0:00:00.000,0:00:03.000 Seguramente moitos de vós coñecedes a historia dos dous vendedores 0:00:03.000,0:00:06.000 que baixaron a África nos primeiros anos do século XX. 0:00:06.000,0:00:08.000 Enviáronos para ver se había algunha oportunidade 0:00:08.000,0:00:10.000 para vender zapatos. 0:00:10.000,0:00:13.000 E dende aló enviaron uns telegramas a Manchester. 0:00:13.000,0:00:17.000 E un deles escrebeu: "Situación desesperanzadora. Stop. 0:00:17.000,0:00:18.000 Non levan zapatos postos". 0:00:18.000,0:00:21.000 E o outro escrebeu: "Magnífica oportunidade. 0:00:21.000,0:00:23.000 Ainda non levan zapatos postos". 0:00:23.000,0:00:24.000 (Sorrisos) 0:00:24.000,0:00:27.000 Ben, pois hai unha situación semellante no mundo da música clásica, 0:00:28.000,0:00:29.000 porque hai algunha xente que pensa 0:00:29.000,0:00:32.000 que a música clásica está a morrer. 0:00:33.000,0:00:36.000 E hai algúns de nós que pensamos que está todo por ver. 0:00:36.000,0:00:40.000 E mellor que ir ás estatísticas e as modas 0:00:40.000,0:00:42.000 e falarvos de todas as orquestas que están a pechar, 0:00:42.000,0:00:45.000 e as discográficas que están a virse abaixo, 0:00:45.000,0:00:49.000 Pensei que deberíamos facer un experimento esta noite -- un experimento. 0:00:49.000,0:00:53.000 De feito, non é realmente un experimento porque eu sei o resultado. 0:00:54.000,0:00:56.000 Mais é como un experimento. Agora ben, antes de -- 0:00:56.000,0:01:00.000 (Sorrisos) 0:01:00.000,0:01:02.000 -- antes de comezar, preciso dúas cousas. 0:01:02.000,0:01:06.000 A primeira, é que vos quero recordar como sona un neno de 7 anos 0:01:07.000,0:01:08.000 cando toca o piano. 0:01:08.000,0:01:10.000 Se cadra tedes este neno na casa. 0:01:11.000,0:01:12.000 Sona máis ou menos así. 0:01:12.000,0:01:32.000 (Piano) 0:01:32.000,0:01:34.000 Vexo que algúns de vós recoñecedes a este neno. 0:01:34.000,0:01:39.000 Agora ben, se practica durante un ano e toma leccións, ten 8 anos 0:01:39.000,0:01:40.000 e sona así. 0:01:40.000,0:01:47.000 (Piano) 0:01:47.000,0:01:50.000 Entón practica durante outro ano, e toma leccións; agora ten 9. 0:01:50.000,0:01:56.000 (Piano) 0:01:56.000,0:01:59.000 Entón practica durante outro ano e toma leccións: agora ten 10. 0:01:59.000,0:02:06.000 (Piano) 0:02:06.000,0:02:07.000 Nese momento normalmente abandona. 0:02:07.000,0:02:09.000 (Sorrisos) 0:02:09.000,0:02:11.000 (Aplausos) 0:02:11.000,0:02:13.000 Agora ben, se esperases, se esperases un ano máis, 0:02:14.000,0:02:15.000 terías escoitado isto: 0:02:15.000,0:02:24.000 (Piano) 0:02:24.000,0:02:27.000 Agora ben, o que aconteceu non foi se cadra o que pensáchedes, 0:02:27.000,0:02:30.000 que de súpeto se voltara apaixoado, comprometido, 0:02:30.000,0:02:33.000 involucrado, que tivo un novo profesor, chegou á pubertade, ou o que sexa. 0:02:33.000,0:02:37.000 O que aconteceu foi que os impulsos se reduciron. 0:02:38.000,0:02:39.000 Vedes, a primeira vez el tocaba 0:02:39.000,0:02:41.000 cun impulso en cada nota. 0:02:42.000,0:02:44.000 (Piano) 0:02:44.000,0:02:46.000 E a segunda vez cun impulso cada dúas notas. 