 En contraste, esa mesma rexión non reacciona así 00:10:54.708 --> 00:10:56.910 cando oímos sons que nos son familiares 00:10:56.910 --> 00:10:59.272 que non teńen un ton claro, coma estes: 00:10:59.272 --> 00:11:01.381 (Dentadas) 00:11:01.591 --> 00:11:03.651 (Redobre de tambores) 00:11:03.791 --> 00:11:06.328 (Cisterna) 00:11:06.808 --> 00:11:08.436 Ao lado da rexión do ton 00:11:08.436 --> 00:11:11.700 hai outro conxunto de rexións que reaccionan de xeito específico 00:11:11.700 --> 00:11:13.905 cando oímos falar a alguén. 00:11:14.445 --> 00:11:16.265 Agora vexamos estas mesmas rexións: 00:11:16.265 --> 00:11:18.783 No hemisferio esquerdo hai unha disposición semellante 00:11:18.783 --> 00:11:20.406 —non idéntica, pero semellante— 00:11:20.406 --> 00:11:22.665 e a meirande parte das rexións están tamén aquí. 00:11:22.665 --> 00:11:24.567 Porén, ás veces teńen diferente tamańo. 00:11:24.567 --> 00:11:26.451 Todo o que vos amosei ata o de agora 00:11:26.451 --> 00:11:29.477 son rexións involucradas en diferentes aspectos da percepción: 00:11:29.477 --> 00:11:31.040 visión e mais audición. 00:11:31.040 --> 00:11:34.190 Contamos con rexións do cerebro especializadas nos procesos mentais 00:11:34.190 --> 00:11:36.405 realmente sofisticados e complicados? 00:11:36.405 --> 00:11:37.644 Si que as temos! 00:11:37.834 --> 00:11:41.223 Aquí en rosa están as mińas rexións da linguaxe. 00:11:41.223 --> 00:11:42.651 É ben sabido desde hai moito 00:11:42.651 --> 00:11:44.686 que esa zona do cerebro 00:11:44.686 --> 00:11:46.879 está involucrada no procesamento da linguaxe, 00:11:46.879 --> 00:11:48.611 pero moi recentemente demostramos 00:11:48.611 --> 00:11:50.321 que esas rexións rosas 00:11:50.321 --> 00:11:52.526 reaccionan de xeito moi selectivo. 00:11:52.526 --> 00:11:55.338 Reaccionan cando entendemos o significado dunha frase, 00:11:55.338 --> 00:11:58.176 pero non cando realizamos outros procesos mentais complexos 00:11:58.176 --> 00:12:00.355 coma o cálculo mental 00:12:00.355 --> 00:12:02.751 ou cando memorizamos información 00:12:02.751 --> 00:12:05.406 ou apreciamos a complexa estrutura 00:12:05.406 --> 00:12:07.590 dunha peza musical. 00:12:09.484 --> 00:12:12.553 A rexión máis asombrosa que se atopou ata agora 00:12:12.553 --> 00:12:15.410 é esta turquesa de aquí. 00:12:15.860 --> 00:12:18.050 Esta rexión reacciona 00:12:18.050 --> 00:12:22.218 cando pensamos sobre o que outra persoa está pensando. 00:12:22.318 --> 00:12:23.962 Iso pode soar a tolemia, 00:12:23.962 --> 00:12:27.830 pero realmente, os seres humanos facémolo todo o tempo. 00:12:27.830 --> 00:12:29.873 Estades facendo isto cando vos decatades 00:12:29.873 --> 00:12:31.684 de que a vosa parella se vai inquietar 00:12:31.684 --> 00:12:34.161 se non chamades para avisar de que ides chegar tarde. 00:12:34.161 --> 00:12:37.630 Eu estou facendo isto con esa rexión agora mesmo 00:12:37.630 --> 00:12:39.911 cando me decato de que probablemente vós 00:12:39.911 --> 00:12:41.369 estaredes preguntándovos 00:12:41.369 --> 00:12:44.056 sobre todo ese territorio gris inexplorado do cerebro. 00:12:44.056 --> 00:12:46.020 "Que demo pasa con iso?" 00:12:46.020 --> 00:12:47.805 Ben, eu estoumo preguntando tamén! 00:12:47.805 --> 00:12:50.200 E actualmente estamos realizando experimentos 00:12:50.200 --> 00:12:51.303 para tratar de atopar 00:12:51.303 --> 00:12:53.865 outras especializacións do cerebro 00:12:53.865 --> 00:12:57.153 para outras funcións mentais que sexan moi específicas. 