0:00:01.071,0:00:04.015 Non entraba nos meus plans[br]converterme en activista do clima. 0:00:04.579,0:00:06.844 Pero as cousas cambiaron, 0:00:06.868,0:00:09.928 así que aquí estou diante de vós,[br]como activista do clima, 0:00:09.952,0:00:12.308 e pídovos que vós tamén[br]vos fagades activistas. 0:00:13.193,0:00:14.690 Estes son os motivos, 0:00:14.714,0:00:16.868 e, o que é máis importante,[br]a forma de facelo. 0:00:18.821,0:00:22.312 Hai dez anos, cando eu tiña 13, 0:00:22.336,0:00:24.935 aprendín o que era o efecto invernadoiro. 0:00:25.887,0:00:29.705 Daquela dedicabámoslle[br]90 minutos a esta cuestión 0:00:29.729,0:00:31.865 e lembro que me irritaba bastante 0:00:31.889,0:00:34.106 que algo tan fundamental 0:00:34.130,0:00:36.959 se despachase [br]nunha única clase de xeografía. 0:00:38.123,0:00:41.969 Parte desa irritación quedou aí,[br]así que ao rematar a secundaria, 0:00:41.993,0:00:44.291 decidín estudar xeografía, 0:00:44.315,0:00:48.541 para asegurarme de que non ía descamiñada[br]nesta cuestión do cambio climático. 0:00:49.487,0:00:52.362 Foi entón cando todo mudou. 0:00:53.492,0:00:55.690 Era a primeira vez que miraba os datos, 0:00:55.714,0:00:58.493 as evidencias científicas [br]que hai trala crise climática, 0:00:58.881,0:01:01.339 e non podía crer o que estaba a ler. 0:01:01.985,0:01:04.104 Coma moitos de vós, 0:01:04.128,0:01:07.332 eu pensaba que o estado do planeta[br]non era precisamente bo. 0:01:08.562,0:01:13.578 Non tiña nin idea de que iamos[br]directos a este desastre autoinflixido 0:01:13.602,0:01:15.600 a semellante velocidade. 0:01:16.636,0:01:19.971 Foi tamén entón cando entendín[br]o distinto que resulta todo 0:01:19.995,0:01:22.149 desde unha perspectiva máis ampla. 0:01:22.173,0:01:25.883 Tomemos, por exemplo,[br]a concentración de CO2 na atmosfera, 0:01:25.907,0:01:28.079 o principal causante do quecemento global. 0:01:28.487,0:01:30.274 Si, ten mala pinta. 0:01:30.298,0:01:33.782 Semella que imos por moi mal camiño. 0:01:34.362,0:01:37.585 Pero é cando miramos[br]non só os últimos 60 anos 0:01:37.609,0:01:39.223 senón os últimos 10.000 anos, 0:01:39.247,0:01:42.173 cando entendemos o aterrador que é. 0:01:43.512,0:01:47.147 E este é só un dos aspectos da crise[br]que estamos a vivir. 0:01:47.922,0:01:51.284 Non vou entrar en detalles,[br]pero pódovos dicir isto: 0:01:52.546,0:01:55.479 chegamos a un punto da nosa historia 0:01:55.503,0:02:00.786 no que a forza máis destrutiva do planeta[br]é a propia humanidade. 0:02:00.810,0:02:03.224 Chegamos a un punto 0:02:03.248,0:02:07.586 no que ningún científico nos pode garantir[br]que imos sobrevivir a isto. 0:02:08.547,0:02:11.146 Chegamos a un punto 0:02:11.170,0:02:14.882 no que a humanidade está a crear[br]un medio ambiente 0:02:14.906,0:02:18.258 que xa non é seguro para os seres humanos. 0:02:20.353,0:02:21.950 Si, aí estaba eu, 0:02:22.878,0:02:24.214 primeiro ano de xeografía, 0:02:24.238,0:02:25.689 e bastante anguriada. 