< Return to Video

A descoñecida historia de David e Goliat.

  • 0:01 - 0:02
    Quero contarvos unha historia
  • 0:02 - 0:05
    que me obsesionaba mentres escribía o meu novo libro,
  • 0:05 - 0:09
    e é unha historia sobre algo que pasou
  • 0:09 - 0:10
    fai 3.000 anos,
  • 0:10 - 0:14
    cando o reino de Israel estaba aínda na súa nenez.
  • 0:14 - 0:16
    Ocurriu na área coñecida como Shephelah
  • 0:16 - 0:19
    onde agora está Israel.
  • 0:19 - 0:21
    A historia obsesionábame porque
  • 0:21 - 0:24
    eu cría que a entendía, pero cando volvín a ela
  • 0:24 - 0:28
    dinme conta de que non a entendía para nada.
  • 0:28 - 0:33
    A antiga Palestina tiña unha -- ó longo da fronteira este
  • 0:33 - 0:34
    hai unha cadea montañosa.
  • 0:34 - 0:36
    Segue estando no Israel de hoxe en día.
  • 0:36 - 0:39
    E nesta cadea montañosa atópanse todas as cidades antigas
  • 0:39 - 0:44
    desta rexión, é dicir, Jerusalén, Belén e Hebrón.
  • 0:44 - 0:46
    Tamén hai unha chaira costeira
  • 0:46 - 0:49
    ó longo do Mediterráneo, onde agora está Tel Aviv.
  • 0:49 - 0:53
    Unindo a cadea montañosa coa costa
  • 0:53 - 0:54
    atópase un área chamada Shephelah,
  • 0:54 - 0:59
    composta por unha serie de vales e cordóns montañosos que van de este a oeste,
  • 0:59 - 1:02
    e podes seguir a Shephelah, ir a través dela
  • 1:02 - 1:05
    para chegar ás montañas dende a costa.
  • 1:05 - 1:06
    Shephela, se fóchedes a Israel o saberedes,
  • 1:06 - 1:09
    é a parte máis bonita de Israel.
  • 1:09 - 1:12
    É precioso, con carballeiras
  • 1:12 - 1:14
    e campos de trigo e viñedos.
  • 1:14 - 1:18
    Pero aínda máis importante na historia desta rexión,
  • 1:18 - 1:21
    que tiña función estratéxica,
  • 1:21 - 1:24
    son os medios polos que exércitos hostís
  • 1:24 - 1:27
    atopaban o camiño pola costa,
  • 1:27 - 1:30
    subían ás montañas e amedrentaban a aqueles que vivían alí.
  • 1:30 - 1:34
    Isto é o que pasou exactamente hai 3.000 anos.
  • 1:34 - 1:38
    Os palestinos, os grandes inimigos
  • 1:38 - 1:39
    do reino de Israel,
  • 1:39 - 1:41
    viven na chaira costeira.
  • 1:41 - 1:44
    Son orixinarios de Creta, mariñeiros,
  • 1:44 - 1:47
    e deben comezar a súa viaxe
  • 1:47 - 1:49
    a través dun dos vales de Shephelah
  • 1:49 - 1:50
    cara ás montañas,
  • 1:50 - 1:52
    porque o que queren é ocupar as terras altas
  • 1:52 - 1:56
    á dereita de Belén e dividir o reino de Israel en dous.
  • 1:56 - 2:00
    O rei Saúl, xefe do reino de Israel,
  • 2:00 - 2:01
    ó oíren rumores sobre iso,
  • 2:01 - 2:04
    baixa as súas tropas das montañas
  • 2:04 - 2:08
    e enfréntase ós Palestinos no Val de Elah,
  • 2:08 - 2:10
    un dos vales máis bonitos de Shephelah.
  • 2:10 - 2:13
    Os Isrealís comezaron a atacar pola cordilleira do norte,
  • 2:13 - 2:17
    os Palestinos fixérono pola do sur,
  • 2:17 - 2:20
    e os dous exércitos simplemente sentaron durante semanas
  • 2:20 - 2:22
    e se miraban os uns ós outros porque estaban en punto morto.
  • 2:22 - 2:25
    Non podían atacar ós outros, porque para atacar ó outro lado
  • 2:25 - 2:28
    tés que baixar da montaña ó val
  • 2:28 - 2:31
    e subir polo outro lado, polo que estás totalmente exposto.