0:02:47.000,0:02:49.000 (Piano) 0:02:49.000,0:02:50.000 Podedes velo mirando a miña cabeza. 0:02:51.000,0:02:52.000 (Sorrisos) 0:02:52.000,0:02:54.000 O de 9 anos, o de 9 anos 0:02:54.000,0:02:55.000 puña un impulso cada catro notas. 0:02:55.000,0:02:57.000 (Piano) 0:02:58.000,0:02:59.000 E o de 10 anos cada 8 notas. 0:02:59.000,0:03:02.000 (Piano) 0:03:02.000,0:03:04.000 E o de 11 anos, un impulso en toda a frase. 0:03:04.000,0:03:07.000 (Piano) 0:03:08.000,0:03:10.000 Seino -- non sei como cheguei a esta posición. 0:03:10.000,0:03:12.000 (Sorrisos) 0:03:13.000,0:03:15.000 Non dixen que fora a mover a miñas costas ou o meu corpo. 0:03:15.000,0:03:17.000 Non, a música levoume a facelo, 0:03:17.000,0:03:19.000 que é o motivo polo que o chamo tocar a unha nádega. 0:03:19.000,0:03:21.000 (Piano) 0:03:21.000,0:03:22.000 Pode ser a outra nádega. 0:03:22.000,0:03:26.000 (Piano) 0:03:26.000,0:03:29.000 Sabedes, un cabaleiro estaba unha vez vendo unha presentación miña 0:03:29.000,0:03:30.000 cando estaba a traballar cun pianista novo. 0:03:31.000,0:03:33.000 El era o presiente dunha corporación en Ohio. 0:03:33.000,0:03:35.000 E eu estaba a traballar con este pianista novo 0:03:36.000,0:03:38.000 e dixen, "o teu problema é que és un pianista de dúas nádegas. 0:03:38.000,0:03:40.000 Deberías ser un pianista de unha nádega." 0:03:40.000,0:03:42.000 E movín o seu corpo dese xeito cando estaba tocando. 0:03:42.000,0:03:44.000 E de súpeto a música despegou. Colleu voo. 0:03:45.000,0:03:47.000 Houbo un suspiro na audiencia cando escoitaron a diferencia. 0:03:47.000,0:03:49.000 Entón recibín unha carta deste cabaleiro. 0:03:49.000,0:03:50.000 El dixo, "estaba tan emocionado. 0:03:50.000,0:03:52.000 Voltei e transformei toda a miña empresa 0:03:53.000,0:03:54.000 nunha empresa dunha nádega." 0:03:54.000,0:03:57.000 (Sorrisos) 0:03:58.000,0:04:00.000 Ben, a outra cousa que quería facer é falarvos de vós. 0:04:00.000,0:04:03.000 Hai 1.600 persoas, penso. 0:04:03.000,0:04:06.000 A miña estimación é que probablemente 45 de vós 0:04:06.000,0:04:08.000 sodes apaixoados absolutos da música clásica. 0:04:09.000,0:04:14.000 Adorades a música clásica. A vosa radio está sempre nese dial clásico. 0:04:14.000,0:04:17.000 E tedes CDs no voso coche, e ides escoitar a sinfónica. 0:04:17.000,0:04:18.000 E os vosos nenos tocan instrumentos. 0:04:18.000,0:04:20.000 Non podedes imaxinar a vosa vida sen música clásica. 0:04:21.000,0:04:23.000 Ese é o primeiro grupo; un grupo bastante pequeno. 0:04:23.000,0:04:25.000 Hai outro grupo máis grande. 0:04:25.000,0:04:27.000 O composto pola xente á que non lle molesta a música clásica. 0:04:27.000,0:04:28.000 (Sorrisos) 0:04:28.000,0:04:30.000 Xa sabedes, chegaches a casa despois dun longo día 0:04:30.000,0:04:32.000 colles un vaso de viño e recóstaste. 0:04:33.000,0:04:35.000 Un pouco de Vivaldi de fondo non fai ningún dano. 0:04:35.000,0:04:36.000 (Sorrisos) 0:04:36.000,0:04:37.000 Ese é o segundo grupo. 