A receita galáctica para un planeta con vida
-
0:01 - 0:05Estou bastante segura de que
non son a única nesta sala -
0:05 - 0:10que algunha vez se descubriu
mirando ás estrelas -
0:10 - 0:12e se preguntou: "Somos os únicos?"
-
0:12 - 0:16"Ou hai outros planetas nos que hai vida
coma o noso?" -
0:17 - 0:21Creo que é posible que eu sexa
a única persoa -
0:21 - 0:23que se obsesionou o suficiente
con esa pregunta -
0:23 - 0:24para convertila no meu traballo.
-
0:24 - 0:26Pero sigamos.
-
0:27 - 0:30Como chegamos a esta cuestión?
-
0:30 - 0:32Eu diría que o primeiro que hai que facer
-
0:32 - 0:37é baixar a vista do ceo e mirar
cara o noso planeta, a Terra. -
0:38 - 0:42E pensar sobre a sorte
que tivo que ter a Terra -
0:42 - 0:45para ser o planeta con vida que é hoxe.
-
0:45 - 0:47Ben, polo menos
tivo que ter algo de sorte. -
0:47 - 0:49Se estivésemos un pouco máis preto do Sol
-
0:49 - 0:51ou un pouco máis lonxe,
-
0:51 - 0:56a auga que temos estaría evaporada
ou conxelada. -
0:56 - 1:00Quero dicir, non é un feito
que un planeta teña auga. -
1:00 - 1:04Se a Terra fose un planeta seco,
-
1:04 - 1:06non habería moita vida nel.
-
1:06 - 1:10E incluso se tivésemos
toda a auga que temos hoxe, -
1:10 - 1:12se esa auga non estivese acompañada
-
1:12 - 1:15polos elementos químicos adecuados
para que a vida prospere, -
1:15 - 1:18teríamos un planeta húmido, pero morto.
-
1:18 - 1:21Hai moitas cousas
que poden saír mal, así que, -
1:21 - 1:24cales son
as probabilidades de que saian ben? -
1:24 - 1:26Que probabilidades hai
de que o planeta se forme -
1:26 - 1:29con, polo menos,
os ingredientes básicos necesarios -
1:29 - 1:31para que se produza a orixe da vida?
-
1:33 - 1:35Ben, descubrirémolo xuntos.
-
1:35 - 1:37Para ter un planeta con vida,
-
1:37 - 1:41o primeiro que imos necesitar
-
1:41 - 1:42é un planeta.
-
1:43 - 1:44(Risas)
-
1:44 - 1:46Pero non serve calquera planeta.
-
1:46 - 1:49Probablemente precisaremos un planeta
bastante específico e similar á Terra. -
1:49 - 1:51Un planeta rochoso,
-
1:51 - 1:53para poder ter océanos e terra,
-
1:53 - 1:57e que non estea situado nin moi preto
nin moi lonxe da súa estrela, -
1:57 - 2:00senón que poda ter a temperatura axeitada.
-
2:00 - 2:03E o mesmo precisamos
para ter auga líquida. -
2:03 - 2:06Cantos planetas así temos na nosa galaxia?
-
2:07 - 2:10Un dos grandes descubrimentos
das últimas décadas -
2:10 - 2:13é que os planetas
son incríblemente comúns. -
2:13 - 2:16Case cada estrela
ten un planeta ao seu arredor. -
2:16 - 2:18Algunhas teñen moitos.
-
2:18 - 2:21E entre estes planetas
-
2:21 - 2:24un pequeno porcentaxe son
o suficiente parecidos á Terra -
2:24 - 2:28como para que os consideremos
potenciais planetas con vida. -
2:28 - 2:32Así que, ter o planeta axeitado non é
tan difícil en realidade -
2:32 - 2:36se temos en conta que hai cen mil
millóns de estrelas na nosa galaxia. -
2:36 - 2:40Iso significa que hai mil millóns
de potenciais planetas con vida. -
2:40 - 2:43Pero non é suficiente
con estar á temperatura adecuada -
2:43 - 2:45ou ter a composición xeral pertinente.
-
2:45 - 2:47Tamén son necesarios
certos elementos químicos. -
2:48 - 2:52E cal é o segundo ingrediente importante
para obter un planeta con vida? -
2:52 - 2:55Creo que é bastante intuitivo.
