Chimamanda Adichie: O perigo dunha única historia
-
0:00 - 0:02Son escritora.
-
0:02 - 0:05E gustaríame contarvos
un par de historias persoais -
0:05 - 0:10sobre o que me gusta chamar
"O perigo dunha única historia". -
0:10 - 0:14Crecín nun campus universitario
no leste de Nixeria. -
0:14 - 0:17A miña nai di
que empecei a ler ós dous anos, -
0:17 - 0:22pero eu creo que catro
é unha cifra máis certa. -
0:22 - 0:24Así que fun unha lectora temperana
e o que lía -
0:24 - 0:27eran libros infantís británicos
e estadounidenses. -
0:27 - 0:30Tamén fun unha escritora temperana.
-
0:30 - 0:34E cando comecei a escribir,
sobre os sete anos, -
0:34 - 0:36historias en lapis
con ilustracións en ceras -
0:36 - 0:39que a miña pobre nai
estaba obrigada a ler, -
0:39 - 0:43escribía exactamente
o tipo de historias que lía. -
0:43 - 0:48Todas as miñas personaxes
eran brancas e de ollos azuis. -
0:48 - 0:50Xogaban na neve.
-
0:50 - 0:52Comían mazás.
-
0:52 - 0:54(Risas)
-
0:54 - 0:56E falaban moito sobre o tempo,
-
0:56 - 0:58o bonito que era que saíra o sol.
-
0:58 - 1:00(Risas)
-
1:00 - 1:03E todo isto malia o feito
de que vivía en Nixeria. -
1:03 - 1:07Nunca estivera fóra de Nixeria.
-
1:07 - 1:10Non tiñamos neve. Comiamos mangos.
-
1:10 - 1:12E nunca falabamos sobre o tempo,
-
1:12 - 1:14porque non había necesidade.
-
1:14 - 1:17As miñas personaxes
tamén bebían cervexa de xenxibre -
1:17 - 1:19porque as personaxes
dos libros británicos que lía -
1:19 - 1:21bebían cervexa de xenxibre.
-
1:21 - 1:24Tanto tiña que non tivera
nin idea do que era. -
1:24 - 1:25(Risas)
-
1:25 - 1:28E durante moitos anos
tería un desexo desesperado -
1:28 - 1:30de probar a cervexa de xenxibre.
-
1:30 - 1:32Pero esa é outra historia.
-
1:32 - 1:34Creo que o que isto demostra
-
1:34 - 1:37é o impresionable e vulnerable que somos
-
1:37 - 1:39fronte a unha historia,
-
1:39 - 1:41sobre todo de nenos.
-
1:41 - 1:43Como todo o que lera eran libros
-
1:43 - 1:45nos que as personaxes era estranxeiras
-
1:45 - 1:47estaba convencida de que os libros
-
1:47 - 1:50por natureza
tiñan que ter estranxeiros neles, -
1:50 - 1:52e tiñan que tratar sobre cousas
-
1:52 - 1:55coas que non me podía identificar.
-
1:55 - 1:59As cousas cambiaron
cando descubrín libros africanos. -
1:59 - 2:01Non había moitos dispoñibles
-
2:01 - 2:03e non eran tan sinxelos de atopar
como os estranxeiros. -
2:03 - 2:07Pero grazas a escritores
como Chinua Achebe e Camara Laye -
2:07 - 2:09Atravesei un cambio mental
na miña percepción -
2:09 - 2:11da literatura.
-
2:11 - 2:13Deime de conta de que xente coma min,
-
2:13 - 2:15nenas coa pel da cor do chocolate,
-
2:15 - 2:18co pelo enmarañado
que non formaba coletas, -
2:18 - 2:20tamén podían existir na literatura.
-
2:20 - 2:24Comecei a escribir
sobre cousas que recoñecía. -
2:24 - 2:28Encantábanme eses libros británicos
e estadounidenses que lía. -
2:28 - 2:32Espertaban a miña imaxinación.
Abríronme novos mundos. -
2:32 - 2:34Pero a consecuencia non deliberada
-
2:34 - 2:36foi que non souben que a xente coma min
-
2:36 - 2:38podía existir na literatura.
