A descoñecida historia de David e Goliat.
-
0:01 - 0:02Quero contarvos unha historia
-
0:02 - 0:05que me obsesionaba mentres escribía o meu novo libro,
-
0:05 - 0:09e é unha historia sobre algo que pasou
-
0:09 - 0:10fai 3.000 anos,
-
0:10 - 0:14cando o reino de Israel estaba aínda na súa nenez.
-
0:14 - 0:16Ocurriu na área coñecida como Shephelah
-
0:16 - 0:19onde agora está Israel.
-
0:19 - 0:21A historia obsesionábame porque
-
0:21 - 0:24eu cría que a entendía, pero cando volvín a ela
-
0:24 - 0:28dinme conta de que non a entendía para nada.
-
0:28 - 0:33A antiga Palestina tiña unha -- ó longo da fronteira este
-
0:33 - 0:34hai unha cadea montañosa.
-
0:34 - 0:36Segue estando no Israel de hoxe en día.
-
0:36 - 0:39E nesta cadea montañosa atópanse todas as cidades antigas
-
0:39 - 0:44desta rexión, é dicir, Jerusalén, Belén e Hebrón.
-
0:44 - 0:46Tamén hai unha chaira costeira
-
0:46 - 0:49ó longo do Mediterráneo, onde agora está Tel Aviv.
-
0:49 - 0:53Unindo a cadea montañosa coa costa
-
0:53 - 0:54atópase un área chamada Shephelah,
-
0:54 - 0:59composta por unha serie de vales e cordóns montañosos que van de este a oeste,
-
0:59 - 1:02e podes seguir a Shephelah, ir a través dela
-
1:02 - 1:05para chegar ás montañas dende a costa.
-
1:05 - 1:06Shephela, se fóchedes a Israel o saberedes,
-
1:06 - 1:09é a parte máis bonita de Israel.
-
1:09 - 1:12É precioso, con carballeiras
-
1:12 - 1:14e campos de trigo e viñedos.
-
1:14 - 1:18Pero aínda máis importante na historia desta rexión,
-
1:18 - 1:21que tiña función estratéxica,
-
1:21 - 1:24son os medios polos que exércitos hostís
-
1:24 - 1:27atopaban o camiño pola costa,
-
1:27 - 1:30subían ás montañas e amedrentaban a aqueles que vivían alí.
-
1:30 - 1:34Isto é o que pasou exactamente hai 3.000 anos.
-
1:34 - 1:38Os palestinos, os grandes inimigos
-
1:38 - 1:39do reino de Israel,
-
1:39 - 1:41viven na chaira costeira.
-
1:41 - 1:44Son orixinarios de Creta, mariñeiros,
-
1:44 - 1:47e deben comezar a súa viaxe
-
1:47 - 1:49a través dun dos vales de Shephelah
-
1:49 - 1:50cara ás montañas,
-
1:50 - 1:52porque o que queren é ocupar as terras altas
-
1:52 - 1:56á dereita de Belén e dividir o reino de Israel en dous.
-
1:56 - 2:00O rei Saúl, xefe do reino de Israel,
-
2:00 - 2:01ó oíren rumores sobre iso,
-
2:01 - 2:04baixa as súas tropas das montañas
-
2:04 - 2:08e enfréntase ós Palestinos no Val de Elah,
-
2:08 - 2:10un dos vales máis bonitos de Shephelah.
-
2:10 - 2:13Os Isrealís comezaron a atacar pola cordilleira do norte,
-
2:13 - 2:17os Palestinos fixérono pola do sur,
-
2:17 - 2:20e os dous exércitos simplemente sentaron durante semanas
-
2:20 - 2:22e se miraban os uns ós outros porque estaban en punto morto.
-
2:22 - 2:25Non podían atacar ós outros, porque para atacar ó outro lado
-
2:25 - 2:28tés que baixar da montaña ó val
-
2:28 - 2:31e subir polo outro lado, polo que estás totalmente exposto.