-
2:55 - 2:56A auga.
-
2:56 - 3:01Á fin e ao cabo, definimos o noso planeta
como potencial planeta con vida -
3:02 - 3:04se ten a temperatura adecuada
para conter auga líquida. -
3:05 - 3:08Quero dicir, aquí na Terra,
a vida está basada na auga. -
3:09 - 3:10Pero máis xeralmente,
-
3:10 - 3:14a auga é moi boa como lugar de reunión
para os elementos químicos. -
3:14 - 3:16É un líquido moi especial.
-
3:16 - 3:20Así que este é
o noso segundo ingrediente básico. -
3:20 - 3:22Agora, o terceiro ingrediente, penso,
-
3:22 - 3:25é problemente un pouco máis sorprendente.
-
3:25 - 3:28Precisaremos algúns elementos orgánicos,
-
3:28 - 3:30dado que estamos pensando
en vida orgánica. -
3:30 - 3:32Pero a molécula orgánica
-
3:32 - 3:36que semella estar
no centro da rede química -
3:36 - 3:40que pode producir biomoléculas
é o cianuro de hidróxeno. -
3:40 - 3:44Para os que saiban como é esta molécula,
-
3:44 - 3:47saben que é algo do que
é mellor manterse afastado. -
3:48 - 3:49Pero parece ser que
-
3:49 - 3:52algo que é realmente malo
para as formas de vida avanzadas -
3:52 - 3:54coma nós,
-
3:54 - 3:57é realmente bo para que comece a química,
-
3:57 - 4:01o tipo de química axeitada
que pode levar á orixe da vida. -
4:01 - 4:04Agora xa temos
os tres ingredientes que precisamos, -
4:04 - 4:06xa saben, o planeta temperado,
-
4:06 - 4:09auga e cianuro de hidróxeno.
-
4:09 - 4:11Entón, con que frecuencia
se reúnen os tres? -
4:11 - 4:14Cantos planetas coa temperatura axeitada
que teñan -
4:14 - 4:17auga e cianuro de hidróxeno hai aí fóra?
-
4:17 - 4:19Ben, nun mundo ideal,
-
4:19 - 4:25colocariamos os nosos telescopios cara
un deses planetas temperados -
4:25 - 4:26e comprobariamolo nós mesmos.
-
4:26 - 4:30Simplemente: "Estes planetas
teñen auga e cianuros?" -
4:31 - 4:37Por desgraza, aínda non temos telescopios
suficientemente grandes para facelo. -
4:37 - 4:41Podemos detectar moléculas
nas atmosferas dalgúns planetas. -
4:41 - 4:42Pero estes planetas son grandes
-
4:42 - 4:45e están bastante preto da súa estrela,
-
4:45 - 4:47non coma eses planetas adecuados
-
4:48 - 4:49dos que estamos a falar,
-
4:49 - 4:51que son moito máis pequenos e afastados.
-
4:52 - 4:54Así que temos que atopar outra maneira.
-
4:54 - 4:59A outra maneira que consideramos
e seguimos -
4:59 - 5:01é, en lugar de buscar estas moléculas
-
5:01 - 5:04nos planetas que xa existen,
-
5:04 - 5:07buscalas no material
que está formando novos planetas. -
5:07 - 5:12Os planetas fórmanse en discos de pó
e gas ao redor das estrelas. -
5:12 - 5:16E estes discos obteñen
o seu material do medio interestelar. -
5:16 - 5:19O espazo baleiro que vemos
-
5:19 - 5:22cando miramos as estrelas
e nos preguntamos cuestións existenciais -
5:22 - 5:25non está tan baleiro como semella,
-
5:25 - 5:27senón que está cheo de pó e gas,
-
5:27 - 5:29que pode xuntarse en forma de nubes,
-
5:29 - 5:32despois colapsa para formar
estes discos, estrelas e planetas. -
5:33 - 5:38E unha das cousas que sempre vemos
cando miramos estas nubes -
5:38 - 5:39é auga.
-
5:39 - 5:42Creo que temos a tendencia
a pensar que a auga -
5:42 - 5:44é algo que é especial para nós.
