Por que debes converterte en activista do clima
-
0:01 - 0:04Non entraba nos meus plans
converterme en activista do clima. -
0:05 - 0:07Pero as cousas cambiaron,
-
0:07 - 0:10así que aquí estou diante de vós,
como activista do clima, -
0:10 - 0:12e pídovos que vós tamén
vos fagades activistas. -
0:13 - 0:15Estes son os motivos,
-
0:15 - 0:17e, o que é máis importante,
a forma de facelo. -
0:19 - 0:22Hai dez anos, cando eu tiña 13,
-
0:22 - 0:25aprendín o que era o efecto invernadoiro.
-
0:26 - 0:30Daquela dedicabámoslle
90 minutos a esta cuestión -
0:30 - 0:32e lembro que me irritaba bastante
-
0:32 - 0:34que algo tan fundamental
-
0:34 - 0:37se despachase
nunha única clase de xeografía. -
0:38 - 0:42Parte desa irritación quedou aí,
así que ao rematar a secundaria, -
0:42 - 0:44decidín estudar xeografía,
-
0:44 - 0:49para asegurarme de que non ía descamiñada
nesta cuestión do cambio climático. -
0:49 - 0:52Foi entón cando todo mudou.
-
0:53 - 0:56Era a primeira vez que miraba os datos,
-
0:56 - 0:58as evidencias científicas
que hai trala crise climática, -
0:59 - 1:01e non podía crer o que estaba a ler.
-
1:02 - 1:04Coma moitos de vós,
-
1:04 - 1:07eu pensaba que o estado do planeta
non era precisamente bo. -
1:09 - 1:14Non tiña nin idea de que iamos
directos a este desastre autoinflixido -
1:14 - 1:16a semellante velocidade.
-
1:17 - 1:20Foi tamén entón cando entendín
o distinto que resulta todo -
1:20 - 1:22desde unha perspectiva máis ampla.
-
1:22 - 1:26Tomemos, por exemplo,
a concentración de CO2 na atmosfera, -
1:26 - 1:28o principal causante do quecemento global.
-
1:28 - 1:30Si, ten mala pinta.
-
1:30 - 1:34Semella que imos por moi mal camiño.
-
1:34 - 1:38Pero é cando miramos
non só os últimos 60 anos -
1:38 - 1:39senón os últimos 10.000 anos,
-
1:39 - 1:42cando entendemos o aterrador que é.
-
1:44 - 1:47E este é só un dos aspectos da crise
que estamos a vivir. -
1:48 - 1:51Non vou entrar en detalles,
pero pódovos dicir isto: -
1:53 - 1:55chegamos a un punto da nosa historia
-
1:56 - 2:01no que a forza máis destrutiva do planeta
é a propia humanidade. -
2:01 - 2:03Chegamos a un punto
-
2:03 - 2:08no que ningún científico nos pode garantir
que imos sobrevivir a isto. -
2:09 - 2:11Chegamos a un punto
-
2:11 - 2:15no que a humanidade está a crear
un medio ambiente -
2:15 - 2:18que xa non é seguro para os seres humanos.
-
2:20 - 2:22Si, aí estaba eu,
-
2:23 - 2:24primeiro ano de xeografía,
-
2:24 - 2:26e bastante anguriada.
-
2:26 - 2:27Pero...
-
2:27 - 2:29non todo eran malas noticias.
-
2:31 - 2:33Aquel mesmo ano
no que me decatei de todo isto, -
2:34 - 2:37líderes de todo o mundo
xuntáronse en París -
2:37 - 2:43para acordar o obxectivo común de limitar
o quecemento a menos de dous graos. -
2:44 - 2:45As fotos deron a volta ao mundo,
-
2:45 - 2:48e dixéronme que aquel foi
un día histórico. -
2:49 - 2:51Que alivio, verdade?
-
2:52 - 2:54Só que...