-
2:31 - 2:33Ó final, para saír deste estancamento,
-
2:33 - 2:36os palestinos mandaron ó seu guerreiro máis forte
-
2:36 - 2:38ó val, onde chama ós isrealitas
-
2:38 - 2:40e di
-
2:40 - 2:43"Enviade aquí abaixo ó voso mellor guerreiro
-
2:43 - 2:45e trataremos este asunto, só nós os dous."
-
2:45 - 2:48Nas guerras antigas había unha tradición chamada combate individual.
-
2:48 - 2:50Era unha forma de resolver disputas
-
2:50 - 2:54sen incorrer no derramamento de sangue dunha batalla maior.
-
2:54 - 2:57O palestino que enviaron,
-
2:57 - 2:59o seu mellor guerreiro, é un xigante.
-
2:59 - 3:01Mide 2 metros.
-
3:01 - 3:06Levaba posta unha brillante armadura de bronce que lle cubría dos pés á cabeza
-
3:06 - 3:09e tiña unha espada, unha xavelina
-
3:09 - 3:12e un arpón. É absolutamente terrorífico.
-
3:12 - 3:16Dá tanto medo que ningún dos soldados israelitas quere loitar con él.
-
3:16 - 3:21É un suicidio, verdade? Cren que non hai forma de poder gañarlle.
-
3:21 - 3:23Ó final, a única persoa que deu un paso á fronte
-
3:23 - 3:26foi un xove pastor
-
3:26 - 3:28quen se dirixiu a Saúl e dixo, "Eu loitarei contra el".
-
3:28 - 3:31E Saúl dixo: "Non podes loitar contra el. Iso é ridículo.
-
3:31 - 3:34Tí és un neno. Éste é un guerreiro poderoso".
-
3:34 - 3:36Pero o pastor é insistente. Di, "No, no, no,
-
3:36 - 3:39non entendes, eu defendín o meu rabaño
-
3:39 - 3:43de leóns e lobos durante anos. Creo que podo facelo".
-
3:43 - 3:47Saúl non tivo opción. Non había ninguén máis que se atrevera.
-
3:47 - 3:48Polo que dixo, "Está ben".
-
3:48 - 3:49Entón deuse a volta cara ó neno, e dixo,
-
3:49 - 3:53"Tés que levar esta armadura. Non podes ir así".
-
3:53 - 3:55Intentou darlle a armadura ó pastor,
-
3:55 - 3:56pero este dixo "Non".
-
3:56 - 3:59"Non podo levar esta cousa."
-
3:59 - 4:03O versículo da Biblia di, "Non podo levalo porque non o provei",
-
4:03 - 4:06significando, "Nunca levei armadura antes. Tés que estar tolo".
-
4:06 - 4:09Pola contra, agachouse ó chan,
-
4:09 - 4:10colleu cinco pedras
-
4:10 - 4:13que puxo na súa bolsa de pastor
-
4:13 - 4:17e comezou a baixar pola ladeira da montaña cara ó xigante.
-
4:17 - 4:20O xigante vía esta figura achegándose,
-
4:20 - 4:23e gritou, "Achégate a min para que poida alimentar coa túa carne
-
4:23 - 4:27ós paxaros dos ceos e ás bestas da terra."
-
4:27 - 4:30Lanzalle esta provocación cara á persoa
-
4:30 - 4:32que viña a enfrontarse a el.
-
4:32 - 4:35O pastor achegábase cada vez máis e máis,
-
4:35 - 4:38e o xigante viu que levaba un bastón.
-
4:38 - 4:39Iso era todo o que levaba.
-
4:39 - 4:41No lugar dunha arma, solo ese bastón de pastor,
-
4:41 - 4:44e di -- sentíndose ofendido--
-
4:44 - 4:47"Son un can para que veñas a min con paos?"
-
4:47 - 4:50Entón o pastorciño colleu unha das pedras
-
4:50 - 4:54do seu peto, púxoa no seu tirafondas
-
4:54 - 4:56e deixouna voar,
-
4:56 - 4:58dándolle ó xigante xusto entre os ollos --
-
4:58 - 5:00xusto aquí, no seu punto máis vulnerable --
-
5:00 - 5:04que caeu ou morto ou inconsciente.
