WEBVTT 00:00:00.536 --> 00:00:01.819 Quero contarvos unha historia 00:00:01.819 --> 00:00:05.291 que me obsesionaba mentres escribía o meu novo libro, 00:00:05.291 --> 00:00:08.838 e é unha historia sobre algo que pasou 00:00:08.838 --> 00:00:10.411 fai 3.000 anos, 00:00:10.411 --> 00:00:13.638 cando o reino de Israel estaba aínda na súa nenez. 00:00:13.638 --> 00:00:16.370 Ocurriu na área coñecida como Shephelah 00:00:16.370 --> 00:00:18.700 onde agora está Israel. 00:00:18.700 --> 00:00:20.948 A historia obsesionábame porque 00:00:20.948 --> 00:00:24.034 eu cría que a entendía, pero cando volvín a ela 00:00:24.034 --> 00:00:28.140 dinme conta de que non a entendía para nada. NOTE Paragraph 00:00:28.140 --> 00:00:32.957 A antiga Palestina tiña unha -- ó longo da fronteira este 00:00:32.957 --> 00:00:34.273 hai unha cadea montañosa. 00:00:34.273 --> 00:00:36.132 Segue estando no Israel de hoxe en día. 00:00:36.132 --> 00:00:39.065 E nesta cadea montañosa atópanse todas as cidades antigas 00:00:39.065 --> 00:00:43.523 desta rexión, é dicir, Jerusalén, Belén e Hebrón. 00:00:43.523 --> 00:00:45.748 Tamén hai unha chaira costeira 00:00:45.748 --> 00:00:49.103 ó longo do Mediterráneo, onde agora está Tel Aviv. 00:00:49.103 --> 00:00:52.503 Unindo a cadea montañosa coa costa 00:00:52.503 --> 00:00:54.436 atópase un área chamada Shephelah, 00:00:54.436 --> 00:00:58.855 composta por unha serie de vales e cordóns montañosos que van de este a oeste, 00:00:58.855 --> 00:01:02.034 e podes seguir a Shephelah, ir a través dela 00:01:02.034 --> 00:01:04.787 para chegar ás montañas dende a costa. 00:01:04.787 --> 00:01:06.481 Shephela, se fóchedes a Israel o saberedes, 00:01:06.481 --> 00:01:08.889 é a parte máis bonita de Israel. 00:01:08.889 --> 00:01:11.807 É precioso, con carballeiras 00:01:11.807 --> 00:01:14.222 e campos de trigo e viñedos. NOTE Paragraph 00:01:14.222 --> 00:01:17.601 Pero aínda máis importante na historia desta rexión, 00:01:17.601 --> 00:01:21.366 que tiña función estratéxica, 00:01:21.366 --> 00:01:24.279 son os medios polos que exércitos hostís 00:01:24.279 --> 00:01:26.862 atopaban o camiño pola costa, 00:01:26.862 --> 00:01:30.484 subían ás montañas e amedrentaban a aqueles que vivían alí. 00:01:30.484 --> 00:01:33.511 Isto é o que pasou exactamente hai 3.000 anos. 00:01:33.511 --> 00:01:37.788 Os palestinos, os grandes inimigos 00:01:37.788 --> 00:01:39.290 do reino de Israel, 00:01:39.290 --> 00:01:41.002 viven na chaira costeira. 00:01:41.002 --> 00:01:44.298 Son orixinarios de Creta, mariñeiros, 00:01:44.298 --> 00:01:46.721 e deben comezar a súa viaxe 00:01:46.721 --> 00:01:48.961 a través dun dos vales de Shephelah 00:01:48.961 --> 00:01:50.128 cara ás montañas, 00:01:50.128 --> 00:01:52.384 porque o que queren é ocupar as terras altas 00:01:52.384 --> 00:01:56.385 á dereita de Belén e dividir o reino de Israel en dous. 00:01:56.385 --> 00:01:59.650 O rei Saúl, xefe do reino de Israel, 00:01:59.650 --> 00:02:01.383 ó oíren rumores sobre iso, 00:02:01.383 --> 00:02:04.252 baixa as súas tropas das montañas 00:02:04.252 --> 00:02:07.907 e enfréntase ós Palestinos no Val de Elah, 00:02:07.907 --> 00:02:10.365 un dos vales máis bonitos de Shephelah. 