  • 2:31 - 2:33
    Ó final, para saír deste estancamento,
  • 2:33 - 2:36
    os palestinos mandaron ó seu guerreiro máis forte
  • 2:36 - 2:38
    ó val, onde chama ós isrealitas
  • 2:38 - 2:40
    e di
  • 2:40 - 2:43
    "Enviade aquí abaixo ó voso mellor guerreiro
  • 2:43 - 2:45
    e trataremos este asunto, só nós os dous."
  • 2:45 - 2:48
    Nas guerras antigas había unha tradición chamada combate individual.
  • 2:48 - 2:50
    Era unha forma de resolver disputas
  • 2:50 - 2:54
    sen incorrer no derramamento de sangue dunha batalla maior.
  • 2:54 - 2:57
    O palestino que enviaron,
  • 2:57 - 2:59
    o seu mellor guerreiro, é un xigante.
  • 2:59 - 3:01
    Mide 2 metros.
  • 3:01 - 3:06
    Levaba posta unha brillante armadura de bronce que lle cubría dos pés á cabeza
  • 3:06 - 3:09
    e tiña unha espada, unha xavelina
  • 3:09 - 3:12
    e un arpón. É absolutamente terrorífico.
  • 3:12 - 3:16
    Dá tanto medo que ningún dos soldados israelitas quere loitar con él.
  • 3:16 - 3:21
    É un suicidio, verdade? Cren que non hai forma de poder gañarlle.
  • 3:21 - 3:23
    Ó final, a única persoa que deu un paso á fronte
  • 3:23 - 3:26
    foi un xove pastor
  • 3:26 - 3:28
    quen se dirixiu a Saúl e dixo, "Eu loitarei contra el".
  • 3:28 - 3:31
    E Saúl dixo: "Non podes loitar contra el. Iso é ridículo.
  • 3:31 - 3:34
    Tí és un neno. Éste é un guerreiro poderoso".
  • 3:34 - 3:36
    Pero o pastor é insistente. Di, "No, no, no,
  • 3:36 - 3:39
    non entendes, eu defendín o meu rabaño
  • 3:39 - 3:43
    de leóns e lobos durante anos. Creo que podo facelo".
  • 3:43 - 3:47
    Saúl non tivo opción. Non había ninguén máis que se atrevera.
  • 3:47 - 3:48
    Polo que dixo, "Está ben".
  • 3:48 - 3:49
    Entón deuse a volta cara ó neno, e dixo,
  • 3:49 - 3:53
    "Tés que levar esta armadura. Non podes ir así".
  • 3:53 - 3:55
    Intentou darlle a armadura ó pastor,
  • 3:55 - 3:56
    pero este dixo "Non".
  • 3:56 - 3:59
    "Non podo levar esta cousa."
  • 3:59 - 4:03
    O versículo da Biblia di, "Non podo levalo porque non o provei",
  • 4:03 - 4:06
    significando, "Nunca levei armadura antes. Tés que estar tolo".
  • 4:06 - 4:09
    Pola contra, agachouse ó chan,
  • 4:09 - 4:10
    colleu cinco pedras
  • 4:10 - 4:13
    que puxo na súa bolsa de pastor
  • 4:13 - 4:17
    e comezou a baixar pola ladeira da montaña cara ó xigante.
  • 4:17 - 4:20
    O xigante vía esta figura achegándose,
  • 4:20 - 4:23
    e gritou, "Achégate a min para que poida alimentar coa túa carne
  • 4:23 - 4:27
    ós paxaros dos ceos e ás bestas da terra."
  • 4:27 - 4:30
    Lanzalle esta provocación cara á persoa
  • 4:30 - 4:32
    que viña a enfrontarse a el.
  • 4:32 - 4:35
    O pastor achegábase cada vez máis e máis,
  • 4:35 - 4:38
    e o xigante viu que levaba un bastón.
  • 4:38 - 4:39
    Iso era todo o que levaba.
  • 4:39 - 4:41
    No lugar dunha arma, solo ese bastón de pastor,
  • 4:41 - 4:44
    e di -- sentíndose ofendido--
  • 4:44 - 4:47
    "Son un can para que veñas a min con paos?"
  • 4:47 - 4:50
    Entón o pastorciño colleu unha das pedras
  • 4:50 - 4:54
    do seu peto, púxoa no seu tirafondas
  • 4:54 - 4:56
    e deixouna voar,
  • 4:56 - 4:58
    dándolle ó xigante xusto entre os ollos --
  • 4:58 - 5:00
    xusto aquí, no seu punto máis vulnerable --
  • 5:00 - 5:04
    que caeu ou morto ou inconsciente.