0:04:37.000,0:04:38.000 Agora ven o terceiro grupo. 0:04:38.000,0:04:40.000 O composto pola xente que nunca escoita música clásica. 0:04:40.000,0:04:42.000 Simplemente non é parte da súa vida. 0:04:43.000,0:04:45.000 Podedes escoitala como fume de segunda man no aeroporto, pero -- 0:04:45.000,0:04:47.000 (Sorrisos) 0:04:47.000,0:04:48.000 -- e quizais un pouco dunha marcha de Aida 0:04:48.000,0:04:51.000 cando entrades na sala. Pero á marxe diso, nunca a escoitades. 0:04:52.000,0:04:53.000 Este é probábelmente o grupo maior. 0:04:53.000,0:04:55.000 E despois está un grupo moi pequeno. 0:04:55.000,0:04:58.000 O composto por aqueles que pensan que non teñen ouvido musical. 0:04:58.000,0:05:00.000 Un incríbel número de xente pensa que non ten ouvido musical. 0:05:01.000,0:05:03.000 De feito, escoito frecuentemente, "o meu marido non ten ouvido musical." 0:05:03.000,0:05:04.000 (Sorrisos) 0:05:04.000,0:05:07.000 De feito, non podedes non ter ouvido musical. Ninguén carece de ouvido musical. 0:05:07.000,0:05:10.000 Se non tivérades ouvido musical, non poderiades cambiar as marchas 0:05:10.000,0:05:12.000 no voso coche, nun coche con cambio manual. 0:05:12.000,0:05:14.000 Non poderiades ver a diferencia entre 0:05:14.000,0:05:16.000 alguén de Texas e alguén de Roma. 0:05:16.000,0:05:20.000 E o teléfono. O teléfono. Se a vosa nai chama 0:05:21.000,0:05:23.000 polo miserábel teléfono, chama e di "Ola," 0:05:23.000,0:05:26.000 non só sabedes quen é, senón en que estado de ánimo se atopa. 0:05:27.000,0:05:30.000 Tedes un ouvido fantástico. Todo o mundo ten un ouvido fantástico. 0:05:30.000,0:05:32.000 Así que ninguén carece de ouvido musical. 0:05:32.000,0:05:36.000 Porén, ¿sabedes o q vos digo? Non me apetece a min continuar con esta cousa 0:05:36.000,0:05:39.000 con ese abismo tan grande entre os que entenden, 0:05:40.000,0:05:42.000 aman e se apaixoan coa música clásica, 0:05:42.000,0:05:45.000 e os que non teñen ningunha relación con ela. 0:05:45.000,0:05:47.000 A xente sen ouvio musical, eses xa non están aquí. 0:05:47.000,0:05:51.000 Mais incluso entre esas tres categorías, hai un abismo demasiado grande. 0:05:51.000,0:05:55.000 Así que non vou continuar ata que todas e cada unha das persoas desta sala, 0:05:55.000,0:06:00.000 os que están no piso de abaixo, e en Aspen, e todos os demáis que estexan vendo, 0:06:01.000,0:06:04.000 cheguen a amar e comprender a música clásica. 0:06:04.000,0:06:06.000 Así que iso é o que imos facer. 0:06:07.000,0:06:12.000 Por certo, notades que non hai a menor dúbida na miña mente 0:06:12.000,0:06:15.000 se mirades a miña cara, sobre se vai funcionar ou non, verdade? 0:06:15.000,0:06:19.000 É unha das características dun líder que non dubide 0:06:19.000,0:06:22.000 por un intre da capacidade da xente que está a liderar 0:06:23.000,0:06:25.000 para facer realidade o que sexa que está a soñar. 0:06:25.000,0:06:28.000 Imaxinade se Martin Luther King tivera dito, "Teño un soño. 0:06:28.000,0:06:30.000 E por suposto, non estou seguro de que eles estean á altura." 