00:02:10.365 --> 00:02:13.233 Os Isrealís comezaron a atacar pola cordilleira do norte, 00:02:13.233 --> 00:02:17.490 os Palestinos fixérono pola do sur, 00:02:17.490 --> 00:02:20.225 e os dous exércitos simplemente sentaron durante semanas 00:02:20.225 --> 00:02:22.347 e se miraban os uns ós outros porque estaban en punto morto. 00:02:22.347 --> 00:02:24.820 Non podían atacar ós outros, porque para atacar ó outro lado 00:02:24.820 --> 00:02:28.076 tés que baixar da montaña ó val 00:02:28.076 --> 00:02:30.593 e subir polo outro lado, polo que estás totalmente exposto. NOTE Paragraph 00:02:30.593 --> 00:02:32.785 Ó final, para saír deste estancamento, 00:02:32.785 --> 00:02:35.999 os palestinos mandaron ó seu guerreiro máis forte 00:02:35.999 --> 00:02:38.476 ó val, onde chama ós isrealitas 00:02:38.476 --> 00:02:39.932 e di 00:02:39.932 --> 00:02:42.560 "Enviade aquí abaixo ó voso mellor guerreiro 00:02:42.560 --> 00:02:44.567 e trataremos este asunto, só nós os dous." NOTE Paragraph 00:02:44.567 --> 00:02:48.402 Nas guerras antigas había unha tradición chamada combate individual. 00:02:48.402 --> 00:02:50.197 Era unha forma de resolver disputas 00:02:50.197 --> 00:02:54.321 sen incorrer no derramamento de sangue dunha batalla maior. 00:02:54.321 --> 00:02:57.281 O palestino que enviaron, 00:02:57.281 --> 00:02:59.448 o seu mellor guerreiro, é un xigante. 00:02:59.448 --> 00:03:01.223 Mide 2 metros. 00:03:01.223 --> 00:03:05.936 Levaba posta unha brillante armadura de bronce que lle cubría dos pés á cabeza 00:03:05.936 --> 00:03:08.995 e tiña unha espada, unha xavelina 00:03:08.995 --> 00:03:11.723 e un arpón. É absolutamente terrorífico. 00:03:11.723 --> 00:03:16.213 Dá tanto medo que ningún dos soldados israelitas quere loitar con él. 00:03:16.213 --> 00:03:20.848 É un suicidio, verdade? Cren que non hai forma de poder gañarlle. NOTE Paragraph 00:03:20.848 --> 00:03:23.141 Ó final, a única persoa que deu un paso á fronte 00:03:23.141 --> 00:03:25.652 foi un xove pastor 00:03:25.652 --> 00:03:28.330 quen se dirixiu a Saúl e dixo, "Eu loitarei contra el". NOTE Paragraph 00:03:28.330 --> 00:03:31.448 E Saúl dixo: "Non podes loitar contra el. Iso é ridículo. 00:03:31.448 --> 00:03:33.770 Tí és un neno. Éste é un guerreiro poderoso". NOTE Paragraph 00:03:33.770 --> 00:03:36.193 Pero o pastor é insistente. Di, "No, no, no, 00:03:36.193 --> 00:03:39.186 non entendes, eu defendín o meu rabaño 00:03:39.186 --> 00:03:43.355 de leóns e lobos durante anos. Creo que podo facelo". NOTE Paragraph 00:03:43.355 --> 00:03:46.569 Saúl non tivo opción. Non había ninguén máis que se atrevera. 00:03:46.569 --> 00:03:47.910 Polo que dixo, "Está ben". 00:03:47.910 --> 00:03:49.122 Entón deuse a volta cara ó neno, e dixo, 00:03:49.122 --> 00:03:52.816 "Tés que levar esta armadura. Non podes ir así". NOTE Paragraph 00:03:52.816 --> 00:03:55.219 Intentou darlle a armadura ó pastor, 00:03:55.219 --> 00:03:56.470 pero este dixo "Non". 00:03:56.470 --> 00:03:58.883 "Non podo levar esta cousa." 00:03:58.883 --> 00:04:02.957 O versículo da Biblia di, "Non podo levalo porque non o provei", 00:04:02.957 --> 00:04:06.134 significando, "Nunca levei armadura antes. Tés que estar tolo". NOTE Paragraph 00:04:06.134 --> 00:04:08.740 Pola contra, agachouse ó chan, 00:04:08.740 --> 00:04:10.495 colleu cinco pedras 00:04:10.495 --> 00:04:12.956 que puxo na súa bolsa de pastor 00:04:12.956 --> 00:04:17.468 e comezou a baixar pola ladeira da montaña cara ó xigante. 