0:02:25.713,0:02:26.879 Pero... 0:02:27.329,0:02:28.906 non todo eran malas noticias. 0:02:30.584,0:02:33.288 Aquel mesmo ano [br]no que me decatei de todo isto, 0:02:33.622,0:02:37.225 líderes de todo o mundo[br]xuntáronse en París 0:02:37.249,0:02:43.055 para acordar o obxectivo común de limitar[br]o quecemento a menos de dous graos. 0:02:43.763,0:02:45.376 As fotos deron a volta ao mundo, 0:02:45.400,0:02:47.885 e dixéronme que aquel foi[br]un día histórico. 0:02:48.949,0:02:50.505 Que alivio, verdade? 0:02:52.358,0:02:53.519 Só que... 0:02:54.430,0:02:57.806 algo non saíu como se esperaba. 0:02:59.314,0:03:02.132 Despois de que se asinase ese acordo, 0:03:02.156,0:03:04.225 as cousas seguiron sen mellorar. 0:03:04.249,0:03:06.799 De feito, foron a moito peor. 0:03:07.823,0:03:11.867 Os dirixentes e as industrias,[br]os líderes e os políticos, 0:03:11.891,0:03:15.434 volveron ás andadas, 0:03:15.458,0:03:19.426 explotando o noso medio de subsistencia[br]coma se literalmente non houbese un mañá, 0:03:20.252,0:03:23.892 construíndo centrais de carbón[br]unha e outra vez, 0:03:23.916,0:03:26.467 aínda que sabemos que iso ten que parar, 0:03:26.491,0:03:28.501 segundo o Acordo de París. 0:03:30.369,0:03:33.561 Así que, aínda que por suposto[br]melloran certas cousas 0:03:33.585,0:03:37.727 --si, hai instalacións de enerxía solar[br]e eólica por todo o planeta -- 0:03:37.751,0:03:41.871 estes cambios positivos son lentos[br]--lentos de máis, de feito. 0:03:41.895,0:03:44.570 Dende a sinatura do Acordo de París, 0:03:44.594,0:03:47.649 os gráficos sobre o clima seguen[br]seguen disparados cara ao cumio, 0:03:47.673,0:03:50.408 batendo récords ano tras ano. 0:03:50.432,0:03:52.864 Os cinco anos máis calorosos[br]rexistrados ata hoxe 0:03:52.888,0:03:55.391 foron os últimos cinco 0:03:55.415,0:04:00.846 e as emisións globais nunca[br]acadaran o nivel actual. 0:04:03.003,0:04:04.184 Así que aí estaba eu, 0:04:04.208,0:04:07.215 observando e entendendo[br]os datos científicos por un lado, 0:04:07.239,0:04:12.295 pero sen ver respostas,[br]sen ver acción polo outro. 0:04:13.684,0:04:16.617 Nese punto, farteime. 0:04:16.641,0:04:20.048 Quixen ir eu mesma[br]á Conferencia sobre o Clima da ONU, 0:04:20.072,0:04:24.624 ese preciso lugar que se creou[br]para que a xente se xuntase 0:04:24.648,0:04:26.511 para amañar o clima 0:04:26.535,0:04:29.006 --só que polo visto non o fan. 0:04:29.030,0:04:30.180 Iso foi o ano pasado. 0:04:30.204,0:04:33.452 Viaxei á Conferencia sobre o Clima[br]para saber 0:04:33.476,0:04:35.842 como é realmente, de que vai. 0:04:37.344,0:04:41.459 Aos realistas políticos[br]pode que non os sorprenda, 0:04:42.253,0:04:44.378 pero eu atopeino difícil de aturar: 0:04:44.402,0:04:49.854 que as industrias dos combustibles fósiles[br]e os líderes políticos 0:04:49.878,0:04:54.392 están a facer absolutamente todo o posible[br]para que non se produzan cambios reais. 