-
5:45 - 5:49A auga é unha das moléculas
máis abundantes do universo, -
5:49 - 5:50incluídas esas nubes,
-
5:50 - 5:53esas que forman as estrelas e os planetas.
-
5:54 - 5:55E non é simplemente iso,
-
5:55 - 5:57a auga é unha molécula bastante robusta:
-
5:57 - 5:59destruíla non é tan sinxelo.
-
5:59 - 6:02Polo tanto, moita desa auga
que se atopa no medio interestelar -
6:02 - 6:08sobrevivirá as perigosas e turbulentas
viaxes das nubes -
6:08 - 6:10para chegar aos discos e planetas.
-
6:11 - 6:13A agua está ben.
-
6:13 - 6:16O segundo ingrediente
non vai ser un problema. -
6:16 - 6:20Moitos planetas formaranse
con algún tipo de acceso á agua. -
6:21 - 6:23Entón, que ocorre co cianuro de hidróxeno?
-
6:23 - 6:28Ben, tamén observamos cianuros
noutras moléculas orgánicas similares -
6:28 - 6:31nestas nubes interestelares.
-
6:31 - 6:36Pero aí non estamos tan seguros
de que as moléculas sobrevivan -
6:36 - 6:38ao pasar da nube ao disco.
-
6:38 - 6:41Son un pouco máis delicadas,
un pouco máis fráxiles. -
6:41 - 6:44Así que, se queremos saber
se o cianuro de hidróxeno -
6:44 - 6:47se atopa preto dos planetas novos
que se están formando, -
6:47 - 6:50teríamos que velo tamén no propio disco,
-
6:50 - 6:52nos discos que formarán o planeta.
-
6:52 - 6:54Hai unha década aproximadamente,
-
6:54 - 7:00iniciei un programa
para buscar o cianuro de hidróxeno -
7:00 - 7:03e outras moléculas
nestes discos que forman os planetas. -
7:03 - 7:06E isto é o que atopamos.
-
7:06 - 7:09Moi boas noticias nestas seis imaxes.
-
7:09 - 7:15Os píxeles brillantes representan emisións
orixinadas por cianuro de hidróxeno -
7:15 - 7:19en discos que formarán
planetas a centos de anos luz -
7:19 - 7:21e que chegaron ao noso telescopio,
-
7:21 - 7:22ao detector,
-
7:22 - 7:25e permitíronnos ver isto desta forma.
-
7:25 - 7:27Así que a boa noticia
-
7:27 - 7:31é que esos discos teñen realmente
cianuro de hidróxeno. -
7:31 - 7:34Este último ingrediente,
máis escorregadizo. -
7:35 - 7:40Pero a mala noticia é que non sabemos
onde se atopa no disco. -
7:41 - 7:42Se observamos,
-
7:42 - 7:45ninguén pode dicir
que sexan imaxes fermosas, -
7:45 - 7:47incluso no momento no que as tomamos.
-
7:47 - 7:51Poden ver
que o tamaño do píxel é bastante grande -
7:51 - 7:54e, en realidade,
é máis grande que os propios discos. -
7:54 - 7:55Cada un destes píxeles
-
7:55 - 7:59representa algo que é moito máis grande
que o noso sistema solar. -
7:59 - 8:01Iso quere dicir
-
8:01 - 8:05que non sabemos de onde procede
o cianuro de hidróxeno dentro do disco. -
8:06 - 8:07Iso é un problema,
-
8:07 - 8:09porque estes planetas temperados
-
8:09 - 8:12poden acceder ao cianuro de hidróxeno
en calquera lugar, -
8:12 - 8:15pero debe estar
o suficientemente preto de onde se forman -
8:15 - 8:17para ter acceso a el.
-
8:17 - 8:22Para entender mellor isto,
pensemos nun exemplo análogo, -
8:22 - 8:25o dos cipreses
que crecen nos Estados Unidos. -
8:26 - 8:27Digamos, hipoteticamente,
-
8:27 - 8:29que vostedes volveron de Europa,
-
8:29 - 8:32onde viron fermosos cipreses italianos,
-
8:32 - 8:34e queren saber se
-
8:34 - 8:37ten sentido importalos nos Estados Unidos.
-
8:37 - 8:39Podemos cultivalos aquí?