00:04:17.468 --> 00:04:19.674 O xigante vía esta figura achegándose, 00:04:19.674 --> 00:04:22.817 e gritou, "Achégate a min para que poida alimentar coa túa carne 00:04:22.817 --> 00:04:26.794 ós paxaros dos ceos e ás bestas da terra." 00:04:26.794 --> 00:04:30.229 Lanzalle esta provocación cara á persoa 00:04:30.229 --> 00:04:31.964 que viña a enfrontarse a el. 00:04:31.964 --> 00:04:35.310 O pastor achegábase cada vez máis e máis, 00:04:35.310 --> 00:04:38.298 e o xigante viu que levaba un bastón. 00:04:38.298 --> 00:04:39.470 Iso era todo o que levaba. 00:04:39.470 --> 00:04:41.338 No lugar dunha arma, solo ese bastón de pastor, 00:04:41.338 --> 00:04:43.910 e di -- sentíndose ofendido-- 00:04:43.910 --> 00:04:47.267 "Son un can para que veñas a min con paos?" NOTE Paragraph 00:04:47.267 --> 00:04:50.330 Entón o pastorciño colleu unha das pedras 00:04:50.330 --> 00:04:53.570 do seu peto, púxoa no seu tirafondas 00:04:53.570 --> 00:04:55.865 e deixouna voar, 00:04:55.865 --> 00:04:58.266 dándolle ó xigante xusto entre os ollos -- 00:04:58.266 --> 00:05:00.364 xusto aquí, no seu punto máis vulnerable -- 00:05:00.364 --> 00:05:03.685 que caeu ou morto ou inconsciente. 00:05:03.685 --> 00:05:06.179 O pequeno pastor correu cara a el, colleu a súa espada 00:05:06.179 --> 00:05:07.865 e cortoulle a cabeza. 00:05:07.865 --> 00:05:13.416 Os palestinos, vendo isto, déronse a volta e sinxelamente correron. NOTE Paragraph 00:05:13.416 --> 00:05:17.777 Por suposto, o nome do xigante é Goliat 00:05:17.777 --> 00:05:20.306 e o do pequeno pastor é David. 00:05:20.306 --> 00:05:23.436 A razón pola cal esta historia me obsesionaba 00:05:23.436 --> 00:05:24.874 mentres escribía o meu libro 00:05:24.874 --> 00:05:27.966 é que todo o que cría saber sobre esta historia 00:05:27.966 --> 00:05:30.717 resultou non ser así. NOTE Paragraph 00:05:30.717 --> 00:05:34.505 Entón David, nesta historia, é o que supoñemos que vai perder, verdade? 00:05:34.505 --> 00:05:36.642 De feito, este termo, David e Goliat, 00:05:36.642 --> 00:05:39.623 entrou na nosa lingua como unha metáfora para 00:05:39.623 --> 00:05:41.161 vitorias improbables 00:05:41.161 --> 00:05:44.272 da parte máis débil contra alguén moito máis forte. 00:05:44.272 --> 00:05:46.462 Entón por que dicimos que David ten as de perder? 00:05:46.462 --> 00:05:49.937 Bueno, pode ser que digamos iso porque é un neno, 00:05:49.937 --> 00:05:53.473 un neniño, e Goliat é un xigante grande, forte. 00:05:53.473 --> 00:05:55.128 Tamén poder ser porque 00:05:55.128 --> 00:05:59.050 Goliat é un guerreiro con experiencia, 00:05:59.050 --> 00:06:00.986 e David só é un pastor. 00:06:00.986 --> 00:06:03.336 Pero a razón máis importante pola que consideramos que David vai perder 00:06:03.336 --> 00:06:08.346 é que todo o que ten -- quero dicir que Goliat leva 00:06:08.346 --> 00:06:10.351 todas esas armas modernas, 00:06:10.351 --> 00:06:12.127 esa pecheira brillante 00:06:12.127 --> 00:06:15.962 e unha espada, unha xavelina e un arpón, 00:06:15.962 --> 00:06:19.792 e todo o que ten David é este bastón. NOTE Paragraph 00:06:19.792 --> 00:06:21.490 Bueno, comecemos dende aquí coa frase 00:06:21.490 --> 00:06:23.934 "Todo o que ten David é este bastón", 00:06:23.934 --> 00:06:26.801 porque este é o primeiro erro que cometemos. 