0:04:54.823,0:04:58.431 Non teñen o menor interese en fixar[br]obxectivos abondo ambiciosos 0:04:58.455,0:05:01.071 que fagan viable o máximo[br]de dous graos de aumento. 0:05:02.163,0:05:07.641 Despois de todo, son os únicos[br]que se benefician da crise climática, non? 0:05:07.665,0:05:10.556 A industria dos combustibles fósiles[br]dá beneficios 0:05:10.580,0:05:14.154 e os líderes políticos, en fin,[br]eles pensan nas seguintes eleccións, 0:05:14.178,0:05:15.659 no que lles dá popularidade, 0:05:15.683,0:05:18.945 e supoño que non é precisamente[br]facer preguntas incómodas. 0:05:19.760,0:05:23.065 Non teñen intención [br]de cambiar as regras de xogo. 0:05:23.393,0:05:28.519 Non hai ningún país no mundo[br]no que as empresas ou os poderes políticos 0:05:28.543,0:05:31.811 sufran sancións se destrúen o clima. 0:05:34.201,0:05:39.973 Malia a estrañeza e a tristura[br]que me provocou a conferencia, 0:05:39.997,0:05:42.231 houbo alguén diferente, 0:05:42.255,0:05:46.496 alguén que parecía bastante preocupada. 0:05:46.520,0:05:48.391 Esa persoa era Greta Thunberg. 0:05:49.129,0:05:53.470 Nese momento decidín[br]que todo o demais era inútil 0:05:53.494,0:05:54.971 e carecía de sentido, 0:05:54.995,0:05:58.268 e uninme á súa folga do clima[br]na propia conferencia. 0:05:58.292,0:06:01.087 Era a miña primeira folga do clima 0:06:01.111,0:06:03.333 e o contexto era incriblemente estraño, 0:06:03.357,0:06:06.574 as dúas alí soas sentadas[br]naquela sala de conferencias, 0:06:06.598,0:06:11.546 rodeadas de xente ben traxada 0:06:11.570,0:06:14.677 que non tiña nin idea[br]de que facer con nós. 0:06:15.602,0:06:19.600 E, con todo, isto semellaba[br]moito máis potente 0:06:19.624,0:06:23.051 do que esperara en moito tempo. 0:06:24.279,0:06:28.006 E entón sentín que se cadra[br]chegara o momento 0:06:28.030,0:06:29.673 de comezar a folga en Alemaña. 0:06:29.857,0:06:33.027 Agora estaba segura de que ninguén[br]ía amañar isto por nós, 0:06:33.267,0:06:39.109 e se había unha mínima esperanza[br]de que isto tivese impacto, 0:06:39.133,0:06:42.195 parecería unha idiotez non intentalo. 0:06:43.482,0:06:45.620 Así que -- 0:06:45.644,0:06:52.624 (Aplausos) 0:06:54.805,0:06:56.565 Así que volvín para Berlín. 0:06:56.589,0:07:00.419 Atopei aliados que tiveran[br]a mesma idea ao mesmo tempo, 0:07:00.443,0:07:04.434 e xuntos decidimos intentar[br]isto dos "Venres polo futuro". 0:07:04.458,0:07:07.563 É evidente que non tiñamos nin idea[br]de onde nos metíamos. 0:07:07.991,0:07:10.979 Con anterioridade á primeira folga,[br]moitos de nós, eu incluída, 0:07:11.003,0:07:15.927 nunca antes organizaramos manifestacións[br]ou protestas de ningún tipo. 0:07:15.951,0:07:17.843 Non tiñamos cartos nin recursos 0:07:17.867,0:07:21.722 nin a menor idea do que implica[br]poñerse en folga polo clima. 