0:06:30.000,0:06:33.000 (Sorrisos) 0:06:34.000,0:06:36.000 Ben. Vou escoller agora unha peza de Chopin. 0:06:36.000,0:06:41.000 É un preludio fermoso de Chopin. Algúns de vós coñecerédelo. 0:06:42.000,0:07:10.000 (Música) 0:07:10.000,0:07:12.000 Sabedes o que creo que pasou nesta sala? 0:07:13.000,0:07:15.000 Cando comecei, pensáchedes, "Que fermoso sona." 0:07:15.000,0:07:28.000 (Music) 0:07:29.000,0:07:30.000 "Penso que non deberíamos ir ao mesmo lugar 0:07:30.000,0:07:32.000 o próximo ano nas vacacións de verán." 0:07:32.000,0:07:35.000 (Sorrisos) 0:07:35.000,0:07:38.000 Divertido, verdade? Divertido como eses pensamentos 0:07:38.000,0:07:41.000 esperan dalgún xeito na vosa cabeza. 0:07:41.000,0:07:42.000 E por suposto -- 0:07:42.000,0:07:45.000 (Aplauso) 0:07:45.000,0:07:47.000 -- e por suposto, se a peza é longa e tivéchedes un día longo, 0:07:48.000,0:07:49.000 podedes de feito quedarvos durmidos. 0:07:49.000,0:07:51.000 Entón o voso acompañante daravos un cobadazo nas costelas 0:07:51.000,0:07:55.000 e dirá, "Acorda! É cultura!" E entón ainda vos sentides peor. 0:07:55.000,0:07:58.000 Mais pensáchedes algunha vez que a razón pola que vos sentides somnolentos 0:07:59.000,0:08:01.000 na música clásica non é culpa vosa, senón culpa nosa? 0:08:01.000,0:08:03.000 Alguén pensou mentres eu tocaba, 0:08:03.000,0:08:05.000 "Por que está usando tantos impulsos?" 0:08:05.000,0:08:08.000 Se tivera feito isto coa miña cabeza seguramente teríadelo pensado. 0:08:09.000,0:08:14.000 (Música) 0:08:14.000,0:08:18.000 E durante o resto das vosas vidas, cada vez que escoitedes música clásica 0:08:18.000,0:08:22.000 sempre seredes quen de saber se escoitades eses impulsos. 0:08:22.000,0:08:24.000 Así que vexamos que está acontecendo realmente aquí. 0:08:24.000,0:08:29.000 Temos un Si. Esta é un Si. A seguinte é Do. 0:08:29.000,0:08:32.000 O Do ten a función de facer triste ao Si. ¿Conségueo, verdade? 0:08:32.000,0:08:35.000 (Sorrisos) 0:08:35.000,0:08:37.000 Os compositores sábeno. Se queren música triste 0:08:37.000,0:08:38.000 simplemente tocan esas dúas notas. 0:08:38.000,0:08:43.000 (Música) 0:08:43.000,0:08:45.000 Mais básicamente é só Si, con catro tristes. 0:08:45.000,0:08:47.000 (Sorrisos) 0:08:48.000,0:08:53.000 Agora baixa a La. Agora a Sol, e logo a Fa. 0:08:53.000,0:08:57.000 Entón temos Si, La, Sol, Fa. E se temos Si, La, Sol, Fa, 0:08:58.000,0:09:04.000 ¿que agardamos despois? Ah, podía ter sido unha casualidade. 0:09:04.000,0:09:10.000 Probemos de novo. Ooh, o coro de TED. 0:09:10.000,0:09:13.000 (Sorrisos) 0:09:13.000,0:09:17.000 ¿E notades que non hai ninguén sen ouvido musical? Ninguén. 0:09:17.000,0:09:19.000 Sabedes, en cada aldea de Bangladesh 0:09:19.000,0:09:24.000 e cada aldea da China. Todos saben: 0:09:25.000,0:09:28.000 da, da, da, da -- da. Todos saben que esperan un Mi. 0:09:28.000,0:09:31.000 Agora ben, Chopin non quería chegar ao Mi aí, 0:09:32.000,0:09:34.000 porque que tería acontecido? Tería rematado, como Hamlet. 