-
2:38 - 2:42Así que o que o descubrimento dos escritores
africanos fixo por min foi isto: -
2:42 - 2:45Salvoume de ter unha única historia
-
2:45 - 2:47do que eran os libros.
-
2:47 - 2:50Eu proveño dunha familia convencional
de clase media nixeriana. -
2:50 - 2:52O meu pai era mestre.
-
2:52 - 2:55A miña nai era administradora.
-
2:55 - 2:58Tiñamos, como era a norma,
-
2:58 - 3:03axuda doméstica residente,
que a cotío viñan de vilas rurais próximas. -
3:03 - 3:07No ano en que cumprín oito
tiñamos a un novo neno na casa. -
3:07 - 3:09Chamábase Fide.
-
3:09 - 3:12O único que nos dixo a miña nai sobre el
-
3:12 - 3:15foi que a súa familia era moi pobre.
-
3:15 - 3:17A miña nai enviou ñame, arroz
-
3:17 - 3:20e roupa vella a súa familia.
-
3:20 - 3:22E cando non remataba a cea
a miña nai dicía: -
3:22 - 3:27"¡Acaba a comida! ¿Non sabes que xente
como a familia de Fide non teñen nada?" -
3:27 - 3:31Entón sentía unha mágoa enorme
pola familia de Fide. -
3:31 - 3:34Un sábado fomos de visita á súa vila.
-
3:34 - 3:38E a súa nai amosounos unha cesta
maravillosamente estampada, -
3:38 - 3:41feita con rafia tinguida,
que fixera o seu irmán. -
3:41 - 3:43Asusteime.
-
3:43 - 3:46Non se me ocorrera
que alguén da súa familia -
3:46 - 3:49puidera realmente facer algo.
-
3:49 - 3:52Todo o que escoitara deles
era o pobres que eran, -
3:52 - 3:54así que érame imposible miralos
-
3:54 - 3:57como algo máis que pobres.
-
3:57 - 4:01A súa pobreza
era a miña única historia deles. -
4:01 - 4:03Anos máis tarde,
pensei nisto cando deixei Nixeria. -
4:03 - 4:06para ir a universidade nos Estados Unidos.
-
4:06 - 4:08Tiña 19.
-
4:08 - 4:12A miña compañeira de cuarto americana
sorprendeuse. -
4:12 - 4:15Preguntoume onde aprendera
a falar inglés tan ben -
4:15 - 4:17e estaba desconcertada
cando lle dixen que en Nixeria -
4:17 - 4:22tiña o inglés como lingua oficial.
-
4:22 - 4:26Preguntoume se podería escoitar
o que ela chamou a miña "música tribal", -
4:26 - 4:28e en consecuencia se desilusionou moito
-
4:28 - 4:30cando lle ensinei a miña cinta
de Mariah Carey. -
4:30 - 4:33(Risas)
-
4:33 - 4:35Asumiu que non sabía
-
4:35 - 4:38como usar unha estufa.
-
4:38 - 4:40O que me paralizou foi isto:
ela sentía mágoa de min -
4:40 - 4:42incluso antes de verme.
-
4:42 - 4:46A súa posición por defecto cara a min,
como africana, -
4:46 - 4:50era un tipo de mágoa
condescendente e benévola. -
4:50 - 4:53A miña compañeira de cuarto
tiña unha única historia de África. -
4:53 - 4:56Unha única historia de catástrofe.
-
4:56 - 4:58Nesta única historia
non había a posibilidade -
4:58 - 5:02de que os africanos foran semellantes a ela
dalgunha maneira. -
5:02 - 5:05Non había a posibilidade de sentimentos
máis complexos cá mágoa. -
5:05 - 5:09Non había a posibilidade dunha conexión
como humanos iguais. -
5:09 - 5:11Debo dicir que antes de ir ós EE.UU
non me identificaba -
5:11 - 5:14conscientemente como africana.