0:07:21.746,0:07:24.539 Así que comezamos facendo[br]o que se nos daba mellor: 0:07:25.099,0:07:26.910 comezamos a enviar mensaxes de texto, 0:07:26.934,0:07:29.812 mensaxes en masa, día e noite,[br]a todos os que podiamos, 0:07:29.836,0:07:33.094 e organizamos a nosa primeira folga[br]polo clima por Whatsapp. 0:07:34.105,0:07:38.091 A noite antes da nosa primeira folga,[br]estaba tan nerviosa que non durmín. 0:07:38.481,0:07:41.982 Non sabía que podía esperar,[br]pero esperaba o peor. 0:07:44.188,0:07:50.072 Se cadra foi porque non eramos os únicos 0:07:50.096,0:07:54.558 que devecían por ter voz[br]nun contexto político 0:07:54.582,0:07:58.810 que parecera esquecer como incluír[br]a perspectiva da xente nova 0:07:58.834,0:08:01.418 na toma de decisións; pode que fose iso. 0:08:02.049,0:08:04.470 O caso é que, dalgún xeito, funcionou. 0:08:04.987,0:08:07.490 E dun día para outro, 0:08:07.514,0:08:09.067 estabamos por todas partes. 0:08:09.666,0:08:12.514 E dun día para outro, 0:08:12.514,0:08:14.515 convertínme en activista do clima. 0:08:17.459,0:08:18.754 Normalmente, 0:08:19.983,0:08:22.250 nestas charlas TED, 0:08:22.274,0:08:25.263 agora diría que é demasiado optimista, 0:08:25.287,0:08:27.763 que a xente nova vai resolver isto, 0:08:27.787,0:08:31.231 que imos salvar o futuro e o planeta[br]e todo iso, 0:08:31.255,0:08:33.596 que os rapaces que nos manifestamos[br]polo clima 0:08:33.620,0:08:34.911 imos amañar isto. 0:08:35.671,0:08:36.855 Normalmente. 0:08:38.677,0:08:40.214 Pero non é así como funciona. 0:08:40.238,0:08:43.208 Non é así como funciona esta crise. 0:08:44.223,0:08:45.768 Hai algo co que non contabamos: 0:08:47.049,0:08:52.550 hoxe, tres anos e medio despois[br]de que se asinase o Acordo de París, 0:08:52.574,0:08:55.215 cando miramos os datos científicos, 0:08:55.239,0:08:58.319 vemos que aínda é posible[br]manter o quecemento global 0:08:58.343,0:08:59.915 por debaixo de dous graos -- 0:09:01.107,0:09:02.422 tecnicamente. 0:09:03.442,0:09:07.306 E tamén vemos que aínda é posible[br]deter outros procesos desastrosos, 0:09:07.330,0:09:10.320 como a extinción masiva de especies[br]ou a degradación do solo -- 0:09:10.344,0:09:12.403 si, tecnicamente. 0:09:13.668,0:09:18.825 É extremadamente improbable. 0:09:21.341,0:09:23.800 E de calquera xeito, 0:09:23.824,0:09:27.151 terian que producirse no mundo cambios 0:09:27.175,0:09:29.434 que nunca antes experimentamos. 0:09:30.102,0:09:34.012 Teríamos que descarbonizar por completo[br]as nosas economías antes do 2050 0:09:34.036,0:09:36.697 e transformar o reparto de poderes 0:09:36.721,0:09:40.676 que hoxe lles permite aos xigantes [br]dos combustibles fósiles e aos políticos 0:09:40.700,0:09:42.516 manter o control das regras. 0:09:43.562,0:09:47.711 Falamos nada menos[br]que da maior transformación 0:09:47.735,0:09:49.693 dende a Revolución Industrial. 0:09:49.717,0:09:51.918 Falamos, por así dicilo, 0:09:51.942,0:09:54.177 dunha revolución climática 0:09:55.637,0:09:57.798 nun período de tempo mínimo. 