  • 5:04 - 5:06
    O pequeno pastor correu cara a el, colleu a súa espada
  • 5:06 - 5:08
    e cortoulle a cabeza.
  • 5:08 - 5:13
    Os palestinos, vendo isto, déronse a volta e sinxelamente correron.
  • 5:13 - 5:18
    Por suposto, o nome do xigante é Goliat
  • 5:18 - 5:20
    e o do pequeno pastor é David.
  • 5:20 - 5:23
    A razón pola cal esta historia me obsesionaba
  • 5:23 - 5:25
    mentres escribía o meu libro
  • 5:25 - 5:28
    é que todo o que cría saber sobre esta historia
  • 5:28 - 5:31
    resultou non ser así.
  • 5:31 - 5:35
    Entón David, nesta historia, é o que supoñemos que vai perder, verdade?
  • 5:35 - 5:37
    De feito, este termo, David e Goliat,
  • 5:37 - 5:40
    entrou na nosa lingua como unha metáfora para
  • 5:40 - 5:41
    vitorias improbables
  • 5:41 - 5:44
    da parte máis débil contra alguén moito máis forte.
  • 5:44 - 5:46
    Entón por que dicimos que David ten as de perder?
  • 5:46 - 5:50
    Bueno, pode ser que digamos iso porque é un neno,
  • 5:50 - 5:53
    un neniño, e Goliat é un xigante grande, forte.
  • 5:53 - 5:55
    Tamén poder ser porque
  • 5:55 - 5:59
    Goliat é un guerreiro con experiencia,
  • 5:59 - 6:01
    e David só é un pastor.
  • 6:01 - 6:03
    Pero a razón máis importante pola que consideramos que David vai perder
  • 6:03 - 6:08
    é que todo o que ten -- quero dicir que Goliat leva
  • 6:08 - 6:10
    todas esas armas modernas,
  • 6:10 - 6:12
    esa pecheira brillante
  • 6:12 - 6:16
    e unha espada, unha xavelina e un arpón,
  • 6:16 - 6:20
    e todo o que ten David é este bastón.
  • 6:20 - 6:21
    Bueno, comecemos dende aquí coa frase
  • 6:21 - 6:24
    "Todo o que ten David é este bastón",
  • 6:24 - 6:27
    porque este é o primeiro erro que cometemos.
  • 6:27 - 6:30
    Nas guerras antigas, hai tres tipos de guerreiros.
  • 6:30 - 6:34
    Está a cabalaría, homes a cabalo e homes en carros.
  • 6:34 - 6:37
    Está a infantería pesada, formada por homes que van a pé,
  • 6:37 - 6:40
    soldados armados con espadas, escudos
  • 6:40 - 6:41
    e algún tipo de armadura.
  • 6:41 - 6:45
    E está tamén a artillaría, onde están os arqueiros
  • 6:45 - 6:47
    pero, máis importante aínda, os tirafondas.
  • 6:47 - 6:50
    Un tirafondas é alguén que ten unha bolsa de coiro
  • 6:50 - 6:53
    con dous cordeis longos,
  • 6:53 - 6:56
    poñen o proxectil dentro da bolsa, dende unha roca a unha bola de plomo,
  • 6:56 - 6:59
    logo enróllano así,
  • 6:59 - 7:02
    soltan unha das asas,
  • 7:02 - 7:05
    e o efecto é o de enviar o proxectil
  • 7:05 - 7:09
    cara ó seu obxectivo.
  • 7:09 - 7:11
    Iso é o que ten David, e é importante entender
  • 7:11 - 7:14
    que ese tirafondas non é un tirapedras.
  • 7:14 - 7:17
    Non é iso, vale? Non é un xoguete de nenos.
  • 7:17 - 7:21
    De feito é unha arma incriblemente devastadora.
  • 7:21 - 7:24
    Cando David enrosca as asas así,
  • 7:24 - 7:27
    está xirando a fonda probablemente
  • 7:27 - 7:30
    a seis ou sete revolucións por segundo,
  • 7:30 - 7:33
    o que significa que cando lanzas a roca,
  • 7:33 - 7:36
    esta sairá disparada,
  • 7:36 - 7:37
    probablemente a 35 metros por segundo.