-
5:14 - 5:17Pero nos EE.UU cada vez que xurdía África
a xente volvíase cara a min. -
5:17 - 5:21Non importaba que non soubera nada
de lugares como Namibia. -
5:21 - 5:23Pero cheguei a aceptar
esa nova identidade. -
5:23 - 5:26E agora en moitos aspectos
penso en min mesma como africana. -
5:26 - 5:28Mesmo que aínda me alporizo
-
5:28 - 5:30cando se refiren a África como un país.
-
5:30 - 5:34O exemplo máis recente foi no meu voo,
doutra maneira marabilloso, -
5:34 - 5:36dende Lagos hai dous días,
-
5:36 - 5:38no que houbo un anuncio no voo de Virgin
-
5:38 - 5:43sobre unha organización benéfica que traballa
en "India, África e outros países". -
5:43 - 5:44(Risas)
-
5:44 - 5:48Así que tras un par de anos
nos EE.UU como africana -
5:48 - 5:52comecei a entender a resposta
da miña compañeira de cuarto. -
5:52 - 5:55Se non crecera en Nixeria
e todo o que soubera de África -
5:55 - 5:57saíra das imaxes xeneralizadas
-
5:57 - 6:00tamén eu crería que África é un lugar
-
6:00 - 6:04de bonitas paisaxes e animais
-
6:04 - 6:06e xente incomprensible
-
6:06 - 6:09loitando en guerras sen sentido,
morrendo de pobreza e SIDA, -
6:09 - 6:12incapaces de falar por eles mesmos
-
6:12 - 6:14e agardando ser salvados
-
6:14 - 6:17por un amable estranxeiro branco.
-
6:17 - 6:19Miraría ós africanos da mesma maneira
-
6:19 - 6:23que de nena miraba á familia de Fide.
-
6:23 - 6:27Creo que a única historia de África
provén da literatura occidental. -
6:27 - 6:29Esta é unha cita sacada
-
6:29 - 6:32dos escritos dun mercante londiniense
chamado John Locke, -
6:32 - 6:35que navegou ata o oeste de África en 1561,
-
6:35 - 6:40e plasmou un fascinante relato
da súa viaxe. -
6:40 - 6:42Tras referirse ós africanos negros
-
6:42 - 6:44como "bestas que non teñen casas"
-
6:44 - 6:48escribiu: "tamén son persoas sen cabeza,
-
6:48 - 6:53teñen a boca e os ollos no peito".
-
6:53 - 6:55Eu río cada vez que leo isto.
-
6:55 - 6:59Debemos admirar
a imaxinación de John Locke. -
6:59 - 7:01Pero o que importa dos seus escritos
-
7:01 - 7:03é que representa o comezo
-
7:03 - 7:06da tradición de contar historias africanas
en occidente. -
7:06 - 7:09A tradición de identificar
á África subsahariana como un lugar -
7:09 - 7:11de negacións,
de diferenzas, de escuridade, -
7:11 - 7:15de xente que,
en palabras do marabilloso poeta -
7:15 - 7:17Rudyard Kipling
-
7:17 - 7:20son "metade diaños, metade nenos".
-
7:20 - 7:23Entón comecei a decatarme
de que a miña compañeira de cuarto -
7:23 - 7:25debeu, ó longo da súa vida,
-
7:25 - 7:27ver e escoitar diferentes versións
-
7:27 - 7:29desta única historia,
-
7:29 - 7:31como un profesor que tiven,
-
7:31 - 7:36que me dixo unha vez que a miña novela
non era "autenticamente africana". -
7:36 - 7:38Estaba disposta a argüír
que había un par de cousas -
7:38 - 7:40que estaban mal na novela,
-
7:40 - 7:44que puxera mal un par de lugares.
-
7:44 - 7:46Pero non podía imaxinar que fracasara
-
7:46 - 7:49en conseguir algo chamado
a autenticidade africana. -
7:49 - 7:51De feito non sabía
-
7:51 - 7:54o que era a autenticidade africana.
-
7:54 - 7:56O profesor díxome que as miñas personaxes
-
7:56 - 7:58parecíanse demasiado a el,
-
7:58 - 8:00un home douto de clase media
-
8:00 - 8:02As miñas personaxes conducían coches.
-
8:02 - 8:05Non morrían de fame.
-
8:05 - 8:09Polo tanto non eran auténticos africanos.