0:09:57.822,0:10:01.009 Non poderiamos perder nin un só ano máis. 0:10:02.875,0:10:06.889 E, en calquera caso,[br]para que algo diso puidese acontecer, 0:10:07.889,0:10:11.378 o mundo ten que deixar de depender 0:10:11.402,0:10:15.491 de un ou dous ou tres millóns de escolares[br]en folga para resolver isto. 0:10:16.286,0:10:18.827 Si, somos estupendos, imos seguir adiante 0:10:18.851,0:10:22.364 e imos chegar a sitios nos que ninguén[br]nos esperou ver ata agora, si. 0:10:22.888,0:10:24.733 Pero non somos o tope; 0:10:24.757,0:10:26.278 somos o comezo. 0:10:27.414,0:10:29.851 Esta non é unha tarefa[br]para unha soa xeración. 0:10:29.875,0:10:31.956 É unha tarefa para a humanidade. 0:10:32.692,0:10:36.523 Neste momento todas as miradas[br]se centran en vós. 0:10:38.411,0:10:39.754 Para que este cambio ocorra, 0:10:39.778,0:10:43.477 teremos que resolver un millón de cousas. 0:10:44.051,0:10:46.481 Ao fin e ao cabo, é algo[br]incriblemente complexo. 0:10:47.897,0:10:49.048 Pero... 0:10:50.376,0:10:53.380 hai algunhas cousas polas que todos[br]e cada un podemos comezar. 0:10:53.721,0:10:57.489 As malas novas primeiro: se pensabades[br]que ía dicirvos que usedes máis a bici, 0:10:57.513,0:11:00.884 comades menos carne, usedes menos o avión,[br]ou merquedes de segunda man, 0:11:00.908,0:11:03.453 síntoo; non é tan sinxelo. 0:11:03.477,0:11:05.158 Pero aquí veñen as boas novas: 0:11:05.633,0:11:09.882 Sodes máis ca simples consumidores, 0:11:09.906,0:11:13.602 aínda que á industria lle gustaría[br]que vos limitásedes a ser só iso. 0:11:13.626,0:11:18.397 Non, vós e máis eu[br]somos todos seres políticos, 0:11:18.421,0:11:21.968 e podemos ser todos parte desta resposta. 0:11:21.992,0:11:26.554 Todos podemos ser algo que moitos chaman[br]activistas do clima. 0:11:26.578,0:11:27.742 Hurra? 0:11:27.766,0:11:29.296 (Risas) 0:11:29.320,0:11:30.738 Cales son os primeiros pasos? 0:11:30.762,0:11:34.708 Hai catro primeiros pasos esenciais[br]para lograr facer todo o demais, 0:11:34.732,0:11:38.505 catro primeiros pasos [br]polos que todo o mundo pode comezar, 0:11:38.529,0:11:44.432 catro primeiros pasos decisivos[br]para todo o que pode vir despois. 0:11:45.178,0:11:46.553 Cales son logo? 0:11:47.573,0:11:48.783 En primeiro lugar: 0:11:50.086,0:11:54.054 Temos que revisar completamente[br]o noso concepto de activista do clima, 0:11:54.078,0:11:59.016 o xeito de vermos a persoa[br]que pode ser a resposta a isto. 0:11:59.977,0:12:03.668 Un activista do clima non é alguén[br]que leu ata o último estudo 0:12:03.692,0:12:08.650 e pasa as tardes repartindo folletos[br]sobre vexetarianismo 0:12:08.674,0:12:10.030 polos centros comerciais. 0:12:10.165,0:12:11.076 Non. 0:12:11.100,0:12:14.226 Activista do clima pode ser calquera, 0:12:14.250,0:12:19.441 calquera disposto a unirse a un movemento[br]dos que queren chegar a vellos 0:12:19.465,0:12:23.369 nun planeta que prioriza a protección[br]dos espazos naturais 0:12:23.393,0:12:26.106 e a felicidade e a saúde da maioría 0:12:26.130,0:12:30.450 por riba da destrución do clima[br]e a devastación do planeta 0:12:30.474,0:12:32.109 para beneficio duns poucos. 