Cando comezan a importarlles aos nenos as opinións dos máis?
-
0:00 - 0:02Gustaríame que tomasen un intre
-
0:02 - 0:05en pensasen na roupa que levan agora.
-
0:06 - 0:09Fágolles unha pregunta
profunda e filosófica: -
0:09 - 0:12Por que non levamos todos
pixamas cómodos xusto agora? -
0:12 - 0:13(Risas)
-
0:13 - 0:15Ben, eu son psicóloga
e non unha lectora de mentes, -
0:15 - 0:18aínda que moita xente
pense que son o mesmo. -
0:18 - 0:22Podo apostar que a súa resposta
sería algo así como: -
0:22 - 0:24"Espérase de min que non utilice
pixama en público" -
0:24 - 0:27ou "Non quero que a xente pense
que son un lacazán." -
0:28 - 0:32Sexa como sexa, o feito de que todos
elixamos levar roupa informal de traballo, -
0:32 - 0:34no canto dos nosos pantalóns
de chándal favoritos -
0:34 - 0:36non é unha casualidade parva.
-
0:36 - 0:40Pola contra, revela dúas características
humanas que nos definen. -
0:41 - 0:44A primeira é que somos conscientes
do que outras persoas valoran, -
0:44 - 0:47o que aprobarán ou desaprobarán,
-
0:47 - 0:50así como non usar pixama
para este tipo de eventos. -
0:50 - 0:54E dúas, utilizamos esta información
para guiar o noso comportamento. -
0:55 - 0:57A diferenza de outras moitas especies,
-
0:57 - 1:01os humanos somos propensos a adaptar o noso
comportamento ante a presenza doutros -
1:01 - 1:02para obter aprobación.
-
1:03 - 1:05Pasamos un tempo valioso maquillándonos,
-
1:05 - 1:08escollendo a imaxe correcta
e o filtro de Instagram, -
1:08 - 1:11e compoñendo ideas
que sen dúbida cambiarán o mundo -
1:11 - 1:13en 140 caracteres ou menos.
-
1:14 - 1:17É evidente que a nosa preocupación
por como nos avaliarán os demais -
1:17 - 1:19é unha gran parte do ser humano.
-
1:20 - 1:22Mais a pesar de ser este
unha gran característica humana -
1:22 - 1:25sabemos relativamente pouco
de cando e como -
1:25 - 1:27chegamos a preocuparnos
pola opinión dos demais. -
1:28 - 1:31Esta é unha gran pregunta
que require moitos estudos. -
1:31 - 1:34Pero o primeiro paso
para descubrir esta cuestión -
1:34 - 1:36é investigar cando no desenvolvemento
-
1:36 - 1:39nos convertemos en sensibles
ás avaliacións dos outros. -
1:39 - 1:42Pasei os últimos catro anos
na Emory University -
1:42 - 1:44investigando como un bebé,
-
1:44 - 1:49que non ten problemas para andar
polo supermercado en pixama, -
1:49 - 1:51se transforma nun adulto
que teme falar en público -
1:51 - 1:54por medo a ser xulgado negativamente.
-
1:54 - 1:56(Risas)
-
1:56 - 1:59Agora é normalmente
cando a xente me pregunta: -
1:59 - 2:01"Como investigas exactamente ese tema?
-
2:01 - 2:03Os bebés non poden falar, non si?"
-
2:04 - 2:06Ben, se o meu marido estivese aquí agora,
-
2:06 - 2:08el diríalles que entrevisto os bebés,
-
2:08 - 2:13porque preferiría non dicir
que a súa muller experimenta con nenos. -
2:13 - 2:15(Risas)
-
2:15 - 2:19En realidade,
deseño experimentos para nenos, -
2:19 - 2:21normalmente en forma de xogos.
-
2:21 - 2:24O psicólogo do desenvolvemento
Philippe Rochat e eu -
2:24 - 2:27deseñamos un "xogo"
chamado "A tarefa do robot" -
2:27 - 2:30para explorar cando os nenos
comezan a ser sensibles -
2:30 - 2:32á avaliación dos outros.