00:06:26.801 --> 00:06:30.358 Nas guerras antigas, hai tres tipos de guerreiros. 00:06:30.358 --> 00:06:33.789 Está a cabalaría, homes a cabalo e homes en carros. 00:06:33.789 --> 00:06:36.915 Está a infantería pesada, formada por homes que van a pé, 00:06:36.915 --> 00:06:39.805 soldados armados con espadas, escudos 00:06:39.805 --> 00:06:41.305 e algún tipo de armadura. 00:06:41.305 --> 00:06:44.533 E está tamén a artillaría, onde están os arqueiros 00:06:44.533 --> 00:06:46.705 pero, máis importante aínda, os tirafondas. 00:06:46.705 --> 00:06:49.766 Un tirafondas é alguén que ten unha bolsa de coiro 00:06:49.766 --> 00:06:52.563 con dous cordeis longos, 00:06:52.563 --> 00:06:55.765 poñen o proxectil dentro da bolsa, dende unha roca a unha bola de plomo, 00:06:55.765 --> 00:06:58.886 logo enróllano así, 00:06:58.886 --> 00:07:01.529 soltan unha das asas, 00:07:01.529 --> 00:07:05.399 e o efecto é o de enviar o proxectil 00:07:05.399 --> 00:07:08.704 cara ó seu obxectivo. 00:07:08.704 --> 00:07:11.439 Iso é o que ten David, e é importante entender 00:07:11.439 --> 00:07:14.286 que ese tirafondas non é un tirapedras. 00:07:14.286 --> 00:07:16.905 Non é iso, vale? Non é un xoguete de nenos. 00:07:16.905 --> 00:07:20.730 De feito é unha arma incriblemente devastadora. 00:07:20.730 --> 00:07:23.706 Cando David enrosca as asas así, 00:07:23.706 --> 00:07:26.935 está xirando a fonda probablemente 00:07:26.935 --> 00:07:29.607 a seis ou sete revolucións por segundo, 00:07:29.607 --> 00:07:33.452 o que significa que cando lanzas a roca, 00:07:33.452 --> 00:07:35.652 esta sairá disparada, 00:07:35.652 --> 00:07:37.425 probablemente a 35 metros por segundo. 00:07:37.425 --> 00:07:40.990 Isto é substancialmente máis rápido que un tiro 00:07:40.990 --> 00:07:44.623 de béisbol, incluso do mellor lanzador. 00:07:44.623 --> 00:07:48.506 Ademáis diso, as pedras do val de Elah 00:07:48.506 --> 00:07:51.162 non eran rocas normais. Eran de sulfato de bario, 00:07:51.162 --> 00:07:54.481 rocas co dobre de densidade dunha pedra normal. 00:07:54.481 --> 00:07:57.118 Se facedes os cálculos de balística, 00:07:57.118 --> 00:08:01.002 do poder de parada da pedra que tirou David dende a súa fonda, 00:08:01.002 --> 00:08:03.323 é case o mesmo que o poder de parada 00:08:03.323 --> 00:08:06.880 dunha pistola de calibre 45. 00:08:06.880 --> 00:08:09.874 É unha arma incriblemente devastadora. 00:08:09.874 --> 00:08:14.472 Precisamente, sabemos por escritos históricos 00:08:14.472 --> 00:08:18.970 que os tirapedras -- os tirapedras expertos podían alcanzar 00:08:18.970 --> 00:08:24.993 e mutilar ou incluso matar un obxectivo a distancias de máis de 180 metros. 00:08:24.993 --> 00:08:27.963 Polos tapices medievais sabemos que os tirapedras 00:08:27.963 --> 00:08:30.321 eran capaces de alcanzar paxaros voando. 00:08:30.321 --> 00:08:32.755 Eran incriblemente precisos. 00:08:32.755 --> 00:08:36.312 Cando David se coloca -- e no está a máis de 180 metros de Goliat, 00:08:36.312 --> 00:08:37.921 está bastante preto de el-- 00:08:37.921 --> 00:08:41.336 cando David se pon en formación e dispara esa cousa a Goliat, 00:08:41.336 --> 00:08:44.398 ten toda a intención e toda a esperanza 00:08:44.398 --> 00:08:47.101 de ser capaz de darlle no seu punto máis vulnerábel, 00:08:47.101 --> 00:08:48.429 entre os ollos. 