0:09:34.000,0:09:36.000 Lembrades Hamlet? Acto 1, Escea 3: 0:09:37.000,0:09:38.000 averigua que o seu tio matou ao seu pai. 0:09:38.000,0:09:40.000 Lembrades que continua indo na busca do seu tio 0:09:40.000,0:09:41.000 e case o mata. E entón retrocede e fuxe 0:09:41.000,0:09:44.000 e vai por el de novo e case o mata. 0:09:44.000,0:09:46.000 E os críticos, que están todos sentados aí na fila de atrás 0:09:46.000,0:09:49.000 teñen que tener unha opinión, así que din, "Hamlet é un procastinador." 0:09:49.000,0:09:50.000 (Sorrisos) 0:09:50.000,0:09:52.000 Ou din, "Hamlet ten o complexo e Edipo." 0:09:53.000,0:09:56.000 Non, é que doutro xeito a obra remataría, estúpido. 0:09:56.000,0:09:58.000 Esa é a razón pola que Shakespeare introduciu todo ese contido en Hamlet. 0:09:59.000,0:10:01.000 Xa sabedes, Ofelia voltándose tola e a obra dentro da obra, 0:10:01.000,0:10:02.000 e a calavera de Yorick e os escavadores de tumbas. 0:10:03.000,0:10:06.000 Iso ten o obxectivo de retrasar -- ata que no Acto 5 pode matalo. 0:10:06.000,0:10:11.000 Ocorre o mesmo no caso de Chopin. Está a piques chegar a Mi, 0:10:11.000,0:10:13.000 e di, "Ups, mellor retroceder e comezar de novo." 0:10:13.000,0:10:16.000 E faino de novo. 0:10:17.000,0:10:20.000 E entón excítase -- iso é excitación, 0:10:20.000,0:10:21.000 non tedes que preocuparvos por iso. 0:10:22.000,0:10:24.000 Chega a Fa sostido e finalmente baixa a Mi, 0:10:24.000,0:10:27.000 pero é o acorde equivocado. Porque o acorde que está a buscar 0:10:28.000,0:10:31.000 é este, e entón fai... 0:10:31.000,0:10:35.000 ben, chamámolo unha cadencia enganosa, porque nos engana. 0:10:36.000,0:10:38.000 Sempre lles digo aos meus estudantes, "Se tedes unha cadencia enganosa 0:10:38.000,0:10:40.000 asegurádevos de elevar as vosas cellas, de xeito que todo o mundo o saiba." 0:10:40.000,0:10:43.000 (Sorrisos) 0:10:43.000,0:10:46.000 (Aplauso) 0:10:47.000,0:10:49.000 Ben. Entón ven un Mi, pero é o acorde trabucado. 0:10:49.000,0:10:52.000 Agora, tenta un Mi de novo. Ese acorde non funciona. 0:10:52.000,0:10:55.000 Agora, proba de novo Mi. Ese acorde non funciona. 0:10:55.000,0:10:57.000 Agora, ténta Mi de novo, e non funciona. 0:10:58.000,0:11:01.000 E entón finalmente... 0:11:01.000,0:11:05.000 Había un cabaleiro la fila de adiante, que dixo, "Mmm." 0:11:06.000,0:11:08.000 É o mesmo xesto que fai cando chega a casa 0:11:08.000,0:11:11.000 despois dun longo día, desconecta a chave no coche e di, 0:11:12.000,0:11:15.000 "Aah, estou na casa." Porque todos sabemos onde está a casa. 0:11:15.000,0:11:18.000 Así que esta é unha peza que ven dende lonxe ata a casa. 0:11:18.000,0:11:20.000 E vouna tocar completa 0:11:20.000,0:11:23.000 e vós ides seguila. Si, Do, Si, Do, Si, Do, Si -- 0:11:23.000,0:11:25.000 e baixa a La, baixa a Sol, baixa a Fa. 0:11:25.000,0:11:27.000 E case chega a Mi, pero nese caso a obra remataría. 0:11:28.000,0:11:30.000 Entón sube de novo a Si. Excítase. Vai a Fa sostido. Vai a Mi. 0:11:30.000,0:11:32.000 É o acorde incorrecto. É o acorde incorrecto. É o acorde incorrecto. 