Pensan os nenos dos doantes de esperma como familia?
-
0:01 - 0:03Que é un pai?
-
0:04 - 0:06Que é un pai?
-
0:07 - 0:09Non é unha pregunta sinxela.
-
0:10 - 0:12Hoxe en día temos adopción,
-
0:12 - 0:14familias adoptivas,
-
0:14 - 0:15nais subrogadas.
-
0:16 - 0:18Moitos pais enfrontan
preguntas difíciles -
0:19 - 0:21e decisións difíciles.
-
0:22 - 0:25Deberiamos falarlles aos nosos fillos
da doazón de esperma? -
0:27 - 0:29E se o imos facer, cando?
-
0:29 - 0:31Que palabras empregaríamos?
-
0:32 - 0:37Referímonos a miúdo aos doantes de esperma
como "pais biolóxicos", -
0:37 - 0:40mais, deberiamos empregar
realmente o termo "pai"? -
0:42 - 0:44Como filósofa e socióloga,
-
0:44 - 0:48estudei acerca destas cuestións
con respecto á paternidade. -
0:49 - 0:52Mais hoxe vou falar do que aprendín
-
0:52 - 0:54falando con pais e fillos.
-
0:55 - 1:00Mostrareivos que saben que é
o máis importante nunha familia, -
1:00 - 1:02aínda que a súa familia
sexa un tanto diferente. -
1:03 - 1:08Mostrareivos a forma tan creativa que
empregan para tratar preguntas difíciles. -
1:09 - 1:13Pero tamén vos ensinarei
as dúbidas destes pais. -
1:15 - 1:17Entrevistamos parellas
-
1:17 - 1:20que recibiran tratamentos de fertilidade
no Ghent University Hospital, -
1:21 - 1:23empregando o esperma dun doante.
-
1:23 - 1:25Durante o tempo de tratamento
-
1:25 - 1:28pódense ver dous puntos,
nos cales levamos a cabo as entrevistas. -
1:29 - 1:31Incluímos parellas heterosexuais,
-
1:32 - 1:36nas que por algunha razón o home
non tiña unha boa calidade de esperma, -
1:36 - 1:42e parellas de mulleres que obviamente
precisaban esperma doutra persoa. -
1:43 - 1:45Tamén incluímos os fillos.
-
1:47 - 1:48Quería saber
-
1:48 - 1:53como eses nenos definían conceptos
coma paternidade ou familia. -
1:54 - 1:57De feito, iso foi o que lles preguntei,
-
1:58 - 2:00só que non deste xeito.
-
2:01 - 2:04No seu lugar debuxei unha maceira.
-
2:05 - 2:08Deste xeito, puiden preguntar
de forma abstracta preguntas filosóficas -
2:08 - 2:12sen facer que escapasen correndo.
-
2:13 - 2:15Como poden ver,
-
2:15 - 2:17a maceira está baleira.
-
2:18 - 2:20E ilustra así o enfoque
da miña investigación. -
2:21 - 2:23Deseñando técnicas coma esta,
-
2:23 - 2:28podo darlle o menor significado
e contido posible á entrevista, -
2:29 - 2:31porque quero que sexan eles quen o digan.
-
2:32 - 2:34Pregunteilles:
-
2:35 - 2:38Como sería a túa familia
se fose unha maceira? -
2:39 - 2:42E podían coller un papel cunha mazá
para cada persoa que, segundo eles, -
2:43 - 2:44era un membro da familia,
-
2:44 - 2:47escribir un nome nel
e colgalo onde quixesen. -
2:47 - 2:49Entón eu faría unha serie de preguntas.
-
2:50 - 2:53Moitos nenos comezaron
cun dos pais ou cos irmáns. -
2:54 - 2:56Un comezou con "Boxer",
-
2:57 - 2:59o can falecido dos seus avós.
-
3:00 - 3:04En ningún momento os nenos comezaron
mencionando o doante. -
3:04 - 3:09Así que lles preguntei
acerca do seu nacemento. -
3:09 - 3:11Dixen, "Antes de nacer vós,
-
3:11 - 3:14só estaban os vosos pais e nais,
-
3:14 - 3:15ou mami e papi.
-
3:15 - 3:18Podédesme dicir como chegastes á familia?"