  • 7:37 - 7:41
    Isto é substancialmente máis rápido que un tiro
  • 7:41 - 7:45
    de béisbol, incluso do mellor lanzador.
  • 7:45 - 7:49
    Ademáis diso, as pedras do val de Elah
  • 7:49 - 7:51
    non eran rocas normais. Eran de sulfato de bario,
  • 7:51 - 7:54
    rocas co dobre de densidade dunha pedra normal.
  • 7:54 - 7:57
    Se facedes os cálculos de balística,
  • 7:57 - 8:01
    do poder de parada da pedra que tirou David dende a súa fonda,
  • 8:01 - 8:03
    é case o mesmo que o poder de parada
  • 8:03 - 8:07
    dunha pistola de calibre 45.
  • 8:07 - 8:10
    É unha arma incriblemente devastadora.
  • 8:10 - 8:14
    Precisamente, sabemos por escritos históricos
  • 8:14 - 8:19
    que os tirapedras -- os tirapedras expertos podían alcanzar
  • 8:19 - 8:25
    e mutilar ou incluso matar un obxectivo a distancias de máis de 180 metros.
  • 8:25 - 8:28
    Polos tapices medievais sabemos que os tirapedras
  • 8:28 - 8:30
    eran capaces de alcanzar paxaros voando.
  • 8:30 - 8:33
    Eran incriblemente precisos.
  • 8:33 - 8:36
    Cando David se coloca -- e no está a máis de 180 metros de Goliat,
  • 8:36 - 8:38
    está bastante preto de el--
  • 8:38 - 8:41
    cando David se pon en formación e dispara esa cousa a Goliat,
  • 8:41 - 8:44
    ten toda a intención e toda a esperanza
  • 8:44 - 8:47
    de ser capaz de darlle no seu punto máis vulnerábel,
  • 8:47 - 8:48
    entre os ollos.
  • 8:48 - 8:50
    Se repasamos a historia das guerras antigas,
  • 8:50 - 8:53
    imos atopar unha e outra vez
  • 8:53 - 8:57
    que os tirapedras eran o factor decisivo contra a infantaría
  • 8:57 - 9:02
    nun tipo de batalla ou noutro.
  • 9:02 - 9:06
    Entón que é Goliat? É infantaría pesada,
  • 9:06 - 9:11
    e as súas espectativas ó retar ós Israelitas a un duelo
  • 9:11 - 9:15
    eran as de loitar contra outro infante forte.
  • 9:15 - 9:17
    Cando di, "Achégate a min que vou
  • 9:17 - 9:20
    alimentar coa túa carne ós paxaros dos ceos e ás bestas da terra"
  • 9:20 - 9:22
    a frase clave é "achégate a min".
  • 9:22 - 9:24
    Achégate porque imos loitar,
  • 9:24 - 9:26
    man a man, así.
  • 9:26 - 9:28
    Saúl ten a mesma expectativa.
  • 9:28 - 9:31
    David di: "Quero loitar contra Goliat",
  • 9:31 - 9:33
    e Saúl intenta darlle a súa armadura,
  • 9:33 - 9:35
    porque está pensando, "Oh, cando dis 'loitar contra Goliat',
  • 9:35 - 9:39
    queres dicir 'loitar con el nun combate man a man',
  • 9:39 - 9:41
    infantaría contra infantaría."
  • 9:41 - 9:44
    Pero David non ten ninguna expectativa en absoluto.
  • 9:44 - 9:46
    Non vai loitar contra el desa forma. Por qué ía facelo?
  • 9:46 - 9:49
    É un pastor. Pasou toda a súa vida
  • 9:49 - 9:53
    usando un tirapedras para defender o seu rabaño contra leóns e lobos.
  • 9:53 - 9:55
    Aí é onde reside a súa forza.
  • 9:55 - 9:58
    E aí está, este pastor, experto
  • 9:58 - 10:00
    no uso dunha arma devastadora,
  • 10:00 - 10:02
    contra este torpe xigante
  • 10:02 - 10:05
    sobrecargado por máis de 45 kilos de armadura
  • 10:05 - 10:07
    e polas armas incriblemente pesadas
  • 10:07 - 10:10
    que só son útiles nos combates a pouca distancia.
  • 10:10 - 10:15
    Goliat é unha presa fácil. Non ten ningunha oportunidade.