0:11:33.000,0:11:35.000 E finalmente vai a Mi, e é casa. 0:11:35.000,0:11:38.000 E o que ides ver é tocar a unha nádega. 0:11:38.000,0:11:41.000 (Sorrisos) 0:11:41.000,0:11:43.000 Porque para min, para xuntar o Si ao Mi, 0:11:44.000,0:11:49.000 teño que parar de pensar en cada unha das notas do camiño 0:11:49.000,0:11:54.000 e comezar a pensar na longa longa liña dende Si ata Mi. 0:11:55.000,0:11:59.000 Xa entendedes, estamos en Suráfrica, e non se pode ir a Suráfrica 0:11:59.000,0:12:02.000 sen pensar en Mandela na cadea durante 27 anos. 0:12:03.000,0:12:05.000 En que estaba el a pensar? Na comida? 0:12:05.000,0:12:08.000 Non, estaba a pensar na visión para Suráfrica 0:12:09.000,0:12:10.000 e para os seres humanos. Iso é o que permaneceu -- 0:12:10.000,0:12:13.000 isto é sobre a visión; é sobre a liña longa. 0:12:13.000,0:12:15.000 Como o paxaro que voa sobre un campo 0:12:15.000,0:12:19.000 e non se preocupa dos valados que sobrevoa, verdade? 0:12:19.000,0:12:22.000 Así que agora imos seguir toda a liña dende Si ata Mi. 0:12:22.000,0:12:26.000 E teño unha última solicitude, antes de tocar a peza completa. 0:12:26.000,0:12:31.000 Poderiades pensar nalguén ao que adoredes, que xa non estea? 0:12:31.000,0:12:34.000 Unha avoa querida, un amor, 0:12:35.000,0:12:38.000 alguén na vosa vida ao que queredes con todo o voso corazón, 0:12:38.000,0:12:41.000 pero que esa persoa xa non está con vós. 0:12:42.000,0:12:45.000 Traede esa persoa á vosa mente, e ao mesmo tempo 0:12:45.000,0:12:49.000 seguide toda a liña que vai de Si a Mi, 0:12:49.000,0:12:57.000 e escoitaredes o que Chopen tiña que dicir. 0:12:57.000,0:14:48.000 (Música) 0:14:48.000,0:14:55.000 (Aplauso) 0:14:55.000,0:15:00.000 Agora ben, podedes estarvos a preguntar, 0:15:00.000,0:15:06.000 podedes estarvos a preguntar por que estou a aplaudir. 0:15:06.000,0:15:08.000 Ben, fixen isto nunha escola en Boston 0:15:08.000,0:15:12.000 cuns 70 alumnos de séptimo curso -- de 12 anos. 0:15:12.000,0:15:14.000 E fixen exactamente o que fixen agora con vós, e díxenlles 0:15:14.000,0:15:15.000 e expliqueilles e todo o tema. 0:15:15.000,0:15:17.000 E ao final voltáronse tolos, a aplaudir. Estaban a aplaudir. 0:15:18.000,0:15:19.000 Eu estaba a aplaudir. Eles estaban a aplaudir. 0:15:19.000,0:15:21.000 Finalmente, dixen, "Por que estou a aplaudir?" 0:15:21.000,0:15:22.000 E un dos nenos pequenos dixo, "Porque estábamos a escoitar." 0:15:22.000,0:15:27.000 (Sorrisos) 0:15:28.000,0:15:30.000 Pensádeo. 1600 persoas, xente ocupada, 0:15:30.000,0:15:32.000 involucrados en todo tipo de cousas diferentes. 0:15:33.000,0:15:39.000 Escoitando, comprendendo e sendo emocionados por unha peza de Chopin. 0:15:39.000,0:15:40.000 Iso é algo importante. 0:15:40.000,0:15:43.000 Agora ben, estou seguro de que todos e cada un seguíchedes isto, 0:15:43.000,0:15:45.000 entendíchedelo, e emocionáchedesvos. Por suposto, non podo estar seguro. 0:15:46.000,0:15:47.000 Pero direivos o que me aconteceu. 