-
3:19 - 3:21E eles explicáronmo.
-
3:22 - 3:23Un dixo,
-
3:24 - 3:26"Os meus pais non tiñan boas sementes,
-
3:27 - 3:31mais existen homes amables
que teñen sementes de reposto. -
3:31 - 3:33Entón lévanas ao hospital,
-
3:33 - 3:35e déixanas nun gran tarro.
-
3:36 - 3:37Miña nai foi alí
-
3:38 - 3:40e colleu dúas sementes,
-
3:41 - 3:43unha para min e outra para a miña irmá.
-
3:44 - 3:46Puxo as sementes na barriga
-
3:46 - 3:47-- dalgún xeito --
-
3:48 - 3:51e esta medrou moitísimo,
-
3:51 - 3:52e de aí saín eu."
-
3:53 - 3:54Mmm.
-
3:56 - 4:00Unicamente cando nomearon ao doante
-
4:00 - 4:04foi cando lles fixen preguntas acerca del,
coas súas propias palabras. -
4:04 - 4:05Dixen,
-
4:05 - 4:10"Se esta fose unha mazá
para o agradable home das sementes, -
4:10 - 4:11que farías con ela?"
-
4:12 - 4:14Un dos nenos estaba a barallar en alto,
-
4:14 - 4:16coa mazá na man.
-
4:16 - 4:17E dixo,
-
4:18 - 4:21"Non poría esta mazá co resto
das que están na maceira. -
4:21 - 4:23El non é parte da miña familia.
-
4:24 - 4:26Mais tampouco o deixaría no chan.
-
4:26 - 4:28Sería moi frío e duro.
-
4:29 - 4:31Penso que debería estar no tronco,
-
4:32 - 4:35porque fixo a miña familia posible.
-
4:35 - 4:37Se non fixese isto,
-
4:37 - 4:41sería unha mágoa,
porque a miña familia non estaría aquí, -
4:41 - 4:43e tampouco eu."
-
4:46 - 4:49Do mesmo xeito,
os pais ideaban contos familiares -- -
4:49 - 4:51contos para contarlles aos fillos.
-
4:53 - 4:56Unha parella explicou a súa inseminación
-
4:56 - 4:58levando aos seus fillos a unha granxa
-
4:59 - 5:02para que visen como un veterinario
inseminaba vacas. -
5:04 - 5:05E por que non?
-
5:05 - 5:07É o seu xeito de explicalo:
-
5:08 - 5:11o seu "Fágao vostede mesmo"
con historias familiares. -
5:11 - 5:12DIY. ("Do It Yourself")
-
5:13 - 5:15E hai outra parella que fixo libros
-
5:15 - 5:16-- un para cada fillo.
-
5:17 - 5:18Eran verdadeiras obras de arte
-
5:18 - 5:22que contiñan todo aquilo que pensaron
e sentiron durante o tratamento. -
5:22 - 5:25Incluso tiñan os tickets
do parking do hospital. -
5:26 - 5:27Isto é DIY:
-
5:27 - 5:30achar formas, palabras e imaxes
-
5:30 - 5:32coas que contarlle
a historia familiar ao teu fillo. -
5:34 - 5:37E estas historias foron moi diversas,
-
5:37 - 5:40mais todas gardan algo en común:
-
5:42 - 5:45que eran contos que falaban
do desexo de ter un fillo, -
5:46 - 5:48da busca dese fillo.
-
5:48 - 5:53Falaban acerca do especial e
profundamente amado que foi ese fillo. -
5:55 - 6:00As últimas investigacións mostran que
estes nenos desenvólvense correctamente. -
6:00 - 6:02Non teñen máis problemas
ca os demais nenos. -
6:03 - 6:07Ademais, estes pais tamén buscaban
xustificar as súas decisións -
6:07 - 6:09a través destes contos.
-
6:10 - 6:13Esperaban que os seus fillos
entendesen os motivos que os levaron -
6:13 - 6:14a formar unha familia deste xeito.