  • 10:15 - 10:18
    Entón por que seguimos dicindo que David ten as de perder,
  • 10:18 - 10:23
    e por que seguimos referíndonos á súa vitoria como improbable?
  • 10:23 - 10:26
    Hai unha segunda peza nisto que é importante.
  • 10:26 - 10:30
    Non é só o feito de que malinterpretamos a David
  • 10:30 - 10:32
    e a súa elección de arma.
  • 10:32 - 10:35
    Tamén malinterpretamos profundamente a Goliat.
  • 10:35 - 10:38
    Goliat non é o que parece.
  • 10:38 - 10:42
    Na Biblia temos todo tipo de indicios sobre isto,
  • 10:42 - 10:45
    cousas que, se miramos atrás, son bastante desconcertantes
  • 10:45 - 10:49
    e non cadran coa súa imaxe de guerreiro poderoso.
  • 10:49 - 10:52
    Entón, para comezar, a Biblia di que
  • 10:52 - 10:56
    un acompañante guiou a Goliat ata o val.
  • 10:56 - 10:58
    Isto é raro, non?
  • 10:58 - 11:00
    Aquí está este forte guerreiro
  • 11:00 - 11:03
    retando ós Israelitas a un combate corpo a corpo.
  • 11:03 - 11:06
    Por que vai collido da man,
  • 11:06 - 11:09
    seguramente dun mozo novo,
  • 11:09 - 11:11
    ata o lugar do combate?
  • 11:11 - 11:16
    En segundo lugar, a historia da Biblia fai fincapé
  • 11:16 - 11:19
    no despacio que se move Goliat,
  • 11:19 - 11:21
    algo raro que dicir cando estás a describir
  • 11:21 - 11:25
    ó guerreiro máis forte coñecido polo home ata ese momento.
  • 11:25 - 11:27
    E tamén está a extraña historia
  • 11:27 - 11:31
    sobre a cantidade de tempo que tarda Goliat en reaccionar
  • 11:31 - 11:33
    cando ve a David.
  • 11:33 - 11:35
    David está baixando a montaña,
  • 11:35 - 11:39
    e claramente non está preparado para un combate man a man.
  • 11:39 - 11:41
    Non hai nada nel que diga,
  • 11:41 - 11:43
    "Estou a punto de loitar contigo así".
  • 11:43 - 11:45
    Nin sequera leva unha espada.
  • 11:45 - 11:48
    Por que Goliat non reacciona ante isto?
  • 11:48 - 11:52
    É coma se non fora consciente do que estaba pasando ese día.
  • 11:52 - 11:56
    E entón faille un comentario rarísimo a David:
  • 11:56 - 12:00
    "Son un can para que veñas cara a min con paos?"
  • 12:00 - 12:04
    Paos? David só ten un bastón.
  • 12:04 - 12:06
    Bueno, resulta que houbo unha grande
  • 12:06 - 12:09
    especulación na comunidade médica ó longo dos anos
  • 12:09 - 12:12
    básicamente sobre se hai algo
  • 12:12 - 12:15
    malo en Goliath,
  • 12:15 - 12:18
    un intento de darlle sentido a todas esas aparentes anomalías.
  • 12:18 - 12:19
    Escribíronse moitos artigos sobre isto.
  • 12:19 - 12:23
    O primeiro publicouse en 1960, no Xornal Médico de Indiana,
  • 12:23 - 12:26
    e comezou unha cadea de especulación
  • 12:26 - 12:29
    que empeza cunha explicación para a altura de Goliat.
  • 12:29 - 12:32
    Goliat sácalle a cabeza e os ombros
  • 12:32 - 12:34
    a todos os seus colegas da época,
  • 12:34 - 12:38
    e normalmente cando alguén se sae tanto da media
  • 12:38 - 12:39
    hai unha explicación para iso.
  • 12:39 - 12:43
    Polo tanto a forma máis común de xigantismo
  • 12:43 - 12:45
    é unha condición chamada acromegalia,
  • 12:45 - 12:48
    e a acromegalia cáusaa un tumor benigno
  • 12:48 - 12:51
    na glándula pituitaria
  • 12:51 - 12:54
    que causa unha sobreprodución da hormona de crecemento humano.
  • 12:54 - 12:57
    E ó longo da historia, moitos dos xigantes máis famosos
  • 12:57 - 12:59
    tiveron acromegalia.