-
2:54 - 2:58algo non saíu como se esperaba.
-
2:59 - 3:02Despois de que se asinase ese acordo,
-
3:02 - 3:04as cousas seguiron sen mellorar.
-
3:04 - 3:07De feito, foron a moito peor.
-
3:08 - 3:12Os dirixentes e as industrias,
os líderes e os políticos, -
3:12 - 3:15volveron ás andadas,
-
3:15 - 3:19explotando o noso medio de subsistencia
coma se literalmente non houbese un mañá, -
3:20 - 3:24construíndo centrais de carbón
unha e outra vez, -
3:24 - 3:26aínda que sabemos que iso ten que parar,
-
3:26 - 3:29segundo o Acordo de París.
-
3:30 - 3:34Así que, aínda que por suposto
melloran certas cousas -
3:34 - 3:38--si, hai instalacións de enerxía solar
e eólica por todo o planeta -- -
3:38 - 3:42estes cambios positivos son lentos
--lentos de máis, de feito. -
3:42 - 3:45Dende a sinatura do Acordo de París,
-
3:45 - 3:48os gráficos sobre o clima seguen
seguen disparados cara ao cumio, -
3:48 - 3:50batendo récords ano tras ano.
-
3:50 - 3:53Os cinco anos máis calorosos
rexistrados ata hoxe -
3:53 - 3:55foron os últimos cinco
-
3:55 - 4:01e as emisións globais nunca
acadaran o nivel actual. -
4:03 - 4:04Así que aí estaba eu,
-
4:04 - 4:07observando e entendendo
os datos científicos por un lado, -
4:07 - 4:12pero sen ver respostas,
sen ver acción polo outro. -
4:14 - 4:17Nese punto, farteime.
-
4:17 - 4:20Quixen ir eu mesma
á Conferencia sobre o Clima da ONU, -
4:20 - 4:25ese preciso lugar que se creou
para que a xente se xuntase -
4:25 - 4:27para amañar o clima
-
4:27 - 4:29--só que polo visto non o fan.
-
4:29 - 4:30Iso foi o ano pasado.
-
4:30 - 4:33Viaxei á Conferencia sobre o Clima
para saber -
4:33 - 4:36como é realmente, de que vai.
-
4:37 - 4:41Aos realistas políticos
pode que non os sorprenda, -
4:42 - 4:44pero eu atopeino difícil de aturar:
-
4:44 - 4:50que as industrias dos combustibles fósiles
e os líderes políticos -
4:50 - 4:54están a facer absolutamente todo o posible
para que non se produzan cambios reais. -
4:55 - 4:58Non teñen o menor interese en fixar
obxectivos abondo ambiciosos -
4:58 - 5:01que fagan viable o máximo
de dous graos de aumento. -
5:02 - 5:08Despois de todo, son os únicos
que se benefician da crise climática, non? -
5:08 - 5:11A industria dos combustibles fósiles
dá beneficios -
5:11 - 5:14e os líderes políticos, en fin,
eles pensan nas seguintes eleccións, -
5:14 - 5:16no que lles dá popularidade,
-
5:16 - 5:19e supoño que non é precisamente
facer preguntas incómodas. -
5:20 - 5:23Non teñen intención
de cambiar as regras de xogo. -
5:23 - 5:29Non hai ningún país no mundo
no que as empresas ou os poderes políticos -
5:29 - 5:32sufran sancións se destrúen o clima.
-
5:34 - 5:40Malia a estrañeza e a tristura
que me provocou a conferencia, -
5:40 - 5:42houbo alguén diferente,
-
5:42 - 5:46alguén que parecía bastante preocupada.
-
5:47 - 5:48Esa persoa era Greta Thunberg.