-
5:04 - 5:06O pequeno pastor correu cara a el, colleu a súa espada
-
5:06 - 5:08e cortoulle a cabeza.
-
5:08 - 5:13Os palestinos, vendo isto, déronse a volta e sinxelamente correron.
-
5:13 - 5:18Por suposto, o nome do xigante é Goliat
-
5:18 - 5:20e o do pequeno pastor é David.
-
5:20 - 5:23A razón pola cal esta historia me obsesionaba
-
5:23 - 5:25mentres escribía o meu libro
-
5:25 - 5:28é que todo o que cría saber sobre esta historia
-
5:28 - 5:31resultou non ser así.
-
5:31 - 5:35Entón David, nesta historia, é o que supoñemos que vai perder, verdade?
-
5:35 - 5:37De feito, este termo, David e Goliat,
-
5:37 - 5:40entrou na nosa lingua como unha metáfora para
-
5:40 - 5:41vitorias improbables
-
5:41 - 5:44da parte máis débil contra alguén moito máis forte.
-
5:44 - 5:46Entón por que dicimos que David ten as de perder?
-
5:46 - 5:50Bueno, pode ser que digamos iso porque é un neno,
-
5:50 - 5:53un neniño, e Goliat é un xigante grande, forte.
-
5:53 - 5:55Tamén poder ser porque
-
5:55 - 5:59Goliat é un guerreiro con experiencia,
-
5:59 - 6:01e David só é un pastor.
-
6:01 - 6:03Pero a razón máis importante pola que consideramos que David vai perder
-
6:03 - 6:08é que todo o que ten -- quero dicir que Goliat leva
-
6:08 - 6:10todas esas armas modernas,
-
6:10 - 6:12esa pecheira brillante
-
6:12 - 6:16e unha espada, unha xavelina e un arpón,
-
6:16 - 6:20e todo o que ten David é este bastón.
-
6:20 - 6:21Bueno, comecemos dende aquí coa frase
-
6:21 - 6:24"Todo o que ten David é este bastón",
-
6:24 - 6:27porque este é o primeiro erro que cometemos.
-
6:27 - 6:30Nas guerras antigas, hai tres tipos de guerreiros.
-
6:30 - 6:34Está a cabalaría, homes a cabalo e homes en carros.
-
6:34 - 6:37Está a infantería pesada, formada por homes que van a pé,
-
6:37 - 6:40soldados armados con espadas, escudos
-
6:40 - 6:41e algún tipo de armadura.
-
6:41 - 6:45E está tamén a artillaría, onde están os arqueiros
-
6:45 - 6:47pero, máis importante aínda, os tirafondas.
-
6:47 - 6:50Un tirafondas é alguén que ten unha bolsa de coiro
-
6:50 - 6:53con dous cordeis longos,
-
6:53 - 6:56poñen o proxectil dentro da bolsa, dende unha roca a unha bola de plomo,
-
6:56 - 6:59logo enróllano así,
-
6:59 - 7:02soltan unha das asas,
-
7:02 - 7:05e o efecto é o de enviar o proxectil
-
7:05 - 7:09cara ó seu obxectivo.
-
7:09 - 7:11Iso é o que ten David, e é importante entender
-
7:11 - 7:14que ese tirafondas non é un tirapedras.
-
7:14 - 7:17Non é iso, vale? Non é un xoguete de nenos.
-
7:17 - 7:21De feito é unha arma incriblemente devastadora.
-
7:21 - 7:24Cando David enrosca as asas así,
-
7:24 - 7:27está xirando a fonda probablemente
-
7:27 - 7:30a seis ou sete revolucións por segundo,
-
7:30 - 7:33o que significa que cando lanzas a roca,
-
7:33 - 7:36esta sairá disparada,
-
7:36 - 7:37probablemente a 35 metros por segundo.
-
7:37 - 7:41Isto é substancialmente máis rápido que un tiro
-
7:41 - 7:45de béisbol, incluso do mellor lanzador.
-
7:45 - 7:49Ademáis diso, as pedras do val de Elah
-
7:49 - 7:51non eran rocas normais. Eran de sulfato de bario,
-
7:51 - 7:54rocas co dobre de densidade dunha pedra normal.