-
8:09 - 8:12Pero debo engadir
que eu tamén son responsable -
8:12 - 8:15na cuestión da única historia.
-
8:15 - 8:19Hai uns anos visitei México
dende ós EE.UU. -
8:19 - 8:21O clima político nos EE.UU.
nese momento era tenso. -
8:21 - 8:25E había en curso
debates sobre a inmigración. -
8:25 - 8:27E, como pasa a cotío en Estados Unidos,
-
8:27 - 8:30a inmigración converteuse
en sinónimo de mexicanos. -
8:30 - 8:32Había innumerables historias de mexicanos
-
8:32 - 8:34como xente
-
8:34 - 8:36que desplumaba ó sistema sanitario,
-
8:36 - 8:38que se coaba pola fronteira,
-
8:38 - 8:42detidos nas fronteiras,
ese tipo de cousas. -
8:42 - 8:46Lembro pasear por Guadalaxara
o primeiro día, -
8:46 - 8:48mirando á xente indo ó traballo,
-
8:48 - 8:50dándolle volta as tortillas
na praza do mercado, -
8:50 - 8:53fumando, rindo,
-
8:53 - 8:56Lembro sentirme primeiro
un pouco sorprendida. -
8:56 - 8:59E logo arrelada pola vergoña.
-
8:59 - 9:02Decateime de que estivera tan sumida
-
9:02 - 9:04na cobertura mediática sobre os mexicanos
-
9:04 - 9:06que se converteran
en unha soa cousa na miña mente: -
9:06 - 9:09un abxecto inmigrante.
-
9:09 - 9:11Aceptara a única historia dos mexicanos
-
9:11 - 9:14e non podía estar
máis avergoñada de min mesma. -
9:14 - 9:16Así é cómo se crea unha única historia:
-
9:16 - 9:19amosar á xente como unha única cousa,
-
9:19 - 9:21como só unha cousa,
-
9:21 - 9:23unha e outra vez,
-
9:23 - 9:26e niso é no que se converten.
-
9:26 - 9:28É imposible falar da historia única
-
9:28 - 9:31sen falar do poder.
-
9:31 - 9:33Hai unha palabra en Igbo
-
9:33 - 9:35que se me ocorre cada vez que penso
-
9:35 - 9:38nas estructuras de poder do mundo,
e é "nkali". -
9:38 - 9:40É un nome que ben dicindo
-
9:40 - 9:43"ser máis grande có outro."
-
9:43 - 9:46Coma os nosos mundos económicos
e políticos -
9:46 - 9:48as historias tamén se definen
-
9:48 - 9:51polo principio do nkali.
-
9:51 - 9:53Como se fala delas, quen as di,
-
9:53 - 9:56cando as din, cantas historias se contan
-
9:56 - 10:00depende moito do poder.
-
10:00 - 10:03O poder non é só a habilidade
de contar a historia de outra persoa, -
10:03 - 10:07senón de facer dela
a historia definitiva desa persoa. -
10:07 - 10:09O poeta palestino
Mouris Barghouti escribiu -
10:09 - 10:12que se queres desposuír á xente
-
10:12 - 10:15a maneira máis sinxela
é contar a súa historia -
10:15 - 10:18e comezar con "en segundo lugar".
-
10:18 - 10:22Comeza a historia coas frechas
dos nativos americanos -
10:22 - 10:25en vez de coa chegada dos británicos
-
10:25 - 10:28e terás unha historia
totalmente diferente. -
10:28 - 10:30Empeza a historia
-
10:30 - 10:32co fracaso do estado africano
-
10:32 - 10:36en vez de coa creación colonial
do estado africano -
10:36 - 10:40e terás unha historia
totalmente diferente. -
10:40 - 10:42Hai pouco falei nunha universidade
-
10:42 - 10:44onde un estudante me dixo
-
10:44 - 10:46que era unha mágoa
-
10:46 - 10:49que os homes nixerianos
fosen maltratadores -
10:49 - 10:52coma a personaxe do pai na miña novela.
-
10:52 - 10:54Díxenlle que acabara de ler a novela
-
10:54 - 10:56titulada "American Psycho"...