00:08:48.429 --> 00:08:50.445 Se repasamos a historia das guerras antigas, 00:08:50.445 --> 00:08:53.257 imos atopar unha e outra vez 00:08:53.257 --> 00:08:57.260 que os tirapedras eran o factor decisivo contra a infantaría 00:08:57.260 --> 00:09:02.285 nun tipo de batalla ou noutro. NOTE Paragraph 00:09:02.285 --> 00:09:06.181 Entón que é Goliat? É infantaría pesada, 00:09:06.181 --> 00:09:11.380 e as súas espectativas ó retar ós Israelitas a un duelo 00:09:11.380 --> 00:09:15.235 eran as de loitar contra outro infante forte. 00:09:15.235 --> 00:09:17.406 Cando di, "Achégate a min que vou 00:09:17.406 --> 00:09:20.358 alimentar coa túa carne ós paxaros dos ceos e ás bestas da terra" 00:09:20.358 --> 00:09:22.358 a frase clave é "achégate a min". 00:09:22.358 --> 00:09:24.496 Achégate porque imos loitar, 00:09:24.496 --> 00:09:26.207 man a man, así. 00:09:26.207 --> 00:09:28.335 Saúl ten a mesma expectativa. 00:09:28.335 --> 00:09:30.694 David di: "Quero loitar contra Goliat", 00:09:30.694 --> 00:09:32.515 e Saúl intenta darlle a súa armadura, 00:09:32.515 --> 00:09:35.242 porque está pensando, "Oh, cando dis 'loitar contra Goliat', 00:09:35.242 --> 00:09:38.509 queres dicir 'loitar con el nun combate man a man', 00:09:38.509 --> 00:09:40.697 infantaría contra infantaría." NOTE Paragraph 00:09:40.697 --> 00:09:43.671 Pero David non ten ninguna expectativa en absoluto. 00:09:43.671 --> 00:09:46.222 Non vai loitar contra el desa forma. Por qué ía facelo? 00:09:46.222 --> 00:09:49.230 É un pastor. Pasou toda a súa vida 00:09:49.230 --> 00:09:53.443 usando un tirapedras para defender o seu rabaño contra leóns e lobos. 00:09:53.443 --> 00:09:55.193 Aí é onde reside a súa forza. 00:09:55.193 --> 00:09:57.725 E aí está, este pastor, experto 00:09:57.725 --> 00:09:59.764 no uso dunha arma devastadora, 00:09:59.764 --> 00:10:02.158 contra este torpe xigante 00:10:02.158 --> 00:10:05.458 sobrecargado por máis de 45 kilos de armadura 00:10:05.458 --> 00:10:06.959 e polas armas incriblemente pesadas 00:10:06.959 --> 00:10:10.056 que só son útiles nos combates a pouca distancia. 00:10:10.056 --> 00:10:14.793 Goliat é unha presa fácil. Non ten ningunha oportunidade. 00:10:14.793 --> 00:10:17.599 Entón por que seguimos dicindo que David ten as de perder, 00:10:17.599 --> 00:10:23.423 e por que seguimos referíndonos á súa vitoria como improbable? NOTE Paragraph 00:10:23.423 --> 00:10:26.263 Hai unha segunda peza nisto que é importante. 00:10:26.263 --> 00:10:29.661 Non é só o feito de que malinterpretamos a David 00:10:29.661 --> 00:10:31.566 e a súa elección de arma. 00:10:31.566 --> 00:10:34.905 Tamén malinterpretamos profundamente a Goliat. 00:10:34.905 --> 00:10:38.139 Goliat non é o que parece. 00:10:38.139 --> 00:10:42.127 Na Biblia temos todo tipo de indicios sobre isto, 00:10:42.127 --> 00:10:44.932 cousas que, se miramos atrás, son bastante desconcertantes 00:10:44.932 --> 00:10:48.709 e non cadran coa súa imaxe de guerreiro poderoso. 