Benjamin Zander sobre música e paixón
-
0:00 - 0:03Seguramente moitos de vós coñecedes a historia dos dous vendedores
-
0:03 - 0:06que baixaron a África nos primeiros anos do século XX.
-
0:06 - 0:08Enviáronos para ver se había algunha oportunidade
-
0:08 - 0:10para vender zapatos.
-
0:10 - 0:13E dende aló enviaron uns telegramas a Manchester.
-
0:13 - 0:17E un deles escrebeu: "Situación desesperanzadora. Stop.
-
0:17 - 0:18Non levan zapatos postos".
-
0:18 - 0:21E o outro escrebeu: "Magnífica oportunidade.
-
0:21 - 0:23Ainda non levan zapatos postos".
-
0:23 - 0:24(Sorrisos)
-
0:24 - 0:27Ben, pois hai unha situación semellante no mundo da música clásica,
-
0:28 - 0:29porque hai algunha xente que pensa
-
0:29 - 0:32que a música clásica está a morrer.
-
0:33 - 0:36E hai algúns de nós que pensamos que está todo por ver.
-
0:36 - 0:40E mellor que ir ás estatísticas e as modas
-
0:40 - 0:42e falarvos de todas as orquestas que están a pechar,
-
0:42 - 0:45e as discográficas que están a virse abaixo,
-
0:45 - 0:49Pensei que deberíamos facer un experimento esta noite -- un experimento.
-
0:49 - 0:53De feito, non é realmente un experimento porque eu sei o resultado.
-
0:54 - 0:56Mais é como un experimento. Agora ben, antes de --
-
0:56 - 1:00(Sorrisos)
-
1:00 - 1:02-- antes de comezar, preciso dúas cousas.
-
1:02 - 1:06A primeira, é que vos quero recordar como sona un neno de 7 anos
-
1:07 - 1:08cando toca o piano.
-
1:08 - 1:10Se cadra tedes este neno na casa.
-
1:11 - 1:12Sona máis ou menos así.
-
1:12 - 1:32(Piano)
-
1:32 - 1:34Vexo que algúns de vós recoñecedes a este neno.
-
1:34 - 1:39Agora ben, se practica durante un ano e toma leccións, ten 8 anos
-
1:39 - 1:40e sona así.
-
1:40 - 1:47(Piano)
-
1:47 - 1:50Entón practica durante outro ano, e toma leccións; agora ten 9.
-
1:50 - 1:56(Piano)
-
1:56 - 1:59Entón practica durante outro ano e toma leccións: agora ten 10.
-
1:59 - 2:06(Piano)
-
2:06 - 2:07Nese momento normalmente abandona.
-
2:07 - 2:09(Sorrisos)
-
2:09 - 2:11(Aplausos)
-
2:11 - 2:13Agora ben, se esperases, se esperases un ano máis,
-
2:14 - 2:15terías escoitado isto:
-
2:15 - 2:24(Piano)
-
2:24 - 2:27Agora ben, o que aconteceu non foi se cadra o que pensáchedes,
-
2:27 - 2:30que de súpeto se voltara apaixoado, comprometido,
-
2:30 - 2:33involucrado, que tivo un novo profesor, chegou á pubertade, ou o que sexa.
-
2:33 - 2:37O que aconteceu foi que os impulsos se reduciron.
-
2:38 - 2:39Vedes, a primeira vez el tocaba
-
2:39 - 2:41cun impulso en cada nota.
-
2:42 - 2:44(Piano)
-
2:44 - 2:46E a segunda vez cun impulso cada dúas notas.
-
2:47 - 2:49(Piano)
-
2:49 - 2:50Podedes velo mirando a miña cabeza.
-
2:51 - 2:52(Sorrisos)
-
2:52 - 2:54O de 9 anos, o de 9 anos
-
2:54 - 2:55puña un impulso cada catro notas.
-
2:55 - 2:57(Piano)
-
2:58 - 2:59E o de 10 anos cada 8 notas.
-
2:59 - 3:02(Piano)
-
3:02 - 3:04E o de 11 anos, un impulso en toda a frase.