-
6:16 - 6:20Existía neles un medo subxacente de que
os seus fillos puidesen estar en desacordo -
6:20 - 6:22e rexeitasen o pai co que
non tiñan relación xenética. -
6:23 - 6:25E este é un medo comprensible,
-
6:25 - 6:28xa que vivimos
nunha sociedade heteronormativa -
6:28 - 6:30e xenetizada --
-
6:30 - 6:32nun mundo que aínda cre
-
6:32 - 6:36que as verdadeiras familias
consisten nunha nai, un pai -
6:36 - 6:39e uns fillos cos que se mantén
unha relación xenética. -
6:40 - 6:41Ben.
-
6:42 - 6:45Quero falarvos dun rapaz adolescente.
-
6:45 - 6:48Foi concebido mediante doazón,
mais non foi parte do noso estudo. -
6:49 - 6:51Un día, tivo unha discusión co seu pai,
-
6:51 - 6:53e berroulle,
-
6:53 - 6:55"Estasme a dicir o que teño que facer?
-
6:55 - 6:57Ti, nin sequera es meu pai!"
-
7:00 - 7:03Iso era precisamente
o que os pais do noso estudo temían. -
7:04 - 7:07O rapaz axiña se sentiu mal
polas suás palabras, e reconciliáronse. -
7:08 - 7:11Mais foi a reacción do pai
o que resulta máis interesante. -
7:12 - 7:13El dixo,
-
7:14 - 7:19"Esta arroutada non ten nada que ver
coa falta dun vínculo xenético. -
7:20 - 7:23Foi a causa da puberdade --
-
7:23 - 7:24que é difícil.
-
7:24 - 7:26É o que fan a esa idade.
-
7:27 - 7:28Pasará."
-
7:29 - 7:31O que este home nos está a ensinar
-
7:31 - 7:34é que cando algo vai mal
-
7:34 - 7:36non deberiamos pensar de inmediato
-
7:36 - 7:39que é porque a familia
é un tanto distinta. -
7:39 - 7:42Estas cousas pasan en todas as familias.
-
7:44 - 7:45E de agora en adiante,
-
7:46 - 7:47todos os pais deberían preguntarse:
-
7:48 - 7:50Son bo pai abondo?
-
7:51 - 7:52Estes pais tamén.
-
7:53 - 7:57Eles, por riba de todo, querían facer
o que era mellor para o seu fillo. -
7:58 - 8:00Mais algunhas veces tamén se preguntaban:
-
8:00 - 8:02Son un verdadeiro pai?
-
8:02 - 8:06E as súas dúbidas estaban
presentes moito antes de ser pais. -
8:06 - 8:08No inicio do tratamento,
-
8:08 - 8:10cando viron por primeira vez o terapeuta,
-
8:10 - 8:13prestáronlle moita atención,
-
8:13 - 8:15porque querían facelo ben.
-
8:16 - 8:17Incluso 10 anos despois,
-
8:18 - 8:21seguen recordando
os consellos que recibiran. -
8:25 - 8:28De modo que cando pensaron no conselleiro
-
8:29 - 8:31e nos consellos que recibiran,
-
8:31 - 8:32falamos acerca diso.
-
8:32 - 8:35Unha das parellas lesbianas dixo,
-
8:37 - 8:38"Cando o noso fillo pregunte,
-
8:38 - 8:40'Teño un pai?'
-
8:41 - 8:44nós dirémoslle 'Non, non tes pai.'
-
8:45 - 8:48E non diremos nada máis,
a menos que el pregunte, -
8:48 - 8:50porque quizais non estea
preparado para iso. -
8:50 - 8:52Foi o que dixo o terapeuta."
-
8:53 - 8:55Ben.
-
8:55 - 8:57Non sei; isto é bastante distinto
-
8:57 - 9:00de como adoitamos responder
ás preguntas dos nenos. -
9:00 - 9:03Como, "O leite faise nunha fábrica?"
-
9:04 - 9:07Entón diremos, "Non, vén das vacas,"
-
9:07 - 9:09e falaremos do granxeiro,
-
9:09 - 9:11e a maneira en que o leite
remata nunha tenda. -
9:12 - 9:13Non responderíamos,
-
9:14 - 9:18"Non, o leite non se fai nas fábricas."
-
9:20 - 9:22Algo estraño sucedeu aquí,
-
9:22 - 9:25e, por suposto, eses nenos percíbeno.