-
10:56 - 10:58(Risas)
-
10:58 - 11:00e que era unha mágoa
-
11:00 - 11:03que os xoves estadounidenses
fosen asasinos en serie. -
11:03 - 11:07(Risas)
-
11:07 - 11:13(Aplausos)
-
11:13 - 11:16Obviamente lle dixen iso
nun ataque de irritación. -
11:16 - 11:18(Risas)
-
11:18 - 11:20Nunca se me ocorrería pensar
-
11:20 - 11:22que só porque lera unha novela
-
11:22 - 11:24na que unha personaxe
é un asasino en serie -
11:24 - 11:26este representa dalgunha maneira
-
11:26 - 11:28a todos os estadounidenses.
-
11:28 - 11:31Isto non é porque eu sexa
unha persoa mellor ca ese estudiante, -
11:31 - 11:34pero debido ao poder económico
e cultural dos EE.UU. -
11:34 - 11:36teño moitas historia de EE.UU.
-
11:36 - 11:40Lin a Tyler, Updike,
Steinbeck e Gaitskill. -
11:40 - 11:43Non teño unha soa historia dos EE.UU.
-
11:43 - 11:46Cando aprendín, hai uns anos,
que os escritores -
11:46 - 11:50debían ter unha infancia realmente infeliz
-
11:50 - 11:52para ter éxito
-
11:52 - 11:54comecei a pensar en como podía inventar
-
11:54 - 11:56cousas horribles
que me fixeran os meus pais. -
11:56 - 11:58(Risas)
-
11:58 - 12:02Pero a verdade é que tiven
unha infancia moi feliz, -
12:02 - 12:05chea de risos e amor
nunha familia moi unida. -
12:05 - 12:09Pero tamén tiven avós
que morreron en campos de refuxiados. -
12:09 - 12:13A miña curmá Polle morreu porque non puido
recibir coidados médicos adecuados. -
12:13 - 12:16Unha das miñas mellores amigas, Okoloma,
morreu nun accidente aéreo -
12:16 - 12:19porque os nosos coches de bombeiros
non tiñan auga. -
12:19 - 12:22Crecín baixo gobernos militares represivos
-
12:22 - 12:24que infravaloraban a educación,
-
12:24 - 12:27de maneira que as veces os meus pais
non recibían os seus salarios. -
12:27 - 12:31E tamén, de nena, vin como a marmelada
desaparecía do almorzo, -
12:31 - 12:33logo desapareceu a margarina,
-
12:33 - 12:36despois o pan volveuse caro de máis,
-
12:36 - 12:39e logo racionábase o leite.
-
12:39 - 12:42E sobre todo,
un tipo de medo político normalizado -
12:42 - 12:46invadiu as nosas vidas.
-
12:46 - 12:48Todas esas historias fixéronme quen son.
-
12:48 - 12:52Pero insistir só nesas historias negativas
-
12:52 - 12:55é reducir a miña experiencia
-
12:55 - 12:57e pasar por alto
as outras moitas historias -
12:57 - 12:59que me formaron.
-
12:59 - 13:02A única historia crea estereotipos.
-
13:02 - 13:05E o problema dos estereotipos
-
13:05 - 13:07non é que non sexan certos
-
13:07 - 13:09senón que están incompletos.
-
13:09 - 13:13Fan que unha historia
sexa a única historia. -
13:13 - 13:15Por suposto, África é un continente
cheo de catástrofes. -
13:15 - 13:19Algunhas son enormes,
coma as horribles violacións no Congo. -
13:19 - 13:21Outras son deprimentes,
como o feito -
13:21 - 13:26de que 5.000 persoas se presenten
para un só posto de traballo en Nixeria. -
13:26 - 13:29Pero tamén hai outras historias
que non falan de catástrofes. -
13:29 - 13:33E é moi importante, tan importante,
falar delas tamén. -
13:33 - 13:35Sempre pensei que é imposible
-
13:35 - 13:38coñecer ben un lugar ou a unha persoa
-
13:38 - 13:42sen coñecer todas as historias
dese lugar e persoa. -
13:42 - 13:45A consecuencia da historia única
-
13:45 - 13:48é esta: roubar a dignidade das persoas.