-
7:54 - 7:57Se facedes os cálculos de balística,
-
7:57 - 8:01do poder de parada da pedra que tirou David dende a súa fonda,
-
8:01 - 8:03é case o mesmo que o poder de parada
-
8:03 - 8:07dunha pistola de calibre 45.
-
8:07 - 8:10É unha arma incriblemente devastadora.
-
8:10 - 8:14Precisamente, sabemos por escritos históricos
-
8:14 - 8:19que os tirapedras -- os tirapedras expertos podían alcanzar
-
8:19 - 8:25e mutilar ou incluso matar un obxectivo a distancias de máis de 180 metros.
-
8:25 - 8:28Polos tapices medievais sabemos que os tirapedras
-
8:28 - 8:30eran capaces de alcanzar paxaros voando.
-
8:30 - 8:33Eran incriblemente precisos.
-
8:33 - 8:36Cando David se coloca -- e no está a máis de 180 metros de Goliat,
-
8:36 - 8:38está bastante preto de el--
-
8:38 - 8:41cando David se pon en formación e dispara esa cousa a Goliat,
-
8:41 - 8:44ten toda a intención e toda a esperanza
-
8:44 - 8:47de ser capaz de darlle no seu punto máis vulnerábel,
-
8:47 - 8:48entre os ollos.
-
8:48 - 8:50Se repasamos a historia das guerras antigas,
-
8:50 - 8:53imos atopar unha e outra vez
-
8:53 - 8:57que os tirapedras eran o factor decisivo contra a infantaría
-
8:57 - 9:02nun tipo de batalla ou noutro.
-
9:02 - 9:06Entón que é Goliat? É infantaría pesada,
-
9:06 - 9:11e as súas espectativas ó retar ós Israelitas a un duelo
-
9:11 - 9:15eran as de loitar contra outro infante forte.
-
9:15 - 9:17Cando di, "Achégate a min que vou
-
9:17 - 9:20alimentar coa túa carne ós paxaros dos ceos e ás bestas da terra"
-
9:20 - 9:22a frase clave é "achégate a min".
-
9:22 - 9:24Achégate porque imos loitar,
-
9:24 - 9:26man a man, así.
-
9:26 - 9:28Saúl ten a mesma expectativa.
-
9:28 - 9:31David di: "Quero loitar contra Goliat",
-
9:31 - 9:33e Saúl intenta darlle a súa armadura,
-
9:33 - 9:35porque está pensando, "Oh, cando dis 'loitar contra Goliat',
-
9:35 - 9:39queres dicir 'loitar con el nun combate man a man',
-
9:39 - 9:41infantaría contra infantaría."
-
9:41 - 9:44Pero David non ten ninguna expectativa en absoluto.
-
9:44 - 9:46Non vai loitar contra el desa forma. Por qué ía facelo?
-
9:46 - 9:49É un pastor. Pasou toda a súa vida
-
9:49 - 9:53usando un tirapedras para defender o seu rabaño contra leóns e lobos.
-
9:53 - 9:55Aí é onde reside a súa forza.
-
9:55 - 9:58E aí está, este pastor, experto
-
9:58 - 10:00no uso dunha arma devastadora,
-
10:00 - 10:02contra este torpe xigante
-
10:02 - 10:05sobrecargado por máis de 45 kilos de armadura
-
10:05 - 10:07e polas armas incriblemente pesadas
-
10:07 - 10:10que só son útiles nos combates a pouca distancia.
-
10:10 - 10:15Goliat é unha presa fácil. Non ten ningunha oportunidade.
-
10:15 - 10:18Entón por que seguimos dicindo que David ten as de perder,
-
10:18 - 10:23e por que seguimos referíndonos á súa vitoria como improbable?
-
10:23 - 10:26Hai unha segunda peza nisto que é importante.
-
10:26 - 10:30Non é só o feito de que malinterpretamos a David
-
10:30 - 10:32e a súa elección de arma.
-
10:32 - 10:35Tamén malinterpretamos profundamente a Goliat.