0:15:47.000,0:15:50.000 Estaba en Irlanda durante os conflictos, fai 10 anos, 0:15:50.000,0:15:53.000 e estaba a traballar con algúns rapaces Católicos e Protestantes 0:15:53.000,0:15:57.000 en resolución de conflictos. E fixen isto con eles. 0:15:58.000,0:16:00.000 Algo arriscado, xa que eran nenos da rúa. 0:16:00.000,0:16:03.000 E un deles veu falar conmigo á mañá seguinte e dixo, 0:16:04.000,0:16:07.000 "Sabes, eu nunca na vida escoitara música clásica 0:16:07.000,0:16:08.000 mas cando tocaches esa peza de 'shopping' (NT: xogo de palabras entre 'mercar' e Chopin) 0:16:08.000,0:16:11.000 (Sorrisos) 0:16:11.000,0:16:15.000 Dixo, "o meu irmán matárono dun tiro o ano pasado e non chorei por el. 0:16:16.000,0:16:17.000 Pero a pasada noite cando tocaches a peza, 0:16:17.000,0:16:20.000 el era en quen estaba a pensar. 0:16:20.000,0:16:22.000 E notei as bágoas baixando pola miña cara. 0:16:22.000,0:16:25.000 E sabes, realmente sentinme ben a chorar polo meu irmán" 0:16:25.000,0:16:27.000 Así que me decatei nese momento 0:16:27.000,0:16:34.000 de que a música clásica é para todo o mundo. Todo o mundo. 0:16:35.000,0:16:37.000 Agora ben, como camiñaríades -- porque sabedes, 0:16:37.000,0:16:41.000 a miña profesión, a profesión da música, non o ve dese xeito. 0:16:41.000,0:16:44.000 Eles afirman que ao 3 por cento da poboación lle gusta a música clásica. 0:16:44.000,0:16:48.000 Se fósemos quen de movelo ao 4 por cento os nosos problemas estarían solucionados. 0:16:49.000,0:16:52.000 E eu digo, "Como poderiades camiñar? Como poderiades falar? Como estariades 0:16:52.000,0:16:55.000 se pensarades que ao 3 por cento da poboación lle gusta a música clásica? 0:16:56.000,0:16:58.000 Se puidésemos subilo ao 4 por cento. Como poderiades camiñar? 0:16:58.000,0:17:00.000 Como poderiades falar? Como estariades 0:17:00.000,0:17:02.000 se pensarades que todo o mundo ama a música clásica -- 0:17:02.000,0:17:04.000 e simplemente ainda non o descubriron." 0:17:04.000,0:17:05.000 (Sorrisos) 0:17:05.000,0:17:07.000 Como vedes, son mundos totalmente distintos. 0:17:08.000,0:17:11.000 Eu tiven unha experiencia maravillosa. Tiña 45 anos, 0:17:11.000,0:17:16.000 levo dirixindo 20 anos, e de súpeto tiven unha iluminación. 0:17:17.000,0:17:20.000 O director dunha orquesta non fai sons. 0:17:20.000,0:17:22.000 A miña foto aparece na portada do CD -- 0:17:22.000,0:17:25.000 (Sorrisos) 0:17:25.000,0:17:27.000 -- pero o director non fai ningún son. 0:17:28.000,0:17:32.000 O seu poder depende da súa habilidade para facer a outra xente poderosa. 0:17:32.000,0:17:36.000 E iso mudou todo para min. Foi algo que me mudou a vida. 0:17:37.000,0:17:38.000 A xente da miña orquesta viña a falar comigo e dicíame, 0:17:38.000,0:17:40.000 "Ben, que aconteceu?" Iso é o que aconteceu. 0:17:40.000,0:17:45.000 Decateime de que o meu traballo era facer aparecer a posibilidade noutra xente. 0:17:45.000,0:17:48.000 E por suposto, quería saber se o estaba a facer. 0:17:48.000,0:17:51.000 E sabedes como se pode averiguar? Mirándolles aos ollos. 