-
13:48 - 13:52Fai o recoñecemento da nosa mesma
condición humana difícil. -
13:52 - 13:55Enfatiza o que nos fai diferentes
-
13:55 - 13:57no canto das nosas similitudes.
-
13:57 - 13:59¿Que pasaría se antes de viaxar a México
-
13:59 - 14:03seguira os debates da emigración
dende ambos os dous lados, -
14:03 - 14:05dos EE.UU. e dos mexicanos?
-
14:05 - 14:09¿Que pasaría se a miña nai
nos contara que a familia de Fide -
14:09 - 14:11era pobre e traballadora?
-
14:11 - 14:13¿Que pasaría se houbera
unha cadea de televisión africana -
14:13 - 14:17que emitira diversas historias africanas
en todo o mundo? -
14:17 - 14:19Habería o que o escritor nixeriano
Chinua Achebe chamou -
14:19 - 14:22"un equilibrio de historias".
-
14:22 - 14:25¿Que pasaría se a miña compañeira
coñecera o meu editor nixeriano -
14:25 - 14:27Mukta Bakaray,
-
14:27 - 14:29un home extraordinario
que deixou o traballo nun banco -
14:29 - 14:32para seguir o seu soño
e abrir unha editorial? -
14:32 - 14:36A sabedoría convencional
era que os nixerianos non len literatura. -
14:36 - 14:38El non estaba de acordo.
-
14:38 - 14:40Pensaba que a xente que podía ler,
-
14:40 - 14:44lería se a literatura
era acadable para eles. -
14:44 - 14:47Pouco despois de publicar
a miña primeira novela -
14:47 - 14:50fun a unha emisora de TV en Lagos
para unha entrevista. -
14:50 - 14:53E unha muller que traballaba alí
como mensaxeira achegouse e me dixo: -
14:53 - 14:56"Gustoume moito a túa novela,
pero non me gustou o final. -
14:56 - 14:59Tes que escribir unha secuela
e isto é o que vai pasar..." -
14:59 - 15:02(Risas)
-
15:02 - 15:05E seguiu contándome
o que tiña que escribir na secuela. -
15:05 - 15:08Eu non estaba só encantada,
senón moi conmovida. -
15:08 - 15:11Alí estaba unha muller,
parte das masas ordinarias dos nixerianos, -
15:11 - 15:14que non debían de ser lectores.
-
15:14 - 15:16Ela non só lera o libro,
senón que se apoderara del -
15:16 - 15:19e tiña xustificación para dicirme
-
15:19 - 15:21que escribir na secuela.
-
15:21 - 15:25¿Que pasaría se a miña compañeira
coñecera a miña amiga Fumi Onda, -
15:25 - 15:28unha muller afouta que presenta
un programa de TV en Lagos, -
15:28 - 15:31determinada a contar as historias
que nós preferimos esquecer? -
15:31 - 15:35¿Qué pasaría se a miña compañeira
coñecera a intervención cardíaca -
15:35 - 15:38que se realizou no hospital de Lagos
a semana pasada? -
15:38 - 15:42¿Qué pasaría se a miña compañeira
coñecera a música nixeriana actual? -
15:42 - 15:45Xente con talento
cantando en inglés e pidgin, -
15:45 - 15:47igbo, yoruba e ijo,
-
15:47 - 15:51mesturando influencias
desde Jay-Z a Fela, -
15:51 - 15:54de Bob Marley ós seus avós.
-
15:54 - 15:56¿Qué pasaría se a miña compañeira
coñecera a avogada -
15:56 - 15:58que foi hai pouco ós xulgados en Nixeria
-
15:58 - 16:00para cambiar a ridícula lei
-
16:00 - 16:03coa que as mulleres precisaban
o consentimento dos seus homes -
16:03 - 16:06para renovar o pasaporte?
-
16:06 - 16:09¿Qué pasaría se a miña compañeira
coñecera Nollywood, -
16:09 - 16:13cheo de xente innovadora facendo películas
a pesar das dificultades técnicas? -
16:13 - 16:15Películas tan populares
-
16:15 - 16:17que son o mellor exemplo
-
16:17 - 16:20de nixerianos consumindo o que producen.