-
3:04 - 3:07(Piano)
-
3:08 - 3:10Seino -- non sei como cheguei a esta posición.
-
3:10 - 3:12(Sorrisos)
-
3:13 - 3:15Non dixen que fora a mover a miñas costas ou o meu corpo.
-
3:15 - 3:17Non, a música levoume a facelo,
-
3:17 - 3:19que é o motivo polo que o chamo tocar a unha nádega.
-
3:19 - 3:21(Piano)
-
3:21 - 3:22Pode ser a outra nádega.
-
3:22 - 3:26(Piano)
-
3:26 - 3:29Sabedes, un cabaleiro estaba unha vez vendo unha presentación miña
-
3:29 - 3:30cando estaba a traballar cun pianista novo.
-
3:31 - 3:33El era o presiente dunha corporación en Ohio.
-
3:33 - 3:35E eu estaba a traballar con este pianista novo
-
3:36 - 3:38e dixen, "o teu problema é que és un pianista de dúas nádegas.
-
3:38 - 3:40Deberías ser un pianista de unha nádega."
-
3:40 - 3:42E movín o seu corpo dese xeito cando estaba tocando.
-
3:42 - 3:44E de súpeto a música despegou. Colleu voo.
-
3:45 - 3:47Houbo un suspiro na audiencia cando escoitaron a diferencia.
-
3:47 - 3:49Entón recibín unha carta deste cabaleiro.
-
3:49 - 3:50El dixo, "estaba tan emocionado.
-
3:50 - 3:52Voltei e transformei toda a miña empresa
-
3:53 - 3:54nunha empresa dunha nádega."
-
3:54 - 3:57(Sorrisos)
-
3:58 - 4:00Ben, a outra cousa que quería facer é falarvos de vós.
-
4:00 - 4:03Hai 1.600 persoas, penso.
-
4:03 - 4:06A miña estimación é que probablemente 45 de vós
-
4:06 - 4:08sodes apaixoados absolutos da música clásica.
-
4:09 - 4:14Adorades a música clásica. A vosa radio está sempre nese dial clásico.
-
4:14 - 4:17E tedes CDs no voso coche, e ides escoitar a sinfónica.
-
4:17 - 4:18E os vosos nenos tocan instrumentos.
-
4:18 - 4:20Non podedes imaxinar a vosa vida sen música clásica.
-
4:21 - 4:23Ese é o primeiro grupo; un grupo bastante pequeno.
-
4:23 - 4:25Hai outro grupo máis grande.
-
4:25 - 4:27O composto pola xente á que non lle molesta a música clásica.
-
4:27 - 4:28(Sorrisos)
-
4:28 - 4:30Xa sabedes, chegaches a casa despois dun longo día
-
4:30 - 4:32colles un vaso de viño e recóstaste.
-
4:33 - 4:35Un pouco de Vivaldi de fondo non fai ningún dano.
-
4:35 - 4:36(Sorrisos)
-
4:36 - 4:37Ese é o segundo grupo.
-
4:37 - 4:38Agora ven o terceiro grupo.
-
4:38 - 4:40O composto pola xente que nunca escoita música clásica.
-
4:40 - 4:42Simplemente non é parte da súa vida.
-
4:43 - 4:45Podedes escoitala como fume de segunda man no aeroporto, pero --
-
4:45 - 4:47(Sorrisos)
-
4:47 - 4:48-- e quizais un pouco dunha marcha de Aida
-
4:48 - 4:51cando entrades na sala. Pero á marxe diso, nunca a escoitades.
-
4:52 - 4:53Este é probábelmente o grupo maior.
-
4:53 - 4:55E despois está un grupo moi pequeno.
-
4:55 - 4:58O composto por aqueles que pensan que non teñen ouvido musical.
-
4:58 - 5:00Un incríbel número de xente pensa que non ten ouvido musical.
-
5:01 - 5:03De feito, escoito frecuentemente, "o meu marido non ten ouvido musical."
-
5:03 - 5:04(Sorrisos)
-
5:04 - 5:07De feito, non podedes non ter ouvido musical. Ninguén carece de ouvido musical.