0:17:51.000,0:17:55.000 Se os seus ollos están a brillar, estás a facelo. 0:17:56.000,0:17:57.000 Poderiades iluminar unha vila cos ollos deste home. 0:17:57.000,0:17:59.000 (Sorrisos) 0:17:59.000,0:18:01.000 Dacordo. Se os ollos están a brillar, sabes que o estás a facer. 0:18:01.000,0:18:04.000 Se os ollos non están a brillar, teste que preguntar algo. 0:18:04.000,0:18:05.000 E esta é a pregunta: 0:18:05.000,0:18:11.000 Quen estou eu a ser para que os ollos dos meus músicos non estean a brillar? 0:18:12.000,0:18:13.000 Podemos facer iso cos nosos fillos tamén. 0:18:13.000,0:18:18.000 Quen estou eu a ser para que os ollos dos meus fillos non estean a brillar? 0:18:19.000,0:18:21.000 É un mundo totalmente diferente. 0:18:21.000,0:18:26.000 Ben, estamos a piques de rematar esta semana máxica na montaña 0:18:27.000,0:18:28.000 e imos regresar ao mundo. 0:18:28.000,0:18:32.000 E digo, é axeitado que nos fagamos a pregunta: 0:18:32.000,0:18:37.000 Quenes estamos a ser en canto imos de volta ao mundo? 0:18:37.000,0:18:39.000 E sabedes, teño unha definición de éxito. 0:18:40.000,0:18:42.000 Para min é moi sinxelo. Non ten relación coa riqueza e a sona e o poder. 0:18:42.000,0:18:45.000 Ten relación con cantos ollos brillantes teño arredor de min. 0:18:46.000,0:18:49.000 Así que agora teño un último pensamento, que é 0:18:49.000,0:18:52.000 que realmente o que dicimos marca a diferencia. 0:18:52.000,0:18:54.000 As palabras que saen pola nosa boca. 0:18:54.000,0:18:58.000 Aprendín isto dunha muller que sobreviviu a Auschwitz, 0:18:58.000,0:18:59.000 unha das poucas supervivintes. 0:18:59.000,0:19:03.000 Foi a Auschwitz cando tiña 15 anos, 0:19:04.000,0:19:11.000 e o seu irmán tiña 8, e perderan aos pais. 0:19:11.000,0:19:16.000 E contoume o seguinte, dixo, 0:19:16.000,0:19:19.000 "Estabamos no tren indo cara a Auschwitz e mirei cara a abaixo 0:19:19.000,0:19:21.000 e vin que os zapatos do meu irmán non estaban. 0:19:22.000,0:19:25.000 E dixen, "Como podes ser tan parvo, que non podes manterte perto das túas cousas 0:19:25.000,0:19:26.000 polo amor de Deus?" - na forma na que unha irmá maior 0:19:26.000,0:19:30.000 pode falar a un irmán pequeno. 0:19:30.000,0:19:33.000 Desafortunadamente, foi a última cousa que lle dixo 0:19:33.000,0:19:37.000 porque nunca voltou a velo. El non sobreviviu. 0:19:37.000,0:19:39.000 Así que cando saiu de Auschwitz, fixo unha promesa. 0:19:40.000,0:19:44.000 Ela díxome. Dixo, "Saín camiñando de Auschwitz á vida 0:19:44.000,0:19:49.000 e fixen unha promesa. E a promesa foi que nunca diría nada de novo 0:19:50.000,0:19:53.000 que non puidera ficar como a última cousa que eu diga." 0:19:53.000,0:19:57.000 Podemos facelo? Non. E enganámonos a nós mesmos 0:19:58.000,0:20:05.000 e aos outros. Mais esa é unha posibilidade na que podemos vivir. Grazas 0:20:05.000,0:20:10.000 (Aplausos) 0:20:11.000,0:20:22.000 Ollos brillantes, ollos brillantes. 0:20:22.000,0:20:25.000 Grazas, grazas. 0:20:26.000,0:20:31.000 (Música)