0:12:33.232,0:12:37.905 E dado que a crise do clima afecta[br]a tódolos aspectos da nosa vida 0:12:37.929,0:12:40.468 social, política e privada, 0:12:40.492,0:12:43.545 fan falla activistas do clima[br]en cada recuncho, 0:12:43.569,0:12:44.947 non só en cada sala, 0:12:44.971,0:12:48.392 senón tamén en cada cidade, país,[br]estado e continente. 0:12:50.478,0:12:51.730 En segundo lugar: 0:12:53.341,0:12:57.939 Necesito que saiades[br]desa zona de comodidade, 0:12:57.963,0:13:01.066 que vos afastedes dunha normalidade[br]na que non hai mañá. 0:13:02.931,0:13:06.893 Todos e cada un de vós[br]sodes un amigo, un parente, 0:13:06.917,0:13:09.513 un traballador, un colega,[br]un estudante, un profesor 0:13:09.537,0:13:11.150 ou, en moitos casos, un votante. 0:13:11.632,0:13:14.656 Todo iso implica unha responsabilidade 0:13:14.680,0:13:17.726 que esta crise esixe [br]que asumades con madurez. 0:13:18.776,0:13:22.258 Está a empresa que vos dá traballo 0:13:22.282,0:13:23.937 ou vos patrocina. 0:13:24.477,0:13:27.265 Vai na dirección correcta [br]para cumprir o Acordo de París? 0:13:27.932,0:13:31.028 Os representantes políticos locais[br]saben que che importa isto, 0:13:31.052,0:13:33.649 que queres que sexa prioritario[br]en cada elección? 0:13:33.673,0:13:35.609 O teu mellor amigo sabe algo disto? 0:13:36.077,0:13:40.051 Les un periódico ou escribes[br]nun periódico? Xenial. 0:13:40.075,0:13:43.435 Entón que saiban que queres información[br]sobre isto en tódalas edicións, 0:13:43.459,0:13:48.088 e que cuestionen os responsables políticos[br]en cada entrevista. 0:13:49.718,0:13:53.045 Se es cantante, canta sobre isto.[br]Se es profesor, ensina sobre isto. 0:13:53.075,0:13:56.061 E se tes conta nun banco,[br]dilles que vas marchar 0:13:56.061,0:13:58.750 se seguen a investir[br]en combustibles fósiles. 0:13:59.410,0:14:02.716 E, por suposto, os venres[br]todos deberiades saber que facer. 0:14:05.495,0:14:06.703 En terceiro lugar: 0:14:07.340,0:14:13.251 Saír da zona de comodidade funciona[br]mellor cando unimos forzas. 0:14:14.608,0:14:17.750 Que unha persoa pida un cambio incómodo 0:14:17.774,0:14:21.397 é, sobre todo, incómodo. 0:14:21.421,0:14:25.302 Cando dúas, cinco, dez, cen persoas[br]piden un cambio incómodo 0:14:25.326,0:14:26.883 son difíciles de ignorar. 0:14:26.907,0:14:29.857 Cantos máis sexades, máis difícil[br]lles vai resultar xustificar 0:14:29.857,0:14:31.962 un sistema que carece de futuro. 0:14:32.831,0:14:35.968 O poder non é algo [br]que se ten ou non se ten. 0:14:35.992,0:14:38.914 O poder é algo que ou tomas ti[br]ou llo deixas a outros, 0:14:38.938,0:14:41.211 e medra cando o compartes. 0:14:42.227,0:14:44.914 Os rapaces que saímos á rúa,[br]que facemos folga estudantil 0:14:44.914,0:14:47.056 demostramos como pode funcionar. 