-
5:07 - 5:10Se non tivérades ouvido musical, non poderiades cambiar as marchas
-
5:10 - 5:12no voso coche, nun coche con cambio manual.
-
5:12 - 5:14Non poderiades ver a diferencia entre
-
5:14 - 5:16alguén de Texas e alguén de Roma.
-
5:16 - 5:20E o teléfono. O teléfono. Se a vosa nai chama
-
5:21 - 5:23polo miserábel teléfono, chama e di "Ola,"
-
5:23 - 5:26non só sabedes quen é, senón en que estado de ánimo se atopa.
-
5:27 - 5:30Tedes un ouvido fantástico. Todo o mundo ten un ouvido fantástico.
-
5:30 - 5:32Así que ninguén carece de ouvido musical.
-
5:32 - 5:36Porén, ¿sabedes o q vos digo? Non me apetece a min continuar con esta cousa
-
5:36 - 5:39con ese abismo tan grande entre os que entenden,
-
5:40 - 5:42aman e se apaixoan coa música clásica,
-
5:42 - 5:45e os que non teñen ningunha relación con ela.
-
5:45 - 5:47A xente sen ouvio musical, eses xa non están aquí.
-
5:47 - 5:51Mais incluso entre esas tres categorías, hai un abismo demasiado grande.
-
5:51 - 5:55Así que non vou continuar ata que todas e cada unha das persoas desta sala,
-
5:55 - 6:00os que están no piso de abaixo, e en Aspen, e todos os demáis que estexan vendo,
-
6:01 - 6:04cheguen a amar e comprender a música clásica.
-
6:04 - 6:06Así que iso é o que imos facer.
-
6:07 - 6:12Por certo, notades que non hai a menor dúbida na miña mente
-
6:12 - 6:15se mirades a miña cara, sobre se vai funcionar ou non, verdade?
-
6:15 - 6:19É unha das características dun líder que non dubide
-
6:19 - 6:22por un intre da capacidade da xente que está a liderar
-
6:23 - 6:25para facer realidade o que sexa que está a soñar.
-
6:25 - 6:28Imaxinade se Martin Luther King tivera dito, "Teño un soño.
-
6:28 - 6:30E por suposto, non estou seguro de que eles estean á altura."
-
6:30 - 6:33(Sorrisos)
-
6:34 - 6:36Ben. Vou escoller agora unha peza de Chopin.
-
6:36 - 6:41É un preludio fermoso de Chopin. Algúns de vós coñecerédelo.
-
6:42 - 7:10(Música)
-
7:10 - 7:12Sabedes o que creo que pasou nesta sala?
-
7:13 - 7:15Cando comecei, pensáchedes, "Que fermoso sona."
-
7:15 - 7:28(Music)
-
7:29 - 7:30"Penso que non deberíamos ir ao mesmo lugar
-
7:30 - 7:32o próximo ano nas vacacións de verán."
-
7:32 - 7:35(Sorrisos)
-
7:35 - 7:38Divertido, verdade? Divertido como eses pensamentos
-
7:38 - 7:41esperan dalgún xeito na vosa cabeza.
-
7:41 - 7:42E por suposto --
-
7:42 - 7:45(Aplauso)
-
7:45 - 7:47-- e por suposto, se a peza é longa e tivéchedes un día longo,
-
7:48 - 7:49podedes de feito quedarvos durmidos.
-
7:49 - 7:51Entón o voso acompañante daravos un cobadazo nas costelas
-
7:51 - 7:55e dirá, "Acorda! É cultura!" E entón ainda vos sentides peor.
-
7:55 - 7:58Mais pensáchedes algunha vez que a razón pola que vos sentides somnolentos
-
7:59 - 8:01na música clásica non é culpa vosa, senón culpa nosa?
-
8:01 - 8:03Alguén pensou mentres eu tocaba,
-
8:03 - 8:05"Por que está usando tantos impulsos?"
-
8:05 - 8:08Se tivera feito isto coa miña cabeza seguramente teríadelo pensado.