-
2:32 - 2:37En concreto, a tarefa do robot captura
cando os nenos, como os adultos, -
2:37 - 2:40modifican estratexicamente
o seu comportamento cando outros os miran. -
2:41 - 2:44Para iso, mostramos aos nenos
de 14 a 24 meses -
2:44 - 2:46como activar un robot de xoguete,
-
2:46 - 2:49e algo importante:
asignamos un valor positivo, -
2:49 - 2:51dicindo: "Guau!, non é xenial?"
-
2:51 - 2:54ou un valor negativo,
dicindo: "Oh, oh. Epa, non" -
2:54 - 2:56despois de premer o mando a distancia.
-
2:56 - 2:58Despois desta demostración,
-
2:58 - 3:00invitamos aos nenos
a xogar co mando a distancia, -
3:00 - 3:02e logo mirámolos
-
3:02 - 3:04ou nos damos a volta
e finximos ler unha revista. -
3:05 - 3:08A idea era que se antes dos 24 meses,
-
3:08 - 3:11os nenos xa son de verdade
sensibles á avaliación dos outros, -
3:11 - 3:14entón o seu modo de usar
o botón debería estar influído -
3:14 - 3:16non só por ser ou non observados
-
3:16 - 3:19senón tamén polos valores
que o experimentador expresou -
3:19 - 3:20sobre premer o mando.
-
3:21 - 3:22Entón por exemplo:
-
3:22 - 3:26esperaríamos que os nenos xogasen
co mando positivo significativamente máis -
3:26 - 3:27se estivesen sendo observados
-
3:27 - 3:30pero logo optasen por explorar
o mando negativo -
3:30 - 3:31cando ninguén estivese mirando.
-
3:32 - 3:35Para captar realmente este fenómeno,
fixemos tres variacións do estudo. -
3:36 - 3:39O primeiro estudo exploraba como os bebés
se implicaban cun xoguete novo -
3:39 - 3:42se non se daban valores ou instrucións.
-
3:42 - 3:45Só mostramos aos nenos
cómo activar o robot de xoguete, -
3:45 - 3:46pero non lle asignabamos valor,
-
3:46 - 3:49e tampouco lles dixemos
que podían xogar co control remoto, -
3:49 - 3:52dándolles unha situación
realmente ambigua. -
3:52 - 3:53No segundo estudo,
-
3:53 - 3:58incorporamos os dous valores,
un positivo e un negativo. -
3:59 - 4:02E no último estudo, tivemos
dous experimentadores e un mando. -
4:02 - 4:06Un experimentador expresaba un valor
negativo ao premer o mando, -
4:06 - 4:07dicindo: "Uf, o xoguete moveuse"
-
4:07 - 4:10e o outro experimentador
expresaba un valor positivo, dicindo: -
4:10 - 4:12"Hurra, o xoguete moveuse."
-
4:12 - 4:15E así reaccionaron os nenos
ante estes tres diferentes escenarios. -
4:15 - 4:18No primeiro estudo, a situación ambigua,
-
4:18 - 4:21eu estou mirando a nena.
-
4:21 - 4:24Ela non parece demasiado interesada
en presionar o mando. -
4:25 - 4:26Mais unha vez que me dou a volta --
-
4:27 - 4:29agora está lista para xogar.
-
4:29 - 4:30(Risas)
-
4:32 - 4:34Aquí non estou mirando a nena.
-
4:34 - 4:35Está moi centrada.
-
4:35 - 4:36Doume a volta.
-
4:38 - 4:39(Risas)
-
4:39 - 4:41Non facía nada, non si?
-
4:44 - 4:45No segundo estudo, o dos dous mandos,
-
4:45 - 4:48un co valor positivo e outro co negativo.
-
4:48 - 4:50Aquí estou observando a nena.
-
4:50 - 4:52E o mando laranxa é o negativo.
-
4:53 - 4:56Ela só está mirando arredor,
para min e xogando. -
4:56 - 4:58Entón dou a volta ...
-
5:00 - 5:01(Risas)
-
5:03 - 5:05Iso é a polo que ela vai.
-
5:08 - 5:09Aquí non estou mirando ao neno.
-
5:09 - 5:12El quere que a nai xogue con iso, ¿non?
-
5:12 - 5:13Coller unha ruta máis segura.
-
5:14 - 5:15Doume a volta ...