-
5:49 - 5:53Nese momento decidín
que todo o demais era inútil -
5:53 - 5:55e carecía de sentido,
-
5:55 - 5:58e uninme á súa folga do clima
na propia conferencia. -
5:58 - 6:01Era a miña primeira folga do clima
-
6:01 - 6:03e o contexto era incriblemente estraño,
-
6:03 - 6:07as dúas alí soas sentadas
naquela sala de conferencias, -
6:07 - 6:12rodeadas de xente ben traxada
-
6:12 - 6:15que non tiña nin idea
de que facer con nós. -
6:16 - 6:20E, con todo, isto semellaba
moito máis potente -
6:20 - 6:23do que esperara en moito tempo.
-
6:24 - 6:28E entón sentín que se cadra
chegara o momento -
6:28 - 6:30de comezar a folga en Alemaña.
-
6:30 - 6:33Agora estaba segura de que ninguén
ía amañar isto por nós, -
6:33 - 6:39e se había unha mínima esperanza
de que isto tivese impacto, -
6:39 - 6:42parecería unha idiotez non intentalo.
-
6:43 - 6:46Así que --
-
6:46 - 6:53(Aplausos)
-
6:55 - 6:57Así que volvín para Berlín.
-
6:57 - 7:00Atopei aliados que tiveran
a mesma idea ao mesmo tempo, -
7:00 - 7:04e xuntos decidimos intentar
isto dos "Venres polo futuro". -
7:04 - 7:08É evidente que non tiñamos nin idea
de onde nos metíamos. -
7:08 - 7:11Con anterioridade á primeira folga,
moitos de nós, eu incluída, -
7:11 - 7:16nunca antes organizaramos manifestacións
ou protestas de ningún tipo. -
7:16 - 7:18Non tiñamos cartos nin recursos
-
7:18 - 7:22nin a menor idea do que implica
poñerse en folga polo clima. -
7:22 - 7:25Así que comezamos facendo
o que se nos daba mellor: -
7:25 - 7:27comezamos a enviar mensaxes de texto,
-
7:27 - 7:30mensaxes en masa, día e noite,
a todos os que podiamos, -
7:30 - 7:33e organizamos a nosa primeira folga
polo clima por Whatsapp. -
7:34 - 7:38A noite antes da nosa primeira folga,
estaba tan nerviosa que non durmín. -
7:38 - 7:42Non sabía que podía esperar,
pero esperaba o peor. -
7:44 - 7:50Se cadra foi porque non eramos os únicos
-
7:50 - 7:55que devecían por ter voz
nun contexto político -
7:55 - 7:59que parecera esquecer como incluír
a perspectiva da xente nova -
7:59 - 8:01na toma de decisións; pode que fose iso.
-
8:02 - 8:04O caso é que, dalgún xeito, funcionou.
-
8:05 - 8:07E dun día para outro,
-
8:08 - 8:09estabamos por todas partes.
-
8:10 - 8:13E dun día para outro,
-
8:13 - 8:15convertínme en activista do clima.
-
8:17 - 8:19Normalmente,
-
8:20 - 8:22nestas charlas TED,
-
8:22 - 8:25agora diría que é demasiado optimista,
-
8:25 - 8:28que a xente nova vai resolver isto,
-
8:28 - 8:31que imos salvar o futuro e o planeta
e todo iso, -
8:31 - 8:34que os rapaces que nos manifestamos
polo clima -
8:34 - 8:35imos amañar isto.
-
8:36 - 8:37Normalmente.
-
8:39 - 8:40Pero non é así como funciona.
-
8:40 - 8:43Non é así como funciona esta crise.
-
8:44 - 8:46Hai algo co que non contabamos:
-
8:47 - 8:53hoxe, tres anos e medio despois
de que se asinase o Acordo de París, -
8:53 - 8:55cando miramos os datos científicos,
-
8:55 - 8:58vemos que aínda é posible
manter o quecemento global -
8:58 - 9:00por debaixo de dous graos --
-
9:01 - 9:02tecnicamente.