-
8:09 - 8:14(Música)
-
8:14 - 8:18E durante o resto das vosas vidas, cada vez que escoitedes música clásica
-
8:18 - 8:22sempre seredes quen de saber se escoitades eses impulsos.
-
8:22 - 8:24Así que vexamos que está acontecendo realmente aquí.
-
8:24 - 8:29Temos un Si. Esta é un Si. A seguinte é Do.
-
8:29 - 8:32O Do ten a función de facer triste ao Si. ¿Conségueo, verdade?
-
8:32 - 8:35(Sorrisos)
-
8:35 - 8:37Os compositores sábeno. Se queren música triste
-
8:37 - 8:38simplemente tocan esas dúas notas.
-
8:38 - 8:43(Música)
-
8:43 - 8:45Mais básicamente é só Si, con catro tristes.
-
8:45 - 8:47(Sorrisos)
-
8:48 - 8:53Agora baixa a La. Agora a Sol, e logo a Fa.
-
8:53 - 8:57Entón temos Si, La, Sol, Fa. E se temos Si, La, Sol, Fa,
-
8:58 - 9:04¿que agardamos despois? Ah, podía ter sido unha casualidade.
-
9:04 - 9:10Probemos de novo. Ooh, o coro de TED.
-
9:10 - 9:13(Sorrisos)
-
9:13 - 9:17¿E notades que non hai ninguén sen ouvido musical? Ninguén.
-
9:17 - 9:19Sabedes, en cada aldea de Bangladesh
-
9:19 - 9:24e cada aldea da China. Todos saben:
-
9:25 - 9:28da, da, da, da -- da. Todos saben que esperan un Mi.
-
9:28 - 9:31Agora ben, Chopin non quería chegar ao Mi aí,
-
9:32 - 9:34porque que tería acontecido? Tería rematado, como Hamlet.
-
9:34 - 9:36Lembrades Hamlet? Acto 1, Escea 3:
-
9:37 - 9:38averigua que o seu tio matou ao seu pai.
-
9:38 - 9:40Lembrades que continua indo na busca do seu tio
-
9:40 - 9:41e case o mata. E entón retrocede e fuxe
-
9:41 - 9:44e vai por el de novo e case o mata.
-
9:44 - 9:46E os críticos, que están todos sentados aí na fila de atrás
-
9:46 - 9:49teñen que tener unha opinión, así que din, "Hamlet é un procastinador."
-
9:49 - 9:50(Sorrisos)
-
9:50 - 9:52Ou din, "Hamlet ten o complexo e Edipo."
-
9:53 - 9:56Non, é que doutro xeito a obra remataría, estúpido.
-
9:56 - 9:58Esa é a razón pola que Shakespeare introduciu todo ese contido en Hamlet.
-
9:59 - 10:01Xa sabedes, Ofelia voltándose tola e a obra dentro da obra,
-
10:01 - 10:02e a calavera de Yorick e os escavadores de tumbas.
-
10:03 - 10:06Iso ten o obxectivo de retrasar -- ata que no Acto 5 pode matalo.
-
10:06 - 10:11Ocorre o mesmo no caso de Chopin. Está a piques chegar a Mi,
-
10:11 - 10:13e di, "Ups, mellor retroceder e comezar de novo."
-
10:13 - 10:16E faino de novo.
-
10:17 - 10:20E entón excítase -- iso é excitación,
-
10:20 - 10:21non tedes que preocuparvos por iso.
-
10:22 - 10:24Chega a Fa sostido e finalmente baixa a Mi,
-
10:24 - 10:27pero é o acorde equivocado. Porque o acorde que está a buscar
-
10:28 - 10:31é este, e entón fai...
-
10:31 - 10:35ben, chamámolo unha cadencia enganosa, porque nos engana.
-
10:36 - 10:38Sempre lles digo aos meus estudantes, "Se tedes unha cadencia enganosa
-
10:38 - 10:40asegurádevos de elevar as vosas cellas, de xeito que todo o mundo o saiba."
-
10:40 - 10:43(Sorrisos)
-
10:43 - 10:46(Aplauso)
-
10:47 - 10:49Ben. Entón ven un Mi, pero é o acorde trabucado.