-
5:16 - 5:18(Risas)
-
5:18 - 5:20E tampouco estaba facendo nada.
-
5:24 - 5:26Si, séntese raro.
-
5:26 - 5:27(Risas)
-
5:27 - 5:29Todos coñecemos
esa mirada de esguello, non? -
5:30 - 5:32No terceiro estudo,
os dous experimentadores e un mando. -
5:32 - 5:36O experimentador que reaccionou
negativamente ao presionar o mando -
5:36 - 5:37esta a mirar a nena agora.
-
5:37 - 5:41Séntese un pouco rara, non sabe que facer,
confía na nai. -
5:44 - 5:47E entón, ela dáse a volta
-
5:47 - 5:50para que o experimentador que tivo
unha resposta positiva a vexa. -
5:52 - 5:54Todo despexado,
agora está lista para xogar. -
5:54 - 5:55(Risas)
-
5:55 - 5:57Así que, como os datos suxiren,
-
5:57 - 6:00descubrimos que o comportamento
de premer o botón -
6:00 - 6:05estaba moi influenciado polos valores
e instrucións do experimentador. -
6:05 - 6:07Porque no primeiro estudo,
os nenos non sabían -
6:07 - 6:10o que sería avaliado
positivamente ou negativamente, -
6:10 - 6:12e tendían a tomar a ruta máis segura
-
6:12 - 6:15e agardar a que me virase
para presionar o mando. -
6:15 - 6:17Os nenos do segundo estudo
-
6:17 - 6:20optaban por presionar o mando positivo
de xeito máis significativo cando os vía, -
6:20 - 6:22pero unha vez me viraba,
-
6:22 - 6:25inmediatamente tomaban o mando negativo
e comezaban a xogar con el. -
6:25 - 6:27Algo importante: nun estudo de control,
-
6:27 - 6:30onde eliminamos
os diferentes valores dos mandos -- -
6:30 - 6:33e só dixemos: "Oh, vaites!"
despois de presionar calquera dos mandos - -
6:33 - 6:37vimos que o comportamento dos nenos
xa non difería entre as condicións, -
6:37 - 6:40o que suxire que foron os valores
que lles demos aos dous mandos -
6:40 - 6:43o que impulsou o comportamento
no estudo anterior. -
6:43 - 6:45E por último, pero non menos importante,
-
6:45 - 6:48os nenos do terceiro estudo optaron
por presionar máis un mando -
6:48 - 6:52cando o experimentador que expresaba
un valor positivo estaba mirando, -
6:52 - 6:55ao contrario do experimentador
que expresara un valor negativo. -
6:56 - 6:57Non casualmente,
-
6:57 - 7:01tamén en torno a esta idade
os nenos comezan a ter vergoña -
7:01 - 7:04en situacións que poidan implicar
unha avaliación negativa, -
7:04 - 7:06como mirarse no espello
-
7:06 - 7:07e notar unha mancha no nariz.
-
7:07 - 7:10O equivalente a ter espinaca nos dentes,
para os adultos. -
7:10 - 7:11(Risas)
-
7:11 - 7:14Entón, que podemos dicir
en función destes achados? -
7:14 - 7:18Ademais do feito de que os bebés son
moi moi, moi arteiros. -
7:18 - 7:19(Risas)
-
7:19 - 7:22Dende moi cedo, os nenos, coma os adultos,
-
7:22 - 7:26son sensibles aos valores que poñemos
en obxectos e comportamentos. -
7:26 - 7:30E empregan estes valores
para orientar o seu comportamento. -
7:30 - 7:32Sexamos conscientes ou non,
-
7:32 - 7:35estamos comunicando constantemente
valores aos que nos rodean. -
7:36 - 7:39Non me refiro a valores
como "ser amable" ou "non roubar", -
7:39 - 7:41aínda que eses son certamente valores.
-
7:41 - 7:45Refírome a que amosamos a outros,
especialmente aos nosos fillos, -
7:45 - 7:49o que é agradable, valioso e loable,
e o que non. -
7:49 - 7:51E moitas das veces,
-
7:51 - 7:53facémolo sen sequera decatarnos.