-
9:03 - 9:07E tamén vemos que aínda é posible
deter outros procesos desastrosos, -
9:07 - 9:10como a extinción masiva de especies
ou a degradación do solo -- -
9:10 - 9:12si, tecnicamente.
-
9:14 - 9:19É extremadamente improbable.
-
9:21 - 9:24E de calquera xeito,
-
9:24 - 9:27terian que producirse no mundo cambios
-
9:27 - 9:29que nunca antes experimentamos.
-
9:30 - 9:34Teríamos que descarbonizar por completo
as nosas economías antes do 2050 -
9:34 - 9:37e transformar o reparto de poderes
-
9:37 - 9:41que hoxe lles permite aos xigantes
dos combustibles fósiles e aos políticos -
9:41 - 9:43manter o control das regras.
-
9:44 - 9:48Falamos nada menos
que da maior transformación -
9:48 - 9:50dende a Revolución Industrial.
-
9:50 - 9:52Falamos, por así dicilo,
-
9:52 - 9:54dunha revolución climática
-
9:56 - 9:58nun período de tempo mínimo.
-
9:58 - 10:01Non poderiamos perder nin un só ano máis.
-
10:03 - 10:07E, en calquera caso,
para que algo diso puidese acontecer, -
10:08 - 10:11o mundo ten que deixar de depender
-
10:11 - 10:15de un ou dous ou tres millóns de escolares
en folga para resolver isto. -
10:16 - 10:19Si, somos estupendos, imos seguir adiante
-
10:19 - 10:22e imos chegar a sitios nos que ninguén
nos esperou ver ata agora, si. -
10:23 - 10:25Pero non somos o tope;
-
10:25 - 10:26somos o comezo.
-
10:27 - 10:30Esta non é unha tarefa
para unha soa xeración. -
10:30 - 10:32É unha tarefa para a humanidade.
-
10:33 - 10:37Neste momento todas as miradas
se centran en vós. -
10:38 - 10:40Para que este cambio ocorra,
-
10:40 - 10:43teremos que resolver un millón de cousas.
-
10:44 - 10:46Ao fin e ao cabo, é algo
incriblemente complexo. -
10:48 - 10:49Pero...
-
10:50 - 10:53hai algunhas cousas polas que todos
e cada un podemos comezar. -
10:54 - 10:57As malas novas primeiro: se pensabades
que ía dicirvos que usedes máis a bici, -
10:58 - 11:01comades menos carne, usedes menos o avión,
ou merquedes de segunda man, -
11:01 - 11:03síntoo; non é tan sinxelo.
-
11:03 - 11:05Pero aquí veñen as boas novas:
-
11:06 - 11:10Sodes máis ca simples consumidores,
-
11:10 - 11:14aínda que á industria lle gustaría
que vos limitásedes a ser só iso. -
11:14 - 11:18Non, vós e máis eu
somos todos seres políticos, -
11:18 - 11:22e podemos ser todos parte desta resposta.
-
11:22 - 11:27Todos podemos ser algo que moitos chaman
activistas do clima. -
11:27 - 11:28Hurra?
-
11:28 - 11:29(Risas)
-
11:29 - 11:31Cales son os primeiros pasos?
-
11:31 - 11:35Hai catro primeiros pasos esenciais
para lograr facer todo o demais, -
11:35 - 11:39catro primeiros pasos
polos que todo o mundo pode comezar, -
11:39 - 11:44catro primeiros pasos decisivos
para todo o que pode vir despois. -
11:45 - 11:47Cales son logo?
-
11:48 - 11:49En primeiro lugar:
-
11:50 - 11:54Temos que revisar completamente
o noso concepto de activista do clima, -
11:54 - 11:59o xeito de vermos a persoa
que pode ser a resposta a isto. -
12:00 - 12:04Un activista do clima non é alguén
que leu ata o último estudo -
12:04 - 12:09e pasa as tardes repartindo folletos
sobre vexetarianismo -
12:09 - 12:10polos centros comerciais.