-
10:49 - 10:52Agora, tenta un Mi de novo. Ese acorde non funciona.
-
10:52 - 10:55Agora, proba de novo Mi. Ese acorde non funciona.
-
10:55 - 10:57Agora, ténta Mi de novo, e non funciona.
-
10:58 - 11:01E entón finalmente...
-
11:01 - 11:05Había un cabaleiro la fila de adiante, que dixo, "Mmm."
-
11:06 - 11:08É o mesmo xesto que fai cando chega a casa
-
11:08 - 11:11despois dun longo día, desconecta a chave no coche e di,
-
11:12 - 11:15"Aah, estou na casa." Porque todos sabemos onde está a casa.
-
11:15 - 11:18Así que esta é unha peza que ven dende lonxe ata a casa.
-
11:18 - 11:20E vouna tocar completa
-
11:20 - 11:23e vós ides seguila. Si, Do, Si, Do, Si, Do, Si --
-
11:23 - 11:25e baixa a La, baixa a Sol, baixa a Fa.
-
11:25 - 11:27E case chega a Mi, pero nese caso a obra remataría.
-
11:28 - 11:30Entón sube de novo a Si. Excítase. Vai a Fa sostido. Vai a Mi.
-
11:30 - 11:32É o acorde incorrecto. É o acorde incorrecto. É o acorde incorrecto.
-
11:33 - 11:35E finalmente vai a Mi, e é casa.
-
11:35 - 11:38E o que ides ver é tocar a unha nádega.
-
11:38 - 11:41(Sorrisos)
-
11:41 - 11:43Porque para min, para xuntar o Si ao Mi,
-
11:44 - 11:49teño que parar de pensar en cada unha das notas do camiño
-
11:49 - 11:54e comezar a pensar na longa longa liña dende Si ata Mi.
-
11:55 - 11:59Xa entendedes, estamos en Suráfrica, e non se pode ir a Suráfrica
-
11:59 - 12:02sen pensar en Mandela na cadea durante 27 anos.
-
12:03 - 12:05En que estaba el a pensar? Na comida?
-
12:05 - 12:08Non, estaba a pensar na visión para Suráfrica
-
12:09 - 12:10e para os seres humanos. Iso é o que permaneceu --
-
12:10 - 12:13isto é sobre a visión; é sobre a liña longa.
-
12:13 - 12:15Como o paxaro que voa sobre un campo
-
12:15 - 12:19e non se preocupa dos valados que sobrevoa, verdade?
-
12:19 - 12:22Así que agora imos seguir toda a liña dende Si ata Mi.
-
12:22 - 12:26E teño unha última solicitude, antes de tocar a peza completa.
-
12:26 - 12:31Poderiades pensar nalguén ao que adoredes, que xa non estea?
-
12:31 - 12:34Unha avoa querida, un amor,
-
12:35 - 12:38alguén na vosa vida ao que queredes con todo o voso corazón,
-
12:38 - 12:41pero que esa persoa xa non está con vós.
-
12:42 - 12:45Traede esa persoa á vosa mente, e ao mesmo tempo
-
12:45 - 12:49seguide toda a liña que vai de Si a Mi,
-
12:49 - 12:57e escoitaredes o que Chopen tiña que dicir.
-
12:57 - 14:48(Música)
-
14:48 - 14:55(Aplauso)
-
14:55 - 15:00Agora ben, podedes estarvos a preguntar,
-
15:00 - 15:06podedes estarvos a preguntar por que estou a aplaudir.
-
15:06 - 15:08Ben, fixen isto nunha escola en Boston
-
15:08 - 15:12cuns 70 alumnos de séptimo curso -- de 12 anos.
-
15:12 - 15:14E fixen exactamente o que fixen agora con vós, e díxenlles
-
15:14 - 15:15e expliqueilles e todo o tema.
-
15:15 - 15:17E ao final voltáronse tolos, a aplaudir. Estaban a aplaudir.
-
15:18 - 15:19Eu estaba a aplaudir. Eles estaban a aplaudir.