00:10:48.709 --> 00:10:52.086 Entón, para comezar, a Biblia di que 00:10:52.086 --> 00:10:56.051 un acompañante guiou a Goliat ata o val. 00:10:56.051 --> 00:10:58.260 Isto é raro, non? 00:10:58.260 --> 00:11:00.390 Aquí está este forte guerreiro 00:11:00.390 --> 00:11:03.197 retando ós Israelitas a un combate corpo a corpo. 00:11:03.197 --> 00:11:05.909 Por que vai collido da man, 00:11:05.909 --> 00:11:08.959 seguramente dun mozo novo, 00:11:08.959 --> 00:11:11.421 ata o lugar do combate? 00:11:11.421 --> 00:11:15.775 En segundo lugar, a historia da Biblia fai fincapé 00:11:15.775 --> 00:11:18.864 no despacio que se move Goliat, 00:11:18.864 --> 00:11:20.890 algo raro que dicir cando estás a describir 00:11:20.890 --> 00:11:24.940 ó guerreiro máis forte coñecido polo home ata ese momento. 00:11:24.940 --> 00:11:26.763 E tamén está a extraña historia 00:11:26.763 --> 00:11:30.575 sobre a cantidade de tempo que tarda Goliat en reaccionar 00:11:30.575 --> 00:11:32.571 cando ve a David. 00:11:32.571 --> 00:11:35.349 David está baixando a montaña, 00:11:35.349 --> 00:11:39.286 e claramente non está preparado para un combate man a man. 00:11:39.286 --> 00:11:41.254 Non hai nada nel que diga, 00:11:41.254 --> 00:11:43.288 "Estou a punto de loitar contigo así". 00:11:43.288 --> 00:11:45.019 Nin sequera leva unha espada. 00:11:45.019 --> 00:11:47.701 Por que Goliat non reacciona ante isto? 00:11:47.701 --> 00:11:51.929 É coma se non fora consciente do que estaba pasando ese día. 00:11:51.929 --> 00:11:55.876 E entón faille un comentario rarísimo a David: 00:11:55.876 --> 00:12:00.171 "Son un can para que veñas cara a min con paos?" 00:12:00.171 --> 00:12:03.994 Paos? David só ten un bastón. NOTE Paragraph 00:12:03.994 --> 00:12:06.253 Bueno, resulta que houbo unha grande 00:12:06.253 --> 00:12:09.294 especulación na comunidade médica ó longo dos anos 00:12:09.294 --> 00:12:11.820 básicamente sobre se hai algo 00:12:11.820 --> 00:12:14.709 malo en Goliath, 00:12:14.709 --> 00:12:18.118 un intento de darlle sentido a todas esas aparentes anomalías. 00:12:18.118 --> 00:12:19.280 Escribíronse moitos artigos sobre isto. 00:12:19.280 --> 00:12:23.274 O primeiro publicouse en 1960, no Xornal Médico de Indiana, 00:12:23.274 --> 00:12:25.629 e comezou unha cadea de especulación 00:12:25.629 --> 00:12:28.752 que empeza cunha explicación para a altura de Goliat. 00:12:28.752 --> 00:12:31.675 Goliat sácalle a cabeza e os ombros 00:12:31.675 --> 00:12:33.837 a todos os seus colegas da época, 00:12:33.837 --> 00:12:37.819 e normalmente cando alguén se sae tanto da media 00:12:37.819 --> 00:12:39.416 hai unha explicación para iso. 00:12:39.416 --> 00:12:42.649 Polo tanto a forma máis común de xigantismo 00:12:42.649 --> 00:12:45.384 é unha condición chamada acromegalia, 00:12:45.384 --> 00:12:48.287 e a acromegalia cáusaa un tumor benigno 00:12:48.287 --> 00:12:50.790 na glándula pituitaria 00:12:50.790 --> 00:12:53.506 que causa unha sobreprodución da hormona de crecemento humano. 00:12:53.506 --> 00:12:57.065 E ó longo da historia, moitos dos xigantes máis famosos 00:12:57.065 --> 00:12:58.834 tiveron acromegalia. 00:12:58.834 --> 00:13:00.898 Así, a persoa máis alta de todos os tempos 00:13:00.898 --> 00:13:02.465 foi un tipo chamado Robert Wadlow 00:13:02.465 --> 00:13:05.516 que seguía crecendo cando morreu con 24 anos 00:13:05.516 --> 00:13:08.405 e medía 2'70 m 00:13:08.405 --> 00:13:09.819 Tiña acromegalia. 