-
8:39 - 8:41Así que, falan con expertos en cipreses
-
8:41 - 8:42e eles dinlles que hai exactamente
-
8:42 - 8:46unha franxa nos Estados Unidos
que non é moi calorosa nin moi fría -
8:46 - 8:48onde os poden plantar.
-
8:48 - 8:52E se teñen un bo mapa ou imaxe coma esta
cunha alta resolución, -
8:52 - 8:55é bastante sinxelo ver
que esta franxa de cipreses -
8:55 - 8:58se superpón
con moitos píxeles de terra verde fértil. -
8:59 - 9:02Incluso se comezamos
a degradar un pouco este mapa, -
9:02 - 9:04e baixamos pouco a pouco a súa resolución,
-
9:04 - 9:05segue a ser posible dicir
-
9:05 - 9:09que vai haber
terra fértil superposta con esta franxa. -
9:09 - 9:14Pero que ocorre se introducimos
toda a superficie dos Estados Unidos -
9:15 - 9:18nun único píxel?
-
9:18 - 9:20Se a resolución é tan baixa.
-
9:20 - 9:21Como saberemos agora,
-
9:21 - 9:26como poderemos dicir se podemos plantar
cipreses ou non nos Estados Unidos? -
9:27 - 9:28Ben, a resposta é que non podemos.
-
9:28 - 9:31Quero decir, é certo que hai terra fértil,
-
9:31 - 9:34senón non veríamos
ese matiz verde no píxel, -
9:34 - 9:36pero non podemos afirmar
-
9:36 - 9:39que calquera deses matices verdes
está no lugar adecuado. -
9:39 - 9:42Ese é precisamente
o problema ao que nos enfrontamos -
9:42 - 9:45coas imáxes dun só píxel deses discos
-
9:45 - 9:46con cianuro de hidróxeno.
-
9:47 - 9:49O que precisamos é algo análogo,
-
9:49 - 9:52polo menos eses mapas de baixa resolución
que lles mostrei, -
9:52 - 9:57para ser capaces de afirmar se a zona na
que hai cianuro de hidróxeno se superpón -
9:57 - 10:00coa zona na que os planetas
poden acceder a el cando se forman. -
10:00 - 10:03Hai uns anos chegou ao rescate
-
10:03 - 10:07o novo, sorprendente e fermoso telescopio
ALMA, polas súas siglas inglesas: -
10:07 - 10:10Atacama Large Millimeter
and submillimeter Array, -
10:10 - 10:12no norte de Chile.
-
10:12 - 10:16ALMA é sorprendente
en diferentes aspectos, -
10:16 - 10:18pero no que me vou centrar
-
10:18 - 10:22é que, como poden ver,
eu digo que é un telescopio, -
10:22 - 10:25cando en realidade
hai moitas antenas na imaxe. -
10:25 - 10:30Este telescopio está formado
por 66 antenas individuais -
10:30 - 10:32que traballan ao unísono.
-
10:32 - 10:35Iso significa que temos
un telescopio que mide -
10:35 - 10:40o mesmo que a maior distancia
á que podemos poñer as antenas -
10:40 - 10:41separadas entre sí.
-
10:41 - 10:44No caso de ALMA,
estamos a falar dalgúns quilómetros. -
10:44 - 10:48Temos agora
un telescopio de máis dun quilómetro. -
10:48 - 10:50E cun telescopio deste tamaño
-
10:50 - 10:53podemos ampliar cousas moi pequenas,
-
10:53 - 10:58e facer mapas sobre o cianuro de hidróxeno
destes discos que formarán planetas. -
10:58 - 11:00Cando ALMA foi accesible en liña
hai uns anos, -
11:00 - 11:05foi unha das primeiras cousas para as que
propuxen que o utilizásemos. -
11:05 - 11:09E como é un mapa de cianuro de hidróxeno
nun disco? -
11:09 - 11:12Está o cianuro de hidróxeno
no lugar correcto? -
11:12 - 11:14A resposta é afirmativa.
-
11:14 - 11:16Así que este é o mapa.
-
11:16 - 11:20Poden ver como a emisión do cianuro
de hidróxeno se expande polo disco. -
11:20 - 11:22Primeiro, está en case todas partes
-
11:22 - 11:23e isto é unha boa noticia.