-
10:35 - 10:38Goliat non é o que parece.
-
10:38 - 10:42Na Biblia temos todo tipo de indicios sobre isto,
-
10:42 - 10:45cousas que, se miramos atrás, son bastante desconcertantes
-
10:45 - 10:49e non cadran coa súa imaxe de guerreiro poderoso.
-
10:49 - 10:52Entón, para comezar, a Biblia di que
-
10:52 - 10:56un acompañante guiou a Goliat ata o val.
-
10:56 - 10:58Isto é raro, non?
-
10:58 - 11:00Aquí está este forte guerreiro
-
11:00 - 11:03retando ós Israelitas a un combate corpo a corpo.
-
11:03 - 11:06Por que vai collido da man,
-
11:06 - 11:09seguramente dun mozo novo,
-
11:09 - 11:11ata o lugar do combate?
-
11:11 - 11:16En segundo lugar, a historia da Biblia fai fincapé
-
11:16 - 11:19no despacio que se move Goliat,
-
11:19 - 11:21algo raro que dicir cando estás a describir
-
11:21 - 11:25ó guerreiro máis forte coñecido polo home ata ese momento.
-
11:25 - 11:27E tamén está a extraña historia
-
11:27 - 11:31sobre a cantidade de tempo que tarda Goliat en reaccionar
-
11:31 - 11:33cando ve a David.
-
11:33 - 11:35David está baixando a montaña,
-
11:35 - 11:39e claramente non está preparado para un combate man a man.
-
11:39 - 11:41Non hai nada nel que diga,
-
11:41 - 11:43"Estou a punto de loitar contigo así".
-
11:43 - 11:45Nin sequera leva unha espada.
-
11:45 - 11:48Por que Goliat non reacciona ante isto?
-
11:48 - 11:52É coma se non fora consciente do que estaba pasando ese día.
-
11:52 - 11:56E entón faille un comentario rarísimo a David:
-
11:56 - 12:00"Son un can para que veñas cara a min con paos?"
-
12:00 - 12:04Paos? David só ten un bastón.
-
12:04 - 12:06Bueno, resulta que houbo unha grande
-
12:06 - 12:09especulación na comunidade médica ó longo dos anos
-
12:09 - 12:12básicamente sobre se hai algo
-
12:12 - 12:15malo en Goliath,
-
12:15 - 12:18un intento de darlle sentido a todas esas aparentes anomalías.
-
12:18 - 12:19Escribíronse moitos artigos sobre isto.
-
12:19 - 12:23O primeiro publicouse en 1960, no Xornal Médico de Indiana,
-
12:23 - 12:26e comezou unha cadea de especulación
-
12:26 - 12:29que empeza cunha explicación para a altura de Goliat.
-
12:29 - 12:32Goliat sácalle a cabeza e os ombros
-
12:32 - 12:34a todos os seus colegas da época,
-
12:34 - 12:38e normalmente cando alguén se sae tanto da media
-
12:38 - 12:39hai unha explicación para iso.
-
12:39 - 12:43Polo tanto a forma máis común de xigantismo
-
12:43 - 12:45é unha condición chamada acromegalia,
-
12:45 - 12:48e a acromegalia cáusaa un tumor benigno
-
12:48 - 12:51na glándula pituitaria
-
12:51 - 12:54que causa unha sobreprodución da hormona de crecemento humano.
-
12:54 - 12:57E ó longo da historia, moitos dos xigantes máis famosos
-
12:57 - 12:59tiveron acromegalia.
-
12:59 - 13:01Así, a persoa máis alta de todos os tempos
-
13:01 - 13:02foi un tipo chamado Robert Wadlow
-
13:02 - 13:06que seguía crecendo cando morreu con 24 anos
-
13:06 - 13:08e medía 2'70 m
-
13:08 - 13:10Tiña acromegalia.
-
13:10 - 13:12Acordádevos do loitador André o Xigante?
-
13:12 - 13:14Famoso. Tiña acromegalia.
-
13:14 - 13:19Existe incluso a especulación sobre que Abraham Lincoln tiña acromegalia.