-
15:19 - 15:21Finalmente, dixen, "Por que estou a aplaudir?"
-
15:21 - 15:22E un dos nenos pequenos dixo, "Porque estábamos a escoitar."
-
15:22 - 15:27(Sorrisos)
-
15:28 - 15:30Pensádeo. 1600 persoas, xente ocupada,
-
15:30 - 15:32involucrados en todo tipo de cousas diferentes.
-
15:33 - 15:39Escoitando, comprendendo e sendo emocionados por unha peza de Chopin.
-
15:39 - 15:40Iso é algo importante.
-
15:40 - 15:43Agora ben, estou seguro de que todos e cada un seguíchedes isto,
-
15:43 - 15:45entendíchedelo, e emocionáchedesvos. Por suposto, non podo estar seguro.
-
15:46 - 15:47Pero direivos o que me aconteceu.
-
15:47 - 15:50Estaba en Irlanda durante os conflictos, fai 10 anos,
-
15:50 - 15:53e estaba a traballar con algúns rapaces Católicos e Protestantes
-
15:53 - 15:57en resolución de conflictos. E fixen isto con eles.
-
15:58 - 16:00Algo arriscado, xa que eran nenos da rúa.
-
16:00 - 16:03E un deles veu falar conmigo á mañá seguinte e dixo,
-
16:04 - 16:07"Sabes, eu nunca na vida escoitara música clásica
-
16:07 - 16:08mas cando tocaches esa peza de 'shopping' (NT: xogo de palabras entre 'mercar' e Chopin)
-
16:08 - 16:11(Sorrisos)
-
16:11 - 16:15Dixo, "o meu irmán matárono dun tiro o ano pasado e non chorei por el.
-
16:16 - 16:17Pero a pasada noite cando tocaches a peza,
-
16:17 - 16:20el era en quen estaba a pensar.
-
16:20 - 16:22E notei as bágoas baixando pola miña cara.
-
16:22 - 16:25E sabes, realmente sentinme ben a chorar polo meu irmán"
-
16:25 - 16:27Así que me decatei nese momento
-
16:27 - 16:34de que a música clásica é para todo o mundo. Todo o mundo.
-
16:35 - 16:37Agora ben, como camiñaríades -- porque sabedes,
-
16:37 - 16:41a miña profesión, a profesión da música, non o ve dese xeito.
-
16:41 - 16:44Eles afirman que ao 3 por cento da poboación lle gusta a música clásica.
-
16:44 - 16:48Se fósemos quen de movelo ao 4 por cento os nosos problemas estarían solucionados.
-
16:49 - 16:52E eu digo, "Como poderiades camiñar? Como poderiades falar? Como estariades
-
16:52 - 16:55se pensarades que ao 3 por cento da poboación lle gusta a música clásica?
-
16:56 - 16:58Se puidésemos subilo ao 4 por cento. Como poderiades camiñar?
-
16:58 - 17:00Como poderiades falar? Como estariades
-
17:00 - 17:02se pensarades que todo o mundo ama a música clásica --
-
17:02 - 17:04e simplemente ainda non o descubriron."
-
17:04 - 17:05(Sorrisos)
-
17:05 - 17:07Como vedes, son mundos totalmente distintos.
-
17:08 - 17:11Eu tiven unha experiencia maravillosa. Tiña 45 anos,
-
17:11 - 17:16levo dirixindo 20 anos, e de súpeto tiven unha iluminación.
-
17:17 - 17:20O director dunha orquesta non fai sons.
-
17:20 - 17:22A miña foto aparece na portada do CD --
-
17:22 - 17:25(Sorrisos)
-
17:25 - 17:27-- pero o director non fai ningún son.
-
17:28 - 17:32O seu poder depende da súa habilidade para facer a outra xente poderosa.
-
17:32 - 17:36E iso mudou todo para min. Foi algo que me mudou a vida.
-
17:37 - 17:38A xente da miña orquesta viña a falar comigo e dicíame,
-
17:38 - 17:40"Ben, que aconteceu?" Iso é o que aconteceu.