-
7:54 - 7:57Os psicólogos estudan o comportamento
para explorar o contido da mente, -
7:57 - 8:00porque o noso comportamento
adoita reflectir as nosas crenzas, -
8:00 - 8:03os nosos valores e os nosos desexos.
-
8:03 - 8:06Aquí en Atlanta, todos cremos o mesmo.
-
8:07 - 8:09Que a Coca-Cola é mellor que a Pepsi.
-
8:09 - 8:11(Aplausos)
-
8:11 - 8:15Isto podería ter que ver co feito de que
a Coca-Cola se inventou en Atlanta. -
8:15 - 8:17Pero independentemente,
-
8:17 - 8:21esta crenza exprésase no feito de que
a maioría da xente elixirá beber Coca-Cola -
8:21 - 8:23Do mesmo xeito,
-
8:23 - 8:25comunicamos un valor
-
8:25 - 8:26cando louvamos as nenas
-
8:26 - 8:29polo seu pelo bonito
ou o seu bonito vestido, -
8:29 - 8:31e aos nenos, pola súa intelixencia.
-
8:31 - 8:35Ou cando eliximos ofrecer doces,
en vez de alimentos nutritivos, -
8:35 - 8:37como recompensa polo bo comportamento.
-
8:37 - 8:40Nenos e adultos somos
incriblemente eficaces -
8:40 - 8:43captando valores
nestes comportamentos sutís. -
8:43 - 8:47E á súa vez, isto acaba configurando
o seu propio comportamento. -
8:47 - 8:49A investigación
que compartín hoxe con vós -
8:49 - 8:53suxire que esta capacidade
xorde moi cedo no desenvolvemento, -
8:53 - 8:55antes incluso de poder dicir
unha oración completa -
8:55 - 8:57ou de deixar o cueiro.
-
8:57 - 9:00E vólvese unha parte integrante
de quen somos de adultos. -
9:01 - 9:03E antes de marchar,
-
9:03 - 9:05quero invitalos a contemplar os valores
-
9:05 - 9:08que transmitimos
nas interaccións cotiás, -
9:08 - 9:12e como poden estar configurando
o comportamento dos que os rodean. -
9:12 - 9:15Por exemplo, que valor se está a emitir
-
9:15 - 9:18cando pasamos máis tempo
sorríndolle ao noso teléfono -
9:18 - 9:20que sorrindo con outra xente?
-
9:21 - 9:25Consideren así mesmo como os que o rodean
formaron o seu comportamento, -
9:25 - 9:27de formas que pode
non ter considerado antes. -
9:28 - 9:30Para volver á nosa sinxela ilustración,
-
9:30 - 9:32prefiren de verdade Coca-Cola a Pepsi?
-
9:32 - 9:36ou foi esta preferencia motivada
polo que outros ao seu redor valoraban? -
9:36 - 9:39Os pais e os profesores
teñen sen dúbida o privilexio -
9:39 - 9:41de dar forma ao comportamento dos nenos.
-
9:42 - 9:44Pero é importante lembrar
-
9:44 - 9:48que a través dos valores que transmitimos
en interaccións sinxelas do día a día, -
9:48 - 9:52todos temos o poder de conformar
o comportamento dos que nos rodean. -
9:52 - 9:54Grazas.
-
9:54 - 9:57(Aplausos)
- Title:
- Cando comezan a importarlles aos nenos as opinións dos máis?
- Speaker:
- Sara Botto
- Description:
-
A partir da súa investigación sobre o desenvolvemento da primeira infancia, a psicóloga Sara Valencia Botto investiga cando (e como) os nenos comezan a cambiar as súas condutas ante a presenza doutros, e explora o que iso significa para os valores que comunicamos nas interaccións diarias. (Atentos ás graciosas imaxes dos pícaros.)
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 10:11
![]() |
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for When do kids start to care about other people's opinions? | |
![]() |
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for When do kids start to care about other people's opinions? | |
![]() |
Mario Cal accepted Galician subtitles for When do kids start to care about other people's opinions? | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for When do kids start to care about other people's opinions? | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for When do kids start to care about other people's opinions? | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for When do kids start to care about other people's opinions? | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for When do kids start to care about other people's opinions? | |
![]() |
Mario Cal edited Galician subtitles for When do kids start to care about other people's opinions? |