-
16:20 - 16:23¿Qué pasaría se a miña compañeira coñecera
a miña ambiciosa trenzadora de cabelo -
16:23 - 16:27que acaba de abrir o seu propio negocio
de venta de extensións? -
16:27 - 16:29Ou se coñecera ós millóns de nixerianos
-
16:29 - 16:31que abriron negocios e as veces fracasaron
-
16:31 - 16:35pero continuaron albergando a ambición?
-
16:35 - 16:37Cada vez que estou en casa enfróntome
-
16:37 - 16:40coas causas usuais de irritación
da maioría de nixerianos: -
16:40 - 16:43as nosas infraestructuras
e gobernos fracasados. -
16:43 - 16:46Pero tamén pola capacidade
de recuperación da xente -
16:46 - 16:49que prospera a pesar do goberno
-
16:49 - 16:51máis que grazas a el.
-
16:51 - 16:54Imparto obradoiros de escritura
en Lagos todos os veráns. -
16:54 - 16:57É sorprendente a cantidade de xente
que se apunta, -
16:57 - 17:00canta xente está impaciente por escribir,
-
17:00 - 17:02por contar historias.
-
17:02 - 17:05O meu editor nixeriano e máis eu
acabamos de abrir una ONG -
17:05 - 17:07chamada Farafina Trust.
-
17:07 - 17:10E temos grandes sonos
de construcción de bibliotecas -
17:10 - 17:12da restauración das xa existentes
-
17:12 - 17:15e de proporcionar libros
ás escolas do estado -
17:15 - 17:17que non teñen nada nas súas bibliotecas
-
17:17 - 17:19e que tamén organizan moitos obradoiros
-
17:19 - 17:21de lectura e escritura
-
17:21 - 17:24para toda a xente que quere contar
as nosas moitas historias. -
17:24 - 17:26As historias son importantes.
-
17:26 - 17:28Moitas historias son importantes.
-
17:28 - 17:32As historias utilizáronse
para desposuír e difamar. -
17:32 - 17:36Pero as historias poden usarse
para dar poder e humanizar. -
17:36 - 17:39As historias poden romper
a dignidade da xente. -
17:39 - 17:44Pero as historias tamén poden
reparar a dignidade perdida. -
17:44 - 17:46A escritora estadounidense
Alice Walker escribiu isto -
17:46 - 17:48sobre os seu parentes do sur
-
17:48 - 17:50que se desprazaran ó norte.
-
17:50 - 17:52Presentoulles un libro
-
17:52 - 17:55sobre a vida do sur que deixaran atrás.
-
17:55 - 17:59"Sentáronse ó meu redor,
lendo o libro eles mesmos, -
17:59 - 18:05escoitándome ler o libro
e recobrouse unha especie de paraíso". -
18:05 - 18:08Gustaríame rematar con este pensamento:
-
18:08 - 18:11Que cando rexeitamos a historia única,
-
18:11 - 18:14cando nos decatamos
de que non hai unha única historia -
18:14 - 18:16sobre calquera lugar,
-
18:16 - 18:18recuperamos unha especie de paraíso.
-
18:18 - 18:20Grazas.
-
18:20 - 18:28(Aplausos)
- Title:
- Chimamanda Adichie: O perigo dunha única historia
- Speaker:
- Chimamanda Ngozi Adichie
- Description:
-
As nosas vidas e culturas están compostas por moitas historias superpostas. A novelista Chimamanda Adichie cóntanos a historia de cómo atopou a súa auténtica voz cultural e advirte que se só escoitamos unha única historia sobre outra persoa ou país arriscámonos a un malentendido.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 18:29
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for The danger of a single story | ||
Patricia Álvarez edited Galician subtitles for The danger of a single story | ||
Patricia Álvarez edited Galician subtitles for The danger of a single story | ||
Patricia Álvarez edited Galician subtitles for The danger of a single story | ||
Patricia Álvarez accepted Galician subtitles for The danger of a single story | ||
Raquel Caamaño added a translation |