-
12:10 - 12:11Non.
-
12:11 - 12:14Activista do clima pode ser calquera,
-
12:14 - 12:19calquera disposto a unirse a un movemento
dos que queren chegar a vellos -
12:19 - 12:23nun planeta que prioriza a protección
dos espazos naturais -
12:23 - 12:26e a felicidade e a saúde da maioría
-
12:26 - 12:30por riba da destrución do clima
e a devastación do planeta -
12:30 - 12:32para beneficio duns poucos.
-
12:33 - 12:38E dado que a crise do clima afecta
a tódolos aspectos da nosa vida -
12:38 - 12:40social, política e privada,
-
12:40 - 12:44fan falla activistas do clima
en cada recuncho, -
12:44 - 12:45non só en cada sala,
-
12:45 - 12:48senón tamén en cada cidade, país,
estado e continente. -
12:50 - 12:52En segundo lugar:
-
12:53 - 12:58Necesito que saiades
desa zona de comodidade, -
12:58 - 13:01que vos afastedes dunha normalidade
na que non hai mañá. -
13:03 - 13:07Todos e cada un de vós
sodes un amigo, un parente, -
13:07 - 13:10un traballador, un colega,
un estudante, un profesor -
13:10 - 13:11ou, en moitos casos, un votante.
-
13:12 - 13:15Todo iso implica unha responsabilidade
-
13:15 - 13:18que esta crise esixe
que asumades con madurez. -
13:19 - 13:22Está a empresa que vos dá traballo
-
13:22 - 13:24ou vos patrocina.
-
13:24 - 13:27Vai na dirección correcta
para cumprir o Acordo de París? -
13:28 - 13:31Os representantes políticos locais
saben que che importa isto, -
13:31 - 13:34que queres que sexa prioritario
en cada elección? -
13:34 - 13:36O teu mellor amigo sabe algo disto?
-
13:36 - 13:40Les un periódico ou escribes
nun periódico? Xenial. -
13:40 - 13:43Entón que saiban que queres información
sobre isto en tódalas edicións, -
13:43 - 13:48e que cuestionen os responsables políticos
en cada entrevista. -
13:50 - 13:53Se es cantante, canta sobre isto.
Se es profesor, ensina sobre isto. -
13:53 - 13:56E se tes conta nun banco,
dilles que vas marchar -
13:56 - 13:59se seguen a investir
en combustibles fósiles. -
13:59 - 14:03E, por suposto, os venres
todos deberiades saber que facer. -
14:05 - 14:07En terceiro lugar:
-
14:07 - 14:13Saír da zona de comodidade funciona
mellor cando unimos forzas. -
14:15 - 14:18Que unha persoa pida un cambio incómodo
-
14:18 - 14:21é, sobre todo, incómodo.
-
14:21 - 14:25Cando dúas, cinco, dez, cen persoas
piden un cambio incómodo -
14:25 - 14:27son difíciles de ignorar.
-
14:27 - 14:30Cantos máis sexades, máis difícil
lles vai resultar xustificar -
14:30 - 14:32un sistema que carece de futuro.
-
14:33 - 14:36O poder non é algo
que se ten ou non se ten. -
14:36 - 14:39O poder é algo que ou tomas ti
ou llo deixas a outros, -
14:39 - 14:41e medra cando o compartes.
-
14:42 - 14:45Os rapaces que saímos á rúa,
que facemos folga estudantil -
14:45 - 14:47demostramos como pode funcionar.
-
14:47 - 14:51Un só escolar en folga será sempre
un só escolar en folga -- -
14:51 - 14:53ou Greta Thunberg.
-
14:53 - 14:56Dous, cinco, dez, mil escolares
en folga son un movemento, -
14:56 - 14:58e iso é o que precisamos
en todas partes. -
14:58 - 14:59Non quero meter presión.