  • 12:59 - 13:01
    Así, a persoa máis alta de todos os tempos
  • 13:01 - 13:02
    foi un tipo chamado Robert Wadlow
  • 13:02 - 13:06
    que seguía crecendo cando morreu con 24 anos
  • 13:06 - 13:08
    e medía 2'70 m
  • 13:08 - 13:10
    Tiña acromegalia.
  • 13:10 - 13:12
    Acordádevos do loitador André o Xigante?
  • 13:12 - 13:14
    Famoso. Tiña acromegalia.
  • 13:14 - 13:19
    Existe incluso a especulación sobre que Abraham Lincoln tiña acromegalia.
  • 13:19 - 13:20
    Calquera persoa que sexa inusualmente alta,
  • 13:20 - 13:22
    esta é a primeira explicación á que chegamos.
  • 13:22 - 13:26
    A acromegalia ten diferentes tipos de efectos secundarios
  • 13:26 - 13:28
    asociados a ela,
  • 13:28 - 13:31
    e principalmente teñen que ver coa visión.
  • 13:31 - 13:34
    O tumor da pituitaria, ó crecer,
  • 13:34 - 13:39
    normalmente comeza a comprimir os nervios visuais no cerebro,
  • 13:39 - 13:41
    có resultado de que a xente con acromegalia
  • 13:41 - 13:47
    ten ou visión dobre ou son profundamente miopes.
  • 13:47 - 13:49
    Polo tanto, cando a xente comezou a especular
  • 13:49 - 13:52
    sobre o que puidera ir mal en Goliat,
  • 13:52 - 13:53
    dixeron, "Esperade un minuto,
  • 13:53 - 13:56
    ten a apariencia e soa unha barbaridade como alguén
  • 13:56 - 13:58
    que ten acromegalia."
  • 13:58 - 14:01
    E isto explicaría tamén moitísimo do que era extraño
  • 14:01 - 14:03
    sobre o seu comportamento ese día.
  • 14:03 - 14:05
    Por que se move tan despacio
  • 14:05 - 14:08
    e ten que baixar ó val escoltado
  • 14:08 - 14:10
    por un acompañante?
  • 14:10 - 14:13
    Porque non pode recorrer o camiño el só.
  • 14:13 - 14:16
    Por que extraña razón non presta atención a David
  • 14:16 - 14:19
    e non entende que David non vai loitar con el
  • 14:19 - 14:21
    ata o último momento?
  • 14:21 - 14:23
    Porque non o pode ver.
  • 14:23 - 14:27
    Cando dí, "Achégate a min que coa túa carne alimentarei
  • 14:27 - 14:29
    ós paxaros dos ceos e ás bestias da terra,"
  • 14:29 - 14:34
    a frase "achégate a min" é unha pista da súa vulnerabilidade.
  • 14:34 - 14:37
    Achégate a min porque non te podo ver.
  • 14:37 - 14:42
    E despois temos, "Son un can para que te achegues con paos?"
  • 14:42 - 14:47
    Ve dous paos cando David só ten un.
  • 14:47 - 14:50
    Así, os Israelitas que estaban na cresta da montaña
  • 14:50 - 14:53
    mirábano e pensaban que era
  • 14:53 - 14:56
    un rival extraordinariamente poderoso.
  • 14:56 - 14:58
    O que non entendían era que
  • 14:58 - 15:01
    a razón da súa aparente forza
  • 15:01 - 15:05
    era tamén a fonte da súa maior debilidade.
  • 15:05 - 15:07
    E aquí temos, eu creo,
  • 15:07 - 15:10
    unha lección moi importante para todos nós.
  • 15:10 - 15:14
    Os xigantes non son tan fortes e poderosos como poden parecer.
  • 15:14 - 15:17
    E ás veces o pastorciño ten unha fonda no seu peto.
  • 15:17 - 15:19
    Grazas,
  • 15:19 - 15:23
    (Aplausos)

    Subtítulos: Laura Rodríguez López
Title:
A descoñecida historia de David e Goliat.
Speaker:
Malcolm Gladwell
Description:

É un conto clásico sobre o perdedor esperado: David, un xove pastor armado só cun tirapedras, vence a Goliat, o poderoso guerreiro. A historia trascendeu os seus orixes bíblicos para converterse na escenografía común das vitorias improbables. Pero, Malcolm Gladwell pregunta, a historia de David e Goliat trata realmente sobre iso?

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
15:40

Galician subtitles

Revisions