-
11:23 - 11:26Pero temos moita emisión extrabrillante
-
11:26 - 11:30que vén de preto da estrela
cara ao centro do disco. -
11:30 - 11:33Aquí é exactamente onde queremos vela.
-
11:33 - 11:36Este lugar está preto de onde
se forman os planetas. -
11:36 - 11:40Isto non é o que vemos
só nun único disco, -
11:40 - 11:42aquí temos tres exemplos máis.
-
11:42 - 11:44Poden ver que todos amosan o mesmo:
-
11:44 - 11:47grandes emisións brillantes
de cianuro de hidróxeno -
11:47 - 11:49procedentes de preto do centro da estrela.
-
11:49 - 11:52Para unha análise completa,
isto non o vemos sempre así. -
11:52 - 11:54Hai discos no que vemos o contrario,
-
11:54 - 11:58onde hai un buraco na emisión
cara ao centro. -
11:58 - 12:00Isto é o contrario do que queremos ver,
verdade? -
12:00 - 12:02Nestes lugares non podemos investigar
-
12:02 - 12:06se hai cianuro de hidróxeno ao arredor
de onde se están formando estes planetas. -
12:07 - 12:08Pero en moitos casos,
-
12:08 - 12:10non detectamos só cianuro de hidróxeno,
-
12:10 - 12:13senón que o detectamos no lugar adecuado.
-
12:13 - 12:15Que significa todo isto?
-
12:15 - 12:18Ben, como lles dixen ao principio,
-
12:18 - 12:21temos
moitos destes planetas temperados -
12:21 - 12:23quizais mil millóns aproximadamente
-
12:23 - 12:25nos que se podería orixinar vida
-
12:25 - 12:28se teñen os ingredientes axeitados.
-
12:28 - 12:29E tamén lles amosei
-
12:29 - 12:33que moitas veces pensamos
que os ingredientes están aí: -
12:33 - 12:35temos auga, temos cianuro de hidróxeno
-
12:35 - 12:38e tamén haberá outras moléculas orgánicas
-
12:38 - 12:39que veñen cos cianuros.
-
12:40 - 12:44Isto quere dicir que os planetas
cos ingredientes básicos para crear vida -
12:44 - 12:47son incriblemente comúns na nosa galaxia.
-
12:48 - 12:51E se o único que fai falta
para que se orixine a vida -
12:51 - 12:54é ter dispoñibles
estes ingredientes básicos -
12:54 - 12:57debería haber
moitos planetas con vida aí fóra. -
12:57 - 12:59Pero iso aínda é unha grande hipótese.
-
12:59 - 13:02E eu diría
que o reto para as próximas décadas, -
13:02 - 13:05tanto para a astronomía
como para a química, -
13:05 - 13:08é averigurar cantas veces
-
13:08 - 13:10un planeta con potencial para crear vida
-
13:10 - 13:13chega a ser
un planeta con vida real. -
13:13 - 13:14Grazas.
-
13:14 - 13:19(Aplausos)
- Title:
- A receita galáctica para un planeta con vida
- Speaker:
- Karin Öberg
- Description:
-
Sabían que un dos velenos máis famosos tamén é un ingrediente clave para crear a vida tal como a coñecemos? Escoiten a química espacial Karin Öberg e descubran como escanea o universo na procura deste elemento químico tan paradóxico. Coa axuda de ALMA, o radiotelescopio máis longo do mundo, detecta os caldos de cultivo da actividade molecular e a formación de potenciais planetas con presenza de vida.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 13:32
![]() |
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for The galactic recipe for a living planet | |
![]() |
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for The galactic recipe for a living planet | |
![]() |
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for The galactic recipe for a living planet | |
![]() |
Claudia Álvarez González edited Galician subtitles for The galactic recipe for a living planet | |
![]() |
Claudia Álvarez González edited Galician subtitles for The galactic recipe for a living planet | |
![]() |
Claudia Álvarez González edited Galician subtitles for The galactic recipe for a living planet | |
![]() |
Claudia Álvarez González edited Galician subtitles for The galactic recipe for a living planet | |
![]() |
Claudia Álvarez González edited Galician subtitles for The galactic recipe for a living planet |