00:12:57.423 --> 00:13:00.134 Pero o que é máis importante, non creo que teńamos 00:13:00.134 --> 00:13:01.698 especializacións no cerebro 00:13:01.698 --> 00:13:04.194 para cada función mental importante, 00:13:04.194 --> 00:13:07.773 mesmo para funcións mentais que poden ser críticas para a supervivencia. 00:13:07.773 --> 00:13:09.535 De feito, hai uns anos 00:13:09.535 --> 00:13:11.182 un científico do meu laboratorio 00:13:11.182 --> 00:13:12.481 chegou a crer firmemente 00:13:12.481 --> 00:13:14.230 que atopara unha rexión do cerebro 00:13:14.230 --> 00:13:15.942 para percibir comida. 00:13:15.942 --> 00:13:18.220 E o escáner rexistraba unha resposta intensa 00:13:18.220 --> 00:13:20.638 cando a xente miraba imaxes coma esta. 00:13:20.788 --> 00:13:23.700 E ademais, atopou unha reacción similar 00:13:23.700 --> 00:13:25.639 nunha localización semellante 00:13:25.639 --> 00:13:27.520 en dez de cada doce suxeitos. 00:13:27.520 --> 00:13:29.604 Así que estaba bastante emocionado, 00:13:29.604 --> 00:13:31.864 e ía polo laboratorio contándolle a todo o mundo 00:13:31.864 --> 00:13:32.906 que ía asistir 00:13:32.906 --> 00:13:35.254 ao programa de Oprah Winfrey co seu descubrimento. 00:13:35.254 --> 00:13:38.236 Pero despois ideou unha proba determinante: 00:13:38.236 --> 00:13:41.419 Amosáballes aos suxeitos imaxes de comida coma estas, 00:13:41.419 --> 00:13:44.160 e mais imaxes con cores e formas moi semellantes, 00:13:44.160 --> 00:13:47.870 pero que non eran comida, coma estas. 00:13:47.970 --> 00:13:50.101 E a súa rexión reaccionaba do mesmo xeito 00:13:50.101 --> 00:13:51.780 a ámbolos dous grupos de imaxes. 00:13:51.780 --> 00:13:53.707 Así que non era unha área da comida, 00:13:53.707 --> 00:13:56.568 só unha rexión á que lle prestaban as cores e as formas. 00:13:56.568 --> 00:13:58.469 Adeus, Oprah. 00:14:00.483 --> 00:14:01.788 A cuestión é, xa que logo, 00:14:01.788 --> 00:14:04.524 como procesamos todo o demais 00:14:04.524 --> 00:14:07.664 para o que non temos rexións especializadas do cerebro? 00:14:07.664 --> 00:14:09.275 Eu creo que a resposta é 00:14:09.275 --> 00:14:13.169 que ademais deses compońentes moi especializados que veño de describir, 00:14:13.169 --> 00:14:16.958 temos tamén unha morea de mecanismos nas nosas cabezas, con obxectivos xerais 00:14:16.958 --> 00:14:18.442 que nos permiten afrontar 00:14:18.442 --> 00:14:20.448 calquera problema que se presenta. 00:14:20.448 --> 00:14:22.503 De feito, recentemente descubrimos 00:14:22.503 --> 00:14:24.571 que esas rexións brancas de aí 00:14:24.571 --> 00:14:26.972 reaccionan sempre que facemos 00:14:26.972 --> 00:14:28.983 calquera tarefa mental difícil 00:14:28.983 --> 00:14:31.504 —ben, das sete que probamos. 00:14:32.654 --> 00:14:34.653 Así que cada rexión do cerebro 00:14:34.653 --> 00:14:36.129 que vos describín hoxe 00:14:36.129 --> 00:14:38.896 está presente máis ou menos na mesma localización 00:14:38.896 --> 00:14:40.548 en tódolos suxeitos normais. 00:14:40.548 --> 00:14:42.261 Podería collervos a calquera de vós 00:14:42.261 --> 00:14:43.347 metervos no escáner, 00:14:43.347 --> 00:14:45.772 e atoparía cada unha desas rexións no voso cerebro. 00:14:45.772 --> 00:14:47.677 E asemellaríase moito ao meu cerebro, 00:14:47.677 --> 00:14:49.897 aínda que as rexións terían lixeiras diferenzas 00:14:49.897 --> 00:14:52.871 na localización e no tamańo. 00:14:53.141 --> 00:14:55.406 O que me parece importante deste traballo 00:14:55.406 --> 00:14:58.635 non son as localizacións particulares desas rexións cerebrais, 00:14:58.635 --> 00:15:01.832 senón o simple feito de que temos compońentes da mente e do cerebro 00:15:01.832 --> 00:15:03.540 selectivos, específicos. 00:15:03.800 --> 00:15:05.448 Iso en primeiro lugar. 