-
17:40 - 17:45Decateime de que o meu traballo era facer aparecer a posibilidade noutra xente.
-
17:45 - 17:48E por suposto, quería saber se o estaba a facer.
-
17:48 - 17:51E sabedes como se pode averiguar? Mirándolles aos ollos.
-
17:51 - 17:55Se os seus ollos están a brillar, estás a facelo.
-
17:56 - 17:57Poderiades iluminar unha vila cos ollos deste home.
-
17:57 - 17:59(Sorrisos)
-
17:59 - 18:01Dacordo. Se os ollos están a brillar, sabes que o estás a facer.
-
18:01 - 18:04Se os ollos non están a brillar, teste que preguntar algo.
-
18:04 - 18:05E esta é a pregunta:
-
18:05 - 18:11Quen estou eu a ser para que os ollos dos meus músicos non estean a brillar?
-
18:12 - 18:13Podemos facer iso cos nosos fillos tamén.
-
18:13 - 18:18Quen estou eu a ser para que os ollos dos meus fillos non estean a brillar?
-
18:19 - 18:21É un mundo totalmente diferente.
-
18:21 - 18:26Ben, estamos a piques de rematar esta semana máxica na montaña
-
18:27 - 18:28e imos regresar ao mundo.
-
18:28 - 18:32E digo, é axeitado que nos fagamos a pregunta:
-
18:32 - 18:37Quenes estamos a ser en canto imos de volta ao mundo?
-
18:37 - 18:39E sabedes, teño unha definición de éxito.
-
18:40 - 18:42Para min é moi sinxelo. Non ten relación coa riqueza e a sona e o poder.
-
18:42 - 18:45Ten relación con cantos ollos brillantes teño arredor de min.
-
18:46 - 18:49Así que agora teño un último pensamento, que é
-
18:49 - 18:52que realmente o que dicimos marca a diferencia.
-
18:52 - 18:54As palabras que saen pola nosa boca.
-
18:54 - 18:58Aprendín isto dunha muller que sobreviviu a Auschwitz,
-
18:58 - 18:59unha das poucas supervivintes.
-
18:59 - 19:03Foi a Auschwitz cando tiña 15 anos,
-
19:04 - 19:11e o seu irmán tiña 8, e perderan aos pais.
-
19:11 - 19:16E contoume o seguinte, dixo,
-
19:16 - 19:19"Estabamos no tren indo cara a Auschwitz e mirei cara a abaixo
-
19:19 - 19:21e vin que os zapatos do meu irmán non estaban.
-
19:22 - 19:25E dixen, "Como podes ser tan parvo, que non podes manterte perto das túas cousas
-
19:25 - 19:26polo amor de Deus?" - na forma na que unha irmá maior
-
19:26 - 19:30pode falar a un irmán pequeno.
-
19:30 - 19:33Desafortunadamente, foi a última cousa que lle dixo
-
19:33 - 19:37porque nunca voltou a velo. El non sobreviviu.
-
19:37 - 19:39Así que cando saiu de Auschwitz, fixo unha promesa.
-
19:40 - 19:44Ela díxome. Dixo, "Saín camiñando de Auschwitz á vida
-
19:44 - 19:49e fixen unha promesa. E a promesa foi que nunca diría nada de novo
-
19:50 - 19:53que non puidera ficar como a última cousa que eu diga."
-
19:53 - 19:57Podemos facelo? Non. E enganámonos a nós mesmos
-
19:58 - 20:05e aos outros. Mais esa é unha posibilidade na que podemos vivir. Grazas
-
20:05 - 20:10(Aplausos)
-
20:11 - 20:22Ollos brillantes, ollos brillantes.
-
20:22 - 20:25Grazas, grazas.
-
20:26 - 20:31(Música)
- Title:
- Benjamin Zander sobre música e paixón
- Speaker:
- Benjamin Zander
- Description:
-
Benjamin Zander ten dúas paixóns infecciosas: a música clásica, e axudarnos a descubrir o noso amor non explorado por ela -- e por exensión, o noso amor non explorado por todas as novas posibiliades, novas experiencias, novas conexións.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 20:26