-
13:19 - 13:20Calquera persoa que sexa inusualmente alta,
-
13:20 - 13:22esta é a primeira explicación á que chegamos.
-
13:22 - 13:26A acromegalia ten diferentes tipos de efectos secundarios
-
13:26 - 13:28asociados a ela,
-
13:28 - 13:31e principalmente teñen que ver coa visión.
-
13:31 - 13:34O tumor da pituitaria, ó crecer,
-
13:34 - 13:39normalmente comeza a comprimir os nervios visuais no cerebro,
-
13:39 - 13:41có resultado de que a xente con acromegalia
-
13:41 - 13:47ten ou visión dobre ou son profundamente miopes.
-
13:47 - 13:49Polo tanto, cando a xente comezou a especular
-
13:49 - 13:52sobre o que puidera ir mal en Goliat,
-
13:52 - 13:53dixeron, "Esperade un minuto,
-
13:53 - 13:56ten a apariencia e soa unha barbaridade como alguén
-
13:56 - 13:58que ten acromegalia."
-
13:58 - 14:01E isto explicaría tamén moitísimo do que era extraño
-
14:01 - 14:03sobre o seu comportamento ese día.
-
14:03 - 14:05Por que se move tan despacio
-
14:05 - 14:08e ten que baixar ó val escoltado
-
14:08 - 14:10por un acompañante?
-
14:10 - 14:13Porque non pode recorrer o camiño el só.
-
14:13 - 14:16Por que extraña razón non presta atención a David
-
14:16 - 14:19e non entende que David non vai loitar con el
-
14:19 - 14:21ata o último momento?
-
14:21 - 14:23Porque non o pode ver.
-
14:23 - 14:27Cando dí, "Achégate a min que coa túa carne alimentarei
-
14:27 - 14:29ós paxaros dos ceos e ás bestias da terra,"
-
14:29 - 14:34a frase "achégate a min" é unha pista da súa vulnerabilidade.
-
14:34 - 14:37Achégate a min porque non te podo ver.
-
14:37 - 14:42E despois temos, "Son un can para que te achegues con paos?"
-
14:42 - 14:47Ve dous paos cando David só ten un.
-
14:47 - 14:50Así, os Israelitas que estaban na cresta da montaña
-
14:50 - 14:53mirábano e pensaban que era
-
14:53 - 14:56un rival extraordinariamente poderoso.
-
14:56 - 14:58O que non entendían era que
-
14:58 - 15:01a razón da súa aparente forza
-
15:01 - 15:05era tamén a fonte da súa maior debilidade.
-
15:05 - 15:07E aquí temos, eu creo,
-
15:07 - 15:10unha lección moi importante para todos nós.
-
15:10 - 15:14Os xigantes non son tan fortes e poderosos como poden parecer.
-
15:14 - 15:17E ás veces o pastorciño ten unha fonda no seu peto.
-
15:17 - 15:19Grazas,
-
15:19 - 15:23(Aplausos)
Subtítulos: Laura Rodríguez López
- Title:
- A descoñecida historia de David e Goliat.
- Speaker:
- Malcolm Gladwell
- Description:
-
É un conto clásico sobre o perdedor esperado: David, un xove pastor armado só cun tirapedras, vence a Goliat, o poderoso guerreiro. A historia trascendeu os seus orixes bíblicos para converterse na escenografía común das vitorias improbables. Pero, Malcolm Gladwell pregunta, a historia de David e Goliat trata realmente sobre iso?
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 15:40
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for The unheard story of David and Goliath | ||
Retired user accepted Galician subtitles for The unheard story of David and Goliath | ||
Retired user commented on Galician subtitles for The unheard story of David and Goliath | ||
Retired user edited Galician subtitles for The unheard story of David and Goliath | ||
Retired user edited Galician subtitles for The unheard story of David and Goliath | ||
Laura Rodríguez López edited Galician subtitles for The unheard story of David and Goliath | ||
Laura Rodríguez López edited Galician subtitles for The unheard story of David and Goliath | ||
Laura Rodríguez López edited Galician subtitles for The unheard story of David and Goliath |
Retired user
Spot- punto.
Death wish - suicidio.