-
14:59 - 15:00(Risas)
-
15:01 - 15:04E, por último, en cuarto lugar --
-
15:04 - 15:09probablemente o aspecto
máis importante de todos -- -
15:12 - 15:15Necesito que comecedes
a tomarvos máis en serio a vós mesmos. -
15:16 - 15:19Se algo aprendín
-
15:19 - 15:23nos sete meses de organización
da acción climática, -
15:23 - 15:25é que se ti non vas por algo,
-
15:26 - 15:29hai moitas probabilidades
de que ninguén máis o faga. -
15:30 - 15:33As institucións máis poderosas deste mundo
-
15:33 - 15:38non teñen intención de cambiar
as regras de xogo que máis os benefician, -
15:38 - 15:41así que non ten sentido
seguir confiando neles. -
15:42 - 15:44Mete medo, seino.
-
15:44 - 15:48É unha responsabilidade enorme e
unha carga enorme sobre os ombros, si. -
15:50 - 15:52Pero tamén significa que,
-
15:52 - 15:53se queremos,
-
15:54 - 15:56podemos ter voz nisto.
-
15:57 - 16:00Podemos ser parte dese cambio.
Podemos ser parte desa resposta. -
16:01 - 16:03E iso é bastante fermoso, non si?
-
16:04 - 16:07Intentémolo, movámonos,
-
16:07 - 16:09enchamos o mundo
de activistas do clima. -
16:10 - 16:12Saiamos das zonas de comodidade
-
16:12 - 16:16e unamos forzas e comecemos
a tomarnos máis en serio. -
16:17 - 16:20Imaxinade como sería este mundo
-
16:20 - 16:23no que os nenos medrarían
-
16:23 - 16:29sabendo que o seu futuro
é esta grande ansiada aventura -
16:29 - 16:30e non algo que mete medo,
-
16:32 - 16:36como sería este mundo
se a próxima convención sobre o clima -
16:36 - 16:40fose un gran encontro de persoas
-
16:40 - 16:43que escoitaron as voces de millóns
-
16:43 - 16:47e se arremangaron dispostos
a crear un auténtico cambio. -
16:48 - 16:49Sabedes?
-
16:50 - 16:52Eu soño con ese mundo
-
16:53 - 16:59no que nas clases de xeografía
ensinan que a crise climática -
16:59 - 17:02foi ese gran desafío
-
17:02 - 17:06que superaron persoas coma vós e coma min,
-
17:07 - 17:09que comezaron a actuar a tempo
-
17:09 - 17:13porque entenderon
que non tiñan nada que perder -
17:13 - 17:15e todo que gañar.
-
17:16 - 17:18Así que por que non intentalo?
-
17:18 - 17:20Ninguén máis vai salvar o futuro por nós.
-
17:21 - 17:23É máis ca unha invitación.
Correde a voz. -
17:23 - 17:25Grazas.
-
17:25 - 17:30(Aplausos)
- Title:
- Por que debes converterte en activista do clima
- Speaker:
- Luisa Neubauer
- Description:
-
"Soño cun mundo no que nas clases de xeografía ensinan que a crise climática foi ese gran desafío que superaron persoas coma vós e coma min". di a activista do clima Luisa Neubauer. Xunto con Greta Thunberg, Neubauer axudou a pór en marcha os "Venres polo Futuro", o transcendental movemento de folga escolar contra a inacción fronte á crise climática. Expón catro primeiros pasos que calquera, independentemente da súa idade, pode dar para converterse nun activista do clima. "Esta non é unha tarefa para unha soa xeración. É unha tarefa para a humanidade", di.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 17:43
![]() |
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Why you should be a climate activist | |
![]() |
Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for Why you should be a climate activist | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why you should be a climate activist | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why you should be a climate activist | |
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why you should be a climate activist | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for Why you should be a climate activist | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for Why you should be a climate activist | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for Why you should be a climate activist |