0:14:47.080,0:14:51.339 Un só escolar en folga será sempre[br]un só escolar en folga -- 0:14:51.363,0:14:52.798 ou Greta Thunberg. 0:14:52.822,0:14:55.841 Dous, cinco, dez, mil escolares[br]en folga son un movemento, 0:14:55.841,0:14:57.778 e iso é o que precisamos[br]en todas partes. 0:14:57.778,0:14:59.079 Non quero meter presión. 0:14:59.103,0:15:00.356 (Risas) 0:15:00.955,0:15:03.876 E, por último, en cuarto lugar -- 0:15:03.900,0:15:08.692 probablemente o aspecto[br]máis importante de todos -- 0:15:11.653,0:15:15.384 Necesito que comecedes[br]a tomarvos máis en serio a vós mesmos. 0:15:16.457,0:15:18.727 Se algo aprendín 0:15:18.751,0:15:22.610 nos sete meses de organización[br]da acción climática, 0:15:22.634,0:15:24.952 é que se ti non vas por algo, 0:15:25.840,0:15:28.525 hai moitas probabilidades [br]de que ninguén máis o faga. 0:15:29.724,0:15:33.340 As institucións máis poderosas deste mundo 0:15:33.364,0:15:38.367 non teñen intención de cambiar[br]as regras de xogo que máis os benefician, 0:15:38.391,0:15:41.133 así que non ten sentido[br]seguir confiando neles. 0:15:42.308,0:15:43.817 Mete medo, seino. 0:15:44.341,0:15:48.351 É unha responsabilidade enorme e[br]unha carga enorme sobre os ombros, si. 0:15:49.716,0:15:51.584 Pero tamén significa que, 0:15:51.608,0:15:53.063 se queremos, 0:15:53.857,0:15:55.722 podemos ter voz nisto. 0:15:57.191,0:16:00.251 Podemos ser parte dese cambio.[br]Podemos ser parte desa resposta. 0:16:01.038,0:16:03.087 E iso é bastante fermoso, non si? 0:16:04.484,0:16:06.602 Intentémolo, movámonos, 0:16:06.626,0:16:09.079 enchamos o mundo[br]de activistas do clima. 0:16:09.649,0:16:11.992 Saiamos das zonas de comodidade 0:16:12.016,0:16:15.662 e unamos forzas e comecemos[br]a tomarnos máis en serio. 0:16:17.119,0:16:19.694 Imaxinade como sería este mundo 0:16:19.718,0:16:22.633 no que os nenos medrarían 0:16:22.657,0:16:28.780 sabendo que o seu futuro[br]é esta grande ansiada aventura 0:16:28.804,0:16:30.397 e non algo que mete medo, 0:16:31.905,0:16:35.568 como sería este mundo [br]se a próxima convención sobre o clima 0:16:35.592,0:16:40.066 fose un gran encontro de persoas 0:16:40.090,0:16:42.636 que escoitaron as voces de millóns 0:16:42.660,0:16:46.913 e se arremangaron dispostos[br]a crear un auténtico cambio. 0:16:48.152,0:16:49.313 Sabedes? 0:16:50.394,0:16:52.041 Eu soño con ese mundo 0:16:53.057,0:16:59.052 no que nas clases de xeografía[br]ensinan que a crise climática 0:16:59.076,0:17:02.123 foi ese gran desafío 0:17:02.147,0:17:05.826 que superaron persoas coma vós e coma min, 0:17:06.865,0:17:09.176 que comezaron a actuar a tempo 0:17:09.200,0:17:12.896 porque entenderon [br]que non tiñan nada que perder 0:17:12.920,0:17:14.931 e todo que gañar. 0:17:16.472,0:17:17.988 Así que por que non intentalo? 0:17:18.012,0:17:20.235 Ninguén máis vai salvar o futuro por nós. 0:17:20.842,0:17:23.285 É máis ca unha invitación.[br]Correde a voz. 0:17:23.309,0:17:24.519 Grazas. 0:17:24.543,0:17:29.683 (Aplausos)