00:13:09.819 --> 00:13:12.354 Acordádevos do loitador André o Xigante? 00:13:12.354 --> 00:13:14.037 Famoso. Tiña acromegalia. 00:13:14.037 --> 00:13:18.576 Existe incluso a especulación sobre que Abraham Lincoln tiña acromegalia. 00:13:18.576 --> 00:13:19.654 Calquera persoa que sexa inusualmente alta, 00:13:19.654 --> 00:13:22.407 esta é a primeira explicación á que chegamos. 00:13:22.407 --> 00:13:26.402 A acromegalia ten diferentes tipos de efectos secundarios 00:13:26.402 --> 00:13:27.627 asociados a ela, 00:13:27.627 --> 00:13:31.189 e principalmente teñen que ver coa visión. 00:13:31.189 --> 00:13:34.485 O tumor da pituitaria, ó crecer, 00:13:34.485 --> 00:13:38.533 normalmente comeza a comprimir os nervios visuais no cerebro, 00:13:38.533 --> 00:13:41.037 có resultado de que a xente con acromegalia 00:13:41.037 --> 00:13:46.508 ten ou visión dobre ou son profundamente miopes. NOTE Paragraph 00:13:46.508 --> 00:13:49.101 Polo tanto, cando a xente comezou a especular 00:13:49.101 --> 00:13:52.332 sobre o que puidera ir mal en Goliat, 00:13:52.332 --> 00:13:53.243 dixeron, "Esperade un minuto, 00:13:53.243 --> 00:13:56.433 ten a apariencia e soa unha barbaridade como alguén 00:13:56.433 --> 00:13:58.006 que ten acromegalia." 00:13:58.006 --> 00:14:00.990 E isto explicaría tamén moitísimo do que era extraño 00:14:00.990 --> 00:14:03.117 sobre o seu comportamento ese día. 00:14:03.117 --> 00:14:04.938 Por que se move tan despacio 00:14:04.938 --> 00:14:08.466 e ten que baixar ó val escoltado 00:14:08.466 --> 00:14:09.825 por un acompañante? 00:14:09.825 --> 00:14:12.813 Porque non pode recorrer o camiño el só. 00:14:12.813 --> 00:14:16.070 Por que extraña razón non presta atención a David 00:14:16.070 --> 00:14:18.719 e non entende que David non vai loitar con el 00:14:18.719 --> 00:14:20.866 ata o último momento? 00:14:20.866 --> 00:14:23.375 Porque non o pode ver. 00:14:23.375 --> 00:14:26.692 Cando dí, "Achégate a min que coa túa carne alimentarei 00:14:26.692 --> 00:14:29.188 ós paxaros dos ceos e ás bestias da terra," 00:14:29.188 --> 00:14:33.832 a frase "achégate a min" é unha pista da súa vulnerabilidade. 00:14:33.832 --> 00:14:36.816 Achégate a min porque non te podo ver. 00:14:36.816 --> 00:14:42.030 E despois temos, "Son un can para que te achegues con paos?" 00:14:42.030 --> 00:14:47.360 Ve dous paos cando David só ten un. NOTE Paragraph 00:14:47.360 --> 00:14:50.324 Así, os Israelitas que estaban na cresta da montaña 00:14:50.324 --> 00:14:52.521 mirábano e pensaban que era 00:14:52.521 --> 00:14:55.632 un rival extraordinariamente poderoso. 00:14:55.632 --> 00:14:57.608 O que non entendían era que 00:14:57.608 --> 00:15:00.905 a razón da súa aparente forza 00:15:00.905 --> 00:15:04.660 era tamén a fonte da súa maior debilidade. NOTE Paragraph 00:15:04.660 --> 00:15:06.617 E aquí temos, eu creo, 00:15:06.617 --> 00:15:09.822 unha lección moi importante para todos nós. 00:15:09.822 --> 00:15:13.684 Os xigantes non son tan fortes e poderosos como poden parecer. 00:15:13.684 --> 00:15:17.173 E ás veces o pastorciño ten unha fonda no seu peto. NOTE Paragraph 00:15:17.173 --> 00:15:18.960 Grazas, NOTE Paragraph 00:15:18.960 --> 00:15:23.345 (Aplausos) Subtítulos: Laura Rodríguez López