-
9:26 - 9:27Un neno dixo,
-
9:27 - 9:30"Fíxenlles aos meus pais
moreas de preguntas, -
9:30 - 9:32pero actuaron moi raro.
-
9:33 - 9:37A unha amiga miña da escola
fixérona do mesmo xeito. -
9:37 - 9:40Así que, cando teño unha pregunta,
só teño que falar con ela." -
9:42 - 9:43Rapaz espelido.
-
9:44 - 9:45Problema resolto.
-
9:46 - 9:48Mais os seus pais non o notaron,
-
9:49 - 9:51e dende logo non era iso
o que eles tiñan en mente, -
9:51 - 9:53nin o que o terapeuta tiña en mente
-
9:53 - 9:59cando lles dixo o importante que era
ser unha familia comunicativa e aberta. -
10:00 - 10:03E isto é o estraño dos consellos.
-
10:03 - 10:06Cando receitamos medidamentos
antes recollemos probas. -
10:07 - 10:08Facemos tests,
-
10:08 - 10:09facemos estudos de seguimento.
-
10:09 - 10:13Queremos saber, e ben,
que é o que fai ese medicamento -
10:13 - 10:16e como afecta á vida das persoas.
-
10:16 - 10:17E os consellos?
-
10:19 - 10:21Non abonda para o asesoramento,
-
10:21 - 10:25ou para os profesionais que os dan,
que estes sexan teoricamente sensatos, -
10:25 - 10:27ou ben intencionados.
-
10:27 - 10:31Os consellos deberían darse
en función da evidencia -
10:31 - 10:35-- evidencia de que, en efecto,
mellora a vida dos pacientes. -
10:36 - 10:41A filósofa que hai en min querería
ofrecervos un paradoxo: -
10:42 - 10:46Aconséllovos parar de seguir os consellos.
-
10:48 - 10:49Pero, si.
-
10:50 - 10:53(Aplausos)
-
10:55 - 10:57Non vou rematar aquí co que saíu mal;
-
10:57 - 11:01non lle faría xustiza á amabilidade
que atopamos nesas familias. -
11:03 - 11:06Lembrades os libros
e a viaxe ata o granxeiro? -
11:06 - 11:09Cando os pais fan cousas
que funcionan para eles, -
11:10 - 11:11fan cousas magníficas.
-
11:12 - 11:16O que quero que lembredes
como membros de familias, -
11:16 - 11:19non importa de que forma ou tamaño,
-
11:19 - 11:24é que o que as familias precisan
son relacións de cariño. -
11:25 - 11:29E non temos que ser profesionais
para crealas. -
11:30 - 11:32Moitos de nós facémolo ben,
-
11:33 - 11:35aínda que pode resultar difícil,
-
11:35 - 11:38e de cando en vez,
facémolo con algún consello. -
11:39 - 11:40Nese caso,
-
11:41 - 11:43tede en conta tres cousas.
-
11:44 - 11:47Traballa co asesoramento axeitado
para a túa familia. -
11:48 - 11:53Lembrade -- sodes os expertos, porque
vivides a vosa vida familiar. -
11:55 - 11:56E finalmente,
-
11:56 - 12:00crede nas vosas habilidades
e creatividade, -
12:01 - 12:04porque podedes facelo.
-
12:05 - 12:06Grazas.
-
12:06 - 12:13(Aplauso)
- Title:
- Pensan os nenos dos doantes de esperma como familia?
- Speaker:
- Veerle Provoost
- Description:
-
Como definimos un pai -- ou unha familia? A bioética Veerle Provoost explora estas cuestións a través de familias non tradicionais, reunidas por adopción, segundos matrimonios, maternidades subrogadas e doazóns de esperma. Nesta charla, comparte as historias de como pais e fillos crearon as súas propias historias familiares.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 12:26
![]() |
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Do kids think of sperm donors as family? | |
![]() |
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for Do kids think of sperm donors as family? | |
![]() |
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for Do kids think of sperm donors as family? | |
![]() |
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for Do kids think of sperm donors as family? | |
![]() |
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for Do kids think of sperm donors as family? | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for Do kids think of sperm donors as family? | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for Do kids think of sperm donors as family? | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for Do kids think of sperm donors as family? |