00:15:05.448 --> 00:15:07.659 Podería ser doutro xeito! 00:15:07.659 --> 00:15:09.460 O cerebro podería ser 00:15:09.460 --> 00:15:11.485 un único procesador cunha finalidade xeral, 00:15:11.485 --> 00:15:13.007 máis semellante a un coitelo 00:15:13.007 --> 00:15:14.550 ca a unha navalla suíza. 00:15:14.550 --> 00:15:17.661 En lugar disto, o que as técnicas de imaxe do cerebro amosan 00:15:17.661 --> 00:15:21.507 é esta imaxe rica e interesante da mente humana. 00:15:21.507 --> 00:15:23.040 Así que temos esta imaxe, 00:15:23.040 --> 00:15:25.040 da maquinaria cun propósito moi xeral, 00:15:25.040 --> 00:15:27.397 ademais desta variedade sorprendente 00:15:27.397 --> 00:15:30.572 de compońentes tan especializados. 00:15:31.712 --> 00:15:33.865 Este proxecto acaba de comezar. 00:15:33.865 --> 00:15:36.641 Só demos as primeiras brochadas 00:15:36.641 --> 00:15:39.468 do noso retrato neuronal da mente humana. 00:15:39.468 --> 00:15:42.550 As cuestións máis fundamentais permanecen sen resolver. 00:15:42.650 --> 00:15:46.320 Por exemplo: que fai exactamente cada una destas rexións? 00:15:46.320 --> 00:15:48.592 Por que necesitamos tres áreas para caras, 00:15:48.592 --> 00:15:50.057 e tres áreas para lugares? 00:15:50.057 --> 00:15:52.685 Como se reparten o traballo entre elas? 00:15:52.925 --> 00:15:55.618 En segundo lugar: como están todas estas cousas 00:15:55.618 --> 00:15:57.330 conectadas no cerebro? 00:15:57.330 --> 00:15:58.917 Con imaxe de difusión 00:15:58.917 --> 00:16:01.096 podemos rastrexar feixes de neuronas 00:16:01.096 --> 00:16:03.671 que conectan diferentes partes do cerebro, 00:16:03.671 --> 00:16:05.302 e con este método amosado aquí, 00:16:05.302 --> 00:16:08.999 pódemos rastrexar as conexións de neuronas individuais no cerebro, 00:16:08.999 --> 00:16:12.097 o que potencialmente pode darnos algún día un diagrama do cableado 00:16:12.097 --> 00:16:13.783 do cerebro humano ao completo. 00:16:13.783 --> 00:16:15.940 En terceiro lugar: como se construíu 00:16:15.940 --> 00:16:18.979 toda esta estrutura tan sistemática 00:16:18.979 --> 00:16:21.935 durante o desenvolvemento infantil 00:16:21.935 --> 00:16:24.557 e mais na evolución da nosa especie? 00:16:24.657 --> 00:16:26.647 Para abordar cuestións coma estas, 00:16:26.647 --> 00:16:28.600 a comunidade científica está escaneando 00:16:28.600 --> 00:16:30.587 outras especies animais, 00:16:30.587 --> 00:16:34.053 e tamén nenas e nenos. 00:16:36.831 --> 00:16:40.692 Moita xente xustifica o alto custo da investigación en neurociencia 00:16:40.692 --> 00:16:43.236 sinalando que podería axudarnos algún día 00:16:43.236 --> 00:16:46.793 a tratar enfermidades do cerebro coma o Alzheimer e mais o autismo. 00:16:46.793 --> 00:16:48.740 É un obxectivo moi importante, 00:16:48.740 --> 00:16:51.961 e entusiasmaríame que o meu traballo contribuíse a iso; 00:16:51.961 --> 00:16:54.959 pero arranxar cousas rotas do mundo 00:16:54.959 --> 00:16:57.670 non é o único que paga a pena facer. 00:16:57.760 --> 00:17:00.988 O esforzo para entender a mente e o cerebro do ser humano 00:17:00.988 --> 00:17:03.806 paga a pena mesmo se non chegase nunca a conducir 00:17:03.806 --> 00:17:05.713 ao tratamento dunha soa enfermidade. 00:17:05.713 --> 00:17:07.520 Que podería ser máis emocionante 00:17:07.520 --> 00:17:10.661 ca comprender os mecanismos fundamentais 00:17:10.661 --> 00:17:12.957 que subxacen á experiencia humana, 00:17:12.957 --> 00:17:15.883 ca comprender, en esencia, quen somos? 00:17:15.883 --> 00:17:19.332 Isto é, creo, a maior misión científica 00:17:19.332 --> 00:17:22.045 de tódolos tempos. 00